28/7/14

Herdeiros da Crus, Dakidarría e A Banda da Balbina pechan a Fraga 2014 con tres exitosos concertos

Tras xantar unha saborosa tortilla, unha costela de churrasco ou un ben asado lacón, desfrutar dunha empanada artesana ou dunhas croquetas caseiras e con forzas renovadas, os romeiros e a festa da fraga volveron a encherse de ritmo e é que coa caída da tarde, polos carreiros da fraga de Dona Rita, se puideron sentir e ben forte os tambores da formación valenciana Borumbaia Percusión. Poucos foron os que se resistiron a non botar algún que outro pasiño ao son das súas batukadas e é que algo máis que contaxioso é ese ritmo feroz que animou aos romeiros a retomar a festa, tras xantar en pandilla. Pero aquí non quedaba a música xa que aínda tiñamos por diante unha sesión musical tan diversa como entretida, con música de orquestra, rock, sons tradicionais ou incluso ritmos ska porque, para este venres 25 de xullo, a comisión de festas decidía apostar por un amplo programa de concertos que servisen para pechar a festa da Fraga ata ben entrada a madrugada do día 26. Non houbo cansanzo posible nos romeiros que viviron esas últimas horas da fraga 2014 bailando e desfrutando con sons tan dispares coma os de Herdeiros da Crus, Dakidarría ou A banda da balbina. Precisamente, esta última formación foi a encargada de abrir a sesión de concertos ao son deses temas que tan ben se lles da aos de Silvia Cerneira, con cancións movidas, baseadas na tradición galega e tamén en temas do pobo e do mundo rural. E é que os de Brión non son novos en terras pontesas e novamente souberon como facer bailar aos romeiros da man de pezas coma a Vaca Amarela, Aquilino, Estomballada ou o Fillo do mar. Tras deles os míticos Herdeiros da Crus, con máis de dúas décadas de música e con temas tan populares coma que jallo é ou quero josar. Rock galego do máis potente e que demostrou que, malia estar algúns anos separados, Toñito de Poi, Fran, Jarfuxo e Tuchiño están aínda á cabeza das formacións máis punteiras de todo o país, opinión tamén compartida pola cantidade de romeiros que non se quixeron perder esta volta aos escenarios da formación do Barbanza e na que tamén houbo presenza pontesa e é que o exbatería local Marcos Otero tamén se sumou a este regreso dos Herdeiros. Temas coma Qué jallo É, Corazón de carballo ou Vaiche Boa non faltaron neste regreso dos Herdeiros a terras pontesas, 13 anos despois da súa primeira actuación na fraga de dona rita. Tras tanto son potente tocaba baixar un pouco o ritmo e disto encargábase a orquestra Cinema que volvía subirse ao escenario para animar a noite. Xa entrada a madrugada do sábado, tocaba tamén deixar a un lado as cumbias e merengues para volver aos sons máis ska, rock e reggae coa formación Dakídarría, un grupo que ven de celebrar o seu décimo aniversario e con disco novo: Carreteras, que por suposto non podía faltar na súa primeira visita á Fraga de dona rita. Gabri, SImón, David, Antonio, Juaki, Anxo, Carlos e Ximo trouxeron os seus temas en galego e castelán ata terras pontesas e fixeron bailar ao público presente ao son de Mil berros, Terra, El futuro nunca existió ou o propio Carreteras. E coma fin de festa nada mellor que novamente desfrutar dos pontevedreses Cinema, que no seu terceiro e derradeiro pase da noite foron os encargados de botar o peche a unha maratoniana xornada ateigada de moita festa e para a que xa ponteses e pontesas estamos a facer a nosa particular conta atrás e é que tan só quedan 362 días para que chegue unha nova edición da festa da Fraga.

Milleiros de romeiros regresan un 25 de xullo máis á fraga de Dona Rita

Se tivesemos que describir a sesión vermú da Festa da Fraga non abondarían as verbas máis sinxelas para falar dunha cita na que milleiros de persoas se xuntan a carón dun palco de música para bailar, beber e desfrutar ata ben entrada a tardiña e é que, un ano máis, iso foi o que, o pasado venres, daba a fraga de sí. Tras un ano de descanso en sinal de loito, por mor do tráxico sinistro ferroviario acontecido en Angrois o pasado 2013, o venres centos de romeiros volvían vivir unha auténtica sesión vermú e coa compaña dunha formación musical do máis experta neste campo: os pontevedreses Cinema que, por terceiro ano consecutivo, se encargaban de poñer música e ritmo a esta cita mítica coa que se pechan as festas patronais de As pontes. A retrousos tan coñecidos coma a festa da fraga festa nacional, que entoou en varias ocasións o público presente, se sumaron xa as máis afinadas voces de Laura Fernández,Cesar ROmero, DIego Moreira, Laura Trujillo e Raul Romero con temas tan populares coma Bailando, vivir mi vida ou Darte un beso, aínda que tampouco faltaron os mixes de cumbias, de música dance ou incluso algún rock de AC/DC. Ben pasadas as 15.30 baixábase o pano do escenario e comezaba o tradicional baño dos romeiros nas xélidas augas do Eume, o mollar aos amigos e ata o navegar polo río a bordo dos obxectos flotantes máis curiosos e divertidos pero había que deixar paso ao xantar cos amigos e coa familia e máis xa en clave de merenda, estes bañistas regresaban ás súas respectivas cabanas desfrutar dun opíparo xantar e, deste xeito, recuperando folgos e forzas para o que aínda quedaba por desfrutar durante o resto da tarde.

Muxarega, Skerryvore, Andrés Penabad e Balakandra trunfan nunha nova edición do Festival Folk da Fraga

O 24 de xullo volvía facer da Fraga de Dona Rita o escenario por excelencia da algarabía, a diversión e a festa pontesa. E é que moitos veciños e veciñas, visitantes doutros municipios e, por suposto, romeiros arrincaban xa na noite do pasado xoves a súa celebración da mítica romaría da Fraga, participando e desfrutando dunha nova edición do festival folk. O cartel para esta máxica noite foi de auténtico luxo con formacións locais, punteiros grupos vidos de terras lonxanas e tamén algunha formación veciña que xa eran garantía de éxito, dunha convocatoria na que, malia a fría noite de verán, logrou reunir a centos de persoas na explanada da Fraga. Pasadas as 22.30 comezaban a soar as gaitas e guitarras da formación Balankandra, un grupo que nacía no 2004, ao abeiro da formación de San Sadurniño, Saraibas, pero cunha idea diferente: o aunar sons sudamericanos, estadounidenses e ata europeos nunha fusión de jazz, folk galego ou o country. A mestura foi todo un éxito que o públíco da fraga soubo disfrutar e é que temas coma Soleando, Canton Vello ou falsos con pedigrí. E é que a voz de Amparo Calvo e Martín Sanjurjo, xunto coa batería de Alejandro Rey, o baixo de Rubén Lamas ou as guitarras do mestre pontés Abel Leonardo e Manuel Dopico, fixeron as delicias do público presente. Tras dos de San Sadurniño, tocaba recibir a un músico da casa e que, malia que xa en moitas ocasións se subiu ao escenario da Fraga, desta vez facíao en solitario e sen a compaña de Miguel, Ana ou Carolina. E é que o acordeonista Andrés Penabad non podía faltar neste festival e co seu traballo Crossing baixo o brazo. Con él, unha banda de grandes músicos que se encargan de interpretar as diferentes pezas que inclue esta publicación e nas que contou coa colaboura de Kepa Junquera ou Bieto Romero. A fraga vibrou ao son de Crossing, do Vals da Fraga, Xaínda ou Kaio Kai e por riba con compaña de luxo coma a de varias das pandereteiras integrantes do grupo Tocadeiras. O toque internacional chegaba xa coa madrugada e coa actuación dos escoceses Skerryvore, todo un acontecemento musical en canto a folk se refire e que presentou en as pontes temas ambientados na cultura escocesa pero do máis bailables e é que mesturar gaitas e guitarras como fan Alec, Martin, Craig, Daniel, Freser, Alan e Jodie é tan só éxito en grandes artistas. Esta formación, nada en 2005, conta xa con tres traballos discográficos no mercado e un cuarto, Chasing the sun, que verá a luz en setembro. Nembargantes, na noite do xoves os romeiros puideron desfrutar da estrea dalgúns dos temas deste novo disco, e tamén de pezas coma Hold your Breath, Path to home ou We´re lucky ones. E para pechar festival uns clásicos que non podían faltar en calquer festival folk que se precie: Muxarega, a formación pontesa con máis actuacións ás súas costas neste festival e que ben saben o que é animar a festa e facer dos romeiros uns auténticos fans dos seus retrousos. Sabela, Ana, Roberto, Miguel, Luis, Iago e Carolina volvían meterse un ano máis ao público no peto con temas coma Polka con mantekadas, estrume ou o pasodobre romántico e que serviron para prolongar ata máis aló das 4 da madrugada unha nova edición deste festival folk. Pero coa fin da música non chegaba a fin da festa e é que moitos foron os romeiros que seguiron desfrutando da noite na compaña de amigos e familiares e visitando as diferentes cabanas que, nestes dous días poboaron a fraga de dona rita, aínda que tamén houbo quen aproveitou para ir descansar á súa casa ou na súa tenda de campaña para recuperar forzas coas que afrontar a xornada do 25 de xullo e que deu aínda para moita festa rachada.

24/7/14

Herdeiros da Crus e a orquestra Cinema grandes protagonistas dunha nova edición da Festa da Fraga

A noite do 24 de xullo de seguro que será memorable pero o que moitos agardan ao longo de todo o ano é a xornada do 25 de xullo, o día de Galicia que centos de romeiros celebrarán en As Pontes da man da música, unha boa mesa e a compaña de amigos e familiares. E é que a romaría da Fraga celebra o seu 110 aniversario en moi bo estado de saúde e, de seguro, cun novo éxito de convocatoria ás súas costas. De feito, o programa da xornada é do máis atractivo para non pasar nin un só minuto de aburrimento. Non faltará a música de todos os estilos, a mítica sesión vermú e ata celebracións litúrxicas. Así, á 1 da tarde terá lugar a misa de Santiago Apóstolo, na Capela do Carme, para continuar ás 13.30 horas coa tradicional sesión vermú que, por terceiro ano consecutivo, amenizará a formación Cinema. De seguro, que tras tanto baile e diversión, toca probar as augas do Eume, denantes de sentarse á mesa a desfrutar dun bo xantar cos amigos e coa familia. E tras un pequeno descanso, a música volverá tomar a fraga de dona rita co son dos tambores de Borumbaia Percusión. Pero o prato forte da xornada terémolo dende as 20.30 horas cun macroconcerto no que tres formacións compartirán escenario ata ben entrada a madrugada. Un cartel de luxo no que se contará con Herdeiros da Crus como líderes absolutos. A Banda da Balbina, unha formación que xa estivo nas Pontes hai uns anos, será a encargada de abrir esta segunda noite de concertos. Xa ás 22.00 Tuchiño, Fran, Jarfuxo e Toñito de Poi, os míticos Herdeiros da Crus subiranse ao escenario da fraga para dar conta dos seus grandes éxitos e que están a levar polas salas de concertos de toda Galicia, cun gran éxito de público en cada unha das súas actuacións. De feito, ésta será a única ocasión que teremos para desfrutar de grandes éxitos como Qué jallo é ou algúns temas do seu último traballo Jard Rock con Fé. Xa ás 00.00 tocará facer un descanso e é que a orquestra Cinema ofrecerá o seu primeiro pase musical da noite ao que, xa á 1.30, seguirá o derradeiro dos tres concertos da xornada: o que protagonizarán os feneses Dakídarría. Como colofón a unha noite tan longa, a orquestra cinema pechará o día co seu segundo pase musical e que está programado para as 03.00 da madrugada. En resumo, unha maratoniana xornada de música e festa, non apta para calquera corpor desadestrado.

Unha nova edición do Festival Folk abrirá a 110 edición da Festa da Fraga

Conta atrás para a que será unha nova edición do festival folk da Fraga, unha cita que ano tras ano gaña en adeptos e en calidade musical e que se caracteriza, en cada edición, por contar con algúns dos mellores grupos do panorama nacional e internacional dentro deste xénero. O recinto da fraga de dona rita ateigarase de público e de romeiros que, esta mesma noite, dende as 22.30, poderán desfrutar de ata catro grandes formacións e por riba con moita presenza pontesa, xa que a metade do cartel, tal e como apuntaba a edil de Cultura, Sara Ramos, é unha aposta pola música local. E é que non podían faltar os míticos Muxarega e con eles tamén se subirá ao escenario pero desta vez xa en solitario o acordeonista Andrés Penabad. Pero para abrir o festival nada mellor que todos uns grandes artistas neste eido e é que, por primeira vez estarán en as pontes Balakandra, unha formación que nacía en 2004 ao abeiro do mítico grupo Saraibas, de San Sadurniño, e dalgúns dos seus integrantes interesados en crear outro tipo de música e pezas á marxe da tradición. Balakandra nos ofrecerá mañá á noite unha viaxe polas músicas de todo o planeta, mesturando o country, o blues e os sons típicos de Cuba e Brasil, con ritmos máis europeos. Andrés Penabad será o segundo en subirse ao escenario da Fraga de Dona Rita, desta vez sen a escolta de Muxarega pero co seu primeiro traballo Crossing, baixo o brazo. Temas movidos coma o que da título ao seu primeiro disco xunto con pezas cantadas integrarán o repertorio deste artista local. O punto internacional virá da man dos escoceses Skerryvore, unha formación nada en 2005na costa oeste escocesa que con tres traballos discográficos ás costas e un cuarto a piques de saír ao mercado, en setembro, son todo un referente da música norteña, con mesturas do tradicional, o rock e o jazz que, de seguro, serán todo un descubrimento para o público pontés. Asemade, de seguro que a banda formada por Alec, Martin, Craig, Daniel, Freser, Alan e Jodie darán a coñecer tamén algúns dos temas que forman parte do seu cuarto disco: Chasing the sun que verá a luz oficialmente o vindeiro mes de setembro. E como broche de ouro os sempre necesarios para a Fraga Muxarega. Os ponteses, con Miguel Ferreiro á fronte e a gran voz de Sabela Ramil, serán os encargados de pechar a festa desta noite cun novo concerto ante o seu público máis fidel: os romeiros e romeiras da Fraga. Temas clásicos da cultura tradicional galega xunto con pezas de composición propia e algunha que outra canción xa do máis tarareada coma 8 soños ou Eu ei dir aló, non han faltar na actuación coa que Miguel, Sabela, Luis, Carolina, Ana, Roberto e Iago faran bailar ao seu público, ata ben entrada a madrugada. Coma sempre, todos estes concertos que terán lugar baixo as estrelas da noite da fraga serán de acceso totalmente libre e o único requisito é querer pasar unha gran noite de festa.

23/7/14

O Concello de As Pontes acollerá a finais de agosto a unha vintena de participantes do programa europeo Vive

A concellería de Servizos Sociais cederá o espazo natural de Vilarbó coma aloxamento para estes xoves galegos e portugueses que visitarán As Pontes para coñecer a súa cultura empresarial e asociativa. O Concello de As Pontes albergará este verán o programa europeo Vía de Iniciativas Verdes de Emprego (VIVE), unha iniciativa financiado polo Programa Europeo Erasmus + e que permitirá que, ao longo de oito días, unha vintena de xoves procedentes de toda España e de Portugal participen en diferentes visitas a empresas e asociacións ubicadas no municipio, co obxectivo de visualizalas e analizalas, dende un punto de vista laboral. O departamento municipal de Servizos Sociais será o encargado de dirixir a estadía destes xoves en As Pontes que se hospedarán nos bungalóws habilitados no campamento de Vilarbó en agosto, e é que á marxe da orientación e análise laboral, VIVE tamén pretende traballar no ámbito da concienciación ambiental dos seus beneficiarios, de ahí que o entorno de Vilarbó se postule coma un escenario perfecto para desenvolver este tipo de programas. Asemade, os participantes contarán nestes campamentos coa axuda e atención dos monitores da Escola de Tempo Libre Néboa, xa responsables da xestión das acampadas municipais que cada mes de xullo se desenvolven nesta zona. Segundo explicou o edil do ramo, José Alén, o programa VIVE pertimitirá aos seus beneficiarios coñecer emprededores locais, pequenas e medianas empresas da zona, entidades culturais e deportivas e asociacións do máis diversas, xunto coas súas actividades habituais. Todo isto, segundo apuntou o concelleiro, servirá para que, posteriormente, os asistentes a este programa elaboren unha análise sobre as mesmas e ata realicen experiencias simuladas semellantes , posibles de levar a cabo nas súas localidades de procedencia. E é que, segundo recalcou José Alén, VIVE busca xerar oportunidades de futuro laboral para os máis novos ao tempo que se impulsa o medio ambiente. Por outra banda, o concelleiro deu conta do importante papel da organización non gubernamental Ecos do Sur, que se encargou de achegar esta iniciativa ao cabildo pontés e que, segundo apuntou o edil, non podían deixar pasar dende o executivo local, ante a gran oportunidade que supón para os xoves que están a buscar o seu lugar no mercado laboral. Os participantes neste programa deberán traballar en grupo para poder buscar unha saída profesional, empregando como exemplo o que verán e aprenderán ao longo da semana que pasarán en As Pontes. Asemade, durante este programa, tamén se formará aos participantes noutros campos da busca de emprego pero a nivel europeo, empregando recursos coma o currículo Europass ou o Certificado Youth Pass, que lles permitan dar a coñecer aos seus posibles contratadores a súa formación, experiencia e valía para unha posible oferta laboral. Un total de 24 rapaces de entre 16 e 30 anos de idade, procedentes de toda España e Portugal poderán participar nesta interesante iniciativa de intercambio, que se desenvolverá en As Pontes entre o 25 de agosto e o 1 de setembro. De feito, ata o vindeiro 15 de agosto permanecerá aberto o prazo de inscrición para sumarse a este programa europeo, sendo necesario contar co 981 150 118 ou ben acceder á web www.ecosdosur.org. Finalmente, José Alén animou a todos os xoves tanto de As Pontes coma dos concellos da contorna a sumarse a este programa que, ao seu xuízo, significa unha moi boa oportunidade para adentrarse en diferentes ámbitos laborais e, ao mesmo tempo, compartir con xoves doutro país como é Portugal, coñecementos e experiencias.

22/7/14

As sesións vermú e os concertos de Random, Jin Tony´s Son e On the Band completaron o extenso programa musical das Festas do Carme 2014

Á marxe da música de verbena, as festas do Carme de 2014 tamén contaron con outro tipo de sons e ritmos ao máis alonxados das míticas cumbias e merengues de orquestra e é que, dende a tarde noite do venres e ata onte mesmo, polas rúas da nosa vila tivemos actuacións de grupos do noso municipio coma Alfaia ou os Ponteses, concertos onde o rock e o pop foron os auténticos reis da festa e citas coma as sesión vermú que ateigaron de festa o mediodía do domingo e tamén do luns. Así, para amenizar as mañás, nada mellor que os nosos propios grupos locais de música tradicional e que tan ben se encargan de levar os sons máis galegos por todos os barrios e rúas do centro urbano. Formacións coma Canavella, a banda de Gaitas Alfaia e charanga os Ponteses levaron a festa a todos aqueles recunchos da nosa vila aos que non chega a música das orquestras, mesturando xotas, muiñeiras e pasodobres con algunha que outra cumbia e ata sons algo máis actuais. O mediodía tanto do domingo coma do luns xa foi cousa de dous dúos da nosa vila e é que reeditábanse as sesión vermú que, o pasado ano, tanto éxito de público rexistraban. Así, o domingo, e diante da Casa do Concello, ponteses e pontesas puideron desfrutar do dúo fenés Caramelo, uns habituais xa das celebracións das diferentes asociacións pontesas e con Jorge e Sandra que, unha vez máis, fixeron as delicias do público presente ao son de temas como el vicio de tus labios, dulce de coco e ata algunha que outra peza instrumental da man de Jorge Vázquez e o seu acordeón. O poner a música para a sesión vermú do luns xa correu a cargo do Dúo Venus que tamén animou o mediodía con diferentes temas do máis coñecidos e por riba coa praza da Capela do Carme coma escenario. Pero nestas festas non houbo tan só cumbias, temas do verán ou pasodobres, e é que os seguidores doutro tipo de ritmos máis roqueiros tiveron o seu espazo mediante tres concertos na avenida da Coruña que tamén contaron con moito seguemento. Así na noite do venres, os ponteses Jin Tony´s son daban vida a un extenso concerto de máis de dúas horas e media de duración e que, malia a intensa chuvia que caía por momentos, logrou contar con moitos seguidores. E é que Pichi, Chucho, Teresa, Esteban ou Manolo contan con ducias de seguidores aló por onde actúan e, na súa terra non ía ser diferente. Temas de Jony Lee Hooker, Blondi, Loquillo, Sabina, Rosendo ou dos Beatles formaron parte desta intensa e extensa actuación que fixo bailar baixo a chuvia a moitos e moitas. O domingo o escenario da avenida da Coruña estivo ocupado pola formación On the Band, uns xiareiros da música dos 80 e dos 90 e de temas coma Princesa de Sabina, No dudaría de Antonio Flores ou La Chica de Ayer, de Nacha Pop. E pechaban a rolda de actuacións na avenida da coruña a formación Random, cinco xoves ponteses, estudantes do instituto castro da Uz e que decidían o pasado ano poñer en marcha un grupo co que render homenaxe aos seus artistas favoritos. Tras estrearse o pasado mes de xuño na primeira edición do Móvete por As Pontes, Víctor, Brais, Malena, Alvaro e Adrián volvían actuar diante dos seus veciños e veciñas nun concerto no que temas de Green Day ou Maná formaron parte do seu repertorio. Así, mesturando o tradicional, co máis novidoso, as fortes guitarras e baterías coas gaitas e os tamborís e as trompetas cos baixos se pechaba ese outro mundo musical que, á marxe das verbenas, tamén tivo o seu momento de protagonismo nas nosas festas do carme.

París de Noia, Los Satélites ou Sintonía de Vigo puxeron o son ás Festas do Carme 2014

En toda festa que se precie non pode faltar un cartel con grandes orquestras para amenizar as noites de verbena e, nas Pontes, tamén houbo un listado de actuacións de auténtico luxo que congregaron, ao longo destas catro noites de festa, a centos de veciños e veciñas tanto na Praza da Capela do Carme coma na Canle IV. E é que, unha vez máis, a Comisión de Festas apostaba por deixar a un lado as grandes actuacións e traer importantes formacións musicais, especialistas en amenizar noites de festa e garantía segura de éxito. Así, malia que a noite do venres arrincaba pasada por auga, iso non desmereceu a primeira das noites de verbena que, malia que tardou en arrincar, sí que a medida que pasaban os minutos lograba facer que veciños e veciñas deixasen a un lado os seus paraugas e se animasen a bailar un pasodobre, unha cumbia ou un saboroso merengue dominicano. Os encargados de abrir a noite foron a formación Gran Parada, xa uns vellos coñecidos da nosa vila e que, ano tras ano son un dos incondicionais no cartel das nosas festas. A formación de Rianxo celebra este ano o seu primeiro medio século de vida e fíxoo cun espectáculo que se abría con temas de Camilio Sesto e un popurrí de cumbias. Por suposto non faltaron as homenaxes a México con diferentes rancheiras nas voces de Mónica, Edgar, Raúl e Bárbara e ata algún que outro tema de Juan Luis Guerra. Compartindo a fría noite do venres, ata As Pontes tamén se desprazaba a orquestra Aché apostando por un repertorio onde temas coma Aquí estoy yo de Luis Fonsi se mesturaron con xa cancións máis de verán coma Bailando de Enrique Iglesias, o Angelito sin alas de DCS ou Quiero Rayos de Sol. Na noite do sábado, trala tradicional procesión de baixada da Virxe do Carme e da sesión de fogos de artificio, arrincaba a segunda das verbenas da man da formación Jerusalén. Noela, Yenina e Jorge puxeron a voz aos diferentes temas que serviron para a abrir a noite e onde non faltaron pezas de Ricky Martin, Kanarias, Manolo García, Dani Martín ou Carlos Baute. Unha das formacións que son todo un clásico nas nosas festas é a Filadelfia que, celebra neste 2014, o seu décimo aniversarioe volvía atraer a moitos xiareiros e xiareiras desta formación cun repertorio no que entre cumbias, temas dance e ata versións de Marc Anthony, Inna, Shakira ou Nancis Rubias lograron meter ao público no peto. A verbena do domingo supuxo todo un cambio con respecto ao venres e sábado e é que tocaba desfrutar de dúas clásicas orquestras galegas como son Los Satélites e a Sintonía de Vigo, formacións desas que fan música para bailar e onde o espectáculo de luz e son deixa o protagonismo ás grandes voces de cantantes coma Noly, Eric Hidalgo ou Richard Blanco. Un auténtico duelo de grandes orquestras que tamén incluiu estreas e é que ante a baixa de lucía durán e Arturo sabugueiro, dous dos líderes da Sintonía de Vigo nestes últimos anos, chegabaN á formación pontevedresa as grandes voces de Alba Navarro, Lourdes Jardón ou Fernando Hernández e tamén cambios á hora de actuar e é que, para esta tempada a sintonía de vigo optou por achegarse algo máis ás cancións actuais, deixando ao un lado o seu estilo máis clásico. Los Satélites tamén lograron sacar a bailar a moitos ponteses e pontesas e é que coas voces de Arantxa, Eric e Noly poucos se podían resistir a mover as cadeiras ao son de merengues, cumbias de Malú ou Enrique Iglesias e algún que outro pasodobre deses míticos que tanto identifican a esta formación coruñesa. Xa na noite do luns a festa cambiaba de escenario pero non de atractivo e é que a Canle IV sustituíu á praza da Capela do Carme para acoller as dúas formacións máis punteiras de Galicia, á hora de amenizar verbenas e é que, un ano máis, Panorama e París de Noia pasaron por As Pontes para dar conta dos seus novos espectáculos. Luces, efectos especiais, moitos watios de potencia e incríbles performances fixeron as delicias de veciños e veciñas que, ata ben entrada a madrugada de hoxe, bailaron coas voces de Lito Garrido, José Antonio Blas, Vanesa Sosa ou Fátima Pego. Unha vez máis Panorama e París de Noia protagonizaron un enfrontamento musical tan só digno dos máis grandes e que abrían os de Lito Garrido coa súa nova xira Space Tour, e un espectáculo de equilibros en tea, ao que seguiron temas de Ricky Martin, Juan Magán, Celia Cruz ou Jennifer López, nas voces de Jorge Ferre, Vanesa Sosa, Nakary Palumbi e a pontesa Natalia Méndez que, un ano máis regresaba á súa terra. Enfronte a París de Noia con gran José Antonio Blas á cabeza e coa compaña de voces coma a de Gema, Fátima, Sergio e a incorporación de Cibrán, e con pezas tan variopintas e de estilos tan diferentes que nos levaron ata Mexico, Cuba, ou Santo Domingo sen esquencer os éxitos do verán, mixes cos temas que máis están a romper nas discotecas, composicións dos Beatles e incluso algunha que outra versión de Mylie Cyrus, con bola de demolición incluída. En resumo, que nas Pontes tivemos o mellorciño de toda Galicia no que a orquestras se refire, con formacións para os máis novos, para os que prefiren a música de pasodobre ou tamén para aqueles que se decantan por bailar un agarrao. Unha oferta musical do máis heteroxénea que, sen dúbida algunha, cumpriu sobradamente coas expectativas e que deixa moi alto o listón para a comisión de festas do 2015.

A Virxe do Carme volvía saír á rúa na fin de semana en dúas multitudinarias procesións

As procesións do Carme volveron xuntar nas rúas do pobo a milleiros de ponteses e pontesas. Foi na noite do sábado, e na mañá do domingo, no marco das tradicionais procesións de baixada e subida, respectivamente. Desta vez sí podemos afirmar que gozamos da intercesión directa da propia Virxe, que evitou que chovera durante a celebración destes actos. As previsións do tempo apuntaban a unha chuvia incesante que, probablemente, paralizarían ambas as dúas procesións, pero, para solpresa de todos o tempo aguantou o paso dámbolos dous desfiles. A procesión encabezabaa a Banda de Gaitas da Escola Municipal de Música Tradicional das Pontes, á que lle seguían as imaxes de Santa María Magdalena e A Virxe do Carme, a patroa das Pontes, flanqueada novamente por unha escuadra de contadores do tercio do Norte de Infantería de Marina de Ferrol. Seguíanlle os párrocos do equipo pastoral de Santa María de As Pontes,José Vega, Javier Santiago e Manuel Ares, acompañados nesta ocasión polos tamén sacerdotes D. Uxío García Amor, e Ramón Antonio López Rodríguez. As autoridades municipais co alcalde Valentín González Formoso ao fronte e a concelleira de Cultura e Presidenta da Comisión de Festas Sara Ramos, xunto cos demais integrantes da Comisión e representantes do tecido asociativo local das Pontes formaban parte tamén da comitiva. Contouse tamén co acompañamento da Banda de Música Cultural e Recreativa das Pontes nun desfile que pechaban ponteses e pontesas de todas as idades que unha vez máis quixeron demostrar a súa devoción e respeto á Virxe do Carme. Xa na Praza do Hospital agardaba a chegada da procesión a Coral Endesa As Pontes para interpretar a Salve Mariñeira, conxuntamente coa Banda de Música Cultural. Neste mesmo emprazamento tamén disfrutábamos da espectacular sesión piromusical que sincroniza fogos de artificio con música clásica, un espectáculo de grande atractivo visual e acústico. A procesión recuperaba o seu paso para chegar á Igrexa de Santa María, pasando antes pola Avenida de Galicia, e a Rúa Real. Xa no templo, o Coro Parroquial interpretaba o himno á Virxe do Carme. Para a Virxe do Carme volveuse confeccionar un ano máis un manto de flores. Algo máis dunha vintena de veciños e veciñas agardaron ao remate da verbena nocturna do sábado, para somerxerse nos traballos de preparación da alfombra floral, deseñada este ano polo artista Gonzalo Alonso, Zaloalo, e que presentou un deseño en combinación co cartel anunciador das Festas do Carme e A Fraga de 2014. Un traballo que este ano se volveu especialmente duro por mor das adversas condicións climáticas. Así, en máis dunha ocasión, a chuvia obrigou aos encargados da confección da alfombra a buscar solucións para evitar que se desfixese. E finalmente este era o resultado que amosaba. Xa o domingo ao mediodía tocaba facer de novo o percorrido da noite, pero á inversa. Trasladar de novo á Virxe do Carme e a Santa María Magdalena á súa Capela. A diferencia de edicións anteriores, neste 2104, o equipo pastoral de Santa María de As Pontes optou por celebrar a misa na Igrexa Parroquial cantada pola Coral Endesa As Pontes, no canto de facela na Praza do Carme, unha vez rematada a procesión. Esta modificación provocou que a procesión saira máis tarde que de costume, eran xa case as dúas da tarde cando se iniciou o desfile, encabezado desta vez pola Banda de Gaitas Alfaia, á que lle seguían o grupo de dez nenos e nenas que na mañá do domingo recibiron a súa primeira comunión. E a escasos metros xa podíamos contemplar de novo as imaxes de Santa María Magdalena e a Virxe do Carme. Pechaban o desfile o equipo pastoral de Santa María de As Pontes, os membros do equipo de goberno, representantes de asociacións, e, unha vez máis, centos de veciños. Xa na Capela do Carme entonouse un Viva á Virxe do Carme que resonou con forza no corazón de ponteses e pontesas. E onte ao mediodía a Praza do Carme acollía a celebración da misa en honra a Santa María Magdalena e de Cofrades, oficiada polos sacerdotes José Vega e Manuel Ares. O bo tempo que se rexistrou na xornada de onte propiciou que a misa se celebrase no exterior, e ao seu remate a imaxe de Santa María Magdalena levouse en procesión ao interior da Capela.

Teatro, música, hinchables e contacontos protagonizaron unha nova edición de Parque@ctivo

Parque@ctivo despediuse por todo o alto na tarde de onte, cunha grande festa infantil auspicida pola Concellería de Cultura do Concello de As Pontes. Nos xardíns do Campo da Feira había inchables de todos os tamaños e para todas as idades, con ou sen auga. Unha festa que se prolongou durante toda a tarde e que pechou co tradicional baño de escuma. O domingo tiñamos nos Xardíns do Campo da Feira unha nova actividade familiar, un espectáculo dinámico e interactivo co clown Rudi Dudi como protagonista, que desta vez trouxo a As Pontes a montaxe Clowntamination. O sábado á tarde a Biblioteca Municipal volvía acoller un espectáculo pensado para os máis pequenos da casa, neste caso para os bebés, os cantacontos de Pablo Díaz. Unha auténtica festa da que desfrutaron grandes e maiores a partes iguais, con contos e cancións cheos de ledicia e ilusión. Piratas é un dos temas que inclúe o novo libro-disco de Pablo Díaz Toc Toc, un traballo no que só teñen cabida valores como o compañeirismo, a amizade, a importancia de coidar o medioambiente, ou a protección dos animais, e que pretende achegar a música e a poesía aos máis pequenos da casa. E inmediatamente despois desta actuación tomaba o relevo Çe Orquestra Pantasma, un home orquestra, capaz de facer soar ata cinco instrumentos distintos ao mesmo tempo acordeón, armónica, pandeireta nas pernas e bombo, caixa e platillos no lombo. Cé orquestra pantasma preséntase como un proxecto musical unipersoal e versátil, cun repertorio amplo e variado, que inclúe temas tradicionais como A Carolina ou o paraugas do Ghosé. E na tarde do venres, tamén na Biblioteca Municipal o músico e letrista Magín Blanco presentou ante nenos e adultos historias e viaxes dun intrépido músico con Libros Encantados. A nena e o grilo ou María Fumaça foron algunhas das cancións infantís interpretadas. Agora, os nenos e nenas poderán seguir disfrutando das últimas xornadas de Mundoxogo, no pavillón do Colexio Monte Caxado. O horario de apertura é de dez e media da mañá a unha e media da tarde, e de cinco a oito.

O Festival Folclórico Internacional trouxo onte a As Pontes sons galegos, sudamericanos, vascos e ata eslovacos

A XXIV Edición do Festival Folclórico Internacional cumpriu coas expectativas do público pontés que onte abarrotou o Pavillón Polideportivo Municipal para desfrutar de toda a maxestuosidade do baile, da música e da diversidade cultural. Seis formacións con máis de 200 bailaríns e músicos tomaron parte nesta cita as culturas galega, chilena, costarricense, vasca e eslovaca. Á Banda de Gaitas da Escola Municipal de Música Tradicional das Pontes correspondeulle abrir o festival. Seguíanlle os organizadores, os integrantes do grupo de danza tradicional Alxibeira de Narón, do Padroado da Cultura do Concello de Narón, cunha mostra do traballo realizado dende hai anos. Dende Chile viña o Ballet Folclórico Tua Marka, que presentou distintos cadros representativos e tradicionais da Illa de Pascua. Un corpo de baile que arrancou, en máis dunha ocasión os aplausos do público presente pola vistosidade das súas coreografías. Tomaba o relevo o Grupo Berangoko Otxandategi Dantza Taldea, procedente de Berango un dos grupos pioneiros do folclore en Euskadi, creado a principios dos anos 40, e cun repertorio que inclúe danzas e música ao son dos instrumentos tradicionais da súa terra. A formación chegada dende Euskadi despediuse do público pontés cantando Sementeira, de Fuxan os Ventos, conseguindo unha grande ovación por parte dos asistentes. Tivemos unha segunda formación de América Latina, os costarricenses Grupo de Proyección Folclórica de Kämuk. O seu espectáculo preséntase como un percorrido polas diferentes rexións do seu territorio, dende os costumes dos sabaneros das zonas gandeiras e agrícolas ata os costumes dos habitantes da costa. Despedíronse os costarricenses bailando no escenario con ponteses e pontesas de todas as idades. E finalmente tiñamos ocasión de disfrutar do espectáculo de baile e canto do Conxunto Folclórico Orgonina, de Eslovaquia. Na actuación de onte interpretaron danzas e cancións das rexións Zemplín e Saris. Tamén a formación eslovaca quixo agradecer a acollida do público pontés interpretando, neste caso, a canción Que Viva España

A Banda Cultural e Recreativa homenaxou o domingo á Patroa co XIX Certame de Bandas

A banda de música de As Pontes volvía exercer o seu papel de unha das grandes protagonistas das festas e ó acompañamento en diversos actos sumou o tradicional certame de bandas que cumpríu xa dezanove edicións. A gala coa música de ata tres formacións que coincidían en contar cuns planteis moi novos, veu precedida dun desfile polo centro da vila interpretando a súa música ata chegar ó Auditorio Municipal. Desta vez apostábase polas bandas de Cedeira e Rábade-Begonte. A primeira é unha formación nova aínda, con apenas unha década de actividade e tan só cinco anos funcionando como actualmente desenvolven o seu labor, como banda xuvenil. Os seguintes en subir ó escenario foron os compoñentes dunha banda prácticamente comarcal, como é a de Rábade/Begonte, con sé en Rábade pero integrantes de moitas localidades veciñas, que acoden participar dun proxecto educativo que fornece á agrupación musical. E xa para pechar tocoulles subir ó escenario ós anfitrións, que ofreceron un variado repertorio que tivo o colofón habitual, que non é outro que o himno a As Pontes, facendo gala non só do seu virtuosismo cos instrumentos senón tamén do traballo de investigación e recolleita que igualmente desenvolven. Unha vez rematadas as tres actuacións, logo de dúas horas de música chegou o intre dos agradecementos, con obsequios para cada banda entregados polo presidente da banda de As Pontes, Xaime Vilaboy e o concelleiros Antonio Castro e Montserrat García.

18/7/14

As Pontes rende homenaxe ao sector do pequeño comercio cun pregón protagonizado por varios dos comerciantes máis senlleiros do municipio

O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, subliñou agradeceu na súa intervención o corazón, entrega e traballo deste sector tanto nos bos coma nos malos momentos O Concello de As Pontes abriu esta tarde, de xeito oficial, as súas celebracións patronais co tradicional pregón e que, para esta ocasión, contou cuns protagonistas de auténtico luxo: varios dos comerciantes de maior antigüidade do municipio. Así, na Casa Dopeso, por mor do mal tempo, tivo lugar este acto no que foi posible escoitar as verbas dos comerciantes Nicolás Vázquez (Radio Éter), Antonio Lorenzo (Ferpu), Manuel Filgueiras (La Estrella), Mercedes Fernández e Tonete Vigo (Ferraxería Mourela), Digna Ramil (Ramil Moda), Teresa Carballeira (Xoiaría Carballeira), Marga Formoso (Candelaria) e Luis González (Supermercados Mourela) ás que se sumaron tamén, mediante a súa presenza, outros comerciantes do municipio, dirixentes durante moitos anos dalgúns dos comercios máis senlleiros de As Pontes coma Moda Vilaboy e Ferraxería Marcos. Neste pregón colectivo, o que máis se escoitaron foron verbas de agradecemento por parte dos seus protagonistas, homes e mulleres que, durante décadas, estiveron á fronte de diferentes establecementos polos que, de seguro, e en máis dunha ocasión, pasaron todos os veciños e veciñas de As Pontes. De feito, ademáis de rememorar os inicios de cada un destes negocios, todos os pregoeiros tiveron verbas de agradecementos aos seus clientes e ao pobo de As Pontes, sen os que non sería posible a continuidade, durante tantos anos, dos seus negocios. Tamén tomaba parte neste acto, como non podía ser doutro xeito, o alcalde de As Pontes. Valentín González Formoso apuntaba, no seu discurso, á gran relevancia do sector do comercio de proximidade como motor de pasado, presente e futuro da vila de As Pontes; un sector que está ahí tanto nos bos coma nos malos momentos. O primeiro edil tamén facía referenza ao comercio do rural, aquelas tendas que agora xa non están pero que, décadas atrás, tiveron o seu gran papel socializador, a súa aportación á sociedade e que tamén foron testemuños da vida de moitos ponteses e pontesas. González Formoso finalizou a súa intervención agradecendo a todos eses comerciantes que, no seu día puxeron o seu corazón e traballo no seu negocio e que souberon transmitir esta paixón e esforzo aos seus descendentes e que, a día de hoxe, son os encargados de levar estes negocios coa mesma entrega que as súas xeracións anteriores. O acto pechouse cun reparto de agasallos aos pregoeiros e pregoeiras: unha figura dunha caixa rexistradora, e tamén coa actuación da Tuna da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, que interpretou temas coma A Rianxeira, Clavelitos ou La Perla e que recibiu os aplausos de multitude de veciños e veciñas de As Pontes, membros de todos os grupos da Corporación Municipal e integrantes do tecido asociativo local, que non se quixeron perder esta cita e, entre os que tamén se atopaban integrantes da Corporación Municipal, os membros da Comisión de Festas 2014 e por suposto unha gran representación do tecido asociativo local.

17/7/14

As Pontes acolle mañá o combate polo Título Europeo de Kick Boxing na modalidade de full contac

O polideportivo municipal da Fraga albergará, ademáis deste combate, outros dez enfrontamentos ao abeiro da III edición do Trofeo Vila de As Pontes de Kickboxing As Pontes acollerá mañá a III edición do Trofeo de Kick Boxing Vila de As Pontes, unha cita que se desenvolverá no poliderportivo municipal da Fraga, dende as 22.00 horas e na que tamén se contará cun combate profesional polo Campionato de Europa. A cita era presentada esta mañá polo alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, o presidente da Federación Galega deste deporte, Cipri Gómez, o edil de Xuventude, Jesús Tembrás e o responsable do clube Kick Boxing Frank, Francisco Javier Béjar, impulsor desta competición. Na súa intervención, o alcalde de As Pontes apuntaba a relevancia de contar neste municipio non só cunha gran afección a este deporte, senón tamén o que significa que, en As Pontes e mañá, se teña a posibilidade de desfrutar dun combate oficial polo Campionato de Europa, e que estará protagonizado polo naronés Daniel Galdo e o deportista ucraíno Román Susky. González Formoso agradecía a colaboura da Federación Galega de Kick Boxing e tamén do clube de Kickboxing Frank á hora de decantarse por As Pontes para albergar esta cita e apuntaba o gran beneficio para o municipio que supón o contar con competicións destas características pola gran cantidade de público que move, o fomento de deporte que isto supón e tamén polo impulso que supón para As Pontes como sé deste tipo de citas deportivas. Asemade, durante a presentación tamén se procedía á pesaxe oficial dos dous candidatos á obtención do título europeo que mañá se desputa en As Pontes, e que se verá completado con outros dez combates de xiareiros desta disciplina deportiva.

O sector do comercio tradicional copará o protagonismo do pregón oficial das Festas do Carme 2014

Unha ducia de senlleiros comerciantes do municipio serán os encargados de desexar unhas boas festas a toda a cidadanía pontesa O Concello de As Pontes renderá mañá homenaxe ao sector do comercio local no que será o acto oficial de inicio das Festas do Carme e A Fraga 2014: o tradicional pregón. Os exteriores da Casa do Concello volverán ser o escenario que acolla a numeroso público para un evento no que dende as escalinatas de acceso ó edificio se van dirixir ó pobo diferentes representantes do comercio tradicional da localidade. A aposta por un pregón colectivo segue a liña destes últimos anos en que se están a poñer e n valor diferentes gremios por riba das personaxes que puideran ser máis ou menos populares. No caso do comercio ata once establecementos estarán representados nun acto no que falarán para dirixirse ós veciños e veciñas unha ampla representación deles co obxectivo de estreitar oficialmente os lazos entre unha poboación e un tecido comercial que están moi directamente vencellados na súa condición de veciños por riba da cuestión profesional. A escolma de comerciantes inclúe ás ferraxerrías Marcos e Mourela, as dúas tendas de roupa de Ramil, así como a de Vilaboy, a mercería La Estrella, o supermercado Mourela, Radio Eter, Candelaria, Ferpu e a xoiería Carballeira. A cita está fixada para as 20.30 horas, e arroupando ós pregoeiros estarán a corporación municipal, co alcalde, Valentín González Formoso, e a concelleira de Cultura, Sara Ramos, á cabeza, sen esquencer a presenza da Comisión de Festas 2014. A animación musical correrá a cargo da Tuna da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela que, previamente, fará un pasarrúas.

As Carmes de As Pontes renden homenaxe, un ano máis á súa patroa, nunha multitudinaria celebración litúrxica

As Carmes de As Pontes celebraron onte o seu día grande, a súa onomástica, a festividade da Nosa Señora do Carme. Seguramente, ao longo do día, a ningunha lle faltou compartir un café, recibir unha flor ou simplemente, unha felicitación. E xa pola noite, tocaba rendir homenaxe á patroa das Pontes, coa que comparten nome. Así ás oito do serán as Carmes da localidade asistían á misa de novena en honra á Virxe, celebrada na Praza do Carme. Chamaba a atención a nova disposición do oficio. O altar e a imaxe da Virxe do Carme situábanse, desta vez, mirando para a Capela, de costas ao cruceiro. Salvando ese detalle, a celebración foi exactamente igual ás demais, rosario, misa de novena e eucaristía, oficiada polo sacerdote Javier Santiago. As Carmes de As Pontes foron as encargadas da ofrenda floral á Virxe na xornada de onte. Recorden que a Capela do Carme continúa aberta durante todos estes días para facilitar a oración persoal e tamén para que os veciños e veciñas que así o desexen podan visitar á virxe do Carme. Así, pola mañá, a Capela permanecerá aberta de once a unha, e pola tarde, de cinco a nove da noite. E trala celebración as Carmes das Pontes xuntáronse nunha nova edición da súa cea de fraternidade á que asitiron tamén o alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso e a concelleira de cultura, Sara Ramos.

Catro pequenos saharauis pasarán o verán en As Pontes ao abeiro do programa Vacacións en Paz

O Concello de As Pontes volvía onte recibir, un verán máis, e pola porta grande aos pequenos e pequenas que, durante estes meses, se converterán nuns ponteses máis grazas ao programa de acollida Vacacións en Paz. Nesta ocasión, a traverso da concellería de Servizos Sociais, logrouse traer a catro pequenos e pequenas procedentes dos campamentos de refuxiados de Tinduf, no Sáhara, ao abeiro deste xa clásico programa posto en marcha pola Asociación de Solidaridade co Pobo Saharaui. Tres deles repiten como é o caso de Suadu, Siragme e Xegalí que o ano pasado xa tiveron a oportunidade de convivir con outras tantas familias pontesas, namentras que Mohamed visita por primeira vez As Pontes e, asemade, cunha nova familia que tamén por primeira vez, decide participar neste programa de acollida. O edil de Servizos Sociais, José Alén, xunto coa asistente social Celia Freire foron os encargados de presidir a tradicional recepción a nenos e familias no salón de plenos da casa do concello, ocasión que o concelleiro aproveitaba para agradecer unha vez máis a colaboura das familias pontesas neste programa, familias sen as que Vacacións en Paz non sería posible. Asemade, Alén tamén desexaba a estes catro pequenos unha feliz estadía en As Pontes e os animaba a tomar parte nas múltiples actividades que, ao longo destes días, se van desenvolver na nosa vila, e facía entrega aos pequenos e pequenas duns agasallos en nome do concello de as pontes. Nestes dous meses lonxe dos campamentos de refuxiados de Tinduf, as familias que de forma altruísta se acollen a esta iniciativa solidaria ofreceranlle aos nenos e nenas actividades de ocio, e a posibilidade de relacionarse con nenos da súa misma idade, ao que se suma tamén a posibilidade de mellorar o seu coñecemento do castelán. Vacacións en Paz segue mantendo os seus obxectivos de ofrecerlles a estes nenos e nenas un verán tranquilo, alonxados das condicións da zona desértica na que viven e que na época estival endurécense aídna máis. Asemade, nos vindeiros días estes pequenos e pequenas pasarán un recoñecemento médico que permitirá detectar calquer tipo de doenza ou problema médico e atallalo o antes posible ao que se sumarán actividades máis agradables para estes nenos coma as visitas á piscina municipal, as xornadas de convivencia en programas coma os campamentos urbanos ou as excursións e múltiples citas organizadas a nivel autonómico ao abeiro da propia Asociación de Solidariedade Galega co pobo saharaui.

A Coral Endesa - As Pontes presenta unha publicación que recolle catro décadas de traballo musical

40 anos de historia en 175 páxinas, algo máis de 200 fotografías e recortes de prensa e anécdotas. Así se resumen as catro décadas de vida da agrupación coral Endesa as pontes que onte presentaba o libro que recolle a súa longa traxectoria dende a súa fundación en 1974 Corenta anos Cantando 1974-2014 presentábase ante medio cento de veciños e veciñas e co recentemente inaugurado centro cultural do Hexágono como escenario. Non faltou por suposto a música e é que o acto abríase da man da actuación da propia agrupación coral que, baixo a batuta da súa directora Olga Vigo, interpretou Piel Canela e Jardín de Ensueño. Posteriormente era o actual presidente da Coral, Gilberto Rubido, o encargado de agradecer a presenza e apoio dos representante do goberno municipal, sen os cales este proxecto non vería a luz, agradecemento tamén extensivo aos coralistas que, dende hai corenta anos, forman parte desta agrupación tanto nos bos coma nos malos momentos. A representación institucional corría a cargo do edil de Servizos Sociais, José Alén, e o alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso. Precisamente, era o primeiro edil o que tamén se animaba a participar nesta presentación dando conta da relevancia musical dunha formación tan lonxeva como é a coral. González Formoso calificaba á agrupación coma un dos piares básicos da música local e apostaba pola colaboura tanto do seu goberno coma dos posteriores a esta importante formación pontesa. A autora desta publicación e tamén integrante da coral, Fina Otero, foi a encargada de pechar esta presentación dando conta de cómo xurdía esta idea de aglutinar nunha publicación estes corenta anos de actuacións, visitas e gran traballo. Todos os presentes puideron levar para os seus fogares un dos 400 exemplares editados polo concello de as pontes desta publicación, ejemplares que ata foron asinados pola súa propia autora e que contan tamén cunha sorpresa; e é que cada libro inclúe unha copia da zarzuela que tivo lugar o pasado mes de maio no auditorio municipal alovi e que tamén serviu para conmemorar catro décadas de gran traballo e entrega da que, de seguro, é a formación musical pontesa máis representativa da nosa vila.

16/7/14

Parque@ctivo abrirá mañá unha nova edición nos Xardíns do Campo da Feira

Música, espectáculos de clown, baile tradicional e actividades de animación á lectura serán algunhas das propostas que poderán desfrutar os máis novos ata o 21 de xullo Un ano máis, os pequenos e pequenas xogarán un importante papel na celebración das Festas do Carme 2014, do Concello de As Pontes e é que, novamente, a Comisión de Festas deseñou un amplo abano de actividades dirixidas a que os máis novos tamén desfruten destes días de festa. E é que tal e como apuntaba a edil de Cultura, Sara Ramos, pequenos e maiores van da man á hora de desfrutar destas festas polo que tamén é preciso deseñar actividades tanto para os adultos coma para os máis pequenos da casa, que tamén desexan pasalo ben nestes días. Asemade, este ano, ao programa Parque@ctivo se sumarán diferentes competicións deportivas novidosas coma o torneo de preminibasket que terá lugar este sábado no patio do Colexio Santa María ou o maratón infantil de fútbol sala que tivo lugar a pasada fin de semana. Nembargantes, o programa Parque@ctivo será o que aglutine a meirande cantidade de actividades infantís. Así as cousas, mañá mesmo arrincará unha nova edición deste programa nos xardíns do Campo da Feira, e en sesións de mañá e tarde. Así dende 11.30 horas xa se poderá desfrutar das múltiples lecturas que ofreza “Os libros no Parque”, ou ben pintar e colororear nas plantillas que se faciliten dende a Biblioteca Municipal Enrique Rivera Rouco. Ademais todos os días, ás 20.15 horas haberá un sorteo de agasallos sorpresa, entre todos os rapaces e rapazas que participen das actividades. Pero non é o único. Cada día Parque@ctivo contará cunha actuación especial. Así mañá xoves ás 18.30 horas todas as persoas que se acheguen aos xardíns do Campo da Feira poderán ver bailar aos nenos e nenas da Asociación Cultural Alende, unha actuación á que lle seguirá o espectáculo de percusión Latexos: Re-ciclaxe, previsto para as 19.00 horas. O venres desenvolverase unha nova actuación musical, o concerto de Magín Blanco, titulado Libros En-cantandos. O músico e letrista vén disposto a presentarlles aos nosos pequenos e pequenas diversas cancións infantís publicadas nos últimos anos en traballos como A nena e o grilo ou María Fumaça. Ao día seguinte, o sábado do Carme, tomará o relevo a Banda de Música das Pontes cun primeiro concerto previsto para ás 13.00 horas. Xa ás 18.30 horas teremos os cantacontos para bebés, a cargo dun músico ben coñecido nas Pontes: Pablo Díaz, que xa en anteriores ocasións ten presentado as súas cancións, grandes éxitos como Tic Tac, unha orquestra de animais, ou a canción do pirata, e ao seu remate, ás 19.00 horas outra actuación musical doutro grande coñecido, a de Cé Orquestra Pantasma, que xa visitou As Pontes co gallo da celebración das festas patronais, e que novamente fará do seu espectáculo toda unha festa chea de forza, ritmo e fantasía. O teatro de clown protagonizará a xornada festiva do domingo, con Rudi Rudi e a súa montaxe Clowntamination, un espectáculo dinámico e interactivo. E xa o luns a Concellería de Cultura convidará a todos os nenos e nenas das Pontes ao parque infantil, con inchables, xogos e como non, a tradicional festa da escuma, dende as 16.30 horas. Ademais e durante todos os días de Festa seguirá aberto no polideportivo do Colexio Monte Caxado Mundoxogo con actividades para todas as idades, cociña, obradoiros de pintura e plastilina, vidoxogos, foamball, pintura de cara, scalextric, e videoxogos. O horario de apertura de Mundoxogo é de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas ata o vindeiro 24 de xullo e a entrada é gratuíta.

15/7/14

Música, ocio para grandes e pequenos e citas litúrxicas novas protagonistas das Festas do Carme de As Pontes

A edil de Cultura, Sara Ramos, describiu estes festexos de 2014 coma unha mestura de música e actividades para todo tipo de gustos e idades As Pontes xa está a vivir a conta atrás da que será unha nova edición das súas festas patronais en honra á Virxe do Carme e, un ano máis, a comisión de festas, dependente do departamento municipal de Cultura, volveu apostar por un programa de actividades do máis heteroxéneo onde se mestura a música, co ocio para grandes e pequenos, o deporte e onde, por suposto, a diversión está máis que garantida para os vindeiros dez días. Así as cousas, malia que o pistoletazo oficial de saída destes festexos, non se dará ata o venres, co tradicional pregón, durante estes últimos días xa foi posible sumarse a algunhas das actividades incluídas no programa destas festas patronais 2014, coma o Maratón de Fútbol Sala tanto infantil coma para adultos, a conferencia Pecha Kucha Night, as citas litúrxicas que arrincaban o pasado venres ou as exposicións fotográficas do grupo Reollo ou de Javier Álvarez, será esta vindeira fin de semana cando se desenvolvan a maior parte das actividades lúdico – festivas. Así o explicaba a concelleira de Cultura, Sara Ramos, que resaltaba a gran variedade de opcións lúdicas que se poderán desfrutar nos vindeiros días e nos que salientaba o papel das orquestras, cun cartel integrado por varias das mellores formacións desta índole a nivel galego. De feito, formacións coma a París de Noia, a Panorama, Los Satélites, Sintonía de Vigo ou Filadefia visitarán As Pontes ao longo dos vindeiros días, con actuacións na Praza da Capela do Carme e na Canle IV. A elas sumaranse tamén outro tipo de concertos, que terán como escenario a Avenida da Coruña, con outros estilos coma eixo do seu repertorio e é que, tal e como apuntou Ramos, o que se busca mediante este tipo de actuacións e cubrir esa parte da poboación que non é tan xiareira da música de verbena. De ahí que dende o venres e ata o luns se contará coas actuacións dos ponteses Jin Tony´s Son, a formación On The Band e Ramdom, unha formación nada ao abeiro do I.E.S Castro da Uz e que se estrea nestas festas. Tamén repetirán as sesións vermú o domingo e mailo luns trala boa acollida o pasado ano e que, nesta ocasión amenizarán os dúos Venus e Caramelo. E é que a intención da Comisión de Festas é intentar chegar a público de todas as idades e gustos, malia a dificultade deste obxectivo. De feito, Sara Ramos deu conta dos meses de traballo que hai detrás deste gran programa de festas do que, segundo a edil, “ponteses e pontesas ademáis de visitantes teñen que desfrutar ao longo destes días”. Por suposto non faltará a programación para os máis pequenos que arrincará o xoves a traverso de Parque@ctivo, nos xardíns Campo da Feira, e que incluirá contacontos, concertos, sesións de clown e ata maxia, cada tarde dende as 18.30 horas; e o tradicional pregón que o venres se desenvolverá diante da Casa do Concello dende as 20.30 horas, con varios comerciantes locais coma protagonistas. Asemade, tamén se contará cunha nova edición do Festival Folclórico Internacional, o luns dende as 21.00 horas no polideportivo municipal da Fraga, e das tradicionais citas litúrxicas coas procesións da Virxe do Carme ou as diferentes misas que se desenvolverán nestes días. Finalmente, a concelleira de Cultura convidou a veciños e visitantes a desfrutar desta ampla programación festiva, toda unha fachenda, segundo apuntaba a edil, que, de seguro fará de As Pontes un referente a nivel galego de diversión e festa.

14/7/14

Ducias de Romeiros participan na tradicional xornada de marcaxe das parcelas para a Festa da Fraga 2014

Ponteses e pontesas cumpriron o pasado venres cunha das tradicións máis míticas das nosas festas patronais e é que, ao chegar a tardiña do pasado día 11, era momento de ir ata a Fraga de Dona Rita provistos de cinta e algunha que outra estaca para proceder á habitual cerimonia de marcaxe das parcelas que, nos vindeiros días, serán as protagonistas de innumerables construccións de todos os tipos e deseños cunha única fin: ser o lugar de encontro de grupos de amigos, familias e compañeiros de traballo ou ocio durante os días 24 e 25 de xullo. E é que en tan só dez días o barrio da Fraga volverá encherse de visitantes e veciños de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto do país grazas á celebración do 110 aniversario dunha das festas máis míticas do verán galego. Coma cada ano, moitos foron os que optaron por acampar uns días antes para poder coller o seu sitio de todos os anos, a parcela dotada cunha mesa que así evita algún que outro traballo aos romeiros ou aquel lugar xa máis ao abrigo e á sombra para evitar que un sol radiante destrague esta xornada de festa. Pero esta costume de acampada previa á Fraga trae consigo certos rituais e é que non faltan as mantas no chan para evitar enlixar a roupa, os xogos de cartas, algún refrixeiro, os refrescos e a compaña dalgunha que outra mascota ata que soan as tradicionais bombas de palenque da misa de novena das oito de serán e que tamén serven como pistoletazo de saída para deixar marcado, de xeito oficial, a parcela correspondente a cada grupo. Nos vindeiros días arrincará o proceso de construcción destas cabanas e que con madeira, xestas ou lona volverán novamente tinxir o habitual aspecto da fraga de dona rita para dar lugar a un efímero barrio de vivendas do máis particular. Pero ademáis de cumprir co trámite da marcaxe e contrucción de cabanas tamén toca afrontar as obrigas dos romeiros e é que, coma cada ano, será necesario achegarse ata o departamento municipal de policía para cumplimentar a pertinente autorización municipal e que se comeza a dispensar esta mesma mañá. De feito, unha persoa de cada grupo cubrirá un formulario de responsabilidade e compromiso de coidado e limpeza do lugar empregado para o levantamento da súa cabana, aínda que este ano non se fará entrega dun número identificativo que sí que quedará rexistrado na respectiva autorización. Por outra banda, os residentes no barrio da Fraga tamén poden acudir xa a recoller ás oficinas da policía municipal para recoller o seu permiso de aparcadoiro no interior deste barrio, sendo necesario presentar un recibo que acredite a súa residencia nesta zona.

O Mercado Vello acollerá, ata finais de mes, a mostra fotográfica Myanmar:rostos e paisaxes do pontés Javier Álvarez

Ás veces, para coñecer outra realidade, outra cultura, outras xentes ou un país diferente non é necesario ir moi lonxe e é que unha fotografía, un vídeo ou o mesmo relato dalguén que vivíu outra experiencia máis aló das nosas fronteiras son ferramentas suficientes para achegarse a outros lugares, a milleiros de quilómetros do noso fogar. Esa é a maxia da nova proposta audiovisual que podemos atopar, ata o vindeiro día 23, na sala de exposicións do Mercado Vello e é ue que Myanmar: rostros e paisaxes é unha colección de varios vídeos e medio cento de instantáneas das case 1.500 que o pontés Javier Álvarez tomou hai dous anos durante unha viaxe persoal polo antigo país de Birmania. Rostros de rapaces que amosan a súa inocencia cun soriso ou pintados coa pasta da Thanaka para protexerse do sol, labregos e pescadores no lago Inle, monxes de recollida vida budista ou tomándose un descanso das súas plegarias; solpores inimaxinables, estampas naturais de gran beleza e ata pequenos vídeos que amosan o día a día destas xentes forman parte da mostra deste pontés que se estrea coma artista do zoom e do flash, empregando como base as súas expedicións persoais con amigos. Instantánea a instantánea e frame a frame temos a oportunidade de botar unha ollada á vida que agocah este país asiático de 55 millóns de habitantes, que vive dos seus cultivos e de estar a ben con Buda eq ue conta con lugares tan indescriptibles e maxestuosos coma a Pagoda de Thamboddhay, o pazo de Karaweik ou o templo de Bagan. Myanmar: rostros e paisaxes é tan só unha pequena mostra daquelas situacións e lugares que Javier Álvarez captou coa súa cámara, unha desas sinxelas, coma el a describe, pero que deu uns froitos máis propios dun profesional na busca da instantánea perfecta que dun xiareiro das viaxes por países de todos os continentes. Un exemplo de que, ás veces, os artistas nacen, non se modelan, e de que o querer captar unha ollada, un sentir, ou a dureza dun día a día no continente asiático non depende de contar cunha boa cámara ou os mellores coñecementos de fotografía, senón de saber mirar co corazón e non só cos ollos. Todo isto é o que ofrece Myanmar: rostros e paisaxaes, sen dúbida unha cita obrigada para aqueles amantes do ir máis alón dunha simple imaxe e dos xiareiros das emocións feitas fotografía, e que poderán visitar ata o vindeiro día 23 en horario de 19.00 a 20.30 horas de luns a venres e de 12.00 a 13.30 os sábados e domingos, e de xeito gratuíto. Asemade, durante estas festas patronais, o departamento de Cultura tamén abrirá esta mostra en horario especial os día 19, 20 e 21 entre as 12.30 e as 14.00 horas e de 19.00 a 20.30. © 2014 Microsoft Términos Privacidad y cookies Desarrolladores Español

Éxito de participación e público na primeira edición do Pecha Kucha Night As Pontes

Coñecer máis polo miudo proxectos empresariais, gastronómicos, culturais, musicais, deportivos ou de ocio, e case todos con marca pontesa. Ese podería ser o resumo perfecto do que supuxo a primeira edición do Pecha Kucha Night As Pontes, unha representación de creatividade comprimida en algo máis de 6 minutos e medio e con marca da casa, baseada en formatos semellantes desenvolvidos dende hai unha década en máis de cincocentas cidades de todo o planeta. A idea aterraba no escenario do auditorio municipal Alovi, da man da empresa STGO e a Concellería de Cultura, e contou cunha gran acollida por parte da cidadanía. De feito, pouco faltou para non ter que pendurar o cartel de non hai entradas, o que demostra o atractivo desta cita multidisciplinar na que se contou coa participación de 13 poñentes, representantes de sectores do máis diversos, que con tan só 20 instantáneas e 6 minutos e 40 segundos tiveron que dar a coñecer o que é o seu negocio, a súa afección ou o seu proxecto. Dun xeito dinámico, ameno, divertido e sobre todo atractivo foi posible adentrarse algo máis en iniciativas coma a web infantil La Mariola de Sandra Blanco; as actividades que durante todo o ano desenvolve a Casa Do Mel e que explicou Manuel Ferreira; os inicios e nicho de mercado da empresa Xaraleira de José María Vilaboy, o traballo de investigación en materia de oncoloxía de María de la Fuente ou os segredos do taller de guitarras de Javier Moldes. A restauración da entulleira de Endesa tamén estivo presente grazas ao enxeñeiro Aníbal Gil; a empresa de bebidas espiritosas Nordés con Xoan Canas á fronte descubriu os seus inicios na pasada noite do venres e ata tivemos a oportunidade de adentrarnos en cómo o soño de ser músico ou piloto se pode facer realidade, con exemplos coma o do cantante óscar Rosende, dos Brothers in Band, ou o piloto Guillermo Cabarcos. Temáticas tan dispares coma o coidado dos cabalos, a maxia dun deporte tan esixente coma o triatlón ou incluso os entresixos dun negocio coma o dos productos delicatesen tamén tiveron o seu espazo nesta primeira Pecha Kucha pontesa. Así foi posible coñecer máis polo miúdo o día a día do veterinario de équidos Vicente Cabarcos, o programa de adestramento do deportista Javier Montero, primeiro pontés clasificado no Ironman celebrado o pasado mes de xuño, e ata o saboroso mundo que rodea aos queixos europeos de maior sona con Enrique Rodríguez, da empresa Coalbe. Todo isto entre anécdotas, chistes algún que outro obstáculo e sobre todo moita paixón porque en algo menos de 7 minutos estes trece homes e mulleres transmitiron sobre todo o seu amor pola súa afección ou o seu xeito de gañarse diariamente a vida. Unha paixón moi valorada polo público presente, entre o que se atopaba o alcalde de As Pontes e as edís de Cultura e Industria, e que non dubidaron en responder a cada miniconferencia cun sonoro aplauso de gratitute. Como colofón nada mellor que un refrixerio para reponer forzas e tamén algo de música en directo: a do dúo Bite the Soul, con Mateo Bruquetas á guitarra e a voz e violín de Eva Díaz e que se encargaron de facer que a primeira noite Pecha Kucha As Pontes se prolongase ata ben entrada a madrugada.