28/9/10

Valentín González, estivo hoxe en Bruxelas, para informar en persoa á Comisión da Competencia da CEE do impacto negativo do decreto do carbón

O alcalde de As Pontes, Valentín González, estivo hoxe en Bruxelas, para informar en persoa á Comisión da Competencia da CEE do efecto socioeconómico negativo que terá a aplicación do decreto do carbón en Galicia, se este acada, como se prevé, o visto bo de Europa mañá.

De feito, o director da Unidade de Axudas de Estado no sector de enerxía da Comisión Europea, Eric Van Ginderachter, confirmaba ó rexedor pontés, e ó seu homólogo de Cerceda, que a aprobación ou non do decreto está na orde do día da reunión de mañá do Colexio de comisarios da competencia.

Os dous alcaldes demandarán as garantías do mantemento do emprego e o sostemento das centrais de ámbolos dous concellos para dar unha solución á problemática das centrais térmicas de Meirama e As Pontes.

Ámbolos dous alcaldes non se opoñen a que se protexa o carbón autóctono, pero constataban que Galicia se encontra dentro do Plan Miner, e non debe existir unha solución para o carbón autóctono que descoide as circunstancias do carbón de importación, que é o que se usa en Galicia.

Ó tempo, Valentín González demandaba que se arbitren medidas que garantan a viabilidade da central de As Pontes e, xa que logo, dos empregos que dela dependen.

Defendía que non se poden obviar as particularidades das centrais térmicas galegas, nas que tamén se vive do carbón, anque sexa de importación, pero non por elección, senón porque se tiveron que pechar as minas, o que xa supuxera un forte impacto.

As demandas ós comisarios para que o decreto non sexa prexudicial para a bisbarra que depende en grande medida da actividade mineira, pasarían tamén porque non poñan trabas ás compensacións do Ministerio de Industria, e que a propia UE respalde medidas que 'beneficien a Galicia.

Se o Decreto entra finalmente en vigor, a Unión Europea, trasladaba ós seus interlocutores onte, que as posibles 'medidas compensatorias' deben partir do propio Goberno español, e logo sería estudada a súa validez.

A proposta que As Pontes e Cerceda fan ó Goberno estatal é que as centrais que tivesen que parar reciban un pago polos custes que lles supoña, e ó tempo, o establecemento dun mínimo técnico de produción que garanta o mantemento do emprego nas auxiliares, no transporte e na actividade portuaria de Ferrol e A Coruña.

Nese caso non había problema algún en apoiar que se protexa o carbón autóctono pero non se pode esquecer que Galicia se enmarca dentro do Plan Miner, e non debe existir unha solución para o carbón autóctono que pase por descoidar as circunstancias do carbón de importación, que é o que se usa en Galicia.

Con esta información de primeira man ós Comisarios por parte dos alcaldes das poboacións afectadas, confíase en que se abra unha nova vía na que Europa non volva poñer trabas para as compensacións que podan salvar a produción eléctrica en As Pontes e Cerceda, se se prorrogan as axudas á minaría autóctona ata o 2.014.

Mañá ábrese o prazo de inscrición para matricularse nas Escolas Municipais de Cultura que oferta o Concello de As Pontes.

A pasada semana estableceuse o prazo de confirmación da reserva para os alumnos e alumnas que vaian continuar nas disciplinas que estiveron a practicar o curso pasado. Agora, están xa expostas as listas das vacantes, no taboleiro de anuncios do Departamento de Cultura, e posteriormente admitiranse, dende mañá, as novas inscricións, e ata o vindeiro día 1.

En todas as clases e horarios ofertados hai prazas aínda para esta nova quenda.

Os horarios de matrícula serán, de luns a venres de 8.30 a 14.00 e o mércores 29 de setembro de 17.00 a 20.00 horas.

Como documentación á adxuntar, tanto antigos coma novos alumnos deberán entregar unha foto tamaño carné, a pertinente solicitude e o recibo do pago da taxa correspondente.

Para o curso 2010 – 2011, o departamento de Cultura pontés inclúe na súa oferta formativa un total de nove cursos relacionados tanto coas correntes musicais máis modernas coma coas clásicas, incluíndo no seu cartel para este ano, unha vez máis, actividades vencelladas á cultura tradicional galega.
Nesta ocasión, será posible asistir a clases de acordeón, baile galego, danza clásica, baile moderno, gaita, pandeireta, percursión tradicional, batería e guitarra.
Os luns impartiranse clases de Gaita tanto para os que se inician neste instrumento coma para os que precisen de leccións de perfeccionamento, e que se impartirán en horario de 17.00 a 23.00 horas no Auditorio Municipal Alovi.
O martes será o día das clases de pandeireta para adultos entre as 18.00 e 21.30 horas e xa os xoves serán os máis pequenos os que podan disfrutar, dende ás seis da tarde, deste instrumento. As instalacións da Casa Dopeso acollerán estas leccións.
Para os xoves están programadas as clases de percusión no Auditorio Municipal Alovi entre ás 16.30 e as 19.30 horas, divididas en dous grupos: iniciación e perfeccionamento. Tamén este día impartiranse leccións de baile galego para nenos e adultos entre as 19.00 e as 22.00 horas.
As clases de danza clásica serán os venres na Casa Dopeso, entre as 16.30 e as 18.30 horas, mentres que os talleres de baile moderno para nenos e adultos, que tamén se desenvolverán na Casa Dopeso, aínda non contan cun horario establecido.
Os cursos de música moderna estarán divididos en dúas modalidades: percusión, os xoves, e guitarra, os venres, na Casa Dopeso.
O programa das Escolas Municipais para esta tempada péchase co curso de acordeón, nas modalidades de iniciación e perfeccionamento que se impartirán na Casa Dopeso os mércores en horario de 18.00 a 21.00 horas.
Para obter máis información sobre todos estes obradoiros é posible dirixirse ao Departamento de Cultura, ubicado no primeiro andar da Casa Dopeso, na Rúa Rosalía de Castro, número 28. Asemade, tamén conta cun enderezo electrónico no que é posible disipar calquera tipo de dúbida cultura@aspontes.org e un teléfono de contacto o 981 44 03 44.

VALENTÍN GONZÁLEZ ESTARÁ MAÑÁ EN BRUXELAS DEFENDENDO O FUTURO DA INDUSTRIA ELÉCTRICA NA LOCALIDADE.

alcalde pontés entrevistarase cos responsables da Comisión da Competencia da UE para trasladarlles a necesidade de manter a xeneración eléctrica en As Pontes, con carbón importado.

Mentres comezaban as primeiras mobilizaciósn para facer visible a situación na que pode quedar As Pontes, de ser validado o Decreto do carbón, tal como está concebido, tamén segue outra fronte aberta, que vai pasar pola negociación.

Mañá mesmo temos un capítulo importante, coa presenza en Bruxelas dos alcaldes de As Pontes e Cerceda para reunirse cos representantes da Comisión da competencia da UE, que debe decidir en col da validez ou non deste decreto do carbón.

Os dous alcaldes demandarán as garantías do mantemento do emprego e o sostemento das centrais de ámbolos dous concellos para dar unha solución á problemática das centrais térmicas de Meirama e As Pontes.

Ámbolos dous alcaldes, socialistas, non se opoñen a que se protexa o carbón autóctono, pero constatarán que Galicia se encontra dentro do Plan Miner, e non debe existir unha solución para o carbón autóctono que descuide as circunstancias do carbón de importación, que é o que se usa en Galicia.

Unha das opcións que se baralla nas negociación abertas en diversas frontes, pasaría por que as centrais que tivesen que parar reciban un pago polos custes que lles supoña, e ó tempo, o establecemento dun mínimo técnico de produción que garanta o mantemento do emprego nas auxiliares, no transporte e na actividade portuaria de Ferrol e A Coruña.

Este encontro viña sendo longamente reclamado polo alcalde pontés, que non cexou no seu empeño de ser escoitado en Europa denantes de que se tomase unha decisión ó respecto.

25/9/10

O CONCELLO DE AS PONTES DESTINA 6.000 EUROS A AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN NO MUNICÍPIO

Xa se pode solicitar a participación neste programa no Departamento Municipal de servizos Sociais.

Dende esta mañá está aberta a convocatoria municipal para a concesión de axudas ás familias de cara a atender os gastos orixinados polo comezo do curso escolar, entendendo por tales a merca de material escolar e de libros para os cursos non contemplados no programa autonómico de gratuidade, sempre que non perciban outras axudas polo mesmo concepto doutros Organismos e/ou Administracións Públicas ou privadas.

Para este vindeiro curso académico 2010/2011 o Concello das Pontes ten previsto un orzamento de 6.000 euros destinadas ó "Programa de Axudas ás Familias para a Escolarización dos seus fill@s".

Poderán ser beneficiari@s destas axudas os alumn@s empadroad@s no Termo Municipal das Pontes que vaian cursar calquera dos seguintes estudios: Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria, Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior e Educación Especial.

A contía das axudas será variable segundo o curso do que se trate, a tipoloxía da axuda (libros de texto ou material escolar) e a situación socio-económica e familiar.

Contémplase a posibilidade de financiar o custo total do curso escolar sempre e cando as circunstancias económicas e sociofamiliares o xustifiquen.

Todos os nais e pais ou representantes legais do alumnado que soliciten a axuda poderán facelo no impreso oficial que se facilitará gratuitamente no Departamento de Servizos Sociais do Concello e na oficina do Rexistro do concello. Xunto coa solicitude deberán aportar a documentación

As solicitudes en modelo normalizado e maila documentación aportada polas persoas solicitantes, deberán presentarse na oficina do Rexistro do concello.

O prazo de presentación das solicitudes é de 20 días naturais, dende onte, en que se aprobaban na Xunta Municipal de Goberno estas bases, o que nos deixa ata o día 13 do mes que ven para poder cumprir con este trámite.

24/9/10

Este mediodía presentábase o campionato galego de dominó, que este ano se vai celebrar en As Pontes.


O Concello de As Pontes patrocina a celebración deste evento que vai organizar o Clube local O Pito doble, e que prevé contar con perto dun cento de participantes.

O propio alcalde, Valentín González, presidíu a rolda de prensa na que salientou a capacidade de organizar eventos de grande nivel nunha vila con presenza de moi diversas disciplinas, e e sempre con representación propia do máis granado. “ Estamos encantados de poder empregar o camiño do deporte para amosar un pobo do que estamos orgullosos, e compartilo coa xente que nos descubre a traverso destas citas. Neste caso estamos seguros de que a acollida que imos dispensar ós visitantes lles fará máis grata unha estanza na que queremos que se leven un bo recordo”.

A disputa desta competición farase co fondo dos xardíns do campo da feira, xa que diante da Casa consistorial prepararanse dúas carpas, que constituirán o campo de xogo dunha competición que se vai disputar, así, ó ar libre.

O sábado ás dez e media da mañá arrancará este Campionato Galego, que cumpre a cuarta edición, coa súa chegada á vila pontesa, e que se vai dirimir en partidas a 350 puntos, cun tempo máximo por partida de 60 puntos.

Haberá unha xornada de mañá ata as dúas e media, e logo de parar para comer, nas mesmas instalacións de diante do concello, as catro partidas restantes xogaranse á tarde dende as catro.

Ás oito e media está prevista a entrega de trofeos.

O clube local, O Pito doble, vai ser o que conte cunha maior representación con case 30 xogadores en liza.

O seu presidente, Eduardo González, que ademais é secretario da Federación galega, destacaba o peso que As Pontes ten nesta disciplina do dominó “ A pesar de ser un club muy reciente, contamos con 61 afiliados, que nos permiten ser siempre uno de los equipos que mueve a más gente en los campeonatos. Y en este caso va a acurrir igual, aunque estaremos muy centrados en una organización que estaba prevista para el año que viene. As Pontes era un lugar que estaba en cartera para este campeonato, pero la buena disposición del Ayuntamiento nos ha permitido celebrarlo ya en esta convocatoria”.

O pito doble conta actualmente con máis de medio cento de asociados, que participan das actividades promovidas por esta entidade.

O martes ábrese o prazo de inscrición para matricularse nas Escolas Municipais de Cultura que oferta o Concello de As Pontes.

Esta última semana abríuse o prazo de confirmación da reserva para os alumnos e alumnas que vaiasn continuar nas disciplinas que estiveron a practicar o curso pasado. Agora, o luns 27 exporanse as listas das vacantes, no taboleiro de anunciso do Departamento de Cultura, e posteriormente admintiranse, dende o martes, novas inscricións.

En todas as clases e horarios ofertados hai prazas aínda para esta nova quenda.

Para o curso 2010 – 2011, o departamento de Cultura pontés inclúe na súa oferta formativa un total de nove cursos relacionados tanto coas correntes musicais máis modernas coma coas clásicas, incluíndo no seu cartel para este ano, unha vez máis, actividades vencelladas á cultura tradicional galega.
Nesta ocasión, será posible asistir a clases de acordeón, baile galego, danza clásica, baile moderno, gaita, pandeireta, percursión tradicional, batería e guitarra.
Como novidade, e segundo recolle o regulamento destas escolas recentemente feito público a través do Boletín Oficial da Provincia, á hora de inscribirse, este ano tiñan prioridade os alumnos matriculados no curso 2009-2010 que tiveron que renovar a súa praza para poderen continuar.

No que respecta aos novos alumnos, éstes poderán solicitar praza do 28 de setembro ao 1 de outubro, trala publicación, o 27 de setembro, do listado de prazas vacantes. Os horarios de matrícula serán os mesmos: de luns a venres de 8.30 a 14.00 e o mércores 29 de setembro de 17.00 a 20.00 horas.
Como documentación á adxuntar, tanto antigos coma novos alumnos deberán entregar unha foto tamaño carné, a pertinente solicitude e o recibo do pago da taxa correspondente.
Os luns impartiranse clases de Gaita tanto para os que se inician neste instrumento coma para os que precisen de leccións de perfeccionamento, e que se impartirán en horario de 17.00 a 23.00 horas no Auditorio Municipal Alovi.
O martes será o día das clases de pandeireta para adultos entre as 18.00 e 21.30 horas e xa os xoves serán os máis pequenos os que poidan desfrutar, dende ás seis da tarde, deste instrumento. As instalacións da Casa Dopeso acollerán estas leccións.
Para os xoves están programadas as clases de percusión no Auditorio Municipal Alovi entre ás 16.30 e as 19.30 horas, divididas en dous grupos: iniciación e perfeccionamento. Tamén este día impartiranse leccións de baile galego para nenos e adultos entre as 19.00 e as 22.00 horas.
As clases de danza clásica serán os venres na Casa Dopeso, entre as 16.30 e as 18.30 horas, mentras que os talleres de baile moderno para nenos e adultos, que tamén se desenvolverán na Casa Dopeso, aínda non contan cun horario establecido.
Os cursos de música moderna estarán divididas en dúas modalidades: percusión, os xoves, e guitarra, os venres, na Casa Dopeso.
O programa das Escolas Municipais para esta tempada péchase co curso de acordeón, nas modalidades de iniciación e perfeccionamento que se impartirán na Casa Dopeso os mércores en horario de 18.00 a 21.00 horas.
Para obter máis información sobre todos estes obradoiros é posible dirixirse ao Departamento de Cultura, ubicado no primeiro andar da Casa Dopeso, na Rúa Rosalía de Castro, número 28. Asemade, tamén conta cun enderezo electrónico no que é posible disipar calquer tipo de dúbida - cultura@aspontes.org – e un teléfono de contacto o 981 44 03 44

22/9/10

FOLIADA DE SETEMBRO 2010

amigus



Empezamos nova temporada de Foliadas no Lar (As Pontes). O vindeiro venres, día 24 de Setembro. Será a número 35 dende o seu comezo en Marzo do 2006. Esto non sería posible sen a colavoración de toda a xente que participa, tanto músicos, como o resto de asistentes, e tampouco chegaría ata aquí sen os seus patrocinadores: O Grupo de Empresa Endesa e a Cafetería Lar. Dende a organización graciñas a todos e a todas.

Argallado e organizado por os seguintes grupos de Música Tradicional das Pontes: Os Suplentes.Os Trevillas.Escola Municipal de Música e Baile Tradicional.Pandereteiras de Alende.Cana Vella.Axóuxere.Muxarega.No Cómbaro.Os Feroces da Galgueira.

Pois o venres 24 teremos de anfitrions de este mes o grupo local No Cómbaro coa súa "Música de Taberna" e de prato forte unha recente formación co nome de Espadana Gaiteiros pero con compoñentes históricos e de sobra coñecidos por todos.

O delegado do goberno en Galicia visitou este mediodía o noso município.




Antón Louro foi recibido ás doce do mediodía polo alcalde da vila, Valentín González, encabezando unha comitiva na que estaban tamén a Tenente de alcalde Montserrat García, e os Concelleiros Óscar García e Alén Álvarez, respectivamente responsables de Promoción Industrial, e Servizos Sociais.

Entramentres, Antón Louro veu acompañado do subdelegado do Goberno en A Coruña, José Manuel Pose.

Esta visita, a segunda, en pouco máis dun ano, que fixo Antón Louro a As Pontes, servíu para coñecer a marcha dos proxectos que o Concello está a executar con cargo ó fondo Estatal para o emprego.

A visita incluíu a Casa consistorial, o parque do Campo da feira, e a escola infantil A Barosa.

Nesta última parada visitabanse as obras de ampliación dun centro no que se invisten 153.859 euros.

Esta é unha das achegas que se contemplan na cifra de 1.230.694 euros que recebe este ano As Pontes do Fondo Estatal para a sostibilidade e o emprego.

En total son 21 os proxectos en As Pontes, dos que 17 se corresponden con obras e outros 4 con programas de acción social.

O alcalde de As Pontes, Valentín González quixo salientar a importancia das achegas do goberno estatal ó município, salientando que As Pontes é o concello que máis axudas está a recibir do goberno central. Nesta liña citaba inversións estatais coma as resultantes do Fondo especial para municípios de menos de 20.000 habitantes, o convenio de infraestruturas co Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, o Plan E, ou o Plan Miner.

Delegado do goberno e alcalde coincidiron en salientar a importancia de actuacións coma os futuros centro multifuncional, e xeriátrico.

As Pontes vai acoller esta fin de semana o campionato galego de dominó.

O Concello de As Pontes patrocina a celebración deste evento que vai organizar o Clube local O Pito doble, e que prevé contar con perto dun cento de participantes.

A disputa desta competición farase co fondo dos xardíns do campo da feira, xa que diante da Casa consistorial prepararanse dúas carpas, que constituirán o campo de xogo dunha competición que se vai disputar, así, ó ar libre.

O sábado ás dez e media da mañá arrancará este Campionato Galego, que cumpre a cuarta edición, coa súa chegada á vila pontesa.

O clube local, O Pito doble, terá a maior representación con case 30 xogadores en liza.

O pito doble conta actualmente con ó redor do medio cento de asociados, que participan das actividades promovidas por esta entidade.

A presentación oficial deste campionato galego vaise facer mañá ás doce no salón de plenos do concello.

Mañá remata o prazo para anotarse ós cursos de conversa de inglés que oferta o concello para estudantes.

O obxectivo é dotar ao alumnado dunha ferramenta, como son as clases de conversa, que lles permita mellorar a súa fluidez á hora de empregar este idioma.

Para anotarse é preciso presentar a pertinente solicitude no Rexistro Xeral do Concello e que se pode descargar dende a propia páxina web do consistorio pontés (www.aspontes.org).
Os interesados en obter máis información poden poñerse en contacto co Gabinete Psicopedagóxico Municipal, ubicado no segundo andar da Casa Dopeso, ou ben telefonar ao 667 12 93 35.

A iniciativa, que promove o Departamento de servizos sociais municipal, está incluída no Programa de Apertura de Centros Fóra de Horario Escolar, e vai dirixida a estudantes de 5º e 6º de Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.

En outubro comezarán estas clases, xa por terceiro ano consecutivo, e repetindo o número de prazas con 75, trala boa acollida dos anos anteriores, o que deu lugar a que se tivese que crear lista de agarda noutras edicións.

No caso de que existan máis solicitudes que prazas realizarase un sorteo, a celebrar o 27 de setembro ás 9.00 horas na Casa do Concello, e posteriormente, darase a coñecer o listado de admitidos que será publicado nos diferentes centros educativos de As Pontes, na páxina web municipal (www.aspontes.org) e no departamento municipal de Servizos Sociais.

As clases, que serán totalmente gratuítas, estarán impartidas por un mestre nativo e nas mesmas tan só se traballará de forma oral pero dun xeito informal, abordando a ensinanza e a práctica a través de xogos e recreacións de diferentes situacións da vida cotiá pero sen tratar disciplinas coma a gramática.

21/9/10

Festas na Faeira

O delegado do goberno en Galicia vai estar mañá no noso município

Antón Louro, desprázase ata As Pontes en visita oficial para coñecer a marcha das obras do FEIL que se están a acometer na localidade.

O alcalde pontés, Valentín González, encabezará a delegación institucional que reciba, ás doce do mediodía, ó Delegado do goberno central, nun acto que vai ter como eixo central unha reunión para render conta da marcha das actuacións que financia o Ministerio de Política Territorial no concello pontés, mediante o Fondo Estatal de Inversión Local (FEIL), e que nalgúns casos se atopan aínda en fase de execución.

Logo dun repaso desas obras asociadas ó que fora o primeiro fondo posto en marcha polo Ministerio de Política Territorial en 2009 (FEIL) e o que se está a desenvolver este ano, o Fondo Estatal para o Emprego e a sostenibilidade local, a comitiva realizará un paseo polo parque do campo da feira, para dirixirse a continuación á Escola infantil A Barosa.

Hai pouco máis dun ano que Antón louro visitou por última vez As Pontes, daquela para coñecer directamente as obras da aportación do 2.009, e agora ven nun intre en que aínda se están a desenvolver as do ano en curso, en que entre as últimas en comezar está a da mellora de servizos e beirarrúas na parroquia de Espiñaredo, da marcha das cales vimos de informar a pasada semana.

Antón Louro, é ademais de delegado do goberno para Galicia, Secretario de Organización do PSdeG-PSOE e Secretario de Relacións Institucionais e Cultura da Executiva do PSdeG, e deputado no Congreso, así como cordenador dos deputados e senadores galegos.

20/9/10

O departamento de Deportes oferta para este curso máis dunha ducia de actividades deportivas

Tenis, atletismo, baloncesto ou patinaxe artística súmanse a diferentes actividades para os adultos coma mantemento ou pilates.




O Concello de As Pontes, mediante o departamento municipal de Deportes, abrirá o vindeiro luns, día 20, o prazo para anotarse nas diferentes escolas deportivas municipais ideadas para o curso 2010-2011.

Así as cousas, para este ano está previsto que nas diferentes dependencias municipais se desenvolvan un total de 16 modalidades deportivas tanto para pequenos coma para adultos.

Neste senso, para os máis maiores desenvolveranse, un curso máis, as modalidades de mantemento físico, aerobic e pilates en localizacións coma o pavillón polideportivo municipal da Fraga ou a Casa Dopeso.

Os máis pequenos terán a posibilidade de asistir a clases de atletismo, baloncesto, fútbol sala, taekwondo, xadrez ou ximnasia rítmica no pavillón polideportivo municipal; a patinaxe artística no polideportivo do colexio Monte Caxado ou a fútbol nos campos do Clube deportivo As Pontes.

Asemade, o programa de cursos deportivos tamén inclue clases de psicomotricidade ou natación na piscina climatizada municipal, de tenis nas pistas do pavillón do I.E.S Castro da Uz,ou de piragüismo ou vela na piscina municipal ou no encoro da Ribeira.

Finalmente, a oferta deportiva péchase coas clases de tiro con arco que se desenvolverán na boleira do Lar de Endesa.

Para obter máis información ou ben para anotarse tan só é preciso achegarse ata as oficinas de Deportes do pavillón polideportivo da Fraga, dende o vindeiro luns día 20. Asemade, tamén é posible solicitar calquer tipo de información enviando un correo electrónico a deportes@aspontes.org ou ben no 981 45 26 02.

17/9/10

O Concello de As Pontes e a Casa do Mel de Goente preparan para outubro ás XI Xornadas Apícolas

O Concello de As Pontes e a Casa do Mel de Goente preparan para outubro ás XI Xornadas Apícolas
Á terceira edición do Concurso de Cata de Meles ou actividades para pequenos e maiores integran o programa elaborado para estes días

A parroquia pontesa de Goente acollerá, a comezos de outubro, a XI edición das Xornadas Apícolas do Eume que, un ano máis, contan coa organización da Casa do Mel de Goente, a Asociación Galega de Apicultura, a firma Erica Mel e co patrocinio do Concello de As Pontes.
Esta décimo primeira edición contará con diferentes actividades cos obxectivos de, por un lado achegar o mundo da apicultura aos máis novos, e por outro, ofrecer novos coñecementos aos xa xiareiros do mundo da apicultura.
De feito os escolares ponteses poderán participar en diferentes actividades vinculadas co mundo das abellas como obradoiros de mel e cera ou proxeccións de vídeos sobre o mundo destes insectos e que se desenvolverán os días 4 e 5 de outubro.
Xa para os máis maiores, o programa de actividades arrincará coa III edición do concurso de Cata de Meles que se celebrará os días 6 e 7 de outubro nas mesmas dependencias da Casa do Mel e de onde sairá o mellor mel claro e o mellor mel escuro da tempada.
Para participar neste certame será preciso entregar a pertinente mostra na Casa do Mel denantes do vindeiro luns, día 20 de setembro, nun bote de 1.000 gramos sen ningún tipo de etiqueta.
A tarde do día 8 de outubro virá protagonizada por un curso sobre as enfermidades das abellas, que arríncará ás 18.00 horas, na propia Casa do Mel e que estará impartido por Francisco José Orantes, dos Laboratorios granadinos Apinevada.
Para anotarse no mesmo, xa que as prazas son limitadas, será preciso telefonar ao 661 00 36 16 ou ben achegarse ata a propia Casa do Mel.
E como punto e final, o 9 de outubro, terá lugar unha segunda charla protagonizada polo propio Francisco José Orantes, dende as 10.00 horas e que levará por título A calidade do mel.



É preciso lembrar que tamén o día 9 de outubro terá lugar a segunda Feira do Queixo do Eume e mel de Goente, unha cita que arrincará ás 11.00 horas coa apertura dos postos de mel e queixo da zona, ademáis dos de artesanía que se darán cita en Goente, ao que se sumará un xantar popular, xogos para os máis pequenos e ata exposicións de maquinaria agrícola ou motocicletas antigas.

O Departamento de Cultura abre o luns o prazo para anotarse nas Escolas Municipais de Cultura 2010 - 2011

• Como novidade, este ano recollése a posibilidade de que os alumnos do curso anterior poidan facer reserva de praza

A Concellería de Cultura abrirá o vindeiro luns, ás 08.30 horas, o prazo para a inscrición, un ano máis, nas diferentes escolas culturais municipais.
Para o curso 2010 – 2011, o departamento de Cultura pontés inclúe na súa oferta formativa un total de nove cursos relacionados tanto coas correntes musicais máis modernas coma coas clásicas, incluíndo no seu cartel para este ano, unha vez máis, actividades vencelladas á cultura tradicional galega.
Nesta ocasión, será posible asistir a clases de acordeón, baile galego, danza clásica, baile moderno, gaita, pandeireta, percursión tradicional, batería e guitarra.
Como novidade, e segundo recolle o regulamento destas escolas recentemente feito público a través do Boletín Oficial da Provincia, á hora de inscribirse, este ano terán prioridade os alumnos matriculados no curso 2009-2010 que deberán renovar a súa plaza dende o vindeiro luns, día 20, ata o 24 de setembro, de luns a venres, en horario de 8.30 a 14.00 ou o mércores 22, de 17.00 a 20.00 horas. De non cumprir con este trámite, consideraríase que se renuncia á posibilidade de reserva.
No que respecta aos novos alumnos, éstes poderán solicitar praza do 28 de setembro ao 1 de outubro, trala publicación, o 27 de setembro, do listado de prazas vacantes. Os horarios de matrícula serán os mesmos: de luns a venres de 8.30 a 14.00 e o mércores 29 de setembro de 17.00 a 20.00 horas.
Como documentación á adxuntar, tanto antigos coma novos alumnos deberán entregar unha foto tamaño carné, a pertinente solicitude e o recibo do pago da taxa correspondente.




Horarios de clases

Os luns impartiranse clases de Gaita tanto para os que se inician neste instrumento coma para os que precisen de leccións de perfeccionamento, e que se impartirán en horario de 17.00 a 23.00 horas no Auditorio Municipal Alovi.
O martes será o día das clases de pandeireta para adultos entre as 18.00 e 21.30 horas e xa os xoves serán os máis pequenos os que poidan desfrutar, dende ás seis da tarde, deste instrumento. As instalacións da Casa Dopeso acollerán estas leccións.
Para os xoves están programadas as clases de percusión no Auditorio Municipal Alovi entre ás 16.30 e as 19.30 horas, divididas en dous grupos: iniciación e perfeccionamento. Tamén este día impartiranse leccións de baile galego para nenos e adultos entre as 19.00 e as 22.00 horas.
As clases de danza clásica serán os venres na Casa Dopeso, entre as 16.30 e as 18.30 horas, mentras que os talleres de baile moderno para nenos e adultos, que tamén se desenvolverán na Casa Dopeso, aínda non contan cun horario establecido.
Os cursos de música moderna estarán divididas en dúas modalidades: percusión, os xoves, e guitarra, os venres, na Casa Dopeso.
O programa das Escolas Municipais para esta tempada péchase co curso de acordeón, nas modalidades de iniciación e perfeccionamento que se impartirán na Casa Dopeso os mércores en horario de 18.00 a 21.00 horas.
Para obter máis información sobre todos estes obradoiros é posible dirixirse ao Departamento de Cultura, ubicado no primeiro andar da Casa Dopeso, na Rúa Rosalía de Castro, número 28. Asemade, tamén conta cun enderezo electrónico no que é posible disipar calquer tipo de dúbida - cultura@aspontes.org – e un teléfono de contacto o 981 44 03 44.

16/9/10

O programa educativo Preescolar na Casa arrincará a finais de mes mediante varias reunións informativas

• O colexio de A Magdalena albergará estes obradoiros de educación en familia dirixidos a meniños e meniñas de entre 0 e 3 anos

A finais deste mes o programa de educación Preescolar na Casa iniciará, un ano máis, a súa andaina en As Pontes. Será a través de varias reunións informativas que xa se están a organizar dende a Concellería de Servizos Sociais e das que se está a informar ás familias pontesas con meniños de entre 0 e 3 anos, interesadas en participar nestas clases, mediante o envío de sendas cartas nas que se recollen os horarios destes encontros.

O centro educativo de A Magdalena será o lugar no que se desenvolverán un total de catro encontros informativos.

Así as cousas, o martes, día 28 de setembro, terá lugar a primeira destas reunións ás 11.00 horas para a que están convocados os pais e nais de nenos de 0 a 1 ano. Xa para o día 30, ás 11.00 horas, están convocados os pequenos de entre 1 e 3 anos, tamén nas dependencias do colexio da Magdalena, namentras que na tarde do xoves 30, ás 16.30 horas, celebrarase a xuntanza informativa dos pequenos de entre 0 e 3 anos que desexen asistir a estas clases quincenais en horario de tarde xa que, por mor das obras ás que está sendo sometida a escola unitaria de Ribadeume, neste curso 2010-2011, as clases en horario de tarde desenvolveranse no centro educativo da Magdalena, aínda que, de haber unha gran demanda de familias do rural, buscaríase un novo emprazamento máis cómodo para estas familias.

Asemade, no caso de que as familias interesadas en participar neste programa non poidan asistir a este primeiro encontro de presentación, Preescolar na Casa conta cun teléfono de atención: o 626 20 63 98.

O edil de Servizos Sociais, José Alén, subliñou os bos resultados obtidos por este programa ao longo do curso escolar 2009-2010, coa participación dunha trintena de familias e animou ás familias pontesas con meniños a tomar parte nesta nova convocatoria.



Segundo aclarou José Alén, é preciso que o Concello se implique con programas educativos desta índole xa que Preescolar na Casa conta co aval de máis de trinta anos de experiencia na axuda das familias para comprender mellor aos nenos e así poder responder, da forma máis axeitada posible, ás súas necesidades.

Neste senso, o concelleiro fixo fincapé na necesidade de utilizar instrumentos coma os que ofrece Preescolar na casa, a través de diferentes actividades lúdico- educativas, para desenvolver plenamente as capacidades dos meniños, a través da reflexión sobre a vida diaria.

Mediante estas clases quinceais, os pequenos non só establecerán lazos afectivos con nenos e adultos alleos ao seu entorno familiar, senón que tamén participarán en situacións de aprendizaxe coas que adquirir coñecementos e desenvolver as súas capacidades e gozarán, ao longo de toda a reunión, da atención dos seus pais.

Pola súa parte, os pais e nais poden compartir experiencias con outras familias, implicarse de forma máis activa na educación dos seus pequenos, aproveitar os recursos do entorno como elementos educativos e coñecer cales son os pasos preventivos a dar de cara ao desenvolvemento e educación dos nenos.

15/9/10

Os fondos FELS 2010 permiten mellorar os servizos e beirarrúas da parroquia pontesa de Espiñaredo

A empresa Alija é a responsable dos traballos de instalación de novas tubaxes e da construcción de beirarrúas na zona


A parroquia pontesa de Espiñaredo está a ser, nestes días, sometida a unha mellora nos seus servizos e é que xa están en execución os traballos de mellora no sistema de saneamento desta parroquia.

De feito, estas obras, que contan cun orzamento total de 210.000 euros procedentes do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local (FELS 2010), tamén incluirán a construcción de novas beirarrúas, traballos que ao igual que acontece coa nova rede de saneamento serán executados pola empresa Alija.

No que se refire ao desglose dos custos, 60.000 euros terán como fin o novo sistema de saneamento e 150.000 euros serán destinados ás novas beirarrúas.

Por outra banda, o executivo pontés ven de adxudicar, provisionalmente, os traballos de reposición da cuberta do edificio Casa Dopeso, onde se atopan os departamentos de Cultura e Servizos Sociais, entre outros.

A empresa Formoso Estructuras Metálicas S.L. será a responsable destas obras que supoñen unha inversión de 80.535 euros.

14/9/10

As Pontes celebrará en outubro a segunda edición da feira de exaltación de queixo e mel da comarca


A xornada incluirá diferentes exposicicións, inchables, un xantar popular e ata unha charla sobre a calidade do mel

O Concello de As Pontes, xunto coas asociacións veciñais Raíces (Goente), Virxe do Rosario (A Faeira), Sampordeme (San Pedro de Eume); a Casa do Mel de Goente e Queserías del Eume, están xa a traballar na que será a segunda edición da Feira do Queixo do Eume e do Mel de Goente, e que se celebrará na parroquia pontesa de Goente o 9 de outubro.

A cita, que nacía o ano pasado cunha gran afluencia de público, intentará revalidar o éxito acadado na súa estrea na que 800 persoas tomaron parte nun xantar popular e que, este ano volverá ter lugar no programa ideado polos organizadores.

De feito, nesta ocasión, está previsto que se repartan unhas mil racións dun menú composto por churrasco, freixós, requeixo e mel, pan e viño e que terá un custo de 15 euros.

Nembargantes, a programación desta xornada arrincará ás 10.00 na Casa do Mel de Goente, cunha conferencia sobre a calidade do mel e que correrá a cargo do director dos Laboratorios Apinevada e secretario do Consello Regulador da DOP Miel de Granada, Francisco José Orantes Bermejo.

Xa, ás 11.00 horas, arrincarán as actividades con inchables para os máis pequenos e diversas exposicións de maquinaria agrícola, artesanía en madeira, cestería, forxa ou lama; ao que se sumará unha exposición de motocicletas de época restauradas por Elías Gabeiras e unha exposción dos pratos gañadores da primeira edición do concurso de receitas elaboradas con queixo e mel.

Co mediodía, ás 12.00, terá lugar a lectura do pregón de apertura da feira para continuar co citado xantar popular ás 14.00 horas. Asemade, para as persoas que non desexen tomar parte no mesmo pero sí degustar uns saborosos freixós con mel e queixo da comarca haberá un posto onde poderán adquirir este postre por tan só 3 euros.



Un dúo musical será o encargado de poñer a nota musical á xornada dende as 20.00 horas.

Dende o executivo local quixeron animar a toda a veciñanza tanto de As Pontes coma dos concellos limítrofes a tomar parte nesta cita gastronómica que está a piques de converterse nunha nova data a remarcar no calendario de actividades do outono pontés e que, xurdía en 2009, como alternativa para recuperar a que foi ata hai medio século a maior feira do mel da bisbarra, que se celebraba neste concello cada primeiro de novembro, data que hoxe ocupa a Feira de Fungos e Cogomelos. 


Venda de tickets para o xantar popular

Os tickets para poder tomar parte na churrascada popular xa están á venda na Casa do Mel de Goente, nos establecementos Casa Díaz, Casa Valentín, Bar Manola e na estación de servizo de Goente; na Casa Picos da Faeira e en Casa Hermina, no Rego dos Bácaros, por un prezo de 15 euros.

13/9/10

A VII FEIRA MEDIEVAL DAS PONTES SUMERXE A CENTOS DE VECIÑOS NO SÉCULO XIV




Pequenas doncelas, cabaleiros sen cabalo, falconeiros coas súas respectivas aves, taberneiras con fresca cervexa e bufóns tomaron a máquina do tempo esta fin de semana dende o século XIV ata os nosos días para tomar as rúas da Vila nunha nova edición, e xa van 7, da feira medieval das pontes, unha iniciativa que ano tras ano gaña en espectacularidade, en variedade de postos e en diversión e que, este ano logrou reunir a centos de visitantes que non se resistiron a adquirir algún recordo ou agasallo nas máis de medio cento de tendas e postos que se instalaron en tras da ponte, na rúa real ou na praza da igrexa.

O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, foi o encargado de dar lectura ao pregón de apertura no que fixo fincapé na necesidade de conservar un barrio tan emblemático como é A Vila, coidándoo e devolvéndolle a importancia que merece ao ser o berce do que hoxe en día é As Pontes.

Non faltaron clásicos coma os tenderetes de doces, empanadas e pan artesán; os postos de bolas e freixós; os postos de artesanía en coiro, acibeche, metal ou madeira e as exhibicións de danza oriental da man da bailarina Cristina ou de cetrería coa empresa Águilas de Valporquero que, dende león, trouxeron ata as pontes a magníficos exemplares de águias de harris, de falcóns peregrinos, de buxatos reais ou ata de boitres.

Eles foron un dos principais atractivos da fin de semana, reunindo tras da ponte a ducias de curiosos que tamén asistiron nas diferentes exhibicións de cetrería a pé ou a cabalo, e que se sumaron á novidade deste ano: unha particular granxa na que atopamos galiñas, parrulos, pombas, un cabalo, coelliños ou cabuxiñas que fixeron as delicias dos máis pequenos.

E é que os raparigos foron os auténticos protagonistas da fin de semana con multitude de actividades para eles nas que non faltaron os zancudos, os contos de Pablísimo, a música, os títeres da compañía Viravolta de Lalín ou as manualidades coa ludoteca da artista local Lourdes Acera que animou aos pequenos a traballar co pirogravado, a crear unha simpática faciana para o seu cuarto ou a confeccionar flores de papel.

Non faltaron os que pasaron a fin de semana desfrutando da oferta gastronómica das tabernas ubicadas na rúa Real na compaña dos amigos e dunha boa cunca de viño, os certames de disfraces para pequenos nos que se repartiron tres vales canxeables por material escolar ou o habitual recoñecemento ao posto mellor engalanado da feira que recaía na palloza dos bolos preñados.

Este ano ata tivo lugar a queima dunha bruxa, unha actividade que, por segundo ano consecutivo, se realizaba na medianoite do sábado na praza do ceminterio vello e que enchía de faíscas e de maxia a noite.

E como colofón e para despedirse ata o vindeiro ano nada mellor que tinxir o ceo de cores cunha sesión de fogos de artificio que poñía o punto e a parte a esta visita anual coa historia que os ponteses facemos cada mes de setembro.

O Concello de As Pontes reabrirá en outubro os obradoiros de conversa en inglés para escolares

• O curso, que será totalmente gratuíto, contará con 75 prazas para alumnos de 5º e 6º curso de Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de Secundaria


O departamento de Servizos Sociais retomará o vindeiro mes de outubro o seu obradoiro de conversa en inglés para alumnos e alumnas de Primaria e Secundaria.
A iniciativa, incluída no Programa de Apertura de Centros Fóra de Horario Escolar, irá dirixida a estudiantes de 5º e 6º de Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e ten como principal obxectivo dotar ao alumnado dunha ferramenta, como son as clases de conversa, que lles permita mellorar a súa fluidez á hora de empregar este idioma.
Este será o terceiro ano no que se desenvolve este taller e que repite número de prazas con 75, trala boa acollida de anos anteriores, o que deu lugar a que se tivese que crear lista de agarda noutras edicións.
As clases, que serán totalmente gratuítas, estarán impartidas por un mestre nativo e nas mesmas tan só se traballará de forma oral pero dun xeito informal, abordando a ensinanza e a práctica a través de xogos e recreacións de diferentes situacións da vida cotiá pero sen tratar disciplinas coma a gramática.
O Instituto de Ensinanza Secundaria Moncho Valcarce albergará estas clases que está previsto que den comezo no mes de outubro, concretamente o día 4, e se desenvolvan ata xuño de 2011, en horario de tarde, sendo obrigatoria a asistencia dos anotados xa que, no caso de acumular máis de tres faltas inxustificadas, concederase esta praza a outro neno integrante da lista de agarda.
No tocante ao desenvolvemento do curso, as clases serán semanais e contarán cunha duración de 75 minutos. Os inscritos serán divididos nun total de cinco grupos que se confeccionarán segundo o seu nivel.
No caso de que existan máis solicitudes que prazas realizarase un sorteo, a celebrar o 27 de setembro ás 9.00 horas na Casa do Concello, e posteriormente, darase a coñecer o listado de admitidos que será publicado nos diferentes centros educativos de As Pontes, na páxina web municipal (www.aspontes.org) e no departamento municipal de Servizos Sociais.

Inscrición
O prazo para anotarse nestes talleres de conversa abríase esta mesma mañá aínda que non se pechará ata o 23 de setembro para o que é preciso presentar a pertinente solicitude no Rexistro Xeral do Concello e que se pode descargar dende a propia páxina web do consistorio pontés (www.aspontes.org).
Os interesados en obter máis información poden poñerse en contacto co Gabinete Psicopedagóxico Municipal, ubicado no segundo andar da Casa Dopeso, ou ben telefonar ao 667 129 335.

Máis de 1300 actuacións abalan o traballo do GRUMIR de As Pontes no que vai de ano

• O mes con maior carga de traballo foi xullo con case 200 operativos

O Concello de As Pontes, a través do departamento de Seguridade Cidadá, ven de facer balanzo das actividades polo Grupo Municipal de Intervención Rápida de As Pontes (GRUMIR) no que vai de ano e que ascende a 1347 operativos.
O mes con maior carga de traballo foi xullo con 197 actuacións, seguido de maio con 178, febreiro con 174 e agosto con 173 operativos desenvolvidos.
No que respecta aos meses de verán, ao longo de xuño, xullo e agosto os 15 membros do GRUMIR participaron nun total de 542 actuacións, a maioría relacionadas coa seguridade de eventos e edificios, debido principalmente, ás festas patronais nas que, como é ven sabido, se multiplican considerablemente as actividades lúdico-festivas e deportivas.
Entre as labores que a diario realiza o GRUMIR é preciso salientar a limpeza de estradas, o seu apoio en incendios e sinistros de tráfico. Así as cousas, nestes campos os números recollidos desta memoria de actividades ata o día de hoxe deixa cifras coma a participación deste grupo na extinción de 79 incendios, unha vintena de actuacións vencelladas ao rescate de persoas en sinistros de tráfico ou incluso 5 intervencións en operativos de busca e rescate de persoas desaparecidas.
A porcentaxe máis elevada de actuacións con máis de 750 rexistrouse, nestes oito meses de actividade, no apartado de traballos non urxentes e que engloba iniciativas coma a limpeza de estradas, traballos forestais, saídas por mor de temporais ou desatascos e asolagamentos.
Diante destas cifras, dende o goberno municipal, amosaron a súa satisfacción ante o bo traballo desenvolvido por este equipo e recalcaron, unha vez máis, a necesidade de mantelo operativo indefinidamente e non ata decembro, tal e como reza o contrato actual deste grupo de operacións.

8/9/10

As Pontes acolleu o 4 de setembro a primeira proba puntuable para a Copa Galega de Trial Infantil

• Unha ducia de pilotos, de entre 7 e 12 anos, participaron nunha proba que, por primeira vez, se desputou en terras pontesas

6/9/10

O Campionato de España de Tiro de Percorridos péchase coa participación dos mellores tiradores nacionais

·







O Concello de As Pontes e a organización da competición coinciden na satisfacción pola boa acollida desta cita


O Concello de As Pontes foi sé, esta pasada fin de semana, do Campionato de España de Tiro de Percorridos, unha cita que logrou reunir a 258 tiradores de toda España e de parte de Portugal e que competiron polo título nacional nas categorías de producción, open e standar.

A proba, que tivo lugar no campo de tiro Pena da Revolta, contou coa organización do propio cabildo pontés, o Clube de Tiro Pena da Revolta e as Federacións de tiro Galega e Española dando lugar un circuíto composto por 14 canchas e que lograron o beneplácito dos participantes xa que se combinaron dende exercizos de velocidade, con diferentes niveis de precisión e con distintos tipos de obxectivos (estáticos, móviles, de xiro por inercia, eléctricos...), ao que se sumou a complexidade física dalgúns dos percorridos preparados para esta cita e a tecnicidade precisa para afrontar algunhas das probas.

Dende a dirección do campionato subliñaron non só a boa combinación rexistrada de exercizos curtos, específicos para media a velocidade de disparo, con outros longos onde prima a resistencia física xunto coa precisión o que fixo da cita unha competición moi vistosa, técnica e segura e con gran afluencia de público que puido descubrir un deporte tan descoñecido como é o tiro de percorridos.

Pola súa parte, o alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, quixo salientar, na xornada de entrega de premios, o gran traballo desenvolvido pola organización por dar vida a un dos mellores campos de tiro non só de España senón tamén de Europa subliñando o gran papel de As Pontes como municipio pioneiro en diferentes iniciativas, tal é o caso desta competición, e que, segundo o rexedor podería vir seguida, nuns anos, dun campionato europeo desta disciplina pola calidade da organización e das instalacións que existen no municipio.



Neste senso, o primeiro edil tamén recalcou a importancia de contar con eventos deste tipo para a vida social e comercial pontesa xa que neste tipo de probas non só se conta cos propios competidores, senón tamén coas súas familias e membros de diferentes organismos oficiais o que redunda moi positivamente nos sectores comercial e hostaleiro do municipio.



Resultados

No que respecta aos resultados da competición, éstes foron os seguintes:


Categoría Open Masculino - Feminino:

1º Jorge Ballesteros 1º Lorena Ballesteros
2º Juan Carlos Ballesteros 2º Pilar Fernández
3º Javier González 3º María Martínez de las Heras


Categoría Standar Masculino – Feminino:

1º Juan Carlos Jaime Díaz 1º Concepción Pérez Gil
2º Manuel Gañán García 2º Mª Montserrat Gracia
3º David Martínez Viñuelas 3º María Font


Categoría Producción Masculino – Feminino:

1º Eduardo De Cobos 1º Rakel Malanda
2º Gorka Ibáñez 2º Matilde Veguillas
3º José Vicente Pérez 3º Montserrat Fdez. Alarcón

2/9/10

260 tiradores visitarán As Pontes esta semana para participar no Campionato de España de Percorridos

O Concello de As Pontes e o Clube Pena da Revolta son os principais responsables da organización desta importante competición

O Concello de As Pontes, xunto co clube de tiro Pena da Revolta, está a organizar para esta semana o Campionato de España de Percorridos de Tiro I.P.S.C e que dará comezo na xornada do mesmo xoves, prolongándose ata o domingo, ás 12.30 horas, coa entrega de trofeos.

Trátase da proba de maior importancia e relevancia das que agora mesmo se desputan en España e que conta con todo o apoio das federacións de tiro tanto galega coma estatal, ademáis de co respaldo do cabildo pontés, moi volcado nesta celebración.

O campo de tiro Pena da Revolta volve ser o escenario dunha importante proba nacional, tras albergar competicións nos últimos meses da altura do Campionato Provincial de Tiro, o Campionato Galego de Percorridos I.P.S.C. En 2009 ou a 5ª fase da Copa Presidente, celebraba en xullo de 2009.

Un total de 258 tiradores e tiradoras, procedentes de delegacións de toda España, tomarán parte nesta proba de gran dificultade e que se dividirá en tres categorías: open, standar e producción.
No tocante aos exercizos, ao longo da fin de semana desenvolveranse un total de 14 probas con diferentes dificultades e duración xa que, o máis salientable desta proba é a espectacularidade dos exercizos que deberán afrontar os deportistas, con blancos móviles e estáticos, dianas eléctricas, obstáculos e disparos tanto a longas distancias coma máis próximos, o que da lugar a unha serie de canchas de competición con distintos graos de dificultade.
As probas desenvolveranse baixo as máis estrictas medidas de seguridade o que permitirá a todo o público que se achegue ata Pena da Revolta desfrutar dunha competición espectacular.

As Pontes acollerá entre o 5 e o 12 de outubro o II Concurso de Tapas Vila de As Pontes

• O Concello, a Cámara de Comercio e RTV Eume están a preparar esta cita que pretende superar a cifra de participantes de 2009

O Concello de As Pontes, mediante a Concellería de Promoción Industrial e o Instituto Pontés de Promoción Económica (IPPEC); a Cámara de Comercio e a emisora local RTV Eume está a preparar a que será a segunda edición do Concurso de Tapas Vila de As Pontes, coa que tamén colabora o Clube Gastronómico El Gourmet.

De feito, novamente escolleuse o mes de outubro para a celebración desta cita gastronómica xa que, ademáis de impulsar a hostalería local, o obxectivo deste certame é que tamén o mesmo conte cun lugar na programación de outono, converténdose nunha cita xa asociada a este mes, tal e como acontece coa Feira de Fungos e Cogomelos cada primeiro de Novembro ou a Feira do Grelo, cada domingo de antroido. Así se expresaba onte o edil de Promoción Industrial, Óscar García, nun encontro cos hostaleiros ponteses aos que se lles daban a coñecer as bases e novidades desta cita.

García amosou moita confianza na mellora das cifras de participación por parte dos establecementos locais, xa que na súa primeira edición este certame lograba congregar a 28 bares, mesóns e restaurantes, unha gran acollida malia tratarse dun concurso que viña de nacer.

Así as cousas, a degustación popular desenvolverase na semana do 5 ao 12 de outubro, xornada na que se procederá a realizar ás 12.00 horas a entrega de premios aos gañadores.

Como novidade este ano está previsto editar unha guía, que dende finais deste mes de setembro xa estará nos locais participante, e que contará cun mapa que recolle a localización dos establecementos participantes; o seu enderezo, a tapa coa que toman parte neste certame e tamén outro tipo de datos coma a xornada de peche do establecemento en cuestión.

Asemade, outra das novidades é o horario de participación xa que, nesta ocasión, os hostaleiros deberán dar a probar a súa proposta á clientela entre as 12.00 e as 14.00 horas e xa pola tarde en horario de 20.00 a 23.00 horas.

Coma acontecía na primeira edición, haberá tres premios: un outorgado polo público que poderá votar mediante as papeletas que se repartan nos establecementos; e dous que escollerá o xurado do certame para a tapa máis saborosa e para a máis orixinal, ao que se suma a entrega dun diploma de participación para cada establecemento.

Os clientes que decidan emitir o seu voto, ata a noite do día 11 de outubro, ás 20.00 horas nas urnas habilitadas para tal fin nos diferentes locais, tamén poderán participar no sorteo dunha cea para dúas persoas nun dos establecementos participantes e outros premios que aínda están por decidir para o que, ademáis de emitir o seu voto, deberán presentar nese mesmo voto un número determinado de selos, aínda por determinar, que acrediten que alo menos se degustaron varias propostas.

Coma xa acontecía o ano pasado, as tapas serán gratuítas.
Asemade, dende a organización deste certame, e atendendo ás suxerencias dos hostaleiros, estase a preparar un programa de actividades alternativas a desenvolver na mesma semana do concurso e que permita ampliar esta cita gastronómica a todo tipo de idades, tal é o caso dun posible festival de humor e maxia a desenvolver na tarde do 11 de outubro e outro tipo de iniciativas aínda por confirmar.

Inscrición
Ata o 13 de setembro será posible que os establecementos ponteses interesados en participar realicen a pertinente inscrición, debendo achegarse ata a oficina da Antena Cameral en As Pontes, na avenida de Ferrol s/n, para dar conta dos seus datos e tamén da tapa a presentar a concurso.
Asemade, tamén será posible aclarar telefonicamente calquera tipo de dúbida contactando con estas oficinas no número: 981 45 20 86.