10/7/14

O Concello de As Pontes permitirá, dende mañá ás 20.00 horas, a marcaxe das parcelas para as cabanas da Festa da Fraga

Mañá será o día no que pandillas de amigos, familias, compañeiros de traballo ou de equipo se xunten novamente baixo os carballos da Fraga co obxectivo de escoller o mellor sitio no que levantar a súa cabana para desfrutar da festa da fraga. As 8 do serán foi a hora escollida pola organización destes festexos para dar inicio ao tradicional marcado das parcelas que, nuns días, servirán de parcela para as míticas cabanas e casetas de madeira, xestas ou lona e que, ano tras ano, serven como escenario dunha das festas máis multitudinarias de toda Galicia. Coma sempre, o concello establecerá unha normativa que deberá ser seguida polos romeiros que desexen contar cun espazo na fraga de dona rita para estes festexos. Así non se poderá marcar ningún espazo denantes da hora sinalada, agás os camiños e espazos xa habilitados pola organización, e prégase aos romeiros que non collan máis terreo do que precisan para levantar as súas construccións. Asemade, xa é posible pasarse tamén polas oficinas da policía local para cubrir a pertinente autorización de cada cabana e o nú´mero identificativo da mesma. Como xa é habitual é preciso cumprir co a lei 3/2007, do 9 de abril de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e que regula o uso do lume nas zonas forestais, quedando prohibido realizar fogueiras ou usar equipamentos de queima e de combustión; asemade non se poderán ocupar as vías de evacuación e cada grupo de romeiros deberá recoller o lixo xerado e retirar os materiais e obxectos empregados para a construcción das cabanas e merendas. © 2014 Microsoft Términos Privacidad y cookies Desarrolladores Español

No hay comentarios: