2/2/15

Cultura abrirá o vindeiro luns o prazo de inscrición para o X Festival de Comparsas

O Festival de Comparsas protagonizará o final perfecto á Feira do Grelo. Son dez xa as edicións desta cita coa que se persegue promover a participación dos veciños nas Festas do Entrodio , a través das comparsas co seu carácter tradicional e popular. No Festival poderán tomar parte un máximo de 7 comparsas, cinco delas das Pontes e dúas de fóra do concello, aínda que no caso de que o número de comparsas inscritas sexa superior a 7, terán prioridade as agrupacións locais, entendéndose como tales aquelas comparsas na que a metade dos seus membros sexan residentes no noso concello. Entenderase por comparsa a agrupación de máscaras nun número superior ás dez persoas, que deberán gardar unha unidade temática tanto no vestiario como na interpretación das cancións. As comparsas entregarán como mínimo tres cancións, que terán que ser en galego, con letras orixinais e inéditas e deberán interpretarse con acompañamento musical, non excedendo en ningún caso os 3 ou 4 minutos. Canto aos premios, a Concellería de Cultura destina 3200 euros para as comparsas que participen nos actos programados con motivo do Entroido; entre as comparsas participantes do Concello das Pontes repartiranse entre todas 2500 euros ata un máximo de 650 euros unidade e as de fóra das Pontes recibirán 350 euros. Haberá ademais agasallso para as mencións especiais a: comparsa con mellores letras, comparsa con mellor vestiario e comparsa que realice a mellor interpretación. Para tomar parte no X Festival de Comparsas é necesario inscribirse, tendo de prazo unicamente do luns 9 de Febreiro ás 10.00 horas ata o xoves 12 de Febreiro ás 13.30 horas.

No hay comentarios: