31/3/11

O Concello de As Pontes imparte nestes días un obradoiro de Musicoterapia para 50 veciños

· Tres colectivos ponteses súmanse así ao programa Vellez Activa que tamén se está a desenvolver noutras tres entidades mediante un obradoiro de memoria


O Concello de As Pontes, mediante o departamento de Servizos Sociais, puxo onte en marcha a segunda das modalidades incluídas no programa Vellez Activa dirixido a maiores de 55 anos e que se ven de sumar aos tres talleres de adestramento da memoria no que están a participar medio cento de veciños, ademáis da Deputación da Coruña que subvenciona estes cursos.

Onte poñíanse en marcha tres talleres de Musicoterapia que tamén chegarán a 50 ponteses e pontesas tanto do casco urbano coma do rural. Os edís de Servizos Sociais e Participación Cidadá, José Alén e Montserrat García, respectivamente, foron os encargados de presentar aos diferentes grupos de alumnos este novo obradoiro de 15 horas de duración e que impartirá a experta Montserrat López Merino, en clases de dúas horas semanais.

Así as integrantes do colectivo de viuvas María Magdalena, da Asociación das Amas de Casa e da entidade veciñal O Adro de Espiñaredo desfrutarán, en diferentes xornadas, dos beneficios da música, dos sons, do ritmo e das melodías que se empregan como medio para desenvolver, un proceso terapeutico que axuda a lograr o benestar do individuo.

De feito, tanto José Alén como Montserrat García recalcaron este último beneficio que redunda nunha mellor calidade de vida do individuo, fin primordial de todos os talleres desenvolvidos ata o de agora ao abeiro deste programa que xa vive o seu cuarto ano de vida.

Neste senso, o edil de Servizos Sociais deu conta da súa satisfacción por poder impartir un curso destas características, iniciativa pioneira no Concello, e por riba cunha gran experta coma a docente escollida para desenvolver estes obradoiros.


Mediante diferentes exercizos e experiencias Montserrat López Merino axudará a facilitar a relaxación, as relacións e a expresión dos seus alumnos, mellorando a súa integración interpersoal e, polo tanto a súa calidade de vida.
O benestar emocional, a saúde física, a interacción social, as habilidades comunicacionais e a capacidade cognitiva son importantes protagonistas neste tipo de clases nas que ademáis dos instrumentos, se emprega música editada, a voz, gravacións e sons corporais.
Ao longo de algo máis dun mes este medio cento de ponteses e pontesas poderán desfrutar e coñecer no seu propio corpo o que supón a aplicación da música como camiño cara a relaxación e o propio benestar individual e, en resumo, desfrutar mediante os sons e as harmonías dunha mellor calidade de vida.

A música, o teatro e o cinema pontés integran o programa cultural da fin de semana

O programa audiovisual Made in As Pontes será o gran protagonista do domingo coa presentación da curta Inconscientes e do videoclip dos ponteses Super F


O Concello de As Pontes, mediante o departamento de Cultura, ofrecerá esta fin de semana unha múltiple variedade de actividades para a fin de semana.

De feito, este mesmo venres arrinca unha nova edición das Xornadas Hume, adicadas á historia local. O mestre de matemáticas Juan Permuy, docente no centro Nebrija – Pardo Bazán, ofrecerá unha charla na biblioteca municipal co ensino na década dos 70 coma protagonista.

Esta conferencia, que arrincará ás 20.30 horas, tivo que suspenderse en 2010 e recupérase nestas datas con motivo da próxima conmemoración do Día das Letras Galegas.

Xa o sábado a Rondalla Vila de As Pontes ofrecerá unha nova edición da súa homenaxe anual aos maiores cun concerto que terá lugar na Casa Dopeso ás 19.30 horas. A Coral Polífónica da Sociedade de Sada tamén participará neste recital que será de entrada totalmente libre.

O domingo tamén se celebrará unha nova edición do programa Domingos ao Teatro, ideado polo departamento municipal de Cultura, para achegar a interpretación en directo aos máis pequenos da casa.

A compañía naronesa Ghazafelhos traerá ata o Auditorio Municipal Alovi a montaxe Frankstein, a última producción deste grupo e na que unha parella de científicos investigarán a existencia real do monstro ideado por Mary Shelley. Estes dous aventureiros descubrirán, mediante as súas pesquisas, un misterioso castelo habitado polo xorobado Igor quen lles dará a coñecer a auténtica historia que pechan as súas paredes.

A obra, dirixida ao público infantil, representarase o domingo ás 18.00 horas e para asistir ao mesmo tan só é preciso adquirir unha das localidades que se porán á venda o sábado na billeteira do propio Alovi en horario de 12.00 a 13.30 e o domingo dende as 16.30 ata o inicio do espectáculo. O seu prezo será de 1,50 euros para menores de 12 anos e de 3 euros para maiores de 12 anos e adultos.



Gravacións Made in As Pontes

O domingo, o Concello de As Pontes, a través do departamento de Participación Cidadá, tamén ofrecerá outras dúas actividades audiovisuais totalmente de balde e que levarán por título Made in As Pontes.

Dende as 19.30 horas na Casa Dopeso, proxectarase a curtametraxe do director pontés Pablo Martínez “Inconscientes”, protagonizada por Pepe Soto, Alejandro Carro e Xosé Eirín e na que o narcotráfico ocupa o papel principal desta historia, que contou co respaldo económico do Concello, mediante a concellería de Participación Cidadá.

Posteriormente, tamén se presentará o primeiro videoclip do grupo pontés Super F e que dá título ao seu primeiro disco Sin Aliento.

Ámbalas dúas citas serán totalmente de acceso libre a todo o público que desexe asistir.

27/3/11

O alcalde de As Pontes e o Delegado da Xunta Diego Calvo inauguraron hoxe a remodelada escola unitaria de Ribadeume


• As administracións local e autonómica colaboraron na execución duns traballos que permitiron dotar á veciñanza de Ribadeume e Bermui dun espazo para as súas actividades

O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, e o Delegado da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, Diego Calvo, inauguraron hoxe a remodelada escola unitaria da parroquia de Ribadeume, unhas infraestructuras que, gracias ás dúas edicións do obradoiro de emprego Fontelimpa, rexistraron unha importante mellora, gañando en funcionalidade.
Así o subliñou o primeiro edil que, no seu discurso, presentou esta xa realidade como un espazo para todos os veciños e veciñas de Ribadeume e Bermui, cos que se tiña unha importante débeda. Deste xeito, segundo explicou González Formoso, cúmprese cunha veciñanza que precisaba dun local digno para desenvolver as súas actividades e que, ademáis de pola veciñanza, será empregado polo colectivo de cazadores do lugar. Neste senso, González Formoso adiantou que a súa intención é desenvolver, nun futuro, un proxecto similar na escola de Bermui.
O alcalde de As Pontes amosou unha gran satisfacción polos traballos desenvolvidos neste edificio, ao tratarse dunha obra para os veciños da súa parroquia de procedencia. Asemade, o rexedor quixo agradecer o importante papel da Xunta de Galicia e do delegado Diego Calvo á hora de colaborar coa posta en marcha das dúas edicións do obradoiro de emprego Fontelimpa, apostando pola formación profesional de veciños de As Pontes e polas súas cualidades e esforzo para sacar adiante este proxecto, o que, segundo explicou, duplica o valor destas novas dependencias.
Diego Calvo tamén fixo fincapé neste punto xa que subliñou a importancia de formar laboralmente á veciñanza ao tempo que se axuda a dotar a unha parroquia dun espazo no que desenvolver as súas actividades.


Finalmente, dende a directiva da entidade veciñal As Painceiras, que aglutina á veciñanza de Ribadeume e Bermui, agradeceron a rehabilitación do local e o gran esforzo das administracións local e autonómica e tamén dos integrantes do obradoiro Fontelimpa e da propia veciñanza da zona, responsables de que este colectivo continue coa súa labor e sen a que non sería posible sacar adiante unha iniciativa coma a presentada hoxe e, en cuia inauguración, participaron multitude de veciños, representantes do equipo de goberno e da oposición e moitos dos alumnos e mestres do obradoiro de emprego Fontelimpa que tomaron parte no proxecto.

O proxecto
A reforma da escola unitaria de Ribadeume supuxo unha inversión en dúas fases de 259.193 euros, o que permitiu a actuación nas dúas prantas deste edificio, coa redistribución do inmoble e a construcción dun edificio anexo que terá as funcións de garaxe.

Asemade, esta escola conta con cociña, sala de reunións, aseo, almacén, cuarto de instalacións e porche e será empregada tanto pola veciñanza de Ribadeume e Bermui coma polo colectivo de cazadores da zona.

As obras realizáronse coa man de obra dos alumnos e alumnas das dúas edicións do obradoiro de emprego Fontelimpa, que foi respaldada economicamente pola Xunta de Galicia, mediante a Consellería de Traballo e Benestar, que destinou un total de 920.000 euros a estes dous obradoiros de emprego, que xa permitiron formar a 33 persoas en campos coma a albanelería, xardinería e carpinteiría e que, a día de hoxe, continua a formar outros 33 especialistas nestes mesmos ámbitos laborais.

Os traballos a desenvolver neste emprazamento completaranse coa colocación de zonas verdes e axardinadas na contorna do edificio e cun novo parque infantil, xa en proceso de construcción, para dotar tamén este espazo dun lugar para o desfrute dos máis pequenos e que se suma ao parque biosaudable que xa está operativo tamén nesta parroquia.

26/3/11

González Formoso inaugura catro pistas de pádel e tenis coa compaña de máis de 70 escolares




O Fondo do Estado para a Sostenibilidade Local asumiu os 140.000 euros investidos nestas pistas que incrementan a oferta deportiva municipal


O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, inaugurou hoxe as novas pistas de pádel e tenis, ubicadas na zona da Canle IV.
Deste xeito, o municipio pontés incrementa o seu equipamento deportivo, da man de dúas novas canchas de pádel e outras dúas de tenis totalmente remodeladas, que veñen substituír as antigas pistas que tamén estaban ubicadas nesta zona.
Mediante o Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local (FELS 2010), se acometeron estes traballos que supuxeron unha inversión final de 140.000 euros.
A empresa Érbedo Jardinería y Paisajismo S.L encargouse destes dous proxectos. No tocante ás dúas canchas de tenis, éstas contaron cunha inversión de 72.993 euros e, entre os cambios máis importantes con respecto ao seu aspecto anterior, éstas cambiaron de orientación, o que mellorará as condicións de xogo para os tenistas, e dende agora contan tamén con bancadas para o público que desexe desfrutar deste deporte.
No que respecta ás dúas canchas de pádel, éstas adxudicáronse finalmente por 67.065 euros e permitirán atender a demanda dunhas instalacións deportivas demandadas por unha veciñanza que tamén está a dar mostra dun importante interese neste deporte.
Para completar esta xornada de apertura, durante toda a mañá estiveronse desenvolvendo diferentes encontros de exhibición protagonizados por Mariano Aguirre e Martín Sánchez, número 1 e 4 do ranking galego deste deporte, ao que se sumaron varias clases de iniciación para os escolares e que foron impartidas polo profesor de pádel Fernando Caaveiro, os propios Martín Sánchez e Mariano Aguirre e outros catro xogadores profesionais.
70 estudantes de Primaria dos diferentes centros educativos ponteses tomaron parte nesta xornada de achegamento ao pádel na que coñeceron dende as súas regras ata os diferentes golpes que se poden empregar ou o xeito correcto de agarrar a pá. Todo isto mediante diferentes xogos e actividades que deixaron pequenas estas instalacións ante a gran cantidade de rapaces que, finalmente, tomaron parte nesta xornada, recibindo unha camiseta como agasallo de recordo deste día.
Asemade, ao longo da mañá dez dos xogadores do Clube de Tenis As Pontes celebraron este día de apertura cun torneo de inauguración nestas novas canchas nas que poderán desputar os seus encontros sen ter que desprazarse ata Vilalba, como viña acontecendo ata o de agora.
A xornada rematou cun pequeno ágape e coa invitación do alcalde aos veciños e veciñas que se desprazaron ata a Canle IV a desfrutar destas novas instalacións e tamén dunha oferta deportiva que, dende hoxe, vese ampliada.

25/3/11

González Formoso e Fernández Moreda presentaron hoxe o proxecto de remodelación da estación de autobuses de As Pontes


O presidente provincial tamén aproveitou a súa visita para inaugurar o local veciñal da Casilla e comprobar o resultado de outras obras desenvolvidas con cargo aos fondos provinciais


O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda e a deputada provincial Montserrat García, presentaron hoxe o proxecto que financiará o goberno provincial e que dotará dun novo aspecto e servizo á estación de autobuses do municipio. Foi no marco da visita oficial desenvolvida polo titular da admnistración provincial que se desprazou ata As Pontes para, ademáis de presentar este proxecto, coñecer diferentes obras financiadas con seis millóns de euros, procedentes de fondos provinciais e que se destinaron a traballos no concello pontés durante a lexislatura actual.
No que respecta á estación de autobuses pontesa, a Deputación destinará 544.000 euros a uns traballos de acondicionamento que incluirán a construcción dunha nova cuberta e unha reforma exterior e interior do edificio que, unha vez rematado, albergará as oficinas da Policía Local, do Catastro e DNI e diferentes oficinas e dependencias, coma unha sala de reunións, a armería, vestiarios e as oficinas de Medio Rural.
O acordo entre as dúas administracións para levar a cabo este proxecto rubricouse na xornada de onte e permitirá acometer unha necesaria actuación nun espazo que nunca contou cun mantemento axeitado, segundo explicou González Formoso. Asemade, o primeiro edil aclarou que o principal obxectivo destas obras é dotar de utilidade estas dependencias que, neste momento, están nun estado lamentable.
O proxecto desenvolverase en dúas fases, unha primeira que terá un custo de 294.587 euros, e que comprenderá a demolición integral do interior, a construcción de nova superficie útil, aillamento térmico e acústico, carpinteiría e renovación de servizos, entre outros traballos, e unha segunda, dotada con 250.000 , e que incluirá construcción dunha nova marquesina metálica na parada do autocar. Deste xeito, porase en marcha un necesario proxecto de reurbanización deste espazo que redundará na mellora dos servizos para os veciños e nunha maior comodidade á hora de empregar o servizo de autocar.
Pola súa parte, o presidente provincial recalcou que o seu goberno tan só está a cumprir cos seus deberes, entre os que están o investir os fondos procendentes dos impostos da cidadanía en proxectos e servizos que repercutan nunha mellor calidade de vida dos coruñeses.
Neste senso, Fernández Moreda subliñou que todos os concellos da provincia deben contar cos mesmos servizos, independentemente, de se se está a vivir nunha gran cidade ou nun pequeño municipio ou da súa cor política, de aí a necesidade de xestionar con responsabilidade e cabeza uns fondos cos que lograr facer feliz á cidadanía.
Inauguración local veciñal da Casilla
Aproveitando a súa visita, Fernández Moreda inaugurou o novo local social do colectivo Veiga da Areosa, na Casilla, proxecto que tamén contou co respaldo económico da Deputación, cunha adxudicación final de 76.820 euros.
O local, composto por unha única pranta de 105 m2 construídos, é unha casa de madeira prefabricada que foi executada pola empresa Huso Odexca S.L, que tamén desenvolveron as tarefas tanto de instalación dos sistemas de abastecemento, saneamento, electricidade coma de calefacción.
Este inmoble de pino nórdico e pizarra conta con sala de reunións, oficina, cociña, dous baños, distribuidor e porche. Asemade, o chan está realizado de tarima flotante e gres.
Deste xeito, tal e como subliñou o alcalde de As Pontes ofrécese un necesario servizo a un colectivo veciñal que dependía da xenerosidade dos seus veciños, que cedían os seus propios garaxes para as actividades desenvolvidas pola entidade veciñal.
González Formoso aclarou tamén que, con esta obra, estase a corresponder a un barrio co que o concello tiña unha gran débeda e que tamén viu mellorado o seu aspecto con outro tipo de proxectos desenvolvidos nesta lexislatura, que van dende a construcción dunha pista polideportiva e un parque infantil ata a recuperación de varias rúas coma Piñeiral, Curros Enríquez e Portorroibo que contan cun novo aglomerado e que recibiron respaldo económico da Deputación.
Precisamente, Fernández Moreda quixo salientar, novamente diante da veciñanza da Casilla, a necesidade e interese da Deputación á hora de apoiar iniciativas que redunden na felicidade doscoruñeses e nunha mellor calidade de vida.



Inauguración Rúa Vila de Mugardos
Esta mesma tarde tamén se presentou, oficialmente, a remodelada rúa Vila de Mugardos, un vial que foi sometido a un importante proceso de reurbanización que levou a esta rúa a deixar de ser un simple vial de paso para transformarse nunha rúa residencial con prioridade para os peóns.
O alcalde de As Pontes xunto co presidente provincial oficializaron a apertura desta rúa que implicou a inversión de 83.881 euros por parte da Deputación, mediante o Plan de Obras e Servizos 2010. A empresa Huso Odexca foi a encarga de desenvolver estes traballos de rehabilitación que incluíron a reposición de servizos básicos, coma auga ou sumidoiros, a canalización do suministro do gas e a colocación dun novo sistema de iluminación.
Asemade, tamén se instalou un sistema de bolardos que tan só permite o acceso en vehículo aos residentes nesta rúa, novo mobiliario urbano e un pavimento formado por adoquín e asfalto, atendendo así ás peticións dos propios veciños da zona que demandaron ao equipo de goberno unha actuación en profundidade neste espazo que, tal e como explicou González Formoso, permitiu que, a día de hoxe, este vial se convertise nun espazo para o paseo e o disfrute da veciñanza, deixando a un lado o aspecto lúgubre e triste que presentaba anteriormente.
Visita Poboado da Magdalena
A rolda de visitas do alcalde de As Pontes e do Presidente da Deputación da Coruña tamén incluiu un paseo pola Avenida da Coruña, aínda en proceso de remodelación e no que tamén se contou con fondos provinciais, e polo poboado da Magdalena onde, tamén con cargo aos fondos provinciais, se está a desenvolver un proxecto de reposición de servizos (iluminación, abastecemento, auga) e pavimentos , en diferentes fases.
Tal e como deu a coñecer o propio González Formoso, a administración provincial foi a responsable de respaldar estes traballos, de case un millón de euros, con partidas procedentes do Plan de Obras e Servizos ou do Plan de Cooperación cos Concellos, e que xa permitiron a execución de catro das nove fases que comprende este amplo proxecto.

Jesús Candil visitou onte As Pontes para coñecer a marcha dos proxectos desenvolvidos ao abeiro das axudas do Ministerio de Industria

• O alcalde de As Pontes e o concelleiro de Promoción Industrial compartiron con Candil visita ás prantas de Biomasa Forestal e Evasa


O Director Xeral de Desenvolvemento Industrial, Jesús Candil, vistou onte As Pontes, en representación do Ministerio de Industria, para facer un seguemento sobre o terreo das empresas e proxectos que recibiron axudas do departamento que dirixe Miguel Sebastián na última convocatoria.

Jesús Candil, que contou coa compaña do deputado socialista Javier Carro, foi recibido polo alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, e o concelleiro de Promoción Industrial, Óscar García.
A comitiva visitou a pranta de Encapsulantes de Valor Engadido (EVASA), ubicada no polígono de Penapurreira, e que ven de entrar recentemente en produción, cun plantel de 20 traballadores, adicada á fabricación de recubrimentos para os paneis solares.
Coa nova inclusión nas axudas estatais, Evasa ten intensión de ampliar dúas liñas máis, co que dobrará a súa capacidade, e precisará dunha superfície de 1.500 m2 a maiores.
Cos responsables da empresa como guías, percorreron as instalacións, onde se lles explicou ós representantes das administracións estatal e local, o funcionamento dunha pranta que basea a súa produción nun importante compoñente de innovación tecnolóxica.
Logo achegáronse tamén á pranta Biomasa Forestal, que produce pellets, outra das iniciativas nas que foi decisiva a axuda acadada do Minitesrio de Industria, o Plan Miner e o Igape, e que vai ter continuidade cun novo proxecto xa en marcha, o de Revalorizadora do Noroeste.
Esta segunda fábrica, que contará cos mesmos promotores, tamén recibiu este ano axudas do Ministerio de Industira para a posta en marcha dunha fábrica de granza de plástico, que se elaborará con plástico e madeira, para servir como substituto deste material e con múltiples usos como materia prima.

O goberno central destinará 5 millóns de euros entre esta fábrica e a ampliación de Evasa, para unha inversión total de 11 millóns e a creación de 50 novos empregos.
Outras axudas do executivo estatal pasan polos 6 millóns de euros que se concederon a Daxiong, a empresa chinesa que crea 50 postos máis, cunha inversión de 11 millóns; e ós portugueses de Verdiberia Aqualab, que se fixeron acredores de 5 millóns dos 10 que implica esta inversión, e co compromiso de creación de 25 postos de traballo.

O Concello de As Pontes organiza unhas xornadas deportivas para conmemorar o Día Internacional de Concienciación do Autismo

 Os alumnos tanto de ASPANAES coma os internos no centro tomarán parte en distintos xogos e actividades ideados dende o departamento de Deportes


O Concello de As Pontes, a través do departamento municipal de Deportes, está a organizar para a vindeira semana, unhas xornadas deportivas con motivo da celebración do Día Internacional de Concienciación do Autismo, que se conmemora o 2 de abril.

Os beneficiarios deste programa serán os alumnos e alumnas da Asociación de Pais e Persoas con Transtorno do Espectro Autista (ASPANAES) que, o 30 e 31 de marzo, protagonizarán diferentes actividades físicas no pavillón polideportivo municipal.

Para a xornada do vindeiro mércores, día 30, ás 11.00 horas, está previsto que os nenos e nenas máis pequenos de ASPANAES protagonicen unha xornada deportiva na que darán conta de todo o aprendido, dende o pasado mes de outubro, nas clases de educación física que, nestas semanas, estivo a impartir a técnica deportiva municipal, Ana Alonso.

Exercizos de psicomotricidade, xogos, iniciación a deportes coma o fútbol, baloncesto ou voleibol, xogos con balón e para a socialización dos pequenos e actividades de relaxación forman parte deste programa deportivo que se presentará o mércores e no que tamén poderán participar os pais, nais ou titores dos rapaces.
Xa para o día 31 a xornada deportiva terá coma protagonistas ao alumnado interno do centro ASPANAES e tamén ao seu monitor de Educación Física, Antonio Purriños, que tamén participará nunha xornada adicada ao fomento do deporte entre as persoas con TEA. Tamén ás 11.00 horas arrincarán, no pavillón municipal, estas clases nas que está prevista a participación do alumnado do colexio Santa María, co fin de fomentar a integración dos rapaces e rapazas aqueixados de TEA.

Para pechar a xornada, todos os rapaces e rapazas participantes contarán cun agasallo.

24/3/11

A Deputación da Coruña destina 544.000 euros para as obras de acondicionamento da estación de autobuses das Pontes








A Deputación da Coruña destinará 544.000 euros para financiar as obras de acondicionamento da estación de autobuses das Pontes. Así se recolle nos convenios subscritos esta mañá, na sede da institución provincial, polo presidente Salvador Fernández Moreda e a concelleira pontesa e deputada provincial Monserrat García Chavarría, que asistiu ao acto en representación do alcalde, Valentín González Formoso.
As obras, que se desenvolverán en dúas fases, incluirán a construción dunha nova cuberta e unha completa reforma exterior e interior do edificio, que albergará dependencias administrativas e as oficinas da policía local, entre outros servizos municipais, e que, segundo explicou Monserrat García contribuirá a completar a zona recreativa e deportiva da Canle IV, onde se sitúan pistas deportivas e infraestruturas de carácter lúdico.

As obras incluídas no proxecto son as seguintes:

1ª Fase:

Nesta primeira fase procederá á demolición interior integral, aumento da superficie útil, nova distribución interior, illamento térmico e acústico, pavimentos, revestimentos e falsos teitos, carpintería interior e exterior, fontanería, saneamento, sistema contra incendios, extracción e renovación de aire, electricidade e iluminación, enerxía solar térmica.

A distribución quedará como segue:
Planta Baixa: cafetería, zona policía local, vestiarios persoal, armeiro e aseos.
Planta Primeira: Oficina DNI-Catastro, despachos administración, sala de reunións, sala de estar, oficinas medio rural e aseos.

Superficie 539,64 metros cadrados

Prazo de execución: 12 meses
Presuposto: 294.587,23 euros

2ª Fase:
Colocación de marquesiña na parada do autobús, que terá estrutura metálica con forma cóncava soportada por 16 alicerces separados 1,5 metros. A cuberta da marquesiña será de chapa encartada, e unha cubrición inferior (falso teito) a base de láminas de madeira, empregarase como material o aceiro galvanizado.
Adecuación de cuberta plana da estación mediante a modificación da actual cuberta plana do edificio principal, no seu lagar executarase unha cuberta inclina, con viguetas prefabricadas de formigón e panel sándwich.

Empregaranse paneis de chapa de aceiro, prelacada na súa cara exterior e galvanizada na cara interior.

Prazo de execución: 4 meses.
Orzamento: 250.000 euros

VELLEZ ACTIVA OFRECE UN NOVO CURSO DE ADESTRAMENTO DA MEMORIA NO BARRIO DA CAL DA AVELAÍÑA




Moitos son os que non se lembran do seu número de dni, non son capaces de dar o seu número de móvil sen mirar a axenda ou teñen algún que outro problema para, á hora de ir facer a compra, lembrarse de todas e cada unha desas cousas que precisan para elaborar o xantar da xornada.



E é que coma calquer outro músculo do corpo humano, o cerebro precisa estar activo e exercitarse cada día pero dun xeito sinxelo, entretido e que, sobre todo, non implique excesivos esforzos.



De aí xurdía a idea de poñer en marcha, en 2009, o programa Vellez Activa: unha serie de talleres para mellorar a vida cotiá de aqueles veciños e veciñas con máis de medio século de vida e de experiencias ás súas costas e polo que xa pasaron neste tempo máis de 400 participantes.



O departamento de Servizos Sociais, coa colaboura da Deputación da Coruña, volve poñer en marcha este programa que contará cun obradoiro de memoria e outro sobre musicoterapia e traballo da autoestima, nembargantes, esta semana é o primeiro destes talleres o que se presentaba ao gran público, concretamente aos colectivos das Campeiras, na xornada do martes, e da Cal da Avelaíña onde, dende onte, 16 veciños e veciñas están a traballar, con diferentes trucos e regras de memorización distintos aspectos da memoria para evitar que esta remate por atrofiarse.



O concelleiro José Alén foi o encargado de dar a benvida aos participantes neste taller de 15 horas de duración, gratuíto e que axudará, tal e como subliñou o edil, a traballar a capacidade memorística tanto a curto coma a longo prazo e é que iniciativas deste tipo tamén poden servir para detectar calquer tipo de anomalía ou enfermidade.



Xogos con números, encrucillados, sopas de letras, sinxelas actividades co vocabulario e as regras ortográficas como punto de partida e diferentes dinámicas entretidas e sinxelas de aplicar integrarán estas clases de dúas horas que impartirá unha experta na materia, nun total de sete sesións.



Á marxe de adestrar as neuronas, Vellez Activa tamén conta con outros beneficios xa que é evidente o seu compoñente sociabilizador que fai que, alo menos, durante un par de horas á semana os veciños e veciñas de cada barrio compartan tempo, algún que outro truco memorístico e quen sabe se ata a solución a algún dos exercizos plantexados pola monitora correspondente.



Vellez Activa continuará esta mesma tarde na parroquia de Goente onde tamén se desenvolverá nas vindeiras datas un obradoiro de estimulación da memoria e xa a vindeira semana en colectivos coma as Amas de Casa, a asociación de Viuvas María Magdalena ou en Espiñaredo cun segundo obradoiro adicado ao uso da música e das súas beneficiosas facultades para o individuo

23/3/11

O Concello de As Pontes e os Artesáns do Eume organizan dous cursos de artesanía en abril 




Unha vintena de veciños participarán nus talleres adicados ao pirogravado e á talla de alabastro e que impartirán a artista Lourdes Acera e o canteiro César Dapena


O Concello de As Pontes colaborará xunto co colectivo Artesáns do Eume na realización de dous obradoiros de artesanía adicados á talla de alabastro e ao pirogravado.

Estes dous talleres, que se desenvolverán na segunda quincena do vindeiro mes de abril, estarán impartidos polos artistas locais César Dapena e Lourdes Acera Olaso e contarán cun total de 18 prazas – 8 para a talla de alabastro e 10 para a técnica de pirogravado.

As dependencias da Casa de Don Pedro albergarán estes dous cursos. No tocante ao obradoiro de pirogravado, éste impartirase os mércores en horario de 10.00 a 12.30 horas, namentras que o curso de talla de alabastro celebrarase os xoves pola tarde, en horario de 19.00 a 21.30.

O prazo de inscrición para tomar parte nestas clases xa está aberto debendo telefonar para inscribirse ao 639 78 62 97 e aboar a cota de inscrición, de 50 euros, cos que se financiarán os materiais para desenvolver as pertinentes prácticas.

Asemade, neste mesmo número telefónico será posible consultar calquer tipo de dúbida ao respecto destes obradoiros que, por primeira vez, se desenvolven no municipio e que son unha oportunidade única, tal e como aseguraron dende o goberno local, para aprender e desfrutar da artesanía e de técnicas tan novidosas coma as que se impartirán nestas clases, de ahí que dende o cabildo pontés se animase a toda a veciñanza posible a participar nestas interesantes iniciativas.

O Concello de As Pontes súmase ao Sistema de Seguimento Integral de casos de Violencia de Xénero do Ministerio do Interior •


O alcalde de As Pontes asinou hoxe na Coruña o acordo que integra á Policía Local nun sistema de seguimento de casos de violencia contra a muller


O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, asinou hoxe na Delegación do Goberno na Coruña, o acordo de colaboura entre a Secretaría de Estado de Seguridade e o concello pontés polo cal a Policía Local formará parte do Sistema de Seguimento Integral dos casos de violencia de xénero.

O primeiro edil pontés rubricou este acordo co Secretario de Estado de Seguridade, Antonio Camacho, e no mesmo as dúas institucións afondan nas medidas de protección ás vítimas a través dunha axeitada coordinación das actuacións entre ámbalas dúas administracións, co fin de previr e evitar riscos de novas agresións no ámbito familiar, máis concretamente no da violencia de xénero.

Agora, o Ministerio do Interior e o concello axeitarán os seus sistemas informáticos para permitir as conexións precisas aínda que será a Secretaría de Estado de Seguridade será a responsable de formar ós novos usuarios do sistema para que coñezan o seu contido e o seu funcionamento.

Asemade, e co fin de facer o seguemento do seu desenvolvemento, constituirase unha Comisión Técnica de Seguimento, integrada por tres representantes de cada unha das partes.

Esta nova aplicación sitúa á víctima de violencia de xénero no centro dun sistema que ten por obxecto aglutinar ás institucións que interveñen na protección e seguridade das víctimas de violencia de xénero (Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, policías autonómicas e locais, fiscais, xuíces, Institucións Penitenciarias, Unidades de Cordenación e de Violencia sobre a Muller e Servizos Sociais) e integrar nunha soa base de datos toda a información sobre as circunstancias que rodean ás víctimas de violencia de xénero.

Asemade, este novo sistema permite realizar valoracións do risco da vítima de sufrir unha agresión, e adoptar as medidas de protección necesarias; implantando un sistema de avisos, alertas e alarmas que permita, segundo os protocolos establecidos, reaccionar de xeito rápido e eficaz.
A valoración do risco da vítima de violencia de xénero realízase a través dunha ferramenta construida a partir de 40.000 casos reais e validada por un equipo de catedráticos universitarios e especialistas da Policía Nacional, Garda Civil e Institucións Penitenciarias.
Con ela, os especialistas policiais determinan o risco da vítima de sufrir unha agresión, diferenciado en catro niveis: extremo, alto, medio e baixo que se revisan con diferentes periodicidades ou segundo o estipulen as autoridades xudiciais ou fiscais ou no caso de que existan novas circunstancias que afecten á vítima ou ao agresor.

O Concello de As Pontes pon en marcha tres talleres para o adestramento da memoria con medio cento de inscritos



A Deputación da Coruña financia, por cuarto ano, estes tres obradoiros aos que se sumarán outros tantos de musicoterapia e autoestima


O Concello de As Pontes, mediante o departamento de Servizos Sociais, iniciou onte unha nova edición do seu programa Envellecemento Activo para maiores de 55 anos, e que, unha iniciativa que vive a súa cuarta edición e que, novamente, conta co respaldo económico da Deputación da Coruña.
Para este ano, a concellería que dirixe José Alén escolleu un total de seis obradoiros: tres deles de estimulación memorística, que comezaron onte, e outros tantos adicados á musicoterapia e ao traballo da autoestima, que arrincarán a vindeira semana.
Un ano máis o principal fin destes cursos é ofrecer unha alternativa socializadora aos seus alumnos e alumnas, ao tempo que se mellora a súa calidade de vida, mediante sinxelos exercizos cos que mellorar a súa capacidade memorística ou que doten aos alumnos dos recursos para traballar a súa autoestima, mediante a musicoterapia.
Onte mesmo arrincabanos primeiros cursos dirixidos ao traballo das facultades memorísticas e que se encargará de impartir a psicopedagoga MªMar Tomé, nun total de tres colectivos asociativos.
Un total de 50 veciños de tres asociacións tanto do casco urbano coma do rural tomarán parte nestas clases de 15 horas de duranción. De feito, onte daban comezo os cursos no barrio das Campeiras, e o edil José Alén foi o encargado de inaugurar o primeiro destes talleres.
Segundo explicou o concelleiro, estes obradoiros axudarán aos participantes a gañar en calidade de vida ao mellorar as súas condicións memorísticas a través de sinxelos exercizos ideados para traballar a agudeza visual e olfativa, para incrementar a capacidade de atención, para mellorar a capacidade de cálculo ou o manexo coas moedas e ata para volver a fomentar hábitos coma a lectura e a escritura.

De aí que o concelleiro tamén animase á vintena de veciños que onte tomaron parte no primeiro destes obradoiros a traballar con sinxelos exercizos diariamente para non permitir que se atrofie o cerebro e incrementar os beneficios destes cursos. De feito con tan só ler un artigo do xornal cada día, facer un sinxelo crucigrama ou aplicar diferentes trucos nemotécnicos ou de cálculo a nosa vida diaria verase mellorada substancialmente.
E é que, tal e como explicou Alén, os anos provocan na memoria unha serie de alteracións que poden dificultar a vida cotiá e afectar á vida persoal, social e incluso laboral polo que é preciso tomar medidas para previr este deterioro cognitivo.
Asemade, o concelleiro deu conta da necesidade de achegar actividades que sempre se fan no casco urbano a outras zonas do concello, coma acontece con este tipo de obradoiros que, novamente, permitirán tanto aos veciños do casco urbano coma aos que viven nas parroquias desfrutar de diferentes actividades.
Xa esta mesma tarde darán comezo os obradoiros de adestramento memorístico no barrio da Cal da Avelaíña, onde se conta con 19 participantes e xa mañá a parroquia de Goente acollerá o terceiro destes talleres no que se anotaron un total de 13 persoas.

22/3/11

O Concello de As Pontes ofrece esta fin de semana teatro, jazz e monicreques ao abeiro da súa programación cultural

• A formación pontesa Quemaisten Teatro, Títeres Trompicallo e un grupo de jazz da Escola de Música da Coruña ofrecerán entre o venres e o domingo diferentes espectáculos


O Concello de As Pontes, mediante o departamento de Cultura, continuará esta fin de semana coa programación cultural que xa arrincará o vindeiro venres coa estrea da nova producción da compañía local Quemaisten Teatro.

Cinema é o título da montaxe que se estreará no auditorio municipal Alovi o venres ás 21.00 horas e que será totalmente gratuíta.

Os ponteses, que contarán novamente coa dirección de Xosé Bonome, presentan esta comedia baseada nunha historia real chega de soños e de desencantos e que está protagonizada por Ángeles Gabeiras, Carmen Cabarcos, MªCarmen Landázuri, Olga Chamosa, Xosé Fraga, Xosé Manuel Felpeto, José Manuel Salvatierra, José Luis Fernández e Yolanda Lozano.

As entradas poderán recollerse o venres na billeteira do auditorio municipal Alovi en horario de 12.00 a 13.30 e tamén dende as 19.30 horas ata o inicio do espectáculo.

Xa o sábado tamén no Alovi terá lugar o concerto do grupo Jazz Ensemble da Escola Municipal de Música da Coruña, un recital gratuíto que organiza a anpa O Eume do Conservatorio de Música de As Pontes.

Ás 19.00 hroas terá lugar este recital gratuíto que estará protagonizado polos alumnos do Curso Avanzado de Jazz do centro coruñés que dirixe José Acuña.

Nicolás González, Bruno Souto, Elías Mato ou Alejandro Piñeiro forman parte deste elenco de 13 artistas que dirixirá o propio José Acuña e que interpretarán temas de Miles Davis, Horace Silver ou Charlie Parker entre outros.

Xa para rematar o domingo, no auditorio municipal Alovi, desenvolverase unha nova edición do programa Os Domingos ao Teatro, ideado polo departamento municipal de Cultura.


Títeres Trompicallo visita novamente As Pontes da man dun novo espectáculo: O día que chegou unha nube e choveu.
O domingo ás 18.00 horas arrincará a única das funcións que ofrecerá a compañía de Abegondo e que está dirixida aos pequenos de 1 a 3 anos de idade.
A montaxe de monicreques, dunha media hora de duración, levará ao público asistente a un lugar onde non hai nada ata que, coa chegada dunha nube, a vida se abre camiño mediante a herba, as flores, as árbores, os peixes e as rás que, de súpeto, sofre un terrible cambio cando a auga desaparece por arte de maxia.
Dirixido por Luis González, tamén autor xunto con Marián González, O día que chegou unha nube e choveu é unha historia para desfrutar cos cinco sentidos, para que os máis pequenos descobran o mundo que os rodea e tamén os seus recursos.
As entradas para este espectáculo poranse á venda o sábado, na billeteira do propio Alovi, en horario de 12.00 a 13.30 e o domingo dende as 16.30 ata o inicio do espectáculo.
O seu prezo será de 1,50 euros para os menores de 12 anos e de 3 euros para os maiores de 12 anos.

O Alcalde de As Pontes dará resposta as cuestións veciñais nun novo espazo televisivo

RTVEume estreará este venres un espazo de actualidade municipal co Alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, de xeito que os veciños poderán plantexarlle aquelas preguntas que sexan do seu interese.

Despois do espazo informativo As Pontes Hoxe, que se emite ás 21.30 horas, o primeiro edil visitará os estudos da televisión local para dar a coñecer as diferentes actuacións que se estean a levar a cabo cada semana, e, asemade, respostar ás demandas dos veciños do municipio.

O punto forte deste programa está, precisamente, en que se lle poderán trasladar as preguntas, reclamacións ou consellos que se queiran ó alcalde a traverso dunha televisión que cumpre así o seu papel de intermediario entre a máxima autoridade local e os concidadáns.

Para enviar as preguntas ao primeiro edil é posible dirixirse á web de RTVeume, no enderezo: www.rtveume.blogspot.com, mediante a páxina do concello (www.aspontes.com), ou no correo electrónico rtveume@aspontes.org.

Deixa as preguntas nos comentarios.

20/3/11

Resultados XXI carreira San Xose





Unha exposición de artistas pontesas abre as súas portas para conmemorar o Día Internacional da Muler





• Entre Mulleres recolle os traballos de máis dunha ducia de artesás pontesas co fin de reivindicar o seu importante papel social


O Concello de As Pontes, mediante o departamento de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller (CIM), continua nestes días co seu programa para conmemorar o Día Internacional da Muller.
A iniciativa que, dende o pasado venres, xa se pode desfrutar é a mostra Entre Mulleres, unha colección de diferentes traballos elaborados polo amplo catálogo de artesás locais que decidiron expoñer unha pequena parte das súas obras e da súa creatividade.
O edil de servizos sociais, José Alén, xunto coa concelleira de Cultura, Eva Conde e a directora do CIM, Mª Carmen Rego, presentaron esta colección que permanecerá na sala de exposicións do Mercado Vello ata o 30 de marzo.
Case un cento de traballos, entre cadros, tallas, manteis bordados, encaixe de bolillos e ata poesías se reunen na sala pontesa para dar a coñecer e reivindicar o importante papel das mulleres pontesas no mundo da artesanía, tal e como subliñou na súa presentación o propio edil de Servizos Sociais.
José Alén recalcou a necesidade de continuar a traballar por dar a coñecer a gran relevancia das mulleres en campos nos que o home sempre está máis presente coma o deporte e a artesanía, de aí a necesidade de poñer en valor o traballo da muller xa que malia que a igualdade legal é xa unha realidade aínda é preciso traballar por lograr a igualdade real entre homes e mulleres.
Tamén se sumaron a esta inauguración dúas das poetisas locais integrantes do grupo Alalá, Ofelia López e Gloria David que compartiron algúns dos seus versos cos asistentes.


Sonia Sueiro, Lourdes Acera, Isabel Goti, Marisa Hermida, Fina Guerreiro, Carmen Muíño ou Piedad Pernas son os nomes dalgunhas destas 14 artistas que recollen tan só unha parte da súa producción nesta exposición e que tamén conta cun espazo para outro tipo de mulleres tamén artistas, as que integran a cooperativa ugandesa de Mulleres de Wawotokacel, e que se adican a elaborar colares e pulseiras para subsistir na áfrica negra. Elas tamén conta cun espazo nesta colección que manterá abertas as súas portas en horario de 11.00 a 12.30 e de 18.00 a 19.30 de martes a venres, ademáis dos sábados de 11.30 a 13.30.
Por outra banda, na Biblioteca Municipal continuará aberta, ata o 1 de abril, a colección Mulleres na Literatura que aglutina máis dun cento de títulos coa muller como protagonista ou autora e que tamén inclúe un espazo para os máis novos con contos e lecturas coas que tamén se fomenta a igualdade entre nenos e nenas. Elas nos Contos é o título xenérico escollido para esta segunda colección de obras coas que tamén se pretende facer chegar aos máis novos que homes e mulleres son iguais en dereitos e deberes.

18/3/11

Un veciño de As Pontes conta en Radio Eume como se vivíu o desastre natural de Xapón

Miguel Rozas Rodriguez, asistente de voo, relatou en Radio Eume as suas vivencias durante a catastrofe natural acontecida no Xapón a semana pasada.

17/3/11

O CONCELLO LEVA O PROGRAMA DO 8 DE MARZO AOS CENTROS DE SECUNDARIA






O Concello de As Pontes, mediante o departamento de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller (CIM), está a continuar nestes días co programa en conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.



De feito, xa o pasado luns, arrincaban as primeiras actividades educativas dirixidas aos escolares de Primaria e Secundaria.



No tocante aos máis maiores, éstes están a participar nunha serie de charlas de case unha hora de duración que levan por título Diferentes pero Iguais e que contan con contados adaptados aos distintos cursos de Secundaria.



Así o alumnado de 1, 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria dos centros Moncho Valcarce, Castro da Uz e Monte Caxado están a traballar e a reflexionar sobre diferentes temas coma o papel da muller nas distintas sociedades, os estereotipos que aínda persisten no día a día ou sobre a linguaxe sexista nos medios.



A directora do CIM, MªCarmen Rego, é a responsable de impartir estas clases que hoxe protagonizaban os estudantes de 3º da E.S.O do I.E.S Moncho Valcarce. Algo máis dunha vintena de rapaces e rapazas pudieron analizar as connotacións despectivas que poden incluír palabras ben simples pero que cambian totalmente de acepción se se utilizan en feminino ou en masculino.



Asemade, tamén neste tempo de traballo, analizáronse os estereotipos máis correntes da sociedade actual e que é preciso eliminar e, por suposto, a publicidade nestas últimas décadas nas que queda máis que retratada a evolución social do home e da muller e do seu papel, segundo a etapa vivida.



No que respecta ao alumnado de 1º de Secundaria, éste está a traballar tamén en sesións semellantes a través do conto Rosa Caramelo de Adela Turín, co que se pretende facer reflexionar aos estudantes sobre o papel dos nenos e das nenas á hora de xogar e sobre as diferenzas que xa se establecen dende ben pequenos entre eles e elas, apoiando o pensamento crítico dende ben cativos.



Os nenos e nenas de 2º de Secundaria teñen como ferramenta de traballo a curtametraxe de Javier Fesser Binta y la Gran Idea, no que se plasma a realidade tan diferente á nosa, que viven as nenas e mulleres de países menos desenvolvidos, onde a figura feminina tan só ten deberes e non conta con dereitos.



Os máis maiores, estudantes de 4º de Secundaria, están a facer un repaso nestas charlas da evolución do papel da muller ao longo da historia en países europeos coma Francia e Inglaterra ata chegar aos Estados Unidos e a movementos coma o feminismo ou a implantación do dereito do sufraxio feminino.



Finalmente, é preciso lembrar que tamén nesta semana continúa o traballo cos máis novos, cos máis de 380 alumnos e alumnas dos colexios de Primaria de As Pontes onde Atalaia Social está a desenvolver, mediante xogos educativos, diferentes iniciativas e actividades para fomentar a igualdade entre nenos e nenas a través dos xogos populares e do traballo en equipo.

O Concello de As Pontes completa a mellora das comunicacións viarias na zona de Marraxón

 A Deputación da Coruña asumíu, cunha inversión de 100.000 euros, os traballos de mellora na estrada que enlaza Marraxón de Arriba e de Abaixo


O Concello de As Pontes continua a realizar melloras nas diferentes estradas do municipio. De feito, os últimos traballos que veñen de iniciarse corresponden á estrada que une Marraxón de Arriba e Marraxón de Abaixo, o que permitirá mellorar definitivamente a rede viaria neste lugar, obxectivo que o concello de As Pontes se tiña marcado coas actuacións xa realizadas neste senso.
A Deputación da Coruña é a responsable de asumir o custo destes traballos ante a demanda da Administración local.
As obras consisten nunha ampliación e novo aglomerado nesta estrada, o que supón un custo de 100.000 euros.
Con esta actuación complétanse as abordadas xa dende o departamento municipal de Obras neste mesmo lugar nos tres últimos anos. Xa se mellorará a estrada que sae cara a Ortigueira de Marraxón de arriba, e con cargo tamén ó Departamento Municipal de Obras, a que une Vilarnovo con Marraxón de Arriba, así como unha mellora no acceso de Chan de Vilarnovo.
Nesta lexislatura, dende o Concello apostouse por unha relación moi directa e estreita coa Deputación da Coruña para cordenar as actuacións na rede viaria desta parroquia, que pertence ás dúas administracións, con cadanseus quilómetros, de cara a acadar a cordenación que deu como resultado esta mellora nas súas comunicacións por estrada, mesmo co asfaltado do antigo Camiño Real, que dá servizo fundamentalmente ós habitantes da zona para as súas comunicacións internas.

O Concello de As Pontes ofrece catro seminarios formativos para os comerciantes e hostaleiros ponteses




 Bic Galicia, Seara, a Antena Cameral e a Asociación de Empresarios e Comerciantes colaboran con estes cursos que están a rexistrar unha elevada participación


O Concello de As Pontes, mediante o Instituto Pontés de Promoción Económica, está a desenvolver estas semanas varias iniciativas formativas dirixidas ao sector do comercio e da hostalería.

Mediante catro cursos, que arrincaron o pasado 7 de marzo, o que se busca dende o executivo local é ofrecer ao sector hostaleiro e comercial pontés novos recursos cos que potenciar a súa actividade e mellorar o seu sistema de captación de novos clientes.

Bic Galicia, a Antena Cameral de As Pontes, xunto coa Asociación de Empresarios e Comerciantes de As Pontes e Seara colaboran con estas actividades que están a rexistrar un gran éxito de público xa que a media de participación por seminario ronda os 40 inscritos.

O pasado día 7 daba comezo esta campaña formativa, na Casa Dopeso, cunha charla de dúas horas dirixida ao sector da hostalería e que tiña como obxectivo dotar aos participantes das ferramentas precisas para pulsar a opinión da clientela sobre os servizos prestados no sector hostaleiro.
Esta primeira charla contou cunha parte teórica, vencellada á realización de enquisas, á tipoloxía de clientela e as ferramentas que se poden empregar á hora de medir a satisfacción dos nosos clientes; e unha segunda parte práctica para impulsar o desenvolvemento das actitudes e habilidades necesarias para prestar un servizo de calidade na empresa, sabendo enfocar o servizo en función das características do cliente ao que é preciso manter satisfeito.
Este mesmo luns, tamén na Casa Dopeso, tiña lugar un segundo seminario adicado á importancia da imaxe comercial e que tivo como principal obxectivo ofrecer aos xerentes, autónomos e traballadores do pequeno comercio os recursos precisos para lograr un maior contacto co público, mediante técnicas innovadoras que permitan atraer a atención dos futuros compradores.
Ao longo de dúas horas, os participantes nesta charla aprenderon a potenciar as cualidades do seu establecemento para gañar clientela e a empregar recursos coma a imaxinación e a creatividade artística co fin de atraer novos consumidores dos seus productos.


Así, nesta cita foi posible dende aprender a empaquetar un producto dun xeito atractivo e novidoso ata os trucos para idear un bo escaparate que capte clientes, sen esquencer outros temas coma o deseño exterior do local.
Xa o vindeiro día 21 celebrarase un terceiro obradoiro mediante o que se dará a coñecer a lexislación galega actual en materia de comercio e para o 28 de marzo está programado un cuarto seminario adicado ás vendas especiais, aos saldos e rebaixas e todos os conceptos vencellados ás etapas de promocións e vendas especiais.

16/3/11

Cultura abre este domingo a programación teatral coa montaxe Bajo mi cama una estrella

A montaxe da compañía albaceteña, dirixida ao público de tres anos en diante, está programada para as 18.00 horas no auditorio municipal Alovi
 
O Concello de As Pontes, mediante o departamento municipal de Cultura, abrirá esta fin de semana a súa programación teatral infantil para esta tempada. Será mediante o ciclo de teatro Galicia Móvese que traerá ata As Pontes cinco dos mellores espectáculos tetarais para o público infantil que, nestas semanas, están de xira por toda Galicia.
De feito, este mesmo domingo e tamén o luns, no auditorio municipal Alovi, presentarase a montaxe Bajo mi cama una estrella, da compañía La tirita Teatro, unha formación experta en monicreques e procedente de Albacete que presentará en dúas sesións, unha delas para escolares, este espectáculo, o último dende a súa creación e 1993 e que conta cun amplo repertorio de textos coma La cueva del dragón, Caperu… cómo? ou El Romeo y la Julieta, todos eles cos monicreques coma protagonistas e co público infantil como destinatario.
Desta vez traen ata As Pontes, por primeira vez, Bajo mi cama una estrella, a historia dun neno de nome Miguel, valente tan só de día, coa luz do sol xa que, coa chegada da noite, vólvese un mixiricas namorado da lúa que, coma todos os nenos ten medo aos monstros do armario ou aos que temos baixo da cama.
O domingo ás 18.00 horas dará comezo este espectáculo ideado por esta formación e dirixido por Alberto Alfaro. Paco Úbeda e Germán Scasco encárganse da manipulación destes monicreques. As entradas para a única sesión aberta a todo o público poranse á venda o venres entre as 12.00 e a 13.30 e o domingo dende as 16.30 horas ata o inicio do espectáculo. O seu prezo será de 1,50 euros para os menores de 12 anos e de 3 euros para o resto. Asemade, o luns, ás 11.00 horas e no mesmo escenario terá lugar un segundo pase tan só para o público escolar, de 3 anos, e que subvencionará a coordinadora de anpas Abrente.

15/3/11

O Concello de As Pontes desenvolverá esta semana diferentes talleres educativos para o fomento da igualdade na escola





• Estudantes de Primaria e Secundaria asisten, durante esta semana, a diferentes charlas e xogos en prol da igualdade entre homes e mulleres


O Concello de As Pontes, mediante o departamento de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller (CIM), iniciou esta semana as súas actividades educativas nos colexios ponteses ao abeiro do programa Unha Ollada cara a Igualdade, ideado para conmemorar o Día Internacional da Muller.
Un ano máis, e xa van tres, a concellería que dirixe José Alén deu comezo ás diferentes actividades a desenvolver nos centros de educación Primaria e Secundaria de As Pontes para coñecer as ideas de igualdade dos máis novos e poñer en marcha xogos e iniciativas en prol do fomento da igualdade entre homes e mulleres.
Atalaia Social vólvese facer responsable do programa Semana da Muller nas Escolas que, ata o día 18, terá coma protagonista aos máis de 380 alumnos e alumnas de Monte Caxado, Santa María, A Magdalena e A Fraga.
A través de diferentes xogos populares, deportes e diferentes actividades, os máis novos aprenden a que non existen deportes para elas e para eles, que a condición física non depende do sexo e que tanto os nenos coma as nenas poden xogar con bonecas ou con coches.
E é que deste xeito non só se pretenden detectar os comportamentos e estereotipos sexistas nos máis pequenos, senón tamén atallalos para fomentar unha convivencia igualitaria a través dos xogos en equipo.
Tamén onte arrincaron as charlas para os alumnos de Secundaria de Castro da Uz, Moncho Valcarce e Monte Caxado e das que se está a encargar a directora do CIM, Mª Carmen Rego.
Estas charlas, que levan por título Diferentes pero Iguais, buscan traballar aspectos coma a influencia dos estereotipos de xénero na socialización, a linguaxe sexista, o papel de homes e mulleres na publicidade ou o papel das mulleres na Historia, na Ciencia ou na Política.
Mediante contos, a proxección de curtametraxes ou documentais e a análise de anuncios da televisión ou da prensa e da súa linguaxe o que se está a buscar é a identificación, por parte do estudantado, dos estereotipos de xénero, a visión crítica da sociedade e o repaso á historia da muller en todas as sociedades do planeta, dende o movemento feminista ata que a muller alcanza o seu dereito ao voto.
Asemade, onte arrincou tamén o primeiro taller de cesteiría en papel reciclado ideado tamén ao abeiro desta celebración. 16 mulleres tomarán parte ata maio nestas clases semanais de dúas horas de duración que está a impartir, na Casa de Don Pedro, a artista local Lourdes Acera Olaso, responsable de sacar, mediante o papel de xornal, toda a creatividade destas alumnas.

14/3/11

Os camioneiros poñen fin o seu encerro tralo compromiso de Industria de compensar os perxuízos xerados pola aplicación do Decreto do Carbón





O alcalde de As Pontes presentou o venres ante a veciñanza o contido dun acordo que asegura o futuro laboral de Endesa e dos transportistas


O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, xunto co representante dos transportistas, Manuel Bouza, e o deputado socialista, Javier Carro, deron conta o venres, nunha asamblea popular, do resultado do encontro mantido nesa mesma xornada co Ministerio de Industria en relación ás futuras consecuencias da aplicación do Decreto do Carbón en As Pontes e Meirama.
Así as cousas, o primeiro edil explicou que se asinou un documento co departamento que dirixe Miguel Sebastián no que se recolle que o impacto da normativa que prima o carbón nacional será analizado por unha mesa de seguemento que, de detectar perdas marcará unha serie de compensacións para os municipios afectados. A cambio, os concellos tanto de As Pontes coma de Cerceda retirarán os seus recursos contra o Real Decreto, solicitando á Xunta de Galicia que actúe na mesma línea.
González Formoso deu conta da súa satisfacción con es acordo que, segundo explicou, permite algo de tranquilidade xa que, deste xeito, se protexen os empregos xerados a raíz do transporte do carbón, permitindo que, mediante esta mesa de traballo, tamén se den a coñecer as reivindicacións e opinións dos transportistas afectados.
Durante este encontro, segundo aclarou o alcalde, o Ministerio confirmouque considera que as centrais de As Pontes e Meirama son estratégicas polo sistema eléctrico nacional, polo que a aplicación do decreto do carbón non suporá risco de peche ou de dessarellamento das mesmas.
Con este anuncio poñíase punto e final ao peche de máis de cinco meses que protagonizaron os camioneiros na Casa do Concello, ao que se sumaron multitude de iniciativas coas que reivindicar medidas compensatorias ante os posibles efectos que poida ter o decreto nas térmicas galegas.


O alcalde de As Pontes calificou este acordo coma unha batalla gañada mediante o comportamento exemplar dos afectados que non empregaron a violencia e o vandalismo en ningunha das súas reivindicacións públicas. Asemade, González Formoso tamén quixo agradecer o respaldo da cidadanía en todas e cada unha das iniciativas desenvolvidas para reclamar unha solución a esta problemática.

Unha trintena de ponteses e pontesas participaron na primeira Marcha pola Igualdade





· A expedición partiu dos Xardíns do Campo da Feira e rematou no pavillón municipal cunha sesión adicada a varios deportes
O Concello de As Pontes albergou o sábado a primeira edición da Marcha pola Igualdade, unha iniciativa ideada polo departamento de Servizos Sociais, o Centro de Información á Muller (CIM) e a concellería de Deportes e na que tomaron parte máis dunha trintena de veciños e veciñas de As Pontes.

A comitiva deuse cita nos xardíns do Campo da Feira onde tres integrantes do equipo feminino do C.D As Pontes deron lectura a un manifesto en prol da igualdade, sobre todo no terreo do deporte, xa que estas tres xogadoras empregaron a súa propia experiencia para facer chegar aos presentes a importancia de lograr que homes e mulleres reciban o mesmo trato en tódolos campos da vida.

Emma Lamas, Patricia Dopico e Carla Da Silva foron as encargadas de dar lectura a este manifesto co que se iniciaba unha marcha duns 20 minutos por varias das rúas do casco urbano ata rematar no pavillón polideportivo municipal.

Alí se desenvolveron diferentes xogos coma o fútbol, o baloncesto ou o voleyball nos que participaron todos aqueles que decidiron esixir a igualdade a través do seu esforzo físico.

Xao venres arrincaba este programa de actividades que leva por título Unha Ollada cara a Igualdade mediante o espazo radiofónico Voces pola Igualdade, que emitiu a emisora local Radio Eume.

Durante tres horas en directo foi posible escoitar os testemuños de integrantes de diferentes colectivos ponteses coma a Asociación de Viuvas María Magdalena ou as Amas de Casa de As Pontes, ademáis de diferentes casos de mulleres que compatibilizan vida laboral e familiar.

Non faltaron tamén as referencias literarias ás mulleres mediante varias lecturas e incluso a análise de varios temas musicais do máis actuais nos que a violencia e o maltrato á muller son máis que evidentes.
Asemade, tamén está aberta na Biblioteca Municipal a exposición A Muller na Literatura. Trátase dunha colección de máis de 120 títulos, tanto infantís coma para o público adulto, escritos tanto por mulleres coma por homes. Asemade, tamén nestes días desenvolverase a actividade infantil Elas nos Contos onde os máis pequenos poderán coñecer o papel da muller nas súas historias favoritas.

10/3/11

Visitando o lago

Cabalgata Entroido

Fotos Feira do Grelo

O Concello de As Pontes organiza o programa Unha Ollada cara a Igualdade para conmemorar o 8 de marzo

Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller programaron exposicións, citas deportivas e actividades nas escolas para celebrar esta xornada

O Concello de As Pontes, mediante o departamento de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller (CIM), ideou un amplo programa de actividades para conmemorar o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, e do que xa a, pasada semana, se daban a coñecer as primeiras actividades.

Para esta ocasión, a concellería que dirixe José Alén creou unha serie de actividades nas que o deporte e as exposicións se mesturan con programas radiofónicos e, por suposto, con actividades dirixidas aos escolares de Primaria e Secundaria.

Baixo o lema Unha Ollada cara a Igualdade desenvolveranse ao longo de case tres semanas diferentes iniciativas nas que estarán involucrados, ademáis de Servizos Sociais, os departamentos de Deportes, Radio Televisión Local e a Biblioteca Municipal dando lugar a un listado de iniciativas nas que todos e todas os veciños de As Pontes, independentemente da súa idade, poden participar.

De feito, o concelleiro José Alén convidou a toda a veciñanza a involucrarse, un ano máis, nas diferentes actividades ideadas ao abeiro deste programa co que, novamente, o que se busca é, segundo o edil, “concienciar a grandes e pequenos sobre a igualdade de xénero e intentar actuar mediante a educación para a erradicación dos estereotipos sobre homes e mulleres que, durante séculos, se implantaron na sociedade” e que deixa, á orde do día, situacións coma salarios diferentes para homes e mulleres malia que o traballo sexa o mesmo ou empregos de homes e empregos para mulleres.

Neste senso, José Alén recalcou a necesidade de continuar a traballar en prol da eliminación destas diferenzas, situación que xa se desenvolve, segundo explicou, ao longo de todo o ano, sobre todo nos centros educativos ponteses xa que, tal e como subliñou o edil, os estudantes de hoxe son os que, nun futuro, se encargarán de dirixir o mundo e de lograr, nun futuro, a eliminación real das desigualdades por motivos de xénero.



Programa de actividades

Mañá, día 11, entre as 10.00 e as 13.00 horas terá lugar a primeira actividade deste programa. Será un espazo radiofónico, que se emitirá mediante a emisora municipal Radio Eume, e que levará por título Voces pola Igualdade, que vivirá a súa terceira edición.

Ao longo de tres horas será posible escoitar os testemuños e opinións de diferentes representantes do deporte, da sociedade e da política local que se achegarán ata a biblioteca municipal para compartir as súas experiencias e ideas sobre a igualdade real entre homes e mulleres.

O sábado, 12 de marzo, ás 11.00 horas nos Xardíns Campo da Feira, darase lectura ao Pregón Pola Igualdade no Deporte, un texto que presentarán as xogadoras do equipo feminino do CD As Pontes e que virá seguido dunha marcha popular pola igualdade, apta para calquera idade, que levará aos participantes ata as inmediacións do polideportivo municipal da Fraga. Xa ás 12.00 horas terá lugar unha xornada de xogos nestas mesmas dependencias. No caso de que o tempo non acompañe estas actividades desenvolveranse no pavillón municipal.

O 14 de marzo arrincarán as charlas sobre a igualdade nos centros de Primaria e Secundaria de As Pontes, nunha nova edición da Semana da Muller nas Escolas que se prolongará ata o día 18.

Tamén o vindeiro luns dará comezo un obradoiro de cestería en papel reciclado para mulleres, será ás 10.00 horas na Casa de Don Pedro e estará impartido pola artista local Lourdes Acera Olaso.

O programa pecharase con dúas exposicións. A primeira delas abrirase mañá na Biblioteca Municipal e levará por título A Muller na Literatura. Trátase dunha colección
de máis de 120 títulos, tanto infantís coma para o público adulto, escritos tanto por mulleres coma por homes. Asemade, tamén nestes días desenvolverase a actividade infantil Elas nos Contos onde os máis pequenos poderán coñecer o papel da muller nas súas historias favoritas.

Xa o día 18, ás 12.00 horas, inaugurarase a mostra Entre Mulleres, ideada pola Asociación de Artesáns de As Pontes, na que se recollen diferentes traballos ideados polas mulleres artesás pontesas. Ata o 30 de marzo será posible visitar esta mostra na sala de exposicións do Mercado Vello.

7/3/11

A Cabalgata de Antroido partirá mañá dende a rúa Monte Caxado con 2.800 euros en premios

· Na categoría de adultos repartiranse nove premios en metálico e os máis pequenos competirán por unha ducia de cheques canxeables por xogos e material escolar

O Concello de As Pontes albergará mañá unha nova edición da Cabalgata de Antroido, unha cita que ano tras ano logra unha gran participación tanto local coma doutros concellos da comarca e que repartirá case 2800 euros en premios.

Segundo o programa elaborado para esta xornada, a comitiva carnavaleira sairá da rúa Monte Caxado ás 17.00 horas e percorrerá as avenidas de Ortigueira, Castelao e Galicia, Alexandre Bóveda, avenida da Coruña para rematar no patio do Colexio de Santa María.

Un xurado valorará os traxes, ao longo de todo o percorrido da comitiva, e a súa decisión darase a coñecer unha vez remate o desfile no Colexio Santa María.

No referente aos galardóns para os adultos, os grupos poderán gañar premios de 500, 200 e 150 euros; as parellas poderán rematar as festas con 200, 100 e 75 euros máis nos seus petos e os que compitan na categoría individual optarán a tres premios de 100, 50 e 30 euros.

No que respecta aos máis pequenos (-16 anos), os premios pasarán de ser en metálico a cambiarse por vales en material escolar, libros ou xogos educativos. Así as cousas, haberá cinco premios de 150 euros para a categoría de grupos, cinco premios de 75 euros para os que compitan por parellas e outros cinco premios de 50 euros para os que o fagan individualmente.

Os rapaces que se inscriban na categoría de meniños, e que deberán ser menores de 8 anos, tamén recibirán un agasallo por tomar parte neste desfile xa que se lles fará entrega dun conto.





Inscrición

Os interesados en participar poden formalizar aínda a súa inscrición ata mañá ás 13.00 horas, no departamento municipal de Cultura, ubicado no primeiro andar da Casa Dopeso.

6/3/11

O Concello de As Pontes convértese no referente gastronómico da comarca coa XXXI Feira do Grelo

• Case un cento de participantes tomaron parte no tradicional concurso que premia, cada antroido, a calidade e a decoración das cestas

O Concello de As Pontes volveu ser hoxe o epicentro do antroido galego mediante unha nova edición da súa tradicional Feira do Grelo, que cumpriu hoxe a súa 31ª edición.
Centos de veciños tanto de As Pontes coma dos concellos limítrofes tomaron parte nesta celebración que volveu ser un éxito a todos os niveis. De feito, o alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, deu conta da súa satisfacción ante a gran cantidade de público e visitantes cos que contou esta festa gastronómica.
No tocante ao certame de cestas este ano anotáronse un total de 92 participantes. Neste senso, o primeiro edil deu conta da súa satisfacción ante un novo gran éxito de participación que deixa claro, segundo González Formoso, que este certame está en auxe e que incrementa o interese do público ano tras ano.
Asemade, o alcalde pontés explicou que, ano tras ano, estanse a introducir novidades nunha cita que, malia a súa idade, segue a conservar a súa gran calidade e poder de convocatoria, de feito, González Formoso deu conta das novidades para este ano e que incluen a celebración, esta mesma noite, na praza do Carme, dunha verbena que estará amenizada pola orquestra Panorama
González Formoso tamén deu conta da gran calidade da producción de grelos en As Pontes, de feito, a maioría dos gañadores proceden do municipio e adiantou a interese do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Grelos de Galicia de incoporar a algún producto local no seu listado de integrantes, anuncio realizado polo seu presidente José Luís Dadín, que visitou hoxe As Pontes.
Participantes de As Pontes, Vilalba, Monfero, Somozas e outros concellos limítrofes tomaron parte neste concurso de cestas que logrou reunir a curiosos e visitantes no patio do Colexio Santa María que desfrutaron de diferentes propostas na que a calidade do grelo se mesturou coa imaxinación dos concursantes que, ano tras ano, dan conta do importante proceso de creación e traballo que leva cada unha das propostas que compiten neste certame.

Listado de gañadores Certame de Cestas 2011
Os premios á calidade do grelo foron para Josefa Basoa (As Pontes), que levou 300 euros, Mª Carmen Currás (Vilalba), que levou 250 euros, Josefa Romero (As Pontes) que resultou agasallada cos 200 euros do terceiro posto e Mª Luz Vázquez, Josefa Filgueiras e Telmo Carballeira que recibiron cadanseu accésit de 60 euros cada un.
No tocante, ás cestas mellor engalanadas os 300 euros recaeron en Antonio López Criado (As Pontes) seguido de Fidel Vilaboy (As Somozas) que logrou os 200 euros e de Ana Isabel Pico (As Pontes) que levou 100 euros pola súa proposta.

Outras actividades

Ao longo da xornada tamén foi posible tomar parte en diferentes demostracións de talla de madeira e torneado ou olaría da man de varios dos artesáns que forman parte do colectivo Amigos da Madeira e de visitar a mostra de produtos do Eume e e de artesanía que tamén ateigaron as rúas do casco urbano.

No tocante á degustación popular, o restaurante pontés 5 Jotas foi o encargado de preparar as 700 racións de cocido, sopa e requeixo con mel do Eume que a veciñanza puido levar tamén para os seus fogares e que se completou cos saborosos freixós que se prepararon, ao longo da mañá, na gran freixoeira que estivo, nestes días, instalada nos soportais do mercado municipal.

3/3/11

O Concello de As Pontes organiza o 12 de marzo unha xornada deportiva para conmemorar o Día da Muller

O departamento de Servizos Sociais, o CIM e a concellería de Deportes organizan unha camiñata e un pregón popular para reivindicar a igualdade entre homes e mulleres

O Concello de As Pontes, a través dos departamentos de Servizos Sociais e Deportes o Centro de Información á Muller (CIM), está a organizar diferentes actividades para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, un deles é unha xornada adicada ao deporte coa que se pretende reivindicar a igualdade entre homes e mulleres.

O 12 de marzo foi a data escollida para esta xornada na que será posible participar dende en camiñatas en demanda da igualdade de sexos ata en actividades deportivas de diversa índole e aptas para todas as idades.

Ás 11.00 horas terá lugar a primeira das iniciativas programadas para esta xornada e que consistirá nun pregón pola igualdade no deporte e que será lida polas integrantes do equipo feminino do C.D. As Pontes, nos xardíns Campo da Feira, ou ben na carpa do patio do colexio Santa María, no caso de que a climatoloxía non acompañe.

Xa á 11.15 arrincará a marcha pola igualdade que partirá dos xardíns municipais e que transcorrerá por varias das rúas do casco urbano ata alcanzar o pavillón polideportivo municipal e que terá unha duración dunha media hora. Asemade, para afrontar esta actividade, o Concello repartirá entre os participantes camisetas representativas desta data.

A partires das 12.00, e durante algo máis dunha hora, realizaranse no pavillón municipal unha serie de competicións de fútbol, baloncesto e voleibol nas que poderán participar todos os que así o desexen, independentemente da súa idade.

Para obter máis información sobre estas actividades, o Concello puxo a desposición da veciñanza un número de teléfono: o 667 19 20 99, ademáis do correo electrónico ana.alonso@aspontes.org. Asemade, as oficinas do departamento de Deportes, ubicadas no pavillón municipal, tamén estarán abertas en horario de mañá para solventar calquera dúbida.

Dende o goberno municipal animaron a toda a cidadanía a unirse a estas interesantes actividades, aptas para todos os públicos, e que permitirán que todos os veciños e veciñas de As Pontes se unan en prol dunha reivindicación como é a igualdade real entre homes e mulleres e pola que hai que loitar diariamente e non só un día ao ano.






Outras actividades


Aínda que ata a vindeira semana non se dará a coñecer o resto do programa ideado polo Concello para conmemorar o 8 de marzo o que sí que aínda está aberto é o prazo para anotarse no obradoiro de cestería con papel reciclado para mulleres para o que será preciso inscribirse denantes do 10 de marzo.

O vindeiro día 14 na Casa de Don Pedro, ás 10.00 horas, arrincará este taller co que colabora Asociación de Artesáns do Eume e unha das súas integrantes, Lourdes Acera Olaso que se encargará de impartir este curso tan só dirixido a mulleres e que terá unha duración de oito semanas.
Para anotarse tan só é preciso telefonar ao 667 12 93 34 e aboar 20 euros en concepto de inscrición.

O Alovi acollerá o domingo a oitava edición do Festival de Comparsas Vila de As Pontes

Un total de cinco agrupacións analizarán en clave de humor os temas que marcaron a actualidade local e mundial durante o 2010 e neste ano


A peculiar versión dos ponteses e pontesas en clave de humor e sarcasmo subirase de novo ao escenario do auditorio municipal Alovi o vindeiro domingo, na que será a oitava edición do Festival de Comparsas Vila de As Pontes, unha cita que, ano tras ano, congrega a unha importante cantidade de público con ganas de pasar unha tarde de domingo de antroido entre gargalladas, chistes e rimas do máis estrafalarias.

Un total de cinco comparsas do municipio e arredores tomarán parte neste certame que dará comezo ás 18.00 horas, no que se analizarán, como ven sendo habitual, os temas que máis deron que falar aos veciños e veciñas ao longo do último ano, entre os que, coma sempre, poderemos atopar dende asuntos de relevancia mundial ata as problemáticas que marcaron a actualidade local destes doce meses.

Así as cousas, para esta ocasión polo auditorio municipal Alovi pasarán as formacións: Os Indios, integrada por membros da Asociación Cultural Alende, A Troula Carnavaleira cuios compoñentes forman parte das diferentes escolas municipais de Cultura; os Tunantes Folclóricos da Asociación de Veciños de A Choupana; a comparsa Castro da Uz, formada por alumnos do instituto pontés e, finalmente, A Despedida de solteira da Duquesa de Alba, procedentes tanto de As Pontes coma de concellos limítrofes.

Dende o concello, animaron a tódolos veciños e veciñas a achegarse o domingo ata o Alovi co fin de pasar unha entretida tarde na que o único que está asegurado será a risa, coas múltiples gracias que ano tras ano estas agrupacións inclúen no seu repertorio musical e que, un ano máis terán recompensa xa está previsto que se repartan 2.500 euros entre as comparsas participantes, ao que se sumará un premio á comparsa que presente o mellor vestiario, outro para a que idee as letras máis orixinais e, finalmente, un último agasallo para a formación que presente o mellor espectáculo.

O CONCELLO DESTINA 800.000 EUROS PARA A CONSTRUCIÓN DA PONTE DE REBARDILLE.

Esta actuación enmárcase dentro da actuación de mellora iniminente da estrada entre Ribadeume e A Faeira. Deste xeito gañarase tamén en seguridade ó eliminar as curvas máis perigosas deste tramo.
O pleno da Deputación daba, o pasado venres, luz verde a unha inversión para o financiameto de obras en estradas provinciais, e o Concello de As Pontes será un dos beneficiarios, logo de adxudicárselle un montante de 500.000 euros, que serán destinados ao ensanche e pavimentación da estrada entre Veiga da Cabana e As Pontes, concretamente nos tramos que van entre os puntos quilométricos 9,170 e 10,500 e o 11,500 e 14,900.

Este tramo será o comprendido entre Ribadeume e a Faeira, o que permitirá actuar neste treito como xa se fixera na primeira fase desta estrada.

Ademais dos traballos de ensanche e nas cunetas, o concello vai abordar tamén a construción dunha ponte en Rebardille, en forma de dous viaductos para anular dúas perigosas curvas na zona, o que suporá un custo de 800.000 euros, con cargo ós fondos estatais.

A intención do concello é mellorar a calidade de vida e as comunicacións tamén nesta parroquia, unha das máis poboadas, como está a facer en todas. Neste caso preténdese continuar con esta mellora ata Goente.


A deputación da Coruña tamén adxudicou, na mesma sesión, os plans de obras e servizos e o plan de cooperación cos concellos para o exercizo actual.
Estas dúas achegas económicas deixarán en As Pontes un total de 965.000 euros que se destinarán tanto a obras coma a gasto corrente.


Así as cousas, no que se refire ao pos 2011, o noso concello contará con 519.141 euros, dos que 232.326 euros se destinarán á 8ª fase de mellora de servizos e pavimentos no poboado da Magdalena; 35.505 euros terán como destino a finalización das beirarrúas nas rúas Monfero e Cabo Pastor e os 115.320 restantes irán á construcción dun parque infantil en Espiñaredo e ao acondicionamento do local social dos veciños desta zona.
Asemade, o POS 2011 inclue unha partida para gasto social, neste caso, serán 136.000 euros que irán destinados á recollida de lixo e limpeza viaria, debido ao incremento de puntos de recollida e ao aumento destes recibos.


No tocante ao plan de cooperación cos concellos, As Pontes recibirá 444.994 euros, dos que 185.614 irán destinados á reposición do servizo de abastecemento e saneamento na Magdalena, na súa 4ª fase; 95.897 euros serán para a rehabilitación da fachada da casa de formación e medioambiente da Fraga; 73.538 euros destinaranse á mellora de servizos no poboado do barreiro e, finalmente, os 89.944 euros restantes terán como destino a mellora de servizos na rúa Perfolla e no poboado da Magdalena.

2/3/11

O Concello de As Pontes organiza un obradoiro de cestería para conmemorar o Día Internacional da Muller

 O departamento de Servizos Sociais, o CIM e os Artesáns do Eume organizan esta actividade que se desenvolverá durante dous meses



O Concello de As Pontes, mediante a concellería de Servizos Sociais, está xa a preparar os actos conmemorativos que integrarán o programa adicado ao 8 marzo, Día Internacional da Muller, e que cada ano inclúe charlas, obradoiros e actividades dirixidas ás veciñas do municipio.


Nesta ocasión, está previsto que o vindeiro día 14, ás 10.00 horas, arrinque un obradoiro de cestería con papel reciclado para mulleres, unha iniciativa desenvolvida ao abeiro do Centro de Información á Muller (CIM) que conta coa colaboura da Asociación de Artesáns do Eume.

Dende o pasado luns é posible anotarse neste curso que terá unha duración de oito semanas e un custo de 20 euros.

A Casa de Don Pedro acollerá estas clases que serán impartidas pola artista pontesa Lourdes Acera Olaso.

Ata o vindeiro 10 de marzo será posible inscribirse telefonando ao 667 12 93 34.

Dende o departamento que dirixe José Alén animaron a todas as mulleres interesadas a tomar parte nesta iniciativa xa que se trata dunha actividade novidosa e que axuda ao fomento da creatividade.

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA NA ESCOLA INFANTIL A BAROSA

A Escola infantil A Barosa abre mañáven unha serie de prazos moi agardados, e é que quedaban aínda pendentes as inscricións de novo ingreso e reservas de prazas nas instalacións actuais e nas que atinxen á ampliación.
Un deses prazos é o de reserva de praza para o vindeiro curso para os nen@s que xa estaban na escola no presente curso, e estará aberto ata o día 10 de marzo.
O día 15 abrirase outro período para as solicitudes que correspondan a novos ingresos, tamén para o curso que ven, 2.011/2.012. Neste caso haberá un mes para cumprimentar este trámite.
Os outros prazos abertos son xa os que fan referencia á ampliación da Escola infantil.
.
As familias interesadas na 3ª ampliación no modulo de 1 a 2 anos poderán formalizar as solicitudes ata o día 10 de marzo no mesmo horario.

1/3/11

O alcalde de As Pontes e o presidente do CD As Pontes inauguran a primeira mostra adicada aos primeiros 50 anos de fútbol federado pontés





Máis de 500 fotos, camisolas, banderíns e varios trofeos integran esta exposición que permanecerá ata o día 8 na sala do Mercado Vello


A sala de exposicións do Mercado Vello de As Pontes acolle, dende hoxe e ata o día 8 de marzo, a mostra adicada ao medio século do fútbol federado no municipio.
A colección, na que é posible atopar dende fotografías ata camisetas, carnés de socio e, por suposto, algúns trofeos está organizada polo Clube Deportivo As Pontes e é un dos innumerables actos organizados con motivo deste peculiar aniversario.
O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, xunto co presidente do CD As Pontes, Xaime Castro, e a concelleira de Participación Cidadá, Montserrat García, foron os encargados de inaugurar esta mostra que leva por título 50 aniversario do CD As Pontes 1960 – 2010.
O primeiro edil calificou a evolución histórica do fútbol e do clube pontés coma o reflexo da evolución do propio pobo de As Pontes ao longo dos anos que foi medrando ao igual que aconteceu co CD As Pontes. Asemade, González Formoso anunciou que, nas negociacións que se están a manter coa empresa Endesa para a cesión do Poboado das Veigas, tamén se pretenden incluír as instalacións deportivas desta zona para dar lugar a un importante complexo deportivo no que, ademáis de fútbol, os usuarios poidan desfrutar doutros deportes coma o tenis, a natación e actividades diversas, xa que este poboado conta con instalacións coma dúas pistas de tenis e unha piscina ao aire libre.
Asemade, o alcalde quixo agradecer o gran esforzo da directiva e de todos aqueles que a diario e sen recibir nada a cambio se encargan de coidar as instalacións do Poboado, de adestrar aos rapaces e, en resumo, de sacar adiante esta entidade.
Xaime Castro tamén quixo agradecer este esforzo desinteresado de todos aqueles que son o motor do clube pontés dende os seus inicios, hai 50 anos, ata o día de hoxe e que gracias aos cales o fútbol é parte da historia de As Pontes.
Exposición
50 Aniversario do CD As Pontes 1960 – 2010 inclue máis de 500 fotografías dos diferentes planteis que pasaron polo Clube Deportivo Puentes, nado en 1933; polo Calvo Sotelo de 1973, primeiro clube federado de As Pontes; polo CD Endesa que dende 1973 e ata o 2002 levou este nome gracias ao patrocinio desta empresa e, por suposto do CD As Pontes.
Non faltan as fotografías das categorías de base destes últimos anos, unha representación de trofeos nos que podemos atopar campionatos alevíns, infantís ou cadetes e ata o trofeo de Subcampión da Copa Deputación, acadado en agosto de 2007, sen esquencer instantáneas de momentos emblemáticos coma o ascenso a terceira división logrado a tempada pasada.
Maís de 40 banderíns de diferentes clubes coma o Deportivo da Coruña, o Racing de Santander ou o Valladolid, as camisolas que vestiron durante estes 50 anos os xogadores ponteses, unha colección das fotografías dos dez presidentes do clube, unha colección de carnés de socio, sen esquencer unha quiniela de 1987, pertencente á 12ª xornada de liga e que incluía o resultado dun dos encontros do CD Endesa ata insignias ou as diferentes fichas dos xogadores que pasaron polo fútbol pontés durante estes cincuenta anos forman parte desta exposición que permanecerá aberta ata o 8 de marzo, en horario de11.30 a 13.30 e de 18.00 a 20.00 horas de luns a domingo, xa que na xornada da XXXI Feira do Grelo o Mercado Vello tamén abrirá as súas portas para desfrutar deste gran traballo de recopilación.
Asemade, xa se está a traballar nun libro no que se recompilará non só esta pequena mostra do fútbol local senón tamén moitas máis fotografías e datos sobre o deporte rei en As Pontes e que estará á venda en diferentes puntos de As Pontes.
Verbena
Este domingo continuarán os actos en conmeración destes 50 anos de fútbol cunha verbena organizada pola directiva do CD As Pontes e o propio Concello na que participará a orquestra Panorama. Será ás 23.00 horas na Praza do Carme.