16/2/15

O Concello de As Pontes designa un premio da Feira do Grelo como homenaxe á figura dun dos seus fundadores Alexandre Pérez-Sindín

O goberno pontés rendeu onte homenaxe a Alexandre Amador Pérez-Sindín Fraga, un dos ideólogos da Feria do Grelo de As Pontes a principios dos 80 e que, o pasado ano, nos deixaba. O executivo local, co alcalde á fronte, quixo renderlle homenaxe a esta figura e, por este motivo, onte mesmo se celebraba unha simbólica e emotiva homenaxe á súa persoa. Ao acto asistiton a súa viuva Toñina, ademáis dun dos seus fillos e moitos familiares, amigos e representantes do tecido asociativo local que quixeron tamén recordar a este veciño. De feito, o primeiro edil facía especial fincapé na calidade humana de Pérez-Sindín ao que definiu coma unha axenda con patas, un sabio cunha gran preocupación pola súa terra e a súa historia e que dividía o seu amor entre a terra que o viu nacer: a Mariña Lucense e o seu municipio de adopción: As Pontes. E é que figuras como Pérez-Sindín fan digna a nosa vila, segundo apuntou González Formoso no seu discurso co que daba paso á súa viuva. Toñita resumiu nun sentido grazas esta homenaxe ao seu finado esposo e que se completou coa entrega dunha praca conmemorativa, un ramo de flores e a designación, unha vez se aprobe en pleno, do primeiro premio Alexandre Pérez-Sindín á calidade do grelo, dotado con 300 euros e unha figura elaborada por un artesán pontés, neste caso unha sella de Andrés Otero e coa que foi recompensada Digna Franco como gañadora do certame de cestas deste ano. A foto de familia serviu como colofón a tan sentida e agarimosa homenaxe

No hay comentarios: