30/7/09

O Concello de As Pontes aproba, en sesión extraordinaria, o regulamento de axuda no fogar

• Na sesión tamén se acordou a xestión indirecta do Servizo de Axuda no Fogar que completará os servizos que ofrece actualmente o Concello
A corporación municipal deu hoxe luz verde, coa abstención dos membros do grupo municipal do BNG, ao regulamento que rexerá o Servizo Municipal de Axuda no Fogar (SAF). Foi a través dunha sesión plenaria de carácter extraordinario e que serviu como punto e aparte, ata setembro, da actividade política no concello pontés.
O edil de Servizos Sociais, José Alén, foi o encargado de dar conta deste novo documento, supeditado á normativa xeral imposta pola Xunta de Galicia, e que, supón a adaptación dunha ordenanza de carácter autonómico ao ámbito local. A través deste texto, o executivo pontés, pretende regular os contidos e procedementos deste novo servizo, situación que se tamén se está a dar no resto de concellos de Galicia.
En relación a este asunto, dende o BNG optaron pola abstención alegando que o regulamento carece dalgúns puntos importantes coma o listado de actividades non incluidas nos servizos prestados polos profesionais do SAF ou a falla dunha ordenanza fiscal que regule os seus custos, chegando a propoñer a aprobación, por parte do pleno, dun documento alternativo elaborado pola formación nacionalista.
Dende o equipo de goberno, a través da figura do primeiro edil, Valentín González Formoso, subliñaron que o regulamento é mellorable pero ao estar supeditado a unha norma de carácter autonómico, que xa conta coas propostas realizadas dende as filas do BNG, o importante é sacar adiante canto antes un escenario válido para un servizo que beneficiará aos veciños e veciñas do municipio, e que precisa ir cara adiante e non demorarse aínda máis.
Por outra banda, tamén recibiu a aprobación da cámara pontesa, co apoio dos edís de PSOE e PP, o punto adicado á xestión indirecta do Servizo de Axuda no Fogar para persoas dependentes e que completaría as tarefas que, a día de hoxe, están a desenvolver dende o departamento de Servizos Sociais mediante o servizo municipal de axuda no fogar.
Segundo explicou o edil de Servizos Sociais o principal fin desta proposta é ofrecer un tipo de atención máis áxil e completa aos usuarios que, a día de hoxe, superan a vintena, cifra que, tal e como recollen as previsións manexadas dende o goberno municipal, se vería duplicada tralo verán, unha vez que a comisión encargada da valoración dos solicitantes do servizo dese luz verde a tódalas peticións realizadas.
José Alén apuntou que, neste momento, o servizo municipal está suxeito a baixas, vacacións, xornadas festivas e horarios que van de luns a venres, o que non permite ofrecer unha atención completa tódolos días do ano. O edil tamén fixo fincapé en que, malia que se opte por externalizar parte do servizo, éste continuará baixo a supervisión do Concello e completaría as tarefas actuais que están a desenvolver dende Servizos Sociais o que daría lugar a unha mellora do rendemento dos recursos que repercutiría no benestar da veciñanza.
Dende o BNG optaron por opoñerse a esta medida asegurando que carece de lóxica que “un partido de esquerdas privatice un servizo social”, e ofrecendo como solución a contratación de máis persoal laboral.
Valentín González Formoso amosouse sorprendido ante tales declaracións citando situacións como a vivida coa escola infantil A Barosa, xestionada por unha empresa privada, por decisión do BNG nos seus anos de goberno; o servizo de recollida de lixo ou o de limpeza viaria, tamén privatizados polos nacionalistas.
Por outra banda, na sesión extraordinaria deste mediodía deuse conta dos escritos de integración no BNG dos concelleiros Anxo Meizoso e Francisco Rodríguez Iglesias, e da designación de Ramón Gato Bañobre como voceiro titular da formación nacionalista.
Asemade, presentouse un terceiro informe relativo á designación dos diferentes vogais do grupo municipal do BNG nas comisións informativas e, finalmente, deuse conta á corporación municipal da solicitude dunha subvención para o Programa Municipal de Actuación contra a Violencia de Xénero por un importe de 13.757 euros.

23/7/09

Servizos Sociais porá en marcha un curso de xestión empresarial para 15 desempregadas

• A iniciativa está financiada polo Fondo Social Europeo e o Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

O Concello de As Pontes, a través do departamento de Servizos Sociais e do Centro de Información á Muller (CIM), impartirá dende o vindeiro mes de agosto un curso de Creación e Xestión de Microempresas, dirixido, principalmente, a mulleres desempregadas ou ben a aquelas activas residentes en Galicia.

A iniciativa ten como principal obxectivo ofrecer ás alumnas as ferramentas necesarias para xestionar unha pequena empresa e desenvolverase nos meses de agosto, setembro e outubro, ao longo de 300 horas repartidas en formación tanto específica coma complementaria.

Segundo explicou o edil de Servizos Sociais, José Alén, este curso conta co financiamento conxunto do Fondo Social Europeo e o Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, que dotarán con case 12.000 euros esta actividade formativa.

Esta actividade está incluída no II Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de As Pontes e é que, tal e como aclarou o concelleiro, a principal intención deste plan pasa por formar ás mulleres como fórmula imprescindible para mellorar as súas posibilidades de acceder ao mercado laboral.

Un total de 15 mulleres poderán mellorar, a través desta iniciativa, a súa cualificación profesional e é que, tal e como explicou o concelleiro, este curso ofrece ás asistentes as bases para identificar as oportunidades de negocio, coñecementos básicos sobre a xestión de calidade, as liñas mestras para a creación dunha empresa e controlar a súa situación financiera ou os procedementos a seguir para tramitar documentos oficiais e declaracións de impostos, ao que se sumarán contidos vinculados coa igualdade de oportunidades e a orientación profesional.

Para poder participar nesta iniciativa será preciso estar en posesión do graduado escolar ou dunha titulación equivalente e tomar parte nunha proba de selección, programada para o vindeiro 28 de xullo, ás 09.00 horas, que terá como lugar de celebración a aula polivalente ubicada no segundo andar da Casa Dopeso.

O campo da Pena da Revolta albergará, o sábado, a quinta proba da Copa Presidente de Tiro Policial

• Case 150 profesionais de diferentes corpos de seguridade tomarán parte nos oito exercizos incluídos nesta cita

As Pontes acollerá o vindeiro día 25 a quinta proba incluída na Copa Presidente I.P.S.C. de tiro policial. A competición, que se desenvolverá entre as 09.00 e as 16.00 horas, terá como sé o Campo de Tiro Pena da Revolta, sendo estas instalacións as primeiras en Galicia que acollen unha proba nacional de semellante nivel.

O concello de As Pontes colle así o relevo de municipios coma Punta Camello (Illas Canarias), Valdemoro (Madrid), Marratxi (Mallorca) ou Fraga (Huesca) que xa albergaron esta competición e que se desenvolverá nas modalidades de open, estándar e producción.

Segundo a organización, nestas tres modalidades está prevista a presenza duns 150 participantes, pertencentes aos diferentes corpos de seguridade do Estado, entre os que se atopan os mellores tiradores do país, que deberán enfrontarse a un total de oito exercizos nos que se mesturan as probas de precisión a diferentes distancias cos percorridos dinámicos con distintos niveis de dificultade.

O goberno municipal ofreceu todo o seu apoio e os medios dos que dispón para converter en realidade esta importante competición, facendo así do campo de tiro pontés un dos referentes nacionais en probas destas características.

Así as cousas, dende o executivo pontés animaron a tódolos ponteses e pontesas a que se acheguen, nesta xornada, ata a Pena da Revolta co fin de desfrutar desta espectacular competición, facendo extensiva esta invitación aos veciños e veciñas dos concellos limítrofes.

22/7/09

Luar na Lubre encabeza o cartel do Festival Folk que protagonizará a 105 edición da Romería da Fraga

Muxarega, Bonovo, Leña Verde, a orquestra Super T e os Kilomberos de Monte Alto completan o cartel musical elaborado pola comisión de festas

O Concello de As Pontes pecha esta semana as súas festas patronais coa celebración da 105 edición da Festa da Fraga, unha romaría que terá lugar os días 24 e 25 de xullo no parque de Dona Rita e que concentrará a milleiros de asistentes que, nestes días, están xa a levantar as súas respectivas cabanas para desfrutar desta festa.
Así as cousas, a xornada do venres 24 estará marcada pola celebración do Festival Folk, unha cita que dará comezo ás 22.30 horas, e na que participarán un total de catro grupos.
A formación Leña Verde abrirá a noite para continuar con Bonovo, unha formación que presume de facer folk experimental dende 2007, avalado pola experiencia dos seus compoñentes coma Óscar Fernández, Roberto Grandal e Pulpinho Viascón e que contan ás súas costas coa bagaxe profesional que supón o traballar en grupos coma Os Cempés, Os Diplomáticos de Monte Alto ou os gaiteiros Budiño e Susana Seivane.
Seguidamente, subiranse ao escenario Luar na Lubre, un dos grupos folc por excelencia que presentarán en As Pontes o seu último traballo discográfico Ao vivo, no que se recollen os temas máis coñecidos dos seus máis de vinte anos sobre os escenarios e onde non faltan O son do ar, Chove en Santiago ou María Soliña.
Pecharán a noite os locais Muxarega, xa todos uns veteráns neste festival pontés e que se encargarán de facer bailar aos que aínda se manteñan en pé despois de máis de dúas horas e media de espectáculo.
A xornada do sábado, día 25 , incluirá unha misa na Capela do Carme, ás 13.00 horas, que virá seguida da sesión vermú que, nesta ocasión, amenizará a orquestra Super T, tamén encargada da verbena nocturna programada para as 23.00 horas.
Xa pola tarde, ás 17.00, a charanga Os Ponteses amenizarán as merendas para deixar paso, ás 19.30 horas aos Kilomberos de Monte Alto, que cos seus tambores farán mover o esquelete a todo aquel que pasar a xornada de sábado na fraga de Dona Rita.

Dende o goberno municipal quixeron animar non só aos ponteses e pontesas senón tamén aos veciños dos concellos limítrofes a tomar parte nesta festa, declarada de interese turístico, e que, ano tras ano, xunta a milleiros de romeiros co fin de pasar dous días de algarabía e diversión, que poñen o broche de ouro ás celebracións de verán que, cada mes de xullo, teñen lugar no municipio.

21/7/09

As predicións meteorolóxicas pospoñen algunha das actividades do martes 21 de xullo

.


Despois dun luns festivo donde os veciños disfrutaron dos espectáculos das orquestras
París de Noia e Panorama hoxe poderemos contar con novas actividades de ocio programadas
para este martes 21 de xullo.

Por un lado o parque activo propón para esta tarde as 18:00 horas un obradoiro de instrumentos
que terá lugar na Casa Dopeso por mor das adversas condicións meteorolóxicas.

O espectáculo do clown Peter Punk tamén se traslada por este motivo o salón de actos da Casa Dopeso as 19:00 horas.

O espectáculo de rúa "no Fondo do mar" que a compañía Os Quinquilláns ofrecerían as 21:30
nas rúas pontesas posponse ata o mes de setembro.

19/7/09

As Pontes recibe a grupos de Arxentina, Brasil, Portugal e Siberia no Festival Folclórico Internacional 2009

O programa de mañá tamén contará coas actuacións de diferentes conxuntos locais e con actividades para os máis pequenos

As Pontes acollerá mañá unha das citas máis tradicionais das súas festas patronais coa celebración do Festival Folclórico Internacional 2009 unha cita que, ano tras ano, colleita unha gran aceptación entre a veciñanza pola relevancia dos grupos que toman parte neste espectáculo co fin de dar a coñecer os diferentes bailes e tradicións culturais de países de tódolos puntos do planeta.
Así as cousas, mañá, dende as 21.00 horas, o pavillón polideportivo municipal albergará un espectáculo, de acceso gratuíto para todos aqueles interesados en desfrutar desta mestura de culturas, no que participarán a banda pontesa Alfaia, a agrupación Graos de Luz e Griô do Brasil, o Taller de Danzas Nativas Huayra Muyoj de Arxentina, o grupo polaco de danza Kundzia, os rusos Sibirianochka e as lusas Lavandeiras do Vale do Lena.
Previamente, todas estas agrupacións percorrerán as rúas do casco urbano dende as 19.00 horas.
Nembargantes, a programación musical xa dará comezo a primeiras horas da mañá cos pasarrúas que protagonizarán as charangas Os Ponteses e Os Trevillas ás 11.00 e 12.30 horas, respectivamente.
Xa ás 12.30 celebrarase, na Capela do Carme, a Misa en honra a Santa María Magdalena e de Cofrades.
Ás 13.30 horas voltará a música co concerto protagonizado pola Banda de Música de As Pontes nos xardíns do Campo da Feira e que estará incluído no programa Parque@ctivo. Xa pola tarde, os pequenos serán os auténticos protagonistas cun parque infantil no que será posible desfrutar de inchables, diversos xogos e unha festa da escuma, actividades todas elas que se iniciarán ás 16.30 horas.
A xornada de luns dirá adeus con música, ás 21.00 horas co pasarrúas que protagonizarán Os Ponteses, e xa ás 23.00 horas coa verbena que estará amenizada polas orquestras París de Noia e Panorama.

17/7/09

O plantel de Lm Composites reclama novamente unha solución para a empresa co apoio de veciños e políticos







Os traballadores da firma LM Composites tiveron sairon onte novamente á rúa para reclamar unha solución á situación que a empresa eólica continua a vivir con un expedente de regulación de emprego que está a afectar aos 90 traballadores da pranta afincada no polígono dos Airíos.



Na xornada de onte, a cita para reclamar, novamente, unha saída a esta problemática tivo como escenario da Praza do Hospital a onde tamén acudiron centos de veciños e veciñas para apoiar a estes traballadores, encabezados polo alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, que contou coa compaña non só con membros do seu grupo político senón tamén das demáis formacións políticas con representación na cámara pontesa.

Ás oito e media da tarde, e baixo a xa máis que coñecida pancarta na que operarios e formacións sindicais reclaman unha solución a esta problemática, deron comezo unha serie de intervencións encabezadas polos membros do comité de empresa de LM, Celso Barro e Emilio Agra, que deu conta das dúas reunións mantidas nas últimas horas coa dirección xeral de Industria da Xunta de Galicia e a propia LM e que augura un duro futuro para esta fábrica con previsións que apuntan a 3 meses de traballo a pleno rendemento.



Pola súa parte, dende Comisións Obreiras, Manuel Piñeiro esixiu un cambio de postura á dirección da empresa e á Xunta de Galicia para que poña enriba da mesa unha solución porque, segundo explicou, non se pode xogar deste xeito co pan de cada día de 90 familias.



Dende a UGT, Manuel Pena deu conta dunha posible presión por parte de LM á Xunta de Galicia, a través deste pouco interese por dotar de carga de traballo á fábrica pontesa, co fin de obter do goberno autonómico unha posible parte do concurso eólico.



Alberto Amado, da CIG, asegurou que a única solución posible pasa por presionar á direccion de empresa para que non continue a desviar carga de traballo a outras fáctorías internacionais.



Finalmente, dende o comité de empresa de LM solicitaron á veciñanza pontesa e aos políticos locais o seu apoio en futuras concentracións para amosar á dirección de LM que os traballores ponteses non están sos e que conta co respaldo dos veciños e veciñas de As Pontes.

La Unión protagonizará, na noite do domingo, o concerto estelar das festas en honra á Virxe do Carme

 O programa da fin de semana complétase cun certame de bandas, actividades infantís, celebracións litúrxicas e diferentes espectáculos musicais

O grupo madrileño La Unión, un dos referentes dos anos 80 e 90, visitará o domingo As Pontes para ofrecer concerto, de acceso totalmente gratuíto, e que forma parte do amplo e variado programa elaborado polo Concello de As Pontes e a comisión de festas para homenaxear á patroa local: a Virxe do Carme.
Rafa Sánchez, Luís Bolín e Mario Martínez protagonizarán, ás 00.30 horas na Praza da Capela do Carme, un recital, no que vellos éxitos coma Lobo hombre en París ou Más y Más se unirán ás súas composicións máis recentes e que integran o seu último traballo discográfico El Mar de la Fertilidad.
Nembargantes, xa na xornada de mañá moitas e moi variopintas serán as actividades das que poderemos desfrutar ao longo do día onde a música terá un importante papel xa que ás 10.30 horas e ás 12.00 as rúas do casco urbano serán percorridas polas charangas Os Ponteses, Os Trevillas e a Banda de Gaitas Alfaia no que será un pequeño aperitivo da mañá musical que, ás 13.00 horas, contará cun importante prato forte a actuación da Banda de Música de As Pontes nos xardíns do Campo da Feira.
Pola tarde, dende as 18.00 horas será posible tomar parte nunha nova edición de Parque@ctivo, nos xardíns municipais, con obradoiros artísticos e a actuación do grupo de teatro e música Son+D2 (19.00 horas), que mesturan instrumentos de percusión con elementos coma o son da auga para dar lugar a un espectáculo tan novedoso coma experimental, no que tamén hai un espazo para os ritmos máis populares e tradicionais.
Xa ás 21.00 celebrarase a tradicional misa en honra á Virxe do Carme que virá seguida da procesión nocturna que partirá, ás 22.00 horas, da Capela do Carme para dirixirse á Igrexa Parroquial de Santa María, cun descanso no percorrido á altura da Praza do Hospital, para desfrutar dun espectáculo pirotécnico. Asemade, tamén se contará nesta cita co acompañamento da Banda de Música de As Pontes e a Banda de Gaitas de San Xiao do Trebo, de Cariño.
A música continuará ás 23.00 horas coa verbena, na Praza do Carme, a cargo da orquestra Sintonía de Vigo e as actuacións dos grupos Mc Kuin e The Highlights que ofrecerán sendos tributos ás figuras de Queen e Bob Dylan. Seguidamente iniciaranse os traballos de confección da alfombra floral.

O domingo abrirase de novo coa música da Banda de Gaitas Alfaia, ás 11.30 horas, que tamén participará na procesión de subida da Virxe do Carme que, ás 12.15 horas, partirá da Igrexa Parroquial de Santa María e na que tamén estarán presentes os integrantes da Banda de Música de As Pontes.
Para as 13.00 horas está programada a misa solemne en honra á Virxe do Carme, cantada pola Agrupación Coral Endesa – As Pontes, na praza que leva o seu mesmo nome.
No tocante á tarde, Parque@ctivo abrirá novamente as súas portas, ás 18.00 nos xardíns municipais, co teatro infantil e a diversión da man da compañía A Loca-Motora que presentará O tenderete da cachifallada, para continuar, ás 19.00 co espectáculo de baile das Dríadas.
Entrada xa á tarde, o auditorio municipal Alovi acollerá o XIV Certame de Bandas no que participarán, ademáis da anfitrioa, a Banda de Música de As Pontes; a Unión Musical de Lantaño e a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira. Este recital, de entrada totalmente gratuita, dará comezo ás 20.00 horas.
A música tamén asolagará as rúas do concello pontés na xornada do domingo coas actuacións da Banda de Gaitas Maruxía de Laxe e o grupo No Cómbaro, dende as 20.30 horas, para rematar a xornada ademáis de coa actuación de La Unión, co espectáculo da orquestra Costa Oeste que, dende ás 23.00 horas, estará na Praza do Carme e o grupo Brothers in Band.

I Exposición Nacional Canina Concello de As Pontes

Tanto na xornada de sábado coma de domingo, o pavillón polideportivo municipal da Fraga será sé da primeira Exposición Nacional Canina Concello de As Pontes, puntuable para o Campionato de España.
Así as cousas, mañá dende ás 17.00 horas será posible desfrutar das primeiras exhibicións para retomar esta actividade xa na xornada de domingo cun programa que se abrirá coa entrega de documentación aos participantes ás 09.00 horas, seguido do control veterinario para, posteriormente, dar inicio ao proceso de recoñecemento de raza ás 13.15 horas.
Xa ás 16.30 horas comezarán as roldas finais coa participación dos mellores animais e é que, nesta cita, será posible ver exemplares tan diferentes coma o bulldog francés, o husky siberiano, o boxer, o setter irlandés, o akita americano ou o labrador retriever, entre outras razas.

O rock & roll vai ser o protagonista da oferta musical desta xornada.

Logo de que onte, cadrando co día da patroa, se celebrase a primeira das verbenas nocturnas, que congregou a moito público ós son do Combo dominicano, esta noite a oferta musical será ben diferente.

O Nabiza rock volve ó emprazamento que o vira nacer, na Praza do Carme, e esta noite teremos case seis horas de rock&roll ininterrumpido coa participación de ata sete grupos.

A mítica banda madrileña Burning, que mantén inalterable unha lexión de seguidores, logo de máis de tres décadas nos escenarios, encabeza un cartel no que atopamos diferentes propostas.

Abrirase ás dez da noite cos locais “Que cunda o pánico”, unha banda pontesa que, malia ser nova con esta denominación xa ten tras de si unha trayectoria.

Logo, para as once menos vinte poderemos xa escoltar a Raze.

Aínda, denantes de que, á media noite suba Burning ó escenario, teremos a uns clásicos do Nabiza, os rapeiros da casa, Ogmios.

Coa despedida de Burning chega a benvida de Soul Charmer, a banda de heavy que ten ó pontés Alfredo González nas súas filas.

Para cinco minutos despois das tres está prevista a actuación, para rematar, dos orteganos Punta Norte, que repiten na cita pontesa.

Todo isto pola noite, pero este ano haberá rock tamén para os nenos, cun concerto de mini rock a cargo de La Banda del camión.

Os herculinos, liderados por Gandhy, ofrecerán, a partir das sete e media, unha actuación para todos os públicos, con referencias ós clásicos en chave de humor.

16/7/09

O goberno municipal adxudica obras no Colexio da Fraga e no barrio das Campeiras por 40.000 euros

As firmas Estructuras Formoso e Maceiras serán as encargadas da execución dos dous proxectos adxudicados nas últimas horas polo executivo local

As Pontes, 16 de xullo de 2009.-
O Colexio de A Fraga, vai ver cumpridas todas as demandas que dende a dirección deste centro se fixeran ao Concello de As Pontes.
As obras que quedaban pendentes veñen de ser adxudicadas, e van comezar dun xeito inminente.
Por 32.000 euros adxudicouse a Estructuras Formoso o rebaixe dos teitos de escaiola das aulas, coa fin de poder aforrar en calefacción, e a dotación dunha nova cuberta para o pavillón deste centro educativo.
Ademáis solventarase unha vella demanda dos pais que contarán finalmente cun espazo cuberto onde agardar nas entradas e saídas do colexio xa que este proxecto incluirá tamén unha actuación na entrada principal do centro educativo coa construcción dunha cubaerta.
Finalmente, nas Campeiras tamén se vai abordar a dotación dun porche á entrada do local da asociación de veciños. Neste caso a adxudicación recaeu na empresa Maceiras que contará con 9.000 euros para afrontar estes traballos.

Natación, tenis, rugby, baloncesto, vela e tiro integran o calendario deportivo das Festas do Carme

• O calendario deportivo abrirase co torneo de baloncesto 3x3 que comeza esta tarde coa participación de oito equipos

O Concello de As Pontes, a través do departamento de Cultura, está a preparar para os vindeiros días as diferentes competicións deportivas que, ano tras ano, se organizan con motivo dos festexos en honra á Virxe do Carme.

Esta mesma tarde terá lugar nas inmediacións da Canle IV o torneo de baloncesto na modalidade 3x3, dende ás 16.00 horas, no que participarán un total de oito equipos. A competición tamén se desenvolverá na tarde do venres aínda que, dende o departamento que dirixe Eva Conde, anunciaron que, de non acompañar a meteoroloxía esta competición será trasladada ao pavillón polideportivo municipal.

O resto das competicións concentraranse na fin de semana xa que, o sábado o campo de tiro Pena da Revolta acollerá, dende as 10.00 horas e ata as 13.00, unha tirada social en clase compak. Xa ás 15.00 horas desenvolveranse as probas de pistola estándar e tiro ao plato.

Namentras, nos campos de fútbol do Poboado terá lugar o IX Seven Internacional de Rugby Vila das Pontes. Dende as 10.30 horas, os equipos de Participarán nesta xa tradicional competición, organizada polo Clube Fendetestas, que o ano pasado se adxudicou o CRAT A Coruña, que novamente toma parte nesta competición na que se incluirá un torneo de drops no que se repartirán premios por valor de 300 euros.

Nesta ocasión, contarase coa presenza de 14 clubes procedentes de diferentes puntos de Galicia, Valladolid, Portugal ou Asturias. Así as cousas, neste trofeo será posible contar co Seven Camelias, ARVO, Jabatos del Bierzo, Muralla de Lugo, Ferro RC, Zalaeta, Arcos de Valdevez, Oeiras, CR Soria, Tamariz, Pementos e o Pilier de Grao.

A competición contará co apadriñamento do xogador da selección española César Sempere que participará co clube local Fendetestas.

Tamén será posible desfrutar do deporte da vela dende ás 11.00 horas coa celebración da IV Travesía Encoro da Ribeira de Vela Lixeira, organizada polo Clube de Vela Fluvial As Pontes, que virá seguida, ás 12.00 horas, polo V Acuathlón Concello de As Pontes, que tamén se celebrará na presa da Ribeira.

A proba estará composta por unha carreira a pé de 15000 metros, seguida dunha travesía de 750 metros a nado para rematar cunha nova carreira tamén de quilómetro e medio de distancia. Os premios a repartir nesta cita superarán os 700 euros.

Na xornada de tarde, e tamén no encoro pontés, está previsto que se celebre a XII Travesía a Nado Encoro da RIbeira – III Memorial José Vidal Zamora. A competición dará comezo ás 17.00 horas e será puntuable para o Circuíto Galego de Longa Distancia.

Os percorridos oscilarán entre os 400 metros para os máis novos e os 1500 metros da categoría absoluta. No que respecta aos premios, ademáis de diversos trofeos, repartiránse entre os gañadores máis de 2000 euros en metálico e vales por material deportivo. O Clube de Natación As Pontes será o responsable de poñer en marcha todas estas probas.

Tamén pola tarde será posible participar na Cacería do Raposo organizada polo Radio Clube Eume, e que ás 17.00 horas, partirá da rúa Ramón Cabanillas.

Dende este mesmo sábado e ata o 24 de xullo está previsto que tamén se desenvolva o IX Torneo Federado de Tenis, unha competición da que será posible desfrutar nas pistas de tenis da Canle IV e que conta coa organzación do Clube de Tenis As pontes.

A fin de semana pecharase co XIX Trofeo Vila de As Pontes de Tiro ao Prato, programada pola sociedade Pena da Revolta para a xornada do domingo dende as 10.00 horas.

O Concello destinará 120.000 euros á adquisición de tres novos vehículos para o parque móbil municipal

Un tractor, un camión grúa e unha furgoneta integran este paquete de adquisicións que irá destinado ao departamento municipal de Obras

O Concello de As Pontes adquirirá, en vindeiras datas, tres novos vehículos para o parque móbil municipal.
Esta compra correrá con cargo a unha axuda da Deputación da Coruña que ascende a 120.000 euros e que será empregada para dotar con novos vehículos ao departamento municipal de Obras.
Na xornada de onte reuniuse a Mesa de Contratación para decidir esta compra e é que o obsoleto dalgunhas das unidades coas que conta o Concello facía urxente a renovación deste parque móbil en aras da funcionalidade e da seguridade.
Así as cousas, o cabildo pontés adquirirá un camión grúa, que sustituirá ao actual que conta xa con vinte anos de antigüidade, un tractor con desbrozadora, que suporá a retirada do actual, con 15 anos de servizo, e por último dunha furgoneta, que poderá ser destinada a diferentes usos coma o transporte de operarios ou a carga de material.
Logo de superar o trámite da Mesa Contratación no tocante ás condicións técnicas, agora queda unha segunda xuntanza para a adxudicación á mellor oferta económica. Coa axilización deste último paso agárdase que estes vehículos poidan entrar en servizo este mesmo verán.

Arranca a Festa da Fraga coa tradicional marcaxe de parcelas‏





Centos de romeiros acudiron onte ao habitual ritual de marcaxe que, ano tras ano, ten á fraga de Dona Rita como protagonista e é que, coma cada mes de xullo por estas datas, é momento de reservar un lugar no que levantar a cabana que albergará a familias e grupos de amigos para as xornadas do 24 e 25 de xullo, nas que As Pontes non só honra a tódolos Santiagos senón que tamén se convirte en capital da festa, do baile, da diversión e por suposto da auga, porque qué mellor homenaxe se lle pode facer a Galicia no seu día que bañarse nun dos seus ríos e desfrutar, neste caso, do Eume e da súa vida?

Pero para pasar as horas de espera ás que se tiveron que enfrentar moitos dos que onte se daban cita na Fraga houbo alternativas de todo tipo e mentras que uns optaban por xogar as cartas ou tomar unha cervexa ou un refresco baixo as poucas raiolas de sol que aparecían, de cando en cando, entre as nubes, a maioría aproveitaba as horas de espera, ata as 8 da tarde momento da marcaxe ofcial, para falar cos amigos e sobre todo para botar unhas risas coa pandilla.

Ao longo da vindeira semana irán comezando progresivamente o movemento neste parque e é que non será nada raro ver a moitos e moitas martelo en man levantando o que será o seu refuxio para pasar a festa máis emblemática do ano no noso concello e incluso, máis de un e unha collerá, por primeira vez na súa vida un fouciño para adentrarse no medio dos montes dos arredores e así apañar as tan afamadas xestas que, ano tras ano, serven como improvisado material para a construcción dos muros das diferentes casetas.

Polo momento, polo Rexistro do Concello e as oficinas da policía municipal pasaron case 300 pandillas para recoller o número que identificará as súas respectivas construccións, o que permtirá levar un control máis exhaustivo da limpeza do parque de Dona Rita, unha vez rematen os festexos, aínda que este número vaise ver máis que máis que incrementado xa que moitos son os que improvisan unha pequena cabana horas denantes de que comece a festa nun pequeno recuncho ou os que optan simplemente por levar a tenda de campaña e mesturar esta romería cunha xornada de camping. Sexa como sexa o fin principal da vindeira fin de semana é desfrutar e pasalo ben pero sempre poñendo un pouco de sentidiño

O empresario José Marcial Doctor será o encargado de desexar unha felices festas aos ponteses e pontesas

• Mañá será posible desfrutar dunha nova edición do Nabiza Rock e do primeiro Festival Minirock para os máis pequenos
As Pontes continúa en festas e mañá vivirá a primeira das grandes xornadas coa apertura, de forma oficial, destas celebracións a través do tradicional Pregón das Festas e que este ano correrá a cargo de José Marcial Doctor López, conselleiro delegado da empresa Ferroplast e que conta cun importante vencello familiar co concello de As Pontes xa que o seu tío, José Ferro Rodeiro nado no municipio, foi o fundador desta firma tan relevante non só a nivel nacional, senón tamén máis aló dos límites do noso país.

Ás 20.30 horas, no salón de actos da Casa Dopeso, o empresario abrirá oficialmente estas festas dirixindo unhas palabras aos veciños, amigos e representantes tanto do tecido asociativo coma político de As Pontes e, por suposto, convidando á cidadanía a tomar parte nos festexos dos vindeiros días.

Seguidamente, a Rondalla Vila de As Pontes ofrecerá un concerto en honra ao pregoeiro deste ano aínda que este acto pecharase co descubrimento dunha placa conmemorativa na coñecida coma a Central de Prieto, un muíño recentemente recuperado pola administración local, ubicado na zona da Fraga ao carón do Eume, e que foi cedido pola familia Ferro, ao igual que a parcela que o rodea, co fin de que a veciñanza desfrute destas marabillosas instalacións.


Actividades infantís

Os máis pequenos tamén terán o seu momento de protagonismo e é que para eles, o concello elaborou un interesante programa de actividades que se abrirá ás 17.00 horas cunha Xincana Ciclista para pequenos de ata 16 anos.




A proba, que se desenvolverá na Avenida de Ferrol, está organizada polo Clube Ciclista Vilalba – As Pontes e forma parte do programa infantil Parque@ctivo que tamén inclue para a xornada de mañá un obradoiro de iniciación ao breakdance e que estará impartido polos ponteses Faneka Murder dende as 18.00 horas.

Ás 19.30 horas as actividades trasladaranse á Praza do Carme co primeiro Festival Minirock que contará coa actuación de La Banda del Camión, un grupo de rock nado no ano 2000 e que mestura nos seus concertos a seriedade da súa música cunha posta en escea cargada de humor e, por momentos, disparatada.


Nabiza Rock 2009

O venres As Pontes tamén volverá a acoller o Nabiza Rock, un mítico festival que un ano máis encherá a Praza do Carme de impresionantes guitarras, solos de batería e ritmos heavy, rock e sons alternativos, sen esquencer o rap, estilo tamén presente no cartel elaborado este ano pola comisión de festas.

Así as cousas, dende as 22.00 horas será posible escoitar o brupo de rock local Que cunda o pánico ,a os rapeiros ponteses Ogmios, a os míticos Burning, a os orteganos Punta Norte, á banda de rock local Jin Tony´s Son, aos coruñeses SoulCharmer ou a Raze.

15/7/09

O concello de As pontes recibiu hoxe a case medio cento de veciños procedentes do municipio galo de Lesneven.






 O alcalde de As Pontes foi o encargaodo de dar a benvida á comitiva, encabezada polo presidente do Comité de Jumelage Claude LeMenn


A Casa Consistorial pontesa acolleu esta mañá a recepción oficial á expedición procedente do municipio bretón de Lesneven que, coma cada ano, visita As Pontes por estas datas. O alcalde Valentín González Formoso foi o encargado de presidir esta recepción na que, ademáis das 40 persoas que integran a comitiva gala, tamén estiveron presentes as familias pontesas que acollerán a estes xa veciños ao longo dos vindeiros días.
No seu discurso, o primeiro edil agradeceu a colaboura das familias de acollida de ámbolos dous municipios e desexeu aos visitantes unha boa estadía en As Pontes, ateigada de marabillosas experiencias, enriquecedoras no terreo persoal.
González Formoso engadiu, finalmente, que “o territorio de As Pontes non remata nos seus límites administrativos, senón en Lesneven”, en relación aos importantes lazos de amizade forxados dende hai 19 anos entre ámbolos dous municipios.
Nesta recepción estivo presente o presidente do Comité de Jumelage, Claude LeMenn, que agradeceu a acollida recibida en As Pontes.
Pola súa parte o seu homónimo en As Pontes, Antón Ferreiro, foi o encargado de facer entrega dun agasallo en lembranza do recentemente falecido Cristian Averdy, chofer do autobús dos primeiros intercambios entre As Pontes e Lesneven. Os seus fillos, participantes neste irmandamento, foron os encargados de recibir esta homenaxe na que tamén se deu lectura a unha emotiva carta, redactada por membros do comité de irmandamento pontés, na que se recordaba a súa figura e o seu importante papel para que, a día de hoxe, continue a relación entre ámbolos dous municipios.


Na tarde de onte, chegaba a As Pontes este grupo de veciños de Lesneven para tomar parte no que será xa a décimonovena expedición destas características que se pon en marcha entre os concellos galego e francés.
Os viaxeiros bretóns eran recibidos diante do Consistorio polo Comité Pontés de Irmandamento e polas familias pontesas que participan deste intercambio.
Este novo encontro de cidadáns europeos está, desta vez, auspiciado pola Irmandade As Pontes – Lesneven e é que ós galegos tócalles exercer de anfitrións cos seus irmáns dende 1990.
Malia que no grupo hai moitas caras coñecidas, este ano prácticamente a metade están por vez primeira en As Pontes entre eles un grupo de compoñentes da Coral de Côte des Légends.
Os participantes nestes encontro aloxaranse ata o día 23 en casas particulares e participarán dun extenso programa de actividades, que inclúe unha excursión mañá, xoves, ao canón do Sil, e á cidade de Lugo, e outra a Ferrol, o sábado 18, día no que se van atopar cos tamén bretóns da cidade de Mur de Bretagne, cos que xantarán en Cabanas.
Ademais o venres asistirán a unha xornada de traballo europeo cunha conferencia na Casa Dopeso, na que se falará do impacto das políticas comunitarias na sociedade, o diálogo intercultural, e a importancia das actividades deportivas e do voluntariado.
A despedida farase o luns 20 cun xantar amenizado por música tradicional, para deixar o último día de estadía libre de compromisos, denantes de partir de novo á mañá do día 22 en dirección a terras bretonas.

A Deputación da Coruña leva a mostra Arte na Provincia ao Concello de As Pontes ata o 30 de xullo

A deputada provincial Montserrat García e os artistas Soledad Penalta e José González Collado foron os encargados de abrir ao público esta exposición

O Concello de As Pontes conta, dende a tarde de onte, cunha nova oferta cultural. Trátase da mostra Arte na Provincia, organizada pola Deputación da Coruña, e que onte era inaugurada da man da deputada provincial e concelleira pontesa, Montserrat García, ante a presenza de diferentes representantes do tecido asociativo local.

Na súa intervención a edil, que contou coa compaña dos artistas Soledad Penalta e José González Collado, explicou que a mostra chega á sala de exposicións do Mercado Vello tralas peticións realizadas dende a administración local e é que esta colección de pinturas e esculturas está a ser moi demandada polos diferentes concellos coruñeses ao concentrar obras de ata 16 artistas da provincia, da calidade de Isaac Díaz Pardo, Felipe Criado ou Siro López.

Montserrat García tamén quixo agradecer a colaboura prestada polo goberno provincial á hora de achegar mostras de gran calidade, coma a que onte abría as súas portas, a tódolos concellos coruñeses, realizando un gran esforzo por dinamizar a vida cultural na provincia. Asemade, a edil anunciou que o vindeiro sábado, 18 de xullo, se realizarán visitas guiadas dende as 18.00 horas e aproveitou a ocasión para desexar unhas felices festas a tódolos veciños e veciñas do municipio de As Pontes e a todos aqueles que opten por pasar estes días no concello e desfrutar do amplo programa de actividades preparado para as vindeiras xornadas de festa.

Gerardo Porto, Luis Caruncho, Urbano Lugrís Vadillo, Alfonso Costa ou Elena Gago forman tamén parte da exposición que onte se abría ao público e que conta cun total de 14 obras pictóricas e dúas esculturas nas que se mesturan diferentes técnicas coma o óleo, o ferro soldado, a acuarela, as témperas, a fibra de vidro ou o poliéster.

Esta mostra estará en terras pontesas ata o 30 de xullo e será posible visitar a mesma de martes a sábado de 19.00 a 20.30 horas, aínda que nos días centrais das festas patronais(18, 19 e 20 de xullo), a mostra abrirase tamén pola mañá entre as 12.00 e as 13.30 horas.

14/7/09

O teatro de Trapu-Zaharra e Parque@ctivo inauguran a importante programación cultural ideada para as Festas do Carme

• Títeres Trompicallo completa a oferta teatral coa estrea da súa última produción Violeta Coleta contra as salchichas: !Gulp!

O Concello de As Pontes abre mañá a que será unha nova edición do programa infantil Parque@ctivo que, verán tras verán, por estas datas ofrece diferentes actividades lúdico educativas para os máis pequenos e que, un ano máis, se integran no programa de ocio das Festas do Carme.

Nesta primeira xornada, que se abrirá en horario de 11.30 a 14.00 horas e xa pola tarde dende as 18.00 ata as 20.30 horas nos xardíns municipais, está previsto que se desenvolvan diferentes xogos que terán aos temibles xigantes coma protagonistas e que irán dirixidos aos máis novos. Estas actividades completaranse cunha exhibición e obradoiro de break dance, que dará comezo ás 18.00 horas, e coa música da agrupación local Os Suplentes.

Asemade, ao longo da xornada tamén será posible ler contos, revistas e xornais, debuxar e defrutar con diferentes actividades que, ata o 22 de xullo, se desenvolverán neste emprazamento e é que, un ano máis, o departamento de Cultura sacará á rúa os seus libros para os máis novos achegándoos a unha zona tan concorrida polos pequenos como son os xardíns municipais.

Xa ás 20.00 horas será momento do teatro coa compañía donostiarra Trapu-Zaharra que, outro ano máis, visita As Pontes e desta vez coa súa nova montaxe de rúa que leva por título El Concursazo.

Nesta ocasión, Santi Ugalde, Txubio Fernández de Jáuregui e Ion Elola ofrecerán a todos aqueles que se acheguen ata os xardíns do Campo da Feira a montaxe coa que están a celebrar o seu cuarto de século facendo teatro de rúa e, desta vez, o tema que é sometido a este peculiar xeito de facer humor é a dificultade de botar do fogar paterno a eses trintañeiros que se resisten a voar e a facerse independentes.

El Concursazo está protagonizado por Genaro, un pai que xa non sabe qué facer para que o seu fillo marche da casa e a Genarín, un xa adulto con poucas intencións de deixar a casa familiar.

A solución para Genaro chega cando o concello pon en marcha un concurso – oposición para designar a un novo funcionario que deberá ser votado a man alzada polo propio público e ao que se presenta o propio Genaro para atoparlle un traballo ao seu fillo.

Como ven sendo habitual nas montaxes desta compañía, o público terá tamén un importante papel en diferentes instantes desta obra na que, novamente, o antiheróe, o perdedor é o principal protagonista dunha historia baseada nos problemas actuais pero marcada polo humor.

O mércores pecharase coa proxección de La Brújula Dorada, ás 22.30 horas, tamén nos xardíns municipais.


Programación para o 16 de xullo

Parque@ctivo abrirá de novo pola mañá, ás 11.30 horas, cos libros no parque o que se completará, ás 18.00 horas, cun obradoiro infantil que dará a coñecer aos máis novos os diferentes alimentos que integran a pirámide nutricional e a importancia e comer de xeito san e equilibrado, mentras que para os pais e nais está previsto que tamén a esa mesma hora teña lugar un taller sobre etiquetado de alimentos co que se informará aos asistentes dos diferentes conservantes e colorantes que forman parte da nosa alimentación diaria e o beneficio ou perxuízo do seu consumo.

Estas dúas actividades desenvolveranse nos xardíns municipais.

Ás 19.30 horas, no auditorio municipal Alovi, a compañía Títeres Trompicallo estreará a súa última montaxe Violeta Coleta Contra as Salchichas !Gulp!.

A producción, dirixida a maiores de 6 anos, preséntanos a unha rapaza de nome Violeta que desexa medrar e facerse maior para que os adultos lle deixen de dar ordes e así poder facer o que queira e só cando ela queira.

Nembargantes, un extrano suceso vai cambiar a súa forma de ver o mundo dos adultos e dos pequenos e, se cadra, faina ata cambiar de opinión.

Marián González e Luís González, coa colaboura de Quique Bordell, son os encargados de achegar ata As Pontes esta produción que toma o relevo de montaxes tan exitosas coma Bolboreta, Jiñol ou Nadarín e que permiten achegar ao público tanto infantil coma adulto o mundo máxico dos títeres

A xornada complétase coa celebración da misa en honra á Virxe do Carme, que terá lugar na propia Capela do Carme, ás 20.00 horas, e que contará co acompañamento musical do Coro Parroquial e, xa ás 22.00 horas, tamén no mesmo emprazamento, dará comezo a verbena nocturna. Para o público infantil proxectarase o filme La Búsqueda 2: el diario secreto, ás 22.30 horas nos xardíns municipais do Campo da Feira.

13/7/09

Noites de Cine inagura mañá en As Pontes un ciclo de ciclo proxeccións para tódolos públicos

• O programa abrirase no barrio das Campeiras para trasladarse dende o mércores aos xardíns municipais do Campo da Feira


Coma cada mes de xullo, o Concello de As Pontes e a Deputación da Coruña están a preparar o ciclo de cine ao aire libre Noites de Cine que, verán tras verán, e xa van dezanove, está a ofrecer as últimas estreas cinematográficas, e de forma gratuíta, non só aos máis novos, senón tamén a todos aqueles veciños e veciñas que desexen desfrutar dunha boa longametraxe.

Nesta ocasión, o goberno municipal optou por cambiar a ubicación das proxeccións do patio do colexio Santa María aos xardíns municipais do Campo da Feira e o barrio das Campeiras, aínda que se o tempo non acompañase as proxeccións se trasladarán ao pavillón polideportivo do colexio Monte Caxado.

O que sí que se manterá será a hora de inicio de cada sesión, programada para as 22.30 horas.

Mañá, no barrio das Campeiras, está previsto que se proxecte a terceira entrega do filme de aventuras Spiderman, mentras que o mércores será posible desfrutar, xa nos xardíns municipais, dunha das últimas incursións cinematográficas de Nicole Kidman: La brújula dorada.

O xoves proxectarase outro filme de aventuras pero desta vez protagonizado por Nicolas Cage que repite no papel do buscador de tesouros Ben Gates que desta vez, en La Búsqueda 2: el diario secreto, trata de atopar o diario segredo de Abraham Lincoln.

Estas sesións de cine ao aire libre pecharanse xa a vindeira semana, concretamente os días 22 e 23, coa comedia infantil Pequeños Salvajes e o filme de animación Astérix y Los Vikingos.

11/7/09

O concello de As Pontes vai emprender unha nova fase do seu programa de erradicación das barreiras arquitectónicas

O concello de As Pontes vai emprender unha nova fase do seu programa de erradicación das barreiras arquitectónicas e urbanísticas para persoas con discapacidades, que aínda existen no noso município.

O consistorio pontés ven de acadar unha subvención da Deputación coruñesa para esta fin, por un importe de 50.000 euros, que se destinará íntegramente a obras que redunden na mellora da accesibilidade e tránsito en rúas e edifícios.

As barreiras que moitas veces presentan os espazos urbanos, afectan non só as persoas que padezan calquera tipo de discapacidade, senón tamén ós maiores que teñen dificultades de mobilidade.

Despois de agosto actuarase en edifícios públicos como a biblioteca municipal, ou a sé da policía local, e beirarrúas que aínda non contan con rebaixes, así como na Rúa castelao.

Estas actuacións enmárcanse nun programa integral de accesibilidade e eliminación de barreras arquitectónicas, no que se prevé continuar máis alá desta actuación puntual, de xeito que que permita a necesaria integración na vida do noso municipio aos veciños e veciñas con discapacidade.

As Pontes prepárase xa para vivir as súas festas patronais.

Actos relixiosos e pagáns mestúranse nun programa que se estende dende hoxe mesmo ata o vindeiro día 25.

Anque o pistoletazo oficial de saida será o venres 17, co pregón a cargo do empresario de ascendencia pontesa José Marcial Doctor, xa comezando coa semana grande.

De calquera xeito, esta fin de semana temos xa unha manchea de citas, e a seman que ven xa empezan o parque activo, as noites de cine, e a animación teatral na rúa.

Diversión e devoción aúnanse nunhas datas nas que veciños e visitantes festexan por todo o alto un tempo nun As Pontes engalñanado para a ocasión, e que viste as súas mellores galas coa animación propia dos seus días grandes.

E é que as festas do Carme e A Fraga deste ano volven estar marcadas polo obxectivo de que os veciños saian vivilas á rúa.

As novas formas de ocio conviven nas festas pontesas coas celebracións máis tradicionais, e con citas musicais para tódolos gustos, como poden comprobar xa nos programas de man que están na rúa, e que completan algunhas das infromacións que no programa orixinal da revista das festas non puideran entrar pola premura de tempo para a súa publicación.

Sete orquestras, seis grupos de rock, catro corais, tres bandas de música, cinco grupos de música tradicional, dúas charangas, e actuación estelar, o luns 20 dos míticos La unión, serán os encargados de animar estas dúas semanas intensas de festas veranegas en As Pontes.

Anque,malia a calidade da oferta musical deste ano, esta non constituirá o único atractivo desta celebracións patronais

Entre os grandes atractivos do programa cabe salientar os eventos relixiosos, coa procesión nocturna do sábado 18 que incluirá un espectáculo piro-musical, e a de subida da mañá do domingo 19, que remata coa alfombra floral.

Ademais volve un Nabiza rock que ten como estrelas ós madrieños Burning, ben secundados polos grupos locais, e o festival infantil da tarde coa Banda do camión.

Tamén repite no pavillón polideportivo municipal repite o festival folclórico internacional con actuacións provintes de Portugal, Arxentina, Brasil, Polonia, e España.

Haberá tamén unha ampla oferta para os nenos, cun parque activo, obradoiros,e monicreques.

E para os mozos e mozas con teatro, deportes hip hop, break dance, e cine na noite.

O que si teñen máis que garantido as festas do verán pontesas, é un peche de luxo coa 105 edición da festa de A Fraga, que terá como pratos fortes o festival folck da noite do 24, con Luar na Lubre como cabeza de cartel, e a sesión vermouth do mediodía do 25, que un ano máis aspira a rachar records de convocatoria na xornada da romaxe, e que contará coa animación toda a xornada a cargo de Os Ponteses, e logo os Kilomberos de monte Alto, e a súa percusión

A corporación municipal pecha o curso político coa toma de posesión de dous novos edís pertencentes ao BNG

• Ao longo da sesión, o alcalde de As Pontes tamén deu conta do proxecto que podería significar a construcción dun novo local para o colectivo A Xanela

A corporación municipal pontesa recibiu esta mañá aos seus novos integrantes e é que a derradeira sesión plenaria denantes do inicio das vacacións de verán abriuse coa toma de posesión dos edís do Bloque Nacionalista Galego Ángel Meizoso e Francisco Rodríguez Iglesias, en substitución de Susana Vilaboy e Xaime Castro que, hai unhas semanas, presentaban a súa dimisión por motivos de saúde.
No tocante ao resto dos asuntos abordados na sesión celebrada hoxe, a corporación municipal aprobou por unhanimiedade os festivos locais para o vindeiro ano e que recaerán no martes de entroido e no 19 de xullo, día no que se conmemora a figura da patroa local, a Virxe do Carme. Ademáis tamén se deu luz verde á instauración do Día do Deporte en Europa, unha iniciativa nada en Barcelona e que a Federación Española de Municipios e Provincias optou por levar aos demáis concellos do país co fin de que fomenten a práctica de actividades deportivas entre novos e non tan novos. Así as cousas, e xa que este ano é demasiado tarde para poñer en práctica esta iniciativa, o goberno municipal en pleno acordou agardar ata a primeira fin de semana de xuño de 2010 para celebrar esta data.
Goberno e oposición tamén aprobaron a ratificación do decreto 1107/2009 do 15 de xuño para a solicitude de subvencións e axudas á Consellería de Traballo co fin de crear uns talleres laborais, que levarán por nome Obradoiro de Emprego Fontelimpa, e que irán dirixidos a maiores de 25 anos.
Segundo explicou o edil de Promoción Industrial, Óscar García, para levar a cabo este proxecto que ofertará un total de 45 prazas en disciplinas coma a xardinería, albanelería e carpinteiría, é necesario investir un total de 1,2 millóns de euros dos que uns 900.000 procederían desta axuda que se solicitará, gracias a este acordo plenario, á Consellería de Traballo.

Asemade, o concelleiro tamén deu a coñecer os principais traballos nos que se verán implicados estes alumnos e alumnas e que permitirán recuperar espazos coma a casa de peóns camineiros ubicada na parroquia do Aparral, que servirá coma local social do colectivo veciñal da zona; a antiga escola de Ribadeume que tamén será empregada como local veciñal e un pequeño inmoble ubicado ao carón desta última que será rehabilitado para, posteriormente, cedelo á sociedade de caza desta parroquia.

Mocións, rogos e preguntas
No tocante ao capítulo adicado ás mocións, dúas foron as propostas sometidas a votación, ámbalas dúas vencelladas ao sector educativo.
A primeira esixía a inclusión da materia de Tecnoloxía Industrial I no programa educativo do I.E.S Moncho Valcarce, unha demanda xa realizada por profesores, alumnado e anpa do centro dende hai varios meses e que, polo momento, continua a non recibir resposta algunha por parte da Consellería de Educación.
A través do texto presentado pola edil de Cultura, Eva Conde, o pleno ao completo expresou o seu apoio a esta demanda xa que a implantación desta materia non suporá ningún gasto extra nin no persoal docente do centro nin no material de ensinanza polo que, segundo se deu a coñecer na sesión plenaria celebrada hoxe, non hai motivo algún para que se continue a denegar esta demanda que está a afectar a 24 estudantes do centro pontés que non poden acceder á opción educativa que desexan.
Menos acordo se rexistrou na proposta presentada polo BNG en relación á gratuidade total dos libros de texto para tódolos cursos de Primaria e Secundaria e que, no vindeiro ano académico, será substituída por un sistema de axudas en relación á renda de cada familia. Os socialistas sumáronse á petición presentada dende as filas nacionalistas para manter a gratuitade dos libros de tódolos cursos co fin de continuar a avanzar na materia das prestacións sociais.
No que respecta ao capítulo adicado a rogos e preguntas, en relación a unha cuestión plantexada polo nacionalista Ramón Gato, o alcalde, Valentín González Formoso anunciou que, o vindeiro luns, está previsto que se celebre un encontro cos avogados da asociación Cogami, á que pertence o colectivo pontés A Xanela, co fin de aclarar os termos dunha posible cesión, en réxime de concesión, dunha importante parcela ubicada na zona da Cal da Avelaíña para a construcción dun local para este colectivo, que ven de solicitar ao concello un terreo duns 5.000 metros cadrados para levantar un centro de acollida no que tamén desenvolver as súas actividades.
Ademáis doutros asuntos de menor relevancia, o primeiro edil tamén deu conta do futuro da escola taller, tamén coñecida coma Hexágono, ubicada na Fraga de Dona Rita e que, nestes momentos, se atopa en moi mal estado. González Formoso explicou que o proxecto de recuperación destas instalacións se acometerá con cargo ao Plan Ferrol e ao remanente de tesourería de 2008.
Segundo deu a coñecer o alcalde, o futuro uso deste espazo será rexido por un acordo co colectivo dos Artesáns do Eume que, dende hai tempo, demandan un local no que desenvolver as súas actividades.
Neste senso, González Formoso aclarou que o obxectivo do goberno municipal é converter estas instalacións nun lugar de desfrute da veciñanza, de aprendizaxe e con actividades diarias para aqueles interesados na artesanía tradicional, desbotando a idea de que este centro tan só se encontre activo en determinadas datas do ano.

8/7/09

Fútbol sala, probas multiaventura e competicións de xadrez e tiro protagonizan a fin de semana en As Pontes

• A programación das vindeiras horas complétase co inicio das misas de novena en honra á Virxe do Carme, patroa local

O Concello de As Pontes abrirá esta fin de semana o calendario de citas deportivas enmarcadas no programa de festas en honra á Virxe do Carme.
Así as cousas, ademáis da celebración do maratón de fútbol sala Festas do Carme, organizado polo Esteo F.S., co patrocinio do Concello, e da Copa Galega de Raid. II Memorial José Ramón Corral, que tamén conta co patrocinio da administración local, ao longo da fin de semana tamén será posible desfrutar do X Trofeo de Xadrez Festas do Carme e que se celebrará no local do Lar de Endesa, o domingo, de 10.00 a 13.00 e 16.00 a 20.00 horas. As partidas desputaranse seguindo o sistema suizo a 7 rondas de 25 minutos.
Asemade, o domingo o campo de tiro Pena da Revolta albergará unha Tirada Social I.P.S.C na que está prevista a participación de medio cento de socios destas instalacións pontesas.
A competición, que se desenvolverá nas categorías open e estándar, terá lugar entre ás 10.00 da mañá e ata a unha da tarde, está organizada polo clube de tiro Pena da Revolta e conta tamén co patrocinio do Concello de As Pontes.

Celebración da novena en honra á Virxe do Carme
Outra das citas propias destas datas é a novena en honra á Virxe do Carme que dará comezo este mesmo venres.
Como ven sendo habitual, os actos litúrxicos terán como emprazamentos a Capela da Praza do Carme e a Igrexa Parroquial.
O primeiro destes templos albergará as respectivas misas diarias en honra á patroa local ás 07.40 e 20.00 horas, mentras que a Igrexa Parroquial celebrará sendos actos litúrxicos ás 19.00 horas, agás o día 12 de xullo que terá lugar ás 11.45 horas.

7/7/09

A Xunta de Galicia pon en marcha unha liña de axudas para os autónomos destinada á compra de ordenadores persoais

Desde hoxe a Xunta de Galicia pon en marcha unha liña de axudas para os autónomos destinada á compra de ordenadores persoais nos que se insatlarán ferramentas informáticas de software libre para fomentar o seu uso entre os beneficiarios. O obxectivo é facilitar o acceso dos empresarios á Sociedade da Información.

A contía das axudas alcanzará ata o 45% do custo do ordenador ata un máximo de 350 euros e está previsto que beneficien a uns 4.000 traballadores autónomos, ascendendo o orzamento total a case un millón de euros.

Os beneficiarios tramitarán todas as solicitudes de axuda exclusivamente a través das tendas que teñan sido admitidas como entidades colaboradoras, e o traballador obterá ao instante o desconto na factura do ordenador que compre, posto que a Consellería de Economía e Industria reintegrará despois eses cartos á entidade colaboradora. O proceso de autorización das achegas é inmediato gracias a unha aplicación web que conecta aos puntos de venda coa Xunta de Galicia. O proceso está baseado na firma electrónica e aproveita todas as opcións legais de simplificación.

Os traballadores que queiran optar a esta liña de axudas terán que estar dados de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos da Seguridade Social, con domicilio e alta fiscal no IAE para a súa actividade económica en Galicia. Ademais, debe acudir á entidade colaboradora co seu DNI e o recibo mensual do último pago á Seguridade Social (TC1). No caso de que no DNI non figure domicilio en Galicia poderá aportar certificado de domicilio fiscal da Axencia Tributaria.

Esta liña de axudas, que promoveu a Consellería de Economía e Industria e xestionará a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación tecnolóxica, foron tramitadas a través de procesos telemáticos coas máis de 100 entidades colaboradores, que empregaron a sinatura electrónica para formalizar o convenio de colaboración sen necesidade de empregar papel nin de desprazarse ata Santiago. Toda a información sobre estas axudas está na web www.xunta.es/cei/pcautonomos.

Media ducia de nenos saharauis pasarán o verán en As Pontes gracias ao programa Vacacións en Paz




O acto foi presidido polo edil de Servizos Sociais, José Alén, que contou coa compaña da concelleira Montserrat García


O salón de plenos da Casa Consistorial pontesa acolleu esta mañá a recepción oficial dos pequenos e pequenas que, este ano, toman parte no programa de acollida Vacacións en Paz.
Ao acto, presidido polos concelleiros de Servizos Sociais e Participación Cidadá, José Alén e Montserrat García, respectivamente, tamén asistiron as cinco familias que, ao longo destes meses de verán, acollerán a un total de seis nenos e nenas procedentes do campo de refuxiados de Tinduf, en Arxelia.
No seu discurso, o concelleiro de Servizos Sociais agradeceu a colaboura das familias de acollida e fixo especial fincapé na súa solidariedade e xenerosidade á hora de abrir os seus fogares a estes pequenos para, na medida do posible, axudarlles a, por unhas semanas, vivir coma o que son: nenos, á marxe de conflictos políticos e da pobreza coa que deben lidiar a diario.
José Alén tamén tivo unhas palabras para o resto de veciños e veciñas de As Pontes que, nestes días, exercerán de anfitrións, salientando a importancia que isto ten para os nenos e nenas do concello que, ao longo das vindeiras semanas, integrarán á perfección a estes seis visitantes nos seus xogos e no seu lecer.
Pola súa banda, Montserrat García, que tamén agradeceu encarecidamente a colaboura das familias de acollida, anunciou a intención do Concello de As Pontes de continuar a colaborar con este proxecto en vindeiros anos.
O acto pechouse coa entrega de varios agasallos aos pequenos e pequenas entre os que cabe salientar un reloxo para eles e unha pulseira para elas, unha caixa de cores, unha camiseta, unha gorra e un exemplar de cada un dos libros editados polo Concello a través do programa As Pontes Aprende.

6/7/09

O torneo 3x3 de baloncesto Festas do Carme repartirá, a vindeira semana, máis de mil euros en premios

• Os equipos interesados en anotarse poderán formalizar a súa inscrición ata o 14 de xullo no pavillón polideportivo municipal

O Concello de As Pontes, a través do departamento de Deportes, está a organizar a que será unha nova edición do torneo de baloncesto Festas do Carme, na modalidade de 3x3.
Esta cita deportiva celebrarase os días 16 e 17 de xullo nas canchas que se habilitarán para tal fin na Canle IV, a carón da estación de autobuses, aínda que se a meteoroloxía se presenta adversa o torneo será trasladado ao pavillón polideportivo municipal, ubicado no barrio da Fraga.
A competición estará dividida en tres categorías: minibasket, para os nados e nadas en 1997 ou anos posteriores; infantil – cadete para os nados entre 1993 e 1996, ámbolos dous anos inclusive e, finalmente, senior para os nados en 1992 ou en anos anteriores.
No tocante aos premios, tódolos participantes recibirán unha camiseta tan só por participar ao que se sumarán premios en metálico, vales en material deportivo e, por suposto, os respectivos trofeos que acreditan aos primeiros clasificados de cada categoría.
Así as cousas, na categoría de minibasket os equipos que rematen nos tres primeiros postos recibirán un trofeo e catro balóns de baloncesto; no que respecta a infantil- cadete, ademáis do trofeo acreditativo, o equipo gañador levará un vale de 200 euros canxeable por material deportivo, o segundo un vale de 150 euros e o terceiro clasificado un vale de 100 euros en material deportivo.
Finalmente, na categoría senior, ademáis do respectivo trofeo, serán repartidos tres premios en metálico de 100, 150 e 200 euros entre os tres primeiros clasificados.

Inscrición
Os equipos interesados en anotarse deberánse achegar ata as oficinas do departamento de Deportes, ubicadas no pavillón polideportivo municipal da Fraga, ata o vindeiro día 14 de xullo. Asemade, tamén poden obter máis información telefonando ao 981 45 26 02 e 634 671 968 ou enviando un correo electrónico a deportes@aspontes.org.
As inscricións son gratuítas agás na categoría senior na que cada equipo deberá aboar unha suma de 20 euros en concepto de fianza, que será devolta ao final do torneo.

Dende o 15 de xullo os romeiros que acudan á Festa da Fraga poderán proceder á marcaxe da súa parcela

• As oito da tarde foi a hora fixada polo Concello para que os romeiros escollan o emprazamento no que levantarán as súas casetas

O Concello de As Pontes abrirá o vindeiro día 15, ás 20.00 horas, o prazo para reservar unha parcela na que construir as xa tan afamadas cabanas para a Romería da Fraga.
Así as cousas, os grupos de amigos e familias que este ano desexen tomar parte nesta tradicional romería pontesa construindo a súa cabana deberán inscribirse, dende o 13 de xullo, no rexistro do concello, adxuntando unha fotocopia do seu documento nacional de identidade, os seus datos persoais e teléfono de contacto. Asemade, tamén será posible formalizar esta inscrición nas oficinas da policía municipal en horario de tarde.
Unha vez cumprido este trámite, farase entrega dun número e dun cartel a cada responsable que, posteriormente, deberá ser colocado nun lugar visible da construcción, co fin de facer un control máis fiable dos romeiros, das cabanas e da posterior limpeza do Parque de Dona Rita, xa que, unha vez marcada cada parcela, éstas situaranse nun plano co que se poderá levar un control máis exhaustivo.
O 15 de xullo foi a data escollida polo Concello para proceder á marcaxe das parcelas, respetando os espazos de paso e identificando cada parcela co cartel entregado no momento da solicitude da autorización, xa que nesa mesma xornada procederase a realizar o primeiro control.
Segundo anunciaron dende o departamento de Seguridade Cidadá, realizaranse dúas inspeccións denantes da celebración da afamada Romaría da Fraga para evitar que algunha cabana non conte coa pertinente autorización. Asemade, mediante estas medidas o que se busca é evitar as excesivas apropiacións de espazo por parte dos grupos de romeiros e protexer unha paraxe pontesa que non pode pagar o resto do ano as consecuencias de dous días de festa.



Dende o goberno municipal, fixeron un chamamento á concienciación cidadá en prol do respeto e coidado do Parque de Dona Rita nestes días de festa, apelando ao civismo e á responsabilidade de tódolos romeiros que toman parte nesta convocatoria co fin de lograr da Festa da Fraga unha celebración respetuosa co entorno que a acolle.

5/7/09

O Concello de As Pontes acollerá, os días 18 e 19 de xullo, unha exposición canina de carácter nacional




O prazo de inscripción manterase aberto ata os días 6 e 8 de xullo, asemade, tamén será posible anotarse o mesmo día da competición
As Pontes celebrará, na fin de semana do 18 e 19 de xullo, a primeira Exposición Nacional Canina Concello de As Pontes, puntuable para o Campionato de España e que conta coa organización conxunta do concello pontés e a asociación Expogal.
Esta actividade, respaldada pola Deputación da Coruña e as Federacións Caninas Española e Internacional, desenvolverase no pavillón polideportivo municipal e forma parte do programa elaborado con motivo das Festas do Carme e a Fraga.
A exposición contará con un total de oito categorías: campións, veteráns, aberta, traballo, intermedia, xove, cachorros e moi cachorros; nas que será posible inscribirse ata o 6 de xullo, en primeiro prazo, ou 8 de xullo xa en segundo prazo, o que suporá un incremento na cota inicial de inscripción. Despois desta data, tan só serán admitidos a concurso os exemplares que se anoten o mesmo día da competición.
Os prezos por participar variarán entre os 8 euros das parellas ata os 19 para o primeiro exemplar, se a inscripción se realiza a xornada do 8 de xullo. Polo contrario, os concursantes que presenten grupos de cría poderán anotarse de forma totalmente gratuita.
Así as cousas, para obter máis información é posible contactar coas páxinas web www.expogal.esp.vg ou www.catropatas.es, e descargar a pertinente folla de inscripción ou consultar o programa de actividades da citada fin de semana.

Os Campamentos Urbanos para conciliar vida laboral e familiar rexistran máis de 160 inscripcións




• Sete monitores da asociación Néboa encárganse da programación que se inicia, cada día, cun almorzo saudable

Máis de 160 pequenos e pequenas participarán, ata o mes de setembro, nos Campamentos Urbanos, auspiciados polo Concello de As Pontes a través do departamento de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller (CIM), co fin de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das mulleres traballadoras en época estival.

Malia que éste é o principal obxectivo do programa, segundo explicou o edil de Servizos Sociais, José Alén, o que tamén se pretende facer é fomentar, entre os asistentes, a práctica de novos deportes e actividades alternativas, educar en valores e habilidades sociais e inculcar o respeto polo medio natural, ao mesmo tempo que se recuperan xogos populares.

Estes campamentos, desenvolvidos pola asociación de tempo e aire libre Néboa, abrirónse o pasado 23 de xuño e porán o seu punto e final o 9 de setembro e neles participan nenos e nenas dos 3 aos 11 anos.

De luns a venres desenvólvese este programa nas dependencias do colexio A Magdalena e que dá comezo ás 8.30 horas cun almorzo saudable composto por leite, froita e cereais.

Dende as 10.00 e ata as 14.30 horas os pequenos e pequenas realizan diferentes actividades nas que se mesturan as manualidades, coa aprendizaxe e o coñecemento do entorno, os deportes alternativos e os xogos tradicionais, ademáis das saídas ou os xogos de animación.

Media ducia de monitores, baixo a coordinación de Mercedes Fraga, directora dos Campamentos, se encargan diariamente dos participantes, ofrecéndolles múltiples iniciativas vinculadas co mar, o bosque, o mundo do teatro e dos títeres ou a cultura tradicional, sen esquencer o fomento da alimentación saudable.



Así as cousas, nestes días, os nenos e nenas poderán aprender a construir unha cometa, andar en zancos, xogar ao twister, elaborar un cinceiro de cerámica ou colgantes de cartulina; actividades que se combinan coa reciclaxe, o respeto ao entorno e visitas a localizacións do municipio coma o auditorio municipal Alovi, o río Eume, o parque da Fraga, ao que se sumarán duas xornadas de convivencia cos alumnos e alumnas do centro educativo de Aspanaes.


Vacacións en Paz

Dende o departamento de Servizos Sociais tamén veñen de anunciar a celebración, o vindeiro martes, dunha recepción oficial para os pequenos e pequenas procedentes da rexión de Tinduf, no Sáhara, que pasarán este verán en As Pontes, gracias ao programa de acollida Vacacións en Paz.

Un total de seis nenos e nenas serán os protagonistas deste acto de benvida que estará presidido polo alcalde de As Pontes, Valentín González Formsoo, e o edil de Servizos Sociais, José Alén, e que terá lugar no Salón de Plenos da Casa Consistorial ás 11.00 horas.

2/7/09

O Campo de Tiro de Pena da Revolta acolle o sábado o primeiro Open Galaico – Luso de Tiro

• A competición contará coa participación de medio cento de tiradores que proceden tanto de Galicia coma de Portugal

As Pontes será sé esta mesma fin de semana do primeiro I.P.S.C. Open Galaico – Luso de tiro, unha competición que reunirá a medio cento de tiradores tanto de concellos de toda Galicia coma de Portugal.

Este campionato, organizado polo Concello, o Campo de Tiro Pena da Revolta e a Federación Galega de Tiro Olímpico, está programado para o sábado 4 de xullo e dará comezo ás 09.30 horas.

Os participantes tomarán parte nas modalidades de estándar e open e deberán afrontar un total de seis exercizos nos que se combinan o tiro en carreira cos circuitos estáticos con obxectivos móviles e incluso con reféns, seguindo o regulamento I.P.S.C. establecido en xaneiro de 2006.

O campo de tiro Pena da Revolta foi escollido para albergar esta competición por ser o único en toda Galicia que conta con tódalas condicións necesarias para acoller un campionato desta relevancia o que demostra, unha vez máis, que As Pontes se atopa á cabeza de instalacións deste tipo tanto a nivel autonómico coma nacional, situación da que dan constancia as continuas competicións de gran relevancia nacional que, periodicamente, se celebran neste emprazamento.

Este é o segundo trofeo destas características que se pon en marcha xa que, en agosto de 2008, a localidade lusa de Braga acollía o primeiro I.P.S.C Open Luso – Galaico, no que resultaron vencedores Jorge Ballesteros en categoría open e Jesús Ferreiro na modalidade estándar.

Así as cousas, dende o concello animan a tódolos veciños e veciñas a achegarse ata a Pena da Revolta o vindeiro sábado e así desfrutar da destreza e, sobre todo, da puntería dos participantes inscritos nesta proba xa que a entrada está aberta a todo aquel que desexe desfrutar deste espectáculo de precisión.

O Conservatorio de música de As Pontes volveu sumar un ano máis a súa oferta ás diferentes actividades polas que se pode optar este verán.

O Conservatorio de música de As Pontes volveu sumar un ano máis a súa oferta ás diferentes actividades polas que se pode optar este verán.

Mañá é xa o último día habilitado para reservar unha praza no propio edifício do conservatorio, e de 9´30 a 13´30.

A partir da vindeira semana poderemos xa escoller entre cinco modalidades diferentes.

Os nenos e nenas de As Pontes poden escoller calquera destas opcións para aprender mentres se divirten nestes cursos de verán.

Para os máis pequenos programouse un curso de iniciación de tres días, o 7, 8, e 9. Na primeira quenda, de 11 a 12 para os de 4 e 5 anos, e de 12 a 13´30, na segunda, para os de 6 e 7. O curso impartirao Óscar Prieto, e terá un prezo de 5 euros.

Dos outros catro cursos tres xa coinciden entre o 6 e o 10 de xullo, e cun mesmo horario de 10 a 13´30, e tamén no prezo de 10 euros.

Pilar García e Ignacio Sanz serán os mestres de percusión, Abel Riveira, o de vento-metal, e Ernesto Gancedo e José Manuel Campello, o de piano.

O curso de coro infantil, que tamén terá como responsable a José Manuel Campello, varía no prezo, que será de cinco euros, e no horario, que se limitará a unha hora, de 12 a 13.

Para mañá está convocada a reunión informativa que dará o pistoletazo de saida da nova iniciativa municipal denominada Ximnasia para a saude


Para mañá está convocada a reunión informativa que dará o pistoletazo de saida da nova iniciativa municipal denominada Ximnasia para a saude.

Ás oito da tarde, en casa Dopeso celebrarase unha reunión informativa na que se explicarán os pormenores dunha actividade gratuita de ximnasia básica ó ar libre, axeitada a tódalas idades, anque aconsellada para persoas de 35 anos en diante.
Tamén dende mañá xa se poderán formalizar as inscripcións no concello para empezar co início da semana, o luns día 6.

As sesións, que serán sempre matinais, contemplan a realización de exercizos físicos, e ximnasia postural, sempre en xeito de exercizos aeróbicos lixeiros destinados a acadar unha mellora cardiovascular.

Pero a cousa non queda aí, pois abrirase unha ficha a cada participante para realizarlle unha serie de controis regulares que, á vez, servirán para ir facendo un seguemento de progresos.

Á fin e ó cabo búscase concienciar á poboación dos benefícios para a saude de practicar exercizo aeróbico dun xeito regular, fomentando os bos hábitos sobre a saude coma o control da tensión arterial, o peso, e a frecuencia cardíaca, ou nocións básicas de antropometría, e sempre acompañándoo de pautas para levar, como complemento indipensable, uhna dieta sá ó tempo que completa.

As clases vanse desenvolver nos xardíns do campo da feira nos meses de xullo e agosto, e en horario de maña, de nove a dez, anque se planteou ampliar a outra hora,de 10 a 11, se a demanda o fai preciso.

O monitor será un licenciado de INEF, e ofreceranse os luns, mércores, e venres.

Esta semana será xa a última para solicitar praza na primeira quenda dos campamentos de verán de vilarbó

.

A Asociación medioambiental, néboa, desprazou xa ó lugar a unha avanzadiña dos seus monitores para preparar a recepción dos primeiros campistas.

Esta mesma fin de semana estivéronse a acondicionar os bungalows e levouse tamén unha boa parte do material preciso para o desenvolvemento das diferentes actividades.

Dende a Asociación medioambiental Néboa, organizadores destas acampadas, confían en que se completen as prazas, anque as inscripcións sempre se fan a última hora, por ter que agaradar a coñecer as notas dos cursos escolares.

Nesta vixésima edición das acampadas na natureza, ofrécense dous campamentos.

O primeiro, o Aventura, está destinado a nenos e nenas de entre seis e once anos e empezará o día 9 do mes vindeiro, continuando ata o día 16, tamén de xullo.

A inscripción aínda está aberta ata o día 4, e o prezo a satisfacer é de 118 euros para os censados en As Pontes, ó correspondernos a cota máis baixa como concello organizador.

A continuación do Aventura celebrarase o campamento Fortuna. Será xa para mozos e mozas de entre 12 e17 anos, e levarase a cabo entre o 17 e o 29 de xullo.

Neste caso o custo é de 150 euros, e o prazo de inscripción mantense ata o 11 de xullo.

As inscripcións poden facerse no pavilón polideportivo.

Cáritas Diocesan atendera a fill@s monoparentais atraverso do proxecto Kanguras

Hai só uns días que se completaba o curso de atención a pequenos que estivo a desenvolver Cáritas Parroquial coa fin de crear un servizo de atención a nenos de familias monoparentais e que contaba cunha participación de case unha ducia de veciñas da nosa vila.

Os resultados pódense xa colleitra dende esta semana, pois dende onte xa é posible beneficiarse deste programa de atención a nenos pequenos e que leva por nome Proxecto Kanguras.

Así as cousas, a través deste programa, Cáritas Diocesana de Mondoñedo - Ferrol ofrece tres horas e media diarias, de luns a venres, en horario de 4 e media a 8 da tarde, de atención á infancia a través de xogos, obradoiros de expresión musical e artísticos, actividades para o reforzo escolar ou en prol da psicomotricidade, entre outras iniciativas, e que estarán impartidas por persoal cualificado.

Esta opción, que irá dirixida a familias monoparentais con pequenos de entre 3 e 12 anos, busca axudar aos pais e nais a conciliar vida laboral e familiar e é totalmente gratuíta.

Para anotarse e así beneficiarse deste programa tan só teñen que achegarse denantes do 5 de xullo ás oficinas de servizos Sociais ou ben telefonar aos números que xa están a ver en pantalla: o 981 35 23 39 ou 690 815 431.

O plan de aforro de enerxía ideado polo goberno central obsequia os cidadáns cunha bombilla de baixo consumo

Nos vindeiros días todos imos recibir nas casas xunto coa factura da luz un vale para canxear por unha bombilla de baixo consumo, recollida que se poderá facer nas oficinas de correos.

A medida obedece ó plan de aforro da enerxía ideado polo goberno central, que tenta de sensibilizar ós cidadáns de que cada pequeno xesto conta.

A este plan do goberno estatal. para o estimulo da economía e o emprego (Plan E) e que desenvolve unha das 31 medidas do Plan de aforro e eficiencia enerxética, podemos acollernos en calquera oficina de correos, presentando o noso vale.

Cada vale vai identificado co seu código de barras, para retirar a bombilla, e non debe confundirse cun folleto publicitario, senón que ten validez para efectuar o troco.

Galegos e madrileños somos os primeiros en adiantarnos ós prazos previstos pola Unión Europea para sustituir as bombillas actuais por lampadas de baixo consumo.

O calendario marcado pola UE prevé a supresión paulatina das bombillas incandescentes a partir de setembro do 2009, e a súa sustitución polos novos modelos de baixo consumo.

As últimas bombillas tradicionais deixarán de comercializarse en 2012.

1/7/09

O concello de As Pontes acollerá a I Exposición Nacional Canina os vindeiros 18 e 19 de xullo

O clube de montaña O caxado e o concello de As Pontes promoven unha marcha aberta polas fragas da Ribeira e Lostegal




O Concello de As Pontes vai incidir na súa campaña para dar a coñecer a riqueza natural do município, e para elo ven de promover unha marcha aberta ó público polas fragas da Ribeira e o Lostegal.

Para elo buscou a colaboura do Clube de montaña O Caxado, cunha dilatada experencia na promoción do sendeirismo.

Dende o concello e o Clube de Montaña convídasenos a participar na camiñata que se vai levar a cabo o domingo día 5.
Será unha roita circular de aprox 19 Km con saída e chegada no pavillón polideportivo municipal e que decorrerá polo carril bici ata ao muro do encoro da Ribeira.

A continuación seguirase rio arriba pola beira dereita ata Vilarbo.

Neste emprazamento pararase a facer unha pequena parada para realizar un avituallamento.

Despois de repoñer forzas, xa os camiñantes cruzarán a A Fraga do Lostegal ata subir á Carballeira e baixar pola Cuiña.

A roita, coa que se inauguran unhas saidas que se prevén facer a lugares de interese do município, é asequible a calquera persoa nunha forma física normal, e ademais a marcha adaptarase ó nivel dos participantes, sempre encabezada polos membros do Clube de montaña, que aproveitarán para ofrecer unhas nocións básicas das camiñadas en espazos naturais.

Como esta roita está recén rehabilitada, e sinalizada, tamén se impartirán as informacións básicas para recoñecer eses sinais orientativos.

Ten asignada unha dificultade media, pero non obedece á lonxitude, ben asumible, anque cos evidentes desniveis no traxecto.

A calificación como de dificultade media débese, en todo caso á irregularidade do firme, que nalgun tramo é irregular e si esixe camiñar con atención.
A saída será ás 9 do polideportivo municipal, anque se pide ós participantes estar media hora antes para recoller o dorsal.
Haberá que ser puntuais para cumprir coa chegada prevista para as dúas da tarde.

O Concello de As Pontes será sé, por segundo ano consecutivo, da Copa Galega de Raid de Aventura

• Ata o vindeiro 6 de xullo será posible anotarse aínda que o límite de participación está situado nun máximo de 50 equipos
O Concello de As Pontes acollerá os días 11 e 12 de xullo a Copa Galega de Raid. II Memorial José Ramón Corral, cuarta proba puntuable para a Liga Española de Raid de Aventura.

A competición, organizada polo Concello e o clube Gallaecia Raid, desenvolverase nas categorías tanto de elite, con tres corredores sempre en carreira, coma de aventura, con dous corredores en carreira e un terceiro que actuará de relevo e asistencia.

O circuíto que deberán afrontar os participantes incluirá probas de BTT, piragüismo, trekking de montaña, orientación tanto urbana coma específica e cordas e estará dividido en dúas etapas: a primeira de 130 quilómetros e que se desenvolverá na xornada do sábado e xa para o domingo unha segunda de 10 quilómetros.

Precisamente, ante a espectacularidade das diferentes probas, dende o goberno municipal quixeron convidar a tódolos veciños e veciñas a tomar parte no desenvolvemento das diferentes disciplinas, co fin non só de animar aos participantes, senón tamén de coñecer e desfrutar dun deporte tan complicado coma descoñecido e duro.

A inscrición estará limitada a un máximo de 50 equipos que deberán formalizar a mesma denantes do vindeiro 6 de xullo e aboar unha cota de participación de 140 euros por equipo ao que se sumarán 20 euros por deportista que careza de licenza anual de Raids de Aventura da Federación Española De Orientación (FEDO).

Para poder formalizar este trámite será necesario achegarse ata as oficinas do clube Gallaecia Raid, ubicadas no pavillón polideportivo municipal da Fraga, ou ben a través da súa páxina web www.gallaeciaraid.es. Asemade, tamén será posible obter máis información achegándose a estas dependencias ou ben telefonando ao 679 25 31 77 ou 981 782 926.





Horario da competición

Na tarde do 10 de xullo os equipos deberán achegarse ata as dependencias do Colexio Santa María para recoller a pertinente documentación e o libro de ruta.

O sábado, 11 de xullo, ás 09.30 horas, celebrarase unha charla técnica, tamén no mesmo centro escolar, sobre o desenvolvemento da competición. Acto seguido, ás 10.15 horas, procederase a dar a saída dende o propio colexio e, para pechar a xornada, ás 23.30 horas está previsto que comecen a chegar os primeiros equipos.

O domingo, ás 10.00 horas e tamén partindo dende o colexio Santa María, dará comezo a segunda etapa, denominada multiaventura, e que se desenvolverá ata as 12.00 horas, momento no que se pechará o control de cegadas.

Ás 13.00 horas está previsto que de comezo a ceremonia de entrega dos galardóns aos diferentes equipos que tomen parte na competición.