27/9/12

As Pontes conmemora o Día Internacional da Arquitectura cunha charla, exposicións e un ciclo de cine

• O Poboado das Veigas e os barrios xardín son os grandes protagonistas das actividades ideadas dende o departamento municipal de Urbanismo O Concello de As Pontes conmemorará o vindeiro 1 de outubro o Día Mundial da Arquitectura mediante un programa de actividades integrado por exposicións, unha charla e varias proxeccións cinematográficas. A iniciativa, posta en marcha pola concellería de Facenda, Urbanismo, Patrimonio e Contratación, conta tamén coa colaboura da delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia que este ano decidiu adicar o Día Mundial da Arquitectura á arquitectura coma axente transformador da cidade e creador de cidade. O edil Antonio Alonso subliñou a relevancia desta conmemoración que, por primeira vez se celebra en As Pontes, e que terá como eixo central o concepto arquitectónico das cidades xardín. Neste senso, Alonso anunciou que esta celebración contará co Poboado das Veigas coma exemplo deste tipo de deseños. Así as cousas, o vindeiro luns ás 19.00 horas nas dependencias da Casa Dopeso o profresor Xosé Lois Martínez ofrecerá unha conferencia aberta a todo o público sobre os barrios industriais e a historia urbana de As Pontes, que virá seguida, xa ás 20.00 horas, da inauguración da mostra “O Poboado das Veigas na historia urbana de As Pontes”, exposición que permanecerá na sala do Mercado Vello ata o 3 de novembro e que foi realizada pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. A xornada tamén incluirá unha visita ao Poboado de As Veigas. A programación deste Día Internacional da Arquitectura completarase con varias películas nas que se plasma a estructura dunha cidade xardín. De feito, para o 6 de outubro está previsto que se proxecte no Auditorio Municipal Alovi, dende as 20.00 horas, o filme Las Horas de Stephen Daldry. Xa para o día 13 de outubro e no mesmo horario e localización escolleuse o éxito de Peter Weir El Show de Truman, para o día 20 está prevista a exhibición de Mulhollan Drive de David Lynch e, finalmente, o sabado 27 de outubro terá lugar a proxección de Revolutionary Road, de Sam Mendes tamén ás 20.00 horas. Estas longametraxes serán de acceso totalmente gratuíto para todo o público que desexe desfrutar das mesmas, de ahí que o edil Antonio Alonso quixese tamén animar ao público a participar nestas proxeccións e nos diferentes actos que, por primeira vez, se organizan en As Pontes con motivo deste Día Internacional da Arquitectura.

26/9/12

IV Concurso de Tapas

O maxistrado-xuíz do Xulgado de menores número 1 de Granada, Emilio Calatayud visitará As Pontes esta fin de semana

O maxistrado-xuíz do Xulgado de menores número 1 de Granada, Emilio Calatayud visitará As Pontes esta fin de semana, atendendo así o chamamento do Departamento Municipal de Xuventude, que dirixe o concelleiro Jesús Tembrás. O tamén escritor e avogado ofrecerá dúas conferencias, tanto para o público adolescente coma para o adulto, que terán como eixo central os dereitos e deberes dos menores, por un lado, e o cambio na educación nestas últimas décadas. A iniciativa, que parte do departamento municipal de Xuventude, desenvolverase o venres e mailo sábado nas dependencias do auditorio municipal alovi ás 12 do mediodía. Así as cousas, o afamado xuíz do xulgado de menores número 1 de Granada ofrecerá o venres 28 unha charla para os menores que levará por título "Debemos conocer también nuestros deberes, dirixida a alumnado de 3º e 4º de educación secundaria e bacharelato e que terá como eixo central non só os dereitos dos máis novos senón tamén os seus deberes, como o obedecer e respectar aos seus proxenitores namentras permanezan baixo a súa potestade. Xa o día 29 Emilio Calatayud ofrecerá unha segunda conferencia aberta a pais, educadores, formadores e público en xeral e que levará por título La educación en España: de un extermo al opuesto. Na súa disertación, o experto analizará o cambio do sistema de educación dende a etapa preconstitucional á postconstitucional, unha gran transformación xa que do proxenitor autoritario pasouse a aquel que pretende ser amigo e colega dos menores, un cambio moi radical ao pasar dun extremo ao outro, sendo preciso poñer un límite claro e razoable aplicando o principio de autoridade para que cada un cumpra as súas funcións. O maxistrado é coñecido polas súas peculiares resolucións xudiciais que deixan sentencias exemplares como que un delincuente informático imparta 1000 horas de clases de informática a estudantes, 100 horas de servizos comunitarios patrullando coa policía municipal por conducir sen permiso e de xeito temerario ou traballar co servizo de bombeiros por queimar contedores do lixo. Asemade, ás súas costas Emilio Calatayud conta cun impresionante currículum que inclúe diversas publicacións e conferencias por diferentes puntos do país.

Goente volverá acoller o vindeiro domingo 14 de outubro a Feira do Queixo e do Mel

Goente volverá acoller o vindeiro domingo 14 de outubro a Feira do Queixo e do Mel, unha aposta que nacera da man do Concello de As Pontes e a asociación Casa do Mel, no 2.009, coa colaboura das asociacións veciñais da zona, co común obxectivo de promocionar estes dous produtos locais. A organización de este evento gastronómico, que cumpre a cuarta edición, conta con volver reunir por riba das mil persoas para la degustación popular, logo de que cada ano aumentase a participación no evento. O programa de actos arrancará ás 11 da mañá para o público, se ben, denantes xa estará a dirimirse o concurso de receitas con mel. Será, xa que logo, ás 11 cando se abran ó público os vinte postos de mel, queixo, artesanía e dóces , ademais de varias exposicións, de motos históricas, de maquinaria agrícola e forestal, de artesáns, e de cardado e fiado, esta última a cargo da Asociación de mulleres rurais de Cabanas. O pregón, a cargo do alcalde da Capela, Manuel Meizoso, será ás doce do mediodía. O xantar popular mantén o prezo do ano pasado, cos tikets a 15 euros, que poden recollerse xa. O prato inclúe churrasco, freixós requeixo e mel, ademais dos consabidos pan e viño. Para aqueles que non queden comer, pero queiran disfrutar dunha degustación dos produtos promocionados nesta cita, estarán á venda vales para unha merenda con queixo, mel, requeixo e freixós, por un prezo de 3 euros. O programa reanúdase, logo da comida, coa apertura dos xogos tradicionais abertos á participación de nenos e maiores, a actuación dun grupo teatral, ása cinco , e unha degustación de melea ás seis da tarde. Ás sete xa se fará a entrega de premios dos concursos de receitas e de mellores meles, e o último acto incluído no programa xa será a actuación do grupo musical Fusión, a partir das oito. Os máis pequenos van contar este ano con actividades durante toda a xornada, podendo participar en obradoiros de cera, e de barro, ademais de nos mentados xogos tradicionais. A cita gastronómica de Goente volve este ano ir ligada a outro clásico, a celebración do concurso de receitas con mel da Casa do Mel e con queixo de A Faeira. No concurso poderán participar todos os profesionais e particulares interesados, sexan ou non residentes en As Pontes. Haberá dúas modalidades, unha de pratos salgados e outra de repostaría, que se presentarán acompañados dos datos persoais e a receita completa. Todos os participantes recibirán un agasallo e o primeiro premio de cada categoría gañará un lote de produtos da Casa do Mel e Queixerías do Eume.

As Pontes será este ano a localidade anfitriona da celebración no Día internacional da arquitectura.

A Delegación de Ferrol do colexio de arquitectos escolleu o Poboado das Veigas como exemplo dunha intervención que amosa o significado do lema deste ano.O arquitecto como axente transformador da cidade e, mesmo en xerador de cidade. O vindeiro luns, día 1 de Outubro, farase unha visita ó Poboado das Veigas e inaugurarase unha exposición sobre o propio vello poboado de Endesa, elaborado polo departamento de urbanismo da Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña. Tamén se impartirá una charla a cargo do profesor Xose Lois Martinez, a partir das sete da tarde no Edificio Cultural Doutor Dopeso. Unha hora despois, ás oito inaugurarase a Exposición na sala do Mercado Vello. Pasados os actos do día 1, aínda teremos novas convocatorias neste mesmo mes de outubro, os días 6, 13, 20 e 27, desenvolverase un ciclo de cine no Auditorio Municipal coas seguintes proxeccións: As Horas. de Stephen Daldry. do 2002; O Show de Truman, rodada por Peter Wier no 1998; Mulholland Drive, de David Lynch, e do 2001,e por último, Revolutionary Road, de Sam Mendes, e do 2008.

Servizos Sociais desenvolve o programa os Almorzos no Cole un curso máis na Fraga e a Magdalena

O executivo local volve respaldar con 12.000 euros un programa que axuda á conciliación da vida laboral e familiar e que tamén fomenta os bos hábitos alimenticios As Pontes, 26 de Setembro de 2012.- A Concellería de Servizos Sociais e Participación Cidadá, de As Pontes, volveu apostar este curso polo programa Almorzos no Cole, unha iniciativa que axuda a conciliar a vida laboral e familiar durante as mañás do curso escolar, xa que permite que pais e nais leven aos seus nenos unha hora denantes do inicio das clases ao centro educativo para desfrutar dun nutritivo almorzo, tranquilo, sen présas e coa compaña dos seus amigos. O executivo local destinou, neste curso, 12.000 euros a este programa que se está a desenvolver conxuntamente coas asociacións de pais e nais dos colexios A Magdalena e A Fraga, que se encargan de preparar estes almorzos e do coidado dos nenos e nenas que participan de luns a venres nos mesmos. Un esforzo importante e que agradecen dende o departamento que dirixe José Alén xa que, tal e como subliñou o edil, "Temos que agradacer a implicación de toda a comunidade educativa, pero especialmente das Anpas, sen as que estes Almorzos no Cole non poderían levarse a cabo". O edil anunciou que a intención do executivo local pasa por continuar con esta liña de programas en prol do benestar social e da conciliación laboral e familiar, iniciativas que, tal e como subliñou José Alén, seguirán a ser un dos eixos centrais do seu traballo durante a lexislatura. Alén non só deu conta do positivo deste programa para as familias senón tamén para os máis novos que desfrutan de almorzos do máis variados, sans e completos. que lles permiten contar con forza e enerxía durante toda a xornada e tamén cultivar bos hábitos de alimentación. O concelleiro supervisou persoalmente a boa marcha desta iniciativa con senllas visitas aos dous centros onde se está a desenvolver este programa e que sufraga integramente o seu departamento e compartiu cos pequenos e pequenas esta primeira comida do día. De feito, a súa primeira parada foi co arranque da xornada no colexio da Fraga onde ás 8.00 horas comezaban estes almorzos nos que participan unha decea de nenos diariamente que desfrutan, dende hai tres cursos, de leite con cacao, tostadas con manteiga e marmelada, zume natural, galletas e cereais. A segunda parada da visita de José Alén foi no centro da Magdalena onde este programa cumpre xa cinco edicións, e con incremento de usuarios, ano tras ano, e é que, a día de hoxe hai unha media de 16 nenos por xornada, que a diario desfrutan de zume natural, froita, leite e un boliño de pan con fiambre, menú que vai variando cada día xa que tamén inclue iogures, batidos, cereais ou torradas. Malia non compartir menú, tanto os pequenos e pequenas da Fraga coma da Magdalena si que contan con hábitos semellantes xa que, unha vez rematado o almorzo, toca recoller os pratos e cubertos, lavar os dentes e aproveitar os minutos previos ao inicio das clases xogando, lendo ou pintando, sempre baixo os atentos coidados das nais e pais que se encargan de xestionar diariamente este programa.

25/9/12

Este venres poderemos ver, nunha exposición pública, o resultado do proxecto audiovisual Rotopala.

A partir das oito do serán proxectaranse no Salón de Actos da Casa Dopeso, as curtametraxes resultantes do obradoiro de videocreación “Proxecto Rotopala”, realizado ao longo dos meses de Agosto e Setembro, respectivamente, na nosa vila e na polaca de Konin. Esta aventura conxunta pretende contrastar o patrimonio industrial das dúas vilas mineiras. O proxecto foi organizado pola Plataforma na defensa do patrimonio de As Pontes, co apoio do INJUVE, e impartido pola pontesa Sabela Pernas, reputada profesional do Audiovisual galego, encabezando un equipo no que tamén estiveron outra pontesa, a especialista en Psicoloxía Ana Seijo, e unha Licenciada en Belas Artes e Fotografía, Sol Álvarez. O mes pasado, ó longo de quince días, desenvolveuse nas Pontes un obradoiro de videocreación dirixido a rapaces de entre 13 e 30 anos, tendo como tema o traslado de dúas rotopalas pontesas á mina de Konin. Deste obradoiro saíron cinco historias sobre “Carmen” e “Dolores” , que foron os nomes cos que bautizaron no seu destino da mina de Konin ás rotopalas. Neste mesmo mes de Setembro esas historias foron rematadas por outros tantos mozos e mozas de Konin, dando como resultado cinco creacións audiovisuais internacionais, de autoría compartida. A proposta tivo moi boa acollida en Polonia e o Club Amateur de Cineastas “Muza” da KDK (Casa da Cultura de Konin), dirixido por Andrzej Moś, involucrouse no proxecto con moito interese. Baixo o lema “pensar global, actuar local” que promove o programa Xuventude en Acción, as obras audiovisuais serán o resultado máis visible do proxecto. Pero a cousa non vai quedar aí, pois nunha segunda fase, xa se pretende crear un espazo de reflexión e analisar as semellanzas e diferenzas entre dous encraves mineiros que están a atravesar diferentes fases do mesmo proceso, aínda no de desenvolvemento no caso de Konin e xa de reconversión no caso pontés. Un dos aspectos que está a resultar máis interesante é a proposta por parte dos polacos de establecer un intercambio dos materias de arquivo de ambas vilas para crear un fondo fílmico que poderá ser empregado en proxectos futuros. O obxectivo final do proxecto é que a xuventude consiga ver doutro xeito a súa paisaxe máis próxima e cotiá, permitindo reflexionar e poñer en valor o patrimonio industrial das súas vilas. O venres a partir das oito do serán, e en Casa Dopeso, poderemos ver as cinco creacións audiovisuais que, logo de comezaren aquí en As pontes, ao seren finalizadas en Konin convertiranse en producións internacionais de autoría compartida. As responsables deste proxecto, Sabela Pernas, Sol Álvarez, e Ana Seijo, traballan xa agora para poñer en marcha unha páxina web onde expoñer os proxectos, e que serviría ademais para impulsar a relación entre os rapaces e rapazas dos dous países.

A xunta de goberno adxudicou diferentes obras con cargo ó Plan de Obras e Servizos deste ano

A xunta de goberno reuníase onte para abordar a adxudicación de diferentes obras con cargo ó Plan de Obras e Servizos deste ano. Ao final, nun único paquete de obras acordábase encargar a pavimentación en Pedrafita, en Carballo infante, en Sucadío, na Rúa Otero Pedrayo, e na ponte de Penapurreira, así coma nos colexios de Monte Caxado e A Magdalena. A adxudicación facíase á empresa "Terra medio ambiente S. L. por un importe de 202. 960 euros. A empresa adxudicataria é unha compañía pontesa especializada na venda de materiais de construción, labores vencellados á propia construción e a promoción inmobiliaria, servizos forestais, e transporte de mercadoría por estrada.

23/9/12

O barrio pontés de A Vila regresou, durante a fin de semana, ás súas orixes medievais

• O alcalde de As Pontes e a edil de Cultura protagonizaron a inauguración desta volta ao pasado dun barrio que serviu como punto de partida do municipio O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, e a edil de Cultura, Sara Ramos, presidiron no mediodía do sábado o pregón oficial do I Mercado do Medievo de As Pontes, unha cita lúdica que arrincou na tarde de onte e que se prolongará ata mañá domingo, no barrio de A Vila. Tanto o primeiro edil coma a concelleira subliñaron nas súas intervencións o importante papel dos veciños e veciñas deste histórico barrio pontés, sen cuia colaboura non sería posible unha festa do Medievo na que tamén animaron a participar a toda a cidadanía pontesa e a visitantes doutros concellos da contorna. González Formoso fixo fincapé na importancia de desfrutar dunha fin de semana nun barrio que foi o punto de partida do pobo de As Pontes, regresando a unha época diferente, a dos nosos ancestros e que animou a coñecer. Pola súa parte, Sara Ramos quixo agradecer o respaldo do tecido asociativo local xa que, este ano, unha vez máis Cáritas, a Asociación de Viuvas María Magdalena ou a Asociación Cultural Lembranza da Vila volveron sumarse a esta convocatoria con diferentes postos de alimentación ou artesanía. Asemade, a concelleira convidou a ponteses e pontesas a desfrutar das múltiples actividades que se extenderán ata mañá domingo e que van dende a música ata a danza oriental ou os espectáculos tetarais, para pequenos e maiores. De feito, xa dende a tarde de onte a música poboou tódolos recunchos da Vila onde, nesta fin de semana, se darán cita medio cento de postos ateigados de productos artesanais coma malabares, colares, pulseiras ou bolsos de coiro, que se mesturan con alimentos tamén tradicionais coma o pan, os doces ou os queixos caseiros, sen esquencer as tabernas nas que é posible dende desfrutar dun bo prato de polbo ou churrasco ata tomarse un refresco ou unha cervexa. Non faltan os xogos para os nenos cunha lancha de madeira e unha cama elástica, e a fermosa decoración que dende o inicio da rúa Real e ata Trala Ponte levan ao barrio da Vila ao pasado. Nesta ocasión o concello confiou na empresa Fusión Medieval para o desenvolvemento deste mercado, celebración que, por riba, será de custe cero para as arcas municipais xa que é a propia empresa a que se encarga de toda a organización.

21/9/12

O IV Concurso de tapas Saborea As Pontes arrincará o 6 de outubro coa participación dunha trintena de locais

O certame repartirá 26 viaxes para 54 persoas entre os que emitan a súa votación e distinguirá á tapa máis saborosa e á mellor presentada A concellería de Promoción Industrial, Hostalería e Comercio, a través do Instituto Pontés de Promoción Económica (IPPEC), está a definir os últimos detalles do que será a IV edición do Concurso de Tapas Vila de As Pontes. O certame, que este ano levará por título Saborea As Pontes, desenvolverase entre os días 6 e 14 de outubro e trátase dunha das citas gastronómicas máis agardadas do outono pontés, debido á gran participación rexistrada xa en edicións anteriores, tal e como subliñou a concelleira Montserrat García. A edil adiantou que está prevista a participación de 26 establecementos ponteses e que, ademáis da colaboura da Asociación de Empresarios e Comerciantes de As Pontes, contarase co respaldo das Bodegas Altanza. García deu conta da súa satisfacción por retomar un ano máis un concurso que volve dar protagonismo e relevancia á gastronomía local e á creatividade, entre fogóns, dos hostaleiros ponteses; certame que sobrepasa fronteiras xa que, en edicións anteriores, As Pontes recibiu a visitantes doutros concellos interesados en desfrutar desta roita de tapas que xa se fixo un nome na gastronomía da contorna. Por primeira vez cobrarase un prezo simbólico dun euro por cada tapa, decisión que, segundo explicou Montserrat García, obedece a unha petición dos participantes que deben asumir un importante gasto durante os días de concurso e, deste xeito, contribuese a subsanar o custe que supón o certame para o hostaleiro, un dos sectores base da economía local. Asemade, esta medida suporá un aliciente para os propios hostaleiros que se emerarán, aínda máis, se cabe, na preparación e calidade das tapas que oferten. Como xa é habitual está previsto que se premie Á mellor tapa pontesa do ano, que será escollida polo público, e á Tapa coa mellor presentación, que designará un xurado, e que se dará a coñecer o 19 de outubro, ás 19.00 horas, nun acto que terá como escenario a Casa Dopeso. Unha das novidades máis importantes desta nova edición é, sen dúbida, o importante número de premios que se repartirán entre os clientes. E é que aqueles que cubran as cartillas do certame con dez selos doutros tantos establecementos participantes e emitan debidamente o seu voto entrarán no sorteo de 25 fins de semanas para dúas persoas no Hotel Montalvo de Sanxenxo. Asemade, por xentileza de Bodegas Altanza, sortearase unha segunda viaxe pero para catro persoas ás súas bodegas na Rioxa, premios que serán extraídos ante a secretaria municipal o día 16 de outubro e que se entregarán o día 19, na gala de clausura. Pero tamén haberá sorpresas durante a xornada de inauguración o 6 de outubro xa que, no local da asociación veciñal da Choupana, terá lugar dende as 17.00 horas un showcooking a cargo da cociñeira pontesa Dina Rivera, propietaria do restaurante El Mundial (Fene). A restauradora, que conta con varios galardóns gastronómicos de gran prestixio, preparará diferentes pratos que poderán ser degustados, posteriormente, polos veciños e veciñas que se animen a participar nesta actividade. A demostración culinaria completarase coas explicacións do enólogo Óscar Martínez Hueda, en relación ao mundo do viño e as técnicas a seguir para identificar un bo caldo. Tras dar conta deste interesante programa, que se completará co reparto de guías que recollen os establecementos participantes e as súas respectivas tapas, a concelleira Montserrat García animou a veciños e visitantes doutros concellos a tomar parte nestes días de festa gastronómica; nove xornadas que darán a coñecer As Pontes e a súa boa cociña máis aló das súas fronteiras, e tamén a un sector como é o da hostalería de gran importancia debido á gran cantidade de núemro de postos de traballo que mantén.

O departamento municipal de Xuventude organiza a vindeira semana dúas conferencias sobre educación

O maxistrado Emilio Calatayud exporá as súas teorías e experiencias en dúas charlas abertas que irán dirixidas a adolescentes, educadores e pais. O xuíz Emilio Calatayud visitará a vindeira semana As Pontes co fin de ofrecer dúas conferencias en relación á educación de menores. A iniciativa, posta en marcha polo departamento municipal de Xuventude, desenvolverase os días 28 e 29 de setembro e será de asistencia totalmente libre para todo o público. De feito, segundo explicaron dende a concellería que dirixe Chicho Tembrás, optouse por ofrecer estas dúas charlas co fin de, por un lado, concienciar aos máis novos non só dos seus dereitos, senón tamén dos seus deberes, e, por outra banda, tamén achegar aos proxenitores e educadores as liñas a seguir para a educación dos adolescentes, sen caer na falla de disciplina pero defendendo principios coma o respecto aos proxenitores, o principio de autoridade e a necesidade de marcar uns límites e unhas normas de educación e comportamento. Así as cousas, o venres da vindeira semana ás 12.00 horas, no auditorio municipal Alovi, o maxistrado do Xulgado de Menores número 1 de Granada ten previsto ofrecer unha conferencia que levará por título Debemos conocer también nuestros deberes, dirixida ao alumnado de 3º e 4º de Educación Secundaria Obligatoria e tamén a estudantes de Bacharelato. Nesta charla, o experto dará a coñecer aos adolescentes que non só teñen dereitos, senón tamén deberes que cumprir e é que, tal e como se recolle no Código Civil, os fillos deben obedecer aos seus pais namentras permanezan baixo a súa potestade e respetalos sempre. Na segunda das conferencias que ofrecerá Emilio Calatayud e que levará por título La educación en España: de un extremo al opuesto , o maxistrado dirixirase a pais, docentes, educadores e público en xeral co fin de dar conta dos erros cometidos nestas últimas décadas á hora de educar ás que serán as xeracións do futuro, pasando da educación preconstitucional, autoritaria, na que os pais eran pais e non amigos e marcaban límites a unha etapa educativa postconstitucional, na que os adolescentes defenden tan só os seus dereitos e non os seus deberes, sen límites necesarios, claros e razoables. Esta segunda charla tera lugar o sábado 29, ás 12.00 horas no auditorio municipal Alovi e a entrada será totalmente libre para todo o público.

19/9/12

As Pontes volve á etapa medieval durante a fin de semana co I Mercado do Medievo

O venres arrincarán as actividades que se desenvolverán ata o domingo e onde a música e a danza compartirán espazo con medio cento de postos de alimentación ou artesanía O Concello de As Pontes, a través do departamento municipal de Cultura, organizará para esta fin de semana a I Edición do Mercado do Medievo de As Pontes, unha cita lúdica que arrincará na tarde deste venres e que se prolongará ata o domingo. Serán tres días nos que as rúas do barrio de A Vila se enchan de postos, música e múltiples actividades que trasladarán a As Pontes ao século dos cabaleiros, os reis, as doncelas e os bufóns e que, este ano, organizará a empresa Fusión Medieval, responsable tamén de diferentes citas semellantes nos concellos da contorna e na que decidiu confiar o goberno municipal para desenvolver esta celebración, tal e como explicou a edil de Cultura, Sara Ramos. Malia que ano tras ano a Asociación Profeira Medieval Rodríguez de Valcarce era a responsable de organizar este tipo de eventos, segundo aclarou a concelleira, este ano problemas alleos a esta entidade obrigaron a que o executivo local se fixese cargo da posta en marcha desta cita cultural e lúdica. Sara Ramos recalcou que este Mercado do Medievo non suporá coste algún para as arcas municipais xa que é a propia empresa a que se encarga de organizar todos os eventos e actividades e ata de engalanar o barrio da Vila, a custe cero, á marxe do alugueiro dos postos de venda. En relación a este tema, a edil aclarou que será o concello o que asuma este gasto no caso de tratarse dalgún colectivo local coma Cáritas Parroquial, o colectivo de Viuvas María Magdalena ou a asociación cultural Lembranza da Vila, que, ano tras ano, se suman a esta festa con algún posto de artesanía ou alimentación. No tocante á programación para a fin de semana, o mercado abrirá as súas portas o venres ás 18.00 horas, contando con medio cento de postos de artesanía, alimentación e productos artesanais do máis diversos que poboarán a rúa Real, Tras da Ponte e a Praza da Igrexa. Asemade, tamén haberá desfiles de ocas, diferentes espectáculos de música e danza en vivo durante os tres días de mercado e ata un posto para alugar un disfraz medieval e así sumarse á festa. Non faltarán os espectáculos de humor e diferentes dramatizacións que ateigarán as rúas da Vila, actividades do máis variopintas dirixidas a todo tipo de idades, tal e como anunciou Sara Ramos que tamén quixo convidar tanto a veciños coma a visitantes dos concellos da contorna a desfrutar desta viaxe ao pasado. Mercado Medieval As Pontes 2012 Viernes 21 de septiembre 18.00 h. El Mercado cobra vida. 19.00 h. Pasacalles musical 19.30 h. Los come piedras 20.00 h. Música Andalussi y bailarina oriental 20.30 h. Llegados de tierras lejanas 21.00 h. Salma , la bailarina oriental 21.30 h. Los Come Piedras 22.00 h. Música Andalussi y bailarina oriental Sábado 22 de septiembre 11.00 h. El Mercado Cobra vida. 12.00 h. Música Andalussi y bailarina oriental 12.30 h. Los come piedras 13.00 h. Pasacalles musical 13.30 h. Llegados de Tierras lejanas 14.00 h. Música Andalussi y bailarina oriental 18.00 h. El Mercado cobra vida. 18.30 h. Pasacalles musical 19.00 h. Barbosa el Ogro 19.30 h. Concierto de calle 20.00 h. Los come piedras 20.30 h. La captura del Dragón 21.30 h. Música Andalussi y bailarina oriental 22.00 h. Los come piedras 22.30 h. Pasacalles musical Domingo 22 de Septiembre 11.00 h. El Mercado Cobra vida. 12.00 h. Música Andalussi y bailarina oriental 12.30 h. Los come piedras 13.00 h. Pasacalles musical 13.30 h. Llegados de Tierras lejanas 14.00 h. Música Andalussi y bailarina oriental 18.00 h. El Mercado cobra vida. 18.30 h. Pasacalles musical 19.00 h. Barbosa el Ogro 19.30 h. Concierto de calle 20.00 h. Los come piedras 20.30 h. La captura del Dragón 21.30 h. Música Andalussi y bailarina oriental 22.00 h. Los come piedras 22.30 h. Pasacalles musical

O CONCELLO ASUMIRÁ O GASTO DOS LIBROS DE TEXTO DAS PERSOAS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO E SEN PRESTACIÓNS SOCIAIS

O Concello de As Pontes asumirá o custo íntegro dos libros de texto daquelas familias que se atopen no paro e que esgotasen a prestación social ou qeu tan só reciban os 400euros do Plan Prepara. Así as cousas, está previsto que se abra unha oficina municipal, posiblemente na Casa Dopeso, onde se tramitarán as solicitudes das persoas que se atopen nesta situación, dependencias ás que deberán acudir aquelas familias que se atopen nesta situación. Segundo explicou o alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso a intención do goberno que dirixe é a de reembolsar os gastos que os pais realizasen ata o momento. Asemade, o primeiro edil tamén baralla a posibilidade de que, unha vez rematado o curso 2012-2013, os beneficiarios destas axudas devolvan os libros de texto para que estes poidan ser empregados por novos estudantes o curso seguinte. O executivo local ten previsto destinar a este programa de axuda escolar 20.000 euros, cifra que se verá aumentada proximamente coa liberación de fondos doutras partidas para destinar a este fin.

18/9/12

A xunta de goberno local deu luz verde onte ao expedente de licitación das instalacións de ocio anexas ao lago de as pontes

A xunta de goberno local deu luz verde onte ao expedente de licitación das instalacións de ocio anexas ao lago de as pontes, máis coñecidas coma o circuíto de karts. O proxecto contará cunha inversión na súa primeira fase de 633.960 euros e suporá unha actuación nunha superficie de 56.000 metros cadrados, cedida por Endesa, con movementos de terras e a construcción dunha pista de 1238 metros de longo por ata 10 metros de ancho, nalgúns puntos do circuíto. As empresas interesadas terán 26 días para presentar as súas ofertas para acometer esta primeira fase que, tras moitos anos de traballo e complicacións, por fin é unha realidade da que o primeiro edil de as pontes se sente moi satisfeito, tralas múltiples autorizacións de augas de galicia, da consellería de obras públicas ou da propia xunta de galicia, que dilataron un proxecto que podería estar rematado denantes do verán, tal e como adiantou Valentín González Formoso. Este circuíto, que tamén contará cun aporte económico da deputación da coruña de 120.000 euros, será nun principio acometido con fondos propios que se recuperarán co aporte económico do Ministerio de Industria. Nembargantes, e segundo subliñou o alcalde de as pontes, o principal obxectivo do circuíto pasa porque estas instalacións xeren un beneficio económico nos comercios e locais de hostalería de as pontes, completando, asemade, o atractivo turístico co que conta o lago e a praia do noso municipio. IAdemais de atractivo turístico, o circuíto tamén será escenario de clases de educación vial para os máis novos e pretende tamén contar con múltiples visitas de curiosos e foráneos que se animen a desfrutar destas dependencias. Por outra banda, e para acelerar estes traballos, o executivo local tramitará por procedemento de urxencia tanto estas obras coma a segunda fase, que consiste na concesión da súa xestión, para a que xa se está a traballar no prego de condicións.

O Concello de As Pontes porá en marcha en outubro a quinta edición dos obradoiros de conversa en inglés

As clases, dirixidas a alumnado de Educación Primaria e Secundaria, serán gratuítas e serán financiadas na súa totalidade polo goberno municipal. O Concello de As Pontes, a través do departamento de Servizos Sociais, retomará o vindeiro mes de outubro o seu obradoiro gratuíto de conversa en inglés para alumnos e alumnas de Primaria e Secundaria. Por primeira vez esta actividade, que cumpre a súa quinta edición, contará co financiamento íntegro do executivo local xa que, a Xunta de Galicia anterior corresponsable do respaldo económico deste programa non aportará fondo algún para o mesmo, neste curso e, segundo explicaron dende Servizos Sociais, ante a gran acollida e participación de anos anteriores, o executivo local non podía deixar de apostar por un obradoirotan necesario e demandado, ano tras ano. Estes obradoiros contarán con 75 prazas que se divirán en cinco clases para alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º de Educación Secundaria Obrigatoria e ten como principal obxectivo dotar ao alumnado dunha ferramenta, como son as clases de conversa, que lles permita mellorar a súa fluidez á hora de empregar este idioma. Estas leccións dunha hora semanal servirán como complemento aos estudantes que se inscriban, segundo aclarou o edil José Alén, xa que non serán clases de gramática ou de apoio ás leccións de inglés que xa se imparten obrigatoriamente nos centros educativos. As clases, estarán impartidas por un mestre nativo e nas mesmas tan só se traballará de forma oral pero dun xeito informal, abordando a ensinanza e a práctica a través de xogos e recreacións de diferentes situacións da vida cotiá pero sen tratar disciplinas coma a gramática. O colexio de Monte Caxado albergará estas clases que está previsto que arrinquen o 8 de outubro e para as que será posible anotarse dende hoxe mesmo e ata o vindeiro día 26 de setembro. No caso de que o número de solicitudes superen a cifra de prazas vacantes realizarase un sorteo o 28 de setembro e publicarase o listado de admitidos no taboleiro de anuncios do concello, na páxina web municipal (www.educaspontes.org) e no taboleiro de anuncias do departamento de Servizos Sociais, na Casa Dopeso. No tocante ao desenvolvemento do curso, as clases serán semanais e contarán cunha duración de 60 minutos. Os inscritos serán divididos en grupos que se confeccionarán segundo o seu nivel. Inscrición O prazo para anotarse nestes é preciso presentar a pertinente solicitude no Rexistro Xeral do Concello ou no servizo psicopedagóxico municipal e que se pode descargar dende a propia páxina web do consistorio pontés (www.educaspontes.org). Os interesados en obter máis información poden poñerse en contacto co Gabinete Psicopedagóxico Municipal, ubicado no segundo andar da Casa Dopeso, ou ben telefonar ao 667 129 335.

14/9/12

Jorge Ballesteros, Eduardo De Cobos e Juan Carlos Jaime Díaz revalidan os seus títulos de campións de España de tiro en As Pontes

Jorge Ballesteros, Eduardo De Cobos e Juan Carlos Jaime Díaz revalidan os seus títulos de campións de España de tiro en As Pontes • Na categoría feminina Lorena Ballesteros, Matilde Veguillas e Concepción Pérez lograron o título nacional nas categorías de open, producción e estándar Eduardo de Cobos Abreu, Jorge Ballesteros e Juan Carlos Jaime Díaz volveron lograr o Campionato de España de Percorridos de Tiro, nas modalidades de producción, open e estándar, respectivamente. A competición, que arrincaba o venres da pasada semana, desenvolveuse ata o sábado nas instalacións do clube pontés Pena da Revolta e pechouse na mesma noite do sábado, coa tradicional entrega de premios aos mellores tiradores da competición e que tivo lugar na Casa Dopeso. De feito, na proba pontesa anotáronse máis de 250 tiradores, procedentes de todas as comunidades autónomas e ata vidos dende Francia e Portugal, entre os que tamén se incluiron máis dunha vintena de árbitros que, nas xornadas previas á competición, tamén se aventuraron a desenvolver os 22 exercizos ideados para esta proba e nos que se combinaron dende probas de velocidade e precisión ata circuítos con blancos móviles e sistemas eléctricos que se combinaban con disparos dende diferentes ángulos e ata en carreira. A competición desenvolveuse sen dificultades e problemas e baixo as medidas de seguridade máis estrictas, básico para a celebración desta proba. Tras dous días de competición, o sábado procedeuse á entrega de trofeos, acto presidido polos edís de Emprego, Turismo e Novos Proxectos, Ana Pena, e Medio Rural, Antonio Castro, ademáis do presidente da Federación Galega de Tiro, os representantes do clube Pena da Revolta e membros do equipo de árbitros organizadores do evento. De feito, todos os intervintes coincidiron nos seus discursos á hora de recoñecer o importante papel, esforzo, mérito e traballo desenvolvido polos membros do Clube Pena da Revolta para poñer en marcha, un ano máis, a proba de tiro de percorridos máis importante do país e que, novamente, non defraudou con exercizos moi complexos tan só aptos para os mellores tiradores do país que, esta pasada fin de semana, estiveron en As Pontes por terceiro ano consecutivo, gratitude que se extendeu tamén ao executivo local que, unha vez máis, apoiou esta competición. De feito, Pena da Revolta conta xa no seu haber con 22 campos de tiro, unha importante evolución dende que en 2008 se idease a primeira competición deste tipo en As Pontes e con tan só catro campos habilitados para a práctica deste deporte, infraestructuras que colocan a Pena da Revolta coma o mellor campo de tiro de España e con capacidade para acoller un campionato europeo. Resultados Categoría Open Masculino – Feminino: 1º.- Jorge Ballesteros 1ª Lorena Ballesteros 2º.- Iván Espilez Urbon 2ª Pilar Fernández Moreno 3º.- Javier González Pérez 3ª Rakel Malanda Categoría Estándar Masculino – Feminino: 1º Juan Carlos Jaime Díaz 1ª Concepción Pérez Gil 2º David Martínez Viñuelas 2ª Marja – Leena Vapanen 3º Gabriel Pitarch García 3ª Meritxell Ortega Pérez Categoría Producción Masculino – Feminino: 1º Eduardo De Cobos Abreu 1ª Matilde Veguillas García 2º José Vicente Pérez Baz 2ª Montserrat Fernández Alarcón 3º Gorka Ibáñez 3ª Verónica Estiguín García Por federacións o título na categoría Open foi para a Federación de Castela A Mancha, namentras que a estándar foi para a Federación Andaluza e na categoría de Producción os gañadores foron os representantes da Federación Canaria. Por equipos, os títulos de Open e Estándar foron para a A.D.F.L.P e en Producción gañaba o equipo da Garda Civil.

6/9/12

O Concello de As Pontes retomou esta semana o programa municipal de ximnasia para adultos

• O departamento de Deportes volveu apostar por esta iniciativa gratuíta que se desenvolverá dous días á semana e que xa conta cunha media de 20 alumnos por clase As Pontes, 06 de Setembro de 2012.- O Concello de As Pontes, a través do departamento municipal de Deportes, reto mou esta semana as clases de ximnasia para adultos que, ano tras ano, continuan a ser todo un reclamo para os veciños e veciñas de As Pontes de maior idade. Cada martes e cada xoves, entre as 09.00 e as 10.00 horas, os Xardíns do Campo da Feira acollerán este programa gratuíto co que se busca fomentar a realizacíon de exercizo físico entre a poboación de maior idade co fin de que este sector se conciencie da importancia de seguir a coidar o seu corpo. Nestas clases, os participantes aprenderán non só a realizar exercizos de quecemento, estiramentos ou pautas de traballo para exercizar unha zona concreta do corpo, senón que tamén se lles darán nocións básicas para o uso dos aparatos cos que contan os parques biosaudables, co fin de sacarlles o maior partido posible. Polo momento, malia que só van dous días dende o seu inicio, estase a contar cun gran éxito de participación cunha media de vinte alumnos por sesión que, baixo a dirección da técnica deportiva Ana Alonso, desenvolven unha clase do máis completa e que inclue dende exercizos de quecemento ata outros para traballar a forza ou elasticidade. Por mor do bo tempo destes días as clases continuarán a desenvolverse nos Xardíns do Campo da Feira e, en vindeiras datas, tamén está previsto realizar algunha clase na praia do lago. No caso de que a climatoloxía fose adversa estas clases trasladaríanse ao pavillón municipal de deportes. Para participar nestas clases non é preciso realizar inscrición previa xa que todo aquel ou aquela que desexe participar terá que achegarse ou aos xardíns municipais na xornada que escollan e alí falar directamente coa monitora responsable, que tomará nota das doenzas dos participantes para poñer en marcha os exercizos máis axeitados para cada alumno. Finalmente, dende o departamento que dirixe Carlos Castro quixeron facer un chamamento á participación cidadá para desfrute deste programa que xa leva varios anos en marcha e que vai gañando en adeptos edición tras edición.

Bases IV Concurso de Tapas Vila de As Pontes

IV CONCURSO DE TAPAS VILA DE AS PONTES Bases 1.- Datas: Do 6 ó 14 de Outubro de 2012 2.- Participantes: Poderán participar tódolos bares, cafeterías, restaurantes e mesóns do ámbito municipal de As Pontes. 3.- Inscrición: A cuota de inscrición será de 20€ por establecemento participante,que se abonarán a Asociación de Empresarios e Comerciantes de As Pontes, e que se destinarán a edición dunha guía e plano informativo e publicitario para os clientes. a) A inscrición farase cumprimentando axeitadamente o boletín de inscripción e presentando no Rexistro do Concello ou nas oficinas do IPPEC antes das 13.00 h do día 11 de Setembro. b) Xunto co boletín de inscripción deberán presentar: § Resguardo do abono da cuota de inscrición § Unha foto do establecemento ( en formato dixital, cd, pendrive….visto o establecemento desde fora) § Nome da tapa coa que participa e unha breve descripción da mesma. c) Os establecementos que non presenten a documentación dos apartados a e b non poderán figurar na guía do usuario editados a tal efecto. d) Tódalas inscricións recibidas fora de prazo quedarán fora do concurso. 4.- Cada establecemento poderá presentarse só cunha tapa. A tapa terá para o cliente o precio de 1€. 5.- Os establecementos participantes no concurso obríganse a manter a súa participación durante tódolos días da promoción e no horario establecido, ofrecendo a tapa elexida para o concurso. 6.- PREMIOS OS HOSTALEIROS: Tódalas tapas presentadas optarán ós seguintes premios (premios do xurado popular): 1º Premio “A MELLOR TAPA PONTESA 2012” Premio da Comisión Oficial de Valoración: 1º Premio a “TAPA COA MELLOR PRESENTACIÓN” 7.- Tódolos establecementos participantes recibirán un obsequio conmemorativo pola súa participación. 8.- Sistema de votación constará de dous xurados: Comisión de Valoración Oficial, composto por 5 persoas da organización que será o encargado de dictaminar a tapa mellor presentada. Xurado popular: Composto polo público en xeral, que desexe dar a súa valoración, para o que deberá cumprimentar axeitadamente o voto, una vez selado por 10 establecementos participantes. A Comisión de Valoración Oficial, visitará os establecementos participantes en calquer intre, sendo o seu fallo inapelable. 9.- O horario de degustación será: De mañá: de 12.00 h a 14.00 h De tarde: de 19.00 h a 22.00 h 10.-A votación popular realizarase nunha furna precintada, instalada a tal efecto en cada un dos establecementos participantes. 11.- O lúns día 15 de Outubro a primeira hora procederase a recollida das furnas cos votos do xurado popular. Os establecementos que este día pechen se encargarán persoalmente de depositar a furnas no propio Concello, antes das 14:00 h. do día 15 de Outubro. Calquera furna manipulada, desprencitada ou presentada fora de prazo ( 14:00 h do 15 de Outubro), quedará anulada do concurso, con tódolos votos que conteña. 12.- O acto de clausura e dictame dos xurados, así como a entrega de premios terá lugar o día 19 de Outubro, ás 19 horas na Casa Dopeso, ao que deberán asistir tódolos establecementos participantes. 13.- Os establecementos participantes quedan obrigados a acatar as bases do concurso. A organización resolverá calqueira incidencia que poida xurdir durante o concurso, e terá plena potestade para a interpretación das presentes bases. 14.- O xurado popular: poderá ser xurado popular o público en xeral, previa cumplimentación correcta dos cupóns destinados á votación, que deberán ir selados por 10 establecementos participantes. Tódolos cupóns mal cumprimentados ou inintelixibles quedarán anulados tanto o voto emitido como a participación no sorteo de premios aos clientes. Os votos deberán ser depositados nas furnas colocadas a tal efecto nos establecementos participantes antes das 24 horas do día 14 de Outubro. 15.- PREMIOS AOS CLIENTES: Sortearánse entre tódolos clientes participantes co seu voto un total de 25 viaxes para 2 persoas coa estancia de dúas noites en réxime de aloxamento e almorzó no Hotel Montalvo de Sanxenxo ( Rías Baixas) e que terá lugar obrigatoriamente do 26 ao 28 de outubro do 2012. O desprazamento farase en autobús con saída de diante do Concello o día 26 de outubro as 19:30 h. O premio non poderá ser canxeado por metálico, non poderá realizarse noutras datas que non sexan as especificadas anteriormente, é será persoal e intrasferible, de tal xeito que o titular agraciado terá que ser forzosamente o receptor do mesmo, pero sí que poderá designar o acompañamente que desexe. sorteo celebraráse o martes día 16 de outubro en presenza das cámaras de TVEUME ás 12 da mañá e perante a Secretaria do Concello que dará fé do mesmo. O sorteo consistirá na extracción de 25 papeletas por riguroso orde, sin que poida recaer máis de un premio na mesma persoa. A continuación procederáse a extracción de 25 suplentes, tamén por riguroso orde que substituirán aos premiados no suposto de imposibilidade dos mesmos. A orde establecida de suplencia será o orden a que se produzca a extracción de papeletas. 15.1.- Sortearase entre tódolos clientes participantes co seu voto una estancia na Rioxa para catro persoas de dous días de duración, que incluirá : aloxamento, almorzó, visita a bodega e una comida na mesma. Este premio é cortesía de Bodegas Altanza. a) Este premio será para un só titular, e será persoal e tintrasferible, de tal xeito que o titular agraciado terá que ser forzosamente o receptor do mesmo, pero sí que poderá designar aos 3 acompañamentes que desexe. b) O sorteo celebraráse o martes día 16 de outubro en presenza das cámaras de TVEUME ás 12 da mañá e perante a Secretaria do Concello que dará fé do mesmo. c) O sorteo consistirá na extracción de unha papeleta premiada e a continuación procederase a extracción de dous suplentes, tamén por rigurosa orde que sustituirán o premiado no suposto da imposibilidade do mesmo. A orde establecida da suplencia será a orden a que se produza a extracción de papeletas. 16.- ENTREGA DE PREMIOS acto de entrega de premios terá lugar o día 19 de outubro ás 19.00 horas na Casa Dopeso, coincidindo coa entrega de premios os establecementos participantes no concurso. Coa cumplimentación do cupón de voto-sorteo, cada participante outorga o seu consentimento a utilización dos seus datos polos establecementos participantes así como pola entidade organizadora Concello de As Pontes- IPPEC, en calquera promoción relativa a hostalaría pontesa, así como calquer outra promoción ou publicitación. Dacordo ca Lei Orgánica 15/1999, os participantes poderán solicitar a eliminiación dos seus datos dirixíndose o Instituto Pontés de Promoción Económica ( IPPEC). 17.-A Organización será a única con potestade para resolver as incidencias que poidan xurdir durante todo o trascurso de esta campaña e terá plena potestade para a interpretación e cumprimento das presentes bases. 18.- As presentes bases serán publicadas no tablón de anuncios do IPPEC e do Concello de As Pontes, así como nas súas respectivas páxinas web.

5/9/12

DUCIAS DE VECIÑOS E VECIÑAS DÉIXANSE SEDUCIR POLOS PRODUCTOS GASTRONÓMICOS CON MARCA GALEGA

A campaña Galicia Calidade, posta en marcha pola consellería de economía e industria para promocionar o consumo de produtos con esta marca, visitou a pasada semana o noso concello. Foi da man dun autocar informativo ateigado de actividades e obsequios polo que se pasaron ducias de veciños e veciñas de As Pontes. A Avenida da Coruña foi o lugar escollido para o estacionamento desta unidade móbil e tamén para habilitar un pequeno castelo hinchable que fixo as delicias dos máis pequenos, namentras que os seus pais podían coñecer os máis de 150 produtos e 44 empresas que integran o selo Galicia Calidade. Pero non todo ía quedar nun reparto de folletos informativos xa que tamén houbo tempo para meterse entre os fogóns nos tres obradoiros de cociña con produtos Galicia Calidade que se desenvolveron ao longo de toda a xornada. De feito, como receita estrela os participantes nestes obradoiros puideron preparar unha saborosa filloa salgada con bechamel de ventrecha de atún, queixo de tetiña e cebola acaramelada, seguindo os consellos da cociñeira Marian Rodríguez, responsable destes obradoiros culinarios que lograron un gran éxito de participación, sobre todo durante a tarde. Non podía faltar tampouco a proba de tan suculento prato e é que os participantes tamén tiveron a oportunidade de degustar esta receita, ademáis dos veciños e veciñas que quixeron seguir dende as pantallas do exterior do autocar a preparación desta suculenta proposta culinaria realizada con produtos 100% galegos. Pero para non esquencer o aprendido nada mellor que contar cun recetario no que, ademáis do prato preparado onte, se incluen outro tipo de sinxelas opcións con produtos galegos coma o polbo, a pescada, o atún, o pito, os grelos ou o queixo de San Simón, todas elas opcións do máis atractivas para poñer á nosa mesa e, por riba, coa materia prima da nosa terra coma ingredientes estrela. Marcas coma Escurís, Feiraco, Rianxeira, Puleva, President, Pescada galega de pincho,Coren, Mondariz ou Bonpollo forman parte desta gran marca de productos galegos e que se están dando a coñecer ao redor de toda a comunidade galega, a través dunha serie de visitas que chegarán a 35 concellos e localidades galegas ata o vindeiro 29 de setembro.