29/5/10

Os Campamentos de Vilarbó abren o seu prazo de inscrición para as XIX Acampadas Intermunicipais

· O concello de As Pontes acollerá dúas acampadas para o vindeiro mes de xullo dirixidas a rapaces e rapazas de entre 6 e 17 anos

O Concello de As Pontes acaba de abrir o prazo para participar na que será XXI edición das Acampadas Intermunicipais na Natureza que, ano tras ano, acollen as instalacións de Vilarbó, emprazadas nun encrave único como son as beiras do río Eume
As acampadas, organizadas polo colectivo Néboa e os concellos de As Pontes, Neda e Ferrol, e que contan co patrocinio dos consistorios de Viana, Malpica, Arteixo e Cerceda, buscan o achegamento ao mundo da naturaleza dos máis novos, para que aprendan a coñecela, respetala e disfrutar dela, ao mesmo tempo que os campistas se forman en actitudes e valores, como a tolerancia, a convivencia ou a participación
Xogos populares e acuáticos, obradoiros adicados ao medio ambiente, talleres de artesanía e actividades deportivas coma o tiro con arco, paseo en caona e marchas adaptadas a diferentes idades únense ao paintball, os paseos en bicicleta ou aos xogos acuáticos.
Para esta campaña, Vilarbó ofrece dous campamentos o primeiro será o Fortuna, para os rapaces e rapazas de entre 12 e 17, e que se realizará entre o 5 e o 17 de xullo. Para asistir a esta convocatoria será preciso anotarse denantes do 2 de xullo, e aboar 152 euros se se trata dun veciño dun concello colaborador ou 182 para os nenos e nenas doutros municipios.
Xa entre os días 19 e 26 de xullo se desenvolverá o campamento Aventura, dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 11 anos. A inscrición permanecerá aberta ata o 16 de xullo e o seu prezo será de 118 euros para os rapaces dos concellos colaboradores e de 138 para os dos concellos non colaboradores.
Finalmente, denantes do comezo de cada campamento, convocarase aos participantes a unha reunión cos responsables destas acampadas (3 de xullo para os membros do Campamento Fortuna e 17 de xullo para os do Campamento Aventura) onde se lles fará entrega a pais e campistas da información necesaria sobre estas actividades, ademáis de horarios de recollida e normativa. As reunións celebraranse na Casa da Cultura de Neda ás 18.00 horas.

Lugares de inscrición
As solicitudes debidamente cubertas e a documentación necesaria terá que ser entregada no local da Asociación Néboa, en Neda, na propia Casa Consistorial de Neda, no pavillón polideportivo de As Pontes, na Casa da Cultura de Malpica ou ben na Casa da Xuventude de Ferrol.
Posteriormente, farase o ingreso da cota esixida na conta de Caixa Galicia 2091-0216-51-3040010179, na que se incluén os gastos de desprazamento dos campistas ata a área recreativa de Vilarbó e a estadía e actividades dos pequenos.

26/5/10

A asociación de Alcólicos Adiante celebra esta fin de semana a XIX edición das súas xornadas sobre alcolismo

O Concello de As Pontes colabora, un ano máis, con esta cita novamente declarada de interese sanitario pola Xunta de Galicia






O Concello de As Pontes colaborará un ano máis coa asociación pontesa de alcohólicos Adiante na celebración das que serán ás XIX Xornadas sobre Acolismo e IV Xornadas Galego – Manchegas, e que teñen como fin divulgar os perniciosos efectos do alcol.
Entre o venres, sábado e domingo, espérase que medio milleiro de persoas pasen por unhas xornadas que este ano se volven facer en común coas asociacións de alcólicos manchegas.
O lema desta edición é "Alcolismo, problema moi grave, problema de todos”, e de novo foron declaradas de interese sanitario pola Consellería de Sanidade.
As conferencias, coloquios, debates e mesas redondas celebraranse no Auditorio da Casa Dopeso, e serán de entrada libre.
O venres 28, ás 18.00 horas, procederase á entrega de documentación e xa o sábado ás 10.45, o alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso; o presidente de Adiante Jesús Fernández, e o presidente da FARCAM, José Tendero Gómez, inaugurarán estas xornadas.
A primeira das poñencias correrá a cargo da psicóloga de Adiante, Belén Pardo, que ofrecerá unha serie de reflexións sobre a rehabilitación. Será ás 11.15 horas.
Logo dun descanso, ás 12.30 será o turno de Maite Lage López, a primeira psicóloga da asociación Adiante, que protagonizará unha poñencia titulada Os xoves e o alcol.
Aquí chega a grande novidade deste ano, e é que a organización decidíu dar descanso ós participantes toda a tarde, para que haxa tempo tamén para o encontro e interacción entre os congresistas sen ter toda a xornada ocupada en poñencias.
Deste xeito, non se volverá ata o domingo ás 10.30 horas, coas exposicións das vivencias de doentes alcólicos e coa representación dunha montaxe teatral preparada por un grupo de afectados na súa condición de familiares de enfermos alcólicos.



Tras dun breve descanso, ás 12.00 horas, o prestixioso médico psiquiatra José Manuel González Campa, especialista en Medicina Comunitaria, alcolismo e toxicomanías, falará do alcolismo como problemática social e humana.
O peche está previsto para as 13.30 horas coa clausura presidida pola Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas .

25/5/10

O Concello e o Clube Vilalba - As Pontes organizarán o domingo a VI Marcha Popular Concello de As Pontes

Os veciños e veciñas que participarán nesta cita partirán da Casa do Concello para percorrer varias das rúas do casco urbano

O Concello de As Pontes xunto co Clube Ciclista Vilalba – As Pontes está a organizar, para este domingo, a que será a sexta edición da Marcha Popular Ciclista Concello de As Pontes.

A proba, que dará comezo ás 12.00 horas, partirá das inmediacións da Casa Consistorial percorrendo varias rúas do casco urbano e está aberta a tódolos veciños e veciñas do municipio e concellos limítrofes, independentemente da súa idade, que desexen pasar unha xornada na que se mesturarán deporte e ocio a partes iguais.

Precisamente, dende o goberno municipal convidaron a xiareiros do mundo das dúas rodas e ponteses e pontesas en xeral a participar nesta cita que xa o ano pasado contou cunha gran acollida entre a veciñanza pontesa.

Dende a organización desta actividade veñen de anunciar que se repartirán agasallos entre os participantes, gracias á colaboura de diferentes establecementos comerciais locais e ao patrocinio do Concello.

Asemade, dende a organización insistiron na recomendación de utilizar casco protector para afrontar esta xornada.

No tocante á roita que seguirán os ciclistas, trala partida da rúa do Concello, a expedición percorrerá as avenidas de Ferrol, A Coruña e Habana dende onde accederán á rúa Celso Emilio Ferreiro ata as avenidas de Vilalba, Ortigueira, Campeiras ou Brixeo.

A comitiva tamén pasará pola Ronda do Poboado, o Poboado das Veigas e, por suposto, polas avenidas de Galicia, Castelao, Ortigueira ou Juan Antonio Suances, rematando na rúa do Campo da Feira, diante da Casa do Concello.

O Concello de As Pontes asina un acordo coa USC para ofertar prácticas dirixidas aos estudantes de Ciencias da Educación

O convenio, dirixido ao campo dos Servizos Sociais, pretende servir para potenciar a formación e especialización dos futuros graduados


O Concello de As Pontes, a través da concellería de Servizos Sociais, ven de rubricar coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) un convenio de colaboración para a realización do practicum das titulacións impartidas na Facultade de Ciencias da Educación, da universidade compostelana, para o ano académico vixente pero prorrogables para cursos vindeiros.

O acordo ten como obxectivo, segundo explicaron dende o departamento que dirixe José Alén, potenciar a realización de actividades formativas e de especialización dos educadores sociais que estudan nesta facultade e, deste xeito, contribuír a unha mellor e máis completa formación e cualificación dos futuros profesionais no eido da educación social.

Estas practicas terán lugar no departamento municipal de Servizos Sociais, abarcando todo tipo de programas, proxectos, actividades e servizos desempeñados dende esta concellería.

A duración destas prácticas ao igual que o número de prazas ofertadas será marcado pola propia USC, a través dunha comisión mixta de seguimento integrada polo Vicerreitos de Oferta Docente, Máximo Pló Casasús, e representantes do propio concello, como son o edil José Alén; as psicopedagogas municipais Montserrat González e Eva Bergantiños e a traballadora social Katia Rouco.

24/5/10

Unha vintena de rapaces e rapazas acadaron esta fin de semana o seu título de monitor de tempo libre

As clases teóricas desenvolvéronse ao longo de cinco meses e culminaron o sábado coa entrega dos diplomas acreditativos


O Concello de As Pontes, a través do departamento de Servizos Sociais, e coa colaboura da Escola de Tempo Libre Néboa e a Dirección Xeral de Xuventude, ven de poñer punto e final ao curso de monitor de tempo libre que, durante os últimos meses, acolleu o concello pontés.

As dependencias do campamento de Vilarbó acollía o sábado a entrega de diplomas á vintena de alumnos e alumnas que, durante, cinco meses, tomaron parte nesta iniciativa, homologada pola Xunta de Galicia.

O curso que contou con 200 horas de clases teóricas desenvolveuse ao longo das fins de semana no colexio A Magdalena, sendo impartidas por integrantes da Escola Néboa, responsable dos campamentos de verán de Vilarbó e dos campamentos urbanos municipais, que, durante estas semanas abordaron aspectos coma a psicoloxía, a socioloxía, a educación no tempo libre, medio ambiente, saúde, plástica ou xogos, entre outras disciplinas.

A entrega de diplomas estivo presidida polo edil de Servizos Sociais, José Alén, que subliñou a importante oportunidade laboral para os asistentes que supuxo esta actividade e que non só lle permitirá a estes alumnos e alumnas exercer de monitores en campamentos, senón que tamén lles abre as portas á hora de optar a unha praza na administración pública, no eido da educación e da formación, ou ben para traballar con persoas discapacitadas.

Agora os participantes deberán afrontar as clases prácticas de 150 horas de duración ou ben pasar un período de 14 días de prácticas nalgún campamento de verán o que lles permitirá completar a súa formación.

21/5/10

Promoción Industrial e o IPPEC continuan coa súa labor formativa ofrecendo novos cursos aos desempregados

O IPPEC está a desenvolver estudos sobre as necesidades empresariais que permitirán axeitar a oferta formativa á demanda real e que se traducen en máis de 170 persoas formadas ao seu amparo


O Concello de As Pontes, mediante o departamento de Promoción Industrial, está a preparar unha nova oferta de cursos para desempregados e demandantes de mellora de emprego, a traverso do Instituto Pontés de Promoción Económica (IPPEC).
Os positivos resultados acadados ata o de agora con estas iniciativas serven de alicerce para a continuidade nesta liña da iniciativa municipal, que está a atopar unha grande acollida nos cursos de formación orientados a desempregados para facilitar a súa inserción laboral, que ata agora veu impartindo.
Algunhas das actividades de formación levadas a cabo polo IPPEC ata o momento dirixidas ás persoas desempregadas, segundo as súas necesidades específicas no mercado laboral, do concello de As Pontes foron:
Un curso de Autocad, cunha duración de 200 horas , e impartido a 10 alumnos desempregados; un curso de Manipulación de Alimentos, cunha duración de 15 horas, impartido a un total de 15 alumnos; un curso Básico en Prevención de Riscos Laborais, cunha duración de 60 horas, impartido a 30 alumnos, no que se deberon facer duas convocatorias.
Tamén un curso de manipulación mecánica de cargas, este cunha duración de 15 horas, e no que participaron 15 alumnos desempregados
Outro curso de carné de camión C, xa cunha duración de 40 horas de teoría, e con 8 prácticas gratuítas por alumno, do que se beneficiaron un total de 18 alumnos, divididos en dúas quendas.
E outro de Interpretación de Planos de Calderaría, cunha duración de 100 horas, e destinado a 14 alumnos desempregados.
É preciso salientar tamén a posta en marcha dun curso de soldadura para unha ducia de desempregados e un curso de cociña dirixido a un total de 10 alumnos.



Asemade, tamén se desenvolveu un curso de Atención Sociosanitario, cunha duración de 600 horas entre teoría e práctica, para 12 alumnos e outro máis de Electromecánico para liñas de extrusión que contou con 25 alumnos con compromiso de contratación de 12, e que durou 100 horas.
No tocante ao 2007, co inicio do Plan Experimental de Emprego subvencionado pola Xunta de Galicia, tamén se desenvolveron outras dúas actividades formativas para un total de 40 alumnos e alumnas, adicados á cociña e á atención no pequeno comercio.
En total ofreceuse unha nova formación a máis de 170 persoas ao que se suma a atención personalizada ofrecida no IPPEC a aquelas persoas sen emprego e que precisan de orientación ou que desexan emprender algún tipo de proxecto, demandas que, xunto coa solicitude de diferentes axudas das que se beneficia o concello de As Pontes coma o Plan Miner ou o Plan Ferrol, completan o campo de actuación e xestión do IPPEC.
Agora, vaise continuar, dende o IPPEC, na liña de realizar sempre estudos previo dos perfís profesionais que presenten en cada momento demanda no tecido empresarial e industrial do Concello de As Pontes e a bisbarra.
Deste xeito garántese o levar a cabo cursos de formación coa finalidade de cubrir esas ofertas de emprego, e así poder facer máis efectiva a inserción laboral.
Defínense tamén, deste xeito, as necesidades formativas co obxectivo de buscar o punto de encontro entre a oferta e a demanda de emprego na zona.

20/5/10

FOTOS ECOTRACK POR JOSE LUIS LOPEZ

O CONCELLO RECOÑECE A LABOR DO CD AS PONTES CUNHA RECEPCIÓN OFICIAL



Coma se do Campo do Poboado se tratase, onte o salón de plenos se transformaba nun terreo de xogo para recibir e con honras aos xogadores e corpo técnico do Clube Deportivo As pontes.
E é que a corporación municipal foi a encargada de realizar aos xa xogadores de terceira división o tan coñecido corredor en recoñecemento ao seu ascenso, xesto que servía para dar comezo á recepción oficial organizada dende o concello a estes grandes profesionais, polo seu merecido esforzo e resultado nesta tempada.
Polo equipo local, o alcalde Valentín González Formoso xunto con parte dos seus compañeiros de goberno e dos dous partidos da oposición namentras que, desta vez como visitantes, ata a casa do concello se achegaban o presidente Xaime Castro xunto co plantel de xogadores, corpo técnico e varios membros da directiva do clube, ademáis dos patrocinadores do mesmo.
O primeiro en tomar a palabra foi o primeiro edil que expresou a gratitude de todo o concello co equipo que preside Xaime Castro pola boa tempada realizada e por todos os éxitos acadados ao longo deste ano.
No seu discurso, Valentín González Formoso ofreceu o apoio do goberno municipal, na medida do posible para continuar con este proxecto, gabando o labor tan importante desenvolvida por este clube que permite que máis de 200 pequenos e pequenas conten cunha actividade deportiva e de ocio como é o futbol.
O presidente Xaime Castro agrecedeu o importante apoio prestado dende o concello, ademáis do respaldo da afección, e dos patrocinadores.
Tampouco faltaron as verbas de recoñecemento para todos os estamentos do clube, dende os directvos, ós técnicos e ós xogadores.
Xaime Castro comprometíase a seguir potenciando as diferentes categorías do clube coa creación dun equipo filial en seniors.
Logo dunha berve locución tamén de Rubén Rivas, no seu papel de capitán do equipo, o acto pechouse cun intercambio de agasallos, no decurso do cal, o presidente do clube fíxolle entrega a Valentín González dunha camiseta do clube asinada por toda a plantilla ademáis de varios chaveiros para todos os membros da corporación municipal.
Entramentres, o alcalde entregoulle unha praca en recordo deste ascenso e convidou ó presidente a asinar no Libro de Honra do concello.
Finalmente, políticos, directivos, xogadores, técnicos e patrocinadores pousaron para a posteridade nas escaleiras do concello.

19/5/10

O Concello de As Pontes, a través do IPPEC, organiza para os vindeiros días tres novos cursos formativos

A Asociación Seara e Bic Galicia colaboran novamente con estas iniciativas dirixidas á mellor formación dos emprendedores locais


O Concello de As Pontes, mediante o departamento de Promoción Industrial e o Instituto Pontés de Promoción Económica, e coa colaboura da Asociación de Empresarios Usuarios de Suelo Industrial de As Pontes (SEARA), e BIC Galicia, retoman este mes os seminarios formativos que viñeron desenvolvendo xa regularmente hai varias semanas.
Logo de aquelas tres primeiras citas, xa conta con outras tres programadas para o que queda deste mes de maio, e en xuño, seguindo co obxectivo de que podan ser empregados como unha ferramenta de formación mixta, logo dos que o asistente poderá saír capacitado para crear, analizar e rendabilizar unha idea empresarial.
Nas citas anteriores xa se abordara o como xerar e madurar as ideas empresariais, e estudiáronse tamén os xeitos de avaliación cualitativas destas ideas.
Agora inclúese no novo programa o como elaborar un proxecto de empresa viable, e xa o martes día 1 se será a segunda cita desta nova xeira, para tratar da adaptación que precisa un novo proxecto de empresa e o entorno no que se desenvolve.
Para pechar esta nova entrega, volverase o 8 de xuño cunha formación máis específica dos deseños dos proxectos internos de proxectos de empresa viables.
Estos seminarios son gratuitos e o lugar de realización volve ser na sé de SEARA, no Centro de Dinamización Empresarial e Incubadora de Empresas.
Para inscribirse nos que aínda restan por celebrar, poden poñerse en contacto coa morganización no teléfono 881 245 992 ou no correo electrónico info@asociacionseara.com.
Coa oferta dos seminarios para a creación de novos proxectos de empresa, o que se ofrece a futuros emprendedores é, en definitiva, a oportunidade de desenvovlver con éxito a súa idea empresarial, de xeito que permitan analisar e planificar o futuro negocio do emprendedor.

COMPOSTELA RECIBÍA O LUNS AOS PONTESES E PONTESAS QUE PARTICIPARON NO CAMIÑO XACOBEO ORGANIZADO POLO CONCELLO



Cinco días de odisea para cumprir cun reto: chegar a Santiago de Compostela e gañar o Xubileo , os ponteses conseguímolo.

Concretamente case un cento de veciños e veciñas de As Pontes que o luns, contra as cinco do serán, percorrían os derradeiros metros que os separaban da Praza da Quintana, da Porta Santa e, por suposto, da Praza do Obradoiro custodiada pola maxestuosa Catedral de Santiago.

Tras máis de 100 quilómetros nos seus pés, o grupo de ponteses e pontesas que tomaron parte nesta primeira peregrinaxe a Santiago, alcanzaban a súa meta: a capital de Galicia.

Co alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, á cabeza, a edil de Participación Cidadá, Montserrat García, e un importante dispositivo de efectivos de Protección Civil e GRUMIR, comandados polo concelleiro Javier Carballo; a expedición pontesa percorría unida, os dous derradeiros quilómetros que separan San Lázaro do Obradoiro uniformados coas cores da nosa vila: o verde e o vermello, o que daba lugar a un singular grupo que conseguiu con honores e, por suposto, con esforzo, alcanzar a tan ansiada Compostela.



Atrás quedaban máis de 110 quilómetros de fragas, asfalto ,corredoiras e preciosas paisaxes, que arrincaban o pasado día 8 en Sarria para retomarse este mesmo sábado en Palas de Rei, nunha dura etapa que uniu esta localidade lucense coa coruñesa de Arzúa ,etapa popularmente coñecida co nome de "parte pernas ". Case 30 quilómetros de percorrido xustifican un importante esforzo que se viu recompensado cun clima do máis apacible para camiñar e cun percorrido por Melide, lugar que os peregrinos escolleron para xantar, e que puideron coñecer máis polo miúdo da man de Fermín Vázquez, membro do corpo de Protección Civil de Melide que tamén se encargou de recibir aos ponteses na terra do polbo á feira, e de Xurxo, un arqueólogo local tamén membro do corpo de Protección Civil melidense que deu a coñecer aos peregrinos lugares coma a praza do Concello onde se grava a serie Libro de Familia, o Museo da Terra de Melide ou a Capela de San Antonio.

Xa o domingo, e tralo merecido descanso en Arzúa era momento de facer fronte aos 20 quilómetros que a separan de O Pino, o penúltimo tramo denantes de alcanzar Santiago de Compostela, unha xornada que permitía aos peregrinos desfrutar da hermida de Santa Irene e da riqueza paisaxística da zona, ademáis da súa gastronomía.



E o luns tocaba erguerse ben cedo para continuar a camiñata no seu derradeiro tramo: tras case 18 quilómetros que levaron aos camiñantes a San Marcos e ao tan coñecido Monte do Gozo ,chegaba o momento de compartir un saboroso xantar conxunto , despois do cal arrincaban os derradeiros dous quilómetros ,que a comitiva pontesa facía para alcanzar o Xubileo.

A marea verde e vermella facíase notar e levantaba expectación ó seu paso polas rúas de Santiago , deixando atrás dúas fermosas fins de semana coñecendo Galicia e, por suposto,compartindo experiencias co resto dos veciños e camiñantes de tódalas nacionalidades.

A culminación da viaxe chegaba na Plaza da Quintana, onde os ponteses e pontesas rompían nun improvisado aplauso emocionado sentados na escalinata ,e coa mirada posta na Porta Santa.



Dende o Concello queremos facer chegar a todos a nosa felicitación, e utilizar a frase insigne do camiño para desexarlles moita sorte no camiño das súas vidas. ¡BO CAMIÑO!

14/5/10

As Pontes acollerá o día 29 unha cea solidaria co fin de recadar fondos para New Light

· O Concello colabora novamente coa ong Mundo Cooperante para poñer en marcha esta iniciativa para a que aínda hai tempo de anotarse


O Concello de As Pontes volverá volcarse, un ano máis, co proxecto solidario New Light que a organización non gubernamental Mundo Cooperante está a desenvolver na India.

Nesta ocasión, ademáis da celebración da terceira edición festa solidaria Barha Party, programada para o vindeiro mes de xullo, a finais deste mesmo mes de maio, terá lugar unha cea solidaria para recadar fondos que se destinarán á casa de acollida de fillos e fillas de traballadoras sexuais do Barrio Vermello de Kalighat, onde se ofrece un teito, educación, alimentación e atención sanitaria básica para estes pequenos e pequenas.

Esta cita gastronómico – solidaria terá lugar na noite do 29 de maio, no local social da Choupana, ubicado na Rúa Pablo Picasso, e dará comezo ás 22.00 horas.

Pratos típicos da India, Brasil , Portugal, Colombia, Etiopía, Chile, Nixeira e por suposto de España, preparados por auténticos nativos, integrarán o buffet desta cea - baile solidaria na que todos os que participen tamén terán a oportunidade de entrar no sorteo de diferentes agasallos doados por varios establecementos comerciais ponteses.

Asemade, tamén está previsto que tras desfrutar desta saborosa cea os comensais tomen parte nun baile que se prolongará ata altas horas da madrugada.

Para colaborar con esta causa tan só é preciso adquirir unha invitación, ao prezo de 12 euros, e que se poden adquirir nas dependencias da televisión local RTV EUME e nas cafeterías: Bahía, Marbella, Colador, o Dreams e Bóveda 47 ata finais da vindeira semana.

Un cento de ponteses e pontesas rematarán o luns á tarde a súa peregrinaxe a Compostela




· A expedición, organizada polo Concello, iniciou o sábado a súa andaina e chegará o día 17 ao Obradoiro coa compaña do rexedor pontés

O Concello de As Pontes, a través da representación de case un cento dos seus veciños e veciñas, aterrará o vindeiro luns, 17 de maio, en Santiago de Compostela.

E é que mañá mesmo partirá cara ao concello lucense de Palas de Rei a expedición dos ponteses e pontesas que decidiron afrontar os derradeiros cen quilómetros do Camiño Francés ata Compostela nunha peregrinaxe organizada polo goberno municipal e que daba comezo o pasado día 8, en Sarria.

Na xornada de mañá, os case 100 veciños e veciñas do municipio que toman parte nesta peregrinaxe reuniranse novamente para tomar un autocar que os levará ata a localidade lucense de Palas de Rei, punto no que remataban o pasado domingo a primeira parte desta roita, e na que retomarán a que xa será a terceira etapa desta expedición.
Ás 06.45 da mañá volven estar convocados, diante da casa consistorial todos os peregrinos e peregrinas ponteses e que, unha vez máis contarán coa compaña de efectivos de Protección Civil, Grumir e dos edís de Participación Cidadá, Montserrat García, e Seguridade, Javier Carballo.
Por diante quedan os máis de 28 quilómetros que unen o municipio lucense co concello de Arzúa, onde está previsto que os pregrinos pasen a noite de sábado.
Melide, Furelos, Casanova ou Castañeda serán algúns dos municipios polos que deberán pasar os peregrinos ponteses nesta etapa, a máis longa en Galicia, e que se define cun calificativo moi explícito: crebapernas, xa que estes 28 quilómetros de continuas subidas e baixadas equivalen a 40 quilómetros por unha roita cha.
Tras pernoctar en Arzúa tocará afrontar a etapa trixésima do camiño francés ata O Pino. Serán 20 quilómetros de traxecto moi cómodo, con pendentes sinxelas e pistas e que permitirán aos peregrinos coñecer diferentes lugars coma Salceda, Boavista, Santa Irene ou o Preguntoño.
E xa para o luns e cun compañeiro de camiño especial como é o alcalde pontés Valentín González Formoso, a expedición alcanzará Santiago de Compostela tras 20 quilómetros de travesía entre O Pino e a capital.
Está previsto que os peregrinos desfruten dun saboroso xantar en San Lázaro que permitirá repoñer forzar para afrontar o tramo que levará aos peregríns ata a Catedral e ata lugares tan emblemáticos coma as prazas do Obradoiro, Praterías e Quintana e figuras míticas coma a famosa Berenguela que se encargará de dar a benvida á expedición pontesa e que, unha fin de semana máis, de seguro que cumprirá e con nota.

13/5/10

As Pontes celebra o Día das Letras Galegas con música, teatro infantil e un festival músico – poético


A presentación de Feroces da Galgueira ou a actuación de Talía Teatro integran o programa de actividades para conmemorar o 17 de maio

O Concello de As Pontes, a través do departamento municipal de Cultura, está a programar para os vindeiros días diferentes actividades culturais co gallo da celebración do Día das Letras Galegas.

De feito, mañá mesmo os máis pequenos da casa serán os protagonistas dunha sesión de contacontos a cargo da compañía Talía Teatro que traerá, ata a Biblioteca Municipal, Mundos Contados, unha colección de textos nas que unha nena, de nome Samba, nos dará a coñecer distintos mundos e distintos tipos de personaxes creados pola fenesa Paula Carballeira, tamén encargada da dirección e da posta en escea deste macroconto.

Marta Ríos é a encargada de facer chegar ao público infantil a Samba ao longo dunha historia duns 50 minutos de duración e da que, ademáis dos máis pequenos, tamén desfrutarán os seus pais e nais, dende as 18.00 horas.

A entrada será totalmente libre.


Presentación Feroces da Galgueira

O sábado o protagonismo será para a música tradicional xa que ao importante listado de agrupacións musicais cos que conta o concello pontés, o sábado sumarase unha nova formación coa música tradicional como bandeira: trátase de Feroces da Galgueira que o sábado, no auditorio municipal Alovi, ás 20.00 horas, debuta diante do gran público.

Esta nova aposta musical supón un regreso aos ritmos tradicionais coas gaitas e a percusión como protagonistas e, por suposto, coa interpretación de temas populares da cultura galega tanto instrumentais coma cantados.




Rostros tan coñecidos do panorama musical local coma Luis Pita, Miguel Ferreiro e Carolina Leal do grupo folk Muxarega ou Sara López e Marcos Freire integran este grupo que, para a súa estrea, contarán cuns padriños de luxo: o gaiteiro Xoan Carlos Rilo e o acordeonista Andrés Penabad.
O acceso a este concerto será totalmente gratuíto.

Certame no Liceo Artístico
As actividades en conmemoración das Letras Galegas rematarán o luns co festival organizado polo Liceo Artístico e Recreativo e que dará comezo, no seu local da Avenida de Galicia, ás 17.30 horas.
Varios estudiantes de distintos centros educativos ponteses, xunto coa Rondalla Vila de As Pontes encargada de poñer a nota musical a esta cita amenizarán a xornada á que se sumarán, asemade, as composicións tanto propias coma de Uxío Novoneyra que recitarán os membros do Grupo Poético Alalá, tamén integrantes do cartel de actividades deste festival.
A entrada a esta cita será libre para todo aquel que desexe participa na mesma.

As Pontes acollerá o 26 de xuño o concerto do concurso de rock “Deputación da Coruña”

As Pontes acollerá, o vindeiro 26 de xuño, o concerto dos cinco grupos finalistas da III edición do Concurso de Rock “Deputación da Coruña”, no que participarán os grupos Sweet Oblivion Band (A Capela), Siete puertas (Arteixo), Revolujoin (A Coruña), Los justicieros (Malpica) e Yidorah (Santiago de Compostela).


A actuación de cada un dos grupos terá unha duración máxima de 30 minutos e a organización facilitaralles aos participantes o equipo de son, a iluminación e o escenario. Cada un dos grupos finalistas recibirá 300 € por participar neste fase do concurso.


O xurado do concurso, que determinará os gañadores deste, estará presidido polo titular da Deputación, Salvador Fernández Moreda, e formarán parte del a deputada responsable da área de Cultura da institución provincial e tres persoas de recoñecido prestixio no ámbito da música.


O primeiro clasificado obterá un premio de 3.000 euros. O segundo e terceiro clasificados obterán cadanseu premio de 1.500 euros e o cuarto e quinto clasificados obterán un premio de 1.000 euros cada un.

O goberno municipal da luz verde a unha inversión de case medio millón de euros en obras

O executivo local ven de aprobar, en Xunta de Goberno, un listado de actuacións por un total de 470.000 euros.

Neste paquete de obras é preciso salientar os proxectos de humanización das Rúas Rego do Campo e Mugardos, nas que se vai apostar pola peonalización.

En ámbolos dous casos, só os residentes poderán circular por estas rúas.

A peonalización vai levar consigo a sustitución dos sistemas actuais de auga e sumidoiros cadrando coa instalación dunha nova pavimentación e novo alumeado.

No caso do Rego do Campo a dotación para a licitación do proxecto será de 115.00 euros, con cargo á Deputación de A Coruña.

Na Rúa Mugardos, e nas mesmas condicións repítense estas mesmas actuacións, o que supón un custo na licitación do seu proxecto, de 70.000 euros.

Tamén se ven de aprobar unha inversión de 110.000 euros para o cambio da iluminación en toda a Avda de Galicia ao que se sumará a rehabilitación do exterior da casa dos legoeiros da Santa do Carballo.

Neste caso o custe vai ser de 115.000 euros, pois tan só haberá que custear o material, posto que os traballos vainos abordar a Escola Obradoiro Fontelimpa.

Finalmente, tamén recibiu luz verde o pago de diferentes facturas pendentes e que suman 60.000 euros.

5/5/10

As Pontes rende homenaxe a Novoneyra cun recital poético de Darío Xohan Cabana

Na fin de semana tamén será posible desfrutar da música folk do grupo Muxarega que celebra os seus 15 anos de vida cun concerto

O Concello de As Pontes, a través do departamento de Cultura, comeza esta mesma semana a súa particular homenaxe ao Día das Letras Galegas, de feito, o venres, ás 20.30 horas, a biblioteca municipal acollerá o recital do poeta da Terra Chá Darío Xohan Cabana que renderá a súa particular homenaxe á figura de Uxío Novoneyra, mediante un recital poético no que se dará lectura a diferentes composicións do poeta do Caurel.

Textos incluídos en obras coma Os Eidos, Do Courel a Compostela ou Muller para lonxe integrarán o repertorio ao que dará lectura o poeta chairego que visitará As Pontes para dar conta da importante obra de Novoneyra e da riqueza e significado dos seus versos.

Este recital, que está a percorrer este ano moitas localidades galegas, achegará ao público asistente á figura de Novoneyra, a traverso das súas composicións, en moitos casos na liña de boa parte da creación de Darío Xohan Cabana, coincidente nas raigames comúns no popular e a tradición.
A entrada será totalmente libre.

Concerto XV Aniversario de Muxarega

O sábado a cita será coa música dos integrantes de Muxarega que celebran os seus 15 anos neste mundo cun concerto que dará comezo ás 20.00 horas no auditorio municipal Alovi.





Os actuais integrantes do grupo, xunto con todo o listado de músicos que pasaron polo mesmo ao longo destas case dúas décadas, unirán a súa arte coas gaitas, guitarras, pandeiretas para dar vida a un recital que fará historia no que se mesturarán composicións actuais cos primeiros temas que formaban parte do repertorio desta formación ao que se sumará a presentación do primeiro traballo discográfico desta formación folk: 8 Soños, e que inclue un total de 12 composicións nas que as cancións propias se mesturan con versións de diferentes temas ou cancións cedidas por amigos ou ex integrantes desta banda coma Xurxo Iglesias ou Xoan Carlos Rilo.
Malia que o acceso a este recital é gratuíto será preciso retirar unha localidade previamente e que se repartirán na propia billeteira do auditorio municipal Alovi o venres, as 19.30 e 21.00 horas, e xa o sábado de 12.00 a 13.30 ou ben dende as 19.00 horas ata o inicio do espectáculo.
Lembrarlles tamén que, estes días, tamén é posible desfrutar da mostra III Premio de arte gráfico Jesús Núñez e que organiza a Deputación da Coruña.
Ata o 15 de maio poderemos visitar, no Mercado Vello, esta mostra de martes a venres de 18.00 a 19.30 ou ben os sábados entre as 11.30 e a 13.30.

As Pontes celebra o Día da Saúde da Muller ofrecendo diferentes charlas e actividades para o público feminino

Un taller de adestramento da memoria, unha charla sobre a demencia e unha proxección sobre este tema integran o programa de actividades elaborado dende Servizos Sociais


O Concello de As Pontes, mediante a concellería de Servizos Sociais e do Centro de Información da Muller (CIM), adicará este mes á celebración do Día Internacional de Acción pola Saúde da Muller, que se celebrará o vindeiro 28 de maio, organizando diferentes talleres e actividades.

O edil deste departamento, José Alén, foi o encargado de dar a coñecer as distintas actividades que se están a organizar dende esta concellería e que levan por título Mes da Saúde da Muller, co que se pretende ofrecer información á cidadanía sobre unha doenza tan crítica como é a demencia, ademáis de organizar un obradoiro e un vídeo forum sobre esta enfermidade.

A primeira das actividades incluídas neste programa será un obradoiro de memoria que se desenvolverá na Casa Dopeso, concretamente na aula polivalente, mañá e mailo día 11. Este taller, de tres horas de duración, dará comezo ás 10.30 da mañá.

Outra das actividades que deu a coñecer o edil foi a charla adicada á demencia que se desenvolverá na xornada do día 20, ás 19.30 horas, na Casa Dopeso e que dará a coñecer non só o proceso desta doenza senón tamén as súas consecuencias.

O Mes da Saúde da Muller pecharase cun vídeo forum no que se proxectará o filme ¿Y tú quién eres?, do director Antonio Mercero onde, novamente, se abordará a problemática da demencia e como afecta esta enfermidade non só ao que a padece senón tamén aos seus seres queridos.

A proxección, que terá lugar na Casa Dopeso, terá lugar o día 27 ás 19.30 horas e ao seu remate dará comezo un coloquio sobre esta dramática situación.

Dende o departamento de Servizos Sociais, José Alén convidou a toda a veciñanza a tomar parte nesta oferta de actividades.

4/5/10

A Deputación da Coruña investirá 1,8 millóns de euros no arranxo de varios viais no concello de As Pontes

O municipio pontés tamén se beneficiará dunha axuda de 45.000 euros para manter o Grupo Municipal de Intervención Rápida
- A Deputación da Coruña ven de dar o seu respaldo, na sesión plenaria celebrada o pasado venres, a diferentes obras que afectan ao concello de As Pontes.

Nesta sesión, aprobouse o proxecto técnico e a solicitude de urxente ocupación dos bens e dereitos para a expropiación dos terreos afectados pola CP 1802, entre Veiga da Cabana e As Pontes, entre os quilómetros 11,753 e 17,800, vial que precisará dunha achega de case 1,6 millóns de euros para a súa ampliación e mellora, dos que 151.267 euros se destinarán a realizar as expropiacións pertinentes. De feito, o que recibía luz verde o pasado venres foi o proxecto técnico, non a obra en sí.

De feito, está previsto que este treito pase dos 4,5 metros de ancho aos 5 metros, ao que se sumarán beirarrúas e espazos peonís nas zonas habitadas.

A deputada provincial Montserrat García definiu o proxecto como unha iniciativa necesaria e moi importante que incidirá na mellora da comunicación da zona, á que se suma a ponte de Rebardille, que o executivo pontés acometerá con fondos do Plan Miner, e que permitirá a eliminación de dúas importantes e perigosas curvas existentes neste treito.

A tamén edil de Participación Cidadá explicou que este proxecto suporá unha importante dinamización para as parroquias afectadas xa que, deste xeito, o traxecto comprendido entre as zonas de Ribadeume e Goente contará cunha imaxe totalmente remodelada e, sobre todo, máis segura ao verse este vial ampliado notablemente, unha vez se remate con este proxecto ao que aínda lle queda por afrontar unha terceira fase que será a que enlace Veiga da Cabana con Goente.

Por outra banda, nesta sesión tamén se deu luz verde á quinta fase do Plan Provincial de axuda contra a crise e que inclue diferentes proxectos para As Pontes, cunha inversión de case 225.000 euros.
De feito, o goberno coruñés asumirá os 125.529 euros que suporán a reparación e aglomerado dos viais municipais en San Pedro de Eume, asemade, tamén está prevista unha inversión de 31.140 euros nas obras de aglomerado da pista no Narón. Completa este paquete de inversións unha contía de 67.439 euros que terán como fin a reparación do asfaltado do acceso a Porto dos Frades.

Asemade, o pasado venres tamén resultaba aprobada unha axuda de 720.000 euros, a repartir en partidas de 45.000 euros, para un total de 16 concellos coruñeses co fin de colaborar co sustento dos Grupos Municipais de Intervención Rápida destes municipios, entre os que se atopa o de As Pontes.