31/5/09

O Concello inicia o trámite de adquisición de terreos para a construcción do parque industrial tecnolóxico

• A compra das parcelas afrontarase coa axuda aportada polo Ministerio de Industria de algo máis de 2 millóns de euros


O pleno municipal deu hoxe luz verde, cos votos en contra do BNG e o apoio do Partido Popular, á delegación en Alcaldía para a aprobación, tramitación e adxudicación do expedente para a adquisición de varios terreos no sector 01 do polígono industrial de Penapurreira, para o seu uso como ubicación do futuro parque industrial tecnolóxico de As Pontes.

Segundo aclarou o edil de Promoción Industrial, Óscar García, con esta decisión axilizarase este proceso que dotará ao concello dunhas 30 hectáreas de superficie para adicar ao citado parque tecnolóxico xa que, a día de hoxe, o espazo que aínda queda desocupado no sector C de Penapurreira - 120.000 metros cadrados – irá destinado a varios proxectos de gran relevancia que o goberno municipal está a estudar, polo que, tal e como explicou García, é preciso incrementar a superficie industrial co fin de atender á demanda da que As Pontes está a ser obxecto.

Malia que en setembro de 2008 a Secretaría Xeral de Industria concedeu unha axuda a As Pontes de algo máis de 2 millóns de euros para a súa reindustrialización, dos que 1,7 irán destinados á adquisición das citadas parcelas, Óscar García aclarou que, ao longo destes meses, o goberno municipal non estivo de brazos cruzados xa que, se levaron a cabo os procedementos de localización de parcelas e dos propietarios das mesmas ademáis de realizarse un adianto do plan de sectorización da zona, de ahí que non se puidese traer ata hoxe este asunto a debate.

Por outra banda, o edil amosouse moi crítico co posicionamento do BNG de votar en contra deste asunto e é que, a xuízo de Oscar García, en proxectos vinculados ao desenvolvemento industrial de As Pontes, tódolas formacións políticas aunaron esforzos para sacar adiante calquer tipo de iniciativa que beneficie ao concello neste senso.



Finalmente, o alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, comprometeuse a realizar este proceso con total claridade e transparencia, ofrecendo aos grupos da oposición a posibilidade de participar e contar con completa información sobre os diferentes trámites realizados en relación a este proxecto.

28/5/09

O campo de tiro Pena da Revolta acollerá en xuño o primeiro Campionato de Tiro Policial I.P.A Galicia

• A proba constará de catro exercizos nos que poderán participar equipos de toda Galicia de ata cinco competidores
As Pontes será se o 13 de xuño do primeiro Campionato de Tiro Policial I.P.A Galicia. A competición terá lugar no campo de tiro Pena da Revolta e conta coa colaboura do Concello de As Pontes, a Deputación da Coruña, I.P.A Galicia e CaixaGalicia.

A proba, que se rexerá polo Regulamento Técnico Oficial de Percorridos de Tiro, estará aberta a tódolos compoñentes das Forzas e Corpos de Seguridade de Galicia, que poderán formar equipos de ata un máximo de 5 tiradores.

Os interesados en participar deberán formalizar a súa inscrición denantes do 3 de xuño aínda que este prazo poderá ser modificado pola organización, atendendo ao número total de anotados.

No tocante ao armamento, tan só se poderán empregar armas que, pola súa configuración, medidas e precio no mercado teñan a consideración de armas regulamentarias para o servizo. Tan só se admitirán pistolas de 9 mm parabelum.

A competición dará comezo ás 09.30 horas aínda que os participantes deberán recoller a súa acreditación dende as 09.00 horas. A proba prolongarase ata as 15.00 horas trala que se celebrará un xantar que dará paso á entrega de premios aos cinco mellores tiradores en categoría individual e aos tres mellores equipos do torneo.

Para opter máis información, a organización desta proba habilitou un teléfono o 659 72 96 84, asemade, tamén é posible descargar toda a información desta competición a través do enderezo electrónico www.ipagalicia.net.

O Concello de As Pontes aplica a Lei de Protección de Datos nos distintos servizos da administración local

• O executivo municipal rematará en breve con este proceso co que se axilizarán e facilitarán as xestións entre as distintas administracións

O Concello de As Pontes está a piques de rematar co proceso de implantación da normativa que rexe a protección de datos nas administracións públicas. Así o anunciaron dende o goberno municipal, dende onde tamén explicaron que, neste momento, se está a aplicar a última fase deste procedemento que permitirá crear un ficheiro cos datos tanto da veciñanza coma dos diferentes procesos e persoal que forma parte da administración municipal co fin de adecuar a xestión local á Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Caráter Persoal, na que se esixe a notificación á Axencia de Protección de Datos da existencia destes ficheiros e, asemade, da súa inscrición no Rexistro Xeral de Protección de Datos.

Este proceso foi necesario ante a gran cantidade e calidade de datos que xestiona o concello e que son precisos para entablar relacións de carácter interadministrativo que permitan atender ás demandas da cidadanía con maior axilidade.

Servizos coma a Policía Local, o sistema de xestión de impostos ou o Padrón Municipal serán algúns dos afectados por estes trámites dos que tamén se dará conta á veciñanza xa que, dende o goberno municipal explicaron que todo veciño ou veciña será debidamente informado da inclusión dos seus datos neste ficheiro automatizado, sempre que se realice calquera tipo de xestión coa administración local. Asemade, tódolos ponteses e pontesas poderán exercer o seu dereito de acceso, modificación, cancelación ou oposición a que os seus datos integren este rexistro.

Finalmente, dende o concello tamén informan que este rexistro de propiedade municipal será sometido a tódolos procesos necesarios para a aplicación da protección de datos de carácter persoal co fin de salvagardar tanto a intimidade coma os datos de carácter persoal dos veciños e veciñas.

27/5/09

O Concello e o Clube Vilalba - As Pontes organizarán o domingo a V Marcha Popular Concello de As Pontes


• Os veciños e veciñas que participarán nesta cita partirán da Casa do Concello para percorrer varias das rúas do casco urbano


O Concello de As Pontes xunto co Clube Ciclista Vilalba – As Pontes está a organizar, para este domingo, a que será a quinta edición da Marcha Popular Ciclista Concello de As Pontes.

A proba, que dará comezo ás 12.00 horas, partirá das inmediacións da Casa Consistorial percorrendo varias rúas do casco urbano e está aberta a tódolos veciños e veciñas do municipio e concellos limítrofes, independentemente da súa idade, que desexen pasar unha xornada na que se mesturarán deporte e ocio a partes iguais.

Precisamente, dende o goberno municipal convidaron a xiareiros do mundo das dúas rodas e ponteses e pontesas en xeral a participar nesta cita que xa o ano pasado contou cunha gran acollida entre a veciñanza pontesa.

Asemade, dende a organización desta actividade veñen de anunciar que se repartirán agasallos entre os participantes que deberán anotarse nos teléfonos 639 072 074 e 654 166 721.

No tocante á roita que seguirán os ciclistas, trala partida da rúa do Concello, a expedición percorrerá as avenidas de Ortigueira, Monte Caxado, Rego do Campo e Sergio Rivera Chao, dende onde accederán á avenida de Galicia e da Habana, subindo pola rúa Celso Emilio Ferreiro ata a avenida de Vilalba ata chegar, novamente, á Casa do Concello.

As asociacións de veciños e as entidades pontesas poderán solicitar ata o 3 de xuño as axudas municipais pertencentes ao 2009

• O executivo municipal destinará unha partida de case 400.00 euros á subvención tanto de infraestructuras como de diferentes actividades


O Concello de As Pontes acaba de abrir o prazo para que as asociacións veciñais, culturais, deportivas, sociais e ambientais do muncipio se beneficien das subvencións que ofrece o executivo local, coas que se pretende apoiar ás entidades sen ánimo de lucro e colectivos veciñais para que continúen a realizar as súas actividades propias co fin de fomentar a participación da cidadanía e impulsar a democratización da sociedade.

Ata o vindeiro día 3 de xuño será posible que os diferentes colectivos ponteses presenten o formulario e a documentación pertinente para acollerse a estas axudas que, este ano, suporán un desembolso total de 387.310 euros, dos que 13.800 irán destinados a infraestruturas e equipamento.

A través desta partida económica, o goberno municipal pretende lograr, como principal obxectivo, a mellora da xestión dos diferentes colectivos, facendo fincapé en fins máis concretos coma o impulso de actividades deportivas federadas, do deporte de base e escolar; o acceso á sociedade da información mediante novos medios e tecnoloxías da comunicación e do coñecemento ou o fomento da cultura tradicional e a creación de equipamentos de interese xeral no ámbito parroquial, como son os locais sociais.

Asemade, tamén se pretenden impulsar as actividades vinculadas coa transmisión e promoción da cultura tradicional ou da igualdade e aquelas destinadas ás persoas maiores, discapacitados, adictos ou individuos en risco de exclusión social.

As asociacións interesadas en acollerse a estas axudas deberán presentar o pertinente formulario acompañado da documentación esixida na oficina do Rexistro Xeral do Concello, ubicada na pranta baixa da Casa Consistorial. Nestas mesmas dependencias será posible consultar e recoller toda a información precisa para cumprimentar estas solicitudes aínda que tamén será posible aclarar calquer tipo de dúbida nos departamentos de Cultura, Deportes e Servizos Sociais ou a través do Boletín Oficial da Provincia, do pasado 22 de maio, onde se recollen tódolos datos desta convocatoria.

Endesa Hidráulicas remata coa pavimentación da explanada de acceso ao encoro da Ribeira



 En abril o goberno local esixiu á firma a mellora desta superficie atendendo á petición realizada dende o Grupo Xuvenil de Piragüismo

A empresa Endesa ven de atender as continuas demandas realizadas polo goberno municipal co fin de lograr que a citada empresa acometese os traballos de asfaltado da explanada de entrada ao encoro da Ribeira, da que a firma eléctrica é titular e que permite o acceso ás instalacións náuticas da zona, ao embarcadoiro e á propia muralla de contención do río Eume.
Así o anunciaron dende o executivo local que, a pasada semana, vía resolta unha reclamación realizada polo goberno que dirixe Valentín González Formoso que, o pasado mes de abril, esixiu á empresa eléctrica a mellora deste acceso que permite non só chegar ao encoro pontés, senón tamén ás instalacións do Grupo Xuvenil de Piragüismo, ademáis de exercer como aparcadoiro para os vehículos dos visitantes e usuarios destas instalacións.
Dende o goberno municipal explicaron que estes traballos de aglomerado, realizados por medio da división Endesa Hidráulicas, afectaron a unha superficie de 1.500 metros cadrados e supoñen a resolución dunha demanda realizada durante anos polos principais usuarios destas instalacións: os membros do Grupo Xuvenil de Piragüismo, os bañistas que se achegan a esta zona durante os meses de verán e os camiñantes que desenvolven a súa actividade física neste entorno.

O Concello de As Pontes e a Sociedade A Venatoria renderán unha homenaxe o vindeiro día 31 á troita

Máis de 300 persoas asistirán a esta cita gastronómica que se completará cun concurso de pesca e un obradoiro de culleriñas


O Concello de As Pontes colaborará, un ano máis, na celebración da Festa da Troita que, novamente, está a organizar a Sociedade de Caza e Pesca A Venatoria.
Nesta convocatoria, que terá lugar o vindeiro día 31,está prevista a participación de máis de 300 comensais que acudirán ás instalacións do local do polbo, ubicado no barrio da Fraga, para degustar un menú composto por troitas, corzo e xabarín.
De feito, ata mañá será posible inscribirse nesta cita gastronómica contactando co 600 44 34 13 ou ben adquirindo un pase nos bares As Torres e Mesón A Bodega.
Neste senso, dende o executivo local, animaron a tódolos veciños e veciñas tanto do municipio coma dos concellos limítrofes a participar nesta convocatoria que, o vindeiro domingo, cumprirá unha década.
Ademáis do xantar popular, que dará comezo ás 14.00 horas, a xornada completarase coa celebración do IV Concurso de Pesca que se desenvolverá entre as 08.00 e as 13.00 horas, unha exposición de culleriñas e un obradoiro de montaxe destes elementos. A xornada pecharase coa actuación musical dos ponteses Jin Tony´s Son.

25/5/09

David Varela faise co primeiro premio do certame de relatos curtos do xornal Pegadas

O pasado venres celebrouse o acto de entrega dos premios do 1º concurso de relatos Pegadas.


O evento tivo lugar na Biblioteca Municipal, onde se congregaron medio cento de asistentes para acompañar a uns premiados que elaboraran os traballos gañadores, pero tamén para facerse cos seus agasallos no sorteo que se celebrou posteriormente.
O primeiro premio, patrocinado por Endesa, un mini-ordenador portatil, entregouse ó escollido como o mellor relato de entre un total de 107 participantes. O gañador foi David Varela, de San Ramón de Moeche.

O segundo premio, para o mellor relato de Secundaria, tiña o patrocinio de Playlife, e consistíu nunha cámara dixital, que recaeu en Lucía Calvo, do Castro da Uz, de As Pontes. O terceiro premio, para o mellor relato de Primaria, foi para Natalia Pena,da Capela, onde estudia no colexio mosteiro de caaveiro. Para ela foi un MP4 doado por Severiano Agrocomercial.
Ademais, no decurso deste acto entregáronse outros agasallos (memorias USB, auriculares, lotes de libros, material escolar,...) que foron sorteados entre todos os participantes e que doaron os patrocinadores do concurso, e que estiveron moi repartidos entre tódolos centros participantes.

Esta primeira edición do concurso literario convocado por este periódico comarcal contou tamén coa poio do concello, que stivo representado pola concelleira de participación cidadá Montserrat García, que felicitou o nacemento desta iniciativa.

Ademais falaron tamén a directora deste periódico, Ana Belén Palén, e
o xerente de Euroeume, Miguel Teijido, que agradeceron a alata participación, que consideraron un incentivo para retomar a convocatoria o vindeiro ano.

350 persoas coñeceron esta fin de semana as instalacións da central térmica de Endesa

Maís de 350 persoas aproveitaron a xornada de portas abertas en Endesa para coñecer por dentro as instalacións da térmica.

Esta primeira ocasión en que Endesa abríu as portas ós visitantes en tres décadas servíu para que moitos pudieran coñecer como é por dentro o mayor complexo energético español, e non poucos volvesen ó que foi o seu traballo, anque tendo a ocasión de ver instalacións nas que non lles tocara desenvolver o seu labor profisional, e atender ás explicacións do seu funcionamento.

A visita estructurouse en grupos nos que aproximadamente a metade eran veciños de outras localidades, pero a outra metade eran ponteses, e cada grupo facía un percorrido de pouco máis dunha hora no que se parou especialmente na sala de control, pero tamén se puido ver a nave das turbinas, e o parque de carbóns, anque neste caso dende o autobús.

Os visitantes saían satisfeitos da visita e das explicacións, pero a tónica xeral era que selles fixera curta, e quedaran coa ganas de coñecer máis instalacións.

Máis dunha semana denantes de que se pechara o prazo de solicitudes xa se cubrira o cupo de visitantes, polo que dende Endesa se vai estudiar abrir unha nova convocatoria para que o

público en xeral poda coñecer de perto as instalacións, e o traballo que se realiza nelas, e a aportación da súa actividade ó desenvolvemento da zona.
Haberá entón, probablemente unha nova ocasión para coñecer as instalacións de Endesa en As Pontes, cando a central se aibra de novo ó público en xeral, aunque a compañía xa está a recibir cada ano varios milleiros de estudiantes de distintos niveis a traverso do programa Endesa Educa.

23/5/09

A segunda edición do programa Vellez Activa clausúrase o domingo cunha entrega de diplomas

• Ao acto asistirá o alumnado participante nos talleres de primeiros auxilios e prevencion de riscos no fogar e adestramento da memoria

A segunda edición do programa de actividades para maiores de 55 anos Vellez Activa pechará o domingo as súas portas co acto de entrega dos 150 diplomas de asistencia aos veciños e veciñas que, nestas últimas semanas, participaron nos oito cursos que nesta edición se incluían neste programa, cinco adicados ao adestramento da memoria e outros tres sobre primeiros auxilios e prevencion de riscos e accidentes no fogar.

O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, xunto cos edís de Servizos Sociais, José Alén; e Participación Cidadá e deputada provincial, Montserrat García, será o encargado de presidir esta cita que dará comezo ás 12.30 horas, no salón de actos da Casa Dopeso, e á que asistirán tódolos alumnos e alumnas que participaron nos oito obradoiros celebrados en seis asociacións veciñais do municipio.

Dende o departamento de Servizos Sociais, o seu concelleiro amosouse satisfeito co éxito e acollida que, por segundo ano, recibiron estas actividades. Neste senso, José Alén anunciou que o vindeiro ano realizarase unha terceira convocatoria destes obradoiros que buscan a potenciación da autonomía persoal dos maiores e favorecer a súa integración coma unha parte activa da sociedade e levar diferentes inciativas,promovidas polo concello, a outros emprazamentos fóra do casco urbano que permita aproximar este tipo de actividades ás zonas do rural.

Nesta ocasión ao obradoiro de adestramento da memoria, que xa en 2008 contou cunha gran popularidade entre a veciñanza, uniuse un curso de primeiros auxilios e prevencion de riscos e accidentes no fogar no que os alumnos e alumnas realizaron exercizos para estabilizar a mirada, o equilibrio ou a coordinación, e recibiron consellos e indicacións para evitar caídas e manter en forma músculos e articulacións, sen esquencer directrices básicas sobre primeiros auxilios e habitos saudables ou adquisicion de coñecementos basicos sobre as enfermidades máis comúns que afectan a esta franxa poboacional, coma a diabete ou a hipertensión, asi coma a promoción do uso racional dos fármacos.

21/5/09

O Mercado Vello acolle unha mostra para concienciar á cidadanía sobre a problemática do cambio climático



• A exposición, organizada pola Deputación da Coruña, inaugurábase esta mañá pola deputada e concelleira pontesa Montserrat García



A concelleira de Participación Cidadá e deputada provincial, Montserrat García, inaugurou esta mañá Cambio Climático. A exposición, auspiciada pola Deputación da Coruña, está composta por un conxunto de paneis, vídeos e experimentos que pretenden concienciar e sensibilizar á poboación sobre a situación actual que vive o planeta e que está a xerar consecuencias coma o desxeo nos polos, importantes secas e graves inundacións en diferentes partes do mundo.

A mostra quedará instalada na sala de exposicións do Mercado Vello ata o 30 de maio e aterra no concello pontés gracias ao gran esforzo desenvolvido polo goberno provincial para facer chegar as actividades culturais que promove a “tódolos municipios coruñeses, xa que, tal e como explicou Montserrat García, tódolos cidadáns deben de gozar das mesmas oportunidades de acceder á cultura, independentemente do tamaño do seu concello de residencia”.

No seu discurso, a tamén primeira tenente de alcalde subliñou a necesidade de que as administracións realicen os esforzos necesarios para dar a coñecer e concienciar á poboación da situación actual do planeta, como acontece con esta mostra e que, asemade, poñan a desposición da sociedade os mecanismos precisos para atallar esta problemática.

Nesta mesma liña, Montserrat García fixo un chamamento aos representantes dos diferentes centros escolares do municipio, presentes neste acto, para que tomen parte cos seus alumnos e alumnas nas visitas guiadas a esta mostra xa que, tal e como recalcou, os pequenos e pequenas de hoxe serán os que se encarguen de dirixir o mundo o día de mañá e de poñer solución á problemática medioambiental que, nestes momentos, se rexistra en tódalas partes da terra.



Ademáis da presencia da concelleira pontesa e dun gran número de representantes do tecido asociativo local, neste acto tamén estivo presente o comisario da mostra, Ricardo García Mira, que apelou á implicación de todos e todas para evitar que as consecuencias do cambio climático vaian a máis, facendo fincapé, ao igual que Montserrat García, no importante papel que xogan as diferentes administracións para dar a coñecer esta realidade á cidadanía e que os individuos poidan actuar en consecuencia.


Contidos

Esta mostra está composta por diferentes partes nas que cabe salientar un conxunto de nove paneis nos que se relata dende as causas do cambio climático ata as súas consecuencias, pasando polas medidas a tomar para atallar esta problemática.

Asemade, tamén se inclue un ordenador cun programa informático que nos permite calcular a nosa pegada ecolóxica, un panel solar e unha ecoesfera na que se recrea unha vida en equilibrio.

A exposición complétase cun documental no que se incluen diferentes imaxes da terra tomadas pola Nasa e que tamén reflicte os distintos climas que se rexistran no planeta.


Horarios de apertura

Cambio Climático estará na sala de exposicións do Mercado Vello ata o vindeiro día 30 en horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 18.30 a 20.00 e os sábados de 11.30 a 13.30 horas, reservando as xornadas de mañá para as visitas dos escolares do municipio que contarán cun guía.

Asemade, o público en xeral que se pase por estas instalacións poderá recibir as explicacións e aclaracións que precise da man dun experto que estará, en todo momento, na sala de exposición pontesa.

20/5/09

Endesa abrirá o sábado as súas instalacións a 350 visitantes

O vindeiro sábado, a central térmica de Endesa abrirá ao público de a pé as súas portas para dar a coñecer o proceso que se desenvolve no seu interior para xerar enerxía eléctrica e a influencia que ten este xigante da enerxía no noso concello.

Xa hai varias semanas lles anunciabamos a posibilidade de tomar parte nesta excursión e tal foi o éxito de convocatoria que, tal e como confirmaron dende a propia firma, as súas previsións quedaronse curtas tendo que crear incluso unha lista de espera para futuras visitas. E é que 350 persoas, divididas en diferentes grupos, participarán nesta actividade na compaña de varios directivos da pranta pontesa.

A visita, de 90 minutos de duración, permitirá descubrir aos participantes os entresixos da producción eléctrica realizada nestas instalacións que, dende os anos 70, é emblema do noso municipio e referencia máis que evidente da nosa paisaxe.

Ademáis das diferentes visitas nas que toman parte maiormente os estudiantes e certos colectivos profesionais, esta é a primeira ocasión na que a central térmica decide abrir as súas portas ao público en xeral e dar a coñecer as melloras tecnolóxicas aplicadas naos últimos anos e que deu lugar á transformación total dos 4 grupos productores para o que foi preciso investir 275 millóns de euros, gracias aos que se reduciron as emisións de CO 2 nun 17% e se prolongou a vida desta pranta por 25 anos máis.

O Banco de ALimentos abre o seu período de solicitude ata finais de mes

A Concellería de Servizos Sociais vén de abrir o prazo de solicitude para o primeiro reparto do Banco de Alimentos de 2.009.
Destas axudas poderán ser beneficiarias unicamente as persoas con escasos recursos economicos, pertencentes a colectivos tales como pensionistas de minusvalía e terceira idade non contributiva; pensionistas da seguridade social de rentas baixas; enfermos crónicos, con rentas baixas ou non contributivas; e toxicómanos ou enfermos de SIDA, sen rentas ou moi baixas. Asimismo tamén poden ser solicitantes as familias monoparentais, con escasos recursos económicos, as familias numerosas ou unidades familiares con menores ou anciáns ao seu cargo; inmigrantes, tamén con escaseza de recursos estean ou non en situación regular, e finalmente tamén poderán optar ao reparto do Banco de alimentos aquelas persoas que viviran situacións de violencia de xénero, pertenzan a minorías étnicas, ou sexan transeúntes, exreclusos ou persoas individuais sen recursos.
Canto á documentación a aportar xunto coa solicitude de participación no Banco de Alimentos esíxese o DNI do solicitante e dos membors da unidade famiiar, libro de familia, certificado de empadroamento colectivo, justificante de ingresos de todos os membros da unidade familiar, justificante de gastos da hipoteca ou aluguer, justificante do INEM que acredite a situación de demandante de emprego; e documentos que acrediten unha situación de necesidade extraordinaria, facturas ou justificantes médicos.
As solicitudes teranse que entregar no Departamento de Servizos Sociais, situado no segundo andar da Casa Dopeso tendo de prazo ata o día 26 de Maio. Para máis información tamén poden telefonar ao 981-44 10 08.

O Concello levará a medio cento de veciños á pranta de Sogama en Cerceda

Dende hai xa case 20 anos, o día 5 de xuño celébrase en todo o mundo o Día internacional do medio ambiente.

Foi un 15 de decembro de 1972, cando 1972, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas adoptaba a Resolución 2994, que marcaba a oficialidade desta data, ó tempo que aprobaba a creación do Programa da ONU para o Medio Ambiente, o PNUMA.

Este ano tamén o noso concello se vai sumar a esta efeméride, e dende a concellería de participación cidadá decidíuse convocar unha excursión a Sogama.

Esta viaxe ten por obxecto achegar á cidadanía á importancia de separar os residuos, e concienciar ós veciños e veciñas do vital que resulta reciclar, e facelo correctamente.

A visita á pranta de tratamento de refugallos de Cerceda permitirá comprobar in situ os problemas que supón unha incorrecta separación dos elementos depositados nos diferentes contedores.

Na viaxe organizada dende o concello, en colaboura con Sogama, preténdese que participen o maior número posible de asociacións do município, polo que se está a convidar a tódalas agrupacións veciñais e sociais, para que envíen unha representación.

Habida conta que as prazas son limitadas,e non poden acudir máis de 50 visitantes, establecerase un tope de dúas persoas por asociación, e, no caso de quedaren prazas vacantes si se podería ir a unha lista de espera con máis interesados ou interesadas.

O desprazamento farase no mesmo venres día 5, con saida á mañá de diante do concello, e regreso á primeira hora da tarde, despois de comer.

Deste xeito, coa viaxe programada tamén se traballará na concienciación dun tramo de idade que é fundamental para acadar o éxito nas políticas de reciclaxe, e que moitas veces fica esquecido das campañas de formación e concienciación que adoitan reservarse ós mozos e nenos.

O grupo municipal do BNG anuncia novos cambios na súa formación

Os anunciados relevos no grupo municipal do BNG vanse facer efectivos o vindeiro 4 de xuño.

Será na vindeira sesión ordianria do Pleno do Concello cando se someterán a aceptación as renuncias de Susana Vilaboy Cabarcos e de Xaime Castro Paz, concelleir@s do Grupo Municipal do BNG que, por motivos de saúde, e seguindo as prescricións médicas, vense na obriga de renunciar ao posto para o que foron elixidos nas eleccións municipais de maio de 2007.

Ámbolos dous, o actual voceiro e a concelleira que exercera dedelegada de servizos sociais no goberno local na anterior lexislatura, anunciaban que esta decisión a adoptaban ao non poder cumprir coa adicación que a responsabilidade de concelleiros esixía

Os seus sustitutos como representantes do BNG no Concello serán Anxo Meizoso Permuy, veciño de Goente e membro de Galiza Nova das Pontes, e Paco Rodríguez Iglesias, que xa fora concelleiro na anterior lexislatura, co que o Grupo Municipal nacionalista se congratula de poder manter a que reivindica como unha das súas características: a combinación equilibrada da experiencia coa renovación.

Asemade temos xa que anunciar o que será o primeiro mitim da campaña europea na nosa vila.

O vindeiro venres, día 22, e ás oito e media no auditorio da casa Dopeso abre a precampaña para as eleccións ó parlaento europeo o Bloque cun mitim no que estarà a candidata número 1 desta formación, Ana Miranda.

Denantes dela falarán o voceiro nacioanl Guillerme Vázquez, e o responsable local desta formación Kiko Dasilva.

O Pito Doble organiza para esta fin de semana o seu campionato anual de dominó


A Asociación O Pito Doble, que agrupa na nosa vila ós afeccionados ó dominó, organiza un ano máis un campionato deste xogo de mesa, que conta coa segura participación de máis de medio cento de parellas.

A cita é para este sábado no restaurante Cinco Jotas, onde se competirá dende as once mesno cuarto da mañá.

Logo de parar para comer ás dúas e media, á tarde reanudaranse as partidas, para chegar ás nove da noite á entrega de premios.

A cota de inscripción é de 60 euros por parella, e inclúe tanto os dereitos de participación como a comida.

Os premios ós que se opta son de 600 euros para os primeiros, 300 para os segundos clasificados, e 100 para os que acaden o terceiro posto. Ademais haberá torfeos para os catro primeiros clasificados

O vindeiro 31 de Maio celébrase a X Festa da troita con degustación , concurso de pesca e amenización musical

15/5/09

O Concello abre o prazo de presentación de ofertas para facerse co mantemento dos cemiterios municipais

O Concello contratará, por procedemento aberto, da prestación de servizos nos cemiterios municipais dos Alimpadoiros e das Campeiras, así o recollen nas súas respectivas edicións da xornada de hoxe do Diario Oficial de Galicia e o Boletín Oficial da Provincia.
O contrato que adxudicará o concello terá unha duración de dous anos, prorrogables nun máis, e o prezo do mesmo será de case 38.000 euros anuais, I.V.E non incluído, que, sumados á posible prórroga, fan un montante total de case 105.000 euros, I.V.E a parte.
As firmas interesadas deberán presentar as súas ofertas e toda a documentación esixida para este concurso denantes de 15 días naturais, a contar dende a xornada de mañá.
Toda a información e requisitos a cumprir pola futura empresa que asumirá estes servizos poderanse consultar a través da páxina web do concello, no enderezo electrónico www.aspontes.com, ou ben no departamento de contratación, ubicado no segundo andar do edificio administrativo da avenida de castelao. Asemade, tamén será posible solicitar información telefonando ao 667 129 341.

As Pontes conmemora o Día das Letras Galegas cun concerto e un mercado de libros en galego

• A vindeira semana, Antonio Reigosa e a compañía Migallas Teatro completarán o programa cultural do mes de maio


O Concello de As Pontes tamén celebrará o Día das Letras Galegas a través de varias actividades ideadas mediante o departamento de Cultura para esta fin de semana.

Na mañá do domingo, día 17, está prevista unha actuación da Banda de Música de As Pontes no parque municipal que se abrirá ao público esta mesma tarde. A cita dará comezo ás 12.30 horas aínda que, se a meteoroloxía para esta xornada se presenta adversa, o concerto trasladarase ao salón de actos da Casa Dopeso.

Esta actuación servirá como presentación oficial do novo director da banda pontesa, Jesús López Prado, e na mesma está prevista a participación do escritor Aníbal Ánxel, integrante do grupo poético pontés Alalá.

Asemade, para completar esta xornada de homenaxe á literatura galega, instalarase nos xardíns municipais ou nos corredores da Casa Dopeso, segundo o clima que se rexistre o domingo, varios postos rexentados por librerías pontesas nos que será posible contemplar unha gran colección de obras escritas en galego e adquirir algunhas delas, como libros infantís ou textos xa clásicos como Cantares Gallegos ou Os dous de sempre, entre outros títulos. Este mercado estará aberto en horario de 12.00 a 14.00 horas.

Feira dos Maios

Esta fin de semana, tanto o sábado coma o domingo, tamén terá lugar a Feira dos Maios no casco histórico pontés, unha iniciativa coa que se pretende recuperar a tradicional benvida á primavera e que, coa colaboura do goberno municipal, están a organizar a asociación veciñal Veiga da Areosa e a asociación Rodríguez de Valcarce.

A Feira dos Maios abrirá as súas portas en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas e incluirá unha carreira de triciclos para nenos e nenas de entre 0 e 5 anos – tarde do sábado – e un certame literario e de debuxo no que poderán participar tódolos veciños e veciñas que así o desexen, independentemente da súa idade, que deberán presentar os seus traballos ao longo de toda a xornada do sábado. As mellores propostas recibirán un premio aínda que ata o domingo non se dará a coñecer o nome dos gañadores.

Por outra banda, á decoración acorde con esta festa que engalanará as rúas do casco histórico unirase a elaboración dun maio coas iniciais de Ramón Piñeiro López, homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2009.

Asemade, colocaranse diferentes postos para dar vida a un mercado no que se poderán atopar dende produtos doados polos propios veciños ata postres caseiros.


Próximas citas

A programación cultural continuará a vindeira semana coa charla coloquio do escritor Antonio Reigosa que falará dos montros, mitos e lendas urbanas que caracterizan a sociedade e cultura galegas.

As crenzas sobre o mundo dos mortos, a vida existente nas fragas e bosques enfeitizados, as lendas sobre acontecementos misteriosos nos nosos ríos ou as aparicións de virxes e santos serán algúns dos temas que abordará este escritor na cita que estará aberta a todo aquel que se achegue ata a biblioteca municipal no serán do vindeiro mércores ás 19.30 horas.

O mes de maio pecharase cos contos da compañía Migallas Teatro que, o vindeiro día 29, visitará As Pontes para ofrecer unha sesión de contacontos a tódolos nenos e nenas que opten por pasar unha entretida tarde na biblioteca municipal.

A cita, que dará comezo ás 18.00 horas, está aberta á participación tanto dos máis pequenos coma das súas familias a través do seu espectáculo Cantacontos, no que María Campos, coma María dos Contos, e Carlos Yus, que dará vida ao Señor Dorremí, mesturan cancións infantís con contos tradicionais e historias propias, sempre cos pequenos coma protagonistas xa que eles escollerán o desenlace de cada aventura.

A entrada será gratuíta.

14/5/09

Maña as cinco tera lugar a reapertura do novo parque municipal

Nin os tronos, nin a chuvia nin o vento poderán evitar que mañá teña lugar a reapertura oficial dos xardíns municipais e é que o goberno municipal optou por curarse en saúde e instalar unha carpa co fin de que, o mal tempo, non estrague esta cita cun novo aprazamento.

Así as cousas, para mañá ás cinco está previsto un acto oficial na que será posible desfrutar dun espectáculo de malabares e de música coa actuación da Banda Cultural de As Pontes xa que, finalmente, por faltade espazo o concerto dos ponteses Jin Tony´s Song será aprazado para unha nova data que se anunciará nos vindeiros días.

A que sí que está confirmada é a presenza do novo Delegado da xunta de Galicia na provincia da Coruña, Diego Calvo, que poderá contemplar na súa visita non só o novo aspecto dos xardíns municipais, senón tamén unha mostra fotográfica que percorre a evolución, dende as súas orixes, deste espazo.

Outros convidados de luxo serán os dous veciños da nosa vila de máis idade, Ramón, de 99 anos, e Vicenta de 103, que serán nomeados Avós de As Pontes.

As cinco da tarde será a hora escollida para a presentación oficial do que é o novo pulmón do casco urbano e que, por riba, tamén estrea nome xa que se pasará a denominar Campo da Feira.

As asociacións, Veiga da Areosa da Casilla e Pro-Feira Medieval traballan conxuntamente para poñer en marcha a celebración dos maios en As pontes

Ademais da Festa das Letras Galegas, e da Bahra Party, tamén esta fin de semana celebramos nas Pontes os Maios, unha festa popular de orixes ancestrais, de grande vistosidade coa que se celebra o final do inverno e a chegada da primavera.

Dúas asociacións, Veiga da Areosa da Casilla e Pro-Feira Medieval traballan conxuntamente para poñer en marcha unha festa que se desenvolverá ao longo de dous días, o sábado e mailo domingo, en horario de mañá e de tarde e cun dobre obxectivo, por unha parte, o de recuperar e difundir unha fermosa tradición, e por outra banda, recadar fondos para ambos os dous colectivos a través da apertura dun mercado no que se poderán adquirir desde obxectos decorativos, libros, menaxe do fogar, pasando por roupa e ata postres caseiros.

Ademais as Asociacións Veiga da Areosa, da Casilla,e Pro-Feira Medieval encargaranse da ornamentación do casco hisórico da Vila con flores de todas as cores, herbas, felgos, xestas e froitas e preparase unha estructura de madeira coas iniciais de Ramón Piñeiro López, autor ao que neste 2.009 se lle adica o Día das Letras Galegas.

A programación completarase coa celebración dunha carreira de triciclos para nenos e nenas de entre cero e cinco anos, o sábado pola tarde, e un certame artístico-literario no que poderán tomar parte todos os veciños que o desexen, e que deberán entregar os seus traballos o sábado, para xa o domingo dar a coñecer o fallo do xurado.

A Festa dos Maios estará aberta o sábado e mailo domingo, pola mañá, de dez a dúas, e pola tarde, de catro a oito.

1ª Conferencias sobre deporte e saude

O Mes da Saúde da Muller abriase onte cunha charla sobre metodos anticonceptivos



Desmentir falsas crenzas e dar a coñecer as múltiples e seguras opcións que presenta o mercado farmaceutico e sanitario para previr os embarazos non desexados. Esta foi a base da charla que, na tarde de onte, se ofrecía na biblioteca municipal incluída no programa Mes da Saúde da Muller que organizou o concello, a través do departamento de Servizos Sociais e do Centro de Información á Muller.

Media ducia de veciñas acudiron á convocatoria que estivo dirixida por Luisa e Ana, integrantes da organización Cruz Vermella Xuventude, que deron a coñecer ás asistentes métodos coma as pílulas anticonceptivas, os espermicidas e o máis importante como facer un bo uso dos mesmos para contar coa protección total á hora de evitar un embarazo.

Como introducción, as expertas fixeron un pequeño resumo sobre conceptos tan diferentes como son o sexo, a sexualidade e a sensualidade, ideas que malia semellar moi similares agochan importantes diferencias xa que non ten nada que ver un home cunha muller, a orientación sexual e o emprego dos nosos sentidos para atraer á persoa que nos guste que do que se trata a sensualidade.

Asemade tamén se abordaron temas coma o cancro de mama, dando sinxelas indicacións ás asistentes sobre como detectar un posible tumor nun peito, ou procesos naturais que afectan á muller coma a primeira mestruación ou menarquía ou a menopausia.

A parte máis extensa da charla tivo como protagonistas os diferentes métodos anticonceptivos existentes no mercado e que van dende os que basean a súa composición nas hormonas ata os coñecidos como tipo barrera ou os dispositivos intrauterinos.

Así as cousas, os diferentes tipos de pílulas, parches, aneis ou inxectables anticonceptivos descubriron os seus segredos, efectos secundarios e avantaxes diante das participantes nesta charla. Asemade, tamén foi posible coñecer como actuan e se colocan outros dispositivos coma o preservativo feminino, o diafragma, o diu ou o preservativo xa clásico para os homes.

Ao longo desta charla moitas foron as dúbidas que recibiron solución por parte das expertas e que desmontaron falsos mitos coma que tendo o período unha muller non pode quedar embarazada ou que é necesario tomar dobre dose dunha pílula anticonceptiva no caso de que nos esquencesemos da mesma un día.

Por outra banda, tamén se fixo fincapé na necesidade de acudir a unha revisión xinecolóxica de forma periódica e sobre todo ante calquer tipo de sospeita ou dúbida ademáis de evitar a automedicación de métodos anticonceptivos xa que cada muller é diferente polo que é preciso escoller o sistema axeitado para cada caso específico.

E se vostedes quedaron con ganas de asistir a esta charla, teñen unha nova oportunidade o vindeiro día 20 xa que estase a organizar un obradoiro de erótica dirixido tamén ao público feminino. As interesadas en anotarse tan só se teñen que poñer en contacto co Centro de Información á Muller a través do 981 44 10 08, xa que as prazas son limitadas.

A irmá Rosemary Nyrumbe visitará o sábado As Pontes para participar na II festa solidaria Barha Party

A irmá Rosemary Nyrumbe visitará o sábado As Pontes para participar na II festa solidaria Barha Party
• Rosemary Nyrumbe está á fronte dun centro de axuda a rapazas ugandesas vítimas do conflicto armado de finais dos anos 80




O Concello de As Pontes recibirá, esta fin de semana, á irmá Rosemary Nyrumbe directora do Centro de Axuda para Nenas de Santa Mónica, unha casa de acollida na cidade ugandesa de Gulu e que atende a 300 mulleres e 100 bebés.

Esta visita terá lugar o vindeiro sábado, coincidindo coa celebración da II Barha Party que organiza o concello, en colabura coa organización non gubernamental Mundo Cooperante
.
O edil de Servizos Sociais, Jose Alén dixo que esta visita é unha razón máis, para coñecer de primeira man, outro dos proxectos realizados por Mundo Cooperante, ao igual que acontecía en outubro cando Urmi Basu e varios nenos beneficiados polo proxecto New Light visitaron As Pontes, agardando que a participación nesta festa solidaria sexa maior a do ano pasado, ao ser coñecedores de duas realidades ás que os ponteses poden axudar, aportando o seu grao de area con tan só pasar unha agradable tarde en familia

Rosemary Nyrumbe pasará a tarde cos nenos e nenas que asistan a esta festa solidaria para pasar unha entretida tarde entre xogos e manualidades ao mesmo tempo que colaboran co proxecto New Light, unha casa de acollida para fillos e fillas de prostitutas procedentes do Barrio Vermello de Kalighat, en Calcuta.

A irmá Nyrumbe estará dende o inicio da festa, programada para as 17.00 horas nas instalacións do C.E.I.P Monte Caxado, participando nas diferentes actividades que se desenvolverán na tarde do sábado e dando a coñecer o traballo que está a desenvolver en Uganda.


Biografía

Rosemary Nyrumbe leva moitos anos traballando con rapazas e nenas afectadas polo conflicto armado que, en 1987, se declarou en Uganda e que deu lugar a máis de 120.000 vítimas mortais, 2 millóns de refugiados e 30.000 nenos e nenas soldado.

Ante este panorama, a irmá Nyrumbe optou por transformar o colexio que dirixía naquela época nun centro de acollida para nenas e xoves que, trala etapa de violencia, se viron lonxe do seu fogar e coa prostitución como único medio de vida.

Deste xeito, naceu un centro que ofrece a estas nenas e rapazas, e aos seus pequenos, unha alternativa de futuro mediante asistencia integral en tódolos campos, dende o físico ata o psicolóxico, pasando por educación e formación en en varios terreos profesionais a través de talleres de secretariado, costura ou informática o que lles permita labrarse un futuro tanto para elas coma para os seus fillos.


Programación da Barha Party 09

As portas do centro escolar Monte Caxado abriranse ás 17.00 horas para acoller a II Barha Party que se celebra no concello de As Pontes e na que este ano será posible desfrutar de inchables, obradoiros de chapas, trenciñas, arxila e globoflexia ademáis de xincanas, talleres de manualidades con noces, maquillaxe e pintura de dedos.

Está previsto que nesta xornada tamén se habilite un mercado de libros e discos de segunda man e outro adicado a productos de comercio xusto, ademáis dunha barra con prezos moi económicos e unha merenda solidaria.

A programación para esta xornada incluirá música co concerto do cantautor Hugo Torreiro, unha obra de monicreques baseada na historia da Carapuchiña Vermella e unha exposición fotográfica na que o protagonista é un rapaz, Rakesh, que forma parte do proxecto New Light e que, a través de imaxes, nos conta un día na súa vida en Kalighat.

Jose Alen convidou a participar a tódolos nenos e familias de As Pontes e comarca xa que o proxecto de New Light e a Barha Party son coñecidos en moitos colexios do entorno, gracias á labor de difusion e sensibilizacion desenvolvida por Rosa Lopez, presidenta desta ONG en Galicia, en centros de Ferrol, Narón, A Capela, Somozas, Moeche e Xermade

A entrada-donativo terá un custo de 3 euros.

13/5/09

O Concello ofrece un seminario sobre a competitividade e produción nos mercados internacionais

• A iniciativa, auspiciada pola concellería de Promoción Industrial e o IPPEC celebrarase na tarde de mañá no CDE


O Concello de As Pontes, a través do departamento de Promoción Industrial e do Instituto Pontés de Promoción Económica (IPPEC), organizará na tarde de mañá un seminario co fin de ofrecer unhas liñas básicas de actuación aos empresarios ponteses á hora de adentrarse nun mercado económico cada vez máis globalizado, no que se precisa ser competitivo, adaptarse a novos desafíos, xerar productos de calidade e de interese para o cliente e apostar polos recursos humanos propios para crecer na súa actividade empresarial.

Baixo o título “O que debemos saber hoxe para innovar”, varios especialistas en asesoramento empresarial, comercio e finanzas porán a súa experiencia a desposición dos asistentes a esta cita, aconsellándoos co fin de fomentar a aposta por novos produtos e servizos máis atractivos para os clientes.

A través desta iniciativa, o goberno municipal busca ofrecer apoio e orientación aos empresarios do municipio ante a apertura de novos mercados internacionais e o reto que isto supón.

O seminario, que dará comezo ás 19.00 horas, desenvolverase no salón de actos do Centro de Dinamización Empresarial (CDE), ubicado no Polígono Industrial de Penapurreira.

O programa desta xornada estará integrado polas intervencións do alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso; a xerente da Consultora Know Now Formación, Iria González; o xerente da Asesoría Xestcourido, tamén organizador desta iniciativa, Manuel Escourido; e o xerente da Consultoría Estratega Consulting Global, José Antonio Paz.

O Concello inaugurará o venres os xardíns municipais con dous concertos e unha exposición fotográfica

• O cambio neste espazo continuará coa remodelación do parque infantil e a construcción dun centro de ocio, entre outras iniciativas.

O vindeiro venres, tras varios meses de traballos, abriranse ao público os xardíns municipais.

Segundo anunciaron dende o goberno local, o acto de apertura dará comezo ás 17.00 horas e no mesmo participará a Banda Cultural de Música de As Pontes e os ponteses Jin Tony`s Son, ademáis dun grupo de malabaristas que porán a nota de cor á xornada.

Asemade, está prevista a instalación unha mostra fotográfica na que se recolle a evolución estética destes xardíns. Nembargantes, de non acompañar a meteoroloxía, estas actividades serían aprazadas pero non a apertura deste espazo do que, dende a tarde do venres, poderán desfrutar tódolos veciños e veciñas do municipio.

A actuación, que supuxo unha inversión de 230.000 euros por parte da Xunta de Galicia, a través dos Fondos FEDER, e da administración local, afectou a unha superficie de 6.290 metros cadrados e supuxo un importante cambio estético neste espazo, dando lugar a unha superficie máis luminosa, aberta, funcional, accesible dende calquera punto do seu entorno e máis atractiva para a veciñanza.

Os traballos incluiron a instalación de sistemas de regadío, drenaxe e iluminación. Asemade, delimitaronse camiños peonís nos que, nestas últimas xornadas, instalou un firme de baldosas, en substitución da base de area prevista no proxecto inicial, que facilita o acceso de persoas con movilidade reducida e o paseo por esta zona con coches de bebé.

Dende o venres estará a desposición dos ponteses e pontesas un novo mobiliario e incluso unha caseta de madeira, totalmente integrada na paisaxe, que servirá como cafetería.



O principal obxectivo deste cambio estético é a revalorización do casco urbano xa que, ademáis da renovación do aspecto dos xardíns municipais, o goberno municipal ten intención de acometer novos traballos no parque infantil ubicado ao seu carón e nas rúas que rodean esta zona, ao que se sumará a construcción dun centro de ocio no espazo que actualmente ocupa o mercado municipal e os seus locais anexos. Deste xeito, búscase a integración e unificación de todo o núcleo do casco urbano, dándolle un aspecto máis moderno e ofrecendo á cidadanía un espazo sinxelo, sen peches e accesible.

En conxunto toda esta actuación suporá unha inversión próxima aos cinco millóns de euros que procederán, en conxunto, do Fondo Estatal de Inversión Local, o Plan Miner, a Xunta de Galicia (Fondos Feder) e a administración municipal.


No tocante aos próximos proxectos que desenvolverá o goberno municipal, onte a corporación que dirixe Valentín González Formoso anunciou a súa intención de iniciar, en agosto, os traballos no parque infantil municipal e que suporán a dotación de novos xoguetes para os pequenos e pequenas, diferenciados por idades.

Asemade, está previsto que se instale nesta superficie un parque biosaudable dirixido á poboación máis maior que tamén disfruta a diario desta zona de recreo.

O orzamento para este proxecto é de 182.000 dos que 127.000 euros procederán do Fondo Estatal de Inversión Local.

O concello segue co seu plan de instalación de novos parques infantís, e mellora dos existentes, asi mesmo o venres abrirase o parque municipal

NOVOS PARQUES INFANTÍS

O concello segue co seu plan de instalación de novos parques infantís, e mellora dos existentes.

A intención destas iniciativas é ofrecer aos pais diferentes emprazamentos no pobo ós que acudir cos seus nenos e nenas, e que conten cuns bambáns en condicións.

O pasado venres rematouse coa instalación do parque da canle IV, que xa está a pleno funiconamento, e en breve vaise sumar o de a Casilla, no que se están a ultimar os traballos da súa execución.

O vindeiro de nova instalación será o da Rúa Celso Emilio Ferreiro.

No tocante o máis grande, o central ubicado a carón dos xardíns municipais, será sometido a unha profunda restructuración a partir de agosto.

Anque esta semana se abrirán xa os xardíns, o parque seguirá aberto ata que pasen as festas e remate o mes de xullo, polo que non se acometerán os traballos ata o mes de agsoto.

O obxectivo e dividir o parque en zonas de xogo, con columpios agrupados dun xeito específico, entre a zona de 0 a 3 anos, e a dos maiores desta idade. Asemade habilitarase unha zona como parque biosaudable, para adultos e, sobre todo, terceira idade.

O concello vai investir da orde duns 200.000 euros neste plan de implantación de novos parques, e remodelación do do centro da vila.



E temos que lembrar tamén que o venres se abre xa o parque municipal, logo do profundo lavado de car a que foi sometido.

Os novos xardíns non se semellan nada ao labiríntico deseño que quedou xa superado cone sta aposta pola luz, amplitude, e os espazos abertos, coa fin de facer un espazo público máis acolledor.

Se o tempo o permite, nesta reapertura oficila teremos aocasión de gozar da música da banda de música de As Pontes, do grupo pontés gin tonics songs. Asemade, tamén haberá un espectáculo de malabares para os máis.

Neste acto tamén será posible desfrutar dunha exposición de fotos antigas do parque como recordo da paisaxe de fondo que ten sido de moitas actividades na historia recente do noso pobo.

No caso de que finalmente chovese, abriríanse igualmente os xardíns, pero aprazaríanse as actividades paralelas.

De calquera xeito poderemos xa esta fin de semana desfrutar de uns xardíns que se van abrir á cidadanía cunha ampla superfície, na que o maior protagonismo será para o céspede, ata cubrir unha superfície de case 6.000 metros cadrados.

O liceo recreativo e artistico conmemora o dia das letras galegas con diversos actos festivos

O Liceo recreativo e artístico vai ser fidel un ano máis á súa cita coa celebración das Letras galegas, na que manteñen a tradición avalada por ter sido pioneiros nos actos festivos conmemorativos desta data.

Este venres, ás sete da tarde, teñen convocado un acto no que os protagonistas serán os nenos, coa lectura de textos en galego, tanto propios como de autores coñecidos.

A directiva do Liceo obsequiará a tódolos participantes, dos que xa están confirmadas unha representación de Santa Mª, e outra da Magdalena, con vales canxeables por material escolar.

Logo tamén lerán algúns poemas os integrantes do grupo poético Alalá, e

actuará a Rondalla Vila de As Pontes.

Para pechar o acto compartiranse uns pinchos entre tódolos asistentes.

Con esta cita, son 3 as que teremos no noso pobo para celebrar este día.

O mesmo venres, ás oito, no Auditorio Municipal, farase a entrega dos premios do II certame Boliqueiras, que organiza a MNL.

E o periódico Pegadas tamén entrega os premios o día 22 do seu primeiro certame de relatos. O día 19 reúnese aínda o xurado, polo que haberá que agardar ata o venres 22.

A festa da Fraga está xa entre as cincuenta mellores de España segundo o ranking que está a elaborar a páxina web "siete mejores.es".

A festa da Fraga está xa entre as cincuenta mellores de España segundo o ranking que está a elaborar a páxina web "siete mejores.es".

Esta lista está a elbaorarse dende princípios de ano coas votacións dos internautas.

A Fraga pasou a primeira fase para ser elixida entre as sete mellores festas españolas, e actualmente ocupa o posto 22, entre os 1.248 eventos que entraron xa na lista, logo de ter estado mesmo entre as dez primeiras.

A presentación da candidatura pontesa non obedece a ningunha promoción oficial, senón que foi avalada, como todas, polos propios visitantes da páxina web.

Agora, logo de que a finais da pasada semana se reducise a competición ás primeiras cincuenta clasificadas, a festa do 25 de xullo pasou sobradamente o corte, e mesmo por diante de celebracións coma os Sana fermíns, que están no lugar 36, ou o carnaval de Tenerife, que anda polo 28.

A lista encabézaa a festa do San Juan de Soria, que se celebra cada ano en xuño.

Canto ás galegas, tan só pasaron catro o corte, e a mellor situada é a da dorna, en Ribeira, que está no oitavo posto. Logo xa viría A Fraga, no 22, e séguena as fogueiras herculinas do San Xoán, no 25, e o arde Lucus, no 34.

As votacións pódense facer aínda ata o 26 de setembro, a traverso do enderezo www.las7mejores.es, e ó día seguinte, o 27 daranse a coñecer as 7 mellores festas de españa segudno o criterio dos internautas que están a entrar dende todo o mundo.

O departamento de Servizos Sociais quere conmemorar o día internacional de Acción pola Saúde da Muller con varias charlas e talleres

Como xa lles anunciabamos a pasada semana, o departamento de Servizos Sociais quere conmemorar o día internacional de Acción pola Saúde da Muller, que se celebra o 28 deste mes, a través dunha serie de charlas e talleres que, precisamente, darán comezo na tarde de mañá.

Baixo o título de Mes da Saúde da Muller, a concellería que dirixe José Alén inaugurará mañá estas actividades mediante unha charla na que se abordarán os diferentes métodos anticonceptivos que existen actualmente no mercado, os seus beneficios e os seus posibles efectos secundarios.

A biblioteca municipal acollerá mañá, dende as sete e media, esta charla na que tamén se solventarán as dúbidas das asistentes e que é de acceso libre.

Por outra banda, lembrar que continua aberto o prazo para inscribirse no taller de erótica que tamén se organiza dentro deste programa e que está previsto que se desenvolva o vindeiro día 20, ás seis da tarde, na aula polivalente da Casa Dopeso.

As interesadas deberán anotarse no Centro de Información da Muller ou ben telefonando ao 981 44 10 08 xa que as prazas son limitadas.

12/5/09

O Concello habilitará tres parques infantís para ofrecer unha alternativa de ocio para os máis pequenos

• En agosto está previsto que den comezo os traballos de reforma do parque ubicado a carón dos xardíns municipais




O goberno municipal está a desenvolver unha serie de obras co fin de ofrecer diferentes iniciativas de ocio para os máis pequenos, o que se traduciu na construcción de novos parques infantís e na mellora do equipamento dos xa colocados por todo o concello.

Precisamente, a pasada semana púxose punto e final aos traballos de construcción dunha nova zona de recreo para os nenos máis pequenos na zona da Canle IV. Este parque infantil, xa en funcionamento, está dotado con diferentes bambáns e columbios para que as familias pontesas poidan contar cun novo emprazamento ao que achegarse e pasar unha entretida tarde cos seus pequenos.

En vindeiras datas iniciarase a instalación doutro parque de similares características no barrio da Casilla, no que xa se procedeu a realizar os primeiros traballos para habilitar a parcela na que se ubicarán os novos bambáns.

Outra das zonas que se verá afectada por este proxecto será a rúa Celso Emilio Ferreiro onde tamén está previsto colocar unhas instalacións deste tipo.

No que se refiere ao parque principal, ubicado no entorno dos xardíns municipais, e que tamén será sometido a unhas importantes melloras na súa distribución e mobiliario, dende o goberno municipal veñen de datar o inicio destas obras para o mes de agosto.

Segundo anunciaron dende o executivo pontés, este parque será sometido a un importante proceso de restauración para adaptalo a tódolos seus usuarios.

O proxecto para este emblemático emprazamento inclue a súa división en dúas zonas de xogos, unha con xoguetes para meniños de 0 a 3 anos e outra dotada con bambáns para os maiores de 3 anos, ao que se sumará un parque biosaudable dirixido á poboación maior, xa que este sector da sociedade tamén é moi asidua a pasar as tardes neste emprazamento.

Todos estes traballos suporán unha inversión de case 182.000 euros dos que 127.000 euros procederán do Fondo Estatal de Inversión Local.

11/5/09

O traballo presentado por Xulio Xosé Fernández Calzadilla anunciara as festas de este ano


Xa temos a imaxe que engalanará tódolos establecementos da vila e arredores con motivo das festas do Carme e a Fraga e que darán comezo en case dous meses. E é que esta mesma mañá realizábase a elección do cartaz que asemade, tamén servirá como portada da revista das festas patronais que tamén está en proceso de elaboración.

Nesta ocasión, o xurado tivo que escoller entre unha ducia de propostas nas que predominaban os debuxos realizados por ordenador aínda que tamén houbo quen se animou a empregar métodos tradicionais coma a pintura de cera para presentar a súa proposta.

O río Eume, a natureza ou emprazamentos tan significativos da nosa vila coma a capela do Carme foron os elementos máis empregados entre os artistas que optaron por tomar parte nesta cita.

Finalmente, o xurado composto pola concelleira de cultura, Eva Conde, as artistas Lourdes Acera e Carmen Bellas, a profesora Sonia Sueiro optou por conceder o primeiro premio, dotado con 300 euros, ao traballo presentado por Xulio Xosé Fernández Calzadilla, mentras que os accesits foron para Dulce María López Fernández, gañadora deste certame en 2007 e 2008, e Gonzalo Alonso Abella, que acadaron candanseu premio de 100 euros.

O concello de As Pontes vai promover a práctica deportiva para tódalas idades a traverso dun ciclo de conferencias

PROGRAMA DEPORTE E SAÚDE

O concello de As Pontes vai promover a práctica deportiva para tódalas idades a traverso dun ciclo de conferencias nas que se incidirá na importancia de seguir unha rutina de actividades deportivas en calquera tramo de idade.

As charlas sobre deporte e saude van ser periódicas, se ben se está a contactar dos diferentes poñentes para poder establecer un programa definitivo.

De momento a primeira será xa este sábado, ás 11 da mañá e en Casa Dopeso.

Para abrir apostouse por un hábito xa moi estendido entre os nosos veciños, que se quere fomentar e apoiar, como é o camiñar.

Coa poñencia "Camiñar é saude" falarase dos benefícios que este asequible e doado exercizo físico comporta para a saude, desmitificando o tópico de que sexa tan só para a terceira idade.

O doutor Giraldez, especialista en medicina do corazón, e licenciado en ciencias da actividade física e o deporte, actualmente docente na universidade de A Coruña, compartirá esta primeira conferencia co tamén profesor na mesma universidade herculina, e licenciado en actividade física e deporte, Enrique Bouza.

SORTEO MESAS ELECTORAIS

Non hai nin dous meses que deixamos atrás uns comicios electorais e o vindeiro 7 de xuño de novo estamos chamados a exercer o noso dereito ao voto pero desta vez para escoller aos que serán os nosos representantes no parlamento europeo.

Esta mesma mañá o salón de plenos da casa consistorial acollía o sorteo mediante o cal se designaron os presidentes e vogais de cada mesa cos seus respectivos suplentes e que poderán consultar a tra´ves do servizo de información rápida en pantalla ou ben na páxina web www.rtveume.blogspot.com.

Asemade, tanto os presidentes coma os vogais recibirán, nos vindeiros días, nas súas casas xunto coa comunicación oficial da xunta electoral, o manual sobre as funcións que deberán realizar o 7 de xuño e instruccións completas sobre todo o proceso electoral que se desenvolverá nesa xornada na que se decidirá o nome e apelidos dos máis de 700 dirixentes políticos que se encargarán de dirixir o futuro de 491 millóns de europeos.

Un total de 375 millóns de cidadáns, 36 deles novos votantes, dos 27 países que integran Europa serán chamados ás urnas entre os días 4 e 7 de xuño para expresar a súa opinión e así escoller aos máis de 700 parlamentarios que integrarán o máximo órgano de goberno europeo e dos que 50 procederán do noso país.

Para poder obter máis información sobre este proceso poden consultar o enderezo electrónico do parlamento europeo, do ministerio do Interior ou do Instituto Nacional de Estatística a través do apartado adicado ao censo electoral.

ELECCIONS PARLAMENTO EUROPEO

As Pontes amosará o sábado a súa cara máis solidaria a través da segunda festa Barha Party

• O Concello colaborará coa ONG Mundo Cooperante recadando fondos para o proxecto New Light , que ofrece unha alternativa aos nenos e nenas de Kalighat

O Concello de As Pontes volverá ser exemplo de solidariedade, o vindeiro sábado, a través da segunda edición da Barha Party, unha festa con fins altruistas organizada pola organización non gubernamental Mundo Cooperante para colaborar co proxecto New Light, unha casa de acollida e centro educativo de nenos e nenas fillos de prostitutas, ubicados en Kalighat (Calcuta).

Un ano máis, o Concello de As Pontes, a través do departamento de Servizos Sociais, ofrecerá o seu apoio a esta iniciativa que dará comezo ás 17.00 horas nas instalacións do C.E.I.P Monte Caxado e na que poderán participar tódolos nenos e nenas do municipio e arredores, ademáis dos seus pais e nais, co fin de colaborar cun pequeno donativo para facer un pouco máis sinxela a vida destes pequenos e pequenas e ofrecerlles unha oportunidade para ter un futuro á marxe da pobreza e da prostitución.

Ante esta iniciativa o edil de Servizos Sociais, José Alén, fíxo un chamamento a toda a poboación, independentemente da súa idade, para que o vindeiro sábado se dea cita no colexio Monte Caxado e así tome parte nesta iniciativa e poida poñer o seu pequeño gran de arena adquirindo unha entrada, que terá un custo de 3 euros, para ofrecer unha alternativa de futuro a moitos nenos e nenas que non teñen a posibilidade de contar cunha educación básica ou incluso que deben loitar e sacrificar moito na súa vida, coma a súa inocencia, para poder comer unha vez ao día.

Asemade, Mundo Cooperante ven de abrir unha conta bancaria na entidade La Caixa á que se poderán dirixir todas aquelas persoas que, malia non poder asistir a esta festa, desexan botar unha man: 2100 – 2927 – 93 – 0200047336.


Programación

Ante a gran acollida recibida en 2008, na xornada do sábado repetirán os inchables e os obradoiros de pintura de caras, arxila ou globoflexia ao que se sumarán tamén outras actividades coma un taller de chapas, manualidades con noces, pintura de dedos e mural ou un pequeno posto para facerse trenciñas.

Asemade, tamén será posible participar nunha merenda solidaria ou nunha xincana para pais e fillos, adquirir algún producto de comercio xusto ou incluso adquirir un libro ou disco no mercado de segunda man que se montará coa colaboura de alumnos e mestres do I.E.S Moncho Valcarce que xa, nas últimas semanas, estiveron a vender libros doados por estudiantes e profesores para recadar fondos que tamén irán dirixidos a este proxecto solidario. Con esta iniciativa tamén colaborará a ANPA do C.E.I.P Monte Caxado.

Ata As Pontes tamén se desprazará un ano máis o cantautor coruñés Hugo Torreiro e, este ano, está previsto incluir entre a programación unha pequena obra de monicreques baseada no conto da Carapuchiña Vermella.

Completa o programa de actividades a exposición “24 horas con Rakesh”, unha colección de imaxes que recollen un día na vida dun dos rapaces que forma parte do proxecto New Light.

10/5/09

Drosera ofrecerá o martes unha charla para dar a coñecer a realidade do mundo dos morcegos


Drosera ofrecerá o martes unha charla para dar a coñecer a realidade do mundo dos morcegos
• O experto Roberto Hermida será o encargado de aclarar as dúbidas das persoas que decidan tomar parte nesta charla

O colectivo pontés Drosera impartirá o vindeiro martes unha charla adicada ás diferentes especies de morcegos que se poden atopar por terras galegas.

A conferencia, que conta coa colaboura do Concello de As Pontes a través do departamento de Cultura, terá lugar no salón de actos da Casa Dopeso ás 20.30 horas e correrá a cargo de Roberto Hermida, membro de Drosera, que tamén dará a coñecer o traballo desenvolvido polo seu colectivo e solventará as dúbidas dos asistentes.

Esta charla servirá como apoio á exposición fotográfica que, dende o pasado día 4, está a ocupar os corredores da Casa Dopeso e que leva por título Morcegos de Galicia, unha colección de textos e imaxes que pretenden dar coñecer a esta especie animal, con tan mala fama entre a nosa sociedade.

Un total de 19 especies integran esta colección de paneis nos que ademáis se dan a coñecer datos sobre a fisionomía destes quirópteros, os seus costumes ou a súa organización en colonias, todos eles aspectos estudiados polos membros de Drosera dende hai varios anos, información que tamén formará parte do Atlas de Morcegos de Galicia que o colectivo está a preparar.

O Concello organizará diferentes actividades con motivo da celebración do Día Internacional da Saúde da Muller

O Concello organizará diferentes actividades con motivo da celebración do Día Internacional da Saúde da Muller
· Dúas charlas, un obradoiro sobre a erótica feminina e unha exposición fotográfica integran o programa do Mes da Saúde da Muller

O Concello de As Pontes, a través do departamento de Servizos Sociais e do Centro de Información á Muller (CIM), adicará este mes á conmemoración do Día Internacional de Acción pola Saúde da Muller, que se celebra o vindeiro 28 de maio, organizando varias charlas, talleres e incluso unha exposición fotográfica.

Así o anunciou onte o concelleiro José Alén que animou a tódalas veciñas de As Pontes a participar nas diferentes iniciativas que integran o programa ao que se denominou Mes da Saúde da Muller, co que se pretende non só ofrecer información á poboación feminina sobre todo o que se refire á súa saúde, senón tamén en relación á súa sexualidade.

Segundo explicou o edil de Servizos Sociais a primeira das actividades desenvolverase o vindeiro día 13, ás 19.30 horas, na biblioteca municipal e consistirá nunha charla sobre os actuais métodos anticonceptivos existentes no mercado e a súa efectividade á hora de previr tanto embarazos non desexados coma enfermidades de transmisión sexual, como é o caso da Sida. Esta actividade está aberta a todas aquelas veciñas que desexen participar.

O día 20 reanudarase este programa cun obradoiro de erótica feminina que impartirán os membros do centro Quérote de Ferrol e que dará comezo ás 18.00 horas, na aula polivalente da Casa Dopeso e para o que é necesario anotarse xa que as prazas son limitadas a unha vintena. A inscrición, totalmente gratuíta, deberase tramitar nas oficinas do CIM, ubicadas no segundo andar da Casa Dopeso, ou ben telefonando ao 981 44 10 08.

Neste taller está previsto que se aborden temas coma a afectividade, a erótica, os mitos e os estereotipos creados en relación á sexualidade feminina, co fin de contribuír ao coñecemento e vivencia da sexualidade dunha forma pracenteira e satisfactoria.


Finalmente, o Mes da Súde da Muller pecharase coa celebración, o día 27, dunha charla coloquio que terá como tema central as enfermidades de transmisión sexual e na que poderán participar todas aquelas veciñas que así o desexen. Esta actividade terá como escenario a biblioteca municipal e dará comezo ás 19.30 horas.


Exposición Vidas en Positivo

Paralelamente a estas actividades, tamén está prevista a posta en marcha dunha exposición fotográfica que será albergada polos corredores da Casa Dopeso dende o vindeiro día 18 de maio ata o 15 de xuño.

A mostra leva por título Vidas en Positivo e procede dos fondos da organización non gubernamental Ayuda en Acción. Esta colección está integrada por máis de 200 instantáneas de 25 prestixiosos fotógrafos internacionais que, a través da súa lente, nos amosan o día a día dos enfermos de VIH, dos seus familiares e a evolución da enfermidade en diferentes fotografías tomadas dende 1993.

8/5/09

XVIII Convención rexional sobre alcoholismo





O colexio Monte Caxado celebra o seu 25 aniversario cunha comida de confraternidade

II Certame das letras galegas As Boliqueiras o venres, día 15, ás 8 da tarde no auditorio da Casa Dopeso.



Xa temos o programa da gala deste ano da entrega de premios do II Certame

das letras galegas As Boliqueiras.

O venres, día 15, ás 8 da tarde farase a entrega dos premios no auditorio da Casa Dopeso.

O polifacético Xurxo Souto, con raigames en As pontes, será o conductor do acto, coa colaboura do poeta local Aníbal Ánxel.

A convidada deste ano será a escritora ferrolá Rosa Aneiros, que ofrecerá a súa visión do intre que atravesa o noso idioma.

A entrega dos premios servirá tamén para desvelar os gañadores e gañadoras, que non se farán públicos previamente.

Os máis pequenos participaban nesta edición coa opción de realizar un traballo en equipo e en escrito ou en forma de debuxo.

O tema escollido para os máis novos foi "¿Cales son as verbas máis fermosas?".

Os mellores traballos, xa na categoría xuvenil, en col da "Historia do idioma galego, e o seu futuro" faranse con 60 € o primeiro, 50 o segundo, e 40 o terceiro.

E como peche musical estará a cantautora María Manuela, acompañada de Xana Lastra e o músico pontés Xurxo.

Os organizadores, a agrupación local da MNL, salientaron a boa resposta especialmente dos máis novos, superior á dos maiores nesta segunda convocatoria do certame lietrario escolar.

Temos que salientar tamén que esta asociación en defensa do idioma ven de sumarse á campaña destinada a fletar buses a Santiago para o vindeiro 17 de maio.

Os ponteses e pontesas que queiran acudir á marcha do Día das Letras poderán facelo nun autobús gratuito que sairá ás 10 da mañá de diante do concello, para regresar á tarde, sobre as 5.

A Asociación Artesáns do Eume está a ultimar xa a súa vindeira exposición, que será cadrando coa fin de semana das Letra galegas

A Asociación Artesáns do Eume está a ultimar xa a súa vindeira exposición, que será cadrando coa fin de semana das Letra galegas, e en Moeche, onde foron convidados polo concello desta localidade.

A inciativa parte concretamente do Banco de tempo que funcioona xa na vila modestina.

Artesáns do Eume, que está presidida polo canteiro pontés César Dapena, está a traballar para poder contar cunha exposición permanente na súa nova sé, que ven de estrear o mes pasado na Casa da Cultura de Cabanas.

Espérase tamén que esta sé fixa sirva de punto de partida do seu obxectivo de abrir despois unha tenda onde comercializar os seus productos.

O outro grande obxectivo pasa por poñer en marcha un centro de formación de artesanía, que ven avalado por un estudio de viabilidade xa realizado, pero que requere dunha inversión para a que aínda están a recabar os apoios pertinentes.

Artesáns do Eume aglutina a unha trintea de profesionais que se adican á cerámica, o textil, a xoiería, a canteiría, a escultura, a torneiría e a cesteiría.

Hai xa cinco anos que o grupo de acción local de Euroeume promovera a asociación dos practicantes destes ofícios na bisbarra.

O goberno municipal ofrecerá denantes de que remate o ano unha alternativa para a estación de autobuses

• Ao longo da sesión plenaria deuse conta da situación actual do proceso de instalación de GasGalicia no municipio


O goberno municipal anunciou que, denantes que de remate este ano, tomará unha decisión con respecto á estación de autobuses xa que, a día de hoxe, estas instalacións presentan un aspecto deplorable tanto no seu exterior coma no interior das mesmas.

Neste senso, o alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, aclarou que a intención do goberno municipal é sacarlle o mellor partido posible a este edificio que xa, dende o seu nacemento, presentou moitos problemas.

Este anunciou realizábase na sesión plenaria mensual que tiña lugar esta mañá e na que, entre outros temas, deuse luz verde a un suplemento de crédito que se dirixirá ao pago dunha serie de gastos xerais que non pudieron ser incluídos no orzamento de 2008 por fin de prazo.

No tocante ao capítulo de mocións, tan só se someteu a debate un texto presentado polo BNG en relación á defensa do galego. E é que a xuízo do grupo nacionalista esta lingua está en perigo.

Neste senso, tanto PSdG-PSOE coma Partido Popular opuxéronse a este documento, coincidindo en que hai que defender a lingua pero sen chegar á imposición xa que o Estatuto de Autonomía de Galicia recolle a cooficialidade de galego e castelán e non por empregar o castelán se é menos galego ou se respeta menos a nosa cultura.

No que respecta ao capítulo de rogos e preguntas, o BNG interesouse polo estado das negociacións con GasGalicia e é que a firma ten intención de instalarse no concello. Segundo aclarou González Formoso, polo momento aínda non se conta co proxecto desta futura pranta e se descoñece o seu lugar de ubicación xa que a empresa está a buscar unha parcela na que iniciar o levantamento desta pranta.



Finalmente, o primeiro edil tamén anunciou que en vindeiras semanas se procederá á reordeación dos postos que cada día 1 e 15 de mes participan na feira quincenal xa que as futuras obras que afectarán á praza da Capela do Carme obrigarán á redistribución dos comerciantes.

6/5/09

Endesa concede a Corporación Noroeste o contrato de aproveitamento das cinzas da central térmica de As Pontes

Finalmente, as sospeitas do comité de empresa de cuíña fixéronse realidade e é que onte, ao peche desta redacción a empresa elétrica Endesa facía pública a súa decisión de conceder á firma Corporación Noroeste o contrato de aproveitamento das cinzas procedentes da combustión do carbón na central térmica coa que Endesa conta na nosa vila.

A firma escúdase nos resultados dun informe encargado á escola de inxeñeiros de Camiños da Coruña que determina a idoneidade das cinzas para agregalas ao crudo no proceso de fabricación de cemento para mezclalas con cinzas doutra procedencia na elaboración de clínker, así coma para a estabilización de residuos ou metais pesados, procesos todos eles realizados nas dúas prantas cementeiras coas que Corporación Noroeste conta nos concellos de Sarria e Narón.

Segundo alega a dirección da firma elétrica, este estudo califica a proposta de corporación noroeste coma a máis indicada á hora de cumprir a Normativa Europea Reach que regula o aproveitamento dos refugallos industriais.

No tocante á repercusión desta decisión no panorama laboral que se rexistrará en As Pontes despois de optar por levar fóra do noso concello este proxecto, dende a dirección de Endesa asegura que a iniciativa repercutirá positivamente no sector do transporte por estrada xa que, tal e como reza o comunicado remitido pola empresa elétrica, estímase que o traslado das cinzas ás prantas de Narón e Sarria suporá a realización dunhas 2800 viaxes anuais en camión coa carga de traballo que iso suporá para os transportistas locais.

Os veciños da Casilla e Profeira Medieval retomarán a vindeira semana a celebración da Festa dos Maios.

A nosa vila vaise sumar á celebración dos Maios, unha festa etnográfica coa que se conmemora a chegada da primavera, a estación da luz, que anuncia tempos de abundancia.

As asociacións Profeira medieval, e a dos veciños da casilla van apostar por introducir este evento na nosa localidade na fin de semana do 16 e 17 de maio.

A vila engalanarase con flores, ramallos e froitos e a praza central estará presidida pola representación dun maio, unha figura vexetal en torno da que se cantaban antigamente as coplas que deron nome a esta celebración, os maios.

Antonio Meizos, da Asociación Profeira medieval confía en que os ponteses e pontesas participen desta iniciativa festiva que se desenvolverá nunhas rúas especilamente ornamentadas para a ocasión.



Para facer máis atractivas as dúas xornadas apostouse por un completo programa de actos que incluirá un mercado con varios postos, unha carreira de triciclos para nenos e nenas, e un concurso de creación, que non será exclusivamente literario, senón de creación en calquera modalidade, xa sexa redacción, poema, cantiga, ou mesmo debuxo. Ita Ramudo da AAVV A Casilla contábanos que a participación é aberta, sen límites de idade.


O feito de que sexan dúas as asociacións que se uniron para promover en As Pontes, Os Maios indica xa as intencións de darlle continuidade, pois o compromiso é o de ir rotando o emprazamento entre os dous barrios.

O Ministerio de Economía cede ao concello unha parcela para o seu uso como depósito de plásticos agrícolas

O Ministerio de Economía cede ao concello unha parcela para o seu uso como depósito de plásticos agrícolas
• A propiedade, ubicada en Ribadeume, foi cedida de forma gratuita polo departamento que encabeza Elena Salgado

O Concello de As Pontes e o Ministerio de Economía e Facenda rubricaron hoxe o acordo mediante o cal o departamento que dirixe Elena Salgado cede, de forma gratuita, unha parcela ubicada na parroquia de Ribadeume – Bermuy ao concello pontés co fin de que a mesma se empregue como depósito de plásticos agrícolas.

O convenio, asinado esta mesma mañá polo alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, na delegación do Ministerio de Economía e Facenda da Coruña recolle que se trata dunha finca rústica de 15.340 metros cadrados, valorada en 8.412 euros, e que estaba en propiedade do goberno central dende xullo de 2004.

Este proceso iniciábase despois do acordo plenario acadado por goberno e oposición en abril de 2008, mediante o que se comprometeron a solicitar ao Estado a cesión desta parcela á administración municipal.

Entre os requisitos incluídos neste convenio, recóllese a obriga de destinar esta terreo ao seu uso previsto nun prazo máximo de tres anos ou o Estado recuperaría a titularidade do mesmo.

5/5/09

O sábado conclue o prazo de presentación dos carteis ilustradores das Festas do Carme e A Fraga

• O Concello repartirá tres premios valorados en 500 euros entre as mellores propostas que concorran ao certame


O Concello de As Pontes manterá aberto, ata o vindeiro sábado, o prazo para participar no certame de carteis ilustradores das festas do Carme e a Fraga, que terán lugar en dous meses.

Os interesados en presentar as súas propostas poderán facer entrega dos seus debuxos e traballos no departamento de Cultura, ubicado na Casa Dopeso, na rúa Rosalía de Castro, 28, ou ben facelas chegar a este mesmo enderezo por vía postal denantes do vindeiro 9 de maio ás 12.00 horas.

Cada cartel, que se poderá realizar con calquer tipo de técnica, deberá contar cunhas medidas máximas de 40 x 70 centímetros, ser inédito e orixinal e incluír o seguinte texto: Festas do Carme e a Fraga - As Pontes - Do 17 ao 25 de Xullo de 2009. Asemade, será necesario incluír nun sobre pechado o nome, enderezo, fotocopia do carné de identidade do autor ou autora e teléfono de contacto do mesmo.

Asemade, tan só poderán participar neste certame aquelas persoas que teñan cumpridos os 14 anos denantes do 25 de xullo de 2009 e que non superen os 30 anos na mesma data.

Un xurado composto por expertos na materia e membros do concello será o encargado de realizar a selección dos carteis gañadores. Así as cousas, a mellor das propostas recibirá 300 euros e servirá como cartel anunciador das festas patronais pontesas, mentras que para os dous cartaces escollidos como accesits o concello destinará dous premios de 100 euros cada un.

Para obter máis información será posible contactar co departamento municipal de Cultura, a través do teléfono 981 44 03 44 ou ben no enderezo electrónico cultura@aspontes.org.

4/5/09

EXCURSIÓN AVV FERVENZAS DE SOMEDE

EXCURSIÓN AVV FERVENZAS DE SOMEDE




Data: 12, 13 e 14 de xuño
Destino: Salamanca, Ciudad Rodrigo, Alberca e Peña de Francia

Prezo: 175 euros os socios e 190 euros os non asociados (réxime de todo incluído)

Inscrición: Oficina Banco Santander ata o 9 de maio

Organiza: Asociación de Veciños Fervenzas de Somede

PROGRAMA CULTURAL MAIO 2009

O Plan Ferrol deixa en As Pontes máis de sete millóns de euros a repartir entre 14 proxectos

O Concello de As Pontes recibirá algo máis de sete millóns de euros (7.235.313 euros) a través das axudas de promoción industrial incluídas no Plan Ferrol, auspiciado polo Ministerio de Industria.

Isto foi confirmado hoxe a través da rolda de prensa dos diferentes axentes incluídos na asociación impulsora deste plan que ven de cumprir os catro anos de creación e que, esta mañá, se reunían nas dependencias do Centro de Dinamización Empresarial ubicado no polígono pontés de Penapurreira.

Un total de 14 proxectos resultaron beneficiados neste 2009 destas axudas, iniciativas que incluen a xeración de 146 postos de traballo e que suporán unha inversión superior aos 27 millóns de euros.

Precisamente, para dar a coñecer tanto estes datos coma o resto de cifras vinculadas aos demáis proxectos subvencionados ao longo das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, ata As Pontes se achegou o Director Xeral de Industria do Ministerio de Industria, Jesús Candil, que tamén contou coa compaña do Director Xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, Ángel Bernardo Tahoces; o alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, e o senador socialista Xavier Carro Garrote.

Na súa intervención Jesús Candil, ademáis de facer un amplo resumo sobre os diferentes proxectos que acometerá o Ministerio de Industria con cargo a este plan, anunciou que, en 2010, está prevista unha inversión de 66 millóns de euros nas tres comarcas citadas con anterioridade, asegurando, o mantemento da condición a condición de non ter que presentar un aval que respalde o proxecto que decida optar a estas axudas.

Pola súa banda, o alcalde de As Pontes ofreceu o apoio e colaboura da administración que dirixe a tódalas iniciativas auspiciadas dende o Ministerio de Industria que permitan facer do municipio pontés un referente industrial en todo o país.
Nesta mesma liña se expresou o Director Xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia. No seu discurso, Ángel Bernardo Tahoces abogou pola colaboura entre as tres administracións para facer de As Pontes a referencia empresarial do noroeste peninsular.


Proxectos máis salientables

No tocante a As Pontes, dos 14 proxectos que contarán co respaldo económico do Plan Ferrol o máis importante, coa xeración de 122 postos de traballo, é o da firma Gonvaeolic S.L que pretende instalar unha fábrica de torres eólicas no parque industrial de Penapurreira o que suporá unha inversión de case 16 millóns de euros, dos que 1,6 millónscorrerán con cargo ao Plan Ferrol.

Tamén é preciso salientar o proxecto de fábrica para a elaboración de empanadas e tartar de Delicias Coruña S.L. que precisa dunha inversión de 2,4 millóns de euros dos que, a metade, procederán deste plan industrial.

Encapsulantes de Valor Añadido S.A e Automatictube S.L tamén contarán cunha importante inversión para crear un total de 10 postos de traballo directos para o que será preciso un investimento de máis de cinco millóns de euros, dos que a metade será tamén asumida a través dos fondos do Plan Ferrol.