31/10/11

O IV MERCADO DE OPORTUNIDADES VILA DE AS PONTES ABRE MAÑÁ AS SÚAS PORTAS CON MÁIS DUNHA TRINTENA DE POSTOS

A concellería de Industria e Comercio, a Asociación de Empresarios e Comerciantes de As Pontes e a Cámara de Comercio abrirán mañá a cuarta edición do Mercado de Oportunidades Vila de As Pontes (MOVA), unha cita que reunirá a 32 establecementos e comerciantes do municipio coa que se pretende impulsar o sector comercial local. Este mercado, co que se busca tamén concienciar aos veciños e veciñas da importancia de realizar as súas compras nos establecementos ponteses, abrirá as súas portas ás 10.00 horas na avenida da Coruña, ata as 19.00 horas, ofertando dende roupa ata calzado, productos de beleza, de deportes, mobles, produtos de bazar ou servizos coma viaxes ou seguros. O MOVA 2011 será, polo tanto, unha gran oportunidade para dar a coñecer a ampla oferta de comercios cos que conta As Pontes, todos eles de gran calidade e con produtos que nada envexan aos que se poden atopar nas grandes superficies, ademáis de un día no que os veciños e veciñas poderán facerse con interesantes e variados produtos e servizos a prezos reducidos. Asemade, os clientes tamén terán un segundo aliciente xa que coas súas compras recibirán participacións para o sorteo final de dous cheques de 150 euros, por xentileza da Asociación de Comerciantes e Empresarios de As Pontes, que se sorterán ás 13.00 horas e ás 19.00 horas, sorteos para os que haberá que estar presentes.

AS PONTES CELEBRA MAÑÁ A XXII EDICIÓN DA SÚA FEIRA DE FUNGOS E COGUMELOS

O Concello de As Pontes albergará mañá a XXII edición da Feira de Fungos e Cogomelos, unha cita que aunará os compoñentes máis clásicos desta feira e innovacións dirixidas a públicos de todas as idades. De feito, ás exposicións de artesanía, productos de outono ou degustacións gastronómicas únense iniciativas que axuden a renovar e dinamizar un acontecemento que, edición tras edición, coloca a As Pontes no centro do mapa gastronómico galego. A principal novidade deste ano será a clase maxistral Do Monte ao Prato sobre identificación de fungos, conservación, limpeza e preparación, unha iniciativa totalmente pioneira e que impartirán os expertos José Luis Cuba e Antonio Díaz, dende as 11.30 horas na Casa Dopeso. Asemade, tamén se celebrará unha nova edición do certame de cestas, que se ubicará na Praza de América, haberá espectáculos para nenos coma a actuación de Ce´ Orquestra ou xa outras iniciativas para os máis maiores coma os monólogos de Pepo Suevos e Oswaldo Digón co seu espectáculo Duelo de Champiñóns, que será de entrada gratuíta. Programa XXII Feira de Fungos e Cogumelos de As Pontes De 10.00 a 11.00 horas: Presentación de propostas para o Concurso de Cestas e inicio da súa exposición (Praza de América). De 10.00 a 19.00 horas: IV Mercado de Oportunidades Vila de As Pontes (Avd. Coruña) De 10.30 a 14.30 horas: Mostra de Productos Ecolóxicos e de Outono (Rúas Ramón Cabanillas e Alexandre Bóveda) De 11.00 a 19.00 horas: III Xornada de Artesanía organizada por Artesáns do Eume (Sala de Exposicións Mercado Vello – Rúa Ramón Cabanillas). Exposición de tornería, canteiría, cestería... e demostracións en vivo. De 11.30 a 13.30 horas: Do Monte ao Prato. Clase maxistral de identificación, conservación e cociña con fungos impartida por José Luis Cuba (micólogo) e Antonio Díaz Calvo (Restaurante Andarubel). Salón de actos Casa Dopeso. 11. 30 horas: Actuación infantil Ce´Orquestra (Colexio Santa María) 12. 00 horas: Degustación de mel e queixo da comarca, chocolates e cafés do mundo e productos do Eume (Rúa Alexandre Bóveda e Ramón Cabanillas) 12. 30 horas: Entrega de premios Certame de Cestas e concurso escolar O Mundo da Micoloxía 13.00 a 15.00 horas: Degustación popular de Vol-au-vent de fungos con langostinos, empanada rechea de cogumelos e lacón, arroz con cogumelos (preparase in situ) e flan de requeixo con mel (Colexio Santa María). Prezo: 10 euros. Venda de tickets dende as 11.00 horas no propio patio do Colexio Santa María. 17.00 horas: Espectáculo de humor Duelo de Champiñóns, protagonizado por Pepo Suevos e Oswaldo Digón (Colexio Santa María ou Casa Dopeso, se o tempo non acompaña). Actividades complementarias: Exposición escolar O Mundo da Micoloxía (Soto Casa Dopeso) Exposición Fotográfica sobre Micoloxía realizada por José Luís Cuba e Antonio Díaz Calvo (Corredores Casa Dopeso) Apertura do Museo Etnográfico de Monte Caxado (10.30 – 13.30 horas) Apertura Casa do Mel de Goente (15.00 – 18.00 horas) Animación musical a cargo de Os Feroces da Galgueira, Os Trevillas, Banda de Gaitas Alfaia e Escola de Música Tradicional de As Pontes.

27/10/11

A Mostra Folclórica Vila de As Pontes cumpre vinte anos coa actuación de Alende e Leña Verde

• O sábado o auditorio municipal Alovi acollerá este concerto de música tradicional que será de entrada totalmente gratuíta A Mostra Folclórica Vila de As Pontes celebrará, este sábado, a súa vixésima edición. Este concerto que, ano tras ano, conta coa organización da Agrupación Cultural Alende e a colaboura do Concello de As Pontes, celebrarase no auditorio municipal Alovi no serán do vindeiro día 29 e no mesmo está prevista a participación da formación organizadora e duns convidados de excepción: Leña Verde. A formación lucense, que xa visitou As Pontes en 2009 con motivo do Festival Folk da Fraga, repite expedición ao municipio pontés onde presentará os temas do seu terceiro traballo discográfico: A Contratempo, gravado en 2010, e no que reunen media ducia de temas propios e outros tantos tradicionais nos que se mestura a música popular cos ritmos folk, pop e ata o rock. Cantarela, O burriño, Rumba das Nenas ou Malpica serán algúns dos temas incluídos en A Contratempo que se escoitarán o sábado no auditorio municipal Alovi e que se mesturarán con composicións pertencentes a traballos anteriores. Pola súa parte, a Agrupación Cultural Alende volverá dar conta non só da calidade na interpretación de temas instrumentais, senón tamén da pericia e bo mover dos alumnos das súas clases de baile tradicional que se sumarán a esta mostra folclórica con varios temas. Ás 20.30 horas está previsto que arrinque este concerto que será de entrada totalmente gratuíta.

26/10/11

A compañía Bucanero Teatro pecha o venres a programación teatral de outono para adultos

• A obra representarase o venres ás 21.00 horas pero xa mañá se porán á venda as primeiras localidades na billeteira do Auditorio Municipal Alovi O Concello de As Pontes, mediante o departamento de Cultura, retoma este venres o programa teatral de outono mediante a montaxe Kungfundidos, da formación Bucanero Teatro. A producción, dirixida ao público xuvenil e adulto, arrincará ás 21.00 horas no auditorio municipal Alovi e, na mesma, será posible coñecer a historia de dous mestres (Ken Son e Ken Li) formados na disciplina do Te Likido, nos mosteiros do Himalaia e que compartirán aventuras e peripecias co público que asista a esta representación. Xosé Bonome e Pedro Picos protagonizan esta adaptación da obra do cómico Gari e que servirá para pechar a programación teatral de outono para adultos e que contou coas montaxes Life is a Paripé, de Obras Públicas; Un cráneo furado de PT Excéntrias e o Florido Pensil de Eme2 Produccións. As localidades para Kungfundidos poranse á venda na billeteira do Auditorio Municipal Alovi mañá e mailo venres en horario de 12.00 a 13.30, ademáis da tarde do espectáculo dende as 19.30 horas ata o inicio da producción. O prezo das mesmas será de 3.50 euros, con descontos para posuidores dos carnés Xove e de Estudante e para maiores de 65 anos.

A XXII Feira de Fungos e Cogumelos aunará a traidición de anos anteriores con novas iniciativas para todos os públicos

• A concelleira de Cultura, Sara Ramos, subliñou que este ano búscase seguir con actividades míticas coma a degustación popular pero con novidades coma unha clase sobre micoloxía ou iniciativas para os máis pequenos O departamento de Cultura do Concello de As Pontes ven de facer público o programa íntegro de actividades da que veciños e visitantes poderán desfrutar o vindeiro 1 de novembro, na que será a XXII Feira de Fungos e Cogomelos de As Pontes. Segundo explicou a responsable municipal de Cultura, Sara Ramos, para este outono optouse pola mestura dos compoñentes máis clásicos desta feira con innovacións dirixidas a públicos de todas as idades. De feito, ás exposicións de artesanía, productos de outono ou degustacións gastronómicas únense iniciativas que axuden a renovar e dinamizar un acontecemento que, edición tras edición, coloca a As Pontes no centro do mapa gastronómico galego. De feito, como novidade podemos atopar unha clase maxistral sobre identificación de fungos, conservación, limpeza e preparación, unha iniciativa totalmente pioneira e que, segundo explicou a edil, conta con gran atractivo para os xiareiros da micoloxía e da recollida de fungos, dos que en As Pontes hai unha gran representación. Do monte ao prato, título desta xornada, sumarase tamén a outras alternativas para este ano como son o novo escenario do certame de cestas, que pasará a ubicarse na Praza de América; o espectáculo infantil do humorista Ce´ Orquestra ou xa outras iniciativas para os máis maiores coma os monólogos de Pepo Suevos e Oswaldo Digón co seu espectáculo Duelo de Champiñóns, que será de entrada gratuíta. Sara Ramos deu conta do importante esforzo que, un ano máis, o executivo local realizou para dar vida a un acontecemento cultural e gastronómico de gran atractivo e calidade e ao que quixo convidar a todos os veciños e veciñas non só de As Pontes, senón tamén dos concellos tanto limítrofes coma de toda Galicia que, durante o 1 de novembro, poderán desfrutar de múltiples actividades aptas para todos os gustos e públicos e por riba co complemento de poder degustar un dos productos estrela do outono como son os cogumelos. Programa XXII Feira de Fungos e Cogumelos de As Pontes De 10.00 a 11.00 horas: Presentación de propostas para o Concurso de Cestas e inicio da súa exposición (Praza de América). De 10.00 a 19.00 horas: IV Mercado de Oportunidades Vila de As Pontes (Avd. Coruña) De 10.30 a 14.30 horas: Mostra de Productos Ecolóxicos e de Outono (Rúas Ramón Cabanillas e Alexandre Bóveda) De 11.00 a 19.00 horas: III Xornada de Artesanía organizada por Artesáns do Eume (Sala de Exposicións Mercado Vello – Rúa Ramón Cabanillas). Exposición de tornería, canteiría, cestería... e demostracións en vivo. De 11.30 a 13.30 horas: Do Monte ao Prato. Clase maxistral de identificación, conservación e cociña con fungos impartida por José Luis Cuba (micólogo) e Antonio Díaz Calvo (Restaurante Andarubel). Salón de actos Casa Dopeso. 11. 30 horas: Actuación infantil Ce´Orquestra (Colexio Santa María) 12. 00 horas: Degustación de mel e queixo da comarca, chocolates e cafés do mundo e productos do Eume (Rúa Alexandre Bóveda e Ramón Cabanillas) 12. 30 horas: Entrega de premios Certame de Cestas e concurso escolar O Mundo da Micoloxía 13.00 a 15.00 horas: Degustación popular de Vol-au-vent de fungos con langostinos, empanada rechea de cogumelos e lacón, arroz con cogumelos (preparase in situ) e flan de requeixo con mel (Colexio Santa María). Prezo: 10 euros. Venda de tickets dende as 11.00 horas no propio patio do Colexio Santa María. 17.00 horas: Espectáculo de humor Duelo de Champiñóns, protagonizado por Pepo Suevos e Oswaldo Digón (Colexio Santa María ou Casa Dopeso, se o tempo non acompaña). Actividades complementarias: Exposición escolar O Mundo da Micoloxía (Soto Casa Dopeso) Exposición Fotográfica sobre Micoloxía realizada por José Luís Cuba e Antonio Díaz Calvo (Corredores Casa Dopeso) Apertura do Museo Etnográfico de Monte Caxado (10.30 – 13.30 horas) Apertura Casa do Mel de Goente (15.00 – 18.00 horas) Animación musical a cargo de Os Feroces da Galgueira, Os Trevillas, Banda de Gaitas Alfaia e Escola de Música Tradicional de As Pontes.

25/10/11

Unha vintena de veciñas de As Pontes participan, dende onte, nun obradoiro de cestería con papel





¨  O departamento municipal de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller idearon este segundo obradoiro de cestos para conmemorar o 25 de Novembro

As Pontes, 25 de Outubro de 2011.-  
O Concello de As Pontes, mediante o departamento de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller (CIM), deu onte comezo á segunda edición do obradoiro de cestería para mulleres.
Dezaoito veciñas de As Pontes participarán, durante oito semanas, nestas clases que se están a desenvolver nas dependencias da Casa de Don Pedro, cada luns entre as 10.00 e as 12.00 horas.
A artista Lourdes Acera Olaso é a responsable de impartir estas clases nas que a pintora pontesa lles está a aprender os distintos métodos para confeccionar cestos, dunha maneira doada, rápida e sinxela, e sobre todo moito máis económica que a cestería tradiconal, e é que unicamente se empregan como materiais follas de xornais, pegamento en barra e pinturas á auga.
Ao longo do curso as asistentes iniciaranse na elaboración de cestos pequenos, algúns deles con asa, e coñecerán os distintos tipos de remate finais, pero sempre seguindo o mesmo sistema de traballo que se dun cesto de bimbios se tratase.
O plan de traballo inclúe tamén a preparación de diferentes elementos decorativos, dende xarróns, caixas ornamentais, costureiros, e ata unha árbore de Nadal cos máis variados adobíos.

O obradorio de cestería, enmarcado no programa municipal de actividades conmemorativas do día internacional da non violencia contra a muller, extenderase ata mediados do mes de decembro, en total dezaseis horas lectivas repartidas en oito sesións de traballo.
Esta é a segunda ocasión que, neste ano, se pon en marcha un curso destas características xa que, o pasado mes de marzo, en conmemoración do Día da Muller Traballadora tamén se optou por desenvolver un obradoiro semellante no que tomaron parte máis dunha ducia de alumnas.

21/10/11

O Ministro de Xustiza define coma un trunfo da democracia o abandono das armas por parte de ETA

Caamaño explicou que o goberno continuará coa súa política antiterrorista, deixando as posibles negociacións ao executivo vencedor o 20-N O ministro de Xustiza, Francisco Caamaño Domínguez, visitou hoxe por primeira vez o Concello de As Pontes. Caamaño foi recibido, contra as 17.00 horas, pola corporación municipal pontesa co rexedor Valentín González Formoso á fronte para, posteriormente, deixar a súa sinatura e bos desexos no Libro de Ouro do Concello. O principal responsable da carteira estatal de Xustiza aproveitou a ocasión tamén para dar conta publicamente das súas primeiras impresións sobre o anuncio do abandono da loita armada por parte da organización terrorista ETA. Para Francisco Caamaño o comunicado feito público onte polos etarras “é unha gran nova como demócrata e cidadán” e un trunfo das políticas antiterroristas desenvolvidas dende o executivo central, malia que nalgúns momentos, as decisións tomadas por José Luis Rodríguez Zapatero fosen inxustamente criticadas. O ministro salientou a victoria da democracia sobre ETA pero asegurou que non se hai que esquencer da dor inxusta inflixida ás familias das vítimas. Nembargantes, Caamaño subliñou que será o goberno escollido nas eleccións xerais de novembro o que decida que políticas levar a cabo cos terrorista en materia de negociacións ou de achegamento de presos. Así as cousas Caamaño anunciou que o executivo central continuará a traballar na mesma liña, ata a chegada do novo goberno; aplicando a política que tan bos resultados deu e apelou á necesidade de que os demócratas se unan agora máis ca nunca para consolidar a paz, empregando a democracia coma ferramenta. Caamaño quixo tamén recalcar o importante papel xogado polas forzas de seguridade, os xuíces e gobernos que traballaron para que o día de hoxe fose posible e para que a democracia se marcase esta victoria, todo isto mediante unah serie de políticas que lograron o seu obxectivo: cambiar a vida das persoas. Na súa intervención ante os medios, o ministro tamén respostou ás recentes declaracións do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, en relación ao endurecemento das penas para os incendiarios. Neste senso, o ministro Caamaño subliñou que as penas para aqueles que poñan en risco a vida doutras persoas, como pode ser o caso nun incendio provocado, oscilan entre os 10 e 20 anos de cárcere pero que o incremento destas penas non logran evitar os incendios provocados. A xuízo de Francisco Caamaño a solución aos incendios provocados pasa por poñer en marcha políticas de prevención forestal, de coidado dos montes ou políticas de educacion para a cidadanía, en resumo medidas que, segundo explicou o ministro, non son do agrado do Partido Popular que ve como única solución aos incendiarios o incrementar as penas de cárcere. Recepción Oficial Tras atender aos medios, o ministro de Xustiza foi recibido na Casa Consistorial polos integrantes da corporación municipal, co alcalde Valentín González Formoso á cabeza, e polos presidentes das asociacións pontesas. Alí o ministro anunciou a intención do executivo central de continuar a apostar polo municipio pontés como un pilar do futuro enerxético de España. Neste senso, Caamaño asegurou que en moitas das reunións do Consello de Ministros As Pontes foi o tema central pola súa importancia enerxética de aí que asegurase que o municipio continuará no Plan Miner con toda xustiza, asemade, o ministro adiantou que a intención do goberno central e do PSOE pasa por continuar a estar con As Pontes, cos seus traballadores e coas súas familias. Pola súa banda, o rexedor pontés quixo dar a benvida ao ministro a As Pontes, a un concello que definiu coma un municipio que arrincou un pedazo da súa vida e historia para que España avanzase e acollese o progreso, neste caso en forma de enerxía. Valentín González Formoso tamén agradeceu a visita do ministro nunha xornada histórica coma a de hoxe e, precisamente, González Formoso aproveitou a súa intervención para felicitar a Caamaño polo gran logro destas últimas horas. Charla sobre Igualdade A axenda do titular de Xustiza tamén incluiu unha charla sobre a igualdade real en Galicia, conferencia que tivo lugar na Casa Dopeso e que contou cunha gran afluencia de público que puido coñecer algunhas das políticas desenvolvidas, nestes anos, polo goberno central en materia de igualdade ou de loita contra a violencia de xénero e que colocan a España na cabeza dos países europeos neste tipo de políticas e polas que é preciso, segundo recalcou o ministro, seguir apostando. Tras desta intervención, Francisco Caamaño pechaba a súa estadía en As Pontes cunha visita ás instalacións da central térmica de Endesa, á que acudiu na compaña dos membros do executivo local.

20/10/11

A XXII Feira de Fungos e Cogumelos incluirá música, humor e ata unha charla sobre micoloxía

• O prato forte da xornada será unha degustación popular para 850 persoas integrada por propostas preparadas con cogumelos e fungos e produtos da comarca O Concello de As Pontes, a través do departamento municipal de Cultura, ten previsto incluír, este ano, novas actividades na programación deseñada para conmemorar a XXII Feira de Fungos e Cogumelos. E é que, dende a concellería que dirixe Sara Ramos optaron por apostar, este outono, por un amplo e diverso programa de iniciativas nas que se incluen humor, música, exposicións e, por suposto, unha desgustación gastronómica popular. Á falla de dúas semanas para a celebración desta homenaxe ao mundo da micoloxía, dende o executivo local quixeron xa adiantar algunhas das actividades incluídas na celebración do Día de Defuntos que, ano tras ano, logra traer a As Pontes a ducias de visitantes que, unha vez máis, se mesturaran cos centos de veciños e veciñas do municipio que tamén participan desta festa. E é que a intención da concellería que dirixe Sara Ramos pasa por colocar, un ano máis, a As Pontes no cumio do mapa gastronómico galego aínda que, este outono, as chuvias non axudasen nas colleitas destes produtos. De feito, este ano o Concello contará coa colaboura de José Luís Cuba, gañador durante os oito últimos ano do Certame de Cestas, e tamén con Antonio Díaz, representante do restaurante Andarubel, que compartirán o escenario da Casa Dopeso para ofrecer unha charla – coloquio sobre o mundo da micoloxía e que será de entrada totalmente libre. Dende ás 11.30 horas, ámbolos dous expertos darán a coñecer aos que se sumen a esta iniciativa non só a gran variedade de fungos e cogomelos que podemos atopar nos montes galegos, senón tamén as súas características e o seu posible aproveitamento gastronómico. Non faltarán os consellos e directrices para limpar e conservar os diferentes especímenes micolóxicos e ata se preparán diferentes pratos con cogomelos. Asemade, tamén está previsto que se desenvolva, na sala de exposicións do Mercado Vello, unha mostra de oficios tradicionais organizada polo colectivo de Artesáns do Eume, ao que tamén se sumarán diferentes exhibicións de artesanía en vivo, nas que poderán participar os propios visitantes. Non podía faltar a degustación popular da que aínda está por determinar o menú e que será servida polo restaurante pontés 5 Jotas, na carpa instalada no patio do colexio Santa María. A organización prevé repartir ao redor de 850 racións de diferentes pratos nos que, ademáis dos cogumelos, tamén contarán con protagonismo productos locais coma o mel ou o queixo da comarca. Xa pola tarde, dende as 17.00 horas, será posible desfrutar tamén no patio do colexio Santa María dos monólogos de Pepo Suevos e Oswaldo Digón, e, dende as 20.30 horas, no auditorio municipal Alovi, da XX Mostra Folclórica Vila de As Pontes, organizada pola Asociación Cultural Alende e que contará coa actuación do grupo Leña Verde e dos anfitrións desta cita. Certame de Cestas O departamento municipal de Cultura tamén deu a coñecer as bases que rexerán unha nova edición do certame de Cestas que repartirá máis de 1000 euros entre os participantes que decidan tomar parte neste concurso. Como novidade, este ano o certame terá como escenario a Praza de América. Os participantes, maiores de idade, deberán presentar propostas que conten cun mínimo de dez especies diferentes de fungos, debidamente identificados. Cada concursante tan só poderá presentar unha cesta que será sometida á avaliación do xurado composto por persoas especializadas na materia que analizará as diferentes propostas dende as 11.00 horas. Os participantes deberán manter a súa exposición ata, a lo menos, ás 14.00 horas, recibindo 20 euros en concepto de desprazamento no caso de non resultar premiados. Os gañadores recibirán os seus premios en torno ao mediodía repartíndose máis de 1000 euros entre as seis mellores cestas. Así o primeiro premio será de 300 euros, o segundo de 180 euros, o terceiro de 120 euros e, finalmente, o cuarto e quinto clasificados levarán cadanseu premio de 80 e 60 euros respectivamente. Asemade, concederase un premio especial de 300 euros. Para anotarse a este certame tan só é preciso inscribirse no departamento de Cultura, ubicado no primeiro andar da Casa Dopeso, telefonando ao 981 44 03 44 ou remitindo un correo electrónico a cultura@aspontes.org denantes das 2 da tarde do 31 deste mes. Outra posibilidade é pasarse polo posto do departamento municipal de Cultura que se instalará a mesma xornada da feira denantes das 11.00 horas. O concello conta na súa páxina web con toda a información sobre este certame que se pode ampliar no enderezo electrónico www.aspontes.com.

19/10/11

O Ministro de Xustiza desprázarase o venres a As Pontes para disertar sobre a igualdade actual en Galicia

O Concello de As Pontes organiza esta visita que incluirá un percorrido pola central térmica de Endesa e unha recepción na Casa Consistorial O Ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, visitará o vindeiro venres As Pontes co gallo de impartir unha conferencia sobre a igualdade en Galicia. O executivo local é o responsable da organización desta visita que dará comezo en torno ás 17.00 horas, na Casa Consistorial, coa recepción oficial do máximo representante do Ministerio de Xustiza. Unha comitiva integrada polos membros da corporación municipal e encabezada polo rexedor pontés, Valentín González Formoso, recibirá a Francisco Caamaño que tamén aproveitará a ocasión para asinar no Libro de Ouro do Concello de As Pontes. Posteriormente, ás 17.15 horas, o ministro trasladarase ata o salón de actos da Casa Dopeso onde protagonizará unha charla titulada Igualdade na Galicia Actual e que será de acceso libre para todo aquel que desexe participar na mesma.Ao seu remate o máximo representante do Ministerio de Xustiza atenderá aos medios de comunicación, na mesma Casa Dopeso. Como punto e final da xornada , Francisco Caamaño xunto con varios membros do executivo pontés, participarán nunha visita á central térmica de Endesa, expedición que, nun principio, arrincará en torno ás 18.30 horas.

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA DESTINA 45.000 EUROS PARA SUFRAR OS GASTOS DE PERSOAL E MATERIAL DO GRUPO MUNICIPAL DE INTERVENCIÓN RÁPIDA

As Pontes recibirá da Deputación da Coruña 45.000 euros para sufrar os gastos do Grupo Municipal de Intervención Rápida (GRUMIR). O convenio, asinado onte na propia sé do goberno provincial, permitirá que o municipio conte cun novo aporte económico co que se sufragarán os gastos de persoal e material funxible co que se precisa dotar este servizo. Este acordo, rubricado polo alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, e o presidente da Deputación Provincial, Diego Calvo, farase extensible a outros 15 concellos coruñeses que contan cun servizo similar e que onte tamén asinaron os seus respectivos convenios coa Deputación. Así as cousas, Arteixo, Arzúa, Boiro, Betanzos, Boqueixón, Brión, Carballo, Cee, Miño, Noia, Ordes, Ortigueira, Ribeira, Santa Comba e Vimianzo tamén percibirán 45.000 euros para os seus respectivos GRUMIR o que da lugar a unha inversión total por parte da administración provincial de 720.000 euros. E é que, dende a Deputación da Coruña aseguraron que é fundamental o traballo desenvolvido por estes grupos, un traballo tamén vital para o día a día dos concellos coruñeses, segundo recalcou o presidente Diego Calvo.

O teatro e a música coral protagonizan a programación cultural da fin de semana

Produccións Teatrais Excéntricas traerá ata As Pontes a súa última montaxe á que se sumará unha nova edición do Festival de Outono de Corais A compañía Produccións Teatrais Excéntricas visitará este venres As Pontes gracias á campaña teatral de outono deseñada polo departamento municipal de Cultura. A formación compostelana traerá ata As Pontes unha das súas ultimas montaxes: Un Cráneo Furado que toma así o relevo das produccións O Florido Pensil e Life is a Paripé que, en semanas anteriores, visitaron o municipio da man de Eme2Producións e Obras Públicas. Protagonizada por Víctor Mosquera, Dorotea Bárcena, Evaristo Calvo e Santi Romay, Un Cráneo Furado está baseada na novela homónima do irlandés Martin McDonagh onde o humor negro é a intriga son as principais liñas argumentais dunha historia de crimes, esqueletes desaparecidos e diálogos estridentes. Premiada cos galardóns María Casares ao mellor espectáculo, mellor actor principal e secundario, mellor adaptación e mellor escenografía, Un Cráneo Furado presentarase no escenario do auditorio municipal Alovi este venres, ás 21.00 horas. Mañá mesmo e tamén o venres, entre as 12.00 e as 13.30 horas, será posible facerse cunha localidade para este espectáculo, a un prezo de tan só 3,50 euros. Asemade, hora e media denantes do comezo da representación a billeteira do Alovi abrirase novamente para a venda das localidades restantes. Festival de Outono Xa o sábado, tamén no auditorio municipal Alovi, ás 20.00 horas, terá lugar unha nova edición do Festival de Outono de Corais. A iniciativa, organizada pola Agrupación Coral Endesa – As Pontes co apoio do concello, contará coa participación da Coral Polifónica O Son dos Cantares, a Coral Polifónica Xan Mella de Baio, o Coro Municipal de Mulleres de Camariñas e a formación anfitriona. Como ven sendo habitual a entrada será totalmente libre para todos aqueles que desexen desfrutar, no auditorio municipal Alovi, dunha colección das mellores voces de toda a xeografía galega.  

18/10/11

Unha trintena de establecementos integrarán a oferta comercial da cuarta edición do MOVA

• O Concello e a Asociación de Empresarios e Comerciantes encargaranse da organización deste mercado no que se aposta polo nivel, calidade e variedade do tecido comercial de As Pontes O Concello de As Pontes, mediante o departamento de Industria e Comercio, xunto coa Asociación de Empresarios e Comerciantes de As Pontes, están xa a traballar na cuarta edición do Mercado de Oportunidades Vila de As Pontes (MOVA), unha cita coa que se busca impulsar o sector comercial local e que este ano batirá records de asistencia coa participación de 32 establecementos. A Cámara de Comercio tamén respaldará a celebración deste mercado, que terá lugar o 1 de novembro, e que, en verbas da concelleira Montserrat García, se marca como segundo obxectivo concienciar aos veciños e veciñas da importancia de realizar as súas compras nos establecementos ponteses; compras que, tal e como subliñou García, redundarán positivamente na propia economía local, o que é moi necesario ante a situación actual de crise que se está a vivir. E é que, tralo rotundo éxito do III Certame de Tapas Vila de As Pontes, que serviu para impulsar a hostalería local, dende o executivo local optouse por apostar fortemente, unha vez máis, polo sector comercial pontés con iniciativas coma este mercado que, ano tras ano, logra maior clientela. Neste senso, a edil de Industria e Comercio definiu esta nova edición do MOVA coma unha gran oportunidade para dar a coñecer a ampla oferta de comercios cos que conta As Pontes, todos eles de gran calidade e con produtos que nada envexan aos que se poden atopar nas grandes superficies. De feito, Montserrat García fixo un chamamento á cidadanía para que ésta aposte por realizar as súas compras en As Pontes, onde os seus establecementos son sinónimo de calidade, variedade e de proximidade. Precisamente, desta gran diversidade comercial será posible ser testemuño directo o vindeiro 1 de novembro, con este cuarto mercado de oportunidades no que se unirán dende tendas de roupa, complementos ou calzado, ata postos de electricidade, seguros, axencias de viaxes, produtos de bazar, xogueterías ou librarías que gozarán de candanseu lugar na carpa que se instalará na Avenida da Coruña e que, este ano, servirá de escenario para esta cita mercantil. Por outra banda, a concelleira subliñou o gran éxito de convocatoria deste cuarto MOVA ao superar a trintena de postos, situación que non se viviu nin sequera no recentemente celebrado Outlet de Lugo onde o número de establecementos participantes a penas superou a vintena. O MOVA permanecerá aberto en horario ininterrompido, entre as 10.00 horas e ata as 19.00, e no mesmo veciños e visitantes poderán facerse con diversos artigos ou servizos a prezos moi reducidos. Asemade, os clientes tamén terán un segundo aliciente xa que coas súas compras recibirán participacións para o sorteo final de dous cheques de 150 euros, por xentileza da Asociación de Comerciantes e Empresarios de As Pontes, que se sorterán unha vez que se peche o mercado.

17/10/11

As escolas culturais ofertadas polo Concello de As Pontes superan, este ano, as 400 matrículas

• Baile moderno volve rexistrar o maior número de matrículas con case 160 inscritos seguido de pandeireta con medio cento de anotados As Pontes, 17 de Outubro de 2011.- Máis de 400 veciños e veciñas de As Pontes tomarán parte, este curso, nas diferentes modalidades formativas ofertadas polo departamento municipal de Cultura. Segundo deron a coñecer dende a concellería que dirixe Sara Ramos 417 ponteses e pontesas, de diferentes idades, tomarán este ano clases de danza clásica e moderna, acordeón, gaita, guitarra eléctrica, percusión ou pandeireta; o que supón 25 alumnos máis que os rexistrados en 2010, onde a cifra de matriculados foi de 392. A modalidade con maior número de alumnos é, un ano máis, baile moderno, con 157 inscritos, seguida de padeireta con 55 alumnos e gaita e frauta con 47 anotados. Por debaixo das 40 matrículas están as disciplina de danza clásica con 38 anotados, baile tradicional con 30 e acordeón con 28 alumnos. No tocante á modalidade de tamboril, a cifra de inscritos ascende este curso ata os 21, namentras que en baile flamenco hai para este ano 15 matriculados. Pechan esta relación as disciplinas de batería e guitarra eléctrica con 13 alumnos cada unha. É preciso lembrar que este programa formativo conta co respaldo económico da Deputación da Coruña, que cada ano destina algo máis de 15.000 euros a estas clases. A estes fondos súmanse tamén as aportacións do Concello e a matrícula anual dos alumnos e alumnas destas dez disciplinas, ingresos que ascenden a algo máis de 15.000 euros e cos que se sufraga a contratación dos mestres de cada unha destas modalidades.

14/10/11

UNHA DEMOSTRACIÓN DE COCIÑA E UN ESPECTÁCULO HUMORÍSTICO PRINCIPAIS NOVIDADES DA XXII FEIRA DE FUNGOS E COGUMELOS

Poucos días quedan para a celebración dunha nova edición da Feira de Fungos e Cogumelos de As Pontes, a vixésimo segunda xa e que dende o departamento de Cultura, están a preparar co fin de ofrecer unha atractiva programación que permita aos veciños e veciñas de As Pontes e dos concellos limítrofes desfrutar da riqueza gastronómica local e tamén dun mundo de sabores e arumes como é o dos fungos. Como é habitual, o certame de cestas copará parte do protagonismo do 1 de novembro aínda que moito terán que traballar estes días aqueles que decidan participar neste concurso xa que o tempo acompaña ben pouco para saír na busca de cogomelos. Nembargantes, os que o vindeiro Día de Defuntos se acheguen ata as pontes para participar nesta cita verán un cambio de escenario xa que o certame de cestas trasladarase á Praza de América. Asemade, este ano, non se contará co xa gañador durante oito edicións consecutivas desta convocatoria: o mugardés José Luís Cuba que, nesta ocasión, desenvolverá un papel totalmente diferente xa que a organización conta con el para outro tipo de actividades a celebrar esta xornada pero que aínda están por rematar de concretar. Tamén está previsto introducir novidades nos premios deste concurso. O que sí que non cambia é a degustación popular que estará servida polo restaurante 5 Jotas e na que se repartirán 850 racións dun menú no que aínda se está a traballar e que se repartirá na carpa que se instalará no patio do colexio Santa María. O que sí que se confirmou dende o departamento municipal de cultura foi a celebración dun showcooking, unha demostración en directo de cociña na que se prepararán en directo diferentes pratos con cogomelos. Non faltarán os galardóns aos mellores traballos escolares correspondentes ao concurso escolar o mundo da micoloxía e teremos a posibilidade de desfrutar de dúas exposicións: unha adicada á artesanía do Eume, que se completará con diferentes demostracións de oficios tradicionais e unha segunda sobre balnearios. A música non podía faltar nesta xornada de festa cunha nova edición da Mostra Folclórica das Pontes na que intervirán a Agrupación Cultural Alende e o grupo Leña Verde que se completará coa actuación, no patio do colexio Santa María, dos monologuistas Pepo Suevos e Oswaldo Digón que, dende as 17.00 horas, amenizarán a xornada de todos aqueles que se animen a achegarse ata este emprazamento. E para pechar xornada nada mellor que ir de compras e pasearse polos postos do cuarto Mercado de Oportunidades Vila de As Pontes (MOVA) que cambia de ubicación xa que, da Canle IV, pasa á Avenida da Coruña. Nas vindeiras semanas, a concellería que dirixe Sara Ramos concretará o programa de actividades para o 1 de novembro, xa que, nestes días aínda se están a pechar dende o menú a degustar esta xornada ata outro tipo de novidades das que os ponteses e pontesas poderemos desfrutar durante o Día de Defuntos, unha xornada na que As Pontes volverá a captar a atención de veciños e visitantes para convertirse nunha das referencias de Galicia no bo comer.

O ENCORO DA RIBEIRA VIVE O SEU OUTONO MÁIS SECO CON TAN SÓ O 25% DAS SÚAS RESERVAS

O caudal da presa da Ribeira está cada vez máis baixo. Se a comezos de outubro o encoro estaba ao 28.89% da súa capacidade, en apenas sete días, esa capacidade baixaba en case cinco puntos, situándose a día de hoxe nun 24.13% de ocupación. É dicir, a seca que padecemos dá paso aos niveis históricos máis baixos de almacenamento de auga rexistrados no encoro da Ribeira pasando dos 32.80 hectómetros cúbicos que é o volume total aos 7.91 metros cúbicos actuais. Unha situación moi semellante se vivía no ano 2003, e tamén no mes de outubro, pero así e todo nunca estivemos por baixo do 31% de capacidade. Volvendo ao informe emitido por Augas de Galicia relativo á evolución dos recursos hídricos no ano hidrolóxico 2010-2011, saiban que comezamos ano co encoro da Ribeira ao 69% da súa capacidade . Dous meses máis tarde, as últimas chuvias do inverno propiciaban un notable aumento da ocupación, situándose ésta en case o 95%. E chegábamos á metade do ano co 86% de capacidade. Foi xa a partir de Xullo cando comezaba esa baixada histórica, no mes das Festas a ocupación do encoro da Ribeira era do 79%. En Agosto do 67%. En Setembro o encoro estaba ao 49% e no último informe emitido con data do pasado 10 de Outubro a capacidade do encoro non chega a unha cuarta parte. Polo momento non se pensa en aplicar restricións de auga no subministro doméstico, e é que Endesa deixou de turbinar para garantir que queda auga de abastecemento. Así e todo, en caso extremo e chegado o momento de adoptar medidas de aforro de auga, o subministro aos veciños sería o último que se interrompese. E é que antes se deixaría de alimentar á central de ciclo combinado e tamén ao complexo térmico. Agora só nos queda agardar que a chuvia faga aparición, e neste senso dende Meteogalicia anuncian cambios na atmósfera para a vindeira semana, por mor do achegamento das baixas presións. Así a probabilidade de chuvascos irá en aumento e as temperaturas descenderán quedando en valores máis propios desta época do ano.

Servizos Sociais organiza un obradoiro de cestería con material de refugallo dirixido ás mulleres

15 pontesas poderán participar neste curso que forma parte da conmemoración do DíaInternacionalda non Violencia contra a Muller As Pontes, 14 de Outubro de 2011.- O Concello de As Pontes, mediante a concellería de Servizos Sociais e Atención Cidadá e o Centro de Información á Muller (CIM) está xa a preparar as primeiras actividades incluídas no programa de conmemoración do Día Internacional da Non Violencia contra a Muller, que cada mes de novembro inclúe charlas, obradoiros e actividades dirixidas ás veciñas do municipio. Nesta ocasión, e coa colaboura da Asociación de Artesáns do Eume, está previsto que se desenvolva a segunda edición do obradoiro de cesteiría con papel reciclado, curso que terá unha duración de oito semanas e que arrincará o vindeiro 24 de outubro. A artista local Lourdes Acera Olaso será a encargada de dirixir novamente este curso que se desenvolverá os luns entre as 10.00 e as 12.00 horas nas dependencias da Casa de Don Pedro. Dende hoxe mesmo está aberto o prazo de matrícula, ata o día21 deste mes, debendo aboar 20 euros para a compra de material. O número de prazas ofertadas é de15, cifra similar á do curso de cestería desenvolvido o pasado mes de marzo, ao abeiro da programación do Día Internacional da Muller e que tamén foi impartido pola mesma artesá cun gran éxito de participación xa que as prazas quedaron escasas. E é que este curso axuda a fomentar a creatividade das participantes, de aí que se optase por repetir esta actividade. Para poder anotarse ou obter máis información sobre este obradoiro tan só é preciso telefonar ao 667 12 93 34, de luns a venres en horario de 08.00 a 15.00 horas, denates do vindeiro día 21, xornada na que remata o prazo de inscrición.

As escolas deportivas municipais rexistran un novo éxito con máis de 300 matrículas nas súas 13 modalidades

As disciplinas de aerobic,mantemento físico e pilates son as que rexistran un maior número de inscricións As Pontes, 13 de Outubro de 2011.- Máis de 300 ponteses e pontesas de diferentes idades participarán, este curso, nas diferentes modalidades deportivas ofrecidas polo Concello de As Pontes ao abeiro do seu programa de escolas deportivas municipais que, para este curso, inclúe un total de 13 modalidades deportivas. De feito, un ano máis queda demostrada a gran calidade e atractivo da oferta deportiva municipal con cifras que deixan claro o éxito de programas como é, neste caso, o das escolas deportivas municipais. Segundo informan dende o departamento municipal de Deportes, a modalidade con maior número de inscritos é pilates con 70 matrículas, seguido de mantemento físico con 45 e ximnasia rítmica con 40 alumnos. Preto dos 30 anotados se sitúan as modalidades de aerobic con 28 anotados, tenis con 27, patinaxe con 25 e baloncesto con 24 inscritos. Xa en psicomotricidade a cifra de matriculados é de 16 e en fútbol sala de 15, namentras que en atletismo e taekwondo hai inscritos un total de 10 alumnos. Pechan o listado as escolas deportivas municipais de xadrez e tiro con arco con 5 matrículas cada unha. Malia que xa hai modalidades con lista de agarda coma é o caso de aerobic, pilates ou mantemento físico, aínda é posible anotarse no resto de disciplinas deportivas con tan só achegarse ata a oficina municipal de deportes, ubicada no polideportivo municipal da Fraga. Asemade, tamén é posible solicitar calquer tipo de información ao respecto telefonando ao 981 45 26 02.

12/10/11

Tres Pontes, Sete Camiños e Trastoy 1 fanse cos premios do III Certame de Tapas Vila de As Pontes



tapas Hoxe tivo lugar o acto de entrega de premios dun certame no que participaron 34 establecementos que repartiron, duranteunha semana, máis de 30.000 pinchos O Mesón Sete Camiños, a cafetería Tres Pontes e o bar Trastoy 1 proclamáronse hoxe vencedores do III Certame de Tapas Vila de As Pontes que, un ano máis, organizou o Concello de As Pontes, mediante o departamento de Industria e Comercio, e a Cámara de Comercio, coa colaboura do Instituto Pontés de Promoción Económica (IPPEC), RTV Eume e o clube gastronómico El Gurmet. Así na categoría de tapa máis popular, escollida polo voto do público, o premio foi para o Froito do Mar da cafetería Tres Pontes. No tocante aos premios outorgados polo xurado, o pincho máis innovador foi o presentado polo Mesón Sete Camiños coa súa Receita da Aldea, namentras que o galardón á tapa máis saborosa recaeu na Tapa da Lembranza do Trastoy 1. Os nomes dos premiados déronse a coñecer nun acto celebrado esta mañá nas dependencias da Casa Dopeso e que estivo presidido polo alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, e varios dos integrantes da organización que, nestes días exerceron de xurado. Na súa intervención, o rexedor pontés agradeceu a participación e esforzo dos 34 locais hostaleiros que tomaron parte neste certame e que, en moitos casos, tiveron ata que reforzar o seu plantel de traballadores para tomar parte neste concurso. González Formoso tamén fixo fincapé na importancia de iniciativas coma a desenvolvida nestes días que sitúan a As Pontes no mapa gastronómico galego e que, asemade, redundan positivamente no tecido hostaleiro local xa que, mediante citas coma a vivida estes días, os restaurantes e cafeterías aunan esforzos por dar un bo servizo á clientela e fomentan a competitividade sá e a creatividade para idear propostas gastronómicas da máis alta calidade que tamén permite atraer clientela tanto de As Pontes coma doutros concellos da contorna. A edil de Industria e Comercio, Montserrat García, tamén deu conta do seu agradecemento aos establecementos hostaleiros ponteses polo traballo destes días. De feito, segundo as estimacións de participación manexadas polo goberno municipal, a cifra de tapas repartidas estes días ascende a 30.000 aínda que, no voto popular tan só se puideron ter en conta 1.000 papeletas cubertas correctamente con 10 selos doutros tantos locais participantes. Na súa intervención, Montserrat García tamén anunciou que a intención do departamento que dirixe pasa por continuar a desenvolver iniciativas en prol do desenvolvemento do comercio e hostalería de As Pontes, que redunden nunha mellora da economía local. O acto completouse coa actuación do humorista Pepe Capelán e co sorteo de tres ceas para dúas persoas entre o público que emitiu o seu voto, ceas que recaeron en Fina Tojeiro, Noelia Fraga e Silvia Piñeiro.

11/10/11

O III Certame de Tapas Vila de As Pontes clausúrase este mércores cunha entrega de premios

Os hostaleiros ponteses están convocados este mércores ás 12.00 horas na Casa Dopeso para recoller un agasallo ou algún dos tres premios en xogo O III Certame de Tapas Vila de As Pontes, organizado polo Concello de As Pontes, a Cámara de Comercio, o Instituto Pontés de Promoción Económica, RtvEume e o clube gastronómico El Gurmet, celebra mañá a súa clausura coa entrega dos premios a tres dos 34 locais hostaleiros participantes. Así, ás 12.00 horas, no salón de actos da Casa Dopeso terá lugar a entrega de premios aos locais que presentasen a tapa máis saborosa e á máis innovadora, que escollerán os membros do xurado. Tamén será premiada a tapa máis popular, escollida mediante o voto do público que, nestes días, depositou a súa papeleta con 10 selos doutros tantos establecementos hostaleiros participantes nas diferentes urnas espalladas polo casco urbano. Asemade, todos os locais participantes recibirán un agasallo ao que se sumará o sorteo de tres ceas para dúas persoas entre o público que decidise depositar o seu voto. O acto de mañá contará coa actuación de José Luis Mañana coñecido polas súas aparicións na Televisión de Galicia, como Pepe Capelán nos programas da canle autonómica Bamboleo e A Solaina.

10/10/11

A III FEIRA DO QUEIXO E DO MEL DE AS PONTES LOGRA UN NOVO ÉXITO DE PARTICIPACIÓN CON MÁIS DUN MILLEIRO DE COMENSAIS



Feira do mel e queixo O sabor doce do mel e a suavidade do queixo da nosa comarca déronse cita onte en Goente na terceira edición da feira de exaltación destes dous produtos locais. Unha convocatoria que logrou, unha vez máis, un gran éxito de público, e é que poucos quixeron perderse a oportunidade de degustar estes manxares da terra e ata de desfrutar das múltiples actividades ideadas pola organización para esta xornada gastronómica. O bo tempo axudou a que milleiros de veciños tanto de As Pontes coma doutros concellos limítrofes se animasen a visitar Goente e a facer desta cita gastronómica un novo éxito. Os esforzos non foron poucos xa que o Concello, a delegación do Eume da Asociación Galega de Apicultura, a Casa do Mel de Goente e os colectivos veciñais de Virxe do Rosario da Faeira e Raíces de Goente volcáronse, un ano máis, na organización deste evento que xa forma parte do calendario gastronómico local e que se suma á importante oferta de boa mesa coa que contamos nas Pontes. De feito, o propio alcalde daba conta da súa satisfacción ante a gran resposta do público nunha convocatoria que está a permitir que As Pontes se situe coma un referente gastronómico galego, gracias a productos coma o queixo e o mel. O presidente de Agaeume, Manuel Ferreira, compartía satisfacción co rexedor pontés ante a gran afluencia de público e é que, onte, vendíanse case os mil tickets emitidos para o xantar popular que se servía ao abeiro desta Feira. Churrasco, mel, queixo e freixós integraban o menú que se completou cunha merenda a base de freixós e produtos da comarca e tamén con compras xa que unha vintena de postos de artesanía, mel ou queixo ofrecían os seus produtos e facían caer na tentación aos visitantes. Para os máis pequenos houbo hinchables, obradoiros de cesteiría e tornería e ata un obradoiro de cera no que os rapaces podían aprender a facer a súa propia candea en forma de flor. Pero grandes e pequenos tamén puideron desfrutar da mostra do coleccionista e restaurador de motocicletas Elías Gabeiras, que espuxo unha vintena dos seus vehículos recuperados, entre eles unha Norton con 80 anos de idade; da música da banda de gaitas alfaia ou da colección de maquinaria agrícola que tamén se instalou en Goente. Por suposto a gastronomía foi o centro da maior parte das actividades da xornada e un dos momentos de maior expectación rexistrouse coa entrega dos premios do III Certame de receitas doces e salgadas e do IV Concurso de Cata de Meles. O primeiro, con 21 participantes, repartiu como premio catro cestas de produtos de Queserías del Eume e da Casa do Mel entre particulares e profesionais do sector. De feito, na categoría de receitas doces, a Vitoria foi para Ana Soto, da Capela, coas súas estrelas de queixo e requeixo con marmelada de froitas e mel de cogomelos, no apartado de particulares, e no de profesionais para a tarta de requeixo elaborada por Francisco Jarel Saavedra. Ana Soto repetía trunfo entre os pratos salgados coa súa brandada con alioli de Mel, namentras que o restaurante A Palma de Vilar de Mouros se impoñía coas súas piruletas de xamón e queixo. No tocante ao certame de Meles claras e escuras, José Manuel Roel e Remedios Fernández facíanse co favor do xurado que tamén outorgaba unha mención especial ás Meles presentadas por Elena Díaz, Ilda Besteiro e Juan Carlos Riveira. Coa música da Sintonía de San Covade despedíase ata o vindeiro outubro esta cita gastronómica que, unha vez máis, volveu colocar o mel e queixo de As Pontes no ranking dos mellores de Galicia.

6/10/11

OS "LARPEIROS" BENIGNO CAMPOS E TOMÁS ALONSO INAUGURAN O III CERTAME DE TAPAS VILA DE AS PONTES



As Pontes puido ver onte a elaboración en directo das receitas que habitualmente seguen moitos a traverso da TVG no programa Larpeiros, e é que os presentadores deste espazo, Benigno Campo e Tomás Alonso, achegáronse ata As Pontes para inaugurar oficialmente o Concurso de Tapas Vila de As Pontes, que celebra a súa terceira edición cun novo record de participantes, cun total de 34 establecementos.

O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso; a edil de Industria e Comercio, Montserrat García, e a responsable da Antena Cameral, Mila Serantes, presidiron esta inauguración oficial nas inmediacións do Mercado de Abastos, que se engalanou para a ocasión.

Logo chegou a hora do espectáculo dos Larpeiros que foron seguidos por un numeroso público que coñecía moi ben o seu traballo e que departíu durante case dúas horas con Benigno Campos e Tomás Alonso nunha xornada moi participativa, na que os televisivos cociñeiros elaboraron un arroz e un postre con amorodos e manteigadas que, posteriormente, foi entregada a Cáritas Parroquial.

Para este menú, Campos e Alonso empregaron, como non podía ser doutro xeito, productos típicos da zona, coma o mel, o queixo ou os cogomelos.

Aínda despois de rematar coa cociña, os convidados desta xornada de inauguración adicaron un bo tempo a saudar, fotografiarse e asinar libros de receitas, cos que se pechou este primeiro día de concurso.

A Feira do Mel e Queixo de Goente celebra , o vindeiro domingo, a súa terceira edición

• Exposicións de artesanía, maquinaria ou motocicletas e un xantar popular son parte do programa ideado este ano pola organización deste evento gastronómico

As Pontes, 05 de Outubro de 2011.-
O Concello de As Pontes, a delegación do Eume da Asociación Galega de Apicultura (AGAEUME), a Casa do Mel de Goente e os colectivos veciñais de Virxe do Rosario (A Faeira) e Raíces (Goente) organizan, este mesmo domingo, a terceira edición da Feira do Queixo e do Mel, cita coa que se pretende, unha vez máis impulsar estes dous produtos da comarca.
Esta celebración, coa que tamén colaboran os veciños de San Pedro do Eume e Queixerías do Eume, arrincará ás 11.00 horas, na parroquia de Goente, momento no que se abrirán ao público a vintena de postos de mel, queixo, artesanía ou doces que se darán cita en Goente nesta xornada, unha exposición de motocicletas antigas e unha segunda de maquinaria, ao que se sumarán hinchables para os máis pequenos da casa.
O programa deste día tamén incluirá un xantar popular, dende as 14.30 horas, e no que, segundo a organización, se poderían alcanzar os mil comensais aínda que é posible, nestes días, adquirir unha invitación por 15 euros nos establecemento Casa Díaz, Casa Valentín, Bar Manola, Gasolineira Porta do Eume, Casa do Mel de Goente e Casa Picos.
Os que prefiran optar por unha degustación teñen a opción de facelo o mesmo domingo, a partir das 14.00 horas, por un prezo de 3 euros, o que inclúe requeixo, mel, freixós e queixo.


Asemade, durante a xornada de domingo tamén terá lugar unha nova edición do concurso de receitas doces e salgadas con mel e queixo da comarca para o que xa non é posible anotarse.
Os gañadores tanto deste certame coma do IV Concurso de Meles daranse a coñecer ao longo da mañá do domingo, xornada na que tamén se fará entrega dos premios pertinentes e que consistirán en diferentes lotes de produtos da Casa do Mel e de Queixerías do Eume.
De feito, mañá mesmo e tamén o venres terá lugar a cata de meles, na propia Casa do Mel de Goente, na que se escollerán o mellor mel claro e escuro dos presentados a concurso.
A programación do domingo completarase cunha actuación musical ás 20.00 horas.
Asemade, onte e hoxe os escolares ponteses foron os principais protagonistas do programa ideado con motivo desta semana adicada á apicultura, xa que os escolares dos centros A Magdalena e Santa María visitaron Goente para participar en obradoiros de cera e mel.
De feito, os nenos e nenas puideron tomar parte na extracción e envasado do mel, colaboraron na elaboración de candeas e flores con cera, con distintas cores, visionaron vídeos apícolas e traballaron con programas informáticos nos que se lles dá a coñecer a vida da abella. Por último, os escolares puideron probar o mel con outros productos da comarca.
Xa para o sábado terán lugar a XII Xornadas Apícolas que, cada ano, se organizan para os expertos no mundo da apicultura e que, nesta ocasión, correrán a cargo do profesor e biólogo Juan José Lastra e o apicultor Javier Goyanes.
Estas charlas terán lugar ás 11.00 horas e ás 17.00 horas, na Casa Dopeso, e nas mesmas abordaranse aspectos coma a flora melífera e a xeobioloxía aplicada á apicultura.

A exposición itinerante que percorre a historia dos balnearios galegos recala nas Pontes





A exposición itinerante que percorre a historia dos balnearios galegos recala nas Pontes

A través da mostra poden coñecerse curiosidades como que no século XVIII os médicos xa receitaban aos pacientes a terapia das augas

Poderá visitarse no Mercado Vello ata o 23 de outubro

__________________________________________________________________

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2011 (Vía Láctea Comunicación).- A Asociación de Balnearios de Galicia inaugurou esta mañá na sala de exposicións Mercado Vello das Pontes a mostra itinerante “O lecer das augas. Historia dos balnearios de Galicia”, que permanecerá na localidade ata o vindeiro 23 de outubro. Esta iniciativa conta co patrocinio da Xunta de Galicia e coa colaboración da AEITEGAL -Agrupación Empresarial Innovadora Termal de Galicia-, da Cámara Oficial Mineira de Galicia, da Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia e do Concello das Pontes.

O alcalde do Concello das Pontes, Valentín González Formoso, presidiu o acto de inauguración. Tamén asistiron o presidente da Cámara Mineira de Galicia, Francisco Aréchaga Rodríguez; e o xerente da Asociación de Balnearios de Galicia, Benigno Amor Barreiro.

Durante o evento presentouse tamén o libro homónimo da exposición, a primeira publicación que reúne a historia dos balnearios galegos. Ambas iniciativas teñen a súa orixe nun convenio asinado en 2007 entre a Cámara Mineira de Galicia e a Asociación de Balnearios. En virtude deste acordo, o equipo do profesor da Universidade da Coruña Luís Alonso Álvarez realizou un estudo sobre a historia dos balnearios galegos, centrado no período 1700-1936, que adaptou para a súa publicación a editorial Galaxia.

A exposición consta de 12 paneis, ademais de cincuenta volumes seleccionados da biblioteca do codirector da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago, o doutor Luís Rodríguez Míguez, así como botellas, artigos de cosmética e distintas pezas (vasos, inhaladores…) procedentes algunhas da colección do doutor e outras cedidas por diversos balnearios da comunidade.

O xerente da Asociación de Balnearios de Galicia puxo de manifesto que “esta exposición ten unha enorme relevancia, pois consideramos que cómpre facer unha tarefa de divulgación do termalismo galego dende a perspectiva histórica, cultural, turística e tamén sanitaria, co fin de poñelo en valor”. Benigno Amor resaltou que “se na actualidade Galicia é a comunidade líder en termalismo non se debe só a que haxa unha gran riqueza en augas minerais, senón que tamén resultan fundamentais o esforzo investidor dos empresarios, o apoio da Administración e o recoñecemento social dos balnearios”.



Tal como se recolle no libro homónimo da exposición, “Galicia soubo aproveitar dende sempre a riqueza potencial das súas augas mineiromedicinais, converténdose nunha das comunidades líderes tanto en número de balnearios como en visitantes dentro do conxunto español”. As estatísticas revelan que Galicia acadou esta posición hexemónica no século XIX, cando naceron os primeiros balnearios “modernos”, e xa non a abandonou ata os nosos días, mesmo nas etapas de crise do sector.

A principios do século XIX fíxose obrigatorio que os balnearios dispuxesen de directores médicos encargados das terapias

No século XVIII comeza unha recuperación das fontes termais por parte das elites ilustradas, que se estende a outros grupos sociais, producíndose un reencontro entre a cultura das elites e a tradición popular das augas. Isto coincidiu coa publicación dunha ampla literatura sobre baños termais por parte de médicos, que comezaron a receitar aos doentes a terapia das augas.

A primeira regulación no uso das augas termais data de 1816 e dotou os balnearios de normas básicas para a xestión, inspección e uso das instalacións, así como a obriga de dispor de directores médicos encargados das terapias. A partir de 1875 empezaron a construirse hoteis e a oferta de actividades lúdicas atrouxeron a clientes máis acomodados. O enfermo transformouse co tempo en bañista e o espazo de curación en lugar de recreo. Os avances médicos e técnicos impulsaron novos usos da auga, melloraron a hixiene e permitiron a aplicación de tratamentos máis especializados. As técnicas tradicionais (baños, bebida ou embarro) combináronse con outras máis sofisticadas como a inhalación de gases, a pulverización, os chorros e, sobre todo, a aplicación industrial da electricidade á hidroterapia.

A auga mineral como recurso estratéxico de Galicia

En 1985 dez empresarios constituíron a que hoxe é a Asociación de Balnearios de Galicia para representar e promocionar o sector. Na actualidade conta con 21 balnearios asociados, o que representa máis do 95% do sector en Galicia. Ademais, a comunidade é líder nacional, pois representa preto do 20% da oferta.

Por outro lado, o termalismo galego aglutina a un conxunto de empresas interrelacionadas. Así, en abril de 2010 constituíuse a AEITEGAL -Agrupación Empresarial Innovadora Termal de Galicia-, integrada por máis de 50 empresas, con máis de 370 millóns de euros de facturación e uns 3.360 empregados. Tamén están asociadas as tres universidades galegas e diversos organismos públicos.

“Tanto a AEITEGAL como o futuro Clúster da Auga Mineral de Galicia están chamados a ser centros xeradores de proxectos cooperativos e innovadores que fagan das augas minerais un recurso estratéxico pola súa contribución á dinamización socioeconómica de Galicia” -declarou Benigno Amor-.


PRENSA Asociación de Balnearios de Galicia

981 554 407 / 639 768 929 ….. www.vialactea.es

www.balneariosdegalicia.com

4/10/11

A exposición "O lecer das augas". Historia dos balnearios de Galicia” visita a nosa vila.

Mañá preséntase unha nova exposición na nosa vila.
O Alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, o Presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia e o Presidente da Asociación de Balnearios de Galicia
presidirán mañá, a partir das 12 do mediodía, a inauguración dunha exposición
na Sala do Mercado Vello, en col da importancia dos balnearios na historia do pobo galego.
A Asociación de Balnearios de Galicia, co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboura da Agrupación Empresarial Innovadora Termal de Galicia, a Cámara Oficial Mineira de Galicia, e a Universidade de Santiago, desenvolveron a exposición “O lecer das augas. Historia dos balnearios de Galicia”, á que agora se suma como patrocinador o concello pontés para esta estadía na nosa localidade.
Esta mostra de carácter itinerante, que está a percorrer Galicia durante o presente ano, ten a súa orixe nun convenio asinado en 2007 entre a Cámara Mineira e a Asociación de Balnearios para realizar un estudo da historia dos balnearios galegos entre o 1700 e o 1936.
Consta de doce paneis que se amosan ó público xunto con libros históricos, botellas, artigos de cosmética e diversas pezas (inhaladores, vasos...) típicas destes establecementos.
Poderemos achegarnos a visitar esta mostra de martes a venres de seis e media a oito, sempre polas tardes, e xa os sábados pola mañá, de 11´30 a unha e media.

A vindeira semana comeza unha nova edición do Obradoiro de Conversa en Inglés, que ofrece gratuitamente o concello pontés.

A vindeira semana comeza unha nova edición do Obradoiro de Conversa en Inglés, que ofrece gratuitamente o concello pontés.
Logo de que se convocase un sorteo para adxudicar as 75 prazas previstas, decidíuse ampliar o cupo, en vista do aumento da demanda, e finalmente serán 90 os participantes, para o que se ampliou un grupo máis, ata os 90 participantes.
Esta formación está destinada a alumnos de terceiro, cuarto, quinto e sexto de Educación Primaria e primeiro e segundo de Secundaria, e está incluida no programa de apertura dos centros educativos fóra do horario lectivo.
As clases desenvolveranse semanalmente en horario de tarde a partir do luns, nas dependencias do colexio Monte Caxado.
Os alumnos dividiranse en clases de quince estudiantes que contarán cun profesor nativo que será o encargado de deseñar e levar a cabo as diferentes actividades, e xogos cos que mellorar o inglés oral dos participantes. Apostando un ano máis por un un sistema pedagóxico que opta pola mellora do inglés oral, baseándose en recreacións de situacións reais, máis que no que serían os coñecementos directos da gramática.

3/10/11

Servizos Sociais porá en marcha, esta semana, un curso de galego-castelán dirixido a inmigrantes

• Os participantes poderán mellorar o seu galego e castelán tanto falado como a nivel gramatical mediante dúas clases semanais de tres horas totalmente gratuítas.


O Concello de As Pontes, mediante a concellería de Servizos Sociais e Atención Cidadá, desenvolverá esta semana un curso de galego – castelán dirixido directamente a inmigrantes que residan en As Pontes.
O principal obxectivo deste curso pasa, segundo aclararon dende o departamento que dirixe José Alén, pasa por ofrecer ferramentas que faciliten a inclusión social e integración dos inmigrantes, por medio dun mellor coñecemento do idioma.
O curso, que será totalmente gratuíto, impartirase nas dependencias da Casa de Don Pedro dende a vindeira semana, en dúas clases de tres horas, en horario de mañá, e que se celebrarán os martes e xoves.
A metodoloxía de traballo incidirá no oral, con dous niveis, o de iniciación, centrado na conversa; e básico, mentres que no grupo de perfeccionamento xa se aboradará algo de gramática.
Os pictogramas e os tradutores serán ferramentas recorrentes nestes obradoiros para os que aínda quedan prazas.
Para anotarse aínda é posible achegarse ata as dependencias do servizo psicopedagógico municipal, ubicadas no segundo andar da Casa Dopeso, ou ben telefonar á propia concellería de Servizos Sociais no 981 44 10 08.

Máis de medio cento de tiradores participan en As Pontes na 5ª fase do Open Galaico-Astur de Tiro





• A competición, que se desenvolveu durante a xornada do pasado sábado, tivo como escenario as canchas do campo Pena da Revolta


O Concello de As Pontes albergou, o pasado sábado, a quinta fase do Open IPSC Galaico Astur de Tiro – Vila de As Pontes.
A competición, que unha vez máis se desenvolveu nas canchas do clube de tiro Pena da Revolta, contou con 60 tiradores procedentes de todos os puntos da xeografía galega e asturiana e estivo integrada por un total de oito exercizos, de diferente dificultade, nos que se mesturaron os blancos móviles e estáticos cos disparos dende diferentes distancias e ángulos.
Como ven sendo habitual, a proba estivo divida en tres categorías: estándar, open e producción e nas mesmas tomaron parte tanto tiradores coma tiradoras que deberon afrontar as mesmas probas para facerse co trofeo final.
Así, en open, o primeiro posto foi para Diego Abilleira Esperón, seguido de Luis Javier Abilleira Barreiro e de Jonás García Méndez. Na modalidade de producción a victoria foi para Jaime García Sánchez, seguido de Jesús Ferreiro Rodríguez e Fredy Landaeta Sosa.
Finalmente, na categoría de estándar, o título foi para David Davite Aguiar, seguido de José María Fajardo de Andrade e Juan Carlos Ferreño Piñeiro.

O cociñeiro Benigno Campos visita o mércores As Pontes no marco do III Certame de Tapas Vila de As Pontes

• 34 locais hostaleiros ponteses participan neste concurso que se desenvolverá entre os días 5 e 11 de outubro co fin de promocionar a riqueza gastronómica local


O cociñeiro do programa da Televisión de Galicia Larpeiros, Benigno Campos, visitará o mércores As Pontes a través do programa de actividades deseñado polo Concello de As Pontes, mediante a concellería de Industria e Comercio, e a Cámara de Comercio ao abeiro da terceira edición do Certame de Tapas Vila de As Pontes.
Campos contará coa compaña do xornalista e copresentador de Larpeiros Tomás Alonso nun acto que estará aberto a toda a veciñanza e que consistirá na preparación de varios pratos con produtos típicos de As Pontes e da súa comarca, coma o mel ou o queixo.
Así o mércores, dende as 18.00 horas, e diante do mercado municipal, ubicado a carón dos Xardíns Campo da Feira, todos aqueles que así o desexen poderán desfrutar do bo facer entre fogóns destes dous televisivos cociñeiros.
Asemade, tamén o mesmo mércores e ata o día 11 de outubro se desenvolverá o III Certame de Tapas Vila de As Pontes no que participan un total de 34 establecementos hostaleiros ponteses e co que tamén colaboran o Instituto Pontés de Promoción Económica (IPPEC), RTV Eume e o clube gastronómico El Gurmet.

En horario de 12.00 a 15.00 e de 19.00 a 23.00, ata a noite do 11 de outubro, será posible que os veciños e veciñas de As Pontes e tamén os visitantes poidan achegarse ata calquera dos establecementos participantes para degustar diferentes propostas gastronómicas e das que sairán as tres gañadoras deste ano, no que se escollerá a tapa máis votada polo público, a máis orixinal e a máis saborosa, éstas dúas seleccionadas por un xurado que, durante a semana de concurso, visitará os diferentes locais participantes para probas as propostas ideadas polos seus propietarios.
Así, nesta ocasión, será posible degustar dende tequeños ata raxo, polbo, callos, pementos recheos, navizas, freixós recheos, marmitako ou incluso un goulash, todo isto gracias ás diferentes e orixinais propostas deseñadas polos establecementos participantes para este terceiro certame de tapas Vila de As Pontes co que, un ano máis, se pretende poñer en valor unha das bazas turísticas máis importantes do concello pontés como é a gastronomía.
O público volverá xogar un importante papel neste concurso xa que, despois do seu paso pola zona de tapas, poderá emitir a súa opinión sobre estas, e participar no sorteo dunha cea para dúas persoas nun dos establecementos participantes. Para iso tan só deberá solicitar, en calquera dos locais participantes, unha papeleta que deberá ter debidamente selada por dez establecementos diferentes. Para conseguir un selo deberá degustar unha tapa.
O gañador tanto desta cea coma dos premios aos establecementos hostaleiros darase a coñecer o 12 de outubro nun acto público que terá lugar no salón de actos da Casa Dopeso ás 12.00 horas.