27/7/11

O presidente da Xunta de Galicia e o alcalde de As Pontes inauguran en Penapurreira a factoría de Biomasa Forestal



A factoría, adicada á producción de enerxía mediante os residuos forestais, contou cunha inversión de seis millóns de euros e xerou vinte empregos directos aos que se sumarán uns 70 postos indirectos


O presidente da Xunta de Galicia e o alcalde de As Pontes inauguraron hoxe a pranta de Biomasa Forestal, ubicada no polígono industrial de Penapurreira, adicada á producción de pellets, un combustible procedente de restos de madeira dirixido a usos tanto industriais coma domésticos.
Alberto Núñez Feijoo acudiu a As Pontes na compaña do conselleiro de Industria, Javier Guerra, e do presidente da deputación da Coruña, Diego Calvo, aínda que tamén se deron cita neste acto representantes dos diferentes grupos políticos municipais e do tecido empresarial e asociativo local.
O rexedor pontés foi o encargado de descubrir a praca conmemorativa desta data malia que, dende o pasado mes de maio, Biomasa Forestal xa se atopa operativa cunha vintena de traballadores integrando o seu plantel e cunhas cifras de producción de 60.000 toneladas de pellets ao ano.
De feito, a xeración de emprego foi un dos principais puntos nos que fixo fincapé o presidente da Xunta que explicou que a intención da administración autonómica pasa por poñer en marcha unha ducia de centrais deste tipo por toda Galicia, co fin de de triplicar a enerxía que se poida producir mediante a biomasa forestal e acadar, en 2013, unha producción de enerxía superior aos 150 megavatios e uns 1000 empregos directos e indirectos.
Neste senso, Núñez Feijoo salientou que o reto que ten Galicia por diante pasa polo aproveitamento de toda a súa capacidade en materia de enerxías renovables, e neste caso, por aproveitar o millón de toneladas de biomasa cos que conta Galicia, reducindo as emisións de CO2 á atmósfera e impulsando a producción de enerxías renovables para que, no 2015, o 95% da enerxía producida en Galicia sexa limpa.
O alcalde de As Pontes tamén deu conta da súa satisfacción ante a posta en marcha dunha nova factoría tan innovadora, neste tempo onde o momento empresarial non é bo. Neste senso, Valentín González Formoso, subliñou a relevancia do polígono pontés de Penapurreira onde se están a ubicar prantas innovadoras, dando lugar a un tecido industrial moi diversificado que é garantía de futuro para As Pontes.
Asemade, o rexedor pontés definiu estas novas instalacións coma unha importante alternativa dentro do mercado da madeira, máis aló dos aserradeiros comúns, o que permite que os empresarios do sector conten cun novo nicho de mercado adicado á producción de enerxía, dando lugar á consolidación do sector forestal.
González Formoso tamén fixo referencia ao sector do transporte e é que, malia que Biomasa Forestal creou xa unha vintena de empregos directos, colectivos coma o dos transportistas tamén se poden ver moi beneficiados coa posta en marcha desta empresa ao ser os responsables de levar os materiais e o producto xa finalizado ata o porto exterior de Ferrol e é que, segundo as previsións iniciais da dirección da empresa, Biomasa Forestal podería crear 70 empregos indirectos en toda a comarca.
Biomasa Forestal conta, neste momento, cunha vintena de empregos e precisou dunha inversión de seis millóns de euros que se traduciron nunha pranta que se levantou en 16 meses na parcela C3-A do parque industrial de Penapurreira, e que permite revalorizar más de 100.000 toneladas ao ano de restos forestais.
O sistema productivo deste combustible ecolóxico está baseado na recollida de restos forestais durante o proceso de tala no que se aproveitan tanto as fraccións leñosas coma as follas ou a cortiza, que teñen como destino ou ben a fabricación de pellets ou o uso coma combustible para o proceso de fabricación. Éste resulta totalmente ecoeficiente, permite aforros superiores ao 50% na factura da calefacción e conta cun prezo estable ao que se suma unha importante avantaxe para o medio ambiente que se traduce nun ciclo neutro de producción de emisións de CO2.

23/7/11

A EMPRESA XARALEIRA DE CRÍA DE ROEDORES INAUGUROU UNHA NOVA AMPLIACIÓN DAS SÚAS INSTALACIÓNS








As Pontes volveu ser onte un dos referentes industriais de Galicia e é que a empresa pontesa Xaraleira, de cría de roedores vivos e conxelados, daba a coñecer a ampliación das súas instalacións.



O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso; o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo; o delegado do Goberno, José Manuel Pose, o presidente de Euroeume, José Castro, e o Director Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural e director xeral de Agader, Antonio Crespo, participaron neste acto que tiña lugar nas dependencias do centro de dinamizacion empresarial de Seara, no polígono de Penapurreira ata onde tamén se desprazaron empresarios ponteses, membros dos diferentes grupos políticos da corporación municipal, familiares e amigos do emprendedor pontés José María Vilaboy.



Xaraleira é unha das dúas únicas existentes en España adicada a comercializar roedores como mascotas ou como alimento vivo ou conxelado de aves rapaces e réptiles a zoolóxicos, cetreiros e centros de recuperación de animais e, xa para o vindeiro ano, ampliará campo de comercio para adicarse á cría de insectos tanto para a alimentación de diversas mascotas coma para a loita biolóxica.


Este proxecto recibiu unha axuda de máis de 76.600 euros (un 42,9% do investimento total) a través do Grupo de Desenvolvemento Rural Euroume, unha gran iniciativa que, tal e como subliñou o director xeral de desenvolvemento rural, Antonio Crespo, cubre un lugar industrial á marxe da gandeiría tradicional e que, tal e como suscribiu tamén o delegado do goberno José Manuel Pose é todo un gran exemplo da cultura emprendedora que hai que respaldar.



E é que este proxecto que hai menos dunha década se comezaba a xestar cubre un mercado ata o de agora descoñecido e que, nun principio, foi tomado coma unha tolemia por parte de aqueles que coñecían ao empresario pontés. Tal era o caso do presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo ou o presidente de Euroeume, José Castro, que, malia que nun principio contaban con certo reparo con respecto á idea presentada por José Vilaboy, finalmente, apostaron por un gran emprendedor e un proxecto pioneiro e de gran calado na industria non só nacional senón tamén mundial e é que, a día de hoxe, Xaraleira surte ao Parque Natural de Cabárceno (Cantabria), ao Zoo de Madrid, á ONG Grupo de Rehabilitación da Fauna Autóctona e o seu Hábitat; así como diversos centros de recuperación de aves en Andalucía, Cataluña ou Portugal, ao que se suman diferentes centros educativos de todo o país aos que Xaraleira distribue kits de experiencia, formados por tres ratos con características xenéticas controladas, a gaiola, o penso necesario para un mes e medio e labra para os roedores. Esta idea nace coa intención de que os rapaces se interesen dunha forma máis amena pola bioloxía mediante o estudo –dunha forma práctica– das Leis de Mendel.


Con esta ampliación, Xaraleira pretende comercializar o seu produto no exterior, sendo Centroeuropa –Austria, Bélxica e Holanda– e os Emiratos Árabes os obxectivos que se marca. Deste xeito, a compañía pretende dobrar a facturación –que no 2010 ascendeu a 150.000 euros– e converter o mercado exterior nun 30% da produción total.



Un gran proxecto para o que tamén tiñan felicitacións o alcalde de As Pontes. No seu discurso, Valentín González Formoso tamén amigo persoal do empresario José María Vilaboy, lembrou os primeiros pasos do empresario pontés cunhas crías de ratos no seu propio garaxe e que, a día de hoxe, se traduce nun proxecto emprendedor que está a axudar a que As Pontes deixe un lado a súa face mineira para transformarse nun núcleo empresarial diversificado con importantes proxectos de futuro, como é o caso desta peculiar explotación de gando.



Trala presentación oficial, autoridades e convidados se trasladaron ata o Aparral, onde se atopan as instalacións de Xaraleira, alí
tralo corte de cintas, as autoridades realizaron un percorrido polas instalacións, coñecendo sobre o terreo as condicións óptimas nas que son criados os roedores.

Con esta nova nave, que se suma á xa existente, incorpórase unha cámara de refrixeración con capacidade para conxelar máis de 5.000 quilos de roedores, aos que hai que engadir os 7.000 animais vivos que comercializa agora mensualmente.


O proxecto inaugurado onte recibiu unha axuda de máis de 76.600 euros procedente do Programa Leader 2007-2013; converténdose así no primeiro expediente dun promotor particular tramitado integramente neste novo período do plan Leader. Entre os anos 2003 e 2006, percibiu tamén outra axuda do Leader + 2000-2006 coa que levou a cabo a construción do criadeiro de ratos albinos e cobaias.

O alcalde de As Pontes recibe de Evaristo Puentes Leira, a Copa do Mundo de Fútbol










• Unhas duas mil persoas, segundo a organización do evento, visitaron xa onte este trofeo e hoxe agárdase superar estas cifras

As Pontes, 23 de Xullo de 2011.-
O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, recibiu hoxe a Copa do Mundo de Fútbol acadada, en xullo de 2010, pola selección española desta disciplina.
O trofeo, que dende onte e ata hoxe se puido visitar no auditorio municipal Alovi, visitou terras pontesas gracias ás xestións realizadas polo excolexiado pontés Evaristo Puentes Leira, membro na actualidade da Real Federación Española de Fútbol, e que foi o encargado de levar a cabo duras xestións para lograr que este trofeo puidese ser visto e levantado polos ponteses e pontesas, ademáis de veciños doutros concellos, durante estes dous días.
Así, este mediodía o primeiro edil pontés recibía oficialmente esta copa agradecendo unha vez máis o gran traballo de Puentes Leira e esta oportunidade única que, durante estas 48 horas, tiveron os veciños e veciñas que decidiron acudir ao Alovi para ter nas mans e tomarse unha fotografía con este importante trofeo.
Xa, na xornada de onte, unhas 2.000 persoas pasaron por este emprazamento para ver esta copa e, ao longo do día de hoxe, a cifra incrementouse notablemente con longas ringleiras que, dende as 11.00 horas, hora de apertura do Alovi, ocupaban os exteriores destas instalacións.
Esta tarde, ás 20.00 horas, González Formoso presidirá o acto de despedida da citada copa na que se contará co son das gaitas e pandeiretas de varios artistas locais.

21/7/11

Parque@ctivo

Música de Festa

;

OS PONTESES PODERAN FOTOGRAFIARSE COA COPA DO MUNDO OS DÍAS 22 Y 23 DE XULLO

Coincidindo coas festas patronais- a Copa do Mundo conquistada pola selección española de fútbol no Mundial de Sudáfrica,visita o noso concello.
Os ponteses terán a oportunidade de ver o preciado trofeo e facerse unha fotografía con el.
O trofeo estará instalado no Auditorio municipal cine Alovi e o horario de visita será de 11:00 a 20:00 os vindeiros 22 e 23 de xullo.

ADXUDICADO II TRAMO DA ESTRADA RIBADEUME - A FAEIRA

A mellora da comunicación entre as parroquias do Eume segue avantando logo da adxudicación do segundo tramo da estrada Ribadeume-A Faeira.

Esta nova obra supón a segunda Fase do Proxecto promovido dende o Concello, e para o que se recabou a financiación da Presidencia da Deputación coruñesa, que adxudicou a redacción integral do proxecto.

O primeiro paso estaba xa completado coa adjudicación e posterior execución da primeira fase desta ambiciosa actuación, e que abrangue Vila, Ribadeume, e O Petouto

Agora vense de adxudicar xa a fase II que se corresponde co trazado Ribadeume- A Faeira, e que suporá unha mellora na calidade da seguridade de circulación, cun novo acondicionamento deste trazado, e un novo aglomerado.

Dende o Concello demandarase agora da nova Corporación da Diputación que manteña a receptivadade que o anterior equipo amosara á demanda dos veciños de Ribadeume, Bermui, Faeira, San Pedro de Eume e Goente, para a pronta finalización dunha obra moi precisa.

O concello pontés segue pois na liña de demandar as actuación precisas en materia de infraestruturas no rural, como garantía para o mantemento e recuperación poblacional das parroquias.

PREGÓN FESTAS DO CARME 2011

Actos liturxicos

González Formoso preside a presentación dun libro no que se recolle o medio séculode fútbol federado pontés




• Antón e Xosé Ferreiro son os autores dunha publicación de 300 páxinas que contou co respaldo económico do Concello e da Deputación da Coruña


O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, presidiu hoxe, xunto coa deputada provincial e concelleira, Montserrat García e o presidente do Clube Deportivo As Pontes, Xaime Castro, a presentación do libro Clube Deportivo As Pontes. 50º Aniversario da súa federación, unha recompilación de clasificacións, resultados e planteis dos diferentes equipos do CD As Pontes dende 1960 ata o 2010.

Este gran traballo de recopilación foi realizado polos ponteses Antón Ferreiro García e Xosé Ferreiro Yáñez, pai e fillo que, tras anos de traballo, ven publicado este catálogo no que se inclúen fotografías, anécdotas dos diferentes equipos do CD As Pontes e moitos datos sobre o equipo pontés e a súa canteira que se foron recompilando durante estes últimos 30 anos e que gracias ao Concello de As Pontes e á Deputación da Coruña viu hoxe a luz.

Precisamente, este gran esforzo foi recoñecido polo primeiro edil pontés que agradeceu a gran entrega dos seus autores para idear un traballo que quedará para sempre e no que queda máis que evidenciada a importancia do fútbol e deste clube non só polos seus logros deportivos, senón tamén como canteira de formación e valores para os máis novos que aprenden o que é o compañeirismo ou a disciplina ao tempo que se divirten e se forman física e psiquicamente. De aí que o alcalde pontés dese conta da importancia de que as institucións apoien a este clube, comezando pola administración local que xa está en conversas para que sexa o concello o que sufrague gastos coma o transporte dos 13 equipos que, cada semana, deben acudir aos seus compromisos deportivos.

Pola súa parte o presidente do CD As Pontes recordou que o fútbol non só son os grandes nomes que aparecen na televisión, senón tamén un importante traballo detrás, no campo, coa canteira á que se lle fan chegar importantes valores e é que, segundo subliñou Xaime Castro, ese é o principal fin do clube que preside.

Os autores do traballo quixeron agradecer o respaldo das administracións local e provincial, ademáis do CD As Pontes, á hora de impulsar este importante proxecto que pon de manifesto a gran calidade da canteira futbolística pontesa e dos seus equipos.

Figuras coma Nando, Kico Rey, Simón, Vidal ou Beceiro e xa nomes máis actuais da altura de Rochela, Adrián López ou Enrique Fornos pasaron polas filas do CD As Pontes nestes anos e tamén forman parte da historia do equipo pontés e da publicación que hoxe se presentaba no salón de actos da Casa Consistorial, un importante listado de grandes figuras ao que se suman logros coma o ascenso a División de Honra do equipo xuvenil, 32 ligas e 24 copas acadadas polos planteis dos máis novos e militancias en 2ºB ou 3ª Divisióndo primeiro equipo e que tamén aparecen reflectidas nesta publicación.

Un emocianado Antón Ferreiro deu conta dos trinta anos de traballo que supuxo este libro, un dos poucos cos que conta un clube tan humilde coma o CD As Pontes, e que sen o propio clube pontés, a Federación Ferrolá de Fútbol ou á Deputación da Coruña, mediante a deputada Montserrat García, non sería posible.

Precisamente esta última pechou a rolda de intervencións dando conta da importancia desta publicación e da implicación do goberno provincial á hora de respaldar un proxecto que é historia e que xa está a desposición da cidadanía, gracias ao gran esforzo de Antón e Xosé Ferreiro, que tamén recibiron a felicitación da deputada.

O acto puxo o seu punto e final cun gran aplauso dos presentes entre os que estiveron membros do equipo de goberno e a oposición, xogadores do CD As Pontes e directivos, adestradores e veciños que non se quixeron perder esta singular presentación.

18/7/11

O Concello de As Pontes aposta pola formación do tecido comercial como base da captación de clientes

• Dende o depatamento municipal de Industria e Comercio organizáronse catro cursos cos que dotar de novas ferramentas de traballo aos comerciantes locais


O Concello de As Pontes, mediante o departamento de Industria e Comercio e o Instituto Pontés de Promoción Económica (IPPEC), volveu este ano apostar pola formación do tecido hostaleiro e comercial pontés, mediante o desenvolvemento, nas pasadas semanas, de ata catro obradoiros dirixidos a mellorar a actividade do tecido comercial local e á captación de novos clientes.

Así, durante o mes de marzo, a concellería que dirixe Montserrat García, coa colaboura de Seara, Bic Galicia, Cámara de Comercio e a Asociación de Comerciantes locais, ofertou ata catro cursos formativos nos que tomaron parte unha media de 30 persoas vencelladas cos sectores da hostalería e do comercio.

E é que, unha vez máis, segundo explicou a concelleira, o executivo local quixo respaldar e apoiar o desenvolvemento o tecido comercial e hostaleiro pontés para facer estes sectores máis competitivos e cunha oferta de servizos tan atractiva que de lugar a que os ponteses e pontesas aposten polo municipio, polos seus comerciantes e empresarios e realicen as súas compras e actividades rutinarias ou de ocio, coma o tomar un café, nos locais de As Pontes, evitando así a fuga de clientes a outros concellos ou grandes superficies, onde non atopan un trato tan personalizado ou directo.




Nesta liña, optouse por desenvolver ata catro cursos adicados a temáticas coma a lei do comercio galego, a mellora da imaxe comercial, as vendas especiais e as canles para pulsar a opinión do cliente sobre un establecemento; iniciativas que repercutirán nun mellor trato ao cliente, no desenvolvemento de técnicas novidosas para captar a súa atención ou nunha mellor aplicación dos condicionamentos legais que rexen a actividade comercial en Galicia.

Unha media dunhas trinta persoas tomaron parte nestes catro cursos cuios diplomas de asistencia serán entregados o vindeiro xoves, 21 de xullo, ás 21.00 horas, pola propia edil Montserrat García, nas dependencias da Casa Consistorial pontesa.

16/7/11

Sete mestres ponteses dan o pistoletazo de inicio ás celebracións en As Pontes da s Festas do Carme 2011





• O tradicional pregón adicado, este ano, ao mundo da docencia tivo lugar diante da Casa Consistorial cambiando así de escenario


O Concello de As Pontes deu hoxe o pistoletazo de saída ás súas festas patronais co tradicional pregón inaugural que, nesta ocasión, foi protagonizado por un grupo de sete mestres xubilados, pertencentes a catro centros educativos ponteses.

O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, foi o encargado de abrir a rolda de intervencións dando conta da importancia dun colectivo como é o dos docentes, responsable do que, segundo recalcou o primeiro edil, son os homes e mulleres do mañá, da súa formación e, por conseguinte do futuro de As Pontes.

González Formoso agradeceu a gran labor dos mestres, presentes na infancia e adolescencia de todos e todas os veciños e veciñas de As Pontes, e que adicaron os seus esforzos á formación das persoas.

O seu relevo foi para os homenaxeados da xornada que, segundo a antigüidade do centro educativo ao que pertencían, foron pasando polo escenario que, este ano se ubicou diante da Casa Consistorial, ata onde se trasladaron ducias de veciños e veciñas para participar neste tradicional acto das festas.

A rolda de intervencións abríronsa Conché Bellas e Conchita García, mestras do C.E.I.P Santa María que fixeron un repaso pola súa experiencia como docentes e que tamén lembraron os comezos do centro ao que adicaron máis de 30 anos da súa vida.

Polo C.E.I.P A Magdalena interviu José Antonio Calvo, chantadino de nacemento pero pontés de adopción que, na década dos 80 se trasladou a As Pontes. Dulce Bellas, responsable da que foi Gardería Disney e tamén exmestra co centro Nebrija – Pardo Bazán aproveitou a súa intervención para agradecer esta homenaxe, e convidou á cidadanía a desfrutar destas festas e deixar a un lado, por uns días, os problemas.

Polo C.E.I.P Monte Caxado participaron Fina Pajón e Adela Calvo, namentras que a derradeira intervención foi a de Fina Otero, exmestra do C.E.I.P A Fraga e I.E.S Castro da Uz que tras 42 anos na profesión, deu conta do cambio vivido pola figura do mestre que, asegurou se atopa, infravalorado, nestes días.

Co reparto de agasallos aos pregoeiros e un pequemo concerto da Rondalla Vila de As Pontes pechábase este acto inaugural das festas do Carme 2011.

15/7/11

González Formoso recibiu hoxe ao medio cento de veciños e veciñas de Lesneven que pasarán os vindeiros días en As Pontes






• O rexedor bretón, Jean – Yves Le Goff, e o presidente do Comité de Jumelage, Claude Le Menn, encabezan unha expedición que por décima vez visita As Pontes


O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, presidiu este mediodía a tradicional recepción ao grupo de veciños e veciñas do municipio bretón de Lesneven que, coma cada dous anos, visitan As Pontes ao abeiro do irmandamento asinado entre o municipio galego e o francés.
O salón de plenos da Casa Consistorial foi o escenario deste acto no que tomaron parte un grupo de 44 persoas procedentes de Lesneven, xunto coas súas familias pontesas de acollida, entre as que atopan o propio rexedor bretón, Jean – Yves Le Goff, e o presidente do Comité de Jumelage Lesneven – As Pontes, Claude Le Menn.
Asemade, tamén estiveron presentes os concelleiros de Cultura, Sara Ramos, Servizos Sociais e Atención Cidadá, José Alén; Facenda, Antonio Alonso; e Industria e Comercio, Montserrat García que, xunto con membros da oposición e co presidente da Irmandade As Pontes – Lesneven, Antón Ferreiro, deron a benvida oficial a esta expedición que xa chegaba onte á tarde a terras pontesas.
O primeiro edil pontés foi o encargado de, nun perfecto francés, dar a benvida aos veciños e veciñas de Lesneven. Na súa interención, González Formoso calificou a xornada de hoxe coma un día moi importante que serve para reafirmar, unha vez máis, os grandes lazos de amizade que unen estes dous concellos, lazos que naceron do gran traballo desenvolvido nestes vinte anos de irmandamento polos dous responsables destes comités, Antón Ferreiro e Claude Le Menn, responsables de que, vinte anos despois se manteña a relación cultural e social entre As Pontes e Lesneven e en moi boa forma.
González Formoso puxo punto e final ao seu discurso desexándolle a estes veciños e veciñas unha maravillosa estadía en As Pontes e que desfruten das festas patronais.
Pola súa parte o seu homónimo galo agradeceu o recibimento da corporación municipal e deu conta da grata sorpresa que lle supuxo o ver o cambio estético do entorno do concello.
Jean – Yves Le Goff agradeceu tamén o esforzo destes anos da dirección dos dous comités de irmandamento e das familias que, ano tras ano, colaboran acollendo aos visitantes dun e doutro concello, sen as que estes vinte anos de unión non sería posible. Nos mesmos termos se expresou Claude Le Menn que tamén recalcou que, dúas décadas despois, sigue habendo o mesmo entusiasmonos intercambios que en 1991.
A recepción rematou cun intercambio de agasallos entre ámbolos dous rexedores e cunha foto de grupo na que tamén tomou parte o grupo musical bretón Bagad Bro Even que se animou a interpretar unha peza popular da súa terra.

Axenda
Con motivo da celebración dos vinte anos de irmandamento entre os concellos de As Pontes e Lesneven, ademáis do clásico programa de excursións e visitas que vivirán os veciños e veciñas franceses, tamén están previstos varios actos conmemorativos deste aniversario.
Así, o domingo ás 19.30 nos Xardíns Campo da Feira terá lugar a actuación do grupo Bagad Bro Even ao que se sumará, o martes 19, ás 20.00 horas a celebración do acto XX Aniversario de Irmandamento Lesneven – As Pontes, e que terá como escenario o auditorio municipal Alovi.
Finalmente, o mércores 20, ás 19.30 horas nos Xardíns Campo da Feira está prevista unha Foliada Fes Noz coa que tamén colabora o colectivo musical Ruada e na que participarán varios grupos de música tradicional de As Pontes e os bretóns Bagad Bro Even.

Citas litúrxicas, música e actividades para os máis novos integran a fin de semana grande das Festas do Carme de As Pontes

• Durante os vindeiros días, en As Pontes contarase cun amplo programa dirixido a todos os rangos de idade e apto para todos os gustos


Esta fin de semana o Concello de As Pontes vivirá a súa gran homenaxe á patroa local : a Virxe do Carme. Así, aos festexos desta noite, nos vindeiros días, tamén será posible desfrutar de múltiples actividades culturais e, por suposto relixiosas.
O sábado a música xa encherá de festa as rúas dos barrios ponteses dende ben cedo cos pasarrúas dos Ponteses, Alfaia e Os Trevillas que, xunto co grupo de mariachis Águilas de Plata percorrerán todo o centro do pobo dende as 10.30 horas.
Parque@ctivo tamén contará con música a da Banda de Música de As Pontes que, ás 13.00 horas, protagonizará un concerto nos xardíns Campo da Feira.
Xa ás 16.00 horas dará comezo unha nova edición da Cacería do Raposo que partirá da estación de autobuses da Canle IV e que conta coa organización do Radio Clube Eume.
Parque@ctivo regresa ás 19.00 horas ao Campo da Feira cun espectáculo de malabares e acrobacias e que virá seguido da novena e misa en honra á Virxe do Carme que se celebrará ás 21.00 horas na capela do Carme.
Tras desta celebración arrincará a multitudinaria procesión nocturna de baixada da imaxe da patroa pontesa ata a Igrexa Parroquial de Santa María, onde a virxe pasará a noite, noite na que non faltará a música, coas orquestras Armonía Show e Philadelphia, e os fogos de artificio.
Na madrugada do sábado ao domingo comezarase a confeccionar a alfombra floral que o domingo, trala misa das 12.15 na igrexa parroquial e a procesión de subida servirá para recibir á Virxe do Carme novamente no seu fogar habitual: a Capela que leva o seu nome.
A banda de gaitas Alfaia xunto coa Banda de Música de As Pontes acompañará o percorrido da imaxe ata a praza do Carme onde, ás 13.00 horas, dará comezo unha misa cantada pola Agrupación Coral Endesa – As Pontes.
A tarde do domingo será dos nenos cunha nova edición de Parque@ctivo, onde ás 17.00 horas, terá lugar un espectáculo de maxia a cargo do Mago Romarís con catro pases: ás 17.00, ás 18.00, ás 19.00 e ás 20.00 horas.
Dende as 19.30 tamén no Campo da Feira será posible desfrutar da actuación do grupo Bagad Bro Even, de Lesneven, que está a participar nun novo intercambio entre o concello galego e o bretón.
Non podía faltar neste domingo, o Certame de Bandas, que vivirá a súa XVI edición ás 20.00 horas no auditorio municipal Alovi, aínda que os xiareiros da música galega poderán decantarse pola actuación de No Cómbaro que, dende as 21.00 horas, percorrerá as rúas do centro, onde dende as 21.30 horas tamén está prevista a actución do grupo gospel Broken Peach que centrarán o seu recital na Avenida da Coruña.
Para pechar a noite toca verbena, ás 23.00 horas, con Sintonía de Vigo e Gran Parada.
O luns novamente Os Ponteses xunto co grupo Canavella protagonizarán os diferentes pasarrúas que darán comezo ás 11.00 horas.
Ás 12.30 horas terá lugar a Misa de Santa María Magdalena e Cofrades, na Capela do Carme, para continuar ás 13.30 co concerto da Banda de Música de As Pontes nos xardíns do Campo da Feira.
Pola tarde, ás 16.30 horas, terá lugar a festa infantil con inchables, música e xogos para os máis pequenos, unha cita que logra reunir, cada edición, a centos de pequenos e pequenas.
O Festival Folclórico Internacional non podía faltar na programación de festexos do luns cun espectáculo que arrincará ás 21.00 horas no pavillón municipal e no que participarán Alxibeira (Narón), Berriztasuna Taldea (Bilbao), o Ballet Folclórico de Temuco (Chile), o Conxunto de Danza Kalina (Rusia) e a Otrora Integración Folclórica (Colombia) que tamén tocarán previamente polas rúas do casco urbano, ao igual que a banda pontesa Feroces da Galgueira que, ás 21.00 horas, protagonizarán un pasarrúas.
A noite rematará coa verbena, ás 23.00 horas, na que tomarán parte as formacións París de Noia e Olympus.

A Concellería de Industria impulsará a formación dos comerciantes ponteses para dinamizar o comercio local

• Un curso de creación de páxinas web será a primeira das medidas a desenvolver nesta lexislatura para reactivar o comercio pontés


O Concello de As Pontes, mediante o departamento de Industria e Comercio, pretende impulsar o sector comercial e hostaleiro pontés, de aí que a primeira das prioridades da nova responsable desta concellería, Montserrat García, pase por ofrecer e achegar todos os recursos dos que dispón a administración local para que comerciantes e hostaleiros traballen en prol da dinamización dos seus negocios.
A primeira das grandes apostas de García neste senso pasa por achegar aos comerciantes ao mundo das novas tecnoloxías e da Internet e que, deste xeito, accedan a diferentes ferramentas que lles permitan modernizar os seus negocios, como é o caso da publicidade na rede, canle que toda a cidadanía utiliza e que é un importante medio para darse a coñecer e gañar novos clientes.
De aí que dende o departamento que dirixe Montserrat García se aposte por poñer en marcha cursos de creación e mantemento de páxinas web para empresas, dirixidos a que os comerciantes e hostaleiros adquiran os coñecementos precisos para idear a súa propia páxina e mantela, e para que saiban sacarlle o mellor partido publicitario ao seu portal.
Este obradoiro, que arrincará o 1 de agosto, desenvolverase na aula da Rede Cemit, habilitada no soto da Casa Dopeso, e disporá de 18 prazas divididas en dúas quendas: de luns a venres, de 15.30 a 17.00 horas e de 20.00 a 21.30 horas, co fin de adaptarse ás necesidades de todos os participantes.
Asemade, tamén está previsto achegar as vantaxes do comercio electrónico aos comerciantes locais mediante outro tipo de iniciativas formativas coas que se buscará mellorar o servizo que presta o sector comercial pontés, o que repercutirá para ben tanto nos propios comerciantes coma nos seus clientes.
Neste senso, Montserrat García anunciou que, dende o departamento que dirixe, respaldaranse todas as iniciativas posibles e necesarias que repercutan na mellora do sector comercial local e que teñan como principal obxectivo tamén a concienciación da cidadanía pontesa de que é preciso investir e mercar en As Pontes para que esta inversión repercuta no propio futuro do municipio.
Así a edil quixo tamén facer un chamamento aos ponteses e pontesas para que eles tamén aporten o seu gran de area en prol do futuro de As Pontes, decantándose polo servizo personalizado e cercano dos comerciantes locais á hora de realizar as súas compras ou de desenvolver as súas actividades cotiás ou de ocio, como pode ser o tomar un café.

Rugbi, piragüismo, automobilismo ou xadrez integran o programa deportivo da fin de semana

• As novidades no calendario deportivo destes días pasan pola desputa de novos trofeos de pádel ou o kick boxing


O Concello de As Pontes organizou para esta fin de semana as tradicionais competicións deportivas que, ano tras ano, se preparan con motivo dos festexos en honra á Virxe do Carme e nas que toman parte moitas entidades deportivas pontesas.

Trala celebración a pasada fin de semana dos torneos de 3X3 de Baloncesto e de fútbol sala, este sábado terán lugar novas probas deportivas ao abeiro do programa para estas festas.

Así mañá, o campo de tiro Pena da Revolta acollerá, dende as 10.00 horas e ata as 13.00, unha tirada social en clase estándar. Xa ás 15.00 horas desenvolverase a proba de tiro social ao prato, namentras que para o domingo quedará a tirada oficial ao prato, entre as 12.00 e as 19.00 horas.

Namentras, nos campos de fútbol do Poboado terá lugar o XI Seven Internacional de Rugby Vila das Pontes. Dende as 10.30 horas, dez equipos masculinos e tres femininos competirán nesta clásica proba deportiva na que poderemos atopar, ademáis de aos organizadores o Clube Fendetestas, ao CRAT Feminino ou o Pementos.

Tamén será posible desfrutar do piragüismo co Memorial Carlos Fornos. Trofeo José Ramón Corral de Piragüismo que, un ano máis, organiza o Grupo Xuvenil de Piragüismo, aínda que cambia de data, do sábado ao domingo 17 de xullo, ás 10.30 horas no encoro da Ribeira. As categorías desta proba serán alevín e infantil en K-2 e C-2.

Outra actividade que nun principio ía ter lugar mañá pero que tamén cambia de data é a VI Travesía Encoro da Ribeira de Vela Lixeira, organizada polo Clube de Vela Fluvial e que, finalmente, se desputará o 6 de agosto, no pantano pontés.

Non faltará o xadrez co XII Trofeo de Xadrez Festas do Carme, que se desputará o domingo, en horario de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas no Lar.

A fin de semana deportiva pecharase coa II Xincana Automobilística das Festas do Carme que organiza o propio Concello de As Pontes. Será tanto o sábado coma o domingo nas proximidades do campo de rugby Monte Medulio.

Como novidade este ano celebrarase o I Trofeo de Kick-Boxing Concello de As Pontes, unha proba que terá lugar o día 22 de xullo, ás 22.00 horas no pavillón municipal da Fraga e que organiza a Federación Galega de Kick-Boxing.

Asemade, a vindeira semana terá lugar o XII Torneo Federado de Tenis, unha competición da que será posible desfrutar nas pistas de tenis da Canle IV e que conta coa organzación do Clube de Tenis As Pontes para as categorías absoluta federada e non federada, cadete, alevín e infantil. O vindeiro luns e ata o 24 de xullo terán lugar os diferentes encontros en horario de mañá e tarde.

Finalmente, tamén a vindeira semana celebrarase o I Torneo de Pádel Festas do Carme, nas pistas de pádel da Canle IV, entre os días 20 e 22 de xullo.

14/7/11

Seis grandes departamentos e cinco delegacións integrarán o goberno do Concello de As Pontes durante esta lexislatura



fotos


• Hoxe tiña lugar a primeira sesión plenaria na que tamén se determinou a periodicidade dos plenos e as retribucións de tres concelleiros


O goberno municipal de As Pontes dividirase en cinco departamentos xenéricos e outras seis delegacións especiais durante a legislatura 2011-2015. Esta mesma mañá dábase conta en sesión plenaria de carácter extraordinario das diferentes áreas nas que se dividirá o goberno que dirixe o alcalde Valentín González Formoso.
Así, Antonio Alonso levará a área de Facenda, Urbanismo e Coordinación do goberno, Montserrat García ocuparase da área de Industria e Comercio, José Alén levará a dirección de Servizos Sociais e Atención Cidadá, Jessica (MªFlor) Lago dirixirá Administración e Persoal e Antonio Lourés Rebolo encargarase da área de Obras e Medio Ambiente.
Asemade, tamén se establecerán seis delegacións especiais que serán asumidas por Jesús Tembrás, responsable da área de Xuventude e que dependerá do departamento de Servizos Sociais ao igual que a delegación de Deportes e Educación que recae na dirección de Carlos Castro. Ana María Pena coordinará a concellería especial de Emprego, Turismo e Novos Proxectos, correspondente á área de Industria e Comercio; namentras que Sara Ramos, concelleira delegada de Cultura, dependerá do departamento de Administración e Persoal.
O reparto compleméntase coas delegacións de Seguridade Cidadá e Atención ao Medio Rural e Servizos, dependentes ámbalas dúas do departamento de Obras, e que contarán coa supervisión de Eladio Bouza e Antonio Castro, respectivamente.
A sesión arrincou coa toma de posesión dos concelleiros do BNG Francisco da Silva, Hixinio Adega e María Jesús Romero, ao que seguiu a constitución dos grupos políticos e dos seus voceiros que serán a socialista Montserrat García, o nacionalista Francisco da Silva e a popular Sara Prada.
Durante a sesión, deuse conta da integración da Xunta de Goberno local eque estará composta por Montserrat García, Antonio Alonso, José Alén, Antonio Lourés Rebolo e Jessica (MªFlor) Lago e que, por esta mesma orde, ocuparán as tenencias de Alcaldía.
Asemade, aprobouse a periodicidade das sesións plenarias que serán o primeiro xoves de cada dous meses ás 11.00 horas,- a primeira terá lugar o 8 de setembro- e tamén a celebración das Xuntas de Goberno local que se programaron para o segundo e cuarto venres de cada mes ás 12.30 horas.
Non faltou a aprobación do nomeamento dos representantes do Concello nos órganos colexiados e a creación e composición das Comisións Informativas Permanentes, ao que se sumou unha proposición do grupo municipal do BNG para crear unha comisión especial sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal, que se sumará a unha xa planificada polo equipo de goberno e que irá dirixida a tratar o proxecto de desenvolvemento urbanístico do lago de As Pontes.
O punto que máis discordancia xerou nesta primeira sesión foi o adicado ás retribucións que percibirán o edil de Facenda (32.894 euros anuais), o de Servizos Sociais ( 26.897 euros anuais) e a voceira do Partido Popular ( 13.448 euros anuais).
Dende o grupo de goberno explicaron que esta decisión tomouse ante as necesidades que presenta a nova realidade do concello, onde os membros do goberno deben compatilibizar o seu traballo coas tarefas da administración local e que iso non é sempre posible, dando lugar a problemas no lugar de traballo ou a que non se poida prestar unha atención máis pormenorizada aos temas municipais.
Tanto Montserrat García coma González Formoso recalcaron que a decisión foi moi estudada, tendo moi en conta a situación económica envexable que presentan as arcas municipais, e redundará nunha mellor atención á cidadanía que, a calquera hora, poderán achegarse á Casa Consistorial e contar cun membro do goberno ao que facerlle chegar as súas demandas. De aí que se escollese aos edís de Facenda e Servizos Sociais e Atención Cidadá, atendendo a uns criterios baseados na ampla responsabilidade á que deben facer fronte tanto Antonio Alonso coma José Alén, sobre todo ante a inminente realización de proxectos coma o PXOM, o desenvolvemento urbanístico do lago ou as políticas sociais municipais.
Pola súa parte tanto o alcalde coma o grupo do BNG rexeitaron as súas retribucións, o primeiro ao lograr a compatibilidade da súa vida laboral en Iberdrola co seu cargo político e os segundos ao considerar que estes fondos deberían ter como destino políticas sociais ou de emprego.
Este punto contou co respaldo da maioría da Cámara, a excepción do BNG, ao igual que aconteceu coa creación dun posto de traballo como asesor do equipo de goberno, emprego que será de carácter eventual cunha xornada de 32 horas semanais.
A vindeira semana está prevista a celebración dunha sesión extraordinaria, aínda sen data, co fin de aprobar a dotación de fondos dalgunhas partidas económicas xa esgotadas.

O BORRADOR DA LEI DE XUVENTUDE DE GALICIA PRESENTOUSE ONTE EN AS PONTES




A Xunta de Galicia estivo a traballar, nestes últimos meses, na posta en marcha da primeira lei da xuventude, un instrumento co que se pretende unificar toda a normativa e procedementos que afectan á poboación máis nova e coordinar e reforzar o traballo transversal das diferentes consellerías que desenvolven programas, recursos e axudas dirixidas á xuventude.

Esta iniciativa, pioneira en Galicia, chegaba onte ata As Pontes, concretamente mediante o departamento de Xuventude que dirixe Jesús Tembrás que desenvolveu unha charla informativa para facer chegar, aos máis novos as liñas xerais deste documento e que así os principais destinatarios, os Galegos e galegas de entre 14 e 30 anos, poidan coñecer este documento e propoñer as súas propias ideas e suxestións.

Así ata mañá aínda será posible presentar calquera tipo de alegación a este texto que onte presentou o dinamizador da xunta de Galicia, José Manuel Lois que, na Casa Dopeso, desenvolveu unha charla informativa na que se presentaron os conceptos básicos desta lexislación.
De feito, segundo explicou o experto, este anteproxecto aglutina toda a información e recursos que poden desfrutar os máis novos, ampliando o seu radio de acción non só á xuventude, senón tamén ás persoas físicas ou xurídicas que incidan nas persoas máis novas.

Esta lei contará con tres eixos organizativos: o comité galego de políticas de xuventude que se creará para, entre outros fins, estudar, analizar e informar dos problemas da mocidade galega; o instituto da Xuventude de Galicia que materializará os principios de información á xente nova, ofrecéndolles formación e asesoramento contínuo en políticas de xuventude; e a escola galega de xuventude que será un órgano especializado na educación non formal en temas vencellados á mocidade.
Asemade, tamén terá un importante papel o observatorio galego da xuventude e os consellos locais da xuventude que se fundarán en diferentes concellos co fin de fomentar a participación xuvenil.

Gran importancia tamén adquire neste documento o plan estratéxico de xuventude de Galicia que, entre ouros fins, servirá para establecer un método de traballo transversal e para facilitar a toma de decisións políticas e artellar as actuacións prioritarias públicas en materia de xuventude.



Este texto tamén inclúe a coordinación entre as políticas de emprego, educación, saúde, vivenda, formación, voluntariado, participación ou asociacionismo que afectan aos máis novos .

Ata mañá mesmo aínda é posible consultar este borrador na páxina web da xunta xuventude.net e deixar tamén neste foro diferentes modificacións e suxestións co fin de mellorar este anteproxecto, mediante a propia colaboración dos Galegos e galegas.

A música de Carlinhos Brown e o pregón inaugural protagonizan o primeiro gran día de festas en As Pontes

• A comisión de festas apostou por un cambio na ubicación do pregón, que se levará diante do Concello, e por unha actuación estelar diferente á de anos anteriores


O Concello de As Pontes continúa en festas e é que mañá venres o municipio albergará a tradicional xornada de inauguración oficial das celebracións en honra á súa patroa: a Virxe do Carme.

De aí que xa dende primeiras horas da mañá terán lugar diferentes actividades para pequenos e adultos, aptas para todos os públicos, e é que, segundo explicaban dende a comisión de festas, este ano intentouse apostar unha vez máis por un amplo programa con opcións para todos e todas.

A mañá arrincará co concerto, ás 11.30 horas no Xardíns do Campo da Feira, dos alumnos e alumnas dos cursos de verán do Conservatorio de As Pontes, recital que servirá para despedirse, por todo o alto das clases que estes músicos locais estiveron a recibir ao longo da semana.

Xa pola tarde, dende as 18.00 horas, os máis novos poderán participar nos xogos deportivos no parque, unha iniciativa ideada polo departamento de Deportes e que, esta primeira xornada estará adicada ás disciplinas do rugbi e do baloncesto.
Ás 20.00 horas dará comezo, na Capela do Carme, unha misa en honra á patroa local que virá seguida da ofrenda floral que se realizará á imaxe en pedra da Virxe ubicada na propia Praza do Carme. Nesta ocasión, tamén estarán presentes as Carmes e Carmelos que tomarán parte na XV Cea das Carmes de As Pontes e que xa ten lugar e hora: AS 21.30 horas no restaurante o Xantar.
As rúas do casco urbano tamén se verán amenizadas con música na tarde de mañá xa que, dende as 20.30 horas, os mariachis Aguilas de Plata encargaranse de levar os seus son mexicanos polas rúas do centro, actuación que coincidirá co pregón das festas que arrincará a esa mesma hora e con novidades, xa que, segundo explicou a edil de Cultura, Sara Ramos, trasladouse ata a rúa dos Xardíns do Campo da Feira, diante da Casa Consistorial co fin de darlle un cambio a este tradicional acto e aproveitar o maravilloso entorno no que agora se atopa ubicado o Concello.
Seis mestres xa xubilados de As Pontes serán os encargados, xunto co alcalde Valentín González Formoso, de dar o pistoletazo de saída a estas festas aínda que non faltará a música da man da Rondalla Vila de As Pontes, que tamén actuará neste emprazamento como broche de ouro a esta cita.
Ás 23.30 horas a actividade trasladare á Canle IV coa actuación estelar de Carlinhos Brown, unha aposta musical que dista moito dos ritmos máis pop doutros festexos con La Unión Chenoa ou Marta Sánchez que, nestes últimos anos, ocuparon o primeiro posto nos carteis deseñados polas diferentes comisións de festas.
Esta aposta supón, tal e como aclarou a concelleira Sara Ramos, unha aposta musical totalmente distinta á de anos anteriores e tamén con certo risco, pero que busca o satisfacer todos os gustos musicais e non só aos amantes do pop nacional.
Xa para a verbena nocturna, que dará comezo á 01.00 horas, na Capela do Carme, escolleuse ás formacións Ache e Charleston.

13/7/11

O programa infantil Parque@ctivo arrinca mañá ao abeiro das Festas do Carme de 2011

• Música e ata unha proba ciclista para menores de 16 anos integran a primeira xornada deste programa de ocio lúdico-educativo

O Concello de As Pontes dará comezo mañá ao programa de ocio infantil e xuvenil Parque@ctivo que, un ano máis abre as súas portas, cunha ampla oferta de actividades para que os máis pequenos da casa desfruten como merecen das Festas do Carme 2011.
Durante os vindeiros días, nos xardíns do Campo da Feira, non faltarán a maxia, os xogos e a música aínda que esta última será a encargada de protagonizar esta primeira xornada.
Así, mañá dende as 18.00 horas, será posible que nenos e adultos desfruten do espectáculo de Ce´orquestra Pantasma, protagonizado por César Freiría, un home orquestra que busca, mediante o seu espectáculo musical aberto achegar a música aos máis pequenos diferentes pezas populares da cultura tradicional galega.
Non faltará a participación do público, imprescindible para que este home orquestra idee unha actuación viva, na que os pequenos e pequenas poderán descubrir o son dos diferentes instrumentos musicais condensados nunha soa persoa. Os poemas musicados e ata composicións propias forman parte deste espectáculo apto para todos os públicos.



Tamén mañá, dende as 19.00 horas, e tamén nos Xardíns Campo da Feira, será posible desfrutar das pezas que interpretarán os músicos e bailaríns da Agrupación Cultural Alende que, xunto coas escolas municipais de baile galego, darán conta do seu ritmo e coordinación nunha exhibición na que o baile galego será o gran protagonista.
Xa ás 22.30 horas, no patio do colexio Santa María terá lugar unha nova proxección do programa cinematográfico Noites de Cine, auspiciado pola Deputación da Coruña, desta vez protagonizado polo filme de ciencia ficción Avatar.
As actividades lúdicas de mañá pecharanse coa VIII edición da Ximcana Ciclista que se desenvolverá, dende as 17.00 horas, e que se desenvolverá diante da Casa Consistorial. O Clube Ciclista Vilalba - As Pontes e o Concello son os encargados de organizar esta cita dirixida a pequenos e pequenas menores de 16 anos.
Para asistir tan só é preciso achegarse coa respectiva bicicleta ata o lugar da proba na que se repartirán agasallos entre todos os participantes.
Un ano máis, dende o goberno municipal, quixeron convidar a toda a veciñanza a participar nestas entretidas actividades que amenizarán as tardes de festa que, ata o 25 de xullo, se desenvolverán en diferentes puntos do casco urbano para homenaxear á patroa local: a Virxe do Carme.

12/7/11

Vacacións en Paz trae a media ducia de nenos e nenas saharauis a As Pontes onde pasarán o verán






• O concelleiro José Alén presidiu a recepción a estes pequenos e ás súas familias de acollida ás que agradeceu a súa xenerosidade e solidariedade


O concelleiro de Servizos Sociais e Atención Cidadá, José Alén, recibiu hoxe aos seis nenos e nenas, un máis que no2010, que pasarán este verán en As Pontes gracias ao programa de acollida Vacacións en Paz.

O salón de plenos da Casa Consistorial serviu como escenario desta recepción na que tamén participaron os pais e nais de acollida destes pequenos que, ata setembro, coidarán destes pequenos e pequenas.

O executivo local volveu cooperar, así, novamente coa iniciativa desenvolvida pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui e que permitirá que, nestes tres meses, 377 pequenos e pequenas de entre 7 e 12 anos de idade desfruten en toda Galicia dun verán lonxe das temperaturas abrasadoras do deserto de Tinduf (Arxeria), reciban unha alimentación equilibrada, coñezan unha vida e unha cultura diferente e poidan alonxarse, por un tempo, das desputas bélicas que se viven no Sáhara para vivir entre xogos e chiscadelas unha verdadeira infancia, coma corresponde a un neno destas idades.

O Concello foi o responsable de respaldar economicamente a viaxe destes seis pequenos aínda que o edil José Alén quixo agradecer e subliñar o importante papel das familias de acollida, sen cuia xenerosidade e solidariedade non sería posible desenvolver este programa de acollida ao que se suma a situación económica actual que engrandece aínda máis, segundo explicou o edil, o papel destas familias que, durante tres meses acollerán a estes rapaces coma un máis, atendendo as súas necesidades diarias de manutención e coidado, facéndoos partícipes dunha realidade totalmente oposta á que viven nos campamentos de refuxiados saharauis.

José Alén tamén lles desexou unha boa estadía en As Pontes a este grupo de rapaces que poderán non só desfrutar neste tempo das instalacións deportivas municipais, coma a piscina climatizada, senón tamén do amplo programa infantil ideado para celebrar as Festas do Carme 2011, ao que se sumarán xornadas de convivencia e xogos cos nenos e nenas que están a participar nos Campamentos Urbanos de Verán ideados polo Concello para a conciliación da vida laboral e familiar.

Coma ven sendo habitual, o executivo local tamén quixo entregar un agasallo a estes novos veciños e veciñas e que consistiu nunha mochila cun atlas e material escolar

Asemade, a vindeira semana e tamén gracias á organización do goberno municipal, estes rapaces e rapazas serán sometidos a recoñecementos médicos, oftalmolóxicos e ata se lles realizará unha analítica para detectar calquer tipo de problema de saúde xa que, normalmente, estes pequenos chegan a España con síntomas de desnutrición, sen vacinas que os protexan e aqueixados de enfermidades asociadas a unha mala alimentación.

O PUB SILVER REVALIDA O TÍTULO DO MARATÓN FESTAS DO CARME





O Pub Silver volveuse facer, un ano máis, co Maratón de Fútbol sala Festas do Carme ao vencer no encontro final ao Mesón Ana. Os naroneses impuxéronse por tres tantos a 0 nunha final cómoda para os visitantes, que controlaron dende os primeiros compases do partido cun tempraneiro tanto a tres minutos do inicio.

A nota negativa do encontro chegou con diferentes altercados verbais e ata físicos que empañaron a victoria dos de Xuvia.

Previamente o Pub Silver vencía ao disco pub maracaná por 2-0 namentras que o Mesón Ana se impoñía por 1 a 4 ao muebles Eume.

Completaron os primeiros postos o Disco Pub Maracaná que remataba terceiro e o Muebles Eume cuarto.
Tamén se entregaron trofeos ao mellor equipo local, que recaeu no pub la Fuente, o mellor porteiro que foi para Javichu do Mesón Ana e mellor xogador, que foi para Noé tamén do Mesón Ana.

16 equipos de as Pontes e a comarca tomaron parte nesta competición organizada polo clube Esteo coa colaboura do concello e que logrou atraer a centos de espectadores que, dende o venres e ata onte desfrutaron deste trofeo que, un ano máis, logrou un gran éxito.

E no baloncesto, tamén o sábado se desputou, no pavillón municipal, unha nova edición do trofeo 3x3 de baloncesto, ideado polo Clube de Baloncesto As Pontes e o Concello.

Seis equipos de As Pontes, Ferrol e A Coruña participaron nesta cita deportiva que rematou coa victoria do Extudiantes, seguidos do Basket Galicia e os Centollos que completaron o palmarés no terceiro lugar.

A Lei de Xuventude será obxecto dunha charla que se celebrará mañá en As Pontes

O departamento municipal de Xuventude organiza este coloquio que estará moderado polo dinamizador José Manuel Lois, en representación da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia


O Concello de As Pontes, mediante o departamento de Xuventude, está a organizar, para a xornada de mañá, a presentación do borrador da Lei de Xuventude, ideada pola Xunta de Galicia, mediante a Dirección Xeral de Xuventude.

O acto arrincará ás 20.00 horas nas dependencias da Casa Dopeso e contará coa presenza do dinamizador José Manuel Lois que dará conta dos diferentes puntos incluídos nun normativa pioneira en Galicia que busca incentivar a implicación da mocidade mediante canles de participación ordinarias para permitir á xuventudeestar nos debates políticos das materias e decisións que máis lles afectan.

O acto está dirixido a toda a veciñanza de entre 14 e 30 anos e o mesmo tamén contará cun espazo de libre intervención no que os asistentes poderán plantexar as dúas dúbidas e incluso solicitar información sobre as diferentes axudas que se xestionan dende a Dirección Xeral de Xuventude en materia de formación, participación ou emprego.

Este encontro forma parte dunha serie de xuntanzas que o goberno autonómico está a desenvolver, co fin de recadar todas as opinións e suxerencias dos máis novos, para dar lugar a unha lei completa e que abarque todos os posibles campos que afectan á xuventude.

Así, dende o executivo local, solicitouse a participación de toda a veciñanza neste acto aberto que servirá para a creación dun instrumento que regulará as diferentes políticas autonómicas e municipais en materia de xuventude.

O Concello de As Pontes adxudica a Canosa os traballos de reposición das redes de abastecemento e saneamento na Magdalena e rúas Viveiro e Somozas

• A empresa pontesa contará cun orzamento de 180.000 euros para desenvolver uns traballos que se prolongarán durante tres meses


O Concello de As Pontes, mediante a Xunta de Goberno Local, adxudicou á empresa Construccións Canosa S.A. as obras correspondentes á cuarta fase de reposición de servizos de abastecemento e saneamento no Poboado da Magdalena e as melloras de abastecemento nas rúas Viveiro e Somozas.
O contrato ascende a 180.000 euros que contan co respaldo da Deputación da Coruña, a traverso do Plan de Cooperación cos Concellos para o 2011 (PCC), aínda que o orzamento base de licitación ascendía, nun principio, a 182.468 euros.
Estes proxectos buscan continuar ca mellora das redes de saneamento e abastecemento ao longo do núcleo urbano. Así está prevista a renovación das infraestructuras hidráulicas no Poboado da Magdalena, e rúas Viveiro e Somozas que, continuamente, sobren avarías nestes servizos.
No tocante aos traballos a desenvolver, o poboado da magadalena executarase unha nova rede de abastecemento e saneamento, co fin de evitar o gasto contínuo que ocasionan as numerosas avarías. As obras a executar consistirán na renovación da rede de augas, a instalación de válvulas, bocas de rego, tapóns e hidrantes e, finalmente, a colocación dun sistemas de colectores que, por gravidade, conducirá as augas cara a periferia do poboado.

Os traballos a desenvolver nas rúas Viveiro e Somozas, que suporán un desembolso de case 30.000 euros, contemplan a instalación dun sistema de abastecemento, coa creación dunha malla ramificada, co fin de igualar as presións de servizos e evitar avarías innecesarias.
A empresa Construccións Canosa S.A. Contará con tres meses para desenvolver todos estes traballos.

11/7/11

O programa Noites de Cine inaugúrase mañá en As Pontes coa adaptación de Kika Superbruja

• A Deputación da Coruña subvenciona, un ano máis, este programa cinematográfico que cumple o seu XXVI aniversario


O Concello de As Pontes vovle recibir, un ano máis, o programa Noites de Cine, subvencionado pola Deputación da Coruña.

Nesta ocasión, a vixésimo primeira edición deste programa estará adicada á conmemoración do Ano Internacional dos Bosques de aí que a película eixo desta programación sexa Mi vecino Totoro, un filme de animación de 1988, no que se retrata a vida rural xaponesa nos anos 50.
A súa personaxe principal é un profesor universitario que se traslada a vivir coas súas fillas preto dun bosque habitado por elfos e por espíritos da natureza, encabezados polo seu rei: Totoro.
Mi Vecino Totoro proxectarase o 20 de xullo, ás 22.30 horas, no patio do colexio Santa María, lugar que tamén acollerá o resto de produccións das que será posible desfrutar gratuitamente, gracias a esta iniciativa do goberno provincial.
De feito, mañá mesmo, neste mesmo emprazamento, será posible desfrutar de Kika Superbruja y el Libro de los Hechizos, unha adaptación á gran pantalla dos libros do escritor alemán Knister protagonizados por Kika, unha rapaza que mediante un libro de maxia comeza a facer disparatados feitizos cos que deberá loitar contra un grupo de malvados que pretenden apoderarse do seu poderoso libro e transformala nunha malvada feiticeira.

O mércores 13 de xullo, Noites de Cine ofrecerá unha nova adaptación literaria, nesta ocasión, do clásico de Cornelia Funk Corazón de Tinta, con Brendan Fraser e Eliza Hope Bennett como principais personaxes dunha historia fantástica, na que pai e filla comparten o don de facer reais ás figuras que protagonizan os contos e historias que len a diario.
O problema chega cando Fraser atopa un extrano libro titulado Corazón de Tinta no que, supostamente, desapareceu a súa esposa, e que o traslada a un mundo medieval cheo de castelos, guerreiros e malvados cabaleiros que o porán en máis dun apuro secuestrando á súa pequena e esixindo a vida doutras malvadas personaxes a cambio.
O xoves 14 de xullo, continuarán as noites de cine coa taquilleira Avatar, de James Cameron, un filme de ciencia ficción ambientado no ano 2154, na lúa de Pandora, ata onde se traslada un grupo de humanos co fin de colonizar aos navi e as reservas de unobtainium, un mineral necesario para solventar os problemas enerxéticos da terra.
Jake Sully, un marine que quedou parapléxico, é o seleccionado para tomar parte no programa Avatar, un proxecto que servirá para transportar a mente dos científicos a uns corpos artificiais de na'vi para que así a comunicación cos nativos resulte máis sinxela.
Sigourny Weaver e Sam Worhthinton protagonizan esta historia da que será posible desfrutar o xoves ás 22.30 horas.
E pecha este programa cinematográfico o 21 de xullo a segunda adaptación cinematográfica da saga Crepúsculo, ideada por Stephany Meyer. Nesta ocasión Bella, xa coa súa maioría de idade cumprida vese abandoada polo vampiro Edward Cullen, o que a sume nunha gran depresión.
Pouco a pouco coa axuda do seu amigo Jacob, Bella logra repoñerse aínda que a ameaza da vampiresa Victoria continua ao seu redor.
Coma sempre, todos estes filmes serán de entrada gratuíta e terán como escenario o patio do colexio Santa María onde, se o tempo non acompaña, se instalará unha carpa co fin de evitar a chuvia.

O CONCELLO DE AS PONTES ABRE O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS CO FIN DE REDACTAR O SEU PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL

O Concello de As Pontes manterá, ata o 26 de xullo o prazo para tomar parte no proceso de adxudicación da redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal, PXOM.
O importe do contrato será de 211.828 euros, que se financiará con cargo á subvención concedida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.
Deste xeito, poderase dispoñer dun plan de ordenación do territorio que substitúa ás normas subsidiarias municipais de planeamento de 1985, e que permita establecer unha lexislación máis actual, adaptada ao desenvolvemento urbanístico actual.
O contrato terá unha duración máxima de catro anos, a contar dende o día seguinte á data da súa formalización, sen posibilidade de prórroga, e contará con catro fases: a primeira para a elaboración do planeamento para remitir o informe previo á aprobación inicial, unha segunda que consistirá na presentación do documento para a aprobación inicial, a terceira que consistirá na presentación do documento para a aprobación provisional e, finalmente, a presentación do plan para a súa aprobación definitiva.
Asemade, a empresa que resulte adxudicataria deberá contar cunha persoa como mínimo que se atope a desposición da veciñanza durante a fase de exposición pública do plan para informar aos veciños sobre a documentación do plan e os trámites a seguir para a súa elaboración, así como para facilitarlles copias do mesmo.
O contrato adxudicarase mediante procedemento aberto.
As empresas interesadas deberán presentar as súas ofertas dende mañá mesmo, segundo se recolle na edición de hoxe do Diario Oficial de Galicia, e ata o 26 de xullo, no Rexistro Xeral do Concello, podendo consultar xa as mesmas na páxina web municipal, no enderezo www.aspontes.com.

A XXVI MOSTRA DE MÚSICA CORAL VILA DE AS PONTES CONGREGA A CENTOS DE VECIÑOS E VECIÑAS


O pasado venres a celebración das primeiras misas de novena servían para abrir o programa das festas en honra á Virxe do Carme, nembargantes, nestes días, ademáis de actos litúrxicos, a cidadanía pontesa tamén rende homenaxe á nosa patroa con outro tipo de actividades onde se mestura o deporte coa cultura ou xa con iniciativas máis lúdicas, aptas para todos os públicos.
Unha delas é a Mostra de Corais Vila de As Pontes que, o pasado sábado, celebraba a súa XXVI edición e cun cartel de luxo, onde atopamos dende formacións vidas de concellos veciños coma Cedeira ata outras agrupacións que chegan de máis aló das fronteiras galegas
A Agrupación Coral Endesa - As Pontes, xunto co Concello, volveu organizar este atractivo festival que inaugurou a formación cedeirense Coral Virxe do Mar, que baixo a dirección de José Antonio Suárez Aneiros, deu conta dun repertorio integrado polos temas Oh, rama ou Fúlgida Luna.
O seu relevo foi para a Coral Polifónica Coruñesa Canticorum, unha formación caracterizada pola súa xenerosidade e entrega e é que, en 1996, era a responsable de organizar un maratón de corais para recadar fondos para os damnificados pola guerra de Bosnia, unha iniciativa á que se sumou un recital de Nadal adicado aos pescadores e tropas españolas destinadas en Bosnia en 1996.
Finalistas catro veces no certame de cancións de nadal de Caixanova, segundos no concurso á panxoliña inédita e tamén no certame de panxoliñas Cidade da Coruña, ademáis de primeiro premio do certame de habaneras de Vilagarcía de Arousa fan da formación coruñesa un exemplo de calidade, entrega e traballo.
Todo isto baixo a batuta de Pablo Méndez Carreira que se encargou de educar e harmonizar esta trintena de voces mixtas que interpretaron La Reina del Placer, Moon River ou Se puede.
Da Coruña tocou viaxar ata León, dende onde chegou a formación San Marcos, un coro que facía os seus primeiros piniños cun pequeno coro de pais , nais e mestres do colexio Sagrado Corazón de Jesús de León, que actuaba nas celebracións que tivesen lugar neste centro.
Este experimento acabouse convertendo nunha formación de renome que xa tivo a oportunidade de demostrar a súa valía por todo o país e tamén noutros emprazamentos coma Italia, Xapón, Portugal, Lituania, Arxentina ou Paraguay.
A la Orillita del Río, Háblame del Mar ou Alma, Corazón y Vida foron algúns dos temas que, baixo a batuta do mestre Jaime Palomero, puidemos escoitar nas voces do Coro de San Marcos.
Para o fin de festa non podían faltar os anfitrións: a Agrupación Coral Endesa - As Pontes que, un ano máis,non deixou indiferente ao público que se congregou no auditorio municipal Alovi, na tarde do sábado.
Case medio cento de voces de veciños e veciñas da nosa vila integran esta formación que conta cun repertorio de 200 composicións diferentes, que se traducen en 40 anos de traballo e de actuacións por todo o país e tamén por Suíza ou Portugal e na gravación de 4 discos.
O mestre Sergio Bernal foi o responsable, en substitución de Olga Vigo, de levar a batuta desta mítica formación pontesa que deu conta dunha mestura de temas onde non faltaron os clásicos coma Piel Canela ou Lela e ata temas propios xa do gospel coma Hear my Prayer
E coa tradicional entrega do vaso campaniforme a cada unha das formacións convidadas, por parte das edís de Cultura e Turismo, Sara Ramos e Ana Pena, respectivamente, púxose o punto e aparte ata o vindeiro ano a unha das citas musicais máis lonxevas da cultura musical pontesa.

8/7/11

Unha vintena de persoas participan diariamente no programa de ximnasia para adultos ideado polo Concello





• Estas xornadas, organizadas pola concellería de Deporte e Educación, celebranse tres días á semana nos Xardíns Campo da Feira e no parque biosaudable da Fraga


O Concello de As Pontes, mediante o departamento de Deporte e Educación, puxo esta semana en marcha as súas clases de ximnasia para a veciñanza adulta.

Fíxose agardar por mor do mal tempo destes días pero finalmente, onte abría as súas portas a nova clase de ximnasia para adultos que se desenvolverá durante os meses de xullo e setembro entre os xardíns do Campo da Feira e o parque biosaudable da Fraga.
O departamento que dirixe Carlos Castro volve ser artífice dunha iniciativa que, ano tras ano, gaña adeptos entre os veciños de maior idade e que nesta edición conta con novidades ao trasladarse unha das tres xornadas semanais á Fraga.
Así o que se pretende é fomentar a actividade física en idades adultas, sobre todo no verán, cando por mor das vacacións a cidadanía é máis propensa a comer en exceso e realizar menos exercizo físico.
Unha media de 23 alumnos e alumnas maiores de 50 anos están a participar os martes, mércores e xoves nas diferentes sesións que están dirixidas pola técnica deportiva municipal, Ana Alonso.
Cada xornada, independentemente do seu emprazamento, arrinca con diferentes exercizos de quencemento, sobre todo das articulacións, co fin de evitar calquer tipo de lesión, ao que siguen varias táboas de traballo físico de diferentes partes do corpo tamén sinxelas e aptas para todas as idades e que teñen como fin comezar a traballar o corpo con maior intensidade.

Non faltan os xogos ou as actividades que mesturan o exercizo cun carácter máis lúdico e, como remate final, unha volta completa a todos os aparellos cos que contan tanto o parque biosaudable do Campo da Feira coma o da Fraga o que permite aos participantes aprender a empregar cada máquina e os beneficios que ésta aporta para cada parte do corpo.
Para poder asistir a estas clases, que son totalmente gratuítas, tan só é necesario achegarse os martes ou xoves, ás 9.00 ou 10.00 horas, aos xardíns do Campo da Feira ou ben os mércores, dende as 10.00 horas ao parque biosaudable da Fraga, e sumarse aos demais alumnos e alumnas, iso sí dando conta previamente á monitora encargada dos posibles problemas ou doenzas que se esteñan a padecer para evitar realizar exercizos brutos que provoquen calquer tipo de lesión.
Os interesados en obter máis información tan só teñen que telefonar ao 667 19 20 99 ou ben remitir un correo electrónico ao enderezo ana.alonso@aspontes.org.