tag:blogger.com,1999:blog-70543481422934949502024-03-05T04:56:04.333-08:00RTV EUMEUnknownnoreply@blogger.comBlogger2017125tag:blogger.com,1999:blog-7054348142293494950.post-9892940375496798002015-04-09T02:49:00.002-07:002015-04-09T02:49:17.156-07:00O Concello de As Pontes oferta cinco prazas de auxiliar de Policía para os meses de verán"BASES PARA A CONTRATACIÓN, EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL, POLO PROCEDEMENTO DE OPOSICIÓN LIBRE, DE CINCO AUXILIARES DA POLICÍA LOCAL DO CONCELLO DAS PONTES DE
GARCÍA RODRÍGUEZ E CONVOCATORIA PARA A SÚA PROVISIÓN
<a href="http://www.4shared.com/office/LHrzL5ghba/BASESAUXILIARESPOLILOCAL2015.html">documento 1
</a>;
MODELO INSTANCIA
<a href="http://www.4shared.com/office/Wx4XrdnIce/MODELOINSTANCIA2015AUXILIARPOL.html">documento 2</a>Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7054348142293494950.post-39182467388122239352015-04-08T08:41:00.001-07:002015-04-08T08:41:47.016-07:00Xuventude organiza un curso de coaching para unha vintena de monitores de tempo libre
A Concellería de Xuventude pon en marcha unha nova actividade formativa dirixida específicamente a monitores de tempo libre, polo que serve para completar a formación que previamente se dera xa nesta materia.
O novo curso, de coaching no ocio e tempo libre vai principiar o vindeiro día 20, e durará un mes, ata o 21 de maio
Son un total de 60 horas, que se impartirán de luns a xoves, entre as 16:30 e as 19:30, na Academia de estudos Ensino
Haberá opción de ata 20 inscricións, e terá carácter gratuíto, se ben está limitado a monitores de tempo libre de entre 16 e 35 anos, e empadroados no Concello de As Pontes
Mañá ábrese a inscrición, que se poderá formalizar ata o vindeiro día 17.
Para anotarse hai que acudir entre as nove da mañá e as dúas do mediodía á oficina da OMIX, que está na Casa Dopeso, no 1º andar . Na Rúa Rosalía de Castro)
A innovación no tempo Libre é un ámbito que está en plena expansión na actualidade e a Concellería que dirixe Jesús Tembrás apostou pola formación profesional en coaching.
As sesións están dirixidas por un entrenador ou coach profesional e con experiencia no campo da intervención comunitaria. As sesións irán dirixidas dende o traballo persoal, ata a entrevista motivacional pasando por técnicas de crecemento grupal.
O coaching é un método que consiste en dirixir, instruir e adestrar a unha persoa ou a un grupo delas, co obxectivo de conseguir algunha meta ou de desenvolver habilidades específicas.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7054348142293494950.post-18620246489329292952015-04-07T04:48:00.002-07:002015-04-07T04:48:53.543-07:00O Freixo acollerá o sábado a IV Festa do Freixó
O Concello de As Pontes, en colaboura coa Asociación de Veciños de San Xoán do Freixo, promove un ano máis a Festa do freixó na parroquia do Freixo.
Esta cita gastronómica que se celebra este sábado, 11 de abril, nacía aproveitando o xogo de palabras entre o popular alimento do freixó e a parroquia do Freixo, e decidíase apostar por este producto que acompaña a sobremesa dun bo xantar de cocido.
Co obxectivo final de impulsar a dinamización da zona rural, o Freixo acolle esta festa culinaria que garante a presenza de centos de comensais que disfrutarán dunha xornada festiva na que non han faltar a música, as exposicións e o xantar popular.
Os asistentes, que se agarde, cheguen ós 400 , degustarán empanada, cocido freixós con nata, mel ou requeixo a partir das dúas e media da tarde na comida que será o acto central a desenvolver na carpa instalada ó efecto no campo da festa, a carón da igrexa parroquial.
O menú terá un custo de 15 euros por persoa, e os tikets están xa á venda en diferentes locais de hostalaría do casco urbán pontés e na taberna do Freixo.
Con cada tiket entrarase tamén no sorteo de diferentes agasallos.
A freixoeira do concello vai seguir funcionando pola tarde para ofertar a venda de freixós como merenda, a partir das seis, a quen queira achegarse ata unha feira na que a amenización musical correrá a cargo do Dúo venus, e no que tamén se poderán visitar senllas mostras de artesanía e de productos da terra.
Con esta cita, que chega á cuarta edición, a parroquia de O Freixo recupera algo do esplendor duns vellos tempos nos que foi concello propio. De feito ata finais do século XIX chegou a roldar os 1000 habitantes censados, máis que As Pontes.
Hoxe, malia ser aínda a maior parroquia en superficie do muncipio pontés, conta con vintecatro casas habitadas en total, anque moitas das 300 construidas seguen a servir como segunda vivenda.
Actualmente a madeira, con 40.000 toneladas de produción anual, é o seu motor económico, xunto coa produción de enerxía eólica.Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7054348142293494950.post-48025895038229546962015-03-31T04:15:00.001-07:002015-03-31T04:15:52.296-07:00A TRANSICIÓN ESPAÑOLA PROTAGONIZARÁ UNHA CHARLA DEBATE O VINDEIRO 18 DE ABRIL
O Concello de As Pontes organiza para o vindeiro día 18 de inminente mes de abril unha conferencia sobre a transición con poñentes de auténtico luxo.
Para falar dese período e proceso tan importante da historia recente de España contarase na mesa co conselleiro de estado e ministro no seu tempo coa UCD Rodolfo Martín Villa, o tamén ex-ministro, e maxistrado do Supremo, Fernando Ledesma, e o periodista da Cadena Ser Miguel Ángel Aguilar.
O evento terá entrada gratuíta ata completar o aforo do Ausitorio municipal, polo que se poderán retirar previamente as entradas en data e horario que comunicaremos nos medios locais.
A conferencia, plantexada a xeito de Mesa de exposición, debate e apertura ás intervencións do público, comezará ás doce do mediodía.
Será unha oportunidade única de que protagonistas directos nos falen dun periodo que comprendido entre a morte de Franco, en novembro de 1975, e o primeiro goberno presidido por Adolfo Suárez. E nun intre no que se nos apuntan semellanzas entre aquel capítulo e a actualidade, como as demandas de reforma da Constitución ou as reformas na vida política española
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7054348142293494950.post-6237510569619630282015-03-30T13:07:00.000-07:002015-03-30T13:07:28.031-07:00AS PONTES ACOLLERÁ ESTE MÉRCORES AS FINAIS DA COPA XUNTA DE FÚTBOL SALA
<a href="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEij3kAOHghtCBdQeSZ0OkL8XHtnisUZtFGBiISCuexHCklwg_Aq7Q2wFk40XkMl1WdVThksiIsQWA9xEc6YXyRRnn2RVrYsCsgARggwsfFEfJeHJ_ZbbEBUCS586gIYBtZmVqwS9s7SePNk/s1600/DSC_0034%5B1%5D.jpg" imageanchor="1" ><img border="0" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEij3kAOHghtCBdQeSZ0OkL8XHtnisUZtFGBiISCuexHCklwg_Aq7Q2wFk40XkMl1WdVThksiIsQWA9xEc6YXyRRnn2RVrYsCsgARggwsfFEfJeHJ_ZbbEBUCS586gIYBtZmVqwS9s7SePNk/s320/DSC_0034%5B1%5D.jpg" /></a><a href="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjJrk4yXd0E2Buvb4RGnkV5swiDRTGEBUVQ8ELS7B6KpKOWqjLynt0CSM62_Wtu6KIJ2USlPoIsGeuwUdc13nGLoErnCLsL9-LBBY8X5UdGzank7prbLU1c9AuWRWgOAB7KOXW5rKnZdI9q/s1600/DSC_0040%5B1%5D.jpg" imageanchor="1" ><img border="0" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjJrk4yXd0E2Buvb4RGnkV5swiDRTGEBUVQ8ELS7B6KpKOWqjLynt0CSM62_Wtu6KIJ2USlPoIsGeuwUdc13nGLoErnCLsL9-LBBY8X5UdGzank7prbLU1c9AuWRWgOAB7KOXW5rKnZdI9q/s320/DSC_0040%5B1%5D.jpg" /></a>
Este mediodía presentábanse no salón de plenos do Concello de As Pontes as Finais da Copa Xunta de fútbol sala, que se celebrarán o vindeiro mércores no Pavillón polideportivo municipal la localidade pontesa.
Na presentación oficail estiveron presentes, o Alcalde de As Pontes, Valentín González, o Presidente da FGFS, Juan Probaos, e o Presidente do equipo anfitrión, O Esteo, Francisco Fernández.
Asistiron tamén representantes de Burela F. S. e O Parrulo Ferrol.
O alcalde pontés deu a benvida ós presentes e agradeceu o traballo desenvolvido polo Esteo xa non cara a esta competición, senón co día a día na promoción deste deporte na vila.
Agradeceu tamén á Federación que confiara en As pontes como sé, e garantíu que se amosaría que foi un acerto tal decisión.
Tamén o Presidente de O Esteo, Francisco Fernández agradecía o apoio das Administracións, sobre todo do Concello, e tamén á FGFS o ter contribuído a que As Pontes puidese albergar este importante evento deportivo.
O Presidente da Federación, Juan Probaos, agradeceu tamén a todos os que fan posible a disputa conxunta destas finais, e salientou que o nivel está garantido en ámbolos dous partidos, ó amosaren mellor futbol sala que se pode ofrecer a nivel autonómico nestes intres.
Coa final feminina das sete e a masculina das nove, en As Pontes poderá verse, o mércores 1, o mellor fútbol sala galego, e nun grande ambiente, pois é de agardar unha importante presenza de afeccionados dos diferentes clubes. Asemade, a venda anticipada de entradas vai a moi bo ritmo e apenas van quedar 150 boletos para o día dos choques finais.
Nesta xa XXIV edición, poranse en liza os títulos que certifiquen cal sexa o mellor dos equipos galegos, logo dunha competición que desenvolveu as eliminatoria previas para que quedasen os que están no mellor momento de forma.
Vanse enfrontar o Ourense e Burela na final feminina, que será unha revancha da do ano pasado e o Santiago Futsal e O Parrulo de Ferrol na masculina, cos de División de honra tentando revalidar o título diante da grande solpresa que previsiblemente contará cun grande apoio nas bancadas por mor da proximidade xeográfica con Ferrol.
O alcalde, Valentín González, pechaba o acto oficial da presentación salientando a aposta deste municipio polas citas deportivas que se veñen celebrando regularmente na localidade, e aproveitou para reiterar a felicitación a O Esteo, confiando en que o pavillón municipal albergue un bo ambiente e que todos os aficionados que se despracen ata As pontes, e os veciños que se achegeun podan disfrutar dun grande espectáculo deportivo.Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7054348142293494950.post-4621652732672247012015-03-26T11:31:00.000-07:002015-03-26T11:31:11.050-07:00A Concellería de Industria, Hostalería e Comercio ofrece dous cursos para emprendedores e comerciantes
A concellería de Industria, Hostalería e Comercio e o Instituto Pontés de Promoción Económica manterán aberto ata o vindeiro 6 de abril o prazo de inscrición para as dúas actividades formativas que teñen previsto desenvolver durante o mes que vén.
Nesta ocasión, dende o departamento que dirixe Montserrat García apostouse por un curso dirixido ao pequeno comercio e unha segunda actividade formativa para emprendedores.
O primeiro destes cursos leva por título Dándolle unha Voltiña e consiste nun obradoiro de micromercadotécnia audiovisual, dirixido a incrementar a promoción do comercio de proximidade e, deste xeito, aumentar as súas vendas.
Este curso contará cun máximo de 15 prazas para profesionais do pequenos comercio e será totalmente gratuíto, desenvolvéndose os días 11, 18 e 25 de abril nas dependencias da Casa Dopeso, en horario de 16.00 a 19.00 horas.
Durante estas clases abordaranse temas coma a innovación no terreo do merchandising audiovisual, as formas de comunicación e fidelización da clientela e os asistentes poderán ata coñecer exemplos concretos de casos de éxito comercial.
O segundo dos cursos que desenvolverá nas vindeiras semanas a concellería de Industria, Hostalería e Comercio terá como eixo central o plan de empresa e no mesmo poderán participar 15 emprendedores ou persoas cunha idea empresarial.
Este obradoiro desenvolverase os días 13, 14, 15, 20,21 e 22 de abril en horario de 16.00 a 20.00 horas, no Centro de Dinamización Empresarial do polígono de Penapurreira e tamén será gratuíto.
Para poder participar en calquera destas dúas actividades é preciso que os interesados formalicen a súa inscrición no rexistro xeral do Concello, en horario de mañá de luns a venres ata o vindeiro 6 de abril, xa que no caso de que se conte con máis inscricións que de prazas, éstas outorgaranse por orde de matriculación.
Para obter máis información os interesados poden consultar a páxina web do ippec, no enderezo www.ippec.es, ou ben telefonar ao 664 029 871.Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7054348142293494950.post-39838119507699754432015-03-19T12:00:00.003-07:002015-03-19T12:00:57.693-07:00OS HOMES COIDADORES PONTESES AGRUPARANSE PARA FORMARSE XUNTOS, A INICIATIVA DO CONCELLO.
O papel do home como coidador foi a temática que centrou este ano o programa de actividades do día internacional da muller que promoveron a Concellería de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller.
O programa deste ano pechábase cunha charla na que se abordou precisamente a figura do home como coidador e que estivo impartida polas traballadoras sociais Katia Rouco, Iria Penabad e a directora e psicóloga do CIM, Maca Rego.
O encargado de abrir a poñencia foi o propio edil José Alén que daba conta de por que apostar por este tipo de actividades. O concelleiro apuntaba a necesidade de facer ver o papel do home como coidador xa que sempre son as mulleres as que máis visibilidade teñen neste campo. Neste senso, edil tamén animaba aos participantes a utilizar recursos que presta a Administración coma os centros de día ou os servizos de axuda a domicilio para contar con ese respiro que tamén eles precisan.
As tres poñentes abordaron o papel do home como coidador dende os aspectos máis xenéricos como as diferenzas entre eles e elas á hora de afrontar este traballo ata a evolución do coidado a persoas dependentes por parte dos homes pola incorporación da muller ao mercado laboral, pasando polas dificultades que os homes atopan á hora de asumir o papel de coidadores.
Na liña de apostar pola formación e a información lembráronse tamén os diferentes recursos dos que se pode dispoñer para facilitar o coidado dunha persoa dependente coma as residencias, as prestacións económicas ou os programas de respiro para coidadores.
No balanzo desta xornada a maior satisfacción viña da creación dun grupo de homes coidadores que se reunirán mensualmente coa fin de compartir as súas experiencias e recibir conxuntamente a información que precisan en materia de coidados, alimentación, manipulación dos enfermos ou axudas, apoio emocional ou atención psicolóxica, e que tamén ofrecerán dende o departamento municipal de servizos sociais.
Mesmo se fixou xa data no vindeiro mes de abril para que teña lugar o primeiro destes encontros
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7054348142293494950.post-88861373511350581912015-03-17T07:06:00.004-07:002015-03-17T07:06:48.512-07:00PRESENTADO O PROXECTO DE TURISMO INDUSTRIAL PARA AS PONTES ÓS VECIÑOS.
O Concello de As Pontes reafirma a súa aposta polo turismo industrial.
Logo de que o noso municipio fose un dos galegos incluidos na Rede Española de Turismo Industrial, as iniciativas para poñer en valor unha situación de privilexio neste terreo, cunha localidade na que se conxugan como en poucas a paisaxe industrial coa natural, agora toca amosar ese potencial ó entramado asociativo local.
Na intención do Concello está que os propios veciños coñezan a riqueza do noso patrimonio industrial para poder colaborar á hora de fomentar uns espazos que nos pasan máis despercibidos por rutinarios pero seguramente serán moi interesantes para a xente que se achegue a coñecelos
A pasada semana facíase unha presentación dunha serie de visitas a empresas e paraxes industriais que será o punto de partida para logo poder facer esta oferta a quen nos visite.
Dende a Concellería de Industria, Promoción económica, Desenvolvemento Industrial, comercio e hostalaría, reuníuse ás Asociacións veciñais para coñecer este proxecto de turismo industrial.
O proxecto de turismo industrial inclúe unha páxina web na que aparecerán reflexados dende os muiños ás novas instalacións eólicas, pantanos, ou empresas, e sobre todo a peculiaridade do lago, que agacha a historia dunha mina que foi vital neste pobo.
A implicación popular será un dos eixos fundamentais desta iniciativa, que dirixe a Concellería de Montserrat García na que se inclúen as competencias locais de Industria.Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7054348142293494950.post-59128621623416952892015-03-17T07:06:00.001-07:002015-03-17T07:06:13.732-07:00A CONCELLERÍA DE INDUSTRIA LANZA UNHA LIÑA DE AXUDA Á CREACIÓN DE EMPRESAS.
O Concello de As Pontes vai poñer en marcha un programa de axudas a novos emprendedores que incluirá achegas compatibles para aluguer de local e para a dotación e inversión neste. En total sumará ata un máximo de 3000 euros a fondo perdido, tal e como figura nunhas bases que se fixeron xa públicas e se poden consultar na web ippec.es.
Logo de moitos atrancos competenciais, a concellería de Industria Promoción económica, desenvolvemento industrial, hostalaría, e Comercio, que preside Montserrat García lograba poñer en marcha este novo programa de axuda á creación de empresas incluíndoo dentro do programa As Pontes emprende.
Para acceder a estas axudas tan só hai que estar en paro e censados en As Pontes e o tempo para solicitar acollerse está limitado ó 30 de setembro.
O que si se debe ter en conta é que estas subvencións atinxen a todo o ano 2.015, polo que teñen carácter retroactivo para incluir calquera iniciativa que comezara no ano en curso.
Anque a vixencia é do 2.015 a intención do goberno local é reeditar esta proposta e mantela nos anos vindeiros.
Con esta iniciativa, dende a Concellería que preside Montsarrat García, conséguese outro obxectivo e é dinamizar o mercado de aluguer inmobiliario, onde existe unha oferta que estaba demasiado paralisada.Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7054348142293494950.post-66052912527834071442015-03-16T01:33:00.001-07:002015-03-16T01:33:04.203-07:00BASES DA CONVOCATORIA “AS PONTES, AS NOSAS MULLERES 2015”BASES DA CONVOCATORIA
“AS PONTES, AS NOSAS MULLERES 2015”
Primeiro: Obxecto.
A finalidade desta convocatoria é destacar e recoñecer pública e socialmente a actuación de mulleres que, pola súa traxectoria persoal, profesional ou social contribuíran a visibilizar as aportacións das mulleres no municipio das Pontes de García Rodríguez.
Segunda: O recoñecemento concederase a:
Mulleres con algunha das seguintes características:
Que contribuíse de xeito destacado na consecución dos dereitos das mulleres traballadoras en calquera ámbito.
Terceira: Presentación de candidaturas .
1. As candidaturas de persoas físicas ou xurídicas canalizaranse a través das seguintes asociacións veciñais:
AVV Asunción do Deveso
AVV Virxe do Rosario da Faeira
AVV Beira do Eume
AVV As Campeiras
AVV As Veigas
AVV Vincallo. Cal da Avelaíña
AVV A Choupana
AVV Virxe do Pino de Saa
AVV Santa María do Aparral
AVV 25 de Xullo
AVV A Cuíña
AVV O Noso Barrio
AVV do Freixo
AVV Painceiras de Ribadeume-Bermui
AVV San Martiño de Gondré
AVV As Fervenzas de Somede
AVV O Adro de Espiñaredo
AVV Encoro da Ribeira de Marraxón
AVV Raíces de Goente
AVV A Veiga da Areosa
AVV A Magdalena
AVV San Pedro de Eume
AVV e Mulleres Rurais de Pontoibo
Asociación de Viúvas María Magdalena
Asociación Local Amas de Casa
As entidades relacionadas poderán presentar unha única candidatura co modelo oficial que se axunta a estas bases como Anexo I. Dito Anexo I deberá conter, como mínimo, os seguintes datos:
Datos da entidade que propón.
Datos da muller que se propón: nome completo
Memoria da proposta: un máximo de dous folios
Non serán admitidas as candidaturas nos seguintes supostos:
- Non será admitida a candidatura que propoña a unha muller finada.
- Non será admitida a candidatura que propoña a unha muller que forme parte da xunta directiva dalgunha das entidades relacionadas no artigo terceiro.
Cuarta: Xurado
O xurado estará composto por unha muller que forme parte da xunta directiva de cada unha das entidades relacionadas no artigo terceiro, que figurarán como vogais.
Ademais, tamén formarán parte do xurado as seguintes persoas físicas:
María Carmen Rego Piñeiro – directora do CIM (Centro de Información á Muller). Exercerá a Presidencia do xurado.
Margarita Rivera Piñeiro – administrativa da área de emprego. Exercerá a Secretaría do Xurado.
Unha representante da Asociación de Estudos Sociais Hume. Exercerá como asesora do xurado, con voz pero sen voto.
Cada membro do xurado votará de forma persoal e segreda, a excepción da representante da Asociación de Estudos Sociais Hume, que non poderá emitir voto.
De tódalas propostas presentadas, o xurado elixirá a tres finalistas, que serán homenaxeadas nun acto público no que se proxectará unha gravación sobre cada unha delas reflectindo a súa traxectoria persoal, profesional e/ou social.
O xurado constituirase e reunirase ao obxecto de emitir o seu fallo, que será comunicado a través da acta redactada co resultado da votación á Concellería de Emprego e Turismo antes do día 8 de abril.
Quinta: Lugar e prazo presentación de candidaturas
O prazo para presentar as candidaturas rematará o día 18 de marzo de 2015.
As candidaturas deberanse presentar segundo o modelo Anexo I na Área de Emprego (2ª andar da Casa do Concello) do Concello das Pontes de García Rodríguez.
Sexta: Confidencialidade
A información achegada en cada proposta será tratada segundo o establecido la Lei Orgánica de Protección de Datos vixente e autorizando os candidatos a difusión dos nomes e as características xerais presentadas ao concurso.
Deste xeito, cederán os seus datos para a elaboración dun libro no que se recollerán as traxectorias persoais, profesionais e/ou sociais de cada unha das mulleres candidatas. Asemade, tamén cederán os seus datos as tres candidatas finalistas para a elaboración do vídeo que se proxectará no acto público de recoñecemento.
Sétima: Aceptación das bases
A presentación das candidaturas, implica a aceptación das presentes bases.
As bases serán publicadas nas páxinas web www.emprego-aspontes.org e www.aspontes.com, así como no taboleiro de anuncios do Concello.
O Concello das Pontes será o único con potestade para resolver as incidencias que podan xurdir durante o transcurso.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7054348142293494950.post-36741728966668531792015-03-12T05:30:00.002-07:002015-03-12T10:47:04.762-07:00 A CONCELLERÍA DE EMPREGO OFERTA DOUS NOVOS CURSOS.
Xa está aberto o prazo para anotarse en dúas novas accións formativa promovidas dende a Concellería que dirixe Ana Pena e que suman 110 prazas.
A Concellería de Emprego vai desenvolver dende este mesmo mes de marzo dous novos cursos formativos que irán dirixidos ao colectivo de desempregados locais.
Neste caso, dende o departamento que dirixe Ana Pena apostouse por dous obradoiros do máis diferentes un deles dirixido á formación en materia de manipulación de alimentos e un segundo sobre a busca de emprego, e que terán como obxectivo incrementar a formación dos desempregados ponteses con novos recursos formativos que lles permitan ter máis opcións á hora de concorrer a un emprego.
O primeiro destes obradoiros desenvolverase nunha soa sesión, o vindeiro día 23, e terá como eixo central a obtención do título de manipulador de alimentos, que permitirá aos beneficiarios adquirir os coñecementos básicos en materia de hixiene alimentaria, coñecemento das prácticas correctas e dos seus fundamentos, ademáis de recoñecer as prácticas incorrectas e as súas consecuencias.
Serán 4 horas de contidos teórico prácticos que se desenvolverán nas dependencias do centro de dinamización empresarial de Seara, no polígono de penapurreira, e no que poderán participar un máximo de 50.
Este curso dividirase en dúas quendas de 25 alumnos, unha en horario de mañá de 9.30 a 1.30 da tarde e a segunda de 4 a 8 do serán, sendo necesario anotarse dende hoxe mesmo e ata o vindeiro xoves 19, na área de emprego, do segundo andar da Casa Consistorial.
O segundo curso que ofrecerá a concellería de emprego versará sobre a busca de traballo. Buscarase formar ós participantes na búsqueda activa de emprego, con preparación para as entrevistas de traballo, a elaboración dun currículum ou a busqueda por internet, entre outras iniciativas.
Cabe salientar que os participantes no curso continuarán coa asistencia e asesoramento dun profesional que seguirá ó seu dispor unha vez finalizada a formación para poder preparar curriculum, entrevista de traballo, ou o que precisen.
E é que, mediante este curso, o que se pretende é que os alumnos e alumnas melloren o compromiso cos seus obxectivos, potenciando os seus coñecementos, habilidades e recursos propios para obter os seus obxectivos profesionais.
Este segundo curso constará de 60 horas de duración, a desenvolver entre o vindeiro día 24 e o 8 de maio no centro de dinamización de Penapurreira. Habilitaranse tres grupos de traballo de 20 alumnos cada un polo que o número de prazas totais será de 60.
Os interesados en anotarse tamén poden comezar xa a realizar a súa inscrición achegándose ata a área de emprego, no segundo andar da Casa do Concello, e ata o vindeiro xoves 19 de marzo.Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7054348142293494950.post-66642948883894194172015-02-21T12:38:00.000-08:002015-02-21T12:38:15.217-08:00Servizos Sociais impulsará un novo proxecto de fomento da boa nutrición dos máis novos ao abeiro do Programa Municipal de Reforzo Educativo
Mediante actividades lúdico-deportivas, merendas saudables para infantes e adolescentes, e charlas coas familias buscarase transmitir a importancia dunha correcta nutrición e de hábitos saudables para previr futuros trastornos neste colectivo
As Pontes, 21 de Febreiro de 2015.-
O Concello de As Pontes, mediante o departamento de Servizos Sociais, levará a cabo nas vindeiras semanas un proxecto de nutrición e saudabilidade coas familias participantes no Programa Municipal de Reforzo Educativo, co que se buscará facer fincapé nunha boa nutrición dos máis novos para evitar problemas de concentración e rendemento no terreo académico.
A iniciativa, denominada “Ensina e aprende a comer. Ensina e aprende a medrar”, estará composta por unhas xornadas cos menores baseadas en xogos deportivos e actividades de lecer, coas que se buscará transmitirlles a necesidade de levar unha dieta correcta co obxectivo tamén de previr hábitos alimentarios nocivos, tal e como apuntou o edil do ramo, José Alén.
O concelleiro de Servizos Sociais tamén apuntou que este programa tamén traballará coas familias destes rapaces e rapazas, mediante unha serie de charlas e coloquios nos que se pretenderá insistir nestes conceptos, concienciando na necesidade de que os seus fillos e fillas conten cunha boa nutrición e adaptando a situación económica de cada núcleo familiar ás necesidades dos nenos e nenas. E é que, tal e como explicou o edil, a pesares de dispoñer de recursos limitados, é totalmente posible acceder a unha alimentación equilibrada xa que, á hora de realizar unha compra saudable, non o que ten o valor nutritivo máis alto é o máis caro. De feito, durante este programa de fomento da boa nutrición tamén se dotará ás familias das ferramentas precisas para establecer outro tipo de conductas saudables como o establecer horarios e rutinas, o fomento do exercizo físico ou as combinacións máis correctas e axeitadas de alimentos saudables.
Un dos principais piares deste programa serán as merendas saudables que se distribuirán entre os nenos e adolescentes que participan no programa municipal de reforzo educativo, durante o mes de febreiro e tamén marzo, medida que tamén permitirá colaborar coa economía familiar dos participantes.
De feito, José Alén deu conta de cómo a crise influíu negativamente na alimentación dos máis novos, de ahí que se optase por apoiar esta iniciativa, e é que, tal e como apuntou o edil " unha mala alimentación pode causar, a longo prazo, importantes doenzas e transtornos nos máis pequenos".
Finalmente, o concelleiro de Servizos Sociais deu conta da intención do seu departamento de continuar con esta liña de traballo e con futuras iniciativas dirixidas a botar unha man a aquelas familias pontesas que, por mor da crise, están a atravesar unha situación económica complicada.Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7054348142293494950.post-30921724449628343702015-02-19T05:35:00.002-08:002015-02-19T05:35:48.282-08:00Xuventude propón actividades para os máis novos que permitan a conciliación da vida laboral e familiar durante as mañás de sábado<a href="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEirEMhl4vzFC9IcIlGJIMMQebu4DLxDBky3lx_m3Wy3lwbTE2GxMxr1fj84xveLuRkDatqr-7M9E6rC79EyiTL8XCmRgffLC8LH8rpdL0XnCHXmMD_i4Rt3TZ1kyFBwCSzE4idhXAuLlZdT/s1600/xuventude_n.jpg" imageanchor="1" ><img border="0" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEirEMhl4vzFC9IcIlGJIMMQebu4DLxDBky3lx_m3Wy3lwbTE2GxMxr1fj84xveLuRkDatqr-7M9E6rC79EyiTL8XCmRgffLC8LH8rpdL0XnCHXmMD_i4Rt3TZ1kyFBwCSzE4idhXAuLlZdT/s320/xuventude_n.jpg" /></a>
O Concello de As Pontes vai reeditar, dende este sábado, o seu programa de conciliación da vida laboral e familiar para as mañás da fin de semana. Novamente será a concellería de Xuventude a que se encargue do desenvolvemento deste programa e que deixa a Casa de Don Pedro para trasladarse ata o soto da Casa Dopeso.
Alí, cada sábado, as monitoras do espazo infantil Picariños dirixirán diferentes obradoiros e actividades para nenos de entre 2 e 10 anos de idade e cuios pais e nais deban traballar durante a mañá ou ben teñan que atender ás súas obrigas domésticas. Todo un respiro para aquelas familias que non teñen con quen deixar aos seus pequenos os días que non hai escola.
Para esta primeira xornada, dende a concellería que dirixe Jesús Tembrás apostouse por obradoiros e diferentes xogos que arrincarán ás 9.00 horas e que se desenvolverán, gratuitamente, ata as 13.30 horas ata o 23 de maio.
Coma sempre haberá prazas limitadas, sendo necesario que cada pequeno ou pequena que desexe participar se inscriba a mesma xornada na que acuda a estes obradoiros.Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7054348142293494950.post-22662444736443862412015-02-16T07:47:00.002-08:002015-02-16T07:47:33.083-08:00A XXXV Feira do Grelo de As Pontes logra reunir a centos de visitantes malia a mala climatoloxía<a href="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEixzItOaDI7M7SeywIJEaEjsrALbcSV4v0sIUCyI4hHn4IBosuXsEO_FON9fl2b6CPDpQ9OShEFfDVgmQwxrN6FT1id6oyqgVY2m-fiBpemns3e3Pk2QTPAB-BWDc0Cw4Cwtyc6B2sZJVpX/s1600/grelo+009.jpg" imageanchor="1" ><img border="0" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEixzItOaDI7M7SeywIJEaEjsrALbcSV4v0sIUCyI4hHn4IBosuXsEO_FON9fl2b6CPDpQ9OShEFfDVgmQwxrN6FT1id6oyqgVY2m-fiBpemns3e3Pk2QTPAB-BWDc0Cw4Cwtyc6B2sZJVpX/s320/grelo+009.jpg" /></a><a href="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjfEwgXlXQk7VlP6QPhO0vmQqYCpd7vkBINVgoCBFXi3BzN4RC3ldNvMqJbgnAtW4k-_710L3nHzZHpggtulh1YW9h2t9_xAys91EviadHTECUcld_gPaZjDJV_NV5GbpRC2GnQsMq5_fc7/s1600/grelo+015.jpg" imageanchor="1" ><img border="0" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjfEwgXlXQk7VlP6QPhO0vmQqYCpd7vkBINVgoCBFXi3BzN4RC3ldNvMqJbgnAtW4k-_710L3nHzZHpggtulh1YW9h2t9_xAys91EviadHTECUcld_gPaZjDJV_NV5GbpRC2GnQsMq5_fc7/s320/grelo+015.jpg" /></a><a href="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEigAye5M7IAmSA8isSKzZcVednsVN_TXyr3k-JLIZDg3rvJ8D75M-U08fAbrlDQgk85wDRRZpuX9MHRkLtv0ElVctIqfSVe6BUvJdhiDw_e-iCzwP4w3lNbaC2C0pdjngfrZtrdPAwDvtGQ/s1600/grelo+085.jpg" imageanchor="1" ><img border="0" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEigAye5M7IAmSA8isSKzZcVednsVN_TXyr3k-JLIZDg3rvJ8D75M-U08fAbrlDQgk85wDRRZpuX9MHRkLtv0ElVctIqfSVe6BUvJdhiDw_e-iCzwP4w3lNbaC2C0pdjngfrZtrdPAwDvtGQ/s320/grelo+085.jpg" /></a>
Veciños e visitantes desafiaron onte á chuvia para desfrutar polas rúas do casco urbano da 35ª edición da Feira do Grelo de As Pontes. Unha cita que, ao igual que o pasado ano volvía estar marcada polo mal tempo pero que, aínda así, non mermou a calidade e gran oferta cultural da xornada.
O departamento municipal de Cultura volvíase poñer á fronte dun evento xa máis que consolidado no antroido pontés e que respondía ás expectativas a nivel de actividades e participación e é que nin a chuvia puido augar a festa, tal e como apuntaba a concelleira Sara Ramos.
Novamente, dende a concellería de Cultura se optaba pola tradición á hora de idear actividades e incluso de apostar polo menú que, a xuízo da organización, é o que mellor funciona neste tipo de eventos.
Exposicións de artesanía con torneiros, tecedoras ou selleiros do colectivo de Artesáns do Eume, mostras coma a adicada a Fernando Vérez ou a Jonás Álvarez ou productos da comarca coma o mel ou o queixo da Faeira tamén tiraron de atractivo para que moitos se animasen a coller o paraugas e saír a desfrutar deste domingo de antroido e incluso da música que asolagou cada recuncho do centro urbano, coas actuacións de charangas ou bandas locais como Alfaia.
Un dos grandes atractivos da feira do grelo volvía ser o certame de cestas, unha cita na que se xuntaron un total de 62 productores de As Pontes, Vilalba, Xermade, Ferrol ou As Somozas, que trouxeron ata a nosa vila o mellor das súas terras.
Por segundo ano consecutivo, o Mercado de Abastos volvía ser o escenario perfecto para esta cita na que cestas con grelos de alta calidade se mesturaron coa imaxinación dos concursantes que, ano tras ano, dan conta do importante proceso de creación e traballo que leva cada unha das propostas que participan nesta cita.
Nesta ocasión, os encargados de emitir o seu xuízo foron José Luis Castro como representante dos empresarios; Teresa González en representación do sector labrego e o edil de Medio Rural, Antonio Castro, que ao mediodía tamén se encargaron de presidir, xunto co alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, e os seus compañeiros de goberno, a tradicional entrega de premios.
Os 300 euros da cesta mellor engalanada foron para Luz Divina Alonso de Espiñaredo. Segunda nesta categoría foi Eva Garrido, de Monfero, que levou un premio de 200 euros e terceira Ana Isabel Pico, de As Pontes, que se fixo cos 100 euros cos que está dotado o terceiro premio.
No tocante á calidade do grelo, o primeiro lugar e os 300 euros foron para a pontesa Digna Franco, que tamén recibía o primeiro premio Alexandre Pérez Sindín, namentras que segunda foi outra xa coñecida deste certame, Josefa Basoa, de Espiñaredo.
O premio de 200 euros co que estaba dotado o terceiro lugar foi para Mari Luz Vázquez de Xermade e os tres accesits de 60 euros recaeron en Telmo Carballeira de Xermade, Josefa Filgueiras do Aparral e Andrea Carballo dos Loureiros.
Pero ademáis do certame de cestas, o segundo aliciente da xornada foi, unha vez máis, a degustación popular da que este ano se elaboraron 400 racións que ou ben se podían desfrutar no propio patio de Santa María ou xa ao quentiño do fogar.
Sopa de cocido, cocido completo, mel e requeixo integraron o xantar popular que, novamente foi cousa de Catering Ferrolterra e que algúns tamén complementaron cos saborosos freixós que, dende as seis da mañá, estiveron a preparar os veciños do colectivo Beira do Eume, na xigantesta freixoieira municipal e que, un ano máis, rexistrou longas ringleiras integradas por xiareiros deste saboroso postre típico do antroido galego e que non se querían perder a oportunidade de levar para as súas casas tan suculento manxar.
Así, con boa comida, gran participación e por suposto con moito sabor a antroido se pechaba esta mañá de grelos, festas, disfraces e multitude de actividades de todo tipo coas que, un ano máis, o concello de as pontes quixo homenaxear ao sector agrícola da zona e, por suposto, tamén a Don Carnal.Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7054348142293494950.post-68151225229849645002015-02-16T07:42:00.002-08:002015-02-16T07:42:40.013-08:00O Concello de As Pontes designa un premio da Feira do Grelo como homenaxe á figura dun dos seus fundadores Alexandre Pérez-Sindín<a href="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg-hrTx3yh8EU9bPT7b7UANLo6LJdZttDcVNJbl4teS2Bn2pSu2gtwMEtH6PSND75oP_At67dEqwBpZPLg4NTtgj-QsOQMNpfwmu_KNwS_HWrFXFkh2EIjdhLRt9AyeVj43t9tT4J5zxPh-/s1600/grelo+051.jpg" imageanchor="1" ><img border="0" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg-hrTx3yh8EU9bPT7b7UANLo6LJdZttDcVNJbl4teS2Bn2pSu2gtwMEtH6PSND75oP_At67dEqwBpZPLg4NTtgj-QsOQMNpfwmu_KNwS_HWrFXFkh2EIjdhLRt9AyeVj43t9tT4J5zxPh-/s320/grelo+051.jpg" /></a><a href="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh8om11rCTMPMmL4rpzytWVPXXppYoWZy7y8mMgSgCCP2NAQUTSRK6iFJWwI844KBNX4CKz0IcUe0d_BLoVXSKH4TyeAdP5lT6Fn4_imYMzfS6qTqK1j3jRd0b2-Gkqhuff5ckLz3Q8BLlx/s1600/grelo+056.jpg" imageanchor="1" ><img border="0" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh8om11rCTMPMmL4rpzytWVPXXppYoWZy7y8mMgSgCCP2NAQUTSRK6iFJWwI844KBNX4CKz0IcUe0d_BLoVXSKH4TyeAdP5lT6Fn4_imYMzfS6qTqK1j3jRd0b2-Gkqhuff5ckLz3Q8BLlx/s320/grelo+056.jpg" /></a><a href="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhz4358ufmmPWVn1jDnfJE9JYGr2dX3KpmbE_dcj7JwXmIBy9vl1bc2NzqYP38-MVi6Mnu19K3CVDAWjlNDHBa1Yn1eUmYrLfim8h5-HaNogW4cgKtOLJi81W80wn8iWUr0_-OLxV8DHqLt/s1600/grelo+060.jpg" imageanchor="1" ><img border="0" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhz4358ufmmPWVn1jDnfJE9JYGr2dX3KpmbE_dcj7JwXmIBy9vl1bc2NzqYP38-MVi6Mnu19K3CVDAWjlNDHBa1Yn1eUmYrLfim8h5-HaNogW4cgKtOLJi81W80wn8iWUr0_-OLxV8DHqLt/s320/grelo+060.jpg" /></a>
O goberno pontés rendeu onte homenaxe a Alexandre Amador Pérez-Sindín Fraga, un dos ideólogos da Feria do Grelo de As Pontes a principios dos 80 e que, o pasado ano, nos deixaba.
O executivo local, co alcalde á fronte, quixo renderlle homenaxe a esta figura e, por este motivo, onte mesmo se celebraba unha simbólica e emotiva homenaxe á súa persoa.
Ao acto asistiton a súa viuva Toñina, ademáis dun dos seus fillos e moitos familiares, amigos e representantes do tecido asociativo local que quixeron tamén recordar a este veciño.
De feito, o primeiro edil facía especial fincapé na calidade humana de Pérez-Sindín ao que definiu coma unha axenda con patas, un sabio cunha gran preocupación pola súa terra e a súa historia e que dividía o seu amor entre a terra que o viu nacer: a Mariña Lucense e o seu municipio de adopción: As Pontes.
E é que figuras como Pérez-Sindín fan digna a nosa vila, segundo apuntou González Formoso no seu discurso co que daba paso á súa viuva.
Toñita resumiu nun sentido grazas esta homenaxe ao seu finado esposo e que se completou coa entrega dunha praca conmemorativa, un ramo de flores e a designación, unha vez se aprobe en pleno, do primeiro premio Alexandre Pérez-Sindín á calidade do grelo, dotado con 300 euros e unha figura elaborada por un artesán pontés, neste caso unha sella de Andrés Otero e coa que foi recompensada Digna Franco como gañadora do certame de cestas deste ano.
A foto de familia serviu como colofón a tan sentida e agarimosa homenaxeUnknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7054348142293494950.post-73082686134723903392015-02-16T07:36:00.000-08:002015-02-16T07:37:30.521-08:00As Pontes homenaxea a figura de Fernando Vérez cunha mostra do seu traballo co torno
<a href="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhRTDDY59LXK9kGfC_CY9oEFeFCOJMLQCH3a7o7wvXqaiQVjv2qHd3fZimrPrE_mjF6KFBO-G_dKqe79-HvRg4tp2pwFXGma0VSuy6gtBZB1oBVZ7sFqKsDhqBEeof7IUahORpV5ls6w9Y/s1600/verez+001.jpg" imageanchor="1" ><img border="0" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhRTDDY59LXK9kGfC_CY9oEFeFCOJMLQCH3a7o7wvXqaiQVjv2qHd3fZimrPrE_mjF6KFBO-G_dKqe79-HvRg4tp2pwFXGma0VSuy6gtBZB1oBVZ7sFqKsDhqBEeof7IUahORpV5ls6w9Y/s320/verez+001.jpg" /></a><a href="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgKqxpE0ziMHKvhg9jllXrZeFlv8OvXek1EC2nPCPi6Md0NqWRvPwYq7B-hxu6-ENYIH3-UV6V5_dVTX-9aczuweoMUS7GRRO8O7ut441i-9iCPL2aAhxKhBw8aNDS_DLV12y-93H6rDwM/s1600/verez+017.jpg" imageanchor="1" ><img border="0" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgKqxpE0ziMHKvhg9jllXrZeFlv8OvXek1EC2nPCPi6Md0NqWRvPwYq7B-hxu6-ENYIH3-UV6V5_dVTX-9aczuweoMUS7GRRO8O7ut441i-9iCPL2aAhxKhBw8aNDS_DLV12y-93H6rDwM/s320/verez+017.jpg" /></a><a href="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjsDaArbsf7mpJXVdQOP77-m55lPAU-8WdD6_3tuYJcyzlLB3l9VCV_3laiYGZ9D_o8acintMuHOuS0o-S-XzxvtJPXAZjVoa0blkxGFrlxzaLvdmtCuxBm3N0MWtu4o3Y7Gq-twyKyA1w/s1600/verez+019.jpg" imageanchor="1" ><img border="0" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjsDaArbsf7mpJXVdQOP77-m55lPAU-8WdD6_3tuYJcyzlLB3l9VCV_3laiYGZ9D_o8acintMuHOuS0o-S-XzxvtJPXAZjVoa0blkxGFrlxzaLvdmtCuxBm3N0MWtu4o3Y7Gq-twyKyA1w/s320/verez+019.jpg" /></a>
Un dos principais alicientes que trae consigo cada edición da Feira do Grelo é a aposta expositiva coa que, cada ano, nos sorprenden dende o departamento municipal de Cultura.
Este 2015 non ía ser menos e por iso, dende esta fin de semana e ata que remate o mes de febreiro teremos a opción de desfrutar de dúas coleccións de obras tan distintas como atractivas.
A primeira delas abría as súas portas xa na tarde do venres nas dependencias do Mercado Vello. Ata alí se desprazaron familiares, amigos e veciños do torneiro pontés Fernando Vérez, que nos deixaba o pasado ano, por mor dun cancro.
A súa obra co torno pero tamén a súa pegada como persoa merecían un recoñecemento á altura e de ahí que moitos fosen os que non se querían perder a apertura da Beleza do Torneiro, unha colección de elementos en madeira torneada, fotografías e vídeos con Fernando coma protagonista.
A súa filla María, amigos coma José Luis Bernat e, por suposto as autoridades locais na figura do alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, e a edil de Cultura, Sara Ramos, exerceron como mestres de ceremonias nunha sentida homenaxe na que, por riba do seu bo facer co torno, estaba a súa gran calidade humana e o seu esforzo e traballo por facer do torneado da madeira toda unha arte a nivel nacional, de ahí que tamén entre os presentes se contase con algún torneiro amigo vido dende outros puntos do país.
Máis dunha trintena de pezas vidas de diferentes partes de toda España elaboradas en madeira de buxo, nogueira, granadillo ou freixo; esculturas que a día de hoxe continúan na casa da súa familia ou instantáneas que recollen outras figuras torneadas polo artista pontés forman parte desta fermosa mostra na que as cores, as formas e o deseño son toda unha delicia para a vista.
A Beleza do Torneiro xa contou nestes primeiros días de apertura con multitude de visitas pero para aqueles máis rezagados lembrarlles que terán ata o 27 deste mes para desfrutar gratuitamente desta colección de pezas do gran Fernando Vérez, os luns e sábados de 11.00 a 13.00 horas e de martes a venres, entre as 18.00 e as 19.30 da tarde.
E dunha mostra que se inauguraba o venres a outra que onte abría as súas portas e na Casa Dopeso. Trátase da colección de instantáneas Rutinas de Outono, de Jonás Álvarez, todo un artista tras do visor á hora de captar co seu obxectivo eses momentos máxicos da chuvia e da meteoroloxía da nosa terra e que lle valeron ser o escollido, este ano, como autor do cartel anunciador da nosa Feira do Grelo.
De feito, esa misma instantánea tamén se atopa entre as diferentes propostas fotográficas elaboradas con diferentes técnicas por este gran artista local e que poderemos visitar tamén ata finais de mes, e gratuitamente na Casa Dopeso.
A traverso de paisaxes, curiosos retratos e instantáneas nas que obxecto tan cotiáns coma un paraguas pode cobrar vida; Jonás Álvarez danos conta da súa particular visión da estación da chuvia, do vento e da caída das follas; unha época na que os tonos marróns asolagan cada recuncho para os demáis pero que se converten nun auténtico caleidoscopio colorista para este artista e a súa inseparable cámara e que non deberiamos deixar de visitar.Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7054348142293494950.post-90238879517585696842015-02-15T05:25:00.004-08:002015-02-15T05:32:03.633-08:00A parella Dolce Vita de Barcelona adxudícase o primeiro Mundialito de Futbolín de As Pontes
<a href="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhHD6Ja9QLsn8NjdGHYIUBCXFHF74U8qMDIMIVrtILOqq2vEbR6t58-ptFc_HO-nl2kTRmxO8j7YmM9Bj2LK2ZE88jvtJRmSgkAUMA6emqr6Ta3rM8GWzLSoS67Yk4CzDY82A1PGtfR3KKn/s1600/DSC_0035.JPG" imageanchor="1" ><img border="0" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhHD6Ja9QLsn8NjdGHYIUBCXFHF74U8qMDIMIVrtILOqq2vEbR6t58-ptFc_HO-nl2kTRmxO8j7YmM9Bj2LK2ZE88jvtJRmSgkAUMA6emqr6Ta3rM8GWzLSoS67Yk4CzDY82A1PGtfR3KKn/s320/DSC_0035.JPG" /></a><a href="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjlUlmSxqQ8_gpUtLPdM5ZOSoauwTss55ql4zYJmZc_00mbHER35NQ7C_0aZkZXSRzlr4fm9PIZ1Gkkn_nwHXqX0cNWBziLWBCMIUfxz2mrW2PdgaccTRE91jn6wj2gQNSVZ37D3F6FO2Z8/s1600/DSC_0036.JPG" imageanchor="1" ><img border="0" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjlUlmSxqQ8_gpUtLPdM5ZOSoauwTss55ql4zYJmZc_00mbHER35NQ7C_0aZkZXSRzlr4fm9PIZ1Gkkn_nwHXqX0cNWBziLWBCMIUfxz2mrW2PdgaccTRE91jn6wj2gQNSVZ37D3F6FO2Z8/s320/DSC_0036.JPG" /></a><a href="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgJjiZaThXssZvvWQDqDLwI6LuT9GI_1lfKrEM02u6IGRItltyvCaO2KpX_tpBF7qE_74R88LIAVmHzL815iWIbw9bOhh8Z9QwAf1uuk0ZUxEY5iWkpYajxlqQ4RxPpY09lw_Za7Zp7ax3g/s1600/DSC_0040.JPG" imageanchor="1" ><img border="0" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgJjiZaThXssZvvWQDqDLwI6LuT9GI_1lfKrEM02u6IGRItltyvCaO2KpX_tpBF7qE_74R88LIAVmHzL815iWIbw9bOhh8Z9QwAf1uuk0ZUxEY5iWkpYajxlqQ4RxPpY09lw_Za7Zp7ax3g/s320/DSC_0040.JPG" /></a>
O evento, organizado pola concellería de Xuventude, contou con máis de 110 parellas de todos os puntos do país
As Pontes, 15 de Febreiro de 2015.-
As Pontes convertiuse onte na capital nacional dun dos xogos de mesa máis atractivos para novos e adultos e é que, o municipio pontés albergou a primeira edición do Mundialito de Futbolín de As Pontes, unha competición que se estreaba no circuíto nacional e con moi bos resultados xa que o número de inscritos superaron os 110, con procedencias tan dispares como Galicia, Cantabria, Asturias ou Cataluña.
O Concello de As Pontes, mediante o departamento municipal de Xuventude, apostou por esta interesante á par que novidosa competición e na que tamén se contou coa organización de Xogos 3 Meigos e Mundofutbolín.com.
Durante toda a xornada, veciños, curiosos e, por suposto, xiareiros deste xogo se achegaron ata o patio do Colexio Santa María para desfrutar das diferentes partidas que se desenvolveron ata preto da medianoite e que se dividiron en tres categorías e unha cuarta dirixida a competidores locais.
No tocante aos resultados, a victoria na primeira categoría foi para a parella Dolce Vita, de Barcelona que, na final derrotou a Nevado e Israel; terceiros foron Ferrán e Hector e a Federación Pontesa remataba nun positivo quinto lugar desta categoría.
En segunda división venceron Zipi y Zape a Pub Tibor3, terceiros foron Punto R e cuartos Johny e Manuel.
Na terceira categoría a victoria foi para Clito Sport, seguido de Pub Tibor 2. Terceiros foron Lisardo e Jonathan e cuartos Francisco e Manolo, e na competición local, na que houbo un total de 15 parellas inscritas impoñíase o equipo Borea Borea na final ao RS. Terceiros foron Borja e Iván e no cuarto posto remataron Pedro e J.Manuel.
Os gañadores repartíronse non só suculentos premios económicos que foron dos 40 aos 1.600 euros senón tamén trofeos e medallas, premios que se repartiron nunha cerimonia que se celebrou coa medianoite e que estivo presidida polos edís de Xuventude, Jesús Tembrás; Obras, Antonio Lourés; e Seguridade, Eladio Bouza.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7054348142293494950.post-88851059670513253672015-02-14T04:59:00.000-08:002015-02-14T04:59:34.368-08:00O Concello de As Pontes fomentará a igualdade na XXV edición da Carreira de San Xosé
A vixésimo quinta edición da popular carreira de San Xosé vai contar este ano cun compoñente solidario.
Dende o Concello de As pontes, a traverso da Concellería de servizos Sociais decidíase apoiar esta cita deportiva invitando á concienciación social en prol da igualdade.
Á carreira popular que congrega a moitos e renomeados atletas vai contar este ano cunha novidade importante, coa iniciativa pola que apostou a concellería que dirixe José Alén, e que se denominará primeira edición de Corre por elas.
Paralelamente á disputa desta cita atlética celebrarase unha andaina de tan só 3 kms, coa intención de que sexa masiva e aberta á participación de homes e mulleres de todas as idades.
O prezo íntegro da inscrición, que serán tres euros, destinarase a Almat, unha Asociación contra os malos tratos, que traballa na comarca de Ferrolterra dando cobertura psicolóxica, social, e xurídica a víctimas de malos tratos, de xeito gratuito.
O Concelleiro José Alén espera unha grande resposta: “A ninguén se lle escapa o nivel de implicación coas causas solidarias que ten a poboación pontesa, e inspirados na espectacular participación de máis de 400 veciñas nosas na última carreira da muller celebrada en A Coruña. Cremos que esta pode ser unha boa ocasión de sair facer unha actividade física apoiando unha boa causa. A cercanía da data do 8 de marzo,e o programa de sensibilización que desenvolveremos neses días, levounos a plantexar esta iniciativa que incide no obxectivo de converter e As Pontes nun referente comarcal no apoio ás causas pola igualdade”.
Dende o Clube Atletismo Olympo, organizador da proba, acolleuse moi ben este proxecto e sumarase a unha carreira que sairá ás 11 da mañá do circuito deseñado no parque de A Fraga e que contará con todas as categorías e distancias que van dos pouco máis dos 300 metros dos máis pequenos ós máis de 6 kms da carreira bsoluta.
Debemos apuntar tamén que se habilitarán uns dorsais solidarios, por valor de 5 € para todos aqueles que non teñan a oportunidade de poder estar o día 15 de Marzo, pero desexen colaborar coa Asociación ALMAT, inscribíndose na páxina da federación galega de atletismo www.carreirasgalegas.com, www.atletismoolympo.wordpress.com ou nas oficinas do pavillón municipal de As Pontes, en horarios de 8 a 15, e ata o día 12 de Marzo.Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7054348142293494950.post-49164199661303206972015-02-14T04:57:00.002-08:002015-02-14T04:57:35.495-08:00O Concello de As Pontes conmemorará o Antroido coa celebración, o domingo, da XXXV Feira do Grelo
Como novidade para este ano, o executivo local renderá homenaxe a un dos fundadores desta cita: Alexandre Pérez-Sindín
As Pontes, 13 de Febreiro de 2015.-
O Concello de As Pontes vestirase este domingo de antroido para celebrar, un ano máis, a súa tradicional Feira do Grelo; unha cita que celebrará a súa 35ª edición e que virá ateigada de múltiples actividades pero tendo a tradición como principal eixo central.
O programa deseñado pola concellería de Cultura abrirase co tradicional certame de cestas que, por segundo ano consecutivo se traslada ao Mercado de Abastos. Entre as 8.00 e as 10.00 horas os participantes deberán presentarse neste lugar para que as súas cestas poidan ser numeradas pola organización e, deste xeito, entren en concurso.
Os premios serán os habituais xa que un xurado valorará non só as cestas con mellores madas de grelos senón tamén aquelas máis orixinais entre as que se repartirán premios de entre 60 e 300 euros.
Ata as 11.00 horas o xurado valorará todas as propostas e as non premiadas poderán ser postas á venda, xunto con artigos como mel e queixo da comarca, empanadas ou pan e que tamén terán o seu lugar no propio Mercado de Abastos.
Asemade, durante a mañá tamén será posible desfrutar doutro tipo de actividades coma a exposición de artesanía e de productos do Eume que quedará instalada na rúa Ramón Cabanillas ou da mostra de fotografía Rutinas de Outono de Jonás Álvarez e que poderemos visitar nas dependencias da Casa Dopeso.
Por suposto o torneado de madeira volverá ser todo un aliciente para desfrutar da mañá de domingo co traballo dos Amigos da Madeira que contarán tamén co seu lugar de traballo na rúa Ramón Cabanillas aínda que, este ano, o gran protagonista será o torneiro Fernando Vérez ao que se lle adicará unha mostra do seu traballo e da súa vida nas dependencias do Mercado Vello; unha homenaxe do máis merecida.
A música asolagará as rúas do centro urbano coas actuacións de diferentes grupos locais e, por suposto, tamén haberá un importante espazo para a gastronomía propia destas datas coa degustación popular de cocido que arrincará ás 12.30 horas e que terá como escenario o patio do Colexio Santa María.
Para este ano, dende a concellería de Cultura volvíase apostar pola empresa Catering Ferrolterra que servirá 400 racións de sopa, cocido tradicional, requeixo da Faeira e mel de Goente a un prezo de 10 euros. Toda unha aposta polo típico destas datas e que sempre funciona.
Non faltarán os freixós que se poderán adquirir, como é habitual, na freixoeira que se instalará diante do patio do Colexio Santa María e que, coma sempre terán un prezo de 1 euro por cada tres unidades.
Asemade, tamén será posible achegarse ata a Casa do Mel de Goente ou ata o Museo Etnográfico de Monte Caxado que estarán abertos para recibir a todos os visitantes que tamén se decidan a pasar por estas dependencias na xornada de domingo; e xa como peche do día nada mellor que desfrutar do humor, da ironía e por suposto da inspiración e boas letras das comparsas que participarán na XII edición do Festival de Comparsas Vila de As Pontes.
O Auditorio Municipal Alovi acollerá este certame que arrincará ás 18.30 horas e no que se premiarán ás formacións que realicen a mellor actuación, a que conte con mellores letras e a que teña o mellor vestiario.
Homenaxe a Alexandre Pérez-Sindín
A xornada do domingo de Antroido nas Pontes tamén contará cunha novidade e é que, ademáis da homenaxe ao torneiro Fernando Vérez, o executivo local quixo tamén aproveitar estas datas para lembrar a figura dun dos promotores da primeira Feira do Grelo: Alexandre Amador Pérez-Sindín Fraga.
Así as cousas, ás 11.30 horas do mesmo domingo de Antroido está previsto que se celebre na Casa do Concello un acto de homenaxe coa súa familia na que se recoñecerá públicamente a súa aportación na xénese da que foi a nosa primeira festa gastronómica, e entregarase unha placa de agradecemento.
O acto será aberto a toda a poboación.
Asemade, dende este ano instaurarase un premio co seu nome no certame de cestas e que será o galardón á maior calidade do grelo e que pasará a denominarse Premio Alexandre Pérez-Sindín.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7054348142293494950.post-39214056285666300362015-02-13T12:46:00.001-08:002015-02-13T13:00:48.974-08:00Os propietarios das fragas do eume reuniranse o vindeiro martes en As Pontes.
Todos os propietarios de terreos hubicados no parque natural das fragas do eume están convocados a una reunión urxente o martes 17.
A Xuntanza esta prevista para as 11 da maña no auditorio Alovi.A importancia que teñen os temas a tratar fai que cobre maior relevancia a presenza de todos os afectados.Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7054348142293494950.post-68060204141122728512015-02-13T10:41:00.001-08:002015-02-13T10:41:50.471-08:00Maña celébrase en As Ponteso primeiro Mundialito de Futbolín de As PontesO evento, organizado pola concellería de Xuventude, arrincará ás 11.00 horas no patio do Colexio Santa María
As Pontes convertirase este sábado na capital dun xogo de mesa tan atractivo e popular como é o futbolín e é que, grazas o departamento municipal de Xuventude, o concello pontés albergará a primeira edición do Mundialito de Futbolín Concello de As Pontes.
Un cento de parellas xa confirmaron a súa inscrición para unha proba na que o espectáculo está máis que garantido con grandes xogadores a nivel nacional que virán dende Castela e León, Asturias, Cataluña ou Cantabria co obxectivo de alcanzar as roldas finais e loitar polos suculentos premios que se repartirán nesta cita. Asemade, haberá representación local cunha categoría tan só dirixida aos ponteses e pontesas e na que xa están anotadas oito parellas.
O sábado, dende as 11.00 horas, na carpa ubicada no patio do colexio Santa María será posible desfrutar das diferentes eliminatorias nas tres divisións que inclúe esta competición, ao que se suma tamén o campionato local, e é que todos aqueles veciños e visitantes que así o desexen poderán achegarse ata este emprazamento para desfrutar das diferentes partidas programadas para a xornada.
Para a posta en marcha desta importante competición o Concello de As Pontes conta tamén co respaldo e organización de Xogos 3 Meigos e Mundofutbolín.
Asemade, segundo explicaron dende a propia concellería de Xuventude, habilitaranse un total de 16 mesas de xogo nas que se irán desputando as diferentes partidas de xeito ininterrompido ata que, xa á noite, teñan lugar as finais de cada categoría e a correspondente entrega de premios e na que se repartirán trofeos, medallas e tamén premios en metálico que irán dos 40 aos 1.600 euros.
Dende o departamento de Xuventude, o seu edil Jesús Tembrás animou a veciños e visitantes a pasarse este sábado por As Pontes para vivir unha competición única na comarca e na que, a xuízo do concelleiro, será posible desfrutar de auténticos meigos á hora de manexar as barras e a eses pequenos futbolistas ideados en 1937 polo fisterrán Alexandre Campos .Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7054348142293494950.post-19509376436217012672015-02-12T07:30:00.003-08:002015-02-12T07:30:59.465-08:00Un cento de parellas de toda España participarán o sábado no primeiro Mundialito de Futbolín de As Pontes
O evento, organizado pola concellería de Xuventude, arrincará ás 11.00 horas no patio do Colexio Santa María
As Pontes, 12 de Febreiro de 2015.-
As Pontes convertirase este sábado na capital dun xogo de mesa tan atractivo e popular como é o futbolín e é que, grazas o departamento municipal de Xuventude, o concello pontés albergará a primeira edición do Mundialito de Futbolín Concello de As Pontes.
Un cento de parellas xa confirmaron a súa inscrición para unha proba na que o espectáculo está máis que garantido con grandes xogadores a nivel nacional que virán dende Castela e León, Asturias, Cataluña ou Cantabria co obxectivo de alcanzar as roldas finais e loitar polos suculentos premios que se repartirán nesta cita. Asemade, haberá representación local cunha categoría tan só dirixida aos ponteses e pontesas e na que xa están anotadas oito parellas.
O sábado, dende as 11.00 horas, na carpa ubicada no patio do colexio Santa María será posible desfrutar das diferentes eliminatorias nas tres divisións que inclúe esta competición, ao que se suma tamén o campionato local, e é que todos aqueles veciños e visitantes que así o desexen poderán achegarse ata este emprazamento para desfrutar das diferentes partidas programadas para a xornada.
Para a posta en marcha desta importante competición o Concello de As Pontes conta tamén co respaldo e organización de Xogos 3 Meigos e Mundofutbolín.
Asemade, segundo explicaron dende a propia concellería de Xuventude, habilitaranse un total de 16 mesas de xogo nas que se irán desputando as diferentes partidas de xeito ininterrompido ata que, xa á noite, teñan lugar as finais de cada categoría e a correspondente entrega de premios e na que se repartirán trofeos, medallas e tamén premios en metálico que irán dos 40 aos 1.600 euros.
Dende o departamento de Xuventude, o seu edil Jesús Tembrás animou a veciños e visitantes a pasarse este sábado por As Pontes para vivir unha competición única na comarca e na que, a xuízo do concelleiro, será posible desfrutar de auténticos meigos á hora de manexar as barras e a eses pequenos futbolistas ideados en 1937 polo fisterrán Alexandre Campos .Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7054348142293494950.post-50121925464743067262015-02-12T07:30:00.000-08:002015-02-12T07:30:11.899-08:00O break dance protagoniza os recreos nos institutos ponteses da man dun obradoiro auspiciado polo departamento municipal de Xuventude
<a href="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiCV33i07zvAl9qt7Zmh2meLoH5QwFEC89p4JaxDoPQ-xhyphenhyphencmKbREcFeAYTB5SsbfFV3DX_h4-kHZZAmhyphenhyphenK1MY6ZoAKBwWEridVKLxalP0K-7rUVEx3YKgsHbL2rUeLYPzAocKcSKrMl8U/s1600/vella+escola+017.jpg" imageanchor="1" ><img border="0" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiCV33i07zvAl9qt7Zmh2meLoH5QwFEC89p4JaxDoPQ-xhyphenhyphencmKbREcFeAYTB5SsbfFV3DX_h4-kHZZAmhyphenhyphenK1MY6ZoAKBwWEridVKLxalP0K-7rUVEx3YKgsHbL2rUeLYPzAocKcSKrMl8U/s320/vella+escola+017.jpg" /></a><a href="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhsyhYk9CA0PdUg-Gh8D1SAbGT5m_-CuIigwigGmwyfeYfQSWrXbJgvAD1WAminIM5fMZitdUwU8254ilRlxr0g1-SBGvHFkab1IIgACApKU0eNHqOUGSGYldAUww95Js-w79AsB-IxxCI/s1600/vella+escola+023.jpg" imageanchor="1" ><img border="0" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhsyhYk9CA0PdUg-Gh8D1SAbGT5m_-CuIigwigGmwyfeYfQSWrXbJgvAD1WAminIM5fMZitdUwU8254ilRlxr0g1-SBGvHFkab1IIgACApKU0eNHqOUGSGYldAUww95Js-w79AsB-IxxCI/s320/vella+escola+023.jpg" /></a>
Os alumnos dos institutos Moncho Valcarce e Castro da Uz cambiaron hoxe as súas habituais conversas de recreo e xogos por unha actividade do máis atractiva e sorprendente, e é que os libros deixaron paso ás incríbles cabriolas e coreografías dos monitores de break dance da Asociación Vella Escola.
Tres dos integrantes deste colectivo, co seu presidente Pablo Castiñeira á cabeza, visitaron hoxe As Pontes para compartir cos nosos estudantes a beleza e espectacularidade das coreografías que se poden desenvolver ao abeiro desta disciplina de baile e, ao mesmo tempo, para promocionar as clases de break dance que, dende hoxe e ata o vindeiro mes de maio, se impartirán gratuitamente no concello.
A iniciativa conta coa organización da Concellería de Xuventude, coa colaboura do Espazo Infantil Garabatos, e precisamente, o seu máximo responsable, Jesús Tembrás, tamén se achegou ata os diferentes centros educativos ponteses para desfrutar deste espectáculo e, por suposto, para animar á mocidade a sumarse a este obradoiro de break.
Xa á tarde e coa Casa Dopeso como escenario arrincaban as primeiras clases aínda que, polo momento, o prazo de inscrición para sumarse a esta actividade continúa aberto. De feito, as clases desenvolveranse todos os xoves en tres quendas: de 17.00 a 18.00 horas o grupo dirixido a maiores de 15 anos; de 18.00 a 19.00 horas será o turno dos rapaces e rapazas de entre 6 e 10 anos e xa dende as 19.00 horas e ata as 20.00 horas as clases irán dirixidas a estudantes de entre 11 e 15 anos.
Para os interesados en anotarse, lembrarlles que se poden inscribir na oficina municipal de información xuvenil, no primeiro andar da Casa Dopeso, en horario de 9.00 a 15.00 horas ou ben telefonando ao 981 44 03 44. As prazas serán limitadas a 15 alumnos por grupo.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7054348142293494950.post-15981559080006017332015-02-11T06:07:00.002-08:002015-02-11T06:07:39.516-08:00A Concellería de Servizos Sociais impartirá un cursos de preparación para a obtención das Competencias Clave
25 ponteses e pontesas, desempregados e que carezan de Estudos Secundarios poderán participar nestas clases gratuítas
As Pontes, 11 de Febreiro de 2015.-
O Concello de As Pontes, mediante o departamento de Servizos Sociais, ofrecerá dende finais deste mes de febreiro clases preparatorias dirixidas a superar as probas de avalación de competencias clave, convocadas pola Xunta de Galicia para a realización de cursos oficiais e homologados con Certificado de Profesionalidade de Nivel 2.
Dende a concellería que dirixe José Alén decidiron apostar por este recurso formativo que ten como prinicipais destinatarias a todas aquelas persoas que non puideron, no seu día, acadar o Graduado Escolar ou o título en Educación Secundaria pero que buscan unha saída formativa que lles permita acceder máis facilmente ao mercado laboral. De feito, estas probas son máis sinxelas que as necesarias para obter os títulos de E.S.O ou Graduado Escolar e permiten lograr incluso o acceso aos Certificados de Profesionalidade.
E é que, tal e como apuntaba o edil, mediante estas probas é posible contar cunha acreditación oficial da Xunta de Galicia dun xeito máis asequible para eses colectivos que teñen máis dificultades de acceder ao mercado laboral por mor da súa falla de titulación.
Segundo explicou Alén, esta iniciativa formativa ten como principais destinarias a persoas empadroadas en As Pontes, inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e tamén na bolsa de emprego municipal, sen estudos e con dificultades para a inserción laboral.
As clases arrincarán o vindeiro día 23 e desenvolveranse por un período de tres meses, de luns a xoves, en horario de 09.30 a 13.30 horas. Por suposto, serán clases gratuítas que terán como escenario as dependencias da Casa Dopeso.
No tocante aos contidos, a materia dividirase en catro módulos formativos (matemáticas, lingua galega, inglés e lingua castelá) e contarase cun máximo de 25 alumnos.
Para inscribirse os interesados deberán achegarse dende mañá xoves e ata o vindeiro día 19 á concellería de Servizos Sociais, no segundo andar da Casa Dopeso en horario de 09.00 a 15.00 horas e alí cubrir o pertinente formulario e facer entrega dunha fotocopia do D.N.I e do certificado do SPEG do tempo que leva en desemprego.
Asemade, para aclarar calquer tipo de dúbida tamén será posible telefonar ao 981 44 10 08 ou ben ao 667 129 335.
Outras iniciativas formativas para adultos
Ademáis deste curso preparatorio, a Concellería de Servizos Sociais continuará tamén a ofrecer titorías para aqueles alumnos e alumnas que xa se presentaron ás probas de obtención do título de Educación Secundaria Obrigatoria e que non tiveron éxito nalgunha das materias.
De feito, habilitaranse 15 prazas a maiores das 25 das clases de preparación de Avaliación de Competencias Clave, dirixidas a aqueles veciños e veciñas que xa participaron no programa de obtención do título en E.S.O, tamén impulsado dende a Concellería de Servizos Sociais, e aos que aínda lles quedou unha materia específica por superar.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7054348142293494950.post-17134671925933700442015-02-11T06:06:00.000-08:002015-02-11T06:06:13.730-08:00O torneiro Fernando Vérez e o fotógrafo Jonás Álvarez serán os protagonistas das dúas exposicións principais da XXXV Feira do Grelo de As Pontes
<a href="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhkV7S8AJzVH8Vx_RsMQZYze0lsR2PkZpLG0lJP8anjh2AIcJStIv6D6vJ6s50jHGN4pOJFpMjz6zXK0kohcQxVWnITBAxv2WY5wRsvDl-PksDwfrH_TN8A3PvupWhmdre0OkBGrFkC3cGA/s1600/DSC_0047.JPG" imageanchor="1" ><img border="0" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhkV7S8AJzVH8Vx_RsMQZYze0lsR2PkZpLG0lJP8anjh2AIcJStIv6D6vJ6s50jHGN4pOJFpMjz6zXK0kohcQxVWnITBAxv2WY5wRsvDl-PksDwfrH_TN8A3PvupWhmdre0OkBGrFkC3cGA/s320/DSC_0047.JPG" /></a><a href="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhz2MmFHblSKAcIRPAlp6HVUkLRry3x11UNVWnNZdvEHg2vbYBkm-y9NpK6teAN1T95RhOfzYZG04BNOHFCG10i2-YdbjZN3pihmAoQBUJNiASFlI0hA408xtS-_xa-j1OkRXZtmk-f5zjh/s1600/SETAS+228.jpg" imageanchor="1" ><img border="0" src="https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhz2MmFHblSKAcIRPAlp6HVUkLRry3x11UNVWnNZdvEHg2vbYBkm-y9NpK6teAN1T95RhOfzYZG04BNOHFCG10i2-YdbjZN3pihmAoQBUJNiASFlI0hA408xtS-_xa-j1OkRXZtmk-f5zjh/s320/SETAS+228.jpg" /></a>
Un dos grandes alicientes da Feira do Grelo son as súas exposicións e é que, edición tras edición, ademáis de desfrutar de copiosos xantares, bos freixós ou do certame de cestas; sempre temos a opción de achegarnos á Casa Dopeso ou ao Mercado Vello para visitar importantes mostras vencelladas coa cultura galega, en forma de fotografías ou diferentes representacións de artesanía.
Neste 2015 non ía ser diferente e, unha vez máis, o departamento municipal de cultura incluíu na súa aposta para o domingo de antroido dúas atractivas e do máis interesantes mostras: unha delas coas instantáneas de Jonás Álvarez Ramae unha segunda adicada ao gran torneiro Fernando Vérez.
A Beleza do Torneiro é o título desta segunda exposición que, ata o día 27 poderemos visitar na sala de exposicións do Mercado Vello e que supón unha máis que merecida homenaxe á vida e obra do torneiro pontés, que nos deixaba o pasado ano.
As súas figuras en diferentes tipos de madeira, as súas imaxes en pleno traballo ou incluso vídeos e entrevistas deste gran artista formarán parte desta exposición tan merecida e que abrirá as súas portas o domingo á mañá e coa que non só o propio concello, senón tamén a súa familia e veciños buscan lembrar a gran calidade como artista e como persoa deste pontés con alma de buxo.
Xa na Casa Dopeso poderemos atopar as Rutinas de Outono de Jonás Álvarez, responsable do cartel anunciador desta edición da Feira do Grelo, que aglutina nesta colección unha serie de imaxes do máis orixinais e cunha composición que se sae do común.
Rutinas de Outono e A Beleza do Torneiro abrirán as súas portas o domingo á mañá e poderemos desfrutar das mesmas de xeito totalmente gratuíto.Unknownnoreply@blogger.com0