30/4/14

O Concello de As Pontes convoca para o mércores e xoves da vindeira semana as probas para a elaboración da lista de agarda do servizo de limpeza

O Concello de As Pontes poñía onte en marcha o proceso de elaboración dunha lista de agarda para cubrir posibles baixas e acumulación de tarefas no servizo municipal de obras, un proceso que tamén se extenderá ao servizo de limpeza e é que xa se fixaron as datas dos exames que servirán para confeccionar unha segunda lista de agarda tamén para este servizo. Será a vindeira semana e tamén en dúas quendas, debido ao gran número de solicitudes presentadas para este proceso. Un total de 130 persoas tomarán parte nalgunha das dúas xornadas nas que se dividirá a proba oral á que se deberán someter os candidatos e candidatas a formar parte deste listado. Así para o mércores da vindeira semana, ás 9.00 horas, están citados todos aqueles cuios apelidos vaian do A ao G, e para o xoves o resto dos candidatos, tamén ás 09.00 horas. A proba, de carácter oral, realizarase na aula polivalente da Casa Dopeso, ubicada no segundo andar deste edificio municipal, e terá como contidos o temario xa recollido nas bases desta convocatoria. Así as cousas, os candidatos deberán dar conta dos seus coñecementos en materia de produtos de limpeza máis usuais; en técnicas, utensilios, maquinaria e métodos de limpeza; tipos de suciedade, organización do traballo e prevención de riscos laborais e normas e precaucións no manexo do almacenamento de productos de limpeza.

29/4/14

O Concello de As Pontes e os bispados de Santiago e Mondoñedo-Ferrol mantiveron un encontro co fin de recuperar as casas rectorais de San Pedro de Eume e O Freixo

O Concello de As Pontes segue adiante co proxecto de recuperación das rectorais de O Freixo e San Pedro de Eume, para o que a pasada semana mantiña un novo encontro cos bispados de Santiago e Mondoñedo-Ferrol. Valentín González Formoso plantexou o proxecto municipal de rehabilitación do edificio ó Bispo da diócese Mondoñedo- Ferrol, Manuel Sanchez Monge, atoipando unha boa acollida para a inminente sinatura dun convenio que o permita, logo de que dea o visto bo o Consello Económico do Bispado. Deste mesmo trámite estase pendente para realizar o mesmo cometido coa casa rectoral de San Pedro de Eume, para o que xa está tamén o proxecto en mans do Bispo da outra diócese con competencias no termo municipal, a de Santiago. As negociacións que se están a manter cos dous arzobispados perseguen a sinatura de senllos convenios que permitan dispoñer das casas rectorais ubicadas nestas dúas parroquias do rural. Son dous inmobles históricos, abandoados e camiño xa de verse afectados polas ruinas, polo que dende o goberno local se posta pola sua rehabilitación. A partir de ahí daríaselle un uso que garantise a perdurabilidade destes edificios que pasarán a facer a función de vivendas. O alcalde pontés saía moi satisfeito das reunións mantidas coas autoridades eclesiais. “ Atopamos moi boa acollida a estas propostas. A todos non interesa, pois son edifícios que teñen un custo de mantemento e previamente precisan dunha rehabilitación. Isto non tería senso sen darlles un uso. E este goberno ten apostado pola posta en valor dun rural que precisa de recuperarse demográficamente, e dende ese punto de partida revitalizarase como pretendemos xa dotándoo de servizos que o fagan máis habitable,e como amosamos coas actuacións que promovemos en todas as parroquias”. O proxecto contempla habilitar vivendas para alugar menores de 35 anos a un prezo asequible, co que se acadaría o mantemento do inmoble e se lle daría un uso que redundaría en aras de facer máis atractivo o rural para a xente nova. Estas dúas actuacións irían parellas á recuperación do palco do Freixo e da Escola rural de San Pedro de Eume, que xa asumira o Concello, así como a restauración da Igrexa de O Freixo que xa abordara o Bispado.

A feira quincenal pontesa reubícase, definitivamente, no centro urbano

A feira quincenal de As Pontes volve pasado mañá ó centro da vila na que xa vai ser a súa ubicación definitiva. A remodelación levada a cabo no centro urbán de As Pontes o longo destes últimos tempos, e por mor das obras nas principais rúas do centro urbán, dende o goberno local víanse obrigados a plantexar o traslado da feira quincenal do municipio. Naquel momento apostouse pola zona de Perfolla por contar cun espazo amplo e aberto, nunha zona céntrica con accesos cercanos e directos dende as arterias principais da vila. Este traslado tiña carácter provisional ,posto de manifesto o compromiso de devolver a feira ó seu espazo natural unha vez rematasen esas ambiciosas obras de remozado do centro neurálxico pontés, pero nas pasadas semanas acordábase cos colectivos de comerciantes e hostaleiros a ubicación rotativa entre ambolos dous emprazamentos, para contribuír a dinamización económica e social das dúas zonas comercias. Non obstante, e trala celebración da última feira do pasado día 1 na zona de Perfolla, o Governo Municipal ven de adoptar o que será o traslado e ubicación definitiva da feira as rúas centráis coma no pasado, por entender que ese é o desexo da cidadanía en xeral, e a ubicación preferida non só polos veciños e usuarios da feira, senon tamén polos propios vendedores ambulantes, e polo tanto onde a feira se desarrolla coa maior asistencia de postos e clientes. Montserrat García, tenente de alcalde do concello pontés salientaba a participación veciñal na toma desta decisión: “Pulsado o interese xeral o que se fai é devolver a feira quincenal ó lugar desexado polos veciños e veciñas de As Pontes “ . A feira volve ás avenidas de A Coruña, Ferrol e Praza de América, onde volverá xogar o papel dinamizador da vida local, e mesmo do comercio e a hostalaría que aproveitan as sinerxias destas datas cada primeiro e quince de mes,polo que este festivo do primeiro de maio xa se poderán atopar os postos no mesmo centro urbán, gañando en accesibilidade e comodidade para toda a poboación.

25/4/14

Ana Pena clausura o curso de xestión administrativa que permitiu formar a 15 desempregados

O pasado mércores celebrábase no Salón de Plenos do Concello a entrega de diplomas dun novo curso promovido dende a Concellería de emprego. A entrega dos diplomas enmarcouse no acto de clausura deste curso de Xestión Administrativa Básica organizado polo Departamento que dirixe a responsable municipal de emprego, Ana Pena. Nesta acción formativa participaron 15 alumnos e alumnas que se formaron, durante 195 horas, na organización administrativa dunha empresa e os seus distintos departamentos, aprendendo a xestionar stocks e almacéns, adquirindo coñecementos de atención ao cliente e comunicación, facturación, pedidos e albaráns, contabilidade e en aplicacións informáticas, de xeito que acadaban unha formación integral na área administrativa. Nas intervencións realizadas neste acto salientábase que se acadaran os obxectivos de crear un perfil profesional para as persoas con menor cualificación, como colectivo prioritario nas accións de orientación laboral, para que adquiriran as capacidades e competencias en condicións óptimas e para asumir as responsabilidades propias do desenvolvemento de funcións e tarefas na área de administración e facilitar o seu acceso ao mercado de traballo. Ao acto de clausura asistiron, ademáis do alumnado, representantes da empresa de formación local Ensino e Ana Pena, como representante do Concello, que entregaron un diploma acreditativo do aproveitamento do curso e dos contidos do mesmo á quincena de alumnos e alumnas.

24/4/14

A SEMANA QUE VEN COMEZARÁN OS EXAMES PARA A LISTA DE AGARDA DE OPERARIOS MUNICIPAIS E A SEGUINTE PARA AS PRAZAS DE AUXILIARES DA POLICÍA LOCAL.

O Concello de As Pontes cita para a semana que vén aos candidatos e candidatas que optan ás probas selectivas para formar parte da lista de agarda para o servizo de obras municipal. Dado o elevado número de instancias presentadas, un total de 151, para a lista de agarda de operario de obras, a proba práctica realizarase en dúas quendas. Así, para o martes 29 de Abril ás nove da mañá, na nave municipal de obras no Polígono dos Airios, están citados os aspirantes cuxo primeiro apelido comece polas letras A e ata a letra G. E ao día seguinte, tamén ás nove da mañá e no mesmo emprazamento na nave municipal dos Airios, celebraranse os exames para os aspirantes cuxos primeiros apelidos comecen pola letra L e ata o V. A proba práctica, de carácter eliminatorio, terá como obxecto a demostración das habilidades propias dun operario, e consistirá no desenvolvemento de tarefas relacionadas co programa que se reflicte na convocatoria xeral e que abrangue os campos da albanelería, carpintería e cerrallería, fontanería, pintura, e finalmente, electricidade. O programa da proba para a creación dunha lista de agarda de operario do servizo de obras tamén esixe coñecementos de seguridade e saúde nos lugares de traballo; sinalizacións e balizamentos; elementos, emprazamentos e protección do mobiliario urbano e protección, conservación e uso das zonas verdes. O outro proceso selectivo pendente, o das seis prazas para auxiliar da Policía local, vaise desenvolver o 5 de maio, ás 10 da mañá no polideportivo municipal. Contará cunha comprobación da estatura, e as probas de salto vertical e carreira de 1.000 metros lisos. Asemade, haberá unha proba de coñecementos sobre o temario que tamén se recolle nas bases deste proceso; unha proba de topografía e unha valoración sobre o coñecemento da lingua galega. Este mesmo venres remata o prazo de presentación de solicitudes para poder obtar a algunha das 6 prazas para auxiliar de policía local de As Pontes e que se convocaron a principios desta mesma semana. As seis persoas contratadas durante os seis meses de duración destas prazas recibirán 1.200 euros mensuais e, entre as súas labores deberán custodiar e vixiar os bens, servizos e instalacións municipais; ademáis de auxiliar e colaborar cos axentes da Policía Local e demais forzas e corpos de seguridade. Para unha consulta máis detallada das bases é posible dirixirse ao rexistro municipal ou á web www.aspontes.com. Lembrar que o prazo de presentación de solicitudes remata o sábado ás 12.30.

21/4/14

Idea As Pontes logra o premio Afiprodel pola gran implicación da veciñanza na elaboración do plan de ordenación municipal

O xurado valorou a involucración da cidadanía na ordenación do territorio, o uso das novas tecnoloxías e a democratización do proceso de elaboración do novo plan urbanístico pontés nun proxecto elaborado pola Concellería de Urbanismo de As Pontes As Pontes, 21 de Abril de 2014.- O proxecto de participación pública Idea As Pontes, dirixido a que todos os veciños e veciñas do municipio aporten a súa opinión e suxerencias para o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, foi galardoado co primeiro premio Afiprodel, na modalidade de proxectos promovidos por administracións públicas, que concede a Asociación Finisterrae de Profesionais do Desenvolvemento Local de Galicia a proxectos e actuacións dirixidas ao desenvolvemento humano local realizados por concellos galegos de menos de 20.000 habitantes. A iniciativa, impulsada dende o departamento municipal de Urbanismo do Concello de As Pontes para lograr a máxima implicación da veciñanza á hora de elaborar un novo plantexamento urbanístico pontés, foi calificada polo xurado, coma un exemplo da involucración da sociedade nunhas das actividades máis relevantes do desenvolvemento local, como é a ordeación do territorio. Asemade, tal e como apunta o fallo do xurado, malia que o proxecto está aínda sen rematar, Idea As Pontes xa deu os seus primeiros resultados no tocante á gran participación cidadá e metodoloxía que se está a aplicar con esta iniciativa, dando lugar a un enriquecemento dos procesos democráticos na toma de decisións sobre o territorio. Finalmente, para a concesión deste premio, tamén se tivo en conta o importante papel das novas tecnoloxías á hora de desenvolver Idea As Pontes. De feito, é preciso subliñar que, ademáis dos diferentes obradoiros e encontros de traballo que Idea As Pontes estivo a desenvolver nestes últimos meses en todas as parroquias e barrios de As Pontes cos seus respectivos veciños; tamén existe unha web (www.ideaaspontes.com) na que os veciños e veciñas poden deixar os seus comentarios, impresións e ideas sobre o plantexamento urbanístico do municipio e ata cubrir unha enquisa para dar conta das necesidades do seu respectivo barrio. Entrega de premios Este mesmo sábado, día 26, ás 11.00 horas, farase entrega no Museo Pedagóxico de Galicia (Santiago de Compostela), tanto deste galardón coma do resto de premios concedidos pola Asociación Finisterrae de Profesionais do Desenvolvemento Local de Galicia. En representación do Concello de As Pontes está prevista a presenza do edil de Xestión Orzamentaria e Urbanismo, Antonio Alonso.

16/4/14

Axudas do programa Iniciativa Xove

Axudas do programa Iniciativa Xove A Consellería de Traballo e Benestar convoca axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola mocidade galega, que se desenvolvan durante o ano 2014. Prazo: 15 de maio de 2014 Requisitos:  Considéranse áreas de atención prioritarias que se desenvolverán mediante as iniciativas xuvenís as seguintes: a) Iniciativa Xove Emprendedora: proxectos que lle permitan á mocidade concretar as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade. b) Proxectos de fomento de actitudes creativas, innovadoras, participativas e de liderado da xuventude na súa comunidade e no seu contorno, así como de fomento da accesibilidade de mozos e mozas con discapacidade a actividades culturais e de lecer. c) Proxectos que permitan a participación en experiencias de educación non formal en distintos campos. d) Proxectos relacionados coa creación de espazos para a comunicación e coas novas tecnoloxías. e) Proxectos que fomenten a participación e a dinamización das mulleres novas galegas para que colaboren activamente na toma de decisións, na xestión e na execución desde o asociacionismo ou desde os grupos informais  Poderán solicitar a axuda: a) Os grupos informais de mozos e mozas que desexen realizar unha iniciativa xuvenil, e que deberán estar formados por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozas ou mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos b) As asociacións xuvenís e as entidades que lle presten servizos á mocidade que carezan de interese de lucro, e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións/ entidades que as conforman. As asociacións xuvenís e as entidades que lles presten servizos á xuventude e as súas respectivas federacións deberán estar inscritas no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado Dotación: Só se poderá presentar un proxecto por solicitante e o seu orzamento total non poderá ser superior a 4.000 €. Consellería de Traballo e Benestar Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado San Lázaro s/n. 3º andar 15781 Santiago de Compostela Teléfonos 981 544 866 / 981 957 057 enderezo electrónico institutoxuventude.ctb@xunta.es www.xuventude.net

15/4/14

Unha vintena de pequenos e pequenas participan nestes días nos obradoiros As Pontes Divertido 2014

O departamento municipal de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller abriron ontehoxe, unhas vacacións máis, o seus campamentos urbanos dirixidos á conciliación da vida laboral e familiar durante as vacacións neste caso, de Semana Santa. As Pontes Divertido 2014, que así se chama este espazo, desenvolverase ata o luns da vindeira semana nas dependencias do colexio da Magdalena e conta coa dirección dos monitores do espazo infantil Picariños. Unha vintena de pequenos e pequenas de entre 3 e 12 anos participan, nestes días, neste particular modo de pasar as vacacións de Semana Santa, divertíndose, aprendendo e, sobre todo, compartindo tempo con novos amigos e amigas; mesturando o lúdico coa aprendizaxe, con xogos e actividades moi participativas aptas para todo tipo de idades e cun eixo común: a animación á lectura e é que, nesta edición de As Pontes divertido traballarase en prol de lograr fomentar a afección á lectura dos máis novos. Durante estes catro días que duren estes campamentos, o programa será moi semellante ao que vivían estes pequenos e pequenas campistas, onte no seu primeiro día. Así, entre as 9.00 e as 10.00, os nenos e nenas van chegando ás dependencias da Magdalena, onde son recibidos polos monitores de Picariños. Unha vez instalados, tocaba iniciar os obradoiros, o primeiro da mañá adicado á animación á lectura. Non podía faltar un descanso para xogar no patio ou desfrutar da merenda, denantes de adentrarse na celebración da pascua e no segundo obradoiro da mañá: neste caso adicado á elaboración de coelliños de Pascua e para rematar a xornada nada mellor que facelo xogando e, por riba, aprendendo en valores.

11/4/14

As Pontes recaba firmas para evitar o peche da consulta de xinecología

O concelleiro de Servizos Sociais de As Pontes, José Alén, mantivo esta semana un encontro cos representantes das diferentes asociacións veciñais do pobo para incidir na demanda da súa colaboura nas xestións que está levar a cabo diante da decisión da Xunta de eliminar o servizo de xenecoloxía trala xubilación do seu actual titular. O Departamento que dirixe josé Alén atopou a colaboura de todas para a recollida de sinaturas que se dirixirán á Consellería de Sanidade esixindo o mantemento desta prestación, xunto coa restitución dunha segunda praza en pediatría, e a instalación do comprometido servizo de raios X. Ata o vindeiro día 28 en todos os edificios municipais e en todas as asociacións veciñais e sociais atoparanse os impresos para recoller sinaturas, iniciativa na que está garantido o compromiso de todo o movemiento asociativo pontés de cara a acadar o obxectivo de presionar a Sanidade para que atenda as demandas de solventar as graves carencias que se dan a nivel asistencial neste pobo canto ós servizos que debe prestar a Consellería de Sanidade. Debemos lembrar que o Concello pontés aprobou unánimemente unha declaración institucional na que se demanda a asunción do centro de saude, cumprindo así o compromiso adquirido neste senso pòla Xunta. Neste documento xa se contemplan as esixencias de mantemento dos actuais servizos sanitarios e as dotacións dunha nova pediatra e de radiodiagnóstico.

4/4/14

O Concello reúne aos colectivos de mulleres do municipio para trasladarlles a problemática que se atravesa no centro de saúde

O edil de Servizos Sociais, José Alén, anunciou durante esta reunión a intención de poñer en marcha unha recollida de sinaturas en contra da eliminación de servizos no Centro de Saúde de As Pontes As Pontes, 04 de Abril de 2014.- O Concelleiro de Servizos Sociais, José Alén, mantivo hoxe un encontro coas xuntas directivas dos colectivos de viuvas María Magdalena e das Amas de Casa de As Pontes, co fin de informalas sobre as xestións que se están a levar a cabo dende o cabildo pontés en relación á decisión da Xunta de Galicia de eliminar o servizo de xinecoloxía do Centro de Saúde de As Pontes, unha vez se xubile o seu actual titular. O edil deu a coñecer ás directivas presentes a declaración institucional asinada recentemente por todos os grupos políticos municipais e que se presentou o pasado 13 de marzo, en sesión plenaria, un texto xa remitido á Consellería de Sanidade e no que, ademáis do mantemento do servizo de xinecoloxía, dende o Concello de As Pontes se reclama a restitución da segunda praza de pediatría; a instalación dun servizo de raios X, - servizo xa comprometido tempo atrás polo goberno autonómico – e a asunción inmediata por parte da Xunta de Galicia do centro de saúde de As Pontes, segundo compromiso que a día de hoxe segue sen facerse efectivo, malia que o concello xa cumpriu cos trámites esixidos dende a Consellería de Sanidade. Segundo aclarou José Alén, esta declaración xa foi remitida ao departamento autonómico de Sanidade xunto cunha solicitude de reunión entre executivos local e autonómico, sen que día de hoxe se producise resposta algunha. Ante esta falla de solucións por parte do departamento que dirixe Rocío Mosquera, José Alén anunciou que o Concello ten previsto iniciar unha campaña de recollida de sinaturas na que pretende implicar a todo o tecido asociativo pontés, co fin de presionar á Consellería de Sanidade para que se atendan as demandas pontesas en materia sanitaria. A vindeira semana está previsto que se elabore o texto que encabece a recollida de sinaturas e que se inicien tamén os contactos cos colectivos veciñais para que, entre os seus socios, den conta da situación que se está a rexistrar no centro de saúde e toda a cidadanía pontesa amose a súa disconformidade coa política de recortes a nivel sanitario que se están a desenvolver dende o executivo autonómico.

1/4/14

O Concello creará dúas listas de agarda para os servizos de Obras e Limpeza

O Concello de As Pontes mantén aberto o prazo para a presentación de solicitudes dirixidas á creación dunha lista de agarda para a contratación temporal de persoal laboral, para os servizos de obras e de limpeza do concello. Esta lista de agarda ten como fin cubrir as necesidades transitorias destes servizos que se prestan dende o executivo local, mediante a contratación temporal para a cobertura de vacacións, baixas médicas ou excedencias. Este listado idearase mediante o sistema de concurso - oposición no que se valorará a experiencia laboral dos candidatos nun servizo similar, ata un máximo de 4 puntos, e tamén os coñecementos dos candidatos. Así, para as prazas de operario realizarase unha proba práctica eliminatoria, sobre as tarefas propias do posto de traballo e que abarcan campos coma a fontanería, a albanelería, a pintura, a carpintaría e cerralleiría, a electricidade, as medidas de seguridade no traballo, a sinalización de obras na vía pública, a protección e conservación das zonas verdes e os elementos do mobiliario urbano. No tocante á modalidade de limpadora, realizarase unha proba oral sobre os produtos de limpeza máis usuais; as técnicas, utensilios e maquinaria de limpeza; os diferentes tipos de suciedade e a súa limpeza; a organización do traballo de limpeza, a prevención de riscos laborais e as normas e precaucións para o almacenaxe de produtos de limpeza. Asemade, os candidatos a ámbalas dúas listas deberán ser de nacionalidade española ou dun estado da unión europea; ter cumpridos os 16 anos de idade; non padecer eiva física que impida o normal exercizo da función; non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente; non ter sido separado mediante expedente disciplinario doservizo do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración Local. No tocante ás solicitudes, éstas deberán presentarse no rexistro xeral do concello, onde tamén é posible consultar as bases desta lista de agarda. Asemade, tamén é posible acceder á páxina web municipal no enderezo www.aspontes.com para coñecer as bases deste proceso. BASES

Concello e Faepac asinan un acordo para a análise das facturas eléctricas municipais

O Concello de As Pontes vén de asinar un convenio de colaboración coa FAEPAC, a Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña, para a revisión e estudo da facturación eléctrica do Concello. A sinatura deste convenio, que terá duración de 1 ano, conleva a revisión da facturación eléctrica do Concello dos últimos 12 meses, e a tramitación das reclamacións polas facturas do último ano, unha vez que Gas Natural Fenosa xa recoñeceu que facturou de forma indebida. O convenio non suporá gasto algún para a entidade municipal. Unicamente, a FAEPAC recibirá unha porcentaxe do que a compañía Gas Natural Fenosa lle devolva ao Concello. A Fundación Axencia Enerxética Provincial de A Coruña, dá traballo a catro empregados, é un organismo autónomo con sede nas Pontes, dependente da Deputación Provincial da Coruña e co Concello de As Pontes como patrono.