7/2/15

Xuventude organiza un curso de Break Dance gratuíto para 45 rapaces e rapazas de As Pontes

A Concellería de Xuventude está a traballar nunha nova iniciativa dirixida ao público máis novo e é que, dende o departmento que dirixe Jesús Tembrás van apostar por unha actividade tan atractiva como vistosa como é o break dance. O obxectivo é impartir un obradoiro desta disciplina artística durante tres meses e xeito totalmente gratuíto da man da entidade Vella Escola, dirixida á organización de diferentes actividades vencelladas coa cultura urbana coma o break dance, o grafitti ou o rap. Un monitor desta escola será o encargado de impartir clases semanais de tres horas, entre as 17.00 e as 20.00 horas, nas dependencias da Casa Dopeso; clases que arrincarán xa a vindeira semana, concretamente, o xoves día 12. As prazas serán limitadas a 45 alumnos polo que, de contar con máis anotados que vacantes, seguirase a orde de inscrición como medio de selección de participantes. Para anotarse tan só é necesario que os interesados teñan máis de 6 anos e se inscriban o antes posible na Oficina Municipal de Información Xuvenil, ubicada no primeiro andar da casa dopeso; telefonando ao 981 44 03 44 ou ben mediante o Espazo Infantil Garabatos, tamén colaborador na organización deste evento.

No hay comentarios: