11/7/14

A Novena en honra á Virxe do Carme arrinca con gran afluencia de devotos

A devoción á Virxe do Carme nas Pontes volveu quedar de manifesto un ano máis. Hoxe comezaban as misas de novena, e tal e como se agardaba, a Capela do Carme encheuse de inmediato. Con puntualidade británica, ás 07.40, comezaba o Rosario e tras del a misa de Novena e maila Eucaristía, oficiada hoxe polo párroco Javier Santiago, ao que axudarán ao longo destes nove días o responsable do equipo pastoral José Vega, e o tamén sacerdote Manuel Ares. Pola tarde ás 19.00 volvíase ofrecer aos devotos da Virxe do Carme a misa de Novena na Igrexa Parroquial e unha hora máis tarde esta celebración tradicional da nosa Vila, coa que arrancan os actos litúrxicos das festas patronais, volvía encher a Capela do Carme. Unha Capela que durante toda a novena, manterá as súas portas abertas para a oración persoal e para visitar á Virxe do Carme, a nosa patroa, en horario de mañá e de tarde. Polas mañás poderase acudir entre as 11.00 e as 13.00 hroas, e pola tarde, de 17.00 a 21.00 horas.

No hay comentarios: