7/4/15

O Freixo acollerá o sábado a IV Festa do Freixó

O Concello de As Pontes, en colaboura coa Asociación de Veciños de San Xoán do Freixo, promove un ano máis a Festa do freixó na parroquia do Freixo. Esta cita gastronómica que se celebra este sábado, 11 de abril, nacía aproveitando o xogo de palabras entre o popular alimento do freixó e a parroquia do Freixo, e decidíase apostar por este producto que acompaña a sobremesa dun bo xantar de cocido. Co obxectivo final de impulsar a dinamización da zona rural, o Freixo acolle esta festa culinaria que garante a presenza de centos de comensais que disfrutarán dunha xornada festiva na que non han faltar a música, as exposicións e o xantar popular. Os asistentes, que se agarde, cheguen ós 400 , degustarán empanada, cocido freixós con nata, mel ou requeixo a partir das dúas e media da tarde na comida que será o acto central a desenvolver na carpa instalada ó efecto no campo da festa, a carón da igrexa parroquial. O menú terá un custo de 15 euros por persoa, e os tikets están xa á venda en diferentes locais de hostalaría do casco urbán pontés e na taberna do Freixo. Con cada tiket entrarase tamén no sorteo de diferentes agasallos. A freixoeira do concello vai seguir funcionando pola tarde para ofertar a venda de freixós como merenda, a partir das seis, a quen queira achegarse ata unha feira na que a amenización musical correrá a cargo do Dúo venus, e no que tamén se poderán visitar senllas mostras de artesanía e de productos da terra. Con esta cita, que chega á cuarta edición, a parroquia de O Freixo recupera algo do esplendor duns vellos tempos nos que foi concello propio. De feito ata finais do século XIX chegou a roldar os 1000 habitantes censados, máis que As Pontes. Hoxe, malia ser aínda a maior parroquia en superficie do muncipio pontés, conta con vintecatro casas habitadas en total, anque moitas das 300 construidas seguen a servir como segunda vivenda. Actualmente a madeira, con 40.000 toneladas de produción anual, é o seu motor económico, xunto coa produción de enerxía eólica.

No hay comentarios: