22/7/10

A Festa da Fraga arrinca mañá cunha nova edición do Nabiza Rock e con Sidonie como cabeza de cartel

O Concello xa repartiu 240 números identificativos para as cabanas aínda que as previsións apuntan a máis de 300 construccións

O Concello de As Pontes alberga dende mañá mesmo unha nova edición da Festa da Fraga, unha romaría que este ano verá ampliada a súa duración ao incluír para a mesma noite de mañá o festival Nabiza Rock, unha cita que, nestes últimos anos, fora trasladada á semana das Festas do Carme pero que, en 2010, se suma, novamente á programación da romaría pontesa por excelencia.

De feito, dende as 22.00 horas, na Fraga de Dona Rita será posible desfrutar das actuacións dos ponteses Raze, Ogmios, SuperEfe, Que Cunda o Pánico, Bon a Chic e os cataláns Sidonie, gran atracción do cartel ideado para esta edición polo importante éxito que están a acadar no panorama musical nacional e internacional.

O sábado retomarase a festa cunha nova edición do Festival Folk que arrincará ás 23.00 horas. A Banda da Balbina, os ponteses Muxarega, o acordeonista canadiense Yves Lambert e o grupo sudamericano Ché Sudaka serán os encargados de amenizar a noite que se completará na xornada do día 25 coa tradicional Sesión Vermú que correrá a cargo da Orquestra Nova Palma, dende as 13.30 horas. Previamente, ás 13.00, terá lugar unha misa na Capela do Carme en honra ao Santiago Apóstolo.

Xa pola tarde, ás 17.00 horas, a charanga Os Ponteses encargaranse de poñer a música ás merendas e ás 17.30 será posible desfrutar do espectáculo de malabares de Roi Sixto, titulado Roi o Cagabolas, organizado polo Grupo Ecoloxista Niño do Azor.

Ás 19.30 horas os Kilomberos de Monte Alto tamén percorrerán cos seus tambores a Fraga de Dona Rita para amenizar a espera ata o inicio da verbena, ás 22.00, e que contará coa participación de Nova Palma e Foliada.

300 Cabanas

Polo momento, 240 persoas xa se pasaron polas dependencias da Policía Municipal para recoller o número identificativo da súa caseta aínda que moitos e moitas aínda agardarán ata mañá para afrontar este trámite o que, segundo previsións oficiais, podería dar lugar a unhas 300 cabanas e merendas para as xornadas de mañá, do sábado e mailo domingo.

O Instituto Pontés de Promoción Económica abriu hoxe a súa nova páxina en Internet

Axudas, asesoramento a empresarios e emprendedores ou cursos formativos integran a ampla oferta de contidos desta nova páxina


O Instituto Pontés de Promoción Económica (IPPEC), dependende da concellería de Promoción Industrial, ven de poñer en marcha unha nova ferramenta: unha páxina web na que, dende hoxe mesmo, xa é posible atopar todo tipo de información sobre o sector empresarial do concello de As Pontes.

O edil de Promoción Industrial, Óscar García, foi o encargado de dar a coñecer este novo espazo virtual no que se inclue dende información de axudas ata un amplo listado do tecido empresarial local ou múltiples servizos coma asesoramento a empresarios e emprendedores, cursos formativos, ofertas de emprego ou incluso un espazo para o envío de curriculums e que, entre as súas vantaxes, non conta con horario polo que será posible acceder á mesma a calquera hora do día.

García subliñou a importante axuda que suporá para empresarios e emprendedores este novo espazo, subliñando a gran cantidade de información útil que o mesmo recompila e a facilidade de navegación que o mesmo presenta, ao que se suma o feito de poder levar a cabo diferentes trámites sen ter que achegarse ata o propio domicilio físico do IPPEC, ubicado no Centro de Dinamización Empresarial do Polígono de Penapurreira.

No enderezo www.ippec.es podemos atopar esta nova ferramenta empresarial ideada tamén por unha empresa local: Eumenet e que pretende servir para promocionar e desenvolver non só a actividade industrial en As Pontes, senón tamén nos concellos limítrofes.

Asemade, tamén podemos atopar nos diferentes apartados información sobre as distintas campañas en prol do desenvolvemento industrial promovidas dende o executivo pontés coma Merca nas Pontes, Concurso de Tapas Vila de As Pontes ou o Mercado de Oportunidades Vila de As Pontes (MOVA).


O taller de emprego Fontelimpa ou os cursos incluídos no Plan Experimental de Emprego contan, asemade, co seu respectivo espazo nesta web con ampla información sobre os mesmos ao que se suman as diferentes actividades, charlas e seminarios empresariais desenvolvidos dende o IPPEC ao longo do ano e que se completarán coa información de futuras citas deste tipo.

21/7/10

AS PONTES RENDE HOMENAXE AOS POETAS DO GRUPO ALALÁ

Un dos actos máis emotivos da fin de semana foi o máis que merecido recoñecemento aos cinco integrantes do grupo poético Alalá, un colectivo que durante anos está a protagonizar a actualidade cultural da nosa vila con diferentes recitais que, ano tras ano, logran maior repercusión e público, xa que figuras coma o poeta Antón Fortes ou o actor Carlos Blanco non dubidaron en tomar parte nas súas citas de outono e primavera.

Gloria David, Santi del moral, Mari Carmen Freire, Ofelia López e Aníbal Anxel son os reponsables de dar nome e en maiúsculas á poesía pontesa que, dende o pasado venres, xa conta co lugar que merece na nosa vila: as paredes da praza de américa, cos versos do himno galego de Pondal, de rosalía de Castro, de María Mariño ou de Celso Emilio Ferreiro como gardacostas das rimas e versos feitos nas Pontes e que reflicten o noso xeito de sentir, a nosa paisaxe e o noso día a día.

A edil de Participación Cidadá, Montserrat García, foi a encargada de presidir esta homenaxe pública aos montes do Caxado, ao noso río Eume ou ao día a día da nosa vida que quedaron plasmados nas Palabras de Ofelia López; Na xanela do meu cuarto de Anibal Anxel ou no Sen ti contigo de Gloria David e que, a xuízo da tamén primeira tenente de alcalde, precisaban dalgún acto público que permitise plasmar o cariño, respeto e admiración da cidadanía pontesa por estes artistas.

E como colofón nada mellor que escoitar de boca dos propios artistas cada unha das súas composición e que, dende hoxe, e para toda a eternidade xa poderemos ler e reler cada día e cada vez que decidamos darnos un paseo pola avenida da Coruña

CENTOS DE PONTESES ACOMPAÑAN Á VIRXE DO CARME NA SÚAS PROCESIÓNS



Malia que o compoñente lúdico destas festas patronais é o que se leva o maior protagonismo non nos podiamos esquencer tamén das clasicas citas relixiosas que, cada ano, congregan a maís e máis fieis que desexan render homenaxe á virxe do Carme.

Xa a pasada semana falabamos da celebración da misa de novena e esta fin de semana non podían fallar compromisos na nosa axenda coma as procesións de subida e baixada da nosa patroa, a alfombra floral, máis vistosa cada ano que pasa, ou a misa en honra a maría magdalena e de cofrades.

A noite do venres estivo totalmente protagonizada polas Carmes, Carmelos e Mari Carmes da nosa vila que participaron na misa cantada polo coro parroquial e á que seguiu a súa xa tradicional cea das Carmes pero coa chegada do sábado tiñamos unha das citas máis multitudinarias que, ano tras ano, logran congregar a veciños e veciñas que non dubidan en participar na misa en honra á Virxe que se celebra na Capela do Carme e que ven seguida, da tradicional procesión nocturna.

Contra das 10 da noite a nosa patroa saía da capela do Carme para dirixirse ao templo no que, coma cada ano, pasaría a noite do sábado das festas: a igrexa parroquial. A comitiva estivo comandada polo estandarte, seguido da música da banda da escola municipal de música tradicional, a imaxe de María Magdalena e, a poucos pasos, a virxe do Carme, flanqueada polo equipo pastoral de Santa María, o equipo de goberno co alcalde Valentín González Formoso á cabeza, e concelleiros tanto do Partido Popular coma do Bloque Nacionalista Galego.

Pechaban o desfile os compoñentes da Banda de Música Cultural e Recreativa das Pontes e os milleiros de veciños que quixeron acompañar á Virxe do Carme na súa baixada ata a Igrexa Parroquial.

Outra imaxe que nos deixa esta procesión nocturna é a dos numerosos veciños concentrados na Praza do Hospital agardando a chegada da Virxe do Carme e a súa recepción con fogos de artificio e coa salve mariñeira, entoada pola Agrupación Coral Endesa e que viu precedida dunha completa e variada sesión de foguetes.

Xa na praza da Igrexa Parroquial era o momento de homenaxear aos que xa non están connosco, unha iniciativa que ten intención de convertirse nunha tradición e que chegaba da man do alcalde, Valentín González Formoso, que botaba ás augas do eume unha coroa de flores en lembranza daqueles ponteses e pontesas falecidos.

Ao día seguinte a Virxe do Carme volvía ocupa-lo seu lugar na Capela do Carme, trala procesión diurna, a de subida.

Trala celebración da misa, na que se oficiaron varias primeiras comunións as imaxes de María Magdalena e da Virxe do Carme volvían saír a ombros, portadas polos seus devotos e co acompañamento de varios dos membros da corporación municipal e dos pequenos e pequenas que recibían o domingo a súa primeira comunión.

A Banda de Gaitas Alfaia, das Campeiras e a banda de música das Pontes foron as encargadas de poñer a música ao percorrido que a Virxe do Carme e a Magdalena afrontaban pola avenida de galicia e Rosalía de Castro ata chegar novamente á Praza do Carme onde as agardaba a tradicional alfombra floral, na que estiveron traballando desde a madrugada, e que presentaba por primeira vez unha estampa da virxe realizada en pétalos de diferentes flores.. Os actos remataban coa tradicional ofrenda floral, e a misa cantada pola Coral Endesa As Pontes.

E xa na mañá de luns tocaba nova celebración litúrxica na Capela do Carme coa misa de santa maría magdalena e Cofrades que, un ano máis, deixaba este templo pequeno para acoller á gran cantidade de devotos e devotas que decidían tamén participar nesta convocatoria.

BUSTAMANTE E CHENOA ALZÁRONSE CO TRONO AOS TRIUNFADORES DAS FESTAS PATRONAIS



As Pontes convertíase, esta fin de semana, nun dos destinos máis visitados por veciños e veciñas de todos os concellos limítrofes e incluso de máis aló das fronteiras de Galicia porque a fin de semana o merecía.

De feito, as dúas actuacións estelares que visitaron a nosa vila nas últimas horas lograron encher de milleiros de persoas a Canle IV para ver a dous dos rostros máis coñecidos do panorama musical actual: Chenoa e David Bustamante.

A hispano arxentina foi a encargada de protagonizar o concerto estrela do sábado cun espectáculo moi roqueiro con respecto ao que nos ten acostumados e no que non faltaron nin os temas do seu último traballo: Desafiando la Gravedad, sen esquencer tampouco as cancións máis populares do seu repertorio coma Soy lo que me das, dame, Cuando tu vas, En tu cruz me clavaste ou Absurda Cenicienta que non podían faltar nesta noite máxica, ateigada de estrelas tanto no ceo coma enriba do escenario.

E se o sábado remataba ao máis puro estilo de pop nacional a noite do domingo non ía ser diferente e é que o cántabro david Bustamante chegaba a as pontes para presentar os éxitos de A Contracorriente, o seu último proxecto nun estudo de gravación e do que saía un directo explosivo no que tamén houbo lugar para moitos dos temas destes case 10 anos de carreira discográfica.

Sobre o escenario puidemos escoitar a voz pura e contundente deste solista de San Vicente en temas como Bella Mentira, Universo de Todo ou Miente e xa un David moito máis roqueiro da man de cancións como Dime, Abrázame muy fuerte, Ni una Lágrima ou el aire que me das.

En resumo, dúas actuacións de luxo para unhas festas tamén de 10 e que non defraudaron con cifras que apuntan a máis de 6000 persoas en cada un destes dous concertos que fixeron as delicias de fans tanto da casa como doutros puntos de España que acudiron á chamada destes dous grandes artistas nacionais.

16/7/10

OS RAPACES DE ASPANAES VISITAN OS ESTUDOS DE RTVEUME




Esta mañá recibiamos na radio e televisión a visita dun grupo de rapaces e rapazas chegados dos campamentos de verán de Aspanaes.
Cinco mozos e mozas, cos seus correspondentes monitores, acudían coñecer as instalacións dos medios locais de comunicación, dentro do seu programa de saídas coas que buscan, con periodicidade diaria, reforzar a autonomía, desenvolvemento persoal e comunicación dos campistas.
No programa de actividades ten un lugar destacado o ocio adaptado aos seus gustos e necesidades, en compañía de monitores especializados. En todas as iniciativas favorécese a integración da persoa na comunidade, promovendo as habilidades sociais e continuando a súa formación persoal a traverso destas actividades.
Este é o segundo ano que se desenvolven estes campamentos, e con duración dunha semana cada un, neste mes de xullo ofértanse seis prazas semanais para menores e no mes de agosto convocaranse xa as prazas para os campamentos de adultos para usuarios de Aspanaes e de outros centros.

15/7/10

Unha trintena de veciños e veciñas participan na primeira charla práctico-teórica sobre o parque biosaudable




Rotunto éxito o que se rexistraba hoxe na primeira charla sobre o uso do parque biosaudable e é que unha trintena de persoas acudían á cita organizada dende o departamento de cultura e de deportes, para dar a coñecer os usos e beneficios das máquinas que, dende o pasado domingo, non deixaron de rexistrar visitas continuas de curiosos e deportistas.

A técnica ana alonso foi a encargada de dar a coñecer o uso de cada un destes aparatos e que se vía resumido nun folleto informativo tamén ideado pola experta na materia.

Purita, Marisa, salustiano, maruxa, laura ou silvestre foron algúns dos que decidían tomar parte nesta primeira convocatoria para aprender a traballar os ombreiros co timón ou os voantes; o abdome da man da máquina de remo, o peito coa máquina de pectorais, a cintura, os glúteos ou as costas e é que os beneficios físicos desta ducia de aparellos son máis que evidentes, sempre e cando, se usen de xeito correcto e se tomen as medidas precisas para evitar calquer tipo de lesión.

Nembargantes, denantes de dar comezo ao desgaste físico nada mellor que uns exercizos de quecemento, ideais para evitar posibles problemas, tralos que daba comezo unha explicación práctica do uso e beneficios de cada máquina e o momento de aventurarse na propia práctica. E nada mellor que poñer o punto e final cuns exercizos de relaxación e estiramentos para evitar posibles lesións.

E tras desta primeira sesión informativa aínda nos quedarán outras 3 para que, deste xeito, sexa posible chegar a toda a cidadanía. O horario será o mesmo: as 11.30 e os días a celebrar este mesmo sábado e xa para a vindeira semana o martes, día 20, e o mércores, día 21.
Tres futbolistas ponteses serán os encargados de felicitar as festas a toda a veciñanza
· Previamente, o Concello renderá homenaxe aos poetas locais coa lectura das súas composicións na Praza de América


Malia que nestes días o Concello de As Pontes xa puxo en marcha algunhas das actividades vencelladas ás Festas do Carme 2010, mañá arrincarán, oficialmente, as celebracións co tradicional pregón que cada ano protagoniza algún persoeiro da vida pontesa.

Nesta ocasión, o executivo que dirixe Valentín González Formoso ten previsto homenaxear o mundo do fútbol con tres figuras locais deste deporte. De feito, está previsto que polo escenario do salón de actos da Casa Dopeso pasen o futbolista do R.C. Deportivo da Coruña, David Rochela, e os ex xogadores do CD As Pontes Celso Roca e Manuel Vilaboy. Non estará presente o xogador do R.C. Deportivo da Coruña Adrián López “Piscu” xa que os seus compromisos non lle permitirán estar nas Pontes na tarde de mañá.

O obxectivo do goberno municipal pasa por recoñecer a importante labor dun clube local que ven de cumprir os seu medio século de vida e que foi evolucionando dende o Clube Deportivo As Pontes, ao Calvo Sotelo ou C.D. Endesa para rematar recuperando o nome que o vía nacer.

A Rondalla Vila de As Pontes porá a nota musical a esta cita que dará comezo ás 20.30 horas aínda que previamente, ás 20.00 horas, na Praza de América terá lugar un acto previo: a lectura de varios poemas realizados polos poetas locais do Grupo Alalá e que engalanarán as paredes deste lugar e da biblioteca municipal pontesa que, nestas últimas horas, recibiu un lavado de imaxe xa que foi sometida a diferentes traballos de limpeza e pintura.








Outras actividades

O venres arrincar・novamente da man de Parque@ctivo dende as 18.00 horas, ofrecer・xogos deportivos nos xardíns Campo da Feira para os máis novos que poderán descubrir disciplinas coma o badminton, o baloncesto ou o brile・ Xa ás 19.00 dar・comezo no mesmo emprazamento o espectáculo de monicreques de Duende Sico que trae ata As Pontes a súa derradeira montaxe: As andanzas de Elías.

Pola noite, ás 20.00 horas, na Capela do Carme tera lugar a misa do Carme na que se incluira actuación musical do Coro Parroquial e trala que se celebrar・a tradicional Cea das Carmes, no restaurante O Xantar.

A xornada do venres pecharase coa primeira das verbenas nocturas que arrincar・ás 23.00 horas coa actuación das orquestras Panam・e Armoía Show, na praza da Capela do Carme.

14/7/10

Música, xogos e actividades para os pequenos integran a programación cultural das vindeiras horas

O venres celebrarase o tradicional pregón que da comezo, oficial, aos festexos en honra á patroa pontesa e que prolongarán ata o 25 de xullo

 
Deporte, xogos e contacontos integrarán a oferta incluída para este xoves e venres, no programa das festas patronais pontesas en honra á Virxe do Carme, ao abeiro do programa Parque@ctivo.
De feito mañá, ás 11.30 nos xardíns do Campo da Feira, terá lugar a primeira das charlas informativas sobre o uso das máquinas do parque biosaudable para adultos. A técnica deportiva Ana Alonso será a encarga de ofrecer esta charla, dunha hora de duración que se repetirá xa nas xornadas dos días 17, 20 e 21 deste mes.
Xa ás 12.30 arrincarán os xogos para os máis pequenos cun xogo xigante de dominó que se encargarán de coordinar os integrantes do Clube de Dominó O Pito Doble ata as 13.30 horas, tamén no Campo da Feira.
Pola tarde e coa organización do Clube Ciclista Vilalba – As Pontes celebrarase a VII Ximcana Ciclista Festas do Carme, na Avenida de Ferrol, aberta a rapaces e rapazas de todas as idades.
E para tomar un merecido descanso nada mellor que os contacontos do grupo Pavís Pavós que, ás 18.00 horas, tamén no Campo da Feira, ofrecerán o seu particular xeito de contar historias coma as de antes aos que decidan achegarse ao seu carón.
A xornada de mañá pecharase coa proxección do filme Viaje al centro de la tierra, ao abeiro do programa Noites de Cine, da Deputación da Coruña. Ás 22.30 na Praza da Capela do Carme terá lugar esta sesión gratuíta e que se trasladará ao patio cuberto do colexio Santa María no caso de que o tempo non acompañe.






Programación Venres

O venres arrincará novamente da man de Parque@ctivo dende as 18.00 horas, ofrecerá xogos deportivos nos xardíns Campo da Feira para os máis novos que poderán descubrir disciplinas coma o badminton, o baloncesto ou o brilé. Xa ás 19.00 dará comezo no mesmo emprazamento o espectáculo de monicreques de Duende Sico que trae ata As Pontes a súa derradeira montaxe: As andanzas de Elías.
Pola noite, ás 20.00 horas, na Capela do Carme terá lugar a misa do Carme na que se incluirá a actuación musical do Coro Parroquial e trala que se celebrará a tradicional Cea das Carmes, no restaurante O Xantar.
Ás 20.30 horas, na Casa Dopeso, darase o comezo oficial das festas co pregón desta vez protagonizado polos xogadores ponteses do R.C.Deportivo da Coruña David Rochela e Adrián López “Piscu”, e no que tamén intervirán os membros do CD As Pontes Celso Roca e Manuel Vilaboy, ademáis da Rondalla Vila de As Pontes que porá a nota musical a este solemne acto.
A xornada do venres pecharase coa primeira das verbenas nocturas que arrincará ás 23.00 horas coa actuación das orquestras Panamá e Armonía Show, na praza da Capela do Carme.

Rugby, tenis, vela ou piragüismo integran a programación deportiva da fin de semana

Nestes días tamén será posible participar en trofeos de tiro ao prato ou standar, ademáis dunha ximncana automobilística

As Pontes, 14 de xullo de 2010.- O Concello de As Pontes, a través do departamento de Cultura e Deportes, está a preparar para os vindeiros días as diferentes competicións deportivas que, ano tras ano, se organizan con motivo dos festexos en honra á Virxe do Carme.

Trala celebración a pasa fin de semana dos torneos de xadrez, baloncesto ou fútbol sala, este sábado terán lugar novas probas deportivas ao abeiro do programa para estas festas.

Este mesmo sábado, o campo de tiro Pena da Revolta acollerá, dende as 10.00 horas e ata as 14.00, unha tirada social en clase compak e con pistola standar. Xa ás 15.00 horas desenvolverase a proba de tiro social ao prato, namentras que para o domingo quedará a tirada oficial ao prato, entre as 12.00 e as 19.00 horas da tarde.

Namentras, nos campos de fútbol do Poboado terá lugar o X Seven Internacional de Rugby Vila das Pontes. Dende as 10.30 horas, unha ducia de equipos de Portugal, Pontevedra ou Madrid tomarán parte nesta competición, organizada polo Clube Fendetestas.

Clubes coma o CRAV (Arcos de Valdevez – Portugal) ou o Alcobendas, que milita na División de Honra, participarán nesta xa tradicional cita das festas pontesas.

Tamén será posible desfrutar do piragüismo co Memorial Carlos Fornos. Trofeo José Ramón Corral de Piragüismo que, un ano máis, organiza o Grupo Xuvenil de Piragüismo. Ás 10.00, no encoro da Ribeira arrincará esta proba e que virá seguida, ás 12.00, da V Travesía Encoro da Ribeira de Vela Lixeira, organizada polo Clube de Vela Fluvial.

Tamén pola tarde será posible participar na XIII Cacería do Raposo organizada polo Radio Clube Eume, e que ás 15.00 horas, partirá de diante da Casa Consistorial pontesa.


Dende este mesmo sábado e ata o 24 de xullo está previsto que tamén se desenvolva o XI Torneo Federado de Tenis, unha competición da que será posible desfrutar nas pistas de tenis da Canle IV e que conta coa organzación do Clube de Tenis As Pontes para as categorías absoluta federada e non federada, cadete, alevín e infantil.

Finalmente, esta fin de semana teremos unha novidade: a primeira Ximncana Automobilística das Festas do Carme que organiza o propio Concello de As Pontes. Será tanto o sábado coma o domingo na Canle IV.

13/7/10

A Procesión Nocturna en honra á Virxe do Carme incluirá unha homenaxe a os ponteses falecidos

Está previsto que o sábado o alcalde de As Pontes deposite no Eume unha palma en recordo dos ponteses e pontesas que xa non están


O Concello de As Pontes renderá homenaxe o sábado a todos os veciños e veciñas falecidos. Será durante a celebración da procesión nocturna de baixada da Virxe do Carme que arrincará da Capela do Carme ás 22.00 horas.

E é que á chegada á Igrexa de Santa María, a comitiva vai saír cara á praza do Cemiterio Vello para render homenaxe a todos os ponteses xa falecidos.
O mesmo alcalde, Valentín González Formoso, achegarase ata a beira do río, como símbolo da vida neste pobo ó que regaron dende sempre as augas do Eume, para depositar unha palma coa que lembrar ós veciños mortos facédoos de algún xeito partícipes desta festa tan importante para todos os nativos desta vila, e recibindo así a xusta homenaxe dos familiares amigos e veciños congregados neste acto relixioso.
Esta ofrenda no río ós ponteses e pontesas nace con vocación de continuidade, para incorporala a unha das tradicións máis representativas de As Pontes, como é a multitudinaria e fervorosa procesión do Carme.
Neste senso é preciso lembrar que este acto contará coa compaña musical da Banda de Música das Pontes e da Banda de Gaitas da Escola Municipal das Pontes. Asemade, á súa chegada á Praza do Hospital, a Agrupación Coral Endesa – As Pontes entoará a Salve Mariñeira e será posible desfrutar dun espectáculo piro-musical.

Outras actividades

A xornada de mañá arrincará ás 18.00 horas co teatro dos os ponteses Que máis ten teatro que se encargarán de ofrecer unha sesión de contacontos para todos aqueles nenos e nenas que visiten os Xardíns do Campo da Feira.

Pero a diversión non remata eiquí porque despois dos contos será posible desfrutar á Orquestra Pantasma co seu espectáculo o Home orquestra na que poderemos ver coma a guitarra, a armónica ou o bombo poden ser tocados ao mesmo tempo por un único artista.
Pola noite teremos unha nova cita co cine de verán amor e drama porque os vampiros de Crepúsculo tamén visitarán As Pontes.
De feito, dende as 22.30 horas, e de xeito totalmente gratuíto poderemos desfrutar da primeira adaptación á gran pantalla do éxito de Stephanie Meyer protagonizado por Edward Cullen e Bella Swan, un vampiro e unha rapaza humana que se namoran perdidamente e que deben facer fronte ás dificultades que supón unha relación amorosa entre persoas de mundos diferentes.
No caso de que o tempo non acompañe a proxección trasladarase ao patio do colexio Santa María onde xa está habilitada unha carpa para protexer aos espectadores das posibles inclemencias do tempo.

O Concello organizará charlas para dar a coñecer o uso dos aparellos do novo parque biosaudable

A técnica deportiva municipal encargarase de impartir estas clases, dunha hora de duración, dende este mesmo xoves

 
O Concello de As Pontes está a organizar para as vindeiras datas unha serie de clases teórico – prácticas para que a veciñanza do municipio aprenda a utilizar correctamente as diferentes máquinas do recentemente inaugurado parque biosaudable.
A iniciativa, enmarcada no programa de actividades Parque@ctivo, estará dirixida pola técnica deportiva municipal, Ana Alonso, que se encargará de impartir unha serie de charlas dunha hora de duración neste espazo para que os seus usuarios aprendan a sacarlle o maior partido a estes novos xogos, evitando o mal uso dos mesmos e posibles consecuencias negativas.
Así as cousas, nas mañás dos días 15, 17, 20 e 21 deste mes, dende as 11.30 horas, está previsto que a experta non só amose cal é o uso máis axeitado de cada máquina, senón tamén os beneficios que as mesmas traen para cada grupo muscular. Asemade, tamén está previsto acompañar estas clases de iniciación dunhas sinxelas táboas de exercizos e dun folleto explicativo no que será posible atopar información de cada un destes dez aparatos, ao que se sumarán sinxelos exercizos ximnásticos para que os adultos poidan manterse en forma.
E é que o principal obxectivo que pretende obter o concello con este tipo de charlas pasa por axudar a que a veciñanza lle poida sacar o máximo partido a unhas novas instalacións boas tanto para a mente coma para o corpo.
Para participar tan só é preciso achegarse ata o parque biosaudable calquera dos catro días nos que se impartirán estas clases, non sendo necesario nin inscribirse previamente nin aboar ningún tipo de pagamento.

12/7/10

A zona infantil do Campo da Feira abría as súas portas cunha multitudinaria festa infantil




O alcalde Valentín G. Formoso foi o encargado de descubrir a praca do parque agradecendo o respaldo de veciños e grupos políticos

O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, inaugurou na xornada de onte a zona infantil dos xardíns Campo da Feira. Foi nun acto no que tomaron parte a gran maioría dos membros da corporación municipal e que xa arrincaba a primeira hora da tarde, cunha festa infantil para os máis novos con hinchables, malabares, festa da escuma e diferentes actividades que se sumaron aos xogos dos máis pequenos nos novos bambáns que integran este espazo.

Representantes de todo o tecido asociativo local e gran cantidade de veciños e veciñas acudiron a esta cita na que o primeiro edil quixo agradecer a paciencia dos ponteses ante estes traballos e o esforzo das dúas empresas responsables do proxecto: Construccións Canosa e EZ Gardens.

Na súa intevención, González Formoso tamén quixo recoñecer o apoio político á hora de dar luz verde, en sesión plenaria, a estes traballos xa que tanto PP coma Bng votaron, no seu día, a favor desta iniciativa, subliñando a importancia de poñer en marcha traballos desta envergadura que redundan nunha mellora da calidade de vida da cidadanía e en facer de As Pontes un pobo máis bonito, do que sentirse orgulloso.

E é que os xardíns Campo da Feira xa son un punto de reunión de todo tipo de xeracións con bambáns para pequenos de entre 0 e 6 anos e unha zona con máquinas de exercizo para os máis entrados en anos.

Por outra banda, González Formoso anunciou que, tralas festas patronais do Carme, darán comezo as obras na Avenida da Coruña e xa en novembro derrubarase a praza de abastos e os edificios colindantes para dar a posterior construcción do edificio multifuncional.


Tralo descubrimento da praca e a interpretación do Himno Galego por parte da Banda de Música Municipal, foi momento de tomar parte na entrega de premios do concurso de fotografía Naturalmente As Pontes e que recaeron en: Ariana Goás, Iván Bouza, Juan Luís Rua Prieto e Genaro Taboada.

O Concello homenaxea o traballo dos voluntarios da Agrupación local de Protección Civil




· Os concelleiros de Seguridade e Participación Cidadá fixeron entrega dunha insignia a cada un dos voluntarios presentes


O Concello de As Pontes recoñeceu hoxe, nun acto público celebrado no salón de sesións, a labor dos voluntarios e voluntarias da Agrupación de Protección Civil de As Pontes.

O edil de Seguridade Cidadá e tamén membro desta asociación, Javier Carballo, xunto coa concelleira de Participación Cidadá, Montserrat García, foron os encargados de presidir a convocatoria á que, posteriormente, se sumaba o alcalde Valentín González Formoso.

Na súa intervención, Javier Carballo agradeceu o importante esforzo e entrega destas 40 persoas que colaboran á hora de manter a seguridade e bo desenvolvemento tanto de actos públicos coma deportivos ou lúdicos.

Carballo definía a estes homes e mulleres coma un grupo de amigos, unha gran familia que “non mira o reloxo á hora de botar unha man” para que os ponteses e pontesas poidan desfrutar, con tranquilidade, de citas coma as festas patronais ou incluso a expedición a Santiago realizada o pasado mes de maio e na que participaron ducias de veciños e veciñas.

Nesta mesma liña expresouse a concelleira Montserrat García que dixo “non ter verbas suficientes para agradecer esta entrega e adicación, este servizo altruista” e desinteresado que desemboca na tranquilidade da veciñanza á hora de tomar parte en calquer tipo de actividade popular.

O acto tamén incluíu a entrega a varios dos voluntarios dos diplomas acreditativos dos cursos desenvolvidos nestes últimos meses por estes homes e mulleres e que van dende cursos de formación básica ata outros máis sofisticados coma a loita contra incendios, cartografía, rescate en zonas de montaña ou de NBQ ( curso para afrontar unha situación de perigo nuclear, biolóxico e químico), ao que se sumou a entrega dunha praca conmemorativa e dunha insignia co escudo do Concello de As Pontes.

Finalmente, nos xardíns do Campo da Feira, tomouse unha foto de grupo na que tamén participaron o xefe da Policía Local, do posto da Garda Civil e do Parque Comarcal de Bombeiros.


Historia

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil constitúese o 7 de decembro de 1987 con, inicialmente sete compoñentes que colaboran co concello na posta en marcha dunha festa infantil celebrada naquela xornada.

Xa en maio de 1989 o Pleno municipal aproba a constitución oficial desta agrupación co nomeamento de Roberto Domínguez como xefe e que, a día de hoxe, continua no cargo.

Coa creación da Dirección Xeral de Protección Civil en 1991, a agrupación pontesa pasa a formar parte deste órgano xunto con outros oitos colectivos máis de toda a comunidade.

Neste momento, a agrupación pontesa conta con 40 voluntarios e voluntarias formados en cursos de buceo, salvamento en montaña, conducción de camións, socorrismo acuático, atención en sinistros de tráfico, rescate en alturas, patrón de embarcacións ou actuacións en incendios ao que se suma a súa participación nos plans NEGA (Nevaradas en Galicia) e Salvamento en Praias de Galicia (SAPRAGA).

9/7/10

CENTOS DE ROMEIROS CÍTANSE NA FRAGA PARA MARCAR O LUGAR NO QUE LEVANTARÁN AS SÚAS CABANAS








Primeiro paso xa para as festas da fraga e é que onte, centos de romeiros dábanse cita na xa tradicional xornada de marcaxe das parcelas que, en poucos días, albergarán as cabanas desta cita tan emblemática do verán pontés.

A xornada arrincaba ben cedo porque moitos xa decidían montar a súa tenda de campaña a primeiras horas da mañá e así reservar un bo sitio no que levantar nas vindeiras xornadas auténticas construccións dignas do mellor dos arquitectos.

Coma cada ano, non faltaron os grupos de amigos e familias que levaron as súas merendas e decidiron desfrutar dunha xornada de campo aproveitando o bo tempo, os que non esquenceron as cartas ou os xogos de mesa para pasar as horas e os que tamén aproveitaron a xornada para facer algo de deporte e emular a Puyol ou a Villa xogando ao fútbol.

E contra as oito da tarde tocaba xa marcar cada parcela e ata a chuvia quixo deixar a súa pegada, facendo que dez minutos despois da hora sinalada a fraga quedase totalmente baleira.

Agora xa é posible achegarse ata a oficina da Policía Local para recoller o número e a autorización para cada unha destas cabanas, entregando unha copia do Documento Nacional de Identidade dunha persoa maior de idade que se responsabilice da limpeza do espazo empregado para levantar cada cabana.

Por outra banda, os residentes tanto nos poboados do Barreiro coma da Fraga poden pasarse xa polas oficinas da Policía Municipal, en horario de mañá, para recoller a autorización que lles permita acceder cos seus vehículos ás rúas onde residen durante as xornadas de festa. Para poder cumprir con este trámite será preciso entregar un documento que acredite a residencia do solicitante nalgún destes dous poboados.

O Concello de As Pontes recibe aos nenos saharauis que pasarán os meses de xullo e agosto no municipio





O edil de Servizos Sociais e a concelleira de Participación Cidadá presidiron a benvida a estes nenos e ás súas familias de acollida

O Concello de As Pontes, a través das figuras do edil de Servizos Sociais, José Alén, e da concelleira de Participación Cidadá, Montserrat García, deu onte a benvida, mediante unha recepción oficial, aos cinco nenos saharianos que este ano pasarán os meses de xullo e agosto no municipio, ao abeiro do programa Vacacións en Paz, promocionado pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.
A esta cita tamén acudiron as cinco familias pontesas que acollerán nos seus fogares a estes rapaces e rapazas, que teñen a oportunidade de vivir un verán totalmente oposto ao que están acostumados a sufrir, con altas temperaturas, un clima inhóspito e unha situación política e social complicada.
Así as cousas, José Alén agradeceu a solidaridade e colaboura, un ano máis, da cidadanía pontesa á hora de tomar parte neste programa e que permitirá a estes nenos e nenas recibir atención sanitaria para detectar calquer tipo de problema de saúde, convivir con pequenos e pequenas de As Pontes a través de diferentes actividades como poden ser as incluídas no programa das festas patronais en honra á Virxe do Carme, perfeccionar o seu castelán e coñecer novos costumes e xeitos de vivir.
Neste senso, o concelleiro subliñou a xenerosidade destas cinco familias e tamén das dúas que non puideron recibir ao seu neno xa que, por problemas burocráticos, dous dos sete nenos que inicialmente ían pasar o verán en As Pontes viron retrasada a súa saída de Arxelia, sen garantías de que poidan, finalmente, chegar a España. Nembargantes, José Alén anunciou que se levarán a cabo as xestións precisas para tratar de lograr estes dous traslados.
Pola súa banda, Montserrat García convidou aos nenos e nenas, e ás súas familias de acollida a desfrutar de todas as actividades que se desenvolverán proximamente no Concello, tanto a nivel de festas patronais, coma de citas máis concretas, tal é o caso da festa infantil que se está a organizar con motivo da apertura da zona de xogos dos xardíns Campo da Feira.
Segundo anunciaron os concelleiros estes rapaces e rapazas contarán con acceso libre ás instalacións da piscina municipal e tamén teñen programada unha xornada de convivencia cos nenos e nenas que están a participar nos campamentos urbanos de verán.
Como punto e final desta visita á Casa do Concello, os rapaces e rapazas recibiron un agasallo que consistiu nunha mochila, un estuche de cores e unha camiseta co escudo de As Pontes.

A PRAZA DO CARME XA CONTA CUNHA NOVA FACIANA














Tras varios meses de traballos, o Concello abría onte a remodelada Praza da Capela do Carme, un espazo polo que, dende o pasado mes de setembro, non era posible transitar debido ás obras de remodelación ás que se atopaba sometida grazas aos fondos do Plan Estatal de Desenvolvemento Local de 2009, que destinaron a estes traballos 175.000 euros para a revalorización dun espazo de tránsito e visita continua dos nosos veciños e veciñas e que, nestes días, está a piques de converterse nun dos puntos centrais das actividades das festas en honra á Virxe do Carme.

Moitos ponteses e pontesas se achegaron onte ata esta praza durante os traballos de retirada da protección metálica para comprobar a nova distribución do mobiliario, visita que tamén realizaba o propio alcalde, Valentín González Formoso, que adiantou que non está previsto realizar ningún tipo de inauguración, en sinal de respeto aos veciños da zona que, durante estes meses, tiveron que convivir diariamente cuns traballos molestos.



Como novidades é posible atopar novos bancos e xardineiras, espazos verdes máis amplos que os existentes denantes deste proxecto e unha superficie de 1700 metros uniforme, cunha única altura, sen barreiras arquitectónicas e cun único material: o granito.

Tamén se instalaron novos puntos de luz que se unen aos focos a nivel do chan colocados ao redor da propia Capela do Carme, o que incrementa o valor patromonial e social deste espazo.

Agora tan só queda que os participantes na tradicional novena da Virxe do Carme, que arrinca mañá ás 7.40 horas desfruten deste novo emprazamento, ademáis do resto de veciños e veciñas mediante as festas patronais que están a piques de arrincar.

8/7/10

FESTAS DO CARME E A FRAGA


aqui en tamaño grande





Free website - By Wix.com

O domingo ábrese o parque infantil do Campo da Feira cunha festa para nenos e cunha pantalla xigante para ver a final do Mundial 2010

Onte abríase por fin ao gran público a tan desexada praza do Carme e hoxe temos que falar dunha nova cita porque, dende o domingo, poderemos desfrutar xa da zona infantil dos xardíns do Campo da Feira.


E é que o Concello, tras varios meses de obras, por fin vai abrir ao público a zona de xogos para os máis pequenos. Será nun acto oficial que arrincará ás 16.30 da tarde e no que poderemos coñecer e desfrutar de todos os xogos para pequenos e maiores cos que contan estas instalacións.

Bambáns, un barco pirata, varios xogos biosaudables para os maiores e un novo mobiliario integran a proposta elaborada dende o executivo local e que, de seguro, que será do máis aceptada entre pais e fillos que verán así aberto un espazo totalmente renovado, cómodo e que cumpre coa normativa vixente ao cen por cen, en resumo un espazo para desfrutar con amigos e familia das tardes de sol.

Para esta presentación en sociedade do novo parque, dende o Concello optaron por programar unha festa na que non faltarán os hinchables, a música, a maxia ou ata unha festa da escuma.

E coma tamén os maiores teñen dereito a pasalo ben nada mellor que celebrar nestes xardíns o título mundial que de seguro acadará o domingo a Selección Española, diante de Holanda. De feito, os ponteses e pontesas poderemos estar de xeito virtual en Johanesburgo a través dunha pantalla xigante que o Concello instalará neste espazo e onde, dende as 20.30 horas, poderemos desfrutar da final de Sudáfrica 2010.

AS PONTES ACOLLE O SÁBADO A III FESTA DA BICICLETA

Este sábado ponteses e pontesas de todas as idades volverán sacar as bicicletas dos seus garaxes e é que, por terceiro ano consecutivo, o Grupo Voz trae á nosa vila o día da bicicleta co fin de concienciar á cidadanía da importancia de empregar medios de transporte menos contaminantes e nocivos para o entorno.
Ás 10.00 arrincarán as actividades desta xornada coa concentración de todos os anotados nesta cita e que aínda poderán formalizar a súa inscrición ata o mesmo sábado, no rexistro xeral do concello, ubicado na pranta baixa da Casa Consistorial, no pavillón polideportivo municipal ou nas dependencias de Radio Voz e Voz de Galicia Ferrol, inscrición necesaria para tomar parte nos posteriores sorteos que se celebrarán tras desta proba.
A marcha partirá ás 11.30 para facer fronte a un percorrido de 8,5 quilómetros e que pasará por avenidas como a de Ortigueira, Galicia , Habana ou Presa de Alende ata chegar novamente aos xardíns do campo da feira.
O Clube Ciclista Vilalba- as pontes xunto coas empresas Servizo Móvil e Sufi, ademáis de Gadisa, Coca Cola ou Caixa Glaicia colaboran con esta cita na que tamén estarán presenten os efectivos do concello a través dos voluntarios de Protección Civil, Grumir e Policía Local que velarán pola seguridade dos participantes nesta proba que repartirá dous talóns e dúas bicicletas entre os inscritos, doadas polo concello e o citado grupo de comunicación.

O Concello recoñecerá o venres en acto oficial a labor dos voluntarios de Protección Civil de As Pontes

Na convocatoria farase entrega aos integrantes desta agrupación dos diplomas dos distintos cursos realizados ao longo do ano

O Concello de As Pontes ofrecerá este venres un merecido recoñecemento aos integrantes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do municipio e é que, o salón de sesións da Casa Consistorial, acollerá un acto en homenaxe ao labor dos 40 voluntarios e voluntarias que, a día de hoxe, integran esta entidade pontesa.
Ás 12.00 do mediodía está previsto que o alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, e a primeira tenente de Alcalde, Montserrat García, presidan esta cita na que non só se dará conta da importante labor desenvolvida por estes case medio cento de voluntarios, senón que tamén se fará entrega aos mesmos dos diferentes diplomas acreditativos dos cursos desenvolvidos nestes últimos meses por estes homes e mulleres.
De feito, ao longo do pasado ano, estes voluntarios e voluntarias estiveron a participar en distintas citas formativas coma cursos de loita contra incendios, cartografía ou rescate en zonas de montaña o que acredita a súa importante formación e experiencia.
Ao acto tamén están convidados tamén o xefe da Policía Local, o responsable do Parque Comarcal de Bombeiros do Eume ou o comandante do posto da Garda Civil de As Pontes.
 
 

O s traxes rexionais chegan a As Pontes da man da exposición A indumentaria tradicional galega





A Deputación da Coruña foi a encargada de achegar ata a sala de exposicións do Mercado Vello esta orixinal mostra tradicional
A evolución do traxe tradicional galego é a protagonista da nova mostra que, dende onte, xa se pode visitar na sala de exposicións do Mercado Vello e que chega a As Pontes da man da Deputación da Coruña.
A proposta, elaborada pola Asociación Ximiela, foi inaugurada pola deputada provincial e concelleira pontesa, Montserrat García, que definiu esta colección de paneis coma unha forma de dar a coñecer a riqueza do traxe galego e de contribuir ao coñecemento da cultura popular galega. Asemade, a deputada provincial subliñou a importancia de contar en As Pontes cunha mostra destas características xa que, na súa posta en marcha, foi preciso un gran traballo por parte dos membros da asociación muradaza Ximiela.
A indumentaria tradicional galega é o título desta mostra na que é posible atopar nove maniquís e case unha trintena de bonecas vestidas coa indumentaria tradicional galega, ademáis dunha vintena de paneis nos que se recollen máis dun centenar de instantáneas de diferentes vestimentas.
Esta colección tamén inclue varios colares e reloxos, complementos típicos deste tipo de vestimenta, e que podemos atopar nunha publicación na que se recolle todo o material que integra esta interesante mostra.
Un percorrido polas condicións socio económicas de cada época ou a evolución histórica de cada zona súmanse a información recollida nestes paneis elaborados por Clodio González e que se completan coas fotografías de Suso Xogaina.
A indumentaria tradicional galega poderá visitarse ata o 21 de xullo mes, de martes a venres, entre as 19.00 e as 20.30 da tarde, ademáis dos sábados de 11,30 a 13.00 horas.


Exposición Medio Ambiente e Natureza
Tamén onte abría as súas portas a mostra Medio Ambiente e Natureza, unha colección de instantáneas tomadas polos irmáns José Luís e Antonio López e que, durante o pasado mes de xuño, foi posible visitar no Lar de Endesa.
Agora esta interesante proposta atópase nos corredores da Casa Dopeso, co respaldo do Concello de As Pontes e o Grupo de Empresa Endesa, onde podemos desfrutar de medio cento de imaxes vencelladas ao mundo natural no que se aúnan dende instantáneas de diferentes puntos paisaxísticos de As Pontes e arredores ata fotografías de denuncia.
Ata o día 30 de xullo esta mostra poderá ser visitada gratuitamente.

7/7/10

As Pontes recibe 25.000 euros da Deputación para o mantemento dos Servizos Sociais Municipais



• O edil José Alén desprazouse ata A Coruña para asinar o acordo que permitirá contratar unha traballadora social e unha educadora familiar


O Concello de As Pontes, a través do departamento de Servizos Sociais, rubricou hoxe coa Deputación da Coruña o Convenio para a Prestación de Servizos Sociais Comunitarios Básicos para o 2010.

Este acordo suporá unha achega para o concello pontés de 25.200 euros que terá como destino tres servizos: 6000 destinaranse euros ao programa de apoio á unidade de convivencia, mediante a contratación dunha educadora familiar.

Outros 6000 euros irán destinados ao servizos de axuda a domicilio e, a partida máis importante, 13.100 euros, irá destinada ao programa de orientación, asesoramento e información, concretamente á contratación dunha traballadora social.

O responsable do departamento municipal de Servizos Sociais, José Alén, achegouse hoxe ata a sé do goberno provincial para rubricar este acordo, dirixido aos municipios de menos de 20.000 habitantes e que afecta a un total de 83 concellos coruñeses.

O acto estivo presidido polo presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, e polo deputado da área de Benestar Social, Xoán Manoel Sande, e contou coa presenza dos alcaldes edís de Servizos Sociais dos 83 concellos afectados, que se repartirán axudas por un total de 2,1 millóns de euros.

O Primeiro Festival Solidario en prol do proxecto New Light reune a máis dun cento de veciños e veciñas no Alovi








Máxicos aros, danzas orientais e ritmos traídos expresamente dende a india déronse cita na noite do venres no auditorio municipal alovi no que foi un espectáculo digno para a lembranza: o primeiro festival solidario organizado pola ong Mundo Cooperante para recadar fondos para o proxecto New Light, en Calcuta.



Máis dun cento de persoas acudiron á convocatoria respaldada polo concello onde tamén se contou coa presenza desinteresada de tres grandes artistas de tres mundos tan distintos coma a música, a danza oriental e a maxia.

De feito, a noite arrincaba co sitar de Miriam Mourelo, unha guitarrista coruñesa, experta á hora de manexar este instrumento tan típico da india que nos permitía coñecer un pouco máis a cultura indi a través de dúas pezas populares tituladas Raga Kirbana e Raga Panchan Segara.



A pontesa Vanesa Laskmi foi a encargada de darnos a coñecer tamén os bailes típicos de oriente e que tan de moda están nestes tempos da man de figuras coma shakira. Unha danza con veos de seda ou coas ás de Isis foron algunhas das propostas que traía ata o alovi a bailarina local que arrincou uns fortes aplausos do público asistente que se combinaron tamén con algún que outro membro do público que ata se animou a moverse nas súas butacas ao son dos ritmos árabes.



Máxico é o poder botar unha man para mellorar a vida e futuro daqueles que menos recursos teñen e máxico tamén foi o espectáculo do mago Martín, un rapaz de tan só 14 anos que ademáis do seu gran poder de comunicación deu conta das súas boas maneiras á hora de facer maxia.


O seu espectáculo anceio, ateigado de trucos con desaparicións, pombas, aos, bolboretas xoguetonas ou cartas que aparecen e desaparecen deixou a máis dun e dunha cos ollos e a boca ben abertos.



E como fin de festa de novo o mago martín que foi capaz de que no auditorio municipal alovi caese unha gran nevarada ideal para poñer o mellor dos finais a unha noite máxica, solidaria e, sobre todo, aiteigada de boas intencións e esforzos porque máis de 200 nenos e nenas da India gocen dun futuro digno.

A III BARHA PARTY REUNE A MÁIS DE 350 PERSOAS









Éxito rotundo. Non se podía agardar outra cousa da cidadanía pontesa que, unha vez máis, respostaba ao chamamento solidario de Mundo Cooperante e Do concello de As Pontes asistindo á festa solidaria Barha Party, que o sábado vivía a súa terceira edición.

As dependencias do colexio monte caxado acolleron esta cita apta para toda a familia xa que non só os obradoiros de maquillaxe ou pintura de dedos e arxila foi cousa dos máis pequenos, xa que papás e mamás tamén se animaron a facer as súas chapas, a pintar ou a modelar un bonito boneco de lama ou ata a colaborar co mural que, entre os que así o decidiron, se confeccionou na entrada da carpa central.

Máis de 350 persoas, cifra similar a do ano pasado, tomaron parte nesta festa na que non podía fallar un dos seus xa clásicos: Xairo Calvo co seu acordeón e que tamén nos sorprendeu cun divertido monólogo.

Houbo quen elaborou unha fermosa flor de papel ou un nenúfar de cores, para outros o mellor foi pasar polos talleres de maquillaxe ou trenciñas para facerse un cambio de imaxe ou quen se animou a facer un canciño ou unha espada pirata cos globos do posto de globoflexia.

Os tres hinchables que se instalaron ao aire libre tamén lograron atraer a gran cantidade de pequenos e pequenas que se adentraron na enorme boca dunha balea, xogaron coas bolas da casiña inchable ou visitaron o interior dunha nave extraterrestre que decidía aterrar tamén no patio de Monte Caxado.

E para descansar de tanta actividade nada mellor que tomarse un refrixerio na barra solidaria e así repoñer forzas para un dos momentos máis interesantes e que máis xiareiros congregou: o encontro de fútbol cos xogadores do deportivo da coruña: david rochela e iván pérez que se encargaron de dirixir e compartir balón con ducias de nenos e nenas que non deixaron pasar a ocasión de xogar con estes dous ases da pelota.

Non nos podiamos esquencer dos postos de artesanía ou comercio xusto nos que puidemos dende mercar pulseiras ata cacao, café, xabrón artesanal ou camisetas aerografiadas ademáis do mercado de libros e xoguetes posto en marcha polos alumnos do Moncho Valcarce que, un ano máis, non dubidaron en apoiar esta causa solidaria.

E para rematar nada mellor que desfrutar da victoria de España sobre Paraguay en pantalla xigante porque moitos e moitas foron os que decidiron compartir este encontro cos voluntarios e voluntarias desta festa solidaria que non podían pedir nada mellor para esta xornada: recadar fondos e, de paso, ver como a selección española fai historia no Mundial 2010.

Agora toca facer contas e levar todos estes fondos recadados a un lugar onde, de seguro, que saberán administralos do mellor xeito posible: dando un futuro a eses nenos e nenas que non teñen a posibilidade de vivir no mundo no que nos temos a oportunidade de vivir.

6/7/10

A programación das Festas do Carme ábrese con deporte e unha nova edición da Mostra de Música Coral

Esta semana tamén arrican as celebracións litúrxicas coas tradicionais novenas na Capela do Carme e na Igrexa de Santa María


O deporte e a música coral serán os principais protagonistas da programación cultural elaborada polo Concello de As Pontes, que, esta fin de semana, pon en marcha os festexos en honra á Virxe do Carme.
De feito o sábado teremos ata catro compromisos deportivos xa que ás 9.30 horas, no campo de tiro Pena da Revolta, desputarase unha nova edición do Campionato Provincial da Coruña I.P.S.C, puntuable tamén para o Open Galego de Tiro.
Un total de seis exercizos, con brancos móviles de funcionamento eléctrico, inimigos estáticos ou circuitos en movemento, integrarán esta proba na que está prevista a participación de 53 competidores, procedentes de Ourense, Pontevedra, A Coruña e Asturias que tomarán parte nas probas de Open, Estandar e Producción.
Xa pola tarde será posible escoller entre o fútbol sala ou o baloncesto. De feito, dende as 16.00 horas desputaranse os diferentes encontros do Torneo de Baloncesto 3x3, organizado polo Clube de Baloncesto As Pontes coa colaboura do Concello de As Pontes e que terán como cancha a Canle IV.
Xa a final deste torneo terá lugar o domingo onde se darán a coñecer os tres gañadores desta cita e que levarán 400, 200 e 100 euros respectivamente.
O sábado e mailo domingo tamén terá lugar unha nova edición do Maratón de Fútbol Sala Senior Festas do Carme, organizado polo Esteo Fútbol Sala, coa colaboura do Concello de As Pontes e a Deputación da Coruña.
Nesta ocasión, producirse un cambio no lugar que acollerá esta cita xa que do pavillón do Colexio A Magdalena pasarase á pista descuberta do Colexio Santa María, onde os equipos participantes loitarán por un primeiro premio de 1.800 euros, un segundo de 600 euros e un terceiro e cuarto premio de 200 euros.
Asemade, tamén se entregarán trofeos ao mellor xogador da competición e ao mellor cancerbeiro desta cita deportiva.
Mañá terá lugar o sorteo dos emparellamentos. Será ás 20.30 no pavillón polideportivo da Fraga.
A programación deportiva da fin de semana pecharase coa XI Trofeo de Xadrez Festas do Carme, organizado polo Clube Xadrez As Pontes e o Concello, para este domingo.
O Lar de Endesa acollerá esta cita que se desputará dende as 10.00 horas seguindo o Sistema Suizo a sete rondas de 25 minutos.

XXV Mostra de Música Coral
O sábado as voces de ata catro formacións corais serán as que reclamen a atención de veciños e xiareiros deste estilo musical na que será a XXV Mostra de Música Coral e que tamén terá como escenario o auditorio municipal Alovi.
Dende as 20.00 horas será posible desfrutar de habaneiras, temas da cultura popular galega e versións de cancións latinoamericanas, portuguesas e españolas mediante a harmoniosa conxunción das voces do case medio cento de integrantes da Agrupación Coral Endesa – As Pontes, dirixidos por Olga Vigo, e organizadores deste concerto, que decidiron celebrar este cuarto de século na compaña doutras tres formacións corais.
Así as cousas, polo escenario do auditorio pontés tamén pasarán a Coral Polifónica Ortegana, a Coral Polifónica de Bergantiños e a Coral Polifónica de Malpica ás que se sumarán as figuras da soprano Maite Bárbara e do pianista local José Manuel Campello que acompañarán á coral pontesa en varios temas. Como ven sendo habitual a entrada a este recital será totalmente libre.

Celebracións Litúrxicas
Outras das citas propias destas datas son as de carácter relixioso e é que este mesmo venres arrincarán as misas de Novena.
Será con tres citas relixiosas diarias que rematarán na xornada do 17 de xullo coa tradicional procesión de baixada da Virxe do Carme, ás 22.00 horas.
Así as cousas, dende este venres, será posible achegarse ata a Capela do Carme ás 07.40 ou 20.00 horas ou ben ata a Igrexa Parroquial de Santa María, ás 19.00 horas, agás na xornada do domingo 11 de xullo, na que a misa terá lugar ás 11.45 horas.

O torneo 3x3 de baloncesto Festas do Carme repartirá, esta fin de semana, 700 euros en premios

O Clube de Baloncesto As Pontes é o encargado de organizar esta cita para a que será posible anotarse ata este mércores


O Concello de As Pontes está a colaborar co Clube de Baloncesto As Pontes coa organización dunha nova edición do torneo de baloncesto Festas do Carme, na modalidade de 3x3.
Esta cita deportiva celebrarase os días 10 e 11 de xullo nas canchas que se habilitarán para tal fin na Canle IV, a carón da estación de autobuses.
A competición estará aberta para todos aqueles xogadores e xogadoras maiores de 16 anos que deberán conformar equipos de catro integrantes e formalizar a súa inscrición ata este mesmo mércores telefonando ao 655 06 21 12, aboando os 40 euros de inscrición, que se deberán ingresar na conta habilitada para tal fin na entidade Caixa Galicia.
No tocante aos premios o equipo que acade o primeiro posto recibirá 400 euros, o segundo farase con 200 euros e, finalmente, os terceiros clasificados gañarán 100 euros.

Horarios
A competición arrincará o sábado, día 10, ás 16.00 horas aínda que ás 15.30 horas está previsto que se celebre o sorteo para o emparellamento dos diferentes equipos participantes.

5/7/10

AS II OLIMPIADAS ESCOLARES CLAUSÚRANSE CON MÁIS DE 200 PARTICIPANTES







A II edición das Olimpiadas Concello de As Pontes poñían o pasado sábado o punto e final coa tan merecida entrega de medallas aos participantes nesta cita que, durante unha semana, non só descubriron novas disciplinas deportivas senón que tamén deron o mellor de sí en cada proba para facerse co tan preciado ouro.
De feito aínda na tarde do venres e, a poucas horas para pechar estes xogos, podiamos desfrutar das últimas probas deportivas e cambiando de elemento xa que nos fomos ata a fraga de dona rita cos membros do grupo xuvenil de piraguismo e cos rapaces de primaria e secundaria que tomaron parte nunha clase desta disciplina.
Os deportistas tomaron parte en varias baixadas polo Eume na compaña de varios monitores e demostraron que se lles da moi ben o traballo cos remos e tamén co balón xa que tras deixar o bañador tocaba desprazarse novamente ata o pavillón polideportivo para tomar parte en distintos encontros de balonmano e así pechar todas as citas deportivas incluídas nestas Olimpiadas.
E como todo esforzo debe contar cunha merecida recompensa o sábado era o momento de que estes 200 deportistas recollesen a súa correspondente medalla. A técnica deportiva Ana Alonso foi a encargada de facer entrega, xunto cos monitores que colaboraron ao longo desta semana, das medallas aos gañadores nas categorías de atletismo, balonmano, badminton, tenis e ciclismo e é que finalmente, nas disciplinas de tiro con arco, vela ou piraguismo non se proclamaron gañadores.
Nembargantes, houbo recoñemento para todos e todas os deportistas que levaron medallas de participación e tamén unha camiseta destas xornadas deportivas que, un ano máis, lograron ser un éxito de participación.

O torneo 3x3 de baloncesto Festas do Carme repartirá, esta fin de semana, 700 euros en premios

O Clube de Baloncesto As Pontes é o encargado de organizar esta cita para a que será posible anotarse ata este mércores

O Concello de As Pontes está a colaborar co Clube de Baloncesto As Pontes coa organización dunha nova edición do torneo de baloncesto Festas do Carme, na modalidade de 3x3.
Esta cita deportiva celebrarase os días 10 e 11 de xullo nas canchas que se habilitarán para tal fin na Canle IV, a carón da estación de autobuses.
A competición estará aberta para todos aqueles xogadores e xogadoras maiores de 16 anos que deberán conformar equipos de catro integrantes e formalizar a súa inscrición ata este mesmo mércores telefonando ao 655 06 21 12, aboando os 40 euros de inscrición, que se deberán ingresar na conta habilitada para tal fin na entidade Caixa Galicia.
No tocante aos premios o equipo que acade o primeiro posto recibirá 400 euros, o segundo farase con 200 euros e, finalmente, os terceiros clasificados gañarán 100 euros.

Horarios
A competición arrincará o sábado, día 10, ás 16.00 horas aínda que ás 15.30 horas está previsto que se celebre o sorteo para o emparellamento dos diferentes equipos participantes.

4/7/10

Dende o 8 de xullo os romeiros que acudan á Festa da Fraga poderán proceder á marcaxe da súa parcela

• As oito da tarde foi a hora fixada polo Concello para que os romeiros escollan o emprazamento no que levantarán as súas casetas


O Concello de As Pontes abrirá o vindeiro xoves, día8, ás 20.00 horas, o prazo para reservar unha parcela na que construir as xa tan afamadas cabanas para a Romería da Fraga.
Así as cousas, os grupos de amigos e familias que este ano desexen tomar parte nesta tradicional romería pontesa construindo a súa cabana deberán inscribirse, dende o venres día 9 , no rexistro do concello, adxuntando unha fotocopia do seu documento nacional de identidade, os seus datos persoais e teléfono de contacto.
Unha vez cumprido este trámite, farase entrega dun número e dun cartel a cada responsable que, posteriormente, deberá ser colocado nun lugar visible da construcción, co fin de facer un control máis fiable dos romeiros, das cabanas e da posterior limpeza do Parque de Dona Rita, xa que, unha vez marcada cada parcela, éstas situaranse nun plano co que se poderá levar un control máis exhaustivo.
O 8 de xullo foi a data escollida polo Concello para proceder á marcaxe das parcelas, respetando os espazos de paso e identificando cada parcela co cartel entregado no momento da solicitude da autorización, xa que nesa mesma xornada procederase a realizar o primeiro control.
Segundo anunciaron dende o departamento de Seguridade Cidadá, realizaranse dúas inspeccións denantes da celebración da afamada Romaría da Fraga para evitar que algunha cabana non conte coa pertinente autorización. Asemade, mediante estas medidas o que se busca é evitar as excesivas apropiacións de espazo por parte dos grupos de romeiros e protexer unha paraxe pontesa que non pode pagar o resto do ano as consecuencias de tres días de festa.



Dende o goberno municipal, fixeron un chamamento á concienciación cidadá en prol do respeto e coidado do Parque de Dona Rita nestes días de festa, apelando ao civismo e á responsabilidade de tódolos romeiros que toman parte nesta convocatoria co fin de lograr da Festa da Fraga unha celebración respetuosa co entorno que a acolle.

1/7/10

A Cámara Pontesa en pleno oponse ao novo Real Decreto en respaldo ó carbón nacional

En sesión ordinaria aprobábase, de xeito unánime, a moción elaborada polos partidos con representación no goberno municipal.


A Corporación Municipal, reunida hoxe en sesión ordinaria, deu luz verde a unha moción conxunta na que se solicita ao goberno central a retirada ou modificación do Real Decreto 134 /2010, do 12 de febreiro, ou decreto do carbón no que se recolle a modificación no sistema de casación de prezos no mercado maiorista da electricidade, primando ata 2012 a producción das centrais térmicas que empreguen carbón nacional como combustible.

Deste xeito, veranse perxudicadas as centrais que empreguen fuel, carbón importado ou os ciclos combinados, como é o caso de As Pontes ou Meirama, en favor das dez prantas térmicas espalladas por todo o país que usan carbón nacional como materia prima.

O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, foi o encargado de presentar unha moción conxunta onde PSOE, PP e BNG esixen a retirada ou modificación deste textom e se insta á Xunta de Galicia a defender os intereses de Galicia, a través de alegacións ou outro tipo de recursos que permitan evitar o deterioro socioeconómico das comarcas que usan materias primas á marxe do carbón autóctono

Asemade, nesta mesma moción recóllese que a figura do alcalde será o encargado do seguemento destes acordos dos que dará debida conta na Cámara pontesa.

Partido Socialista, BNG e Partido Popular aunaron esforzos e compartiron unha mesma opinión tachando este Real Decreto de moi lesivo para As Pontes xa que o que non é de recibo é apoiar recursos nacionais, perxudicando gravemente a outras comarcas, sen compensación axeitada para as mesmas.

Gañadores Naturalmente As Pontes



O concurso Naturalmente As Pontes xa conta cos seus primeiros gañadores. De feito, onte mesmo o xurado do certame escollía entre as máis de 240 fotografías presentadas o nome dos gañadores desta primeira edición.
A edil de Participación Cidadá, Montserrat García, encabezou un xurado composto polos fotógrafos José Pardo e Javier Piñeiro; o xerente da asociación Euroeume, Miguel Teixido e o comercial dun medio escrito Luís Veiga e que se encargaron de escoller aos gañadores das diferentes categorías entre todas as propostas presentadas.
Así as cousas, no que se refire ao grupo de estudantes de entre 8 e 12 anos o primeiro premio recaeu na instántánea de Ariana Goás, O mencer Branco, e o segundo foi para Iván Bouza e o seu mira qué árbore. Ámbolos dous recibiron unha videoconsola como agasallo.
No tocante ao grupo de entre 12 e 15 anos, este galardón quedou deserto ao non contar con instantáneas de participantes destas idades.
Finalmente, no tocante á categoría xeral, Juan Luís Rua Prieto fíxolle cos 500 euros do primeiro premio pola súa Fragachá 2, namentras que Genaro Taboada logrou os 300 euros do segundo posto con Río Eume Presa de Alende.