27/9/11

O Concello de As Pontes celebra o Día Internacional do Corazón e dos Maiores cunha xornada de deporte e formación

• Este venres a técnica deportiva municipal desenvolverá unha charla formativa e unha clase de ximnasia dirixida a todos os veciños e veciñas maiores de 50 anos


O Concello de As Pontes súmase, este ano, á conmemoración do Día Mundial do Corazón e do Día Internacional das Persoas Maiores, a través do departamento municipal de Deportes, coa organización da xornada denominada Vida Saúdable a partir dos 50. Nunca é tarde.
O obxectivo da concellería que dirixe Carlos Castro pasa por fomentar a práctica da actividade física, na etapa máis adulta, como un dos pilares para mellorar a saúde en xeral, coñecendo os seus efectos positivos sobre o corpo e a mente.
Esta xornada desenvolverase este mesmo venres dende as 10.00 horas no pavillón polideportivo municipal e estará integrada por unha charla-coloquio, na que se abordarán desde os diferentes hábitos de vida saudable, pasando pola práctica de actividade física e ata as posibilidades de mellorar a calidade de vida, independentemente da idade, para continuar cunha clase práctica de actividade física saudable adaptada a todas as idades. Esta segunda parte estará integrada por exercizos moi doados e sinxelos que mesmo se poderán realizar na casa ou mentras se pasea e que servirán para mellorar o funcionamento do corpo, en xeral.


Para obter máis información sobre esta xornada, o executivo municipal puxo a desposición da veciñanza máis datos na páxina web www.aspontes.com ao que se suma o contacto coa técnica deportiva municipal que se atopa nas oficinas do polideportivo municipal, coa que tamén se pode contactar telefónicamente, mediante o 667 19 20 99 ou enviando un correo electrónico ao enderezo ana.alonso@aspontes.org.

23/9/11

O IV Campionato Nacional Militar de Percorridos de Tiro clausurouse hoxe cunha entrega de medallas

• O acto de clausura estivo presidido polo alcalde de As Pontes e tamén contou coa presenza do Delegado do Goberno en Galicia

ENTREGA TROFEOS



Entrega trofeos Campeonato tiro
jueves 101
FOTOS XOVES 22 (AQUI)

martes 001
FOTOS MARTES (AQUI)

O IV Campionato Nacional Miliatar de Percorridos de Tiro puxo, esta mañá, o seu punto e final en As Pontes coa celebración da cerimonia de entrega de medallas aos mellores tiradores e tiradoras de cada categoría.
O acto estivo presidido polo alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso; o delegado do goberno en Galicia, Miguel Cortizo, que se encargou de pasar revista aos militares; o coronel e Secretario Xeral da Xunta Central de Eduación Física e Deportes da Garda Civil, Jesús Martín Diego; e o tamén coronel e Delegado de Deportes da Xunta Rexional de Galicia e Asturias, Delfín Prieto, aos que se sumaron tamén autoridades militares e municipais e integrantes da directiva do Clube de Tiro Pena da Revolta, onde, nestes días, se desputou esta proba.
O rexedor pontés salientou, na súa intervención, a satisfacción que supón que As Pontes volva contar cunha proba deste nivel e relevancia e agradeceu o importante papel dos organizadores e participantes aos que, anunciou, que sempre serán benvidos coma un veciño máis, en terras pontesas.
Tamén agradecía a importante participación rexistrada o delegado do Goberno en Galicia que, ademáis de felicitar aos gañadores, deu conta do respaldo do executivo central ás Forzas Armadas e que se manifestan mediante o apoio a competicións coma a desenvolvida nestes días en As Pontes.
Pola súa parte, o coronel Jesús Martín Diego daba conta da importancia de desenvolver probas coma a que hoxe se clausuraba e que reflicten posibles situacións reais coma as que se poden atopar, cada día, os membros das Forzas Armadas no seu traballo.
De feito, o tamén Secretario Xeral da Xunta Central de E.F. e Deportes da Garda Civil quixo salientar a calidade dos competidores, a súa gran preparación física e psicolóxica e o importante papel destes tiradores e tiradoras que, segundo explicou Martín Diego, representan os valores que se defenden nos diferentes corpos de seguridade do Estado.
No tocante aos resultados, o corpo da Garda Civil foi o máis laureado xa que na competición por equipos lograba o primeiro posto nas categorías de pistola estándar e producción e, na categoría individual lograba ata sete metais.
En categoría estándar individual masculina o terceiro posto foi para o cabo da Garda Civil José Lagunilla, o segundo para o Garda Civil Francisco Manosalvas e o trunfador foi o subtenente do Exército de Terra Antonio Cases.
En producción, o Garda Civil José Pérez logrou o primeiro posto seguido do seu compañeiro Buenaventura Darías e do sarxento DA Garda Civil Federico Conde.
No tocante, á competición feminina, a cabo do Exército do Aire Ana González lograba impoñerse ás gardas civís Noelia Hernández e Araceli Montes, segunda e terceira clasificada, respectivamente.
Na competición por equipos, en estándar a Garda Civil lograba o primeiro posto seguida do conxunto do Exército de Terra e dos competidores que integraban o equipo do Exército do Aire. Igual resultado se rexistrou na competición por equipos en categoría de producción coa Garda Civil como vencedora e os combinados dos Exércitos de Terra e Aire no segundo e terceiro posto, respectivamente.

Trala entrega de medallas procedeuse á cerimonia de arriado das bandeiras que presidiron o acto e que poñía o punto e aparte a esta competición, a segunda xa destas características que se celebra nas canchas de Pena da Revolta, e que o pasado mes de abril acollían o X Campionato de España de Tiro da Garda Civil, que contou con 73 participantes, e o recentemente celebrado Campionato de España de Tiro de Percorridos I.P.S.C. no que tomaron parte case 300 competidores de todo o país.
No tocante a esta proba, 40 foron os tiradores dos tres exércitos e do corpo da Garda Civil que participaron, dende o pasado martes e ata onte, nesta competición na que tiveron que afrontar 15 exercizos con dificultade variable e nos que se mesturaba a precisión coa velocidade, baseados en situacións que se poden dar na vida real.
Asemade, e xa fóra de competición, onte tiña lugar un exercizo de asalto a unha vivenda na que tomaron parte equipos de cinco tiradores e tiradoras que debían asaltar un piso, sempre con todas as medidas de seguridade esixidas, e empregando material coma o seu armamento regulamentario, un fusil, chaleques antibalas e cascos.

CLASIFICACIÓN FINAL:
Clasificación Individual Masculina Estándar
1º Antonio Cases (Subtenente Exército de Terra)
2º Francisco Manosalvas (Garda Civil)
3º José Lagunilla (Cabo 1º Garda Civil)
Clasificación Individual Masculina Producción
1º José Pérez (Garda Civil)
2º Buenaventura Darias (Garda Civil)
3º Federico Conde (Sarxento 1º Garda Civil)

Clasificación Individual Feminina Producción
1º Ana González (Cabo 1º Exército do Aire)
2º Noelia Hernández (Garda Civil)
3º Araceli Montes (Garda Civil)

Clasificación Equipos Producción
1º Garda Civil
2º Exército de Terra
3º Exército do Aire
4º Armada

Clasificación Equipos Estándar
1º Garda Civil
2º Exército de Terra
3º Exército do Aire

O Concello de As Pontes alberga mañá a primeira edición do festival músico cultural Kontrashte Fest

Actividades culturais, xogos populares e música marcarán o programa a desenvolver dende o sábado á tarde ata a madrugada do domingo


O Concello de As Pontes respaldará, esta fin de semana, a celebración da primeira edición do Kontrashte Fest, un evento que terá a música coma protagonista e que estará organizado pola asociación cultural pontesa Kontrashte.
Esta cita, na que a música será un dos principais atractivos, terá lugar mañá, na Canle IV e arrincará ás 16.00 horas.
Varis establecementos da vila colaboran con este festival no que será posible atopar xogos populares e diferentes actividades organizados pola plataforma Zona Zero e que se desenvolverán ata as 19.00 horas.
Posteriormente arrincará o festival musical onde se mesturarán diferentes estilos coma o hip-hop, o punk, o folk ou o rock coas actuacións de Ogmios (As Pontes), Muxarega (As Pontes), Arenga (Pontedeume), Carcomedhi ( A Coruña – Vigo), Desequilibrio Mental (Santiago), Maldía (Lugo), Legacy of Brutallity (Asturias) e Primitive (Santiago).
A entrada ós concertos será gratuita así como a participación nas diferentes actividades paralelas, asemade, delimitarase unha zona de acampada para os que decidan pernoctar en As Pontes e que tamén estará ubicada na Canle IV, a carón da estación de autobuses.

Servizos Sociais oferta 75 novas prazas para os seus obradoiros gratuítos de Conversa en Inglés

As clases, incluídas no Programa de Apertura de Centros Fóra de Horario Escolar, irán dirixidas a alumnos de Primaria e Secundaria

O Concello de As Pontes, a través do departamento municipal de Servizos Sociais e Atención Cidadá, abrirá este outono unha nova edición do Obradoiro de Conversa en Inglés, incluído no Programa de Apertura de Centros Fóra de Horario Escolar.
Por cuarto ano consecutivo, os estudantes de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) poderán participar nestas clases gratuítas que se impartirán a un total de 75 alumnos.
Como en anos anteriores, o programa desenvolverase semanalmente en horario de tarde, a partir do 10 de outubro, nas depenendencias do colexio Monte Caxado e haberá cinco grupos de quince estudantes que contarán cun profesor nativo que se encargará de desenvolver diferentes actividades, xogos e situacións que se poden dar na vida real pero sempre nun ambiente informal e distendido, que redunde na mellora do inglés oral dos participantes, deixando a un lado a gramática máis estricta.
E é que nestes tempos marcados pola globalización cada vez se fai máis preciso o manexo de mais dunha lingua, e nese contexto a aprendizaxe dun ou varios idiomas constitúe unha competencia non só para expresarse e comunicarse senón tamén para o contacto con outras culturas. Así se explicaba o edil de Servizos Sociais, José Alén, que definiu estas clases como unha ferramenta que permita aos estudantes ponteses mellorar a súa fluidez no uso do inglés.
En total convócanse 75 prazas e as solicitudes de participación realizaranse mediante instancia e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, ubicado na pranta baixa da Casa Consistorial, tendo de prazo dende onte ata o vindeiro día 29 de setembro.
A selección do alumnado farase mediante un sorteo público no caso de que a demanda existente fose superior ás prazas convocadas, e que se celebraría o 3 de outubro ás 9.00 horas na Casa do Concello.
Logo, o alumnado que consiga praza no programa inglés de conversación deberá acudir ao Servizo Psicopedagóxico Municipal, no segundo andar da Casa Dopeso, os días 5 e 6 de outubro para confirmar a súa inscrición. De non cumprirse este requisito considerarase que se renuncia á praza e adxudicarase ao suplente correspondente.

22/9/11

O Concello de As Pontes abre pon en marcha os Almorzos no Cole para medio cento de estudantes

• Os estudandes dos colexios A Magdalena e A Fraga son os primeiros beneficiarios dun programa que volve axudar á conciliación da vida laboral e familiar e ao fomento de hábitos alimenticios sans


O Concello de As Pontes volve, un ano máis, aportar o seu gran de area á conciliación da vida laboral e familiar, poñendo a desposición da veciñanza os Almorzos no Cole.
Medio cento de familias pontesas beneficiaranse este ano desta iniciativa encadrada no programa de Apertura de Centros Fóra do Horario Lectivo e da que, unha vez máis, se fai cargo do departamento municipal de Servizos Sociais e Atención Cidadá.
Cada día os participantes, que comezan a súa xornada escolar moito máis cedo que o resto dos seus compañeiros, desfrutan do almorzó cos seus amigos e amigos, ao que se suma unha dieta equilibrada, que diariamente inclúe alimentos do máis saudables coma froita, leite, cereais, galletas, friames, iogures, tostas, manteiga, marmeladas de diferentes sabores, mel e queixo.
No C.E.I.P da Magdalena son xa uns expertos neste programa, e é que con este xa son tres os cursos que levan en marcha os Almorzos no Cole, o que contribuíu a establecer hábitos alimenticios saudables dende a infancia, animando aos pequenos e pequenas a seguir unha alimentación equilibrada rica en froitas, cereais e lácteos, alimentos que hoxe en día, en moitos casos, se substituíron por comidas nas que abunda a bolería industrial.


Ademais nos tempos que corren, para moitas familias, o ritmo de vida é frenético, todo se fai ás presas, incluso almorzar. É por iso polo que os Almorzos no Cole se presentan en moitos casos como alternativa para todos aqueles pais e nais que queren que os seus fillos e fillas realicen a primeira comida do día nun ambiente tranquilo, relaxado e sen agobios.
A laboura das coidadoras non remata aquí, senón que tralo almorzo tamén son elas as que supervisan que os pequenos e pequenas se aseen correctamente, laven a súa cara, as mans e mailos dentes.
Logo os xoves escolares participan de diversas actividades lúdicas, len contos, colorean ou xogan con libros de pegatinas. E xa ás nove, no caso do C.E.I.P A Fraga, e ás dez, no C.E.I.P A Magdalena, as coidadoras encárganse de levar aos nenos e nenas ás súas aulas.

20/9/11

O Concello de As Pontes acolle, esta semana, o IV Campionato Nacional Militar de Tiro




• Corenta tiradores dos tres exércitos e do corpo da Garda Civil participan, durante tres días, nesta proba que se está a desenvolver no campo de tiro Pena da Revolta

O Concello de As Pontes está a acoller, estes días, a cuarta edición do Campionato Nacional Militar de Tiro, na modalidade de Percorridos.

A competición, que arrincaba esta mesma mañá, estase a desputar nas canchas de tiro do Campo de Pena da Revolta, unhas instalacións que hai tan só uns días acollían o Campeonato de España nesta mesma modalidade e que se caracterizan por ser unhas das mellores de todo o país.

De feito, ata As Pontes trasladáronse un total de 40 tiradores e tiradoras procedentes dos Exércitos de Terra, Mar e Aire e do corpo da Garda Civil que, ata o xoves, deberán facer fronte a un total de 15 exercizos nos que se combina a precisión, a velocidade e tamén a axilidade en diferentes probas nas que se mesturan os disparos a diferentes distancias e posicións, con brancos móviles e varios tipos de obstáculos de distinta dificultade.

Os participantes están a competir diariamente en cinco probas, nas categorías de pistola estándar e producción, dependendo das modificacións da arma.

Éstes divídense en cinco escadras de oito participantes cada una para dar máis axilidade a unha proba que arrinca cada día ás 10.00 horas e que remata preto das 12.30 horas, e á que se sumará o venres, trala entrega de trofeos, un exercizo por equipos, xa fóra de competición, que consistirá no asalto a unha vivenda.



Na xornada do luns, o propio alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso se encargaba de dar a benvida aos participantes desta competición que rematará o venres, coa entrega de premios, que está programada para ás 10.00 horas, e que se desenvolverá diante da Casa Consistorial.

16/9/11

A parroquia pontesa de Goente acollerá o 9 de outubro a III Feira do Queixo e do Mel


A parroquia pontesa de Goente acollerá o 9 de outubro a III Feira do Queixo e do Mel

• Unha vintena de postos, exposicións, un xantar popular e concursos de cociña ou de meles integrarán o programa da xornada


O Concello de As Pontes, a delegación do Eume da Asociación Galega de Apicultura (AGAEUME), a Casa do Mel de Goente e os colectivos veciñais de Virxe do Rosario (A Faeira) e Raíces (Goente) están a preparar a que será a IIII Feira do Queixo e do Mel para o vindeiro mes de outubro, coa que se pretende, unha vez máis impulsar estes dous produtos da comarca.

Esta celebración, coa que tamén colaboran os veciños de San Pedro do Eume e Queixerías do Eume, terá lugar o día 9 de outubro, dende as 11.00 horas, momento no que se abrirán ao público a vintena de postos de mel, queixo, artesanía ou doces que se darán cita en Goente nesta xornada, unha exposición de motocicletas antigas e unha segunda de maquinaria.

O programa deste día tamén incluirá un xantar popular, dende as 14.00 horas, para o que aínda é posible anotarse e unha nova edición do concurso de receitas doces e salgadas con mel e queixo da comarca, para o que será posible anotarse ata o vindeiro día 25 de setembro, telefonando ao 661 00 36 16 ou ben enviando un correo electrónico a casadomel@vodafone.es.

Os gañadores tanto deste certame coma do IV Concurso de Meles daranse a coñecer ao longo da mañá do 9 de outubro, xornada na que tamén se fará entrega dos premios pertinentes e que consistirán en diferentes lotes de produtos da Casa do Mel e de Queixerías do Eume.


XII Xornadas Apícolas

O programa deste mes de outubro complétase coas as XII Xornadas Apícolas que arrincará o 4 e 5 de outubro con varios obradoiros de candeas e de envasado de mel, ao que se sumarán videos e proxeccións sobre o proceso da súa producción, actividades tan só dirixidas aos escolares.
Deste xeito os máis pequenos poderán coñecer, con tan só trasladarse á casa do mel de goente, os entresixos deste doce produto e tamén as múltiples opcións que se poden extraer das colmeas, ademáis do mel, coma o xabrón ou a xalea.
Os días 6 e 7 de outubro os protagonistas serán xa os adultos coa celebración da cuarta edición do curso de cata de meles claros e escuros onde se decidirá cal das propostas dos apicultores da zona merece levar o título de mellor mel clara e escura.
De feito, ata o vindeiro martes os apicultores poderán presentar na Casa do Mel os seus produtos pero en botes de un quilo, baixos e sen ningún tipo de etiqueta.
Xa para o día 8 está previsto que se celebren as conferencias que, cada ano, se organizan para os expertos no mundo da apicultura e que, nesta ocasión, correrán a cargo do profesor Juan José Lastra e de Javier Goyanes.
Estas charlas terán lugar ás 11.00 horas e ás 17.00 horas e nas mesmas abordaranse aspectos coma a flora melífera e a xeobioloxía aplicada á apicultura.

14/9/11

O Concello de As Pontes ofrece este curso clases en 15 escolas deportivas para nenos e adultos

• O departamento municipal de Deportes abriu onte o prazo de inscrición nas diferentes escolas deportivas para nenos e adultos


O Concello de As Pontes, mediante o departamento municipal de Deportes, abriu onte o prazo para anotarse nas diferentes escolas deportivas municipais ideadas para o curso 2011-2012.

Así as cousas, para este ano está previsto que nas diferentes dependencias municipais se desenvolvan un total de 15 modalidades deportivas tanto para pequenos coma para adultos.

Neste senso, para os máis maiores desenvolveranse, un curso máis, as modalidades de mantemento físico, aerobic e pilates en localizacións coma o pavillón polideportivo municipal da Fraga ou a Casa Dopeso.

Asemade, tamén haberá actividades para nenos e nenas de 3 anos en diante. Así os máis pequenos poderán participar en cursos de patinaxe, psicomotricidade e ximnasia rítmica se son maiores de 3 anos ou de taekwondo se teñen máis de 4 anos.
Para os que teñan de 5 anos en diante a oferta deportiva inclúe xadrez, atletismo e fútbol sala e os maiores de 6 anos poderán asistir ás clases das escolas municipais de baloncesto ou tenis.
Xa para os maiores de 8 anos amplíase o abano de actividades con clases de tiro con arco e piragüismo e, finalmente, os maiores de 10 anos poderán participar na escola de vela pero co requisito de que deben saber nadar.
Os formularios de inscrición e calendarios de actividades pódense recoller xa nas oficinas do pavillón municipal da Fraga, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou ben descargalos dende a páxina web municipal no enderezo www.aspontes.com.
Unha vez cumplimentada a matrícula será necesario facer o ingreso pertinente na conta habilitada para tal fin nas oficinas de Novacaixagalicia e entregar o xustificante de pago no departamento municipal de deportes, ubicado no polideportivo da Fraga.
A cota de inscrición será de 40 euros por modalidade aínda que este prezo verase reducido a medida que se incrementen as matrículas na unidade familiar, cunha reducción de dez euros pola segunda matrícula, de 20 pola terceira e xa, dende a cuarta matrícula, a inscrición será gratuíta.
Asemade, tamén serán beneficiarias dun desconto do 50 % as familias numerosas que deberán incluír, coa súa solicitude, un xustificante que acredite que se cumpre esta situación.
Para obter máis información ou ben para anotarse tan só é preciso achegarse ata as oficinas de Deportes do pavillón polideportivo da Fraga. Asemade, tamén é posible solventar calquer tipo de dúbida enviando un correo electrónico a deportes@aspontes.org ou ben telefonando ao 981 45 26 02.

O III Certame de Tapas Vila de As Pontes pecha mañá o prazo para a inscrición de locais hostaleiros

• O Concello de As Pontes e a Cámara de Comercio organizan este terceiro concurso que se desenvolverá entre os días 5 e 12 de outubro


O Concello de As Pontes e a Cámara de Comercio manterán aberto ata mañá, día 15, o prazo de inscrición para que os locais hostaleiros de As Pontes se anoten na que será a terceira edición do Certame de Tapas Vila de As Pontes, e que organizan a administración local, mediante o departamento de Industria e Comercio, e a Antena Cameral de As Pontes.

Precisamente, os hostaleiros interesados en participar deberán achegarse ata as oficinas da Antena Cameral de As Pontes, ubicadas na avenida de Ferrol, para cumplimentar a folla de inscrición pertinente e dar conta da que será a súa proposta gastronómica.

Un ano máis, o executivo local apostou “firmemente” polo desenvolvemento e a potenciación do sector hostaleiro local, que xunto co comercio son dous eixos básicos para a economía local. Así o explicaba a edil de Promoción Industrial e Comercio, Montserrat García, que tamén deu conta do “decidido” apoio da administración local á promoción de actividades en prol destes sectores.

A edil recalcou o respaldo que o equipo do que forma parte ofrecerá a calquera iniciativa posta en marcha por estes sectores para a súa promoción, citando como exemplo este certame que, un ano máis, segundo explicou a concelleira, demostra, ano tras ano, o gran potencial do sector hostaleiro local no que se seguirá a traballar, sempre da man dos propios hostaleiros.




Tal e como xa se anunciaba a pasada semana, este concurso desenvolverase entre os días 5 e 12 de outubro e, para a súa inauguración, contará cuns convidados de luxo: Benigno Campos e Tomás Alonso, do programa culinario Larpeiros da TVG, que visitarán As Pontes o día 5 para elaborar un prato e un postre con produtos locais.

Asemade, como novidade para este ano está previsto que se amplíen os horarios de degustación das propostas e que será de 12.00 a 15.00 e de 19.00 a 23.00 horas.

Como xa acontecía en edicións anteriores, cada establecemento poderá presentar unha soa tapa que deberá ofrecer ó público, sen un custo engadido ó da consumición correspondente.
Haberá novidades e sorpresas canto ós premios aínda que se manterán os galardóns ás tapas máis saborosa, máis orixinal e á máis votada, ésta última escollida a través do voto popular.
O Instituto Pontés de Promoción Económica (IPPEC), RTVEume e a Asociación Club do Gurmet volven colaborar con este evento no que o público tamén poderá optar a un premio dunha cea con tan só emitir o seu voto, a través das cartillas que se repartirán entre os clientes nos diferentes establecementos participantes que deberán probar dez propostas gastronómicas distintas para poder entrar no sorteo desta cea.
Unha vez completada esta cartilla con dez selos pertencentes a dez locais distintos, ésta poderase depositar nas urnas que atoparán en cada un dos locais participantes.

O sorteo farase cadrando coa clausura do III Concurso de tapas Vila de As Pontes que se celebrará o 12 de outubro e no que ademáis da entrega de premios, se organizará unha exposición das tapas participantes.

13/9/11

Ballesteros, De Cobos e Díaz revalidan os seus títulos de campións de España de tiro en As Pontes

•VIERNES



SÁBADO

As canchas do clube Pena da Revolta coa colaboura do Concello albergaron, por segundo ano consecutivo, esta competición nacional

ENTREGA PRÉMIOS


Eduardo de Cobos Abreu, Jorge Ballesteros e Juan Carlos Jaime Díaz volveron lograr o Campionato de España de Tiro de Percorridos I.P.S.C, nas modalidades de producción, open e estándar, respectivamente.
A competición, que arrincaba o venres da pasada semana, desenvolveuse ata o sábado nas instalacións do clube pontés Pena da Revolta e pechouse, o domingo, coa tradicional entrega de premios aos mellores tiradores da competición.
De feito, na proba pontesa anotáronse un total de 249 tiradores, de once comunidades autónomas, aos que se sumaron unha vintena de árbitros que, nas xornadas previas á competición, tamén se aventuraron a desenvolver os 14 exercizos ideados para esta proba e nos que se combinaron dende probas de velocidade e precisión ata circuítos con blancos móviles e sistemas eléctricos que se combinaban con disparos dende diferentes ángulos e ata en carreira.
A competición desenvolveuse sen dificultades e problemas, malia a aparición da chuvia que aguou parte da mañá do sábado e a entrega de trofeos que tivo ser trasladada ao salón de plenos da Casa do Concello, aínda que nun principio a idea da organización pasaba por celebrar a mesma na propia rúa que separa o edificio Consistorial dos Xardíns Campo da Feira.


Este acto estivo presidido polo concelleiro de Deportes de As Pontes, Carlos Castro; o presidente da Federación Galega de Tiro, os representantes do clube Pena da Revolta e membros do equipo de árbitros organizadores do evento.
De feito, todos os intervintes coincidiron nos seus discursos á hora de recoñecer o importante papel, esforzo, mérito e traballo desenvolvido polos membros do Clube Pena da Revolta para poñer en marcha, un ano máis, a proba de tiro de percorridos máis importante do país e que, novamente, non defraudou con exercizos moi complexos tan só aptos para os mellores tiradores do país que, esta pasada fin de semana, estiveron en As Pontes.

Resultados
Categoría Open Masculino – Feminino:
1º.- Jorge Ballesteros 1ª Pilar Fernández Moreno
2º.- Iván Espilez Urbon 2ª Rakel Malanda Ruíz
3º.- Javier González Pérez 3ª Cristina Barros Gussoni

Categoría Estándar Masculino – Feminino:
1º Juan Carlos Jaime Díaz 1ª Concepción Pérez Gil
2º Gabriel Pitarch García 2ª Meritxell Ortega Pérez
3º David Martínez Viñuelas 3ª Yenni Mariella Ricchi Salas



Categoría Producción Masculino – Feminino:
1º Eduardo De Cobos Abreu 1ª Matilde Veguillas García
2º José Vicente Pérez Baz 2ª Marja – Leena Vapanen
3º Fco. Javier Salvador Esparza 3ª Verónica Estiguín García

Categoría Modificada Masculina
1º Antonio García Infantes
2º Carlos Soler Alberola
3º Francisco José Cerdán Pérez

Por federacións os títulos de Open e Estándar foron para a Federación de Castela A Mancha, o título de Modificada recaeu na Federación Valenciana e en Producción impúxose a Federación Canaria.
Por equipos, os títulos de Open e Estándar foron para a Asociación Deportiva da Dirección Xeral da Policía (A.D.D.G.P). En categoría Modificada o trunfo foi para o equipo de Tiro Olímpico de Elche e en Producción gañaba o equipo canario de J.C.E.F.G.C. Producción.

12/9/11

Susana Seivane e The Homens actuarán en As Pontes gracias ao programa Galicia é Música

• O Auditorio Municipal Alovi acollerá estes dous concertos que terán un prezo de tres euros

As Pontes, 12 de Setembro de 2011.-
O Concello de As Pontes albergará, durante este mes, dous dos concertos incluídos no programa Galicia é Música, posto en marcha pola Consellería de Cultura co fin de conmemorar o ano da música na comunidade galega e, deste xeito, render unha homenaxe á música galega e á industria musical de Galicia.

Así ata As Pontes desprazaranse o grupo pop The Homens e a gaiteira Susana Seivane. A formación santiaguesa presentarase no escenario do auditorio municipal Alovi o 23 de setembro, cun repertorio marcado polos sons de finais dos anos 70, o hardcore dos 80 e o pop británico das últimas décadas.

LeRoi, Martín Wu e o batería pontés Xocas integran esta formación que xa conta con máis de seis anos de traballo, 200 concertos e varias publicacións coma Cuarta Potencia, The Homens vs. Samesugas ou #1.

Este concerto arrincará ás 21.00 horas e o prezo das localidades será de 3 euros podendo adquirirse a mesma semana da actuación na billeteira do auditorio municipal Alovi.

Mesmo prezo terá o concerto de Susana Seivane que se celebrará o día 30 de setembro ás 21.30 horas tamén no Alovi.

A gaiteira traerá ata o escenario pontés os temas de Os soños que volven, o seu derradeiro album e que serviu para conmemorar a década xa cumprida do seu primeiro traballo discográfico.

Esta recompilación de temas populares que a gaiteira galega escolleu para rememorar os seus inicios no mundo da gaita encherá o Alovi de sons do máis tradicionais pero cun toque moi moderno, propio das composicións de Susana Seivane.

Para obter máis información sobre estes concertos será posible consultar a páxina web municipal www.aspontes.com onde se darán a coñecer os horarios de apertura das billeteiras para facerse cunha localidade para estes recitais.

A VIII FEIRA MEDIEVAL DE AS PONTES PÉCHASE CON GRAN NÚMERO DE ASISTENTES MALIA O MAL TEMPO

¨



A oitava edición da Feira Medieval pontesa pechábase onte logo de dous días nos que se sobrepuxo a todas vicisitudes dunha convocatoria que se atopou co mal tempo e a premura na organización en tan só quince días.

A cita co medievo pechaba finalmente cun éxito de asistencia, e dende a organización, tanto canto ó Concello como á Asociación Profeira medieval, estimouse que o número de visitantes foi semellante ou mesmo superior ao do pasado ano,

Este éxito de convocatoria da Feira Medieval non pode agachar que tivo os seus puntos negativos, con non poucos postos que tiñan feita a reserva e que finalmente non se montaron, e coas dificultades para manter un programa que precisaba de mellor climatoloxía para o seu desenvolvemento ó ar libre.

Malia estas circuntancias inevitables, os detalles negativos no acadan a escurecer o máis mínimo o espectáculo que esta fin de semana puidemos vivir na nosa vila.

Dende a mañá do sábado, e ben cedo, fixo acto de presenza a chuvia que obrigou a cambiar algunhas cousas no programa.

O Pregón si se puido celebrar case puntualmente cun texto que chegou polo air no peteiro dunha das aves rapaces que nos visitaron estes dous días.

Logo daríalle lectura o seu autor: Xavier Martínez, que lembrou o 2004, cando se comezaba con esta iniciativa.

Dicía que non era de xustiza que outros lugares, con menor pasado medieval que As Pontes, tomaran a dianteira e a iniciativa de celebrar un mercado medieval, e que As Pontes se acomplexara neste senso.

Logo do pregón deuse o início ao mercado e ás diferentes e variadas actividades, que volveron demostrar que esta cita non deixa de seducir a veciños e visitantes.

Ao longo da fin de semana milleiros de persoas volveron a desfilar polas vellas rúas do casco histórico para presenciar pasarrúas, curiosear nos postos, comer entre a numerosa oferta gastronómica ou tomar unha copa nun ambiente francamente distinto.

As exhibicións das rapaces, o teatro, e as loitas de cabaleiros volvían garantir un ano máis un alto grao de interacción cun público que ás tardes se animou a disfrutar das treguas que concedía a chuvia.

Agora tocará dilucidar se se leva adiante o troco de data para o vindeior ano, en que a feira vai seguir, pero se plantexa facela no mes de xuño

11/9/11

A VIII Feira Medieval de As Pontes abría no mediodía do sábado as súas portas con máis de medio cento de postos

As Pontes, 10 de Setembro de 2011.-

¨
A edil de Cultura, Sara Ramos, e o sacerdote Javier Martínez Prieto, foron os encargados de abrir oficialmente esta celebración que se prolongará ata o domingo.


A concelleira de Cultura, Sara Ramos, e o excrego pontés e agora sacerdote en San Sadurniño, Javier Martínez Prieto, inauguraron co seu pregón a oitava edición da Feira Medieval de As Pontes, unha cita que se desenvoverá ata ben entrada a noite de mañá domingo e que encheu con, máis de medio cento de postos, as rúas do casco histórico de As Pontes.
Na súa intervención, a edil de Cultura quixo animar á cidadanía a participar neste evento que, durante unhas horas, levará as rúas da Vila séculos atrás. Sara Ramos tamén convidou aos veciños e veciñas presentes neste pregón a desfrutar das múltiples actividades que se desenvolverán ao longo desta fin de semana, pasando unhas horas do máis entretidos malia o mal tempo que, aguou as primeiras horas desta cita co medievo.
Pola súa banda, o tamén estudoso da historia local Javier Martínez quixo animar á cidadanía non só a participar nesta cita senón tamén a continuar, ano tras ano, a traballar en prol dunha feira que resucitou e lle devolveu todo o seu esplendor e historia a un emprazamento como é a praza da Igrexa Parroquial e o barrio da Vila onde, séculos atrás, se celebraban os mercados propios da época.


En clave de romance, que chegaba a mans do pregoeiro a través dunha fermosa águia de Harris, Javier Martínez recordou non só os inicios do barrio da Vila como centro comercial e neurálxico do As Pontes medieval, senón tamén os que foron os primeiros pasos da primeira Feira Medieval que, aló polo verán de 2004 se comezaba a xestar e en cuia organización tamén se involucrou o pregoeiro.
De feito, Javier Martínez desexou que esta celebración se prolongue o máximo posible, sempre coa colaboura e axuda de todos os ponteses e pontesas, aos que o sacerdote animou a desfrutar das múltiples actividades incluídas no programa elaborado este ano polo Concello de As Pontes e a Asociación Pro Feira Medieval Rodríguez de Valcarce, responsables da organización deste evento.
Ao pregón, que tivo lugar este mediodía, tamén asistían o presidente do colectivo Rodríguez de Valcarce, Antonio Meizoso, ademáis de diferentes membros da corporación municipal e moitos veciños e veciñas que, dende primeiras horas, xa pudieron desfrutar dos postos de artesanía ou doces, espallados por toda a Vila ou das diferentes opcións lúdicas para estas horas e que inclúen teatro, humor, música, exhibicións de cetrería, contacontos e obradoiros para os máis pequenos da casa.

8/9/11

A VIII Feira Medieval de As Pontes contará con 70 postos de artesanía, teatro, música e exhibicións de cetrería ou de loita a cabalo




• O Concello de As Pontes e a Asociación Rodríguez de Valcarcel idearon un intenso programa de actividades para pequenos e adultos


O Concello de As Pontes, a través do departamento de Cultura, xunto coa Asociación Rodríguez de Valcarcel, celebrará esta fin de semana a oitava edición da Feira Medieval de As Pontes.
A Deputación de A Coruña colabora tamén con este regreso ao medievo pontés e no que xa está confirmada a presenza de 70 postos de artesanía e alimentación, que engalanarán as rúas Real, Tras da Ponte ou a Praza da Igrexa Parroquial que, durante estes días, xa estiveron a cambiar de faciana gracias á decoración que está a colocar a organización deste evento.
O programa para este ano volve contar con exhibicións de danza, cetrería, espectáculos teatrais ou música, entre outras actividades que integrarán a interesante oferta lúdica desta fin de semana que se abrirá ás 12.30 horas co tradicional mercado medieval.
Non faltará o pregón e a lectura do bando que, cada ano, serve para inaugurar oficialmente esta cita e que correrá a cargo do ex sacerdote pontés Javier Martínez Prieto. O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso; a edil de Cultura, Sara Ramos e o presidente da Asociación Rodríguez de Valcarce, Antonio Meizoso tamén tomarán parte neste acto de apertura que terá lugar as 13.30 horas na Praza da Igrexa.


Asemade, tanto na tarde do sábado coma na do domingo contarase cunha interesante axenda de iniciativas tanto para nenos coma para adultos con pasarrúas, contacontos, concursos de disfraces, animación de rúa, fogos de artificio e ata unha queimada popular que terá lugar na noite do sábado.
Dende o goberno municipal convidaron a toda a veciñanza tanto local coma dos concellos da contorna a desfrutar dunha fin de semana na que As Pontes regresa aos seus comezos, no séculos de grandes cabaleiros e donicelas en apuros.

O Concello de As Pontes acolle, dende mañá, o Campionato de España de Tiro de Percorridos

• Trescentos tiradores de toda España participan nesta competición que se desenvolverá ata o sábado no campo de tiro Pena da Revolta


O campo de tiro Pena da Revolta, en As Pontes, albergará dende mañá e ata o sábado o Campionato de España de Tiro na modalidade de IPSC.

Ao igual que xa acontecera en 2010, as canchas do clube Pena da Revolta volverán encherse, dende as 09.00 horas e ata as 15.00 horas, de grandes tiradores procedentes de toda a xeografía española nunha competición que volve, un ano máis, a as pontes trala gran organización e calidade das probas deseñadas o pasado campionato.

250 deportistas de once federacións españolas de tiro e máis dunha ducia de clubes de todo o país ateigarán non só as dependencias de Pena da Revolta, senón tamén o municipio pontés, cifras moi semellantes ás rexistradas en 2010.

Un total de 14 exercizos, nos que se combinan precisión e velocidade, integrarán esta proba onde novamente poderemos ver aos grandes campións do último ano nas diferentes categorías coma os irmáns Jorge e Lorena Ballesteros, o manchego Juan Carlos Jaime Díaz, Concepción Pérez, o canario Eduardo de Cobos ou a tiradora Rakel Malanda que intentarán revalidar o título acadado en 2010 en terras pontesas e que os acreditaba coma os mellores tiradores de percorridos do país.



Novamente, nas canchas de Pena da Revolta xiareiros deste deporte e curiosos poderán desfrutar de circuítos onde se mestura a precisión do tiro a distancia, con blancos móviles, obxectivos estáticos, tiros a diferentes alturas ou en distintas posicións, todo isto cunha gran esixencia física incluída e onde tamén a técnica é un punto a favor dos competidores.

No tocante ás categorías, como ven sendo habitual, os tiradores participarán en standar, open ou producción, dependendo da preparación, accesorios e melloras que presente os seu respectivo armamento, aínda que tamén se rexistrará unha clasificación xeral, con título incluído, para as mellores federacións nas diferentes categorías e para as mellores escadras que se presenten a esta competición.

Esta será a segunda vez que en Galicia se desenvolva unha proba deste nivel e tamén a segunda vez que ata As Pontes se traslade unha competición tan relevante o que volve ser mostra da gran calidade dos campos de tiro ponteses e tamén do equipo humano que, unha vez máis, asume o deseño tanto dos diferentes exercizos coma da organización en xeral do evento.

A entrega de premios está programada para o domingo, ás 10.00 horas, na Casa do Concello.

7/9/11

Concello e Xunta de Galicia organizan un obradoiro de videocreación para maiores de 50 anos

• A pontesa Sabela Pernas encargarase da dirección deste obradoiro que arrincará o día 17 e que combinará teoría e práctica durante cinco clases


O Concello de As Pontes, mediante os departamentos de Cultura, Servizos Sociais e Xuventude, e a Xunta de Galicia porán en marcha un obradoiro adicado á videocreación.

Este curso arrincará o vindeiro día 17, desenvolvéndose durante cinco sábados consecutivos, ata o 15 de outubro, e en horario de mañá, de 11.00 a 14.00 horas.

Dinamizarte é o título deste curso que tan só contará con oito prazas e para o que é preciso ter uns coñecementos básicos de informática, ser maior de 50 anos e, preferiblemente, atoparse sen ocupación algunha.

Tres monitoras de audiovisual e dúas psicólogas serán as encargadas de impartir estas clases, que terán como escenario a aula de informática do soto da Casa Dopeso, e nas que se buscará o incentivar as aptitudes creativas dos participantes no proceso de elaboración dun vídeo.
Tamén se impartirán unhas leccións teóricas mediante as que os alumnos e alumnas aprenderán a elaborar unha escaleta, un guión, a facer entrevistas e contidos prácticos, coma a elaboración dun documental, dende a súa rodaxe ata a súa montaxe e postprodución.


O obradoiro, que será totalmente gratuíto, estará dirixido pola cineasta pontesa Sabela Pernas, autora de diferentes curtametraxes coma Ciclos Combinados ou Mundo Bazar, galardoadas con diferentes mencións coma o segundo posto no GZ Crea de 2007.

Para obter máis información ou ben para inscribirse é preciso enviar un correo electrónico ao enderezo videodinamizarte@gmail.com.

O VIII Certame de Artesanía Antonio Fraguas abre as súas portas en As Pontes ata o vindeiro día 21

• A sala de Mostras do Mercado Vello alberga esta colección de medio cento de pezas de case 40 artesáns galegos


O Concello de As Pontes albergará ata o vindeiro día 21 a mostra adicada ao VII Certame de Artesanía Antonio Fraguas, un premio de carácter bienal patrocinado pola Deputación da Coruña e que a propia administación provincial decidiu traer ata As Pontes

A sala de exposicións do Mercado Vello está a acoller, dende onte mesmo, unha colección de 48 pezas seleccionadas por un xurado experto, entre todas as propostas presentadas a este prestixioso galardón e elaboradas por 37 artistas procedentes das catro provincias galegas.

Non faltan, por suposto, as dúas obras gañadoras, pertencentes Elena Ferro Lamela que cos seus zocos titulados Voa mariquiña, voa se fixo co premio á artesanía contemporánea; e a Miguel Ángel Sánchez Iglesias que acadou o premio á artesanía tradicional co seu Cosmo Torque, elaborado a man con prata, ouro e acibeche.

Entre as pezas da exposición, organizada polo departamento municipal de Cultura, tamén é posible atopar outras obras coma a lampada Estela de Luz de José Juan Unzueta; a escultura Omescuro de José Ramón Rivas García, o conxunto de bisutería de María Silva Pérez titulado Ga-Lego, feito con prata e pezas deste mítico xogo de contrucción ou o Xarrón Profundo de Bidueiro elaborado por Francisco Xavier Pérez Martín.


Horarios
A mostra deste VIII premio Antonio Fraguas poderase visitar ata o vindeiro día 21, de martes a venres, entre as 18.30 e as 20.00 horas e os sábados de 11.30 a 13.30 horas.

6/9/11

O GOBERNO MUNICIPAL PON EN MARCHA OS TRABALLOS DE RECUPERACIÓN DA CAPELA DOS REMEDIOS, EN MARRAXÓN

A ermida dos Remedios en Marraxón está a ser sometida a un lavado de imaxe e é que, atendendo ás peticións dos veciños da zona, o concello púxose mans á obra para recuperar este templo.
De feito, dende hai algún tempo as humidades, as filtracións e a couza están a deteriorar tanto o coro coma o interior deste edificio, polo que o executivo local ven de iniciar o proceso de arranxo da súa cuberta e do coro.
Os traballos, que suporán un desembolso de 37.800 euros, consistirán na reposición da cuberta actual da capela, de cerchas de madeira de castiñeiro, correas e taboleiro por outra de pizarra tradicional a tres augas con tellas de formigón.
Asemade, realizarase o pertinente aillamento térmico e instalarase un novo falso teito en táboas pequenas ao que se sumará a instalación dun novo sistema eléctrico en toda a ermida.
A segunda das actuacións programadas consistirá na sustitución do coro por un novo pero conservando a baranda de castiñeiro orixinal.
E é que, mediante estes traballos, o executivo local busca recuperar unha capela que, malia contar con 110 anos de antigüidade, atópase cun exterior en moi bo estado.
É preciso lembrar que o pasado mes de agosto, nunha sesión plenaria extraordinaria, traíanse estas obras a debate para dotar dun crédito extraordinario unha partida para desenvolver estes traballos.

Nove escolas municipais de cultura e tres deportivas abren o seu prazo de matrícula mañá

• Os alumnos das disciplinas culturais contarán con reserva de praza, non así os que decidan anotarse nas disciplinas de aerobic, mantemento ou pilates


A Concellería de Cultura abrirá mañá, ás 08.30 horas, o prazo para a inscrición, un ano máis, nas diferentes escolas culturais municipais.
Para o curso 2011 – 2012, o departamento de Cultura pontés inclúe na súa oferta formativa un total de nove cursos relacionados tanto coas correntes musicais máis modernas coma coas clásicas, incluíndo no seu cartel para este ano, unha vez máis, actividades vencelladas á cultura tradicional galega.
Nesta ocasión, será posible asistir a clases de acordeón, baile galego, danza clásica, baile moderno, gaita, pandeireta, percursión tradicional, batería e guitarra.
Por segundo ano consecutivo, á hora de inscribirse, terán prioridade os alumnos matriculados no curso 2010-2011 que deberán renovar a súa plaza dende mañá, día 7, ata o 19 de setembro, de luns a venres, en horario de 8.30 a 14.00 ou as tardes dos mércores, de 17.00 a 20.00 horas. De non cumprir con este trámite, consideraríase que se renuncia á posibilidade de reserva.
No que respecta aos novos alumnos, éstes poderán solicitar praza do 22 ao 30 de setembro, trala publicación, o 21 de setembro, do listado de prazas vacantes. Os horarios de matrícula serán os mesmos: de luns a venres de 8.30 a 14.00 e o mércores tamén entre as 17.00 e as 20.00 horas.
Como documentación á adxuntar, tanto antigos coma novos alumnos deberán entregar unha foto tamaño carné, a pertinente solicitude e o recibo do pago da taxa correspondente.
Horarios de clases
Os luns impartiranse clases de Gaita tanto para os que se inician neste instrumento coma para os que precisen de leccións de perfeccionamento, e que se impartirán en horario de 17.00 a 23.00 horas no Auditorio Municipal Alovi.
O martes será o día das clases de pandeireta para adultos entre as 18.00 e 21.30 horas e xa os xoves serán os máis pequenos os que poidan desfrutar, dende ás seis da tarde, deste instrumento. As instalacións da Casa Dopeso acollerán estas leccións.
Para os xoves están programadas as clases de percusión no Auditorio Municipal Alovi entre ás 16.20 e as 19.20 horas, divididas en dous grupos: iniciación e perfeccionamento. Tamén este día impartiranse leccións de baile galego para nenos e adultos entre as 19.00 e as 22.00 horas.
As clases de danza clásica serán os venres na Casa Dopeso, dende as 17.00 horas, mentras que os talleres de baile moderno para nenos e adultos, que tamén se desenvolverán na Casa Dopeso, aínda non contan cun horario establecido.
Os cursos de música moderna estarán divididas en dúas modalidades: percusión, os xoves, e guitarra, os venres, na Casa Dopeso.
O programa das Escolas Municipais para esta tempada péchase co curso de acordeón, nas modalidades de iniciación e perfeccionamento que se impartirán na Casa Dopeso os mércores en horario de 18.00 a 21.00 horas.


Para obter máis información sobre todos estes obradoiros é posible dirixirse ao Departamento de Cultura, ubicado no primeiro andar da Casa Dopeso, na Rúa Rosalía de Castro, número 28. Asemade, tamén conta cun enderezo electrónico no que é posible disipar calquer tipo de dúbida - cultura@aspontes.org – e un teléfono de contacto o 981 44 03 44.

Escolas deportivas
Tamén mañá arrincará o prazo para preinscribirse nos cursos de aerobic, mantemento e pilates que ofertará o departamento de deportes, neste curso.
As persoas interesadas en inscribirse poderán achegarse polas oficinas do pavillón municipal en horario de 09.00 a 14.00 horas, respetándose a orde de inscrición á hora de adxudicar as prazas existentes.
No tocante aos horarios, aerobic terá lugar os martes e xoves de 09.30 a 10.30 ou ben entre as 20.00 e as 21.00 horas; mantemento físico desenvolverase os luns, mércores e venres, en tres clases dunha hora entre as 17.00 e as 21.00 horas. Finalmente, pilates impartirase os martes e xoves dende as 10.30 ata as 12.30, de 20.00 a 22.00 horas e os mércores e venres de 10.30 a 12.30 horas, en leccións dunha hora.
Para consultar horarios ou obter máis información será posible telefonar ao 981 45 26 02, enviar un correo electrónico a deportes@aspontes.org ou ben acceder á páxina web www.aspontes.com.

5/9/11

O Concello de As Pontes acollerá esta fin de semana a oitava edición da súa Feira Medieval



• O Concello, a través da concellería de Cultura, e a Asociación Rodríguez de Valcarce comparten os preparativos desta feira que arrincará o sábado


O Concello de As Pontes, xunto coa Asociación Profeira Medieval, está a organizar a que será a oitava edición da Feira Medieval de As Pontes.

Un ano máis, as rúas da Vila encheranse de doncelas, bufóns, cabaleiros de escintilantes armaduras e míticos legados familiares e por su posto de tabernas e postos do medievo, e é que, esta fin de semana, os veciños do municipio e os visitantes poderán desfrutar dunha nova edición desta cita co medievo pontés.
Os días 10 e 11 deste mes será posible pasear pola rúa Real ou pola Praza da Igrexa e facerse con saboroso pan artesán, produtos de artesanía do máis variopintos e incluso tomarse unha cervexa nalgún dos postos que permanecerán instalados dende a rúa Real ata Trala Ponte.
O departamento de cultura e a Asociación Profeira Medieval Rodríguez de Valcarce volverán aunar esforzos para traer atractivas actuacións, exhibicións de cetrería e actividades varias que den lugar a que o casco histórico da Vila regrese varios séculos atrás no tempo para convertirse nunha aldea medieval onde teremos de todo e para todos os gustos.
Polo momento, a organización está aínda a traballar na elaboración do programa desta fin de semana, que se dará a coñecer o vindeiro xoves, e nas diferentes actividades que servirán para que veciños e visitantes desfruten dunha viaxe ao pasado e na que, ano tras ano, podemos atopar máis de medio cento de tendas e postos con comida, bebida, doces, elementos decorativos, xoias ou ata instrumentos musicais.
O que non varía ano tras ano é o pregón de apertura da feira e no que novamente poderemos escoitar ao alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, que xunto coa concelleira de Cultura, Sara Ramos, e o presidente da Asociación Rodríguez de Valcarce, Antonio Meizoso.

Coma sempre, éste terá lugar ao mediodía do sábado e servirá para inaugurar esta celebración da que, un ano máis, desfrutarán todos os ponteses e pontesas, ademáis de todos aqueles que decidan pasarse por As Pontes nesta fin de semana.
.

3/9/11

Máis de 70 familias pontesas benefícianse este curso das axudas municipais para material escolar



• O Concello, mediante o departamento de Servizos Sociais, incrementou nun 40% a partida inicial destas axudas ata os 10.000 euros


O Concello de As Pontes, mediante o departamento de Servizos Sociais e Atención Cidadá, incrementou ata os 9.713 euros os fondos destinados ás axudas municipais para atender os gastos propios do curso escolar, coma o material ou os libros non contemplados no programa autonómico de gratuidade.
O goberno municipal destinou nun principio 6000 euros a este programa aínda que, ante a gran cifra de solicitudes presentadas, optouse por aumentar os fondos nun 39% máis da cifra inicial, que serviu para incrementar a cifra de beneficiados destas axudas.
De feito, nesta convocatoria 2011 -2012 presentáronse un total de 116 solicitudes, 71 máis que no curso escolar 2010 – 2011, resultando beneficiarias 77 familias, 44 máis que o curso pasado.
Segundo explicou o concelleiro José Alén, estas familias contarán con axudas de entre 20 e 150 euros, segundo o estudante beneficiario, curso que vaia iniciar e nivel económico da unidade familiar; fondos que terán como destino a adquisición de material e libros para Educación Infantil, Educación Primaria, Secundaria, Ciclos Formativos, Bacharelato e formación de adultos.



Asemade, o edil recalcou a celeridade e axilidade do executivo local á hora de convocar e resolver esta convocatoria, aberta o pasado mes de xullo, debido á situación económica actual existente. E é que estas axudas permitrán que moitas familias con rendas máis baixas, conten cuns fondos moi necesarios, durante un dos meses do ano nos que os seus gastos máis se incrementan.
Finalmente, José Alén quixo subliñar o importante papel do goberno municipal que, unha vez máis, volveu apoiar ás familias pontesas con menores ingresos , nesta ocasión, facéndolles máis levadeiro o custo económico que supón o inicio do curso escolar.

A Aula Cemit de As Pontes porá en marcha, este mes, catro cursos adicados ás novas tecnoloxías



• Os servizos da Rede Cemit complétanse cunha aula aberta para solventar dúbidas ou realizar consultas ou traballos en Internet


A Aula da Rede de Modernización e Inclusión Tecnolóxica, Cemit, do Concello de As Pontes porá en marcha, a vindeira semana, novos cursos formativos totalmente gratuítos.

De feito para os días 8 e 9 de setembro está previsto que se celebre, en horario de 17.00 a 19.00 horas, un obradoiro de correo electrónico webmail, dirixido a todas aquelas persoas que desexen aprender a empregar esta ferramenta para a súa comunicación e todas as opcións que este servizo nos ofrece.

Polo momento aínda hai prazas vacantes para este cursiño ao igual que o arrincará o día 12 adicado a Internet avanzado e ao aproveitamento dos recursos da rede.

Este é un obradoiro para o que será posible anotarse ata o mesmo día do seu inicio e no que os participantes aprenderán a realizar descargas, a subir vídeos ou a realizar compras por Internet, entre outros servizos que ofrece a rede.

A primeira quincena de setembro pecharase cun curso para aqueles que non conten con coñecemento algún da Internet e que, mediante un obradoiro de iniciación, poderán comezar a iniciarse no mundo da rede de redes.

O día 12 de setembro, ás 19.30 horas, arrincará este curso de 10 horas de duración, na que os participantes poderán aprender a identificar os servizos que ofrece Internet, localizar mediante buscadores aquelas páxinas ou informacion que precisan ou incluso empregar os diferentes programas de comunicación gratuítos cos que conta Internet.

Xa a finais deste mes será posible participar nun obradoiro de iniciación á informática ou de retoque fotográfico para os que aínda quedan prazas vacantes.

Para obter máis información ou ben para anotarse en calquera destes cursos é posible telefonar ao 664 13 98 46, enviar un correo electrónico ao enderezo cemit.aspontes@xunta.es, achegarse ata a propia aula, ubicada no soto da Casa Dopeso, ou ben realizar a reserva de praza vía online, mediante a páxina web municipal, no enderezo www.aspontes.com.

Asemade, nestes días tamén continúa aberta ao público a aula de libre acceso da Rede Cemit para que todo aquel que así o desexe empregue os recursos informáticos cos que conta este espazo ou consulte as súas dúbidas á técnica responsible da mesma.

O Concello de As Pontes celebrará en outubro o III Concurso de Tapas Vila de As Pontes

Os hostaleiros ponteses están convocados o vindeiro luns a un encontro na Casa Dopeso para coñecer a programación e novidades deste certame


O Concello de As Pontes, a través do departamento municipal de Industria e Comercio, e a Cámara de Comercio de Ferrol están a organizar a terceira edición do Concurso de Tapas Vila de As Pontes.

Esta cita gastronómica celebrarase entre os días 5 e 12 de outubro e, novamente, terá como obxectivo impulsar o sector hostaleiro local, mediante a gran oferta gastronómica que se ofrece nos diferentes establecementos do sector espallados polo municipio pontés.

Novamente, a concellería que dirixe Montserrat García, xunto co Instituto Pontés de Promoción Económica e RTV Eume, volve apostar por sete días nos que os diferentes bares e restaurantes ponteses ofrecerán distintas propostas gastronómicas co fin de captar maior número de clientes.

De feito, para o vindeiro luns están xa convocados para un encontro informativo todos os establecementos hostaleiros ponteses co fin de darlles a coñecer as novidades do certame deste ano e as bases para a participación no mesmo.

Asemade, nesta reunión, que terá lugar na Casa Dopeso ás 20.00 horas, a organización tamén dará cumprida información sobre as diferentes actividades que, este ano, completarán o programa deste certame gastronómico e das que se informará a vindeira semana.


En 2010, o Certame de Tapas Vila de As Pontes logrou reunir a 32 locais hostaleiros, catro máis que na súa estrea en outubro de 2009 con 28 establecementos inscritos.

Asemade, para este ano, agárdase superar a cifra de tapas repartida o pasado ano, con case 8.000, ademáis do número de locais hostaleiros implicados que loitarán por algún dos recoñecementos á tapa máis orixinal, máis saborosa ou máis popular que este ano están en xogo e que, no 2010, recibiron as cafeterías Trastoy 3, As Tres Pontes ou Mesón Ana, e en 2009, o café bar Bahía, o Mesón de Pepe e tamén o Trastoy 3.