10/2/15

A Concellería de Xuventude iniciará o xoves un obradoiro de break dance para a mocidade pontesa

A entidade Vella Escola de Noia será a encargada de impartir estes talleres gratuítos que se desenvolverán durante tres meses As Pontes, 10 de Febreiro de 2015.- O Concello de As Pontes, mediante o departamento municipal de Xuventude, porá en marcha este mesmo xoves un novo programa lúdico para os máis novos. Nesta ocasión, dende a concellería que dirixe Jesús Tembrás, optouse pola cultura urbana, concretamente polo break dance, de ahí que, nos vindeiros tres meses esté previsto que se desenvolva un curso desta disciplina de baile, co que tamén colabora o Espazo Infantil Garabatos. A entidade noiense Vella Escola será a encargada de desenvolver este taller totalmente gratuíto e que contará cun máximo de 45 prazas; unha oportunidade única de aprender cunha das asociacións máis importantes en Galicia adicada á cultura urbana e con múltiples programas de formación e exhibicións en campos tan atractivos para os máis novos coma o mundo do break dance, o grafitti ou o beat box. Varios monitores desta escola serán os encargados de impartir estas clases semanais de tres horas, entre as 17.00 e as 20.00 horas, nas dependencias da Casa Dopeso; clases que arrincarán este mesmo xoves, día 12. Para anotarse tan só é necesario que os interesados teñan máis de 6 anos e se inscriban na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), ubicada no primeiro andar da Casa Dopeso, ou ben telefonando ao 981 44 03 44. Debido ao límite de prazas, éstas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

No hay comentarios: