14/2/15

O Concello de As Pontes fomentará a igualdade na XXV edición da Carreira de San Xosé

A vixésimo quinta edición da popular carreira de San Xosé vai contar este ano cun compoñente solidario. Dende o Concello de As pontes, a traverso da Concellería de servizos Sociais decidíase apoiar esta cita deportiva invitando á concienciación social en prol da igualdade. Á carreira popular que congrega a moitos e renomeados atletas vai contar este ano cunha novidade importante, coa iniciativa pola que apostou a concellería que dirixe José Alén, e que se denominará primeira edición de Corre por elas. Paralelamente á disputa desta cita atlética celebrarase unha andaina de tan só 3 kms, coa intención de que sexa masiva e aberta á participación de homes e mulleres de todas as idades. O prezo íntegro da inscrición, que serán tres euros, destinarase a Almat, unha Asociación contra os malos tratos, que traballa na comarca de Ferrolterra dando cobertura psicolóxica, social, e xurídica a víctimas de malos tratos, de xeito gratuito. O Concelleiro José Alén espera unha grande resposta: “A ninguén se lle escapa o nivel de implicación coas causas solidarias que ten a poboación pontesa, e inspirados na espectacular participación de máis de 400 veciñas nosas na última carreira da muller celebrada en A Coruña. Cremos que esta pode ser unha boa ocasión de sair facer unha actividade física apoiando unha boa causa. A cercanía da data do 8 de marzo,e o programa de sensibilización que desenvolveremos neses días, levounos a plantexar esta iniciativa que incide no obxectivo de converter e As Pontes nun referente comarcal no apoio ás causas pola igualdade”. Dende o Clube Atletismo Olympo, organizador da proba, acolleuse moi ben este proxecto e sumarase a unha carreira que sairá ás 11 da mañá do circuito deseñado no parque de A Fraga e que contará con todas as categorías e distancias que van dos pouco máis dos 300 metros dos máis pequenos ós máis de 6 kms da carreira bsoluta. Debemos apuntar tamén que se habilitarán uns dorsais solidarios, por valor de 5 € para todos aqueles que non teñan a oportunidade de poder estar o día 15 de Marzo, pero desexen colaborar coa Asociación ALMAT, inscribíndose na páxina da federación galega de atletismo www.carreirasgalegas.com, www.atletismoolympo.wordpress.com ou nas oficinas do pavillón municipal de As Pontes, en horarios de 8 a 15, e ata o día 12 de Marzo.

No hay comentarios: