30/8/13

O Concello de As Pontes destina máis de 200.000 euros a obras no casco urbano e no rural

As empresas Alija e Francisco Gómez y Cía. adxudicáronse dous proxectos que inclúen pavimentación, saneamento ou melloras no alumeado das zonas que se beneficiarán deste novo paquete de obras As Pontes, 30 de Agosto de 2013.- O Concello de As Pontes, en Xunta de Goberno, daba hoxe luz verde a dous novos paquetes de obras que suporán unha inversión proxima aos 220.000 euros e que incluirán dende traballos de pavimentación ata obras en sistemas de saneamento ou alumeado en diferentes puntos tanto do casco urbano coma do rural. Así o equipo que dirixe Valentín González Formoso, respaldaba a adxudicación á empresa tourense Francisco Gómez y Cía. dos traballos de pavimentación en Maciñeira e Chao dos Paces e do alumeado na rúa Cabanas. Estas obras foron adxudicadas por un total de 75.020 euros e forman parte do listado de obras adicionais do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña de 2012. Por outra banda, o goberno pontés destinará 142.250 euros aos traballos de renovación de redes de auga potable e saneamento nas rúas Neda, Fene, Ares, Rego do Campo, Acibido e Piñeiral; traballos que contan co respaldo económico do Fondo de Compensación Ambiental do exercizo en curso e que foron adxudicados, na sesión desta mañá, á empresa pontesa Alija.

26/8/13

A empresa pontesa Maren encargarase da rehabilitación da Escola das Campeiras por 95.000 euros

O goberno municipal adxudicou, o pasado venres, as obras de rehabilitación integral da escola unitaria do barrio das Campeiras por un total de 93.493,11 euros. Estes traballos, orzamentados nun inicio en case 120.000 euros e que contan co deseño do estudo arquitectónico local Compass, serán cousa da empresa local Maren e está previsto que arrinquen entre esta semana e a que ven, debendo estar rematados a finais de outubro. Deste xeito, o executivo pontés pretende recuperar un edificio que se convertirá na primeira escola de reciclaxe de toda Galicia e que ofrecerá obradoiros, cursos e actividades do máis diversas tanto para escolares coma para adultos. Así as cousas, con estas novas instalacións e mediante os servizos que se ofrecerán ao seu abeiro o que se busca por parte do goberno que dirixe Valentín González Formoso é formar e sensibilizar á cidadanía de todas as idades con respecto á importancia do reciclado correcto dos refugallos, co fin de fomentar o aforro no tratamento dos residuos sólidos no concello e o coidado do noso entorno. Unha vez restaurado este espazo, a súa xestión será cousa do Concello e tamén da asociación de veciños do barrio das Campeiras que traballarán conxuntamente para ofrecer tanto formación aos escolares coma ao público adulto nun campo tan importante como é o da reciclaxe e o coidado do medio ambiente.

Música punk, rock e tradicional déronse cita no primeiro aniversario da praia de As Pontes

A praia do lago non podía desexar mellor primeiro aniversario e é que a música, a festa, a diversión e ata os fogos de artificio congregáronse no areal pontés durante a fin de semana cun único fin: lograr que o primeiro ano deste areal non pasase desapercibido. Semella que o obxectivo do departamento municipal de Cultura, organizador do evento, estivo máis que logrado con dúas noites de algarabía que lograron reunir a un gran grupo de veciños e veciñas tanto de As Pontes coma de concellos da contorna que non quixeron deixar pasar esta festa. E é que as noites do venres e o sábado tocaba conmemorar por todo o algo este especial aniversario que arrincaba con atraccións gratuítas para pequenos e maiores e o posterior concerto da banda coruñesa Brothers In Band, un recital quecontou, nos seus primeiros minutos, co orballo da noite aínda que, finalmente, a chuvia respetaba este concerto e aos poucos minutos do seu inicio escampaba. Ducias de veciños e veciñas desfrutaron coa homenaxe do grupo que lidera Oscar Rosende aos míticos Dire Straits, con temas coma Money for Nothing, Sultans of Swing, Brothers in Arms ou Walk of Life nun concerto que pretendía servir coma homenaxe á xira On the night e na que a banda que lideraba Mark Knopler se despedía dos escenarios en 1992. O saxo de José Rodríguez, as guitarras e baixos de Antonio Abad, Pablo Gisbert e Fernando Abenza, a batería de Miguel Queixas, os teclados de José Vila e Iago Mouriño e a percusión de Rubén Montes fixeron as delicias do público presente que desafiou á xélida noite do venres para volver desfrutar deste grupo que suma xa cinco actuacións na nosa vila dende o inicio da súa carreira. Xa o sábado o programa de actividades ampliábase considerablemente con ata cinco actuacións nas que se mesturaron o punk, o rock, o ska, os ritmos tradicionais e a música electrónica a partes iguais nun macroconcerto que arrincanba coa charanga Vai Rañala Meu e coas súas versións de temas tan coñecidos coma O Caneco. E do entorno do lago ao escenario que se habilitaba neste espazo onde actuaron os ponteses Bourbon Queen que, repetía concerto e tamén localización, xa que, semanas antes o grupo pontés xa experimentaba o que era actuar neste areal coa súa colaboración no II Pantín Xtreme de Kayaksurf e Waveski. Música rock e blues propia dos 70 integraron novamente o repertorio desta formación local. Tamén tivemos presenza de fóra de Galicia neste primeiro aniversario do lago e cun grupo que foi todo un descubrimento como son Txarango que aterraban en terras pontesas dende Barcelona para presentar o seu último traballo:Benvinguts al llarg viatge e no que volvían dar conta dos sons que tanto éxito reportaron a este grupo que tan só conta con tres anos de vida, sobre os escenarios. O pop e a música latina xunto cos compases máis divertidos e festeiros tomaron o escenario da praia e tamén as almas do público presente que vibrou ao son e retrousos desta banda catalana. Pero neste espectáculo non podían faltar os fogos de artificio que, de madrugada, alumeaban o ceo da praia do lago nun espectáculo pirotécnico ao son das inconfundibles Tubular Bells de Mike Oldfield. E tras deste parón regresaba a música ao escenario da praia coma música vida dende Catoira do grupo de gastropunk Terbutalina. Sons duros e divertidos con letras ateigadas de humor e guitarras do máis punteiras fixeron que a reanudación da Festa do lago fose todo un éxito. Como fin de festa, contouse coa participación do dj asturiano Pimp que se encargaba de protagonizar unha sesión musical na que mesturaba o hip hop, o funk, o jazz e ata os sons máis electrónicos nun concerto que serviu para despedir este primeiro aniversario da praia do lago e que tan só se pode resumir cunha verba: éxito.

23/8/13

MÚSICA E UNHA SESIÓN DE FOGOS DE ARTIFICIO CONMEMORAN O ANIVERSARIO DA PRAIA DE AS PONTES ESTA FIN DE SEMANA

A praia de As Pontes está a piques de celebrar o seu primeiro aniversario de apertura ao público e data tan relevante non podía pasar desapercibida. De ahí que dende o Concello de As Pontes, coa dirección do departamento municipal de Cultura, se apostase por organizar unha festa por todo o alto para esta mesma fin de semana. E é que, dende hai un ano, o areal pontés é todo un atractivo turístico non só para que os veciños e veciñas de As Pontes desfruten das súas augas, senón tamén para visitantes doutros concellos e ata comunidades autónomas e iso é motivo máis que de celebración para unha aposta turística que se está a converter en todo un éxito. De feito, tal día coma hoxe pero de 2012 moitos ponteses e pontesas se achegaban ata a praia do lago para meter, por primeira vez, os seus pés nas súas augas e desfrutar da festa de apertura deste atractivo espazo natural. De seguro que tamén esta fin de semana, moitos e moitas desfrutarán tanto das augas do Eume, do Carracedo ou do Meidelo e do programa musical que servirá para conmemorar esta data. Pasado mañá teremos a primeira das actuacións deste aniversario, co concerto na praia do grupo homenaxe a Dire Straits Brothers in Band. A formación coruñesa traerá ata As Pontes os ritmos e pezas máis coñecidas da banda que lideraba Mark Knopler nun concerto gratuíto que arrincará ás 22.00 horas. E o sábado tamén haberá música pero cunha mestura de diferentes xéneros que van dende a música disco ata os sons máis punk, os ritmos galegos ou incluso a música ska. Tamen a noite do sábado as 12:30 pecharase cun espectáculo pirotécnico , tratase dunha espectacular montaxe de fogos artificiais e música ofrecida a todos aqueles que participen do programa festivo que conmemora a inauguración deste senlleiro espazo de lecer. Ás 21.00 horas arrincará este peculiar concerto que se abrirá coa actuación da Magnifique Band dos Homes Sen Medo que, dende a súa fundación no 2007, percorren as cidades galegas mesturando estilos tan dispares coma o jazz, o dixie, o rock ou o funky. Todo isto aderezado con humor , coreografías disparatadas e logrando a participación do público en ada unha das súas actuacións. Posteriormente, subirán ao escenario os ponteses Bourbon Queen que levarán aos presentes aos sons dos anos 70 nunha actuación na que o blues e o rock duro desta década serán os protagonistas. E de As Pontes a Barcelona porque tamén teremos na festa do lago ao grupo catalán Txarango que dará conta do bo resultado da fusión da música latina, o pop e o funk no areal pontés. Tamén estarán en As Pontes os máximos representantes do gastropunk galego, Terbutalina, que dende Catoira virán á nosa vila a presentar os divertidos temas e letras que inclúen en traballos coma Live in Catoria, Ritmo Serbio ou Hostias para todos. E como fin de festa toca escoitar os ritmos máis discotequeiros e populares deste verán da man do dj xixonés Pimp que mesturará esas cancións que máis se escoitan en todas as discotecas con sons coma o hip hop, o jazz, o electro e ata o rock. Así se pechará a noite do sábado que, de seguro, será toda un festa tal e como se merece unha data tan sinalada.

O executivo local ven de iniciar as obras de acondicionamento e mellora dos polideportivos de A Fraga e Monte Caxado.

As obras que se acometen nos dous pavillóns de deportes suman case 100.000 euros de inversión, cunha aportación do cen por cen das arcas municipais no caso da Magdalena, e recorrendo a unha subvención da Deputación da Coruña para o 95 % da de Monte caxado. No polideportivo da Magdalena vaise proceder a trocar a pista de xogo, o que se sumará á recente construcción dunha nova pista polideportiva no exterior. A obra de Monte Caxado inclúe unha reforma integral para mellorar os vestiarios e facer unha oficina e un almacén. Como maior novidade, vaise dotar tamén dunha sala de formación. Ámbalas dúas obras corren a cargo de empresas locais: GOAC e Contruccións Canosa.

21/8/13

A Casa do Mel conmemorará a súa primeira década de actividades cunha Festa Abelleira

O Concello de As Pontes respaldará as diferentes actividades deste aniversario que contará con charlas apícolas, exposicións e un xantar popular. As Pontes, 21 de Agosto de 2013.- A Casa do Mel de Goente está de noraboa e é que, neste 2013, celebra a súa primeira década de vida, un aniversario que é necesario conmemorar e por todo o alto. De ahí que dende a propia dirección destas dependencias xunto coa Asociación Galega de Apicultura e o respaldo do Concello de As Pontes, se decidise por organizar unha xornada adicada á conmemoración desta primeira década de actividades apícolas na parroquia pontesa. Así para o vindeiro 1 de setembro estase a idear un interesante programa de actividades que levará por título Festa Abelleira e na que non faltarán as charlas sobre apicultura, diferentes degustacións de produtos apícolas, un xantar popular e ata a presentación ao público do novo aspecto deste espazo, tralas obras de remodelación destes últimos meses. De feito, a Casa do Mel de Goente conta, neste momento cunha nova entrada lateral, que permite separar a zona de museo e venda de produtos das áreas de extracción e envasado do mel; un novo salón de actos e unha nova sala de extracción e envasado do mel. Asemade, nestes traballos que supuxeron unha inversión de 28.000 euros, tamén se incluiu a compra de mobiliario e a renovación da tenda apícola, ao que se sumará unha nova cuberta de madeira para a entrada lateral. Ante tantas novidades, nada mellor que ofrecer nesta festa un intenso programa de actividades co fin de inaugurar estas instalacións do xeito que merecen. Así, o primeiro de setembro, ás 10.00 horas, terá lugar unha charla sobre a importancia da abella na polinización, que virá seguida dunha disertación sobre a prevención de riscos na apicultura. Tras unha pausa ás 12.00 horas, para degustar diferentes produtos apícolas terá lugar, ás 12.30 horas, unha mesa redonda sobre os 15 anos de Aga Eume e o décimo aniversario da Casa do Mel, co seu presidente Manuel Ferreira coma protagonista. Á unha da tarde inaugurarase esta remozada Casa do Mel e xa ás 14.30 hroas terá lugar un xantar para o que é preciso anotarse telefonando ao 661 003 616, denantes do vindeiro domingo día 25 Asemade durante a xornada tamén será posible visitar o museo da Casa do mel, facerse con algún dos produtos que se ofertan neste espazo ou incluso visitar unha exposición de cestería que tamén permanecerá instalada na Casa do Mel durante este primeiro de setembro.

A PRAIA DE AS PONTES CONMEMORA O SEU PRIMEIRO ANO DE APERTURA CON VARIOS CONCERTOS PARA A FIN DE SEMANA

A praia de As Pontes está a piques de celebrar o seu primeiro aniversario de apertura ao público e data tan relevante non podía pasar desapercibida. De ahí que dende o Concello de As Pontes, coa dirección do departamento municipal de Cultura, se apostase por organizar unha festa por todo o alto para esta mesma fin de semana. E é que, dende hai un ano, o areal pontés é todo un atractivo turístico non só para que os veciños e veciñas de As Pontes desfruten das súas augas, senón tamén para visitantes doutros concellos e ata comunidades autónomas e iso é motivo máis que de celebración para unha aposta turística que se está a converter en todo un éxito. De feito, tal día coma hoxe pero de 2012 moitos ponteses e pontesas se achegaban ata a praia do lago para meter, por primeira vez, os seus pés nas súas augas e desfrutar da festa de apertura deste atractivo espazo natural. De seguro que tamén esta fin de semana, moitos e moitas desfrutarán tanto das augas do Eume, do Carracedo ou do Meidelo e do programa musical que servirá para conmemorar esta data. Pasado mañá teremos a primeira das actuacións deste aniversario, co concerto na praia do grupo homenaxe a Dire Straits Brothers in Band. A formación coruñesa traerá ata As Pontes os ritmos e pezas máis coñecidas da banda que lideraba Mark Knopler nun concerto gratuíto que arrincará ás 22.00 horas. E o sábado tamén haberá música pero cunha mestura de diferentes xéneros que van dende a música disco ata os sons máis punk, os ritmos galegos ou incluso a música ska. Ás 21.00 horas arrincará este peculiar concerto que se abrirá coa actuación da Magnifique Band dos Homes Sen Medo que, dende a súa fundación no 2007, percorren as cidades galegas mesturando estilos tan dispares coma o jazz, o dixie, o rock ou o funky. Todo isto aderezado con humor , coreografías disparatadas e logrando a participación do público enc ada unha das súas actuacións. Posteriormente, subirán ao escenario os ponteses Bourbon Queen que levarán aos presentes aos sons dos anos 70 nunha actuación na que o blues e o rock duro desta década serán os protagonistas. E de As Pontes a Barcelona porque tamén teremos na festa do lago ao grupo catalán Txarango que dará conta do bo resultado da fusión da música latina, o pop e o funk no areal pontés. Tamén estarán en As Pontes os máximos representantes do gastropunk galego, Terbutalina, que dende Catoira virán á nosa vila a presentar os divertidos temas e letras que incluen en traballos coma Live in Catoria, Ritmo Serbio ou Hostias para todos. E como fin de festa toca escoitar os ritmos máis discotequeiros e populares deste verán da man do dj xixonés Pimp que mesturará esas cancións que máis se escoitan en todas as discotecas con sons coma o hip hop, o jazz, o electro e ata o rock. Así se pechará a noite do sábado que, de seguro, será toda un festa tal e como se merece unha data tan sinalada.

20/8/13

O Concello de As Pontes adxudica medio millón de euros en obras correspondentes ao POS 2013

Os traballos que ven de adxudicar o executivo local afectarán ao casco urbano e tamén a zonas nas parroquias do municipio pontés As Pontes, 20 de Agosto de 2013.- O Concello de As Pontes aprobou en Xunta de Goberno Local unha serie de obras orzamentadas en case 500.000 euros. Esta cantidade servirá para diversas actuacións tanto no casco urbán coma na zona rural, enmarcadas no Plan de Obras e Servizos de 2013. A maior contía destinarase á pavimentación de varios viais municipais. Será en Roidiz, A Faeira, A Cruz, A Cabana, e Pedrafita, neste último caso afrontando a primeira fase. O orzamento co que vai facer estas melloras a empresa Francisco Gómez e Cía quedou en 128.260 euros. Construccións Canosa contará con 118.424 euros para executar o portal de entrada ao lago de As Pontes. Así mesmo corresponderalle a mellora de servizos e pavimentos do Poboado da Fraga (II Fase), para o que dispón de 100.240 euros e tamén executará melloras no pavimento e alumeado da rúa Ramón Cabanillas por 52.894,88 euros. Finalmente, Terra Medioambiente acometerá os traballos de novo alumeado no Rego do Muíño e aglomerado das pistas de A Rega e Pena de Francia (I Fase), obras que se adxudicaron por 50.000 euros.

19/8/13

Unha trintena de parellas participan no I Open de Volei Praia Lago de As Pontes

Nova proba deportiva coa praia e o lago de as pontes como escenario a que puidemos desfrutar esta pasada fin de semana e cunha gran afluencia tanto de público coma de participantes porque, por primeira vez, As Pontes era sé dunha das probas do Circuito do Barbanza de Volei Praia; unha competición que trouxo ata a nosa vila este deporte. Dende o Concello, mediante o departamento municipal de Xuventude, decidíase apostar por poñer en marcha esta proba que logrou unha alta participación con un total de 30 parellas, nas categorías tanto masculina coma feminina que, ata onte, lograron captar a atención de moitos visitantes e veciños que decidiron achegarse ata o areal pontés para dar un paseo, tomar un refresco e desfrutar, asemade, desta modalidade deportiva non moi coñecida na nosa vila. De feito, a nosa vila estreábase nun circuíto que ben de cumprir trece anos de vida e que conta cun total de cinco probas, que se desputarán en diferentes areais de Boiro, ademáis de As Pontes ou a Pobra do Caramiñal. Na mañá do sábado e ben cedo, contra das 10, arrincaban as primeiras eliminatorias que se desenvolveron ata entrada a tardiña, a un set de 21 puntos, e xa o domingo se deixaba paso ás rondas finais con partidos máis longos, de tres sets, e cos grandes favoritos da competición coma protagonistas. Así na final masculina, enfrontábanse David e Edu do Ourense Voley Praia, contra a parella valenciana integrada por Vito e Sento con victoria final para os ourensans. Completaban a clasificación masculina Carlos e Rafa, no terceiro posto. Namentras, en categoría feminina as grandes vencedoras foron Nuria e María que derrotaron na final á parella do Barraña Volley Praia Rebeca e María; terceiras remataban as irmáns Ania e Pachi do Ourense Voley Praia. Os concelleiros de Xuventude e Obras, Jesús Tembrás e Antonio Lourés, respectivamente, foron os encargados de presidir a entrega de premios final aos gañadores deste primeiro open de volei praia pontés

14/8/13

O torneo de pádel X3 abre o seu prazo de inscrición para a súa terceira edición

As Pontes volverá albergar nuns días a xiareiros do deporte do pádel de toda a comarca e é que, por terceiro ano consecutivo, as pistas da Canle IV acollerán o torneo X3, unha cita xa clásica no mes de setembro que se consolida ano tras ano e que volverá demostrar o gran atractivo desta modalidade deportiva na nosa vila. A competición desenvolverase entre os días 8 e 15 de setembro, nas categorías de 2ª, 3ª e 4ª masculina; 2ª e 3ª feminina e 2ª e 3ª mixta, ademáis de en Primeira. O máximo de parellas será de 16 por categoría e garantiranse un mínino de dous partidos por anotado. O prezo das inscricións é de 15 euros por categoría e de 25 euros se se trata de dúas categorías, sendo necesario anotarse denantes do 5 de setembro, telefonando ao 689 294 963 e 677 643 766, mediante a páxina mistorneosonline.com ou no espazo de Facebook deste torneo. Con respecto aos premios, está previsto que se repartan premios económicos de ata 250 euros, para as parellas de primeira, namentras que o resto de xogadores poderán competir por vales de compra en material deportivo por valor de ata 160 euros e agasallos deportivos. O Concello de As Pontes, mediante o departamento municipal de Deportes, xunto co clube Padel Eume Matojoma, La Voz de Galicia, Seguros Matojoma, Óptica Carmela, Nexo Veterinarios, Gegúndez Sport, Lecar, Grafigal, María Barcia, Coca Cocal, Deportes Equipa, Huso 29, Talos, A Fundación e Galiorient e Montero serán os encargados de patrocinar esta cita deportiva.

RESULTADOS XTREME PATIN

Iván Pena nos envia los resultados completos de Xtreme Pantín, donde los grandes favoritos: el frances Nathan Lebars, el vasco Edu Etxeberria... entre otros han dominado las finals. El premio Best Wave ha sido para Nathat Lebarns El Grupo Xuvenil ha obtenido unos grandes resultados, obteniendo el 2º puesto en la clasificación por equipos solo superados por el potente equipos vasco del Nautico de San Sebastián. Dos componentes del Xuvenil se han colado en las finales, Edu Perez con un 3º puesto en Sit on Top e Ivan Pena con un 4º puesto en Kayak IC. Además Dani Perez se ha llevado el premio Onda Brava, que premia la mejor ola de un deportista gallego. RESULTADOS

13/8/13

O Circuíto do Barbanza de Volley Praia chega esta fin de semana á praia do lago de As Pontes

A praia do lago está a ser o escenario perfecto para a celebración de múltiples actividades deportivas e por suposto lúdicas, e proba delo son os campionatos de vela ou de piraguismo que tiveron lugar na nosa vila estes meses pasados ou a nova actividade que, esta fin de semana, ateigará de público o areal pontés. Trátase da terceira proba de volley praia, incluída no Circuíto do Barbanza, e que, durante todo este mes de agosto se desenvolverá en varios areais galegos. Boiro, A Pobra do Caramiñal e As Pontes serán os tres escenarios que albergarán esta cita deportiva, a XIII xa que se organiza con este deporte como eixo central e coa que, este verán, quixo colaborar o propio concello pontés. O primeiro Open Praia Fluvial de As Pontes organizado polo departamento de xuventude do Concello de As pontes acollerá así, os vindeiros días 17 e 18 de agosto, o relevo da Praia de Barraña en Boiro, e traerá ata a nosa vila a diferentes parellas tanto de categoría masculina coma feminina, parellas que aínda están a tempo de anotarse xa que non será ata o xoves cando se peche o prazo de inscrición. Cada equipo deberá aboar 20 euros en concepto de inscrición podendo, deste xeito, competir por lograr diferentes premios económicos e que irán en función da cifra de anotados en cada categoría. Para inscribirse é necesario telefonar ao 629 82 49 57 ou ben enviar un correo electrónico cos datos dos participantes ao enderezo circuitobarbanzavoleyplaya@hotmail.com. No tocante ás normas da competición, todo o torneo se xogará ao mellor dun set de 21 puntos con diferenza de dous, a excepción das semifinais e finais que serán ao mellor de tres sets, tamén de 21 puntos. Os horarios e emparellamentos daranse a coñecer este mesmo venres, mediante a páxina de facebook deste circuíto barbanza de voley praia ou ben a traverso da web www.circuitobarbanzavoleyplaya.blogspot.com, onde tamén é posible atopar toda a información sobre esta novidosa cita deportiva.

A Carreira da Muller da Coruña contará coa presenza de máis de 150 veciñas de As Pontes

153 mulleres pontesas anotáronse xa na 1ª Edición da Carreira da Muller da Coruña, que se vai celebrar o vindeiro 22 de Setembro. A competición ten un carácter solidario, e é que parte dos fondos que se recaden se destinarán á loita contra o cancro de mama. Dende As Pontes nada máis coñecerse a convocatoria desta proba o Clube de Atletismo Olympo tomou a iniciativa de presentarse como asociación de mulleres facendo un chamamento público a todas as mulleres das Pontes e iniciando adestramentos enfocados a distintos niveis. Na Carreira da Muller poderán participar todas aquelas mulleres maiores de 12 anos que o desexen, sempre e cando estean correctamente inscritas, tanto en tempo como en forma. De feito, o prazo de inscrición estará aberto ata o día 18 de Setembro ou no intre no que se chegue ás 3.000 corredoras e prezo da inscrición é de 8 euros por corredora que se aboarán no momento de apuntarse tanto nos puntos de inscrición como tamén na páxina web da carreira. No caso de As Pontes, o Clube de Atletismo Olympo xestiona as inscricións das mulleres que así o desexen, debendo unicamente as interesadas achegarse ata Opticalia, a óptica da Avenida de Galicia, e cubrir alí a correspondente folla de inscrición. Poderase participar nas categorías individuais, ou por equipos. No caso do Olympo a inscrición é na categoría de asociacións de mulleres Dende As Pontes sairán o domingo 22 de Setembro, sobre as oito da mañá, os autobuses necesarios para traslar ás participantes ata a cidade herculina. A proba comezará ás dez da mañá na Praza de María Pita, e o tempo máximo para completar o percorrido de cinco quilómetros será de unha hora e media. O percorrido completo poderase consultar na páxina web www.carreradelamujer.com. Dende o Clube de Atletismo Olympo non queren deixar escapar esta oportunidade, este intre no que tantas veciñas se están apuntando a camiñar ou correr e xa se barallan novas actividades para o outono-inverno. Para calquera consulta relativa ao clube de atletismo Olympo poden consultar o blog atlestismoolympo.wordpress.com ou ben contactar coa dirección desta entidade mediante o seu espazo en facebook.