30/6/09

O NOSO CONCELLO VAI POÑER EN MARCHA UN PROGRAMA DE XIMNASIA PARA A SAÚDE.

ESTE PROGRAMA DESENVOLVERASE NOS XARDÍNS DO CAMPO DA FEIRA NOS DOUS VINDEIROS MESES, XULLO E AGOSTO, E OS LUNS, MÉRCORES, E VENRES, EN HORARIO DE NOVE A DEZ DA MAÑÁ.

NO CASO DE QUE A DEMANDA ASÍ O ESIXISE ESTABLECERÍASE UN SEGUNDO GRUPO DE DEZ A ONCE.

AS CLASES INCLUIRAN XIMNASIA, CONTROIS DE FRECUENCIA CARDIACA, E DE TENSIÓN ARTERIAL, ANTROPOMETRÍA, E MEDICIÓNS MASA MUSCULAR.

SEMPRE CO OBXECTIVO DE APROVEITAR PARA FORMAR ÓS ASISTENTES EN SAUDE PROPIA, E AS VANTAXES DE LEVAR UNHA VIDA SÁ E ACTIVA, A TÓDOLOS OS PARTICIPANTES OFRECERÁNSELLES RECOMENDACIÓNS PARA UNHA DIETA SANA.

OS CONTIDOS DAS CLASES VAN SER MOI PRÁCTICOS E ASEQUIBLES PARA CALQUERA FORMA FÍSICA, E APROVEITARASE TAMÉN PARA FACER XIMNASIA POSTURAL.

EN DEFINITIVA, TRATARASE DE PRACTICAR EXERCIZOS AERÓBICOS LIXEIROS PARA ACADAR MELLORAS CARDIOVASCULARES, COMBINADOS CON EXERCIZOS ANAERÓBICO DESTINADOS A LOGRAR MELLORAS NA FORZA E TONO MUSCULAR, A TRAVÉS DE XOGOS QUE RESULTEN MOTIVANTES.

ASEMADE, CADA ALUMNO DISPORÁ DUNHA FICHA INDIVIDUAL, NA QUE FIGURARÁN OS SEUS DATOS E SE IRÁN INCLUINDO MEDICIÓNS INICIAIS E AO LONGO DO PROGRAMA, XA SE CUMPLIMENTARÁN OS DATOS QUE XENERE CANTO A FRECUENCIA CARDIACA, TENSIÓN, E PESO, PARA LOGO FACILITARLLES UNHA FICHA DE MeDICIÓN E PROGRESIÓN Ó FINAL DO PROCESO.

A TENSIÓN TAMÉN SE TOMARÁ UNHA VEZ VEZ Á SEMANA POR UN ENFERMEIRO.

AS CLASES VAN SER IMPARTIDAS POR UN LICENCIADO EN INEF E NON TERÁN CUSTE ALGÚN PARA OS QUE DESEXEN PARTICIPAR.

AS INSCRICIÓNS PODERANSE FACER DURANTE TODO O VERÁN, PERO O INICIO PREVESE XA PARA O LUNS DÍA 6.

PARA MÁIS INFORMACIÓN CONVÓCASE A OS INTERESADOS A UNHA REUNIÓN ESTES MESMO VENRES, DÍA 3 ÁS OITO DO SERÁN NA CASA DOPESO.

A PARTIR DO VENRES PODERASE FORMALIZAR XA A INSCRIPCIÓN, E LOGO TAMÉN NO REXISTRO DO CONCELLO FACILITANDO UNICAMENTE OS DATOS PERSOAIS.

ESTA ACTIVIDADE ENMÁRCASE NO AMPLO E AMBICIOSO PROGRAMA DESEÑADO DENDE O GOBERNO MUNICIPAL QUE XA EMPEZARA COAS XORNADAS DEPORTE E SAÚDE.

NON SE ESTABLECEU LÍMITE ALGUN DE IDADE AÍNDA QUE O PROGRAMA ESTÁ ESPECIALMENTE ENFOCADO PARA USUARIOS A PARTIR DOS 35 - 40 ANOS.

26/6/09

As primeiras Olimpiadas Escolares pontesas clausuraranse mañá cunha entrega de medallas




Máis de 200 pequenos participaron nesta cita deportiva na que o balonmano, o baloncesto ou o ciclismo se mesturaron coa orientación, o tiro con arco ou o tenis

O Concello de As Pontes despedirá mañá as súas primeiras Olimpiadas Escolares coa entrega de medallas aos gañadores das diferentes disciplinas nunha cerimonia que terá lugar no campo de fútbol do Poboado ás 12.30 horas.
Ao acto, que estará presidido pola edil de Cultura e Deportes, Eva Conde, están convocados tódolos pequenos e pequenas que, dende o pasado luns, tomaron parte nas diferentes competicións organizadas con motivo destas primeiras Olimpiadas, aos que se lles fará entrega dun diploma de participación e dunha camiseta en recoñecemento ao seu esforzo, ao que se sumarán as medallas que recibirán os primeiros clasificados en cada unha das disciplinas nas que puideron participar os rapaces e rapazas ao longo desta semana.
En relación ao resultado desta primeira experiencia, a concelleira de Deportes amosou a súa satisfacción ante a fantástica acollida recibida por parte do colectivo estudiantil, valorando coma moi positiva a importante participación colleitada nestes días e que eleva a 200 o número de inscritos nas diferentes probas.
Neste mesmo senso, Eva Conde anunciou que os obxectivos destas Olimpiadas Escolares estiveron máis que conseguidos xa que, por unha banda, os participantes puideron pasar unha semana moi entretida practicando diferentes disciplinas deportivas e, por outra banda, fomentouse a práctica de deportes coma o balonmán ou o atletismo que, o vindeiro ano, poderían formar parte da oferta deportiva municipal no caso de contar cunha demanda suficiente.
Finalmente, a concelleira quixo agredecer a importante colaboración non só dos propios pequenos e pequenas, senón tamén do equipo organizativo destas probas integrado por varios estudantes de INEF, as asociacións de pais e nais dos diferentes centros educativos e os clubes Silex de tiro con arco, Vilalba – As Pontes de ciclismo, Grupo Xuvenil de Piragüismo, Gallaecia Raid, clube de rugby Fendetestas e o C.D. As Pontes.






Disciplinas
Así as cousas, no que respecta ao luns un total de 33 nenos e nenas tomaron parte nunha xincana ciclista e nunha carreira de orientación pola Fraga de Dona Rita; o martes desenvolvéronse diferentes probas de atletismo (400 metros lisos, 100 metros lisos, 60 metros lisos e salto de lonxitude), o mércores un total de 13 equipos participaron nun torneo de baloncesto 3 x 3, os mesmos que o xoves competiron nun torneo de balonmán.
Tamén onte pola tarde, os rapaces e rapazas puideron iniciarse no deporte do tiro con arco, mentras que, ao longo desta mesma mañá, se desenvolverá a proba de tenis con 65 rapaces inscritos.
Xa pola tarde, está previsto que teñan lugar un descenso en piragua na zona da Fraga e un campionato de rugby, na modalidade de tocata, no pavillón polideportivo municipal.

Charla sobre iniciación deportiva
Na xornada de mañá, o Lar de Endesa acollerá a última actividade integrada nestas Olimpiadas, unha charla incluída no programa Deporte e Saúde e que levará por título A iniciación ao deporte para nenos e mozos que, precisamente, ofrecerá as liñas mestras a seguir para fomentar hábitos deportivos entre os máis pequenos pero dunha forma axeitada á súa idade.
Os encargados de ofrecer esta charla, á que poderá asistir todo aquel que así o desexe, serán varios deportistas ponteses de elite coma a atleta Susana Castro, o futbolista David Rochela, a arqueira Gema Buitrón, o piloto de motocross Ismael Veiga, o piragüista Borja Prieto ou o xogador de rugby Pablo Enríquez que, xa ben en directo ou a través de mensaxes en forma de vídeo, darán conta da súa experiencia persoal e dos seus inicios.
A ponencia dará comezo ás 11.00 horas.

24/6/09

O Maratón de Fútbol Sala das Festas do Carme repartirá, o vindeiro mes de xullo, case 3.000 euros en premios


• Os equipos terán ata o 8 de xullo para formalizar a súa inscrición pola que deberán aboar unha cuota de100 euros por plantel

O Concello de As Pontes, a través do departamento de Deportes, porá en marcha o vindeiro mes de xullo unha nova edición do Maratón Festas do Carme de fútbol sala, no que se repartirán 2.800 euros en premios.

A competición, que estará organizada polo clube Esteo de fútbol sala e que tamén contará co patrocinio da Deputación da Coruña, desenvolverase na fin de semana do 10, 11 e 12 de xullo de forma ininterrumpida e terá lugar no pavillón polideportivo do C.E.I.P A Magdalena.

Así as cousas, o equipo clasificado en primeira posición recibirá 1.800 euros e un trofeo mentras que o segundo se fará cun premio en metálico de 600 euros ademáis do correspondente trofeo. Os equipos que alcancen o terceiro e cuarto posto na clasificación final recibirán cadanseu premio de 200 euros. Finalmente, farase entrega dun trofeo ao xogador máis valioso e ao cancerbeiro que encaixe menos tantos ao longo dos tres días de competición.

O prazo para inscribirse nesta cita rematará o 8 de xullo polo que os equipos interesados en tomar parte neste torneo deberán formalizar a súa inscrición aboando unha cota de 100 euros na conta habilitada con tal fin (nº de conta: 2080 – 0190 – 64 – 0040009858) na sucursal Caixanova.

Dende o goberno municipal quixeron animar a tódolos equipos tanto do concello coma dos municipios limítrofes a tomar parte nesta interesante competición que, ano tras ano, está a gañar máis adeptos non só entre os equipos do entorno, senón tamén entre os planteis de fútbol das demáis provincias galegas.

O sorteo dos emparellamentos celebrarase o 9 de xullo nas instalacións do pavillón polideportivo municipal da Fraga ás 20.30 horas.

Para obter máis información, a organización do evento puxo a desposición dos interesados dous números de teléfono: 679 371 472 e 687 831 106.

O Concello de As Pontes establecerá un irmandamento coa localidade de Senftenberg






O alcalde xermano ten previsto visitar o concello pontés proximamente para definir os contidos desta relación de amizade

A expedición pontesa á localidade xermana de Senftenberg regresa esta tarde á vila convencida de que esta experencia dun lago creado no oco dunha explotación mineira é extrapolable ó caso pontés.
Nisto coinciden coa empresa Endesa, que decidira a inundación da mina de lignito con mil millóns de metros cúbicos de auga baseándose precisamente no exemplo deste pobo alemán que vivira nas últimas xeracións do lignito.
O proxecto concebido para a extinta mina de Endesa estará finalizado en tres anos, e suporá unha rexeneración sen precedentes en todo o estado. Nembargantes esta situación non é nova para os alemáns, con varias iniciativas deste tipo, na que a de Senftenberg foi pioneira mesmo denantes da caida do muro de Berlín.
A experiencia de paliar os efectos xerados por unha explotación dunha mina a ceo aberto aválase cos resultados desta poboación que se víu sometida a un troco radical, e que supera as 700.000 visitas anuais ó seu complexo de ocio baseado no lago e as instalacións adxacentes.
A comitiva de doce ponteses, representantes da política, o tecido empresarial, veciñal, e asociativo, coñeceron o lago e a súa repercusión social.
Asemade houbo tamén unha recepción oficial no concello, e visitáronse o organismo LMBV, que é o encargado de facer o seguemento dos procesos de peche e enchido dos lagos, e do consorcio ESS, que se ocupa do desenvolvemento urbanístico dos lagos.
A concelleira de Participación Cidadá, Montserrat García, encabeza esta delegación, e manifestou a sorpresa grata que para todos supuxo a cálida recepción que se están a atopar. En verbas da propia edil, recibíronnos moi ben, e todo son atencións, porque este contacto directo servíu para ver que as dúas localidades, malia as obvias diferencias, tamén teñen moitas cousas en común. E canto a que Senftenberg se poda converter nun espello, aínda que as ubicacións son moi diferentes, si resulta moi interesante como desenvolveron turisticamente as novas infraestructuras, e todos coincidimos en que hai moitas ideas que os seus anos de experencia nos fan ver como asumibles, e gaora haberá que trasladar á nosa realidade. En claquera caso toda a información recabada será posta ó dispor de tódolos veciños á volta”.

Co volta cargados de ideas, agora será tempo de pensar no financiamento e no xeito de levalas á práctica dentro dun proxecto que se resolverá cunha obra de enxeñería insólita na historia de España.
Para este arduo traballo seguro que se contará coa colaboura dos alemáns que poden acabar convertidos en irmáns dos ponteses.
O propio alcalde Andreas Fiedrich comunicaba ós visitantes ponteses o seu interese por realizar un irmandamento, e comprometuse a devolver a visita en breve para preparar os trámites precisos.

23/6/09

O Moncho Valcarce impartirá o vindeiro curso un ciclo de laboratorio sobre análise e control de calidade

 A iniciativa conta co respaldo do Concello de As Pontes e empresas da altura de Edesa, Nobo, CT-Rad, Sogarisa, Aquagest ou Ferroplast

O Instituto de Ensinanza Secundaria Moncho Valcarce albergará, dende o curso 2009 – 2010, un novo ciclo formativo de grao superior adicado á análise e control de calidade. Esta opción académica foi presentada esta mesma mañá no propio centro educativo a través dunha rolda de prensa na que participaron a propia directora do Moncho Valcarce, Paula Medín, a concelleira de Cultura, Eva Conde, e representantes das firmas de biotecnoloxía e alimentación Nobo e a eléctrica Endesa, empresas colaboradoras nesta actividade formativa e que ofertarán prácticas para o alumnado procedente deste ciclo.
A directora do centro presentou este ciclo coma unha gran alternativa laboral que permitirá formar a traballadores cualificados nos ámbitos da análise de control en laboratorios de análise químico, microbiolóxico, de materiais, de industrias tanto agroalimentarias coma transformadoras ou no terreo de I+D, ademáis de dar lugar a profesionais técnicos cualificados para o control de calidade en industrias de manufacturas diversas ou no campo do ensaio químico.
Pola súa banda, Eva Conde, en representación do goberno municipal, ofreceu todo o apoio posible do concello para continuar a traballar nesta mesma liña e promocionar intensivamente este ciclo formativo. Neste senso, a edil de Cultura calificou esta iniciativa de moi positiva, e apostou por continuar nesta mesma liña de traballo para crear profesionais adaptados ás necesidades laborais do día de hoxe, asegurando que o concello continuará a respaldar iniciativas desta índole, tal e como acontece con este ciclo superior.
Finalmente, tanto Beningo Durán, en representación de Endesa, coma Arturo Nieto, da firma Nobo, afincada nas Somozas, ofreceron a súa total colaboura en relación a este proxecto xa que, tal e como subliñaron ámbolos dous poñentes, a súa intención é contar nun futuro con estes novos técnicos, ofrecendo o seu asesoramento en prol da formación necesaria para as súas respectivas firmas.




Programa Lectivo
O ciclo presentado hoxe está integrado por dous cursos que suman un total de 2000 horas teórico-prácticas.
No primeiro curso abordaranse temas coma a mostraxe e preparación da mostra, a análise química, os ensaios físico-químicos e microbiolóxicos e a formación e orientación laboral.
No segundo ano de estudos abordaranse materias coma a análise instrumental, os ensaios físicos e biotecnolóxicos, a calidade e seguridade no laboratorio e a iniciativa emprendedora.
Asemade, o alumnado deberá presentar un proxecto de fin de ciclo ao que seguirán as pertinentes prácticas en empresas do sector e que colaboran coa iniciativa coma Endesa, Nobo, CT-Rad, Xiloga, Sogarisa, Aquagest, Ferroplast, Intasa, Finsa, Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Mabegondo, Fandicosta, Ligal, Alcoa, Unidad de Gestión de Residuos de Santiago e a Central Térmica de Meirama.
Os propios mestres do departamento de Física e Química do centro educativo pontés serán os encargados de impartir as diferentes materias que terán como escenario os tres laboratorios cos que conta o propio instituto.
Os interesados en anotarse, xa que as prazas están limitadas a 20, terán ata o 2 de xullo para formalizar a súa matrícula aínda que, de quedar prazas libres, en setembro abrirase un novo prazo extraordinario de matrícula entre os días 1 e 14.


*Para obter máis información é posible contactar co propio centro educativo a través do teléfono 981 45 13 51.

Douscentos escolares participan, nestes días, nas primeiras Olimpiadas Escolares Concello de As Pontes

 As probas deron comezo onte co ciclismo para continuar con atletismo, torneos de baloncesto e balonmán e ata rugby

Douscentos escolares ponteses toman parte dende a tarde de onte na primeira Olimpiada Deportiva que organiza o Concello das Pontes, a través da área de Deportes que preside Eva Conde.

O principal obxectivo deste actividade é dar un novo pulo á práctica deportiva dos nenos e nenas de As Pontes, ampliando a oferta. De feito esta Olimpiada busca que os xoves participantes proben as diferentes especialidades deportivas para poder ver cales son as que lles gustan, de cara a poder incluílas no vindeiro curso en ligas escolares, ou outras actividades de fomento deportivo.
Na tarde de onte celebrouse unha xincana ciclista na pista descuberta do Poboado da Fraga na que os participantes tiveron que sortear distintos obstáculos e demostrar así o seu manexo da bicicleta.
Na xornada de hoxe, o campo do Poboado acolleu a primeira parte da proba de atletísmo coa participación de sesenta nenos, de entre cinco e 15 anos. Os pequenos atletas enfrontáronse ás probas de 400 metros. Xa pola tarde desenvolvíanse as de 100 e 60 metros e salto de lonxitude. Estudantes de INEF encargáronse da organización da competición, contando tamén coa colaboura da atleta pontesa Susana Castro.
Mañá mércores será o turno do baloncesto con varios enfrontamentos na modalidade de 3 x3s que terán lugar nas pistas do poboado das Veigas e que tamén se desenvolverán en xornada de mañá e de tarde.

E o xoves e mailo venres teremos ata catro competicións deportivas diferentes. Así as cousas, para o xoves a programación destas Olimpiadas incluirá un torneo de balonmán en horario de 10.30 a 13.30, nas pistas do Poboado, e xa de 16.00 a 19.00 horas diferentes probas de tiro con arco que se desenvolverán no campo de fútbol do Poboado.


No tocante ao venres, na Canle IV, será posible que os participantes tomen parte nun torneo de tenis e xa para rematar a xornada a competición trasladarase á Fraga con probas de piragüismo e rugby na modalidade de tocata.

O sábado 27 daranse a coñecer os gañadores xa que, ás 12.30 horas terá lugar a cerimonia de entrega de medallas e de clausura desta semana deportiva, actividade que se completará coa segunda xornada das charlas adicadas ao deporte e á saúde auspiciadas polo Concello. Nesta ocasión, o tema a tratar será o fomento do deporte entre os máis pequenos a través dun coloquio que se celebrará no Lar de Endesa, a partir das 11.00, e da que lles informaremos en vindeiras edicións deste informativo.

70 asociacións pontesas recibirán nos vindeiros días parte das axudas económicas ofrecidas polo Concello

 As entidades percibirán un 60 % da contía asignada, mentras que o 40% restante se ingresará unha vez xustificados os gastos realizados

As Pontes, 23 de xuño de 2009.-
O Concello das Pontes repartirá 235.000 euros entre as asociacións culturais, sociais, deportivas e medioambientais do municipio.

Un total sesenta e catro entidades beneficiaranse desta liña de axudas, que se repartiron dacordo coas bases reguladoras que rixen este proceso, e que teñen en conta criterios como as actividades que desenvolven, o número de beneficiarios e mailo de socios.

Denantes de que remate este mes de xuño o goberno municipal fará o pertinente ingreso ás entidades beneficiadas das cantidades correspondentes ao primeiro pago, que supón o 60% do importe total da axuda. O 40% restante entregarase unha vez que as distintas entidades presenten a xustificación de gastos.

Reparto de fondos

Dos colectivos beneficiados, 20 son entidades culturais, outras tantas fomentan a actividade deportiva, catro son entidades sociais, unha é de carácter medioambiental, e , finalmente, 19 colectivos veciñais completan a lista de beneficiarios.

O Instituto Pontés de Promoción Económica organiza unha charla adicada á lexislación sobre a protección de datos

• Unhas 180 persoas entre empresarios, autónomos e colectivos foron convidados a participar nesta cita que se abrirá coa intervención de Valentín González Formoso

O Instituto Pontés de Promoción Económica (IPPEC) ofrecerá o xoves unha xornada adicada á nova lexislación en materia de protección de datos e que irá dirixida a empresarios, autónomos e asociacións.

A iniciativa, auspiciada polo Concello de As Pontes a través do departamento de Promoción Industrial, terá como escenario o salón de actos do Centro de Dinamización Empresarial do polígono de Penapurreira e está prevista a participación de 180 empresarios do municipio.

A xornada, que levará por título Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal, será inaugurada polo alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, ás 20.00 horas e ten como principal obxectivo dar a coñecer aos asistentes as liñas a seguir para a aplicación nas empresas desta normativa, ofrecendo as ferramentas necesarias ao tecido empresarial para poñer en marcha esta lei coa que se pretende garantir e protexer as libertades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas, especialmente, da súa intimidade persoal e familiar.

Asemade, tamén se explicarán as medidas que deberán aplicar as firmas para poñer en marcha a Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal ou as sancións que poden sufrir no caso de non acoollerse a esta normativa.

20/6/09

19/6/09

O grupo de empresa endesa abre o prazo para os cursos de tenis no verán



idade: 8 anos en adiante

Lugar de inscripción: biblioteca do lar : telf 627 536 059
Prazo de inscripción: ata 2 de xullo
Data de comezo: martes 7 de xullo
Duración do curso: 8 dias
Coste: gratis para socios do grupo empresa
non socios -- 20 euros

17/6/09

O Concello pecha o programa As Pontes Aprende coa publicación dun conto e unha revista de rutas




• A iniciativa busca fomentar os recursos turísticos de As Pontes e dar a coñecer a súa historia a través dos ollos dos escolares


O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, e a edil de Participación Cidadá, Montserrat García, presentaron esta mañá a publicación Contos das Pontes. Este libro recolle as diferentes historias e referencias de personaxes emblemáticos da sociedade local, coma Dona Rita ou o cura Enrique Rivera Rouco, e repartirase entre os escolares dos centros educativos do municipio xa que eles mesmos foron os autores dos dez textos recollidos nesta publicación, financiada polo concello pontés.

A iniciativa forma parte do programa As Pontes Aprende, desenvolvido polo executivo local nos colexios ponteses dende hai varios meses, e que se complementou con distintas excursións, mediante as que se achegou aos escolares aos diferentes espazos naturais cos que conta o municipio coma as Fervenzas de Somede, o casco histórico ou o lago de Endesa co fin de fomentar o respeto e coidado do medio ambiente ao tempo que se achega, aos máis novos, a riqueza histórica coa que conta o municipio.

González Formoso subliñou o importante papel que xogan as iniciativas de carácter cultural e educativo, coma a que hoxe vía a luz, para o progreso da sociedade e anunciou que a intención do goberno municipal é darlle continuidade a As Pontes Aprende con novas actividades para o vindeiro curso.

Por outra banda, o primeiro edil tamén deu a coñecer a revista 9 Rutas por As Pontes, unha colección de roteiros e fotografías elaborada a raíz das diferentes excursións protagonizadas polos alumnos e alumnas de tódolos centros educativos ponteses e que tamén se distribuirá, nos vindeiros días, entre os escolares e o tecido asociativo local.

Segundo explicou González Formoso, esta segunda publicación, tamén incluída no programa As Pontes Aprende, é unha mostra do importante potencial turístico co que conta o concello, á marxe da súa máis que demostrada relevancia industrial.

Neste senso, o primeiro edil fixo especial fincapé en paraxes coma as fervenzas de Somede ou a área recreativa do Caneiro ás que se sumará, nun futuro, o lago artificial de Endesa, e que deben ser un aliciente máis para facer do concello un interesante destino turístico.

Finalmente, a edil de Participación Cidadá quixo facer especial mención ao profesorado de tódolos centros educativos do municipio, moi implicado no proxecto xa que, segundo aclarou Montserrat García, a súa colaboura e esforzo foron claves para levar a bo porto ámbalas dúas publicacións. Nesta liña, a tamén primeira tenente de alcalde amosou a súa satisfacción ante os primeiros resultados acadados por As Pontes Aprende e ratificou as palabras do propio alcalde con respecto ás intencións do executivo local de continuar a traballar en novas propostas que continuen co camiño xa iniciado neste curso.



Excursión a Cerceda

O programa As Pontes Aprende pechará a súa primeira edición cunha excursión multitudinaria ao parque acuático de Cerceda, o vindeiro venres, e na que participarán 880 estudiantes e 200 pais e nais.

A comitiva, integrada por case unha vintena de autocares, partirá da estación de autobuses da Canle IV ás 10.30 horas para pasar a xornada neste entretido destino.

A volta da expedición pontesa está programa para as 18.00 horas e na mesma está prevista a participación do alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, e os edís de Participación Cidadá, Montserrat García, e Seguridade Cidadá, Javier Carballo.

O Concello de As Pontes prepara para a vindeira semana as primeiras olimpiadas dirixidas a escolares



Os estudiantes de entre 4 e 18 anos poderán participar en sete disciplinas deportivas formalizando a súa inscrición denantes do vindeiro venres


O Concello de As Pontes, a través do departamento de Cultura e Deporte, está a organizar as que serán as primeiras Olimpiadas Concello de As Pontes, coa que se pretende potenciar a práctica de diferentes disciplinas deportivas entre os escolares.

De feito, esta actividade irá dirixida a pequenos e pequenas de entre 4 e 18 anos que se poderán anotar nas diferentes probas que se desenvolverán dende o vindeiro luns.

Así as cousas, dende o goberno municipal quixeron animar a toda a poboación escolar a tomar parte nesta interesante aposta polos hábitos de vida saudables e a actividade física.

Estas Olimpiadas locais inauguraranse o vindeiro luns, ás 16.00 horas, cunha xincana ciclista que se desenvolverá na pista descuberta do pavillón polideportivo da Fraga ou na pista cuberta do Poboado das Veigas, no caso de que a climatoloxía non acompañe.

Xa para o martes o calendario deportivo incluirá diferentes probas de atletismo que se celebrarán en horario de mañá e de tarde (10.30 a 13.30 e de 16.00 a 19.00 horas) nas pistas do campo de fútbol do Poboado.

No tocante ao día 23 a xornada estará composta por un torneo de baloncesto na disciplina de 3 x 3 e que, ao igual que o día adicado ao atletismo, se desenvolverá en xornada tanto de mañá coma de tarde na pista do Lar de Endesa.

O xoves abrirase cun torneo de balonmano que se celebrará tamén na pista do Lar de Endesa en horario de 10.30 a 13.30 , mentras que, pola tarde, está previsto que se desenvolvan no campo de fútbol do Poboado varias probas de tiro con arco en diferentes distancias.

Finalmente, o día 26 incluirá un torneo de tenis nas pistas da Canle IV para pechar a xornada con piragüismo e rugby na modalidade de Tocata, competicións que terán lugar na Fraga e no pavillón polideportivo municipal, respectivamente.

Xa para o sábado 27, ás 12.30 horas está previsto que se celebre a entrega de medallas das diferentes disciplinas deportivas nun acto que terá lugar no campo de fútbol do Poboado e que estará presidido pola concelleira de Deportes, Eva Conde.


Inscrición

Os pequenos e pequenas interesados en participar nestas probas terán ata o vindeiro día 19 para formalizar a súa inscrición. Para iso tan só terán que cubrir o pertinente formulario, que poderán atopar nos seus respectivos colexios, e entregalo a calquera membro da asociación de pais e nais de cada centro escolar.

A asociación de Empresarios e Comerciantes de As Pontes convoca unha charla para a mellora na competitividade empresarial

16/6/09

O delegado do Goberno en Galicia anuncia unha futura inversión en As Pontes de 1,7 millóns de euros



Antón Louro achegouse ata As Pontes para coñecer algunhas das obras que están a ser sufragadas con cargo ao Fondo Estatal de Inversión Local

O delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, visitou hoxe o concello de As Pontes co fin de coñecer de primeira man algúns dos proxectos que se están a desenvolver con cargo ao Fondo Estatal de Inversión Local (FEIL).

Ao longo da súa estadía en As Pontes, o representante do executivo estatal anunciou que o Ministerio de Administracións Públicas está a traballar nun novo fondo de inversión local, dotado con 5.000 millóns de euros, que se destinará á modernización tecnolóxica, a actividades para a recuperación do medio ambiente e programas en prol do desenvolvemento da lei de dependencia, programa que deixará en As Pontes 1,7 millóns de euros e para o que, a finais de ano, será preciso presentar as diferentes iniciativas que poderán contar con este importante apoio económico.

Precisamente, Antón Louro recalcou o interese do Ministerio de Industria en apoiar o desenvolvemento da zona con plans coma o Ferrol, o Miner ou os fondos FEIL cos que fomentar a xeración de emprego e o benestar da cidadanía, liña na que se continuará a traballar dende a administración estatal.

As Pontes é o primeiro concello galego que conta cunha visita destas características. De feito, a satisfacción xerada por este achegamento foi plasmada na intervención, ante os medios, do alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso.

Así as cousas, o primeiro edil deu conta do seu desexo de que esta visita sexa a primeira de moitas apostas do goberno central por As Pontes con novos proxectos que, ao igual que acontece co plan FEIL, dean lugar a importantes oportunidades para a mellora de infraestruturas locais coma os servizos de saneamento, as propias estradas ou obras que repercutan na mellora da vida cotiá da veciñanza.

Segundo explicou o edil, gracias ao FEIL estanse a acometer diferentes traballos que permitirán darlle un novo aspecto sobre todo ao centro do casco urbano, con iniciativas que afectan a lugares tan emblemáticos coma o colexio de Santa María, a praza da Capela do Carme ou o parque municipal e que se suman a proxectos coma o edificio multifuncional que se levantará con cargo aos Fondos Miner ou a reurbanización da Avenida da Coruña, a través do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña.



Trala visita aos traballos de remodelación do peche do colexio Santa María a comitiva trasladouse ata o polígono de Penapurreira, concretamente ao Centro de Dinamización Empresarial de Seara, dependencias que contaron cun importante impulso económico do Ministerio de Industria para abrir as súas portas.

10/6/09

As escolas municipais de cultura pechan o curso 2008-2009 con tres festivais que darán comezo mañá

Case 400 persoas participaron este ano nos cursos de danza,gaita, percusión, acordeón e música moderna propostos por Cultura


As escolas municipais de Cultura pecharán esta semana as súas portas tras nove meses de traballo e un gran éxito de convocatoria e é que, dende a tarde de mañá, será posible desfrutar dos diferentes festivais de fin de curso das escolas de baile tradicional, moderno e clásico; gaita, tamboril, pandeireta, música moderna ou acordeón.

E é que, dende o departamento de Cultura, amosaron hoxe a súa satisfacción ante a gran acollida rexistrada nesta edición das escolas municipais con case 400 alumnos e alumnas de diferentes idades e, sobre todo, coa posta en marcha dun novo obradoiro adicado a acordeón que tamén contou cun gran éxito entre a veciñanza.

Mañá, ás 18.30 horas, no parque do Campo da Feira, será posible desfrutar do aprendido polos alumnos e alumnas máis novos de percusión e batería mentras que os adultos darán conta do seu bo facer coa guitarra, o baixo eléctrico e percusión dende as 20.30 horas, no salón de actos da Casa Dopeso, lugar que tamén servirá de escenario para os pequenos no caso de que a meteoroloxía non lles permita realizar o seu concerto no parque municipal.

O venres os alumnos e alumnas de gaita, pandeireta, tamboril, acordeón e baile galego ofrecerán un espectáculo conxunto de fin de curso e que dará comezo ás 20.00 horas, no auditorio municipal Alovi.

Pecharán a programación de fin de curso, os participantes nas clases de danza clásica e moderna na xornada do sábado.

Así as cousas, o vindeiro día 13, ás 19.00 horas, o auditorio municipal Alovi acollerá un espectáculo para o que será necesario retirar unha entrada que será totalmente gratuíta. Para recoller esta invitación é preciso achegarse na mesma mañá do sábado, na billeteira do auditorio, en horario de 12.00 a 14.00 horas.

AS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS PREPARAN AS CELEBRACIÓNS PARA O SAN XOAN 2009


9/6/09

Patrimonio aproba o proxecto que permitirá darlle unha nova cara á praza da Capela do Carme

O Concello de As Pontes investirá 250.000 euros nestas obras que se iniciarán cando rematen as festas en honra á Virxe do Carme
O Concello de As Pontes xa conta co beneplácito da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico Galego da Coruña, dependente da Consellería de Cultura, para acometer os traballos que permitirán renovar o aspecto estético da praza da Capela do Carme.
Segundo informan dende o goberno municipal, a pasada semana recibíase o documento que avala a reurbanización deste emblemático espazo e que suporá un desembolso de 250.000 euros, con cargo ao Fondo Estatal de Inversión Local.
Tal e como se recolle no documento achegado pola Consellería de Cultura, as obras suporán a mellora das condicións ambientais do contorno da Capela do Carme, motivo polo que reciben luz verde por parte deste departamento e trámite necesario ao afectar a uns bens patrimoniais como son o cruceiro e a propia capela.
Nembargantes, estes traballos de reurbanización non darán comezo ata que rematen as celebracións patronais do mes de xullo para evitar molestias á vecindade e que así poidan desfrutar dunhas xornadas de festa tranquilas, sen ter que afrontar zanxas ou fochas ao longo destes días tan significativos para os veciños e veciñas do municipio.
Así as cousas, unha vez rematen os festexos está previsto que se acometan melloras coma o cambio do pavimento por outro menos esvaradizo, a eliminación dos chanzos que facían da praza un espazo con tres alturas, deixandoa nun mesmo nivel; asemade, tamén se subsituirá o mobiliario urbano, completando o proxecto co cambio do sistema de iluminación.

As Pontes acolle o vindeiro sábado a XII edición da Marcha Cicloturista Vila de As Pontes

A proba está aberta á participación dun máximo de 150 corredores e transcorrerá polo casco urbano e varios concellos limítrofes

O Concello de As Pontes colaborará esta fin de semana coa décimo segunda edición da Marcha Cicloturista Vila de As Pontes que se celebrará o vindeiro sábado coa organización do Clube Ciclista Vilalba – As Pontes.

A iniciativa, na que está prevista a participación de 150 corredores, está aberta a todos aqueles ciclistas maiores de 15 anos que teñan no seu poder a licenza federativa do ano en curso ou aqueles que tramiten unha licenza da Federación Galega de Ciclismo para a xornada do día 13. Asemade, os corredores deberán empregar obrigatoriamente o casco de seguridade.

No tocante ao percorrido, o pelotón ten previsto partir ás 15.00 horas das inmediacións do pavillón polideportivo municipal afrontando unha roita na que se percorrerán varias rúas do casco urbano pontés para dirixirse, posteriomente, á parroquia de Espiñared e aos concellos de As Somozas, Moeche, rematando no Campo do Hospital, Cuíña e Alto do Caxado, momento no que se neutralizará a marcha para que os corredores que aínda conten con forzas ascendan de forma libre ao Alto do Caxado, no que será unha subida de 21 quilómetros con 900 metros de desnivel. E é que, nesta ocasión o clube ciclista optou por unha paisaxe totalmente diferente á de anos anteriores onde os concellos da Terra Chá eran os principais protagonistas, asemade, este novo percorrido será moito máis duro que en edicións anteriores.

O camiño a seguir polo pelotón faraos regresar a As Pontes pola circunvalación de Ortigueira ata a Casilla, pasando tamén polas avenidas das Veigas, Galicia e Castelao e rematando na Casa Consistorial ao redor das 19.30 horas.

A organización ten previsto sortear entre os corredores dous recoñecementos médicos, asemade, tódolos participantes recibirán un recordo conmemorativo da proba, un kit de avituallamento e unha cea no restaurante 5 Jotas. Por outra banda, recoñecerase o esforzo dos tres ciclistas que cheguen primeiro ao Alto do Caxado, o do deportista máis novo e o máis veterano e o do clube que aporte máis participantes.

Finalmente, a organización porá a desposición dos acompañantes dos competidores un servizo de visitas guiadas ao museo etnográfico de Monte Caxado.

Os interesados en anotarse poderán obter máis información a través dos teléfonos 615 067 975 ou 654 166 721 ou ben na páxina web www.ccvilalba-aspontes.es.

O concello abre o prazo para mercar os terreos do futuro parque industrial-tecnolóxico

O concello ven de abrir, a través da súa publicación a pasada semana no boletín oficial da provincia, o concurso para adquisición de terreos no sector 01 do solo urbanizable industrial de Penapurreira.

O procedemento, que permanecerá aberto ata o mércores, permitirá adquirir as parcelas nas que se instalará o parque tecnolóxico-industrial da Vilavella e do que, hai unhas semanas, se delegaba na figura da alcaldía a tramitación da adquisición de terreos.

O concello destinará unha partida de case 1,8 millóns de euros neste procedemento, que proveñenda subvención concedida en setembro de 2008 pola Secretaría Xeral de Industria.

As proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello, ubicado na pranta baixa da casa consistorial, onde tamén será posible consultar e recoller toda a documentación e o listado de requisitos necesarios para tomar parte nesta convocatoria.

O prezo ofertado non será superior aso 6,21 euros por metro cadrado e, unha vez rematado o prazo de presentación de proposicions, a mesa de contratación valorará as diferentes ofertas tralo que a alcaldía escollera a oferta máis vantaxosa.

8/6/09

Sogama recibe a un grupo de ponteses con motivo do día Internacional do Medio Ambiente




Medio cento de veciños de As Pontes, coa concelleira de participación cidadá, Montserrat García, á fronte visitaron o venres as instalacións de Sogama en Cerceda, co gallo do Día internacional do Medio ambiente.

A Sociedade Galega do Medio Ambiente, Sogama exerceu de anfitriona nesta "portas abertas" , que tiña como fin que os representantres veciñais puiederan coñecer de perto o seu labor e participaran activamente nos distintos programas de educación e concienciación ambiental promovidos pola entidade.

Esta visita foi unha boa oportunidade para os distintos representantes das asociacións veciñais de coñecer directamente como se fai a xestión dos residuos urbanos,información que se agarda redunde na optimización e mellora dos procesos de xestión.

Nunha xornada que ocupou toda a mañá, o grupo puido coñecer o labor que nesta pranta se desenvolve no ámbito da xestión ambiental, as enerxías renovables, e o desenvolvemento sostible.

A confianza dos organizadores céntrase en orientar, a traverso destas iniciativas, as actitudes persoais na búsqueda dunha mellora dos comportamentos diante dos resíduos, e motivar directamente á poboación a participar activamente no plan de tratamento dende a recollida selectiva, e a separación en orixe.

Houbo tempo para visionar un power point como presentación, contemplar a maqueta do complexo, e logo combinar os traxectos a pé co autobús para coñecer as instalacións antes de recibiren os agasallos que se entregaron a tódolos participantes.

E xa á tarde, tamén enmarcado nas celebracións deste día, o concello organizou unha xornada participativa, que o orballo non foi quen de estragar, anque si deslucíu en parte, restando afluencia.

Os que se achegaron polo campo da feira, ó longo de toda a tarde, mozos sobre todo, pero tamén adultos, participaron nos obradoiros

medioambientais, cun especial éxito do circuito de veículos ecolóxicos, cun percorrido en segway, unha especie de patinete a motor eléctrico.

Outros xogos e actividades tanto lúdicas como educativas, para tódolos públicos acadaron a participación do público na primeira edición desta festa que o Concello de As Pontes preparara nos novos xardíns do Campo da Feira

Non faltaron tampouco as novas tecnoloxías, co envío a traverso do bluetooth de fotografías e mensaxes relativos á defensa do medio ambiente.

As Pontes aposta polo Partido socialista nos comicios europeos

O PsdeG-PSOE foi a forza elixida maioritariamente polos votantes ponteses nunha xornada que volveu cumprir coa máxima de decorrer sen incidentes, pero ademais apaciblemente, diante da escasa participación, tal como apuntaban tódalas previsións.

As siglas socialistas sumaron 1.696 adhesións, fronte ás 1.213 do PP, que foi a segunda máis votada, e 736 do BNG.

Se comparamos estes datos cos da última consulta europea, mantéñense as posicións, anque tanto socialistas como populares suben, respectivamente case 150 e algo máis de 50 sufraxios, mentres o Bloque perde case 400.

A participación quedou nun 38´9 %, moi semellante á do 2.004, que fora dun 38´34 %.

En números porcentuais, os apoios ós partidos quedaron nun 43´84 % para o PSOE, 31´5 para os conservadores, e 19´02 para o bloque.

A abstención foi un dos pronósticos que se cumpríu xunto co da chuvia, e o da fragmentación do voto, que fixo que foran moitas as candidaturas votadas.

De calquera xeito, por detrás dos tres grandes as cifras máis significativas son as de EU con 67 papeletas, e UPyD con 35.

Estes comicios chegaban moi perto dos últimos autonómicos, e volven repetir a tónica destes, co PSOE sacando en torno ós dez puntos ó PP, e o BNG relegado á terceira posición.

Anque evidentemente calquera proxección en chave de outra consulta debe aterse ás condicións especiais que marca cada consulta, a menor participación dificulta unha extrapolación, que se se fai só en base a porcentaxes déixanos unha lectura máis estable.

Os socialistas estarán superando o 40 % que rozaran en marzo, os Populares pasan xa do 30 %, e o BNG non alcanza o 20 %.

A rua presa de Alende permanecera pechada por obras de aglomerado




A rua presa de Alende permanecerá pechada durante 3 ou 4 días para realizar obras de aglomerado. Dende o Concello se recomenda o uso de vias alternativas, pedindo disculpas os veciños polos inconvintes que lles poidan ocasionar

A Volta ciclista

Vilarbó cumpre dúas décadas abrindo un verán máis o prazo de inscrición para as acampadas intermunicipais



• O concello de As Pontes acollerá dúas acampadas para o vindeiro mes de xullo dirixidas a rapaces e rapazas de entre 6 e 17 anos
O Concello de As Pontes acaba de abrir o prazo para participar na que será a vixésima edición das Acampadas Intermunicipais na Natureza que, ano tras ano, acollen as instalacións de Vilarbó, emprazadas nun encrave único como son as beiras do río Eume
As acampadas, organizadas polo colectivo Néboa, co patrocinio dos concellos de As Pontes e Neda, buscan o achegamento ao mundo da naturaleza dos máis novos, para que aprendan a coñecela, respetala e disfrutar dela, ao mesmo tempo que os campistas se forman en actitudes e valores, como a tolerancia, a convivencia ou a participación
Xogos populares e acuáticos, obradoiros adicados ao medio ambiente, talleres de artesanía e actividades deportivas coma o tiro con arco, paseo en caona e marchas adaptadas a diferentes idades únense ao paintball, os paseos en bicicleta ou aos xogos acuáticos.
Para esta campaña, Vilarbó ofrece dous campamentos o primeiro será o Aventura, dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 11 anos, e que se desenvolverá entre o 9 e o 16 de xullo e será posible formalizar a inscrición ata o 4 de xullo, aboando unha cota de 118 euros para os rapaces dos concellos colaboradores e de 138 para os dos concellos non colaboradores.
Para os rapaces e rapazas de entre 12 e 17 anos realizarase o Campamento Fortuna do 17 ao 29 de xullo para o que é preciso anotarse denantes do 11 de xullo, e aboar 150 euros se se trata dun veciño dun concello colaborador ou 180 para os nenos e nenas doutros municipios.
Finalmente, denantes do comezo de cada campamento, convocarase aos participantes a unha reunión cos responsables destas acampadas (4 de xullo para os membros do Campamento Aventura e 11 de xullo para os do Campamento Fortuna) onde se lles fará entrega a pais e campistas da información necesaria sobre estas actividades, ademáis de horarios de recollida e normativa. As reunións celebraranse na Casa da Cultura de Neda ás 18.00 horas.
Lugares de inscrición
As solicitudes debidamente cubertas e a documentación necesaria terá que ser entregada no local da Asociación Néboa, en Neda, na propia Casa Consistorial de Neda, no pavillón polideportivo de As Pontes, nas casas da Cultura de Cariño e Malpica, no concello de Valdoviño ou ben na Casa da Xuventude de Ferrol.
Posteriormente, farase o ingreso da cota esixida na conta de Caixa Galicia 2091-0216-51-30400101179, na que se incluén os gastos de desprazamento dos campistas ata a área recreativa de Vilarbó e a estadía e actividades dos pequenos ao longo da semana ou 12 días que os pequenos e pequenas pasarán nesta zona.


5/6/09

Unha expedición pontesa visitará este mes o lago artificial da localidade alemana de Seftenberg

Unha expedición pontesa visitará este mes o lago artificial da localidade alemana de Seftenberg
• Montserrat García anunciou que varios representantes das asociacións afectadas e tres concelleiros da corporación municipal integrán a comitiva que partirá o 22 de xuño
As Pontes, 05 de xuño de 2009.-
O Concello de As Pontes está a organizar unha viaxe co fin de coñecer máis polo miudo a experiencia dos veciños do municipio alemán de Seftenberg que, dende hai varios anos, contan cun lago artificial moi semellante ao que está en proceso de construcción na mina de Endesa.

A iniciativa foi dada onte a coñecer pola voceira do equipo de goberno, Montserrat García, ao longo da sesión plenaria de carácter ordinario.

Segundo aclarou a tamén edil de Participación Cidadá, dous membros das asociacións de veciños de Espiñaredo, Saa, Goente e A Casilla, zonas afectadas moi directamente por este proxecto, integrarán esta comitiva na que tamén está prevista a presenza da propia concelleira; o edil de Promoción Industrial, Óscar García; o voceiro do Partido Popular, Juan Eladio Pico; un membro da Sociedade de Caza e Pesca A Venatoria e un representante dos empresarios ponteses. Asemade, tamén se convidou a un membro do grupo municipal do BNG que rexeitou o ofrecemento.

A viaxe dará comezo o vindeiro día 22 e prolongarase ata o 25 de xuño, xornadas a través das cales está previsto non só que os veciños coñezan a situación actual deste municipio, mediante a voz dos propios cidadáns da zona, senón tamén as repercusións que tivo a posta en marcha do lago a nivel turístico, económico ou ambiental.

Este asunto foi anunciado ao longo do debate da moción presentada polo grupo municipal do BNG na que se esixía ao equipo de goberno a creación, denantes dun mes,dunha comisión con representantes de tódolos colectivos do tecido asociativo do municipio e a convocatoria dunha explicación pública para toda a veciñanza do proxecto.



A proposta nacionalista non recibiu finalmente luz verde por parte do Partido Socialista e do Partido Popular ao considerar, ámbalas dúas formacións, que tal comisión contaría con tantos membros que non sería operativa aínda que tanto progresistas como conservadores estiveron dacordo en contar coas ideas, e suxerencias aportadas polos ponteses e pontesas en relación a este asunto que, segundo recalcou o propio alcalde, Valentín González Formoso, non se pode decidir a través dunha moción.

A que sí que recibiu a aprobación de PSOE e PP foi a proposta do listado de obras, presentado polo BNG, en diferentes estradas do municipio co fin de esixir á Xunta de Galicia que acometa melloras na AC-101, entre As Pontes e Ortigueira, a AC-861 entre Vilalba e Ferrol ou a AG-64, entre outras.

Asemade tamén contou co apoio da cámara municipal a proposta conxunta dos tres partidos políticos en relación ao apoio á Plataforma Rumbo 21 que está a traballar en prol da recuperación da construcción civil nos astaleiros da antiga Astano.

A orde do día completouse coa aprobación da ordenanza de creación, modificación ou supresión de ficheiros de carácter persoal, dacordo coa lexislación vixente en relación á protección de datos e coa renuncia aos seus escanos dos edís nacionalistas Xaime Castro e Susana Vilaboy, que presentaron onte a súa dimisión por motivos de saúde.

Tanto o equipo de goberno coma o voceiro do Partido Popular adicaron unha agarimosa despedida a estes dous xa ex concelleiros, facendo referencia ao seu bo traballo e servizo en prol de As Pontes e dos seus veciños e veciñas.


Rogos e preguntas

No tocante ao capítulo de rogos e preguntas, ante unha cuestión plantexada dende o Partido Popular en relación á estación de autobuses da Canle IV, Valentín González Formoso anunciou que a Deputación da Coruña ven de conceder unha axuda de 300.000 euros que se destinarán ao cambio de cuberta deste espazo por unha de dúas augas, ao pintado da fachada e o arranxo dos locais interiores co fin de mellorar o aspecto estético deste edificio, namentras non se atope unha mellor solución para o mesmo.

Por outra banda, tamén está no aire o futuro do matadoiro municipal xa que, polo momento, malia os ofrecementos do concello aínda non hai unha firma interesada nestas instalacións e, dende o goberno municipal, non se descarta a posibilidade de ter que cambiar os usos para os que foi construído este espazo.

Asemade, o rexedor municipal tamén se referiu ao futuro do Plan Xeral de Ordenanción Urbana, ante as preguntas realizadas pola oposición. En relación a este asunto, o primeiro edil explicou que o seu desexo é iniciar o traballo no mesmo denantes de que remate esta lexislatura aínda que, tal e como sinalou, hai asuntos coma o lago artificial de Endesa que teñen moito que ver neste proxecto no tocante ao que se considerará como chan urbanizable, unha vez concluído o enchido do lago e rematadas a infraestructuras coas que contará.

4/6/09

Programa fin de curso escolas municipais os dias 11, 12, 13 de xuño

O Concello de As Pontes conmemora o Día do Medio Ambiente con varias actividades para os máis pequenos

• Obradoiros de pintura e xardinería ou carreiras de teledirixidos forman parte do programa medioambiental Aprende, auspiciado polo concello pontés

O Concello de As Pontes celebrará mañá o Día Internacional do Medio Ambiente a través de diferentes actividades que terán como principais protagonistas aos pequenos e pequenas do municipio.

E é que o Concello estivo a desenvolver, nestes últimos meses o programa educativo medioambiental Aprende, integrado por diferentes excursións protagonizadas polos alumnos e alumnas dos nove centros educativos ponteses e que agora afronta unha nova etapa coa xornada que se celebra mañá e na que tamén se lle renderá homenaxe ao noso entorno.

De feito, mañá o auditorio Alovi acollerá ás 12.00 horas a proxección do documental do político norteamericano Al Gore sobre o cambio climático, destinada a un nutrido grupo de estudantes.

Xa pola tarde o Campo da Feira será sé, dende as 17.00 horas, dun obradoiro de pintura mural para os nenos e nenas maiores de 6 anos, xunto cos seus pais e nais, que tamén poderán tomar parte nesta actividade cos seus debuxos, mensaxes ou consellos para o coidado do medio.

Deste xeito, segundo aclararon dende o concello, preténdese fomentar o respeto das novas xeracións polo entorno, concienciar aos pequenos sobre a problemática que o afecta, ademáis do coñecemento de zonas tan emblemáticas do municipio coma as Fervenzas de Somede ou a área recreativa do Caneiro, localizacións visitadas polos rapaces e rapazas dos centros educativos ponteses.

Outra das actividades programadas para mañá é un taller de xardinería no que os pequenos e pequenas poderán plantar unha semente e levar a súa propia maceta para os seus fogares, ao que se sumará un circuíto de Segway, un tipo de patinete ecolóxico que funciona cun motor eléctrico, totalmente inócuo para o entorno.



Asemade, tamén será posible tomar parte nun circuito de coches teledirixidos alimentados por enerxía solar e auga, degustar os doces que se repartirán ao longo da tarde e levar para os seus fogares algúns agasallos xa que se sortearán diferentes premios entre tódolos participantes.


Outras actividades

O programa educativo Aprende completarase coa publicación dunha revista, que levará por título Rutas Naturales, elaborada polos propios estudantes na que se recollen diferentes experiencias e instantáneas das roitas realizadas polo Caneiro, Fervenzas de Somede, Monte Caxado, entorno do lago artificial de Endesa ou zonas do casco urbano coma A Vila ou a Vilabella.

Asemade, tamén se elaborará un conto que se repartirá entre os estudantes ponteses que inclue a historia de As Pontes e de personaxes tan emblemáticos coma Dona Rita ou o cura Enrique Rouco, ademáis das festas e puntos de interese do concello pontés.

Finalmente, o vindeiro día 19 máis de 800 persoas, entre pequenos e pais, pasarán o día no parque acuático de Cerceda, unha viaxe que servirá como recompensa ao duro traballo desenvolvido polos rapaces e rapazas ao longo dos últimos meses.


Outras citas culturais para a fin de semana

A noite de venres continuará coa poesía xa que, ás 21.00 horas, no salón de actos da Casa Dopeso iniciarase o xa tradicional Recital de Primavera que, ano tras ano, protagonizan os membros do grupo poético Alalá.

Os poetas locais Santi del Moral, Gloria David, MªCarmen Freire, Ofelia López e Aníbal Anxel darán conta das súas últimas creacións nas que se mestura o intimismo, coa crítica social e de denuncia ou os versos homenaxe á paisaxe e cultura galegas. Ademáis será posible desfrutar da virtuosidade de varios dos alumnos e alumnas de frauta e piano do Conservatorio de Música de As Pontes que interpretarán obras de Haydn, Bach ou Joplin.

O recital completarase coa actuación da bailarina de danza oriental Vanesa Lakshmi e de varias das súas alumnas.

A entrada será totalmente gratuíta ao igual que acontece coa exposición de óleos de Ramón López que, dende o pasado luns, ocupa a sala de exposicións do Mercado Vello.

A mostra, que conta co respaldo do concello pontés, inclue diferentes obras do pintor ferrolán afincado en Avilés nas que se reflicten as diferentes caras do mar.

Esta colección de obras poderá ser visitada ata o vindeiro día 13 de xuño, de luns a venres en horario de 18.00 a 20.30 horas, e os sábados entre as 11.00 e as 13.30 horas.

3/6/09

O Concello de As Pontes iniciou esta semana os traballos de reforma estética do colexio Santa María

A firma Construcións Canosa S.L está a ser a encargada dos traballos que se están a sufragar a través do Fondo Estatal de Inversión Local

As Pontes, 03 de xuño de 2009.-
O Concello de As Pontes ven de iniciar as primeiras obras que contarán co respaldo económico do Fondo Estatal de Inversión Local. Trátase dos traballos de mellora no centro escolar Santa María e que tiveron que comezar denantes da clausura do curso escolar 2008-2009 para que os mesmos non cadrasen co inicio do seguinte curso.

Así as cousas, e tras informar debidamente ao claustro do centro, o pasado luns a empresa Construccións Canosa S.L, responsable do proxecto, comezou co derrubamento do muro que flanquea o colexio pero non sen antes instalar dous peches de seguridade que permiten aos operarios continuar coa súa labor e aos estudantes desenvolver a súa xornada escolar con normalidade.
O proxecto, que foi adxudicado o pasado mes de abril por 166.000 euros, inclúe a construción dun novo peche perimetral que será de aceiro inoxidable e que contará con xardineiras e iluminación nocturna; a aglomeración do patio de xogos, que xa está en proceso, e a construción dunha nova zona cuberta que mesturará o cristal e o metal e que servirá para que os pequenos e pequenas se poidan resgardar da chuvia.
Outro dos cambios será a supresión do calexón lateral do centro escolar, que separaba a Praza de América da Avenida de Castelao e que o novo peche eliminará, permitindo a ampliación da beirarrúa que bordea o edificio.
Con esta última medida o centro contará cunha porta de entrada menos en relación ás que presenta actualmente xa que, rematadas as obras, tan só será posible acceder ao centro pola Rúa Ramón Cabanillas ou ben pola entrada principal.

O Concello de As Pontes será punto e final da VIII edición da Volta Ciclista á Provincia da Coruña

A xornada do sábado completarase cunha actividade de promoción do ciclismopara os máis novos con agasallos para os participantes

O Concello de As Pontes será punto e final, o vindeiro sábado, da Volta Ciclista á Provincia da Coruña que vive, este ano, a súa oitava edición e que, na xornada de mañá arrancará dende Padrón.
A terceira e derradeira etapa, que será a culmine no casco urbano pontés, dará comezo en Fene ás 11.00 horas e consta de 127 quilómetros, tres portos de segunda categoría á altura de Veciñeira, Pío e Os Vidás e dúas metas voantes en Fene e Valdoviño.
Dende o goberno municipal quixeron animar a tódolos ponteses e pontesas a tomar as rúas na xornada do día 6, sobre todo nas inmediacións da Capela do Carme e o Campo da Feira, para animar aos 18 equipos que tomarán parte nesta competición e que proceden de Extremadura, Asturias, Galicia, Andalucía ou Portugal e que, segundo as previsións ofrecidas pola organización da proba, alcanzarán a meta entre as 14.00 e as 14.40 horas.
Paralelamente, os máis pequenos da casa poderán participar nunha xornada de promoción do deporte do ciclismo para a que os pequenos e pequenas se deberán inscribir nas oficinas do pavillón polideportivo municipal ou ben no mesmo lugar da meta, na avenida de Castelao, o día da proba.
Os rapaces e rapazas que se animen a anotarse nesta actividade recibirán cadansúa camiseta conmemorativa, unha medalla e unha bolsa cunha saborosa merenda. Asemade, tamén haberá un trofeo para o centro escolar que conte con máis participantes e incluso se sorteará unha bicicleta entre os inscritos.

O Concello de As Pontes incrementa o programa de apertura de centros cun obradoiro de conversa en inglés

• 45 rapaces e rapazas participan, dende onte, neste novedoso taller organizado polo departamento de Servizos Sociais
As Pontes, 03 de xuño de 2009.-
O Concello de As Pontes deu onte comezo a un obradoiro de conversa en lingua inglesa dirixido a estudantes de 5º e 6º de Primaria e de Educación Secundaria Obrigatoria (E.S.O)

A iniciativa, incluida no Programa de Apertura de Centros Fóra do Horario Escolar subvencionado pola Consellería de Educación, está organizada pola concellería de Servizos Sociais, a traverso do departamento psicopedagóxico municipal, e conta coa colaboura dos servizos de orientación dos centros escolares de As Pontes.

Segundo explicou o edil de Servizos Sociais, José Alén, os rapaces e rapazas están divididos en catro grupos dacordo co seu nivel de inglés e que, previamente, tomaron parte nunha proba oral e outra escrita para avaliar os seus coñecementos desta materia.

Un total de 45 alumnos e alumnas participarán nesta iniciativa que se desenvolverá no Instituto Moncho Valcarce ao longo dos meses de xuño e xullo.

Estas cifras de participación supuxeron unha grata sorpresa para os propios membros da concellería de Servizos Sociais xa que, tal e como explicou José Alén a demanda foi e está a ser tan grande que se está a estudar a posible apertura dun novo prazo de matrícula en setembro, co consecuente incremento do número de prazas, para satisfacer a demanda rexistrada xa que, un dos próximos obxectivos é continuar con este taller durante o curso 2009/2010, período no que tamén se contará co apoio da comunidade educativa que xa expresou a súa satisfacción con esta medida que califican de moi positiva para os alumnos

O obradoiro corre a cargo dun mestre nativo que desenvolverá as clases dun xeito informal, con xogos e recreacións de diferentes situacións da vida cotiá pero sen abordar disciplinas coma a gramática.



Este taller será totalmente gratuito, motivo polo que se esixe a asistencia dos anotados xa que, de sumar varias faltas inxustificadas, un alumno podería perder a súa praza en beneficio doutro estudante que forme parte da lista de espera.


Outras iniciativas

Ao longo deste curso escolar, o instituto Moncho Valcarce tamén estivo a acoller outro tipo de actividades incluídas neste programa de apertura de centros coma obradoiros de informática, ciencias ou matemáticas divertidas.

Integrados neste programa tamén se desenvolveron, en diferentes centros escolares ponteses, varios talleres de educación e seguridade vial, e xa para o vindeiro ano se está a traballar na posible imprantación dun programa de almorzos saudables na escola e de actividades lúdico-deportivas, co fin de que, por unha banda, os nenos adquiran hábitos saudables e, por outra, se facilite a conciliación da vida familiar e laboral dos pais e nais.

Diversas asociacións programan as suas actividades para este comezo de veran

A mes e medio para a celebración das Festas Patronais, pouco a pouco imos coñecendo novos datos sobre a programación en honra á Virxe do Carme. Así as cousas, hoxe podemos anunciarlles que a Asociación de Amas de Casa das Pontes será a encargada neste 2.009 de elaborar a alfombra floral, motivo polo que a xunta directiva desta entidade fai un chamamento a todos os veciños das Pontes, sexan ou non socios das amas de Casa, para que colaboren na preparación do manto floral. Para anotarse abonda con achegarse ás oficinas da Asociación, situadas no Pobado do Barreiro, no Bloque E, en horario de luns a xoves, de dez e media a once e media pola mañá, e pola tarde, de catro e media a cinco e media.


Asimesmo desde a Asociación de Amas de Casa tamén nos informan da celebración da cea de remate de curso, prevista para o venres 19 de Xuño, ás nove e media da noite, no restaurante 5 Jotas. Serviranse aperitivos, peixe-sapo, carrilleiras e postres variados. O prezo do menú é de 25 euros para os socios, e de 31 para os non asociados e para anotarse hai que achegarse ata o local da Asociación, en horario tamén, de luns a xoves, de dez e media a once e media pola mañá; e pola tarde, de catro e media a cinco e media.


E falamos agora da Asociación de Veciños Beira do Eume que organiza unha excursión a Taramundi, para este sábado. A programación inclúe saída ás sete e media da mañá desde o local social e en Meira farase a primeira parada para o almorzo. Unha vez en Taramundi visitaranse os Muiños e o Museo de Apeiros Agrícolas, e tamén se realizará o xantar. De volta xa para as as Pontes pararase en Ribadeo e visitarase a praia das Catedrais. O prezo desta viaxe é de 30 euros para os socios e de 40 para os non asociados, e para apuntarse teñen de prazo ata este mesmo venres, nos Bares Daniel, Trastoy 4 ou Calvo.


E de Beira do Eume imos ás Campeiras que teñen previsto visitar varias cidades asturianas os días 4 e 5 de xullo.


Así as cousas, o programa da excursión inclue saída das Campeiras ás 7 e media da mañá para dirixirse ata Avilés onde será posible parar para visitar o casco histórico da cidade. Seguidamente, reanudarase a viaxe cara Xixón onde se xantará e se visitará o hotel que servirá de hospedaxe para os excursionistas.


A tarde estará adicada á visita pola cidade na compaña dun guía turístico e xa, á hora da cea, cada viaxeiro terá carta branca para degustar un menú asturiano no local que prefira.


O día 5 abrirase cun almorzo ás 9 e cuarto, tralo que se porá rumbo á localidade de El Entrego onde será posible visitar o Museo da Minería, tralo que se xantará no restaurante El Urogallo. Xa de volta a Galicia, a expedición parará en Cudillero denantes de reanudar viaxe cara As Pontes.

O prezo da excursión é de 100 euros para os socios e 110 para os non asociados tendo que anotarse e facer pago da viaxe denantes do 20 de xuño na tenda de electricidade Elicio Gómez.

O pintor ferrolán, con ascendencia pontesa, Ramón López, inaugurou onte unha exposición na nosa vila

.

Unha ampla selección dos seus cadros, con máis dunha vintea de obras poden contemplarse dende a tarde de onte na sala de exposicións do mercado vello.

A mostra é do máis variado, con lenzos de todo tipo, que van dede as representacións de animais ou paisaxes urbanas, ós adegóns ou mariños, sendo estes últimos os que aparecen con máis profusión, non en van o autor recoñece a súa paixón polo mar ó declararse un mariño frustrado..

Tódalas súas pinturas coincíden na aposta polo realismo, e nelas o autor enfróntaseá realidade en cada unha cunhas imaxes fidelmente reproducidas. O seu estilo perfeccionista refléxase nesta exposión a traverso dunha estraordinaria atenciónós detalles

e cunha especial atención á luz.

Outra característica da súa pintura é que é un reflexo dos diferentes lugares que o teñen marcado, polos que foi pasando, logo de nacer en Ferrol, pero vivir na Mariña lucense, actualmente en Avilés.

De feito lugares coma Viveiro ou O Vicedo están moi presentes como inspiración xunto coa costa asturiana.

Tamén este percorrido se pode apreciar na súa experencia como expositor, con mostras en Luanco, Avilés, Viveiro, O Vicedo, Soto del Barco, ou o Centro asturiano de Madrid.

No seu currículum atopamos tamén tres diplomas e un premio extraordinario da Escola de artes e ofícios, ademais da súa presenza como fundador do grupo cultural e pictórico La Gaviota.

A mostra da Sala exposicións do Mercado vello, que patropcina o concello de As Pontes,estará aberta ata o día 13, en horario de tarde, entre as seis e as nove e media.

O Concello da comezo aos traballos de limpeza de diferentes espazos públicos do casco urbano

A zona da Vila ou o Poboado da Magdalena xa recibiron esta limpeza que, nos vindeiros días, se levará tamén ao Poboado do Barreiro

O goberno municipal ven de iniciar o seu programa anual de limpeza de espazos públicos que, dende a pasada semana, está xa a ser desenvolvido polos operarios do servizo municipal de limpeza.
Nestes momentos, os empregados municipais están a realizar lavados a presión das diferentes rúas da zona de A Vila, traballos que xa afectaron, na xornada de onte, á igrexa parroquial de Santa María e á súa praza.
Nembargantes, esta medida xa se inciou a pasada semana en diferentes enclaves do casco urbano coma o Poboado da Magdalena, que , nestes momentos, goza dun mellor aspecto gracias ao servizo de lavado a presión, que deixou as súas prazas e zonas de esparcemento común cunha nova cara.
Nos vindeiros días, segundo anunciaron dende o goberno municipal, iniciaranse procesos similares noutras zonas, coma o Poboado do Barreiro, ás que se sumarán os traballos de pintado da propia Casa Consistorial e que tamén están en marcha.

2/6/09

O Concello de As Pontes respaldará a gravación dunha curtametraxe elaborada por un director local



Pablo Martínez iniciará a rodaxe a finais do mes de xullo tanto en As Pontes coma noutras localizacións de concellos veciños

O Concello de As Pontes colaborará, este verán, coa gravación dunha curtametraxe que estará dirixida polo pontés Pablo Martínez e que contará tanto con actores coma cun equipo de rodaxe con gran presenza local.

A iniciativa, que comezará a rodarse a finais do mes de xullo en diferentes concellos da zona e tamén en As Pontes, foi presentada esta mañá, no salón de plenos da Casa Consistorial, da man da edil de Participación Cidadá, Montserrat García.

Segundo explicou a tamén primeira tenente de alcalde, a intención do concello con esta medida é apoiar aos novos valores locais, como é o caso do xove director pontés, co fin de promocionar e fomentar a cultura entre os veciños e veciñas do municipio a través dun proxecto tan atractivo coma será esta producción audiovisual.

Neste senso, Montserrat García puxo a disposición de Pablo Martínez os recursos cos que conta o concello para esta rodaxe subliñando a importante traxectoria profesional deste estudante de Comunicación Audiovisual que, ademais de dirixir este proxecto, tamén se encargará da elaboración do seu guión.

Tal e como explicou o director, a súa intención, unha vez rematada a montaxe, será mover esta produción por diferentes festivais para dar a coñecer a paisaxe galega.

No tocante ao reparto, éste estará aberto a tódolos veciños e veciñas que desexen participar en calidade de extras e figurantes aínda que, este mesmo sábado, está previsto que se celebre un proceso de selección para escoller a tres homes, de idades que van dos 25 aos 50 anos, para complementar o reparto no que tamén participarán varios actores e actrices da confianza do director.




Os interesados en tomar parte neste casting deberanse achegar ata a Casa Dopeso dende as 11.00 horas ou ben a partires das 16.00 horas para participar nestas probas de selección.

Por outra banda, entre o equipo de rodaxe contarase con algúns veciños de As Pontes como é o caso do fotógrafo Fabián Veiga. Asemade, tamén está prevista a participación do iluminador Juan Ramil, actual responsable deste servizo na produción da TVG Matalobos.

O director
Pablo Martínez é estudante de Comunicación Audiovisual e conta ás súas costas con varios proxectos como La Conciencia, curtametraxe que lle supuxo o seu bautismo detrás da cámara, ou Mataratxis proxectos cos que logrou ser finalista na décima e undécima edición do Festival Universitario de Curtas ADN.

XII Marcha cicloturista Vila de As Pontes tera lugar o vindeiro 13 de Xuño



1/6/09

O Concello de As Pontes amplía a oferta dos campamentos urbanos de verán aos meses de xuño e setembro

• 60 pequenos por quenda poderán participar nestas actividades lúdico- educativas para as que se haberá que anotar denantes do día 15

O Concello de As Pontes manterá aberto ata o vindeiro día 15 o prazo de inscrición para os Campamentos Urbanos de Verán, que se desenvolverán dende finais deste mesmo mes de xuño ata mediados do mes de setembro.

A iniciativa, respaldada un ano máis polo departamento de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller, pretende facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das mulleres en época estival, xa que moitas son as que deben seguir a cumprir cos seus compromisos laborais e non teñen con quen deixar aos seus pequenos ao longo destes meses, o que dificulta a súa promoción social e laboral.

Como principal novidade, neste ano incrementáronse as datas nas que se desenvolverán este conxunto de actividades lúdico-educativos anticipando o seu comezo ao 23 de xuño e extendendo a súa realización ata o 10 de setembro.

Precisamente, en relación a esta medida, o goberno municipal quixo salientar o importante esforzo que supuxo incrementar este servizo, pioneiro entre os concellos da comarca, e que, con estas novas datas pretende axudar á conciliación da vida laboral e familiar xa que os campamentos darán comezo xusto despois do remate do curso e finalizarán denantes do inicio dun novo período escolar.

Para este verán, o departamento de Servizos Sociais porá a desposición da veciñanza un total de 60 prazas dirixidas a pequenos e pequenas nados entre 1998 e 2005, ademáis de cinco prazas a maiores que irán destinadas a nenos e nenas con necesidades educativas especiais.

Estes obradoiros, nos que se mesturará deporte, lecer e aprendizaxe, desenvolveranse de luns a venres, en dous horarios, de 8.30 a 14.30 horas ou ben de 10.00 a 14.30 horas, segundo prefiran contar ou non co servizo de almorzo que se repartirá nas instalacións do Colexio da Magdalena, onde tamén se desenvolverán o resto de actividades que integrarán a programación da que poderán desfrutar, diariamente, os pequenos e pequenas.

O prezo destes obradoiros é de 10 euros polos meses de xuño e setembro e de 40 euros por xullo e agosto, con descontos para aquelas familias numerosas ou que anoten nestes campamentos a máis dun fillo.


Inscrición

O período de inscrición e de presentación da documentación necesaria estará aberto ata o 15 de xuño, sendo necesario achegarse ata o Rexistro Xeral do Concello, ubicado na pranta baixa da Casa Consistorial, para presentar a pertinente solicitude.

Debido ao límite de prazas estableceranse unha serie de criterios para a admisión dos pequenos, de ahí que teñan preferencia os fillos dos pais e nais que deban traballar nesas datas e tamén os fillos das familias monoparentais onde a persoa responsable do pequeno deba traballar ou se atope realizando algún tipo de curso formativo.

Para xustificar estas situacións é necesario presentar unha fotocopia do Libro de Familia, certificados de empresa de conforme se está traballando e fotocopia do último recibo de autónomos se se trabilla por conta propia; certificado da entidade que imparte a formación, se se asiste a un curso formativo e, finalmente, unha declaración xurada no caso de que o pai ou nai se adique ao servizo doméstico.

No tocante ás 5 prazas para pequenos con necesidades educativas especiais será necesario presentar un informe das técnicas de Servizos Sociais da conveniencia de tomar parte neste tipo de actividades.

Asemade, unha vez confirmada a concesión de praza será necesario facer o ingreso da cota indicada na conta da entidade Caixanova, número 2080-0200-40-0040000303.