11/2/15

O torneiro Fernando Vérez e o fotógrafo Jonás Álvarez serán os protagonistas das dúas exposicións principais da XXXV Feira do Grelo de As Pontes

Un dos grandes alicientes da Feira do Grelo son as súas exposicións e é que, edición tras edición, ademáis de desfrutar de copiosos xantares, bos freixós ou do certame de cestas; sempre temos a opción de achegarnos á Casa Dopeso ou ao Mercado Vello para visitar importantes mostras vencelladas coa cultura galega, en forma de fotografías ou diferentes representacións de artesanía. Neste 2015 non ía ser diferente e, unha vez máis, o departamento municipal de cultura incluíu na súa aposta para o domingo de antroido dúas atractivas e do máis interesantes mostras: unha delas coas instantáneas de Jonás Álvarez Ramae unha segunda adicada ao gran torneiro Fernando Vérez. A Beleza do Torneiro é o título desta segunda exposición que, ata o día 27 poderemos visitar na sala de exposicións do Mercado Vello e que supón unha máis que merecida homenaxe á vida e obra do torneiro pontés, que nos deixaba o pasado ano. As súas figuras en diferentes tipos de madeira, as súas imaxes en pleno traballo ou incluso vídeos e entrevistas deste gran artista formarán parte desta exposición tan merecida e que abrirá as súas portas o domingo á mañá e coa que non só o propio concello, senón tamén a súa familia e veciños buscan lembrar a gran calidade como artista e como persoa deste pontés con alma de buxo. Xa na Casa Dopeso poderemos atopar as Rutinas de Outono de Jonás Álvarez, responsable do cartel anunciador desta edición da Feira do Grelo, que aglutina nesta colección unha serie de imaxes do máis orixinais e cunha composición que se sae do común. Rutinas de Outono e A Beleza do Torneiro abrirán as súas portas o domingo á mañá e poderemos desfrutar das mesmas de xeito totalmente gratuíto.

No hay comentarios: