10/7/14

A I Festa do Lúpulo ateigará o sábado a rúa Rego do Campo de diversión, música e festa

A rúa do Rego do Campo albergará esta fin de semana a primeira edición da Festa do Lúpulo, unha iniciativa na que se atopan inmersos locais hostaleiros coma o Mesón de Pepe, o Mésón 7 camiños, o Pub Palique e o Garigolo e cos que tamén colabora o Concello de As Pontes. O cartel da xornada incluirá música, festa a esgalla e, por suposto, cervexa xa que a celebración terá como eixo central esta tipo de bebida. Así, xa dende o mediodía, teremos movemento pola rúa Rego do Campo cunha sesión vermú dende as 14.00 horas que estará amenizada pola discoteca móbil disco Show Galicia. Xa ás 18.00 horase contarase co pasarrúas a cargo da batukada Trópico de Grelos para continuar cunha festa da escuma e ás 21.00 horas desenvolverase un concerto do máis atractivo con grupos coma La Promesa, a formación viguesa Broken Peach, xa moi coñecida na nosa vila polas súas múltiples actuacións en terras pontesas e, para rematar, unha nova sesión de disco mobil Show Galicia que permitirá prolongar a festa ata a madrugada. Asemade, durante todo o día realizaranse sorteos de agasallos entre todos aqueles que visiten calquera dos catro locais hostaleiros participantes e que consistirán en ceas, vales desconto para a tenda de moda Bolboreta e ata o peso dunha persoa en tercios de cervexa.

No hay comentarios: