8/4/15

Xuventude organiza un curso de coaching para unha vintena de monitores de tempo libre

A Concellería de Xuventude pon en marcha unha nova actividade formativa dirixida específicamente a monitores de tempo libre, polo que serve para completar a formación que previamente se dera xa nesta materia. O novo curso, de coaching no ocio e tempo libre vai principiar o vindeiro día 20, e durará un mes, ata o 21 de maio Son un total de 60 horas, que se impartirán de luns a xoves, entre as 16:30 e as 19:30, na Academia de estudos Ensino Haberá opción de ata 20 inscricións, e terá carácter gratuíto, se ben está limitado a monitores de tempo libre de entre 16 e 35 anos, e empadroados no Concello de As Pontes Mañá ábrese a inscrición, que se poderá formalizar ata o vindeiro día 17. Para anotarse hai que acudir entre as nove da mañá e as dúas do mediodía á oficina da OMIX, que está na Casa Dopeso, no 1º andar . Na Rúa Rosalía de Castro) A innovación no tempo Libre é un ámbito que está en plena expansión na actualidade e a Concellería que dirixe Jesús Tembrás apostou pola formación profesional en coaching. As sesións están dirixidas por un entrenador ou coach profesional e con experiencia no campo da intervención comunitaria. As sesións irán dirixidas dende o traballo persoal, ata a entrevista motivacional pasando por técnicas de crecemento grupal. O coaching é un método que consiste en dirixir, instruir e adestrar a unha persoa ou a un grupo delas, co obxectivo de conseguir algunha meta ou de desenvolver habilidades específicas.

No hay comentarios: