28/4/09

O Concello asinará proximamente un acordo cos empresarios de As Pontes para impulsar o comercio local

• A iniciativa incluirá varios sorteos de agasallos entre a clientela dos establecementos comerciais do municipio
O Concello de As Pontes, a través do departamento de Promoción Industrial, estreitará a relación cos comerciantes locais a través da sinatura dun convenio que recolla diferentes iniciativas que permitirán impulsar o comercio local.

A este acordo chegaban onte o responsable do departamento de Promoción Industrial, Óscar García, e a directiva da Asociación de Empresarios e Comerciantes de As Pontes, nun encontro que virá precedido dunha nova reunión, a celebrar proximamente, na que está previsto debater as iniciativas a desenvolver pola administración local e os comercios do municipio.

No encontro celebrado nas últimas horas, o goberno municipal, a través do edil de Promoción Industrial, puxo en coñecemento dos comerciantes e empresarios o seu interese en gozar de maior protagonismo á hora de poñer en marcha campañas tan éxitosas coma Merca Nas Pontes, coa que, Nadal tras Nadal, preténdese fomentar as compras nos establecementos locais.

Precisamente, Óscar García ofreceu todo o apoio posible da administración local para darlle un novo pulo a esta iniciativa que o goberno municipal pretende extender ao longo de todo o ano, con diferentes campañas específicas e varios sorteos.

Finalmente, neste encontro o concelleiro anunciou a intención de poñer en marcha, a finais do mes de agosto, a segunda edición do Mercadiño de Oportunidades Vila de As Pontes (MOVA) que, o ano pasado vivía a súa primeira edición cun gran éxito de público e de participación por parte dos comerciantes locais. A cita servirá como peche do período de rebaixas de verán.

AS PONTES SÚMASE Á REDE LABORAL XIANA MEDIANTE UN CURSO DE ATENCIÓN SOCIO-SANITARIA A DOMICILIO

O Concello das Pontes vai participar no proxecto Rede Xiana, unha iniciativa de formación e acceso ao mercado laboral impulsada pola Deputación Provincial da Coruña. A través deste proxecto, que ten como obxectivo fomentar o emprego mellorando a formación e a capacitación profesional, ao noso municipio correspóndelle a participación nun curso de atención socio-sanitaria a domicilio, para o que hoxe mesmo se abre o prazo de inscrición. Así as cousas, as persoas desempregadas menores de 25 anos ou maiores de 45, mulleres de todas as idades, parados de longa duración e persoas en risco de exclusión social, poden tomar parte nesta actividade formativa. Pero antes deberán pasarse polo Concello para cumprimentar a correspondente folla de inscrición, no Servizo de Orientación Laboral e tendo de prazo ata o vindeiro 22 de Maio.

Este curso de atención socio-sanitaria a domicilio é un dos 76 que se van impartir en toda a provincia a través da Rede Xiana, e que beneficiarán a un total de 1140 persoas desempregadas. Para o reparto de actividades formativas, a Deputación da Coruña dividiu aos Concellos da provincia en trece áreas de actuación, e As Pontes está encadrada na zona 3 xunto cos Concellos de Capela, Cabanas, Monfero, Pontedeume e Vilarmaior. Ademais, a institución provincial acordou que neste 2.009 o municipio da Capela sexa sede do curso, para o que se esixe, como requisitos, estar empadroado nalgún dos Concellos da comarca e ser demandante de emprego coa tarxeta actualizada. Canto á selección dos participantes do curso, será a propia deputación a través dun axente de inserción laboral a que se encargue do proceso de admisión.

A Rede Xiana ten como obxectivos xerais a dinamización da base económica do medio rural, fomentando a aparición de actividades profesionais competitivas e multifuncionais; mellorar o nivel dos servizos de proximidade da poboación rural, elevando o benestar e garantindo a igualdade de oportunidades especialmente para as persoas de maior vulnerabilidade ou en risco de exclusión social e executar accións locais coherentes coas iniciadas desde outros niveis administrativos procurando establecer sinerxias entre os instrumentos de políticas públicas das distintas administracións.

O Concello cumprirá en prazo cos obxectivos de atención e incorporación laboral marcados polo Plan Experimental de Emprego

• O acordo inicial recollía a atención a 150 parados e a reinserción, a lo menos, de medio cento de desempregados do municipio

A Concellería de Promoción Industrial, a través do seu máximo responsable Óscar García, amosou hoxe a súa satisfacción ante os bos resultados a nivel laboral que se están a colleitar a través do Plan Experimental de Emprego, sufragado pola Consellería de Traballo con 400.000 euros, e que está a permitir a recolocación de moitos dos desempregados e desempregadas do municipio.

Así as cousas, denantes do vencemento deste plan, en setembro deste ano, está previsto cumprir amplamente cos obxectivos acordados á hora da sinatura do mesmo coa Xunta de Galicia que esixía a atención de 150 persoas demandantes de emprego, a través dos servizos e técnicos de orientación laboral, e a inserción de medio cento de parados.

Segundo anunciou Óscar García, estes fins estanse a acadar gracias á labor dos técnicos de emprego e orientadores, contratados mediante este plan, que non só informan e solventan as dúbidas dos desempregados, senón que tamén exercen de enlace entre a empresa e o traballador para ofrecer á primeira os servizos de operarios que respondan ás súas necesidades, debidamente formados.

O edil deu conta destes bos resultados na xornada de onte, ao longo da entrega dos diplomas acreditativos aos 12 alumnos e alumnas do curso de soldadura Mig – Mag que, dende o pasado mes de decembro, se desenvolvían no municipio a través deste plan experimental de emprego mediante o que se están a crear traballadores á carta.

Neste mesmo acto, o concelleiro adiantou que, dende o departamento que dirixe, xa se está a planificar a oferta de novos cursos formativos para o vindeiro ano, con cargo á nova partida de 200.000 euros procedente da Consellería de Traballo e que se suma así aos 200.000 euros xa investidos por este departamento en materia de formación e xeración de emprego.



Estudo das instalacións fotovoltaicas

Por outra banda, Óscar García tamén deu a coñecer a nova iniciativa na que están a traballar dende o goberno municipal co fin de optimizar o uso das instalacións fotovoltaicas coas que contan diferentes edificios do municipio.

En relación a este asunto, o concelleiro de Promoción Industrial anunciou que a Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC) iniciará, en breve, un estudo sobre estas instalacións e o rendemento das mesmas.

A través desta análise, que suporá un custo cero para as arcas municipais, preténdense aproveitar ao máximo estas instalacións fotovoltaicas xa que, a día de hoxe, tan só están en funcionamento as placas ubicadas no pavillón polideportivo municipal mentras que permanecen inoperativas as da Escola Infantil A Barosa, a Casa da Enerxía, a Casa Dopeso e as instaladas en diferentes parroquias do concello pontés.

24/4/09

Expedente de Regulación de Emprego na nosa vila que vai afectar a 42 traballadores do sector do metal

Nun par de semanas vai comezar a aplicarse un novo Expedente de Regulación de Emprego na nosa vila que vai afectar a 42 traballadores do sector do metal, e que pertencen ás factorías que teñen Aceriusa e Estracero en Penapurreira.
As empresas Aceriusa, que tén como principal accionista a Construcciones Mon, e Estracero, que á súa vez tén a Aceriusa como principal accionista, situada no polígono de Penapurreira, en As Pontes, fabricantes de estructuras metálicas, presentaron un Expedente de Regulación de Emprego Temporal (ERE) que tendrá una duración de catro meses e que sería aplicado entre a última semana de abril e a última semana de agosto, e afectaría ó 100 por cento dos traballadores, que manterían neste tempo o 70 % dos seus soldos.
O ERE está motivado pola falta de carga de traballo, segundo informou á parte sindical a compañía, anque tamén lles comunicou que existe a posibilidade da contratación dunha obra a partir do mes de agosto que suporía a ocupación do cadro de persoal durante outros catro meses aproximadamente.
Aínda se está a negociar unha maior remuneración, pois estas cifras do 70 % correspóndense coa aportación que fai o INEM, o que vai supoñer para os operarios consumir o seu propio tempo de paro acumulado.
O compromiso por parte da empresa, é que a situación se normalice a partir de agosto, e recuperar para entón a toda a plantiña.
Á espera da aprobación final deste ERE, as negociacións continúan abertas e esta mesma tarde producíronse novos contactos para chegar a un acordo con estas dúas empresas que se ubicaron no noso município ó abeiro do Plan miner, e contaron con axudas das administracións.

A Asociación cultural Lembranza da Vila celebrará o mes que ven a súa xuntanza de antigos e novos veciños.

A Asociación cultural Lembranza da Vila celebrará o mes que ven a súa xuntanza de antigos e novos veciños.
Será o día 9,e contará co programa habitual, cunha misa, que cantará a agrupación coral Endesa, e unha cea baile.
Esta xuntanza anual tén tamén o obxectivo de servir como homenaxe a alguén relacionado coa barriada máis senlleira do noso município, e desta vez sáldase unha vella débeda cun home, Alfonso Tojeiro Roca, ó que a súa condición de presidente da entidade lle supuxera non ter accedido denantes a esta distinción.
Agora, Alfonso da Redonda, recebe a mercida e unánime homenaxe dos seus veciños nun acto no que conflúen na súa reacción ó nemeamento, a modestia e a emoción.

Para participar nesta xuntanza haberá que apuntarse antes do día 5 no local social, en horario de tarde, de 4 a 8, ou a calquera hora no bar Centro.
O prezo dos tikets estableceuse en 30 € para os socios e 35 para os nos socios da entidade.
Como tódolos anos, fletarase gratuitamente un autobús para asistir á cea, que se celebrará en Vilalba.

23/4/09

Astronomía, teatro, danza e cine feito en Galicia protagonizan a programación da fin de semana

Astronomía, teatro, danza e cine feito en Galicia protagonizan a programación da fin de semana
• Unhas xornadas de astronomía, o teatro de Carpe Diem ou unha exhibición de danza son algunhas das propostas destes días

A programación cultural elaborada polo Concello de As Pontes para esta fin de semana traerá consigo múltiples actividades dirixidas tanto a nenos coma a maiores.

Así as cousas, mañá os xardíns municipais acollerán as clases abertas da escola municipal de danza que darán comezo ás 16.30 horas e que se repetirán na mañá do sábado ás 10.30 horas co fin de conmemorar o Día Internacional da Danza.

Outra das iniciativas incluídas na axenda cultural terá como escenario a sala de exposicións do Mercado Vello e contará co patrocinio non só do Concello, senón tamén de Caixanova. Trátase dun planetario hinchable co que a entidade pretende achegar o fabuloso mundo das estrelas e do sistema solar a novos e non tan novos precisamente este ano, que se está a celebrar o Ano Internacional da Astronomía.

Cincocentas estrelas, as principais constelacións, o movemento dos planetas, as diferentes fases da lúa ou os puntos cardinais son algúns dos atractivos desta actividade, mediante a cal tamén será posible descubrir a influencia do movemento dos planetas nas estacións, na natureza, no clima ou as claves para orientarse con tan só botar unha ollada á Osa Menor.

Estas xornadas, que terán lugar o sábado, desenvolveranse tanto en xornada de mañá coma de tarde e a entrada é totalmente gratuíta, contando coas explicacións dun guía que solventará as dúbidas dos que decidan tomar parte nesta actividade.

Asemade, para os máis pequenos desenvolverase unha sesión de contacontos e de xogos titulados O ceo dos nenos na que meniños e meniñas poderán adentrarse no firmamento a través das nubes, os paxaros, o sol e a lúa, elementos facilmente recoñecibles para eles.




Teatro

O sábado tamén haberá teatro no Lar de Endesa que acollerá a terceira e derradeira obra incluída da II Mostra Local de Teatro, patrocinada polo Concello de As Pontes e a Asociación Deportiva e Cultural Grupo de Empresa Endesa.

Ás 20.00 horas, a compañía Carpe Diem, da Asociación Cultural Garola de Cedeira, representará a montaxe infantil A lenda do pirata, escrita e dirixida por Fusa Guillén, e que busca o fomento da lectura entre os máis novos.

Esta historia une a un pirata, unha rapaza apaixoada polos libros de aventura e unha moza retida contra a súa vontade e xa conta cunha versión en papel a través da colección A biblioteca ambulante de Garola, impulsada polo colectivo cedeirés.


Cine

A programación da fin de semana pecharase coa Semana do Audiovisual Galego que celebrará o seu día grande en As Pontes o sábado ás 20.30 horas no salón de actos da Casa Dopeso.

Nesta xornada está previsto que se proxecten a curtametraxe de animación Homless, Sen teito de Diego Méndez e o documental tamén deste mesmo director Os nenos de María Soliña, dous traballos nos que se trata a problemática e o día a día das persoas sen fogar e, no segundo, a vida dos nenos e nenas da escola María Soliña na India que foi fundada pola canguesa Neneta Herrero.

A entrada a estas dúas proxeccións será totalmente gratuita.

Xa estan en axenda diversas actividades das asociacións veciñais

Falabamos onte de diferentes iniciativas promovidas por diversas asociacións da vila, e hoxe contamos xa con outra proposta, anque esta é con vistas ó verán.
Trátase dunha excursión que organiza a Asociación de veciños Encoro da Ribeira, de Marraxón. A viaxe é a Salamanca e outras localidades de Castela A Mancha no mes de agosto, pero o prazo para inscribirse remata o 15 de maio.
A excursión será entre os días 26 e 30 do mes de agosto, e comezará polo día 26 en que se viaxará ata Salamanca para visitar esta cidade pola tarde.
O xoves 27 os excursionistas irán ata Ciudad Rodrigo pola mañá,e a La Alberca e o santuario de Pena de Francia, que se ergue a case 2.00 metros de altitude, xa pola tarde.
ó día seguinte, xa camiño de Ávila, onde se pasará a tarde, pola mañá visitaranse o típico pobo de montaña de Candelario e Barco de Ávila.
Na penúltima xornada, o 29, visitaranse os xardíns de La Granja, onde se comerá, e o val dos caidos, pola mañá. Completarase o día coa visita pola tarde a Segovia.
O día 30 xa se adicará tan só o regreso para facelo con calma logo dunhas xornadas tan intensas.
A inscripción débese facer na Tenda de Iria, aboando 20 euros en concepto de reserva, que se descontarán logo do prezo final da viaxe, que son 360 euros.
E ímonos ir agora ó concello limítrofe de Xermade, pero quedamos aquí ó lado, en Cabreiros.
O mes que ven volven as xornadas interxeneracionais de Cabreiros, que levan por título “Aprendendo cos nosos maiores”.
Á habitual presenza de ponteses e pontesas que participan desta iniciativa nunha parroquia limítrofe, pero moi directamente vencellada ó noso concello, súmase este ano o protagonismo tamén da nosa vila no programa preparado.
Serán tres fins de semana consecutivas, polo que xa en xuño, o día 13, é cando atopamos unha charla na que se falará sobre o presente, pasado e futuro de Endesa, centrándose na incidencia que tén esta empresa para o concello de Xermade.
Logo os participantes desprazaranse ata As Pontes para visitar o oco do lago, e coñecer o proceso de recheo, e ata a escombreira, onde tamén coñecerán o proceso de restauración, sempre acompañados por expertos que lles irán dando as explicacións pertinentes.
Esta iniciativa de ofrecer actividades a compartir entre as diferentes xeracións de Cabreiros cumprirán xa este ano a quinta edición, na que a grande novidade será un encontro cos veciños da localidade asturiana de Taramundi, cos que se está a establecer un intercambio.

Un grupo de antigos xogadores e directivos do club de fútbol sala Autos Puentes teñen previsto organizar unha xornada de confraternidade

Un grupo de antigos xogadores e directivos do club de fútbol sala Autos Puentes teñen previsto organizar unha xornada de confraternidade para o vindeiro sábado, 30 de maio.
O obxectivo dos promotores é facer unha homenaxe a este histórico club pontés, que marcou toda unha época no fútbol sala pontés, sendo un dos pioneiros neste deporte a nivel galego e incluso estatal, chegando a militar varias temporadas na primeira división nacional, a que hoxe en día é a categoría de prata. Un club polo que pasaron, en case trinta anos de historia, preto de trescentos xogadores, a maioría deles da propia localidade das Pontes, pero, tamén doutros lugares de Galicia, Asturias e incluso de Brasil, Paraguai, Uruguai e Perú. Un Autos Puentes que conta no seu amplo historial deportivo con varios títulos de liga, unha copa de Galicia e numerosos trofeos.
O programa está aínda sen concretar. Pero, segundo os promotores barallase un encontro amigable entre antigos xogadores do club e logo un xantar de confraternidade, ademais dunha pequena exposición de fotografías. Os interesados en participar nesta interesante xornada poden contactar nos teléfonos 699.219.277 ou 665.637.534.

Foliada no Lar coa banda de Ladrido Brisas da Croa--- e outras citas musicais


Este venres, ó cadrar co último de mes temos cita coas foliadas do Lar. Para esta data cóntase coa participación da Banda de Ladrido, Brisas da Croa.
Os orteganos repiten, pois xa estiveran o ano pasado deixando unha boa mostra do seu aire festeiro, e a forza do seu directo.
Esta agrupación nacera como banda de gaitas e baixo a dirección do polifacético músico Juan Barcón.
Coma sempre logo haberá tempo para a participación de tódolos asistentes nunha noite aberta á interacción a traverso da música, a canción e o baile tradicionais.

E o domingo a segunda ración coa VI repichoca popular.
A boa mesa, en torno á que comer, beber, cantar, tocar e bailar volverá ser o eixo desta reunión anual.
O domingo chega esta cita anual que consistirá nunha xuntanza de amantes da música tradicional, que este ano estará marcada pola homenaxe a un dos veteráns ilustres.
O protagonista será Dasilva, o eterno caixeiro da charanga Os Ponteses, que foi un dos pioneiros na fructífera escola da percusión tradicional na nosa vila.
A festa vai comezar cun xantar popular no que non han faltar o polbo e o churrasco, ós que seguirán o postre e o café.
A cita é no local do polbo, e a partir das dúas da tarde.
Para participar hai que reservar previamente a praza para este xantar, que terá un custe de 25 euros para os adultos, e 11 para os menores, ata o 11 anos.
Para contactar coa organización pódese facer nos teléfonos 654 16 10 18, ou 619 57 19 61
E nesta fin de semana aínda tamén teremos máis música coa celebración das festas patronais na localidade xermadina de Lousada, e no lugar de abaixo.
O sábado e o domingo honran á Virxe das Dores con sesións vermouths, actos relixiosos, e verbenas.
O sábado será o Orquestra abanico a encargada da animación, e o domingo corresponderalle á Orquestra Alarma.

22/4/09

CARTELEIRA FIN DE SEMANA "Street dance ","Slumdog Millionaire "




O programa, denominado “Ponte en danza” celebra o Día internacional da danza.

O vindeiro día 29 celébrase en todo o mundo o Día internacional da danza.
Na nosa vila, as celebracións vanse adiantar a esta fin de semana, e de novo terán a presenza na rúa como eixo principal.
As clases das distintas disciplinas de danza do venres e o sábado vanse trasladar da Casa Dopeso ó parque municipal, continuando cunha iniciativa que cumprirá con esta a terceira edición.
O programa, denominado “Ponte en danza”, mobilizará, a traverso desta especial celebración ó redor dun cento de alunos e alunas de danza clásica, e moderna.
O venres as clases no parque serán de catro e media a oito e media da tarde, e o sábado toda a mañá, entre as dez e media e as dúas e media.
Ademais, no cine proxectarase a película Street dance, para a que se deron invitacións a tódolos alunos e alunas das clases das escolas municipais de danza.
Foi no 1982 cando o Comité Internacional da Danza da UNESCO fundou o día Internacional da Danza.
A súa celebración quedou no 29 de abril de cada ano, data na que se conmemora o nacemento de Jean Georges Noverre, bailarín que naceu en 1727 e foi un grande reformador da danza, e o creador da considerada a Biblia da danza, na que analisa o carácter da danza e do ballet: “As Cartas da danza e o Ballet”, aínda moi vixente.
O Día Internacional da Danza contitúe, sen dúbida, unha boa escusa para reunir a tódolos xéneros dancísticos para celebrar esta manifestación artística e a súa universalidade.

A Sociedade A Venatoria ven de retomar os traballos de limpeza de marxes do río que ven facendo regularmente tódolos anos.

Esta sociedade de pesca volveu poñerse á fronte desta iniciativa convidando a calquera que o desexe a colaborar neste labor de conservación completamente altruista, e que dá continuidade á poda que a princípios de ano fixeran nas zonas de couto das marxes do río.
Agora están inmersos nun labor de limpeza das beiras do Río eume, pero logo continuarán co Brixeo, o Chamoselo, ou o Bellón.
O panorama que se están a atopar presenta un río sen grandes problemas de maleza no curso, pero si nas marxes, onde hai moito ramallo. Anque hai zonas que quedaron moi afectadas polo paso do furacán Klaus, e neses lugares completos si se está a ter que retirar moita maleza.
Anque a resposta do voluntariado cidadá aínda non se fixo efectiva, a Asociación A Venatoria si atopou a resposta das administracións, e o concello está a ceder maquinaria, e mesmo contan coa colaboura a nivel de persoal do servizo do Grumir.
Estes efectivos están a ser un importante reforzo para as cuadrillas que conforman exclusivamente un grupo de socios da Venatoria.
Dende a Consellería de Medio Ambiente ofrecéuselles tamén a colaboura, polo que se agarda poder contratar a unha empresa para que os traballos podan avantar máis rápidamente.
Esta mañá o grupo de traballo estivo a afanarse no Brixeo, logo de ter traballado onte arreo na zona da canle IV, o que permitíu constatar que nos tramos urbáns a presenza de refugallos no río si é importante.

21/4/09

A Asociación forestal galega continua co asesoramento ós afectados polo ciclón Klaus

A Asociación forestal galega terá aberta mañá e pasado mañá pola tarde, a súa oficina na nosa vila coa fin de asesorar ós propietarios para cubrir as solicitudes de axudas dos propietarios forestais que tiveran danos no monte a causa do temporal acaecido o pasado mes de xaneiro.
Os propietarios forestais da A F G que desexen solicitar as axudas que se dictaminaron deberán chamar primeiro para solicitar cita previa ós teléfonos 981 56 40 11, 981 44 05 37, ou 981 56 01 40.
A AFG estivera nas negociacións que derivaran no acordo entre a Mesa da madeira e o consello forestal, que recolle o aproveitamento e recuperación das zonas arboradas aefctadas polo ciclón Klaus.
Estas axudas inclúen medidas para diminuir o impacto dos danos na economía dos propietarios forestais e das comunidades de montes afectados.
Podemos lembrar ademais, que o concello segue tamén coa oficina provisional aberta no salón de plenos da sala consistorial, que destinou a atender ós afectados con propiedades forestais, de cara a darlles información e asesoramento á hora de optar a esta liña aberta de subvencións.

Diversas citas sociais teñen aberto o seu prazo de inscripción

Temos varios prazos de inscripción abertos para participar en actividades promovidas tamén por diferentes asociacións do concello.
Xa se pode solicitar a inscripción para participar na sexta edición da roita a cabalo do Medio Eume, que ten como epicentro á Faeira.
Será o sábado 2 de maio, en que se empezará cunha concentración dos cabalos ás nove e media da mañá no campo da festa, para facer a saida media hora despois en dirección ó encoro, percorrendo as parroquias de A Faeira e san Pedro de Eume.
A chegada para o xantar, de novo á Faeira, está prevista para as dúas da tarde
O prezo da inscripción quedou en dezasete euros, e pode formalizala calquera, anque logo non salla na roita e decida só quedar a comer.
Despois da comida, que estará amenizada polo grupo Costa Mar, haberá tempo para un sorteo de productos para cabalos, e comezará sobre as seis cunha festa coa música do mesmo grupo.
Unha semana máis tarde, o 10 de maio celebrarase a comida que organiza a Asociación Virxe do Pino, de Saa.
Este xantar é gratuito para tódolos socios que se apunten previamente, pero está aberta tamén a todo o público, anque xa cun prezo de 20 euros o prato.
A comida será ás dúas da tarde, e logo de rematar haberá música co Dúo Bambú.
A cita é no local da Asociación, e o menú inclúe callos, xamón escaldado, postre, café, e licores.
O último día para apuntarse será o 3 do mes que ven, e o teléfono onde se pode facer, ou pedir máis información é o 618 55 78 05.
E xa, por último quédanos un clásico, a Xuntanza de antigos e novos veciños de A Vila.
Esta tradicional cea baile, que vai camiño da década celebrándose, conta coma sempre cun homenaxeado, que desta vez será o popular Alfonso da Redonda, Alfonso tojeiro Roca.
Neste caso o menú componse de langostinos, tenreira, e cordeiro, con ensalada e guarnición, e postres caseiros. Ademais dos consabidos viño e refrescos, café e licores.
Antes da cea, que será no Restaurantes Nova Ruta de Vilalba, haberá unha Misa cantada pola Agrupación corla Endesa as Pontes, que está fixada para as oito da tarde.
O prezo quedou en 30 euros para os socios de Lembranza da Vila, e 35 para os non asociados.
As invitacións xa se poden reservar no local socail da Rúa Real, en horario de tarde, de 4 a 8, ou no Bar Centro, a calquera hora, e sempre ata o 5 de amio, en que se pecha o prazo.
Como adoita xa facerse sempre, fletarase un autobús gratuito para aqueles que queiran asistir a este evento.

Exposición pública do censo electoral

Xa temos ás voltas outra cita coas urnas. En pouco máis dun mes celébranse as eleccións europeas, e estamos no tempo de facer as pertinentes comprobacións de inscripción correcta no censo, para evitar solpresas de última hora.
O Concello de As Pontes informa de que, debido á convocatoria desas eleccións ao Parlamento Europeo do 7 de xuño, establécese un prazo de exposición pública do censo electoral, mediante soporte informático, que permanecerá aberto entre os días 20 e 27 deste mes de abril.
Deste xeito, as persoas que estean interesadas en consultar os seus datos censais e, no seu caso, presentar aquelas reclamacións administrativas que consideren oportunas, poderán facelo nestas datas no Negociado de Estadística, en horario de 08.00 a 14.30, de luns a venres.
O Concello, ademais, lembra que para aqueles grupos que se podan ver máis afectados nestes comicios, como os que cumpriron recentemente 18 anos, existe un teléfono de consulta, que é o 901 101 900.

20/4/09

CONGRESO DE VIÚVAS

.-
Máis de trescentas mulleres viúvas chegadas desde diferentes puntos de Galicia e pertencentes a catorce colectivos distintos tomaron esta fin de semana o Auditorio Municipal Alovi. O motivo non foi outro que a celebración do Trixésimo Sexto Congreso Rexional de Viúvas, que nesta ocasión recaeu nas Pontes. A xornada, que se caracterizou en todo momento polo bo ambiente e alta participación, contou cunha variada programación na que non faltaron a seriedade e rigor no análise da situación actual á que se enfrontan as mulleres viúvas, nin os actos de tipo máis lúdico como a comida de convivencia e irmandade celebrada nun restaurante da Capela. Unha programación que se completaba cunha celebración eucarística oficiada polo Vicario Xeral, Antonio Rodríguez Basanta.
A primeira parte do Congreso celebrouse no Auditorio Municipal Alovi e consistiu nunha serie de charlas e relatorios que tiveron como principal eixo temático a coeducación, o proceso de dó e costumes relacionadas co loito. Inicialmente Aurora Carro, presidenta da Federación Galega de Viúvas e Carmen Ruíz, secretaria da Confav, a Confederación de Asociacións de viúvas encargáronse de analisar e explicar a problemática acutal das viúvas galegas e cales son os retos e melloras aos que se enfrontan.
Do ámbito local, encargáronse da presentación deste Congreso Manoli Tembrás presidenta da Asociación de Viúvas María Magdalena, entidade organizadora, e mailo concelleiro de Servizos Sociais José Alén.

E a inauguración corría a cargo da deputada provincial e concelleira de Participación Cidadá nas Pontes, Montserrat García Chavarría, que destacou a loita da muller ao longo dos tempos para conseguir os mesmos dereitos que os homes.

A directora do CIM e tamén psicóloga Mari Carmen Rego ocupouse do primeiro relatorio da mañá, baixo o título Mulleres viúvas, unha perspectiva profesional e persoal. Falou sobre todo do proceso de dó polo que pasan todas as mulleres viúvas e que dependendo da súa historia persoal e do seu carácter, pode durar entre un e dous anos. A sintomatoloxía máis habitual que acompaña a este proceso caracterízase por un estado de profunda tristeza, rabia, culpa, apatía, soidade, vacío no estómago, falla de ar e de enerxía, sequedade na boca, trastornos no sono e na alimentación, confusión, alucinacións e falla de concentración, entre outros síntomas. E canto ás fases do proceso de dó van desde a incredulidade pola perda do ser querido ata a aceptación, ou o que é o mesmo o momento no que se aprende a continua-lo camiño coa ausencia do marido ou compañeiro.

Tamén participaba como relatora neste Congreso Rexional de Asociacións de Viúvas, a técnico en igualdade e licenciada en filosofía, Patricia Pena Monelos, que abordou a conferencia titulada Coeducando traballamos a igualdade. A poñente falou, entre outros aspectos, da difícil situación na que se atopan moitas mulleres no intre no que falece o cónxuxe, e teñen que tomar as rendas da xestión integral da casa, asumindo funcións totalmente novas en pleno proceso de dó .

Da clausura do Trixésimo Sexto Congreso Rexional de Viúvas encargouse o alcalde, Valentín González Formoso, fillo de viúva e concienciado coa problemática que afecta a este colectivo que sobrevive cunha pensión mínima, e para o que pediu maior xustiza e recoñecemento dos seus dereitos.

Como remate do acto realizouse unha entrega de agasallos aos distintos colectivos participantes neste XXXVI Congreso Rexional de Asociacións de Viúvas, que se desenvolveu baixo o lema A muller nace ou faise.

Diversas actuacións teatrais conmemoran esta semana o dia do libro

Para Conmemorar o DÍA DO LIBRO o vindeiro 23 de abril o Dpto. de cultura en colaboración co grupo de teatro Pontés QUEMAISTENTEATRO ten programadas unhas sesións de contacontos para levar a cabo en centros escolares e no parque municipal.
A campaña Q ME CONTAS? ten como obxectivo fomentar a lectura entre os nenos máis pequenos da vila.

Nesta ocasión vanse realizar sesións de contacontos entre os días 20 e 23 de abril nos Centros escolares e dirixido a nenos de entre 1 a 5 anos:
- 20 de abril: Escola infantil Barosa e A Fraga
- 23 de abril: Monte Caxado, A Magdalena, Sta. María e Nebrija-Pardo Bazán)

Para nenos de 3 ANOS
¡OH¡
de Josse Goffin
este é un conto sen texto, un album ilustrado que prantexa un xogo de transformación: unha simple taza de café transfórmase nun barco ou nun cocodrilo. Este libro propón unha viaxe polo mundo das adiviñas visuais, ilustracións sinxelas que xogan ao engano e a sorpresa: OH¡

4 e 5 ANOS
Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis
de Chema Heras:
Martiño escribíu aos Reis Magos pedíndolles unha locomotora con tres vagóns de cores. Na noite de Reis, logo de deixarlles o leite a eles, e auga a os camelos déitase, pero seu pai advertiulle que os reis non entran nas casas dos nenos que non están durmidos. Martiño quedou durmido pero espertou con gañas de mexar.


Ratón de campo ratón de cidade
de Eva Mejuto.
Había unha vez un rato de campo que vivía no tronco dunha árbore; gozaba do aire limpo e as estrelas. Cada noite lía un libro de viaxes preguntándose qué habería máis alá.
Un rato de cidade vivía nun rincón dun sumidoiro, gozaba do ruído da xente e as luces de neón. Cada noite lía un libro de viaxes imaxinando que habería máis alá.


No Parque Infantil: Xoves 23 ás 18h (no caso de mal tempo na biblioteca Municipal) na que se fará a representación dos contos ELMER de David Makee e Rato moi Baixo e rato moi alto de Arnold Lobel

17/4/09

As Pontes vai recibir 200. 000 euros que tiña pendentes do Plan experimental de emprego

As Pontes vai recibir 200. 000 euros que tiña pendentes do Plan experimental de emprego, logo de ter recibido a mesma cantidade da Consellería de Traballo, en base a un compromiso dunha achega de 400.000 euros.
Esta nova partida completa a dotación destinada á formación á carta e recolocación de traballadores procedentes das empresas auxiliares que se viron privadas do traballo que viñan desenvolvendo na mina de Endesa co peche desta.
Actulamente está xa a pleno rendemento unha oficina que conta no seu plantel cun cordenador e dous técnicos de emprego, e que fai as veces de enlace entre os traballadores e as empresas do município.
Coa aportación desta nova axuda económica continuarase na liña de ofertar cursos de formación coa fin de introducir ós operarios en novos acmpos laborais.
Con esta confirmación da continuidade do Plan experimental de emprego pódese garantir xa a súa vixencia mesmo xa para o 2.010.
Ademais temos tamén que salientar hoxe que o Ministerio de Industria ven de incluir a As pontes entre as vilas beneficiarias das axudas a actuacións de reindustrializació nnas comarcas de ferrol, Eume e Ortegal.
O concello pontés farase así cunha achega de 94.000 euros a fondo perdido para a rehabilitación da casa de formación e ofícios e centro de educación ambiental .
Esta instalación, coñecida popularmente como o hexágono, e ubicada na Fraga, conta cun orzamento de 249.717 euros, e para fin de ano cóntase con tela habilitada para acoller a futura escola obradoiro que promove a concellería de promoción industrial pontesa.

O CIM da nosa localidade.celebrara o luns unha charla sobre os Bancos de Tempo.

Se vostedes dispoñen de tempo e están dispostos a realizar calquera actividade que poda servir de axuda a outros, ou están en situación de demandar calquera outro tipo de actividade que non podan realizar por si mesmos, interésalles a iniciativa dos Bancos de tempo.Para concretar cun exemplo, se sabes coser e podes ofrecer os servizos dun xeito gratuito durante una hora, pode haber un mecánico que che arranxe unha pequena avaría tamén de xeito gratuito.
Esta é a filosofía básica dos bancos de tempo, que o luns se presentan na nosa vila, cunha charla en Casa Dopeso, e na que usuarios actuais exporán as súas propias experiencias.
O obxectivo da xornada do luns é tan só o de dar a coñecer entre os veciños en que consisten os bancos de tempo, cales son a cotío as ofertas e demandas hai e que o podan coñecer dende un colectivo que xa desenvolve esta inciativa, de xeito que poderán compartir as experiencias dos propios usuarios e participantes sobre o seu desenvolvemento e viabilidade.
Os Bancos do tempo son unha rede de colaboura entre particulares, consistente no intercambio de servizos e/ou actividades entre os seus participantes que permitan así resolver problemas ou atender necesidades da vida cotiá dun xeito cooperativo, solidario, participativo e autoorganizado.
A unidade de troco nos bancos de tempo non é monetaria, senón o propio tempo que as persoas demandan e ofertan para a realización de determinadas tarefas. Un particular oferta (ou demanda) un determinado servizo á comunidade e a cambio percebe (ou presta) outro (ou o mesmo) servizo cunha duración temporal equivalente.
Todas as actividades que se intercambien teñen o mesmo valor, dependendo tan só do tempo que se tarde en facelas. Deste xeito, funcionan igual que a "banca convencional" pero cunha importante diferenza: coma o seu nome indica, o tempo é o capital, e a hora de unidade de valor; tódolos servizos teñen o mesmo valor, que é o tempo que se inviste en prestar o servizo.
O caso é que en épocas de crise, o enxeño se agudíza e a solidariedade xeralízase, polo que os bancos de tempo chegan á nosa localidade nun intre no que están en auxe, e hoxendía, ademais dos intercambios entre asociados, están xa a cordenar experiencias comúns.
A inciativa parte do CIM da nosa localidade.e celebrarase o luns ás sete da tarde no segundo andar da Casa Dopeso.

16/4/09

A Asociación de discapacitados activos, A xanela ten xa de novo ó dispor dos usuarios do transporte especial a súa furgoneta adaptada.

Logo de pouco máis dunha semana recuperan o veículo específico para os membros deste colectivo, e que se emprega tamén no servizo do Programa Anta.
De feito habitualmente está a contarse con 20 usuarios regulares da propia A Xanela ademais dos que participan do programa Anta
A Obra Social de Caixa Galicia custeou a dotación dunha plataforma mecanica de acceso, pois ata o de agora estaban a empregar unha manual.
A furgoneta, con capacidade para seis sillas de rodas, ou nove prazas sen elas, permite á Xanela ofrecer un transporte axeitado ás condicións limitadas de mobilidade dos seus usuarios.
Ademais aproveitouse para poñer un escalón máis, e máis baixo no acceso da porta
Tódalas persoas que teñan problemas de mobilidade, e precisen deste servizo, só teñen que solicitalo na propia asociación.

A Antena Local de As Pontes organiza para o vindeiro luns, día 20, na Casa Dopeso, un seminario “O pequeno comercio ante a crise"

A Antena Local de As Pontes, pertencente a Cámara de Comercio de Ferrol, organiza para o vindeiro luns, día 20, e ás oito do serán, na Casa Dopeso, un seminario sobre “O pequeno comercio ante a crise.
Os contidos desta acción formativa versarán sobre as accións a acometer para superar a situación actual.
A actividade será impartida por técnicos do Grupo OBZ cunha ampla experiencia neste campo.
Os asitentes ó seminario abordarán temas como o escenario e perspectivas da actual crise; os aspectos psicolóxicos das actitudes diante da crise, como facer unha análise e un diagnóstico, e cales os síntomas a valorar.
Á hora de coñecementos máis prácticos, ofrecerase un programa de xestión da crise, que contemple aspectos como a xestión, ou a tesourería,
Tamén como desenvolver accións comerciais, tipo fidelización de clientes, asociacionismo, comercio electrónico, ou accións innovadoras; e tampouco ha faltar a última información en col de axudas e subvencións ás que acollerse.
A asistencia é gratuita previa inscripción, polo que aqueles e aquelas que desexan participar na mesma deben cumplimentar canto antes a solicitude que se lles facilitará na Antena Local As Pontes. Para incribirse ou recabar máis información poden poñerse en contacto coa Antena local a traverso do teléfono 981 452 086 ou acudir ás oficinas Avda. de Ferrol s/n, As Pontes.

15/4/09

O Grumir de As Pontes ven de garantir a continuidade dos seus servizos en As Pontes ata fin deste ano.

O consello da Xunta deu luz verde a un convenio no que participan as Consellerías de Traballo, Presidencia, e Medio Rural, xunto coa FEGAMP para financiar a estructura estable deste Corpo de emerxencias.
A estructura renovable será financiada tamén a traverso dunha dotación da Consellería de Traballo.
Desta vez non se chegou á situación de incertidume de hai un ano, cando se temeu pola perda deste servizo en As Pontes.
Daquela o noso município tiiña tódalas papeletas para verse afectado polos plans de supresión das unidades dos Grupos municipais de intervención rápida, ó contar xa tamén cun parque de bombeiros.
Foi no 2.005 cando a Xunta acordou coa Federación Galega de Municípios de Províncias, a modificación deste servizo do Grumir, que se prevía redistribuir.
Logo, en xuño do ano pasado, aprobouse un novo convenio co que se financiaba o funcionamento de estructuras estables e profesionalizadas para os grupos de intervención rápida, entre os que se atopaba o pontés.
Este acordo tan só tiña vixencia ata xaneiro deste ano, pero agora ven de garantirse unha continuidade para todo o presente ano.
Dende o concello pontés confiabase nesta solución, pola que se estivo a traballar xunto con outros municipios afectados pola mesma situación, e mantívose o Grupo á espera de que se chegase ó acordo definitivo. Como este ten efectos retroactivos, dende o 1 de xaneiro, ó final a cobertura é realmente anual.
Este servizo de asistencia en intervención rápida conta con 15 membros na súa dotación, con tres capataces, un por quenda, e 12 peóns.

A ITV móbil volve a As Pontes. Será os días 24, 27, e 28 deste mes de abril.



A ubicación e os horarios sos os habituais. Diante da Estación de autobuses estarán o venres, luns, e martes
Para evitar que os conductores teñamos que desprazarnos da nosa localidade para pasar esta inspección obrigatoria dos nosos vehículos, ós 13 centros fixos súmanse as estacións móbiles.
A empresa S y C dispón de 6 estacións móbiles, destinadas á inspección tanto de veículos automóbiles, lixeiros e industriais, como de tractores agrícolas, que percorren toda a xeografía galega,
A vista da ITV á nosa localidade é para os veículos de uso privado adicados ó transporte de persoas, excluidas as motocicletas e ciclomotores, e con capacidade de ata 9 prazas, incluido o conductor.
Os coches ata os 4 anos están exentos desta obriga. De 4 a 10 anos, a revisión xa debe ser bienal. E para os veículos de máis de 10 anos, xa será anual
O teléfono para pedir cita, trámite imprescindible para ser atendidos, é o 881 92 09 77

O Pazo de congresos, en Santiago de Compostela acollerá entre o mércores e o venres a Conferencia Internacional de minaría sostible.

Á cita acudirán profesionais do sector de diversos países, como Estados Unidos, Canadá, Bolívia, Brasil, ou Gran Bretaña
Destas xornadas agárdase sair coa constitución dunha rede internacional para hacer esta actividad compatible co coidado do medio ambiente.
Asemade, as poñencias servirán para amosar os modelos de xestión mineira sostenible más avanzados, e presentar a avangarda da xestión empresarial mineira sostible
Servirá pois, de foro de encontro e intercambio de experiencias en distintos países e organismos, que serán postas en común nesta primeira edición da
Conferencia que se celebra na capital galega, e na que a experencia do futuro lago pontés será unha das grandes referencias.
Expertos de diferentes países, entre eles empresarios, enxeñeiros, xestores, grupos de investigación, educadores ambientais e representantes da administración confirmaron a súa asistencia ás xornadas, nas que se abrirá un foro sobre as experencias en materia de desenvolvemento sostible aplicado ás actividades extractivas.
Os profesionais presentarán e analisarán os modelos de xestión máis avantados para acadar o obxectivo dunha minaría sostible a traverso dun programa que constará de tres xornadas adicadas ás áreas de economía, medio ambiente, e sociedade.
Mañá ,mércores, a xornada estará adicada a Minería e sociedade.
Abrirase coa Inauguración da Conferencia, e seguirase logo cun Panel de minaría e comunidades, e con outro Panel de minaría e seguridade e salude.
O xoves adicarase a xornada á minaría e medio ambiente, con paneis adicados á minaría e ordenación do territorio, e á minaría e xestión ambiental, así como para dar paso á constitución da Rede Internacional de Minería Sostenible.
E para pechar, o venres a última xornada versará sobre minaría e economía, e minaría e innovación tecnolóxica. Tamén haberá un panel de minaría, inversións e empresas.
Podemos salientar que cada panel constará de comunicacións de expertos, foro de debate e comunicaciones libres.
Entre os poñenetes máis sobranceiros teremos a Ms. Julie Gelfand, vicepresidenta de Mining Association of Canadá; á británica Ms. Georgina Pearman, Post Mining Alliance-Eden Project; a D. José Antonio Botín, profesor de Division of Economics and Business de Colorado School of Mines, dos Estados Unidos, e ó Catedrático de Prospección de Minas na Escuela de Minas da UPM e cordenador da Rede DESIR, Ricardo Castroviejo.
Dende Bolivia virá tamén o responsable de negociación e manexo de conflictos mineiros en Cumbre de Sajama, Daniel Lafuente, que é ademais cordenador da Rede Respomin.
E exercendo papel de anfitrión, dende a organización, estará o director da central de As pontes, Francisco arechaga, no seu papel de presidente da cámara oficial mineira galega.
Paralelamante exporase no Mesmo Pazo de congresos a mostra de Cota 362, que xa tivemos en As pontes, e que recolle o traballo de cinco artistas plásticos galegos, que plasmaron o entorno minero pontés en 25 obras con técnicas e estilos diferenciados, deixando constancia das actividades que se desenvolveron no xacemento do noso município durante as últimas décadas, e que a fins do 2007 cesaron para deixar paso á fase de restauración do oco mineiro.

CARTELEIRA FIN DE SEMANA "A CIEGAS", "MAS ALLA DE LOS SUEÑOS"




14/4/09

BASES CONCURSO DE CARTEIS FESTAS DO CARME E A FRAGA 2009




PREME NA IMAXE PARA AUMENTAR

A asociación cultural Lembranza da Vila organiza unha Festa Infantil para o vindeiro domingo 19 de abril.

O programa Vellez Activa inicia a súa segunda edición coa participación de 120 ponteses e pontesas

• Este ano impartiranse oito talleres de adestramento da memoria e primeiros auxilios en seis colectivos veciñais do municipio

A segunda edición do programa de actividades para maiores Vellez Activa congregará, ao longo das vindeiras semanas, a un total de 120 veciños e veciñas de As Pontes que tomarán parte en catro cursos de adestramento da memoria e outros tantos talleres sobre primeiros auxilios.

A iniciativa, auspiciada polo goberno municipal a través do departamento de Servizos Sociais, daba comezo onte no barrio das Campeiras e na parroquia de Saa e desenvolverase nun total de seis colectivos veciñais, tanto do casco urbano coma do rural, ata finais do vindeiro mes de maio.

A través destes obradoiros, segundo aclaraban o pasado mes de febreiro dende o Concello, preténdese “ potenciar a autonomía persoal dos máis maiores, facéndoos sentir unha parte activa e necesaria da sociedade”, o que redundará nunha mellora da súa calidade de vida.

Por outra banda, estes cursos tamén teñen como fin ofrecer unha alternativa para que os máis maiores ocupen o seu tempo libre, ademáis do seu caráter socializador xa que, na primeira das súas edicións, este programa demostrou a súa eficacia para fomentar relacións sociais entre os participantes que, a día de hoxe, continúan a manterse xa que moitos son os veciños e veciñas que siguen reuníndose periodicamente para pasar o seu tempo libre.


Contidos

Nesta segunda edición repite o obradoiro de adestramento da memoria, unha iniciativa xa se poñía en marcha en 2008 con gran éxito.

Nestas clases os asistentes poderán realizar diferentes exercizos de cálculo, lectura e escritura que permitirán previr o deterioro mental dos participantes e detectar calquer tipo de problema cognitivo.

A través de xogos e distintas actividades estimularase a memoria auditiva, olfativa e visual, ademáis da comprensión de textos ou o uso das moedas.

No tocante ao obradoiro sobre primeiros auxilios realizaranse exercizos para estabilizar a mirada, o equilibrio ou a coordinación, ademáis de ofrecer consellos para evitar as tan típicas e perigosas caídas.

Por outra banda, tamén se lles ensinará aos alumnos e alumnas diferentes exercizos físicos para manterse en forma e traballar músculos e articulacións, sen esquencer as directrices básicas sobre primeiros auxilios ou sobre as enfermidades máis comúns entre a poboación maior coma a hipertensión ou a diabete.

13/4/09

O Concello de As Pontes será o encargado de organizar o Congreso Anual de Asociacións de Viuvas

• O sábado 400 viuvas procedentes de colectivos de toda Galicia participarán neste encontro que terá lugar no auditorio Alovi


O concello de As Pontes será sede, o vindeiro día 18, do XXXVI Congreso Rexional de Asociacións de Viuvas, unha cita que se celebrará no auditorio municipal Alovi e para a que está prevista a participación dunhas 400 persoas pertencentes aos 14 colectivos de viuvas esparexidos por toda Galicia.

As Pontes tomará así o relevo á cidade de Ourense que, en 2008, acollía esta xuntanza anual e que, nesta ocasión, terá como lema “A muller nace ou faise”.

Segundo anunciaron dende o departamento de Servizos Sociais, ao longo desta xornada será posible que os asistentes participen en diferentes coloquios nos que se tratarán temas coma o papel da viuva no mundo laboral ou a igualdade real entre homes e mulleres.

Coa celebración no municipio desta xuntanza rexional, As Pontes convertirase no referente, por un día para o colectivo de viuvas galegas, un amplo grupo social que vivirá, tal e como explicou o edil José Alén, unha xornada de reflexión e debate sobre a situación que atravesa este colectivo ao que é preciso sumar a convivencia e irmanamento, por unhas horas de mulleres na mesma situación.

Así as cousas, o programa, elaborado polo Centro de Información á Muller (CIM) coa colaboura do Colectivo de Viuvas María Magdalena, incluirá dúas poñencias ademáis dunha eucaristía e un xantar de convivencia e será posible contar coa presenza da concelleira de Muller da cidade de Ferrol, Beatriz Sestayo, e da presidenta da Federación Galega de Viuvas, Aurora Carro; que, xunto co edil de Servizos Sociais, José Alén; a presidenta da asociación pontesa de viuvas María Magdalena, Manoli Tembrás, e a deputada provincial Montserrat García tomarán parte no acto de apertura, programado para as 10.45 horas.


A rolda de conferencias abrirase ás 11.30 horas da man da directora do CIM de As Pontes, MªCarmen Rego, e da súa poñencia “Mulleres vivas, unha perspectiva profesional e persoal”. Xa ás 12.00 horas a técnica en igualdade Patricia Pena tomará o relevo coa súa charla “Coeducando traballamos en igualdade”.

A clausura do acto, prevista para ás 12.30 horas, correrá da man do alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, posteriormente celebrarase na Igrexa da Nosa Señora da Luz unha celebración litúrxica que estará conducida polo vicario xeral da Diócese Mondoñedo – Ferrol, Antonio Rodríguez Basanta, e na que intervirá a Rondalla Vila de As Pontes.

O programa continuará cun xantar de convivencia, ás 14.00 horas. Xa pola tarde, ás 17.00 horas, as presidentas de tódolos colectivos participantes celebrarán unha xuntanza para elaborar as correspondentes conclusións extraídas desta cita.

12/4/09

Os beneficios da lactancia materna protagonizarán unha charla informativa na Escola Infantil A Barosa

• A iniciativa, auspiciada por Servizos Sociais, completarase cunha exposición fotográfica sobre a mesma temática


O Concello de As Pontes, a través do departamento de Servizos Sociais e do gabinete psicopedagóxico municipal, ten previsto organizar para o vindeiro día 16 unha charla informativa que terá como tema central a lactancia materna.

Varios dos membros do colectivo naronés de apoio á lactancia materna BBTTA serán os responsables de orientar, informar e solventar as dúbidas das futuras nais e das que xa o son sobre a importancia da lactancia materna para o crecemento dos nenos, ademáis dos beneficios da mesma para a propia proxenitora.

Con respecto a esta iniciativa, o edil de Servizos Sociais, José Alén, informou de que esta actividade, que se desenvolverá na Escola Infantil A Barosa ás 18.00 horas, está aberta a todas aquelas veciñas que desexen asistir polo que convidou a nais e futuras nais a tomar parte na mesa para aclarar as súas posibles dúbidas con respecto a este tipo de alimentación.

Xa polo miúdo, o concelleiro explicou que o leite materno é o mellor alimento que unha nai pode ofrecer ao seu bebé porque axuda a fortalecer as súas defensas diante de enfermidades coma a bronquite, catarros ou neumonía ou de doenzas futuras coma as alerxias, a diabete ou a colite ulcerosa, favorecendo, asemade, o desenvolvemento intelectual do pequeno.

Ao mesmo tempo, José Alén lembrou o reforzo do vínculo afectivo entre nai e fillo que se xera a través deste tipo de alimentación, ao que se suma, segundo subliñou o edil, a maior velocidade da nai á hora de perder o peso acumulado durante o embarazo e a reducción do risco de padecer hipertensión ou anemia.


Exposición fotográfica

Ademáis desta charla, as dependencias da Escola Infantil A Barosa tamén albergarán unha exposición que se abrirá ao público o mesmo día 16 en horario de 10.30 a 12.00 horas, ao longo dunha semana, e que está integrada por un total de 38 instantáneas de varias das colaboradoras da asociación BBTTA.
A mostra, que leva por título “Ti podes darlle o mellor de ti” pertence ao fondo do propio colectivo naronés e ten como principal obxectivo dar conta da línea a seguir para lograr unha lactación exitosa, ademáis de dar resposta a calquer tipo de dúbida coa que conten aquelas mulleres que desexen realizar este proceso.

A II Mostra Local de Teatro continuará tralas vacacións con dúas novas montaxes teatrais

• Bancagare e A Lenda do pirata serán as produccións das que será posible desfrutar no Lar de Endesa os días 18 e 25 de abril



O Concello de As Pontes está a colaborar un ano máis, e xa van dous, co teatro afeccionado a través da que é a II edición da Mostra Local de Teatro, iniciativa que se poñía en marcha en 2008 co respaldo da Asociación Cultural e Deportiva Grupo de Empresa Endesa.

Tres compañías da zona toman parte nesta convocatoria que se desenvolverá ao longo deste mes de abril e que, a pasada semana, inauguraba a formación local Quemaisten Teatro que, baixo a dirección de Xosé Bonome, interpretou no Lar de Endesa a súa montaxe máis recente: Traballos e Imaxinación, de José Luis Prieto e Gustavo Pernas.

Trala Semana Santa retomarase este certame coa compañía Badius que se achegará ata As Pontes o vindeiro día 18.

A formación de Zas, que este ano cumpre o seu 25 aniversario, sairá ao escenario ás 20.00 horas para representar un texto que leva por título Bancagare: Sucursal Nº13, unha crítica baseada no humor que se estreaba en 2008 protagonizada por simples empregados de banca que, despois da xubilación do seu director, deciden poñerse mans á obra para que a sucursal lles devolva todo o que lles leva sacado en tantos anos para o que deciden urdir un plan para atracar o banco no que levan tanto tempo traballando.

Inspirada na longametraxe Atraco a las Tres, Bancagare é unha historia para todo tipo de públicos dirixida por Alberte Vilar e creada polos propios membros da compañía de Baio.

Pechará este ciclo a compañía Carpe Diem, de Cedeira, cunha obra dirixida ao público infantil A lenda do pirata, unha historia escrita e dirixida por Fusa Guillén a través da que se pretende formentar o hábito da lectura entre os máis pequenos.




Nesta entretida montaxe será posible descubrir a Xana, unha rapaza apaixoada polos libros de aventuras que decide facer caso a unha antiga lenda na que repetir a mesma palabra tres veces provoca estranos acontecementos, polo que opta por invocar ao pirata Negra Sombra, protagonista das historias que con tanta ansia devora.

Esta situación transporta a Xana a unha illa lonxana de onde debe rescatar a unha rapaza de nome Elisa e recuperar o tesouro agochado por Negra Sombra ao longo de anos de piratería.

O 25 de abril a partires das 20.00 horas e repetindo como escenario o Lar de Endesa será posible coñecer o desenlace desta apaixoante aventura que trae a escena este grupo procedente da Asociación Cultural Garola e que xa conta cunha versión en papel, publicada a través da colección que está a editar este mesmo colectivo que leva por título A biblioteca ambulante de Garola.

O Pleno Municipal aproba unha partida de case 200.000 euros co fin de impulsar a Lei de Dependencia

• A medida permitirá duplicar, segundo o goberno municipal, o número de beneficiarios do servizo de axuda a dependentes


O goberno municipal logrou hoxe o apoio unánime de toda a corporación para poñer en marcha unha nova medida de estímulo económico que irá destinada dirixirá ao servizo de axuda a persoas dependentes. Así as cousas, esta mañá, en sesión extraordinaria, goberno e oposición daban luz verde ao expedente de crédito extraordinario 1/2009, a través do que se destinará unha contía de 160.000 euros ao departamento de Servizos Sociais que ten como principal obxectivo duplicar, denantes de que remate o ano, o número de beneficiarios incluídos no servizo de atención a persoas dependentes e que, actualmente, alcanza os 14 asistidos.

Na súa intervención, o edil de Xestión Orzamentaria aclarou que a intención do goberno municipal é impulsar a aplicación da Lei de Dependencia xa que, as arcas municipais sufragrarán esta partida que, nuns meses, será reembolsada, na súa práctica totalidade, polas pertinentes administracións a través das axudas creadas para o correcto desenvolvemento da Lei de Dependencia.

Antonio Alonso subliñou que esta medida é totalmente compatible coa situación económica actual do concello que calificou moi positiva. Xa a pasada semana o edil deu conta da mesma, anunciando que trala liquidación dos orzamentos correspondentes ao exercizo de 2008 as contas municipais deixaron un remanente de algo máis de 762.000 euros.

Ao mesmo tempo, o concelleiro recalcou que esta iniciativa servirá ademáis para xerar emprego xa que a intención do goberno municipal pasa por contar con profesionais do municipio para atender ás persoas que pasarán a formar parte deste programa.

Finalmente, o pleno ratificou o decreto 162/2009 de subvención, un requisito esixido pola Deputación da Coruña para que o concello de As Pontes conte cunha achega de 50.945 euros, que se destinarán ás obras de remodelación do parque infantil municipal, proxecto ornamentado en 59.936 euros.

7/4/09

O vindeiro mes de maio As Pontes celebrará a segunda edición da festa solidaria Bahra Party

• O día 16 o pavillón de Monte Caxado albergará esta festa que busca redacar fondos para o proxecto New Light, en Calcuta

As Pontes volverá acoller, o vindeiro 16 de maio, unha nova edición, a segunda xa, da festa solidaria Bahra Party.

O anuncio foi realizado hoxe polo goberno municipal, a través do departamento de Servizos Sociais que, unha vez máis, colabora con esta iniciativa solidaria auspiciada pola organización non gubernamental Mundo Cooperante que, xa o pasado ano, se encargaba de achegar ata o municipio pontés esta forma tan divertida de colaborar e ser solidario.

Malia que aínda é preciso pulir detalles, dende a propia dirección de Mundo Cooperante xa adiantaron algúns dos contidos desta cita solidaria e que, un ano máis, destinará toda a súa recadación ao proxecto New Light que esta organización ten na India e, mediante o cal, se ofrece educación e un fogar aos fillos e fillas das prostitutas do Barrio Rojo de Kalighat, en Calcuta.

Así as cousas, o vindeiro 16 de maio repetirán os hinchables, os obradoiros de maquillaxe, pintura de dedos, arxila e globoflexia. Asemade, tamén será posible participar en talleres de chapas, manualidades con noces ou incluso nun espazo de perruquería onde será posible facerse unhas bonitas trenzas.

Outra das novidades será a participación dos pais e nais xa que para eles estase a preparar unha xincana na que deberán competir cos seus pequenos e pequenas en diferentes probas ao que hai que sumar unha función de monicreques, na que os propios voluntarios serán os encargados de divertir ao público coas súas interpretacións.

O cantautor Hugo Torreiro repetirá visita a As Pontes tamén nesa data e para completar o cartel de actividades o día 16 está previsto que se organice un mercadiño de libros e discos e unha merenda solidaria.

Finalmente, outra das novidades será o cambio de escenario xa que o patio do colexio Santa María dará o relevo ao pavillón polideportivo do colexio Monte Caxado, lugar escollido este ano para albergar este evento.

Malia que en vindeiras datas se presentará oficialmente esta festa, xunto co cartel anunciador que mañá será elaborado polos rapaces e rapazas voluntarios que estes días están a colaborar coa organización desta cita, dende o goberno municipal animaron a tódolos veciños e veciñas, de tódalas idades, a tomar parte nesta festa para botar unha man ao mesmo tempo que pasan unha tarde do máis entretida.

Servizos Sociais mantén aberto ata o 25 de abril o prazo para participar na novena edición de Vacacións en Paz

• Sete nenos e nenas procedentes do campo de refuxiados de Tinduf, no Sahara, viaxarán ata As Pontes este verán a través deste programa

O Concello de As Pontes, a través do departamento de Servizos Sociais, participará un ano máis, e xa van nove, no programa solidario Vacacións en Paz, auspiciado pola Asociación Galega do Pobo Saharaui. Nesta ocasión, ata As Pontes se desprazarán un total de sete pequenos e pequenas procedentes dos campamentos de refuxiados de Tinduf (Arxelia) que, ao longo de dous meses, serán uns veciños máis de As Pontes.

Ata o vindeiro día 25 será posible que as familias pontesas que así o desexen tomen parte nesta iniciativa e, con tal fin, o edil de Servizos Sociais pediu a colaboura dos veciños e veciñas do municipio para acoller a estes pequenos ao longo dos meses de xullo e agosto.

José Alén apelou á sensiblidade e solidaridade veciñal para dar un fogar a estes sete nenos e nenas que, un ano máis, participarán neste programa que lles permite por unhas semanas deixar a un lado o seu día a día no deserto, un clima político inestable e unha rutina con poucos recursos básicos.

O concelleiro subliñou a importancia deste programa de cooperación que permite ofrecer a estes pequenos e pequenas atención sanitaria, unha infancia real á marxe dos conflitos armados e da inestabilidade política e a posibilidade de coñecer unha cultura e sociedade totalmente opostas ás árabes.

Neste senso, José Alén recalcou que esta acollida de verán non implica ningún outro tipo de responsabilidade co pequeno máis que atedelo coma un membro máis da familia ao longo deste período.

Os interesados en anotarse ou ben en obter máis información poden achegarse ata o departamento de Servizos Sociais, ubicado no segundo andar da Casa Dopeso, ou ben telefonar ao 981 44 10 08, entre as 8.00 e 15.00 horas.

5/4/09

PROGRAMA CULTURAL ABRIL

O Concello adxudica os primeiros proxectos que se acometerán a través do Fondo Estatal de Inversión Local

• As once obras, nas que se investirán dous millóns de euros, serán acometidas por tres empresas do municipio

O goberno municipal adxudicou hoxe once das obras que se realizarán con cargo ao Fondo Estatal de Inversión Local e que deixou en As Pontes unhas axudas por valor de 2.040.852 euros, coas que se pretende impulsar o emprego na zona.

Segundo anunciaron dende o equipo de goberno, o seu principal desexo é que estes traballos, nos que se investirán finalmente 2.011.652,49 euros, den comezo o antes posible.

Tres empresas locais faranse cargo dos diferentes traballos adxudicados nas últimas horas. Así as cousas, Cuíña S.A. realizará os traballos de aglomerado de varias rúas do casco urbano ( Cabo Pastor, Narón, Presa de Alende…) por 215.751,88 euros; construirá o paseo que unirá a Avenida de Galicia coa central de Ciclo Combinado por un total de 220.096,08 euros; encargarase da reposición de pavimentos e do sistema de abastecemento en varias zonas do casco urbano (Cal da Avelaíña, Canle IV…) adxudicado por 201.573,20 euros e, finalmente, tamén asumirá o asfaltado de varias pistas da zona rural (Turrillón – O Busto, Vilariño…) por 45.265,67 euros.

Sanmartín S.A. executará un total de catro proxectos, encabezados polo aglomerado de varias rúas tanto da zona urbana coma do rural (Marraxón, rúa Vicente Risco, rúa Vincallo…) adxudicado por 203.229,06 euros e a mellora do pavimentado da praza da Capela do Carme e da rúa Portorroibo, traballos licitados en 215.974,88.

Esta mesma empresa pontesa farase cargo tamén das obras de mellora do sistema de abastecemento e de pavimentación de varias rúas do municipio por 196.196,55 euros, e de varias actuacións no sistema de abastecemento e saneamento da rede municipal, adxudicados por 160.153,89 euros.

Canosa S.L asumirá os traballos de acondicionamento dos colexios Monte Caxado, A Magdalena e A Fraga, e que contarán cunha inversión de 206.485, 48 euros, e tamén da remodelación estética do colexio Santa María, proxecto adxudicado por 165.511,82 euros. Completan este paquete de obras a instalación dun novo parque infantil e outro biosaudable dirixido á terceira idade, que tamén acometerá Canosa S.L por un total de 181.413,98 euros.


Outros proxectos

Sen abandoar o capítulo de obras, o Concello ven de anunciar o inicio en vindeiras datas dos traballos de aglomerado da explanada de acceso ao encoro da Ribeira, operación que acometerá a empresa Endesa, xa que este espazo está baixo a titularidade da firma eléctrica.

O goberno municipal da así resposta ás demandas realizadas polo Grupo Xuvenil de Piragüismo que solicitou o arranxo deste acceso e que, tralas xestións con Endesa desenvolvidas polo Concello, será realizado pola firma Endesa Hidraulicas.

2/4/09

O Concello en pleno ofreceu o seu apoio e axudas aos empregados da firma LM Composites Galicia

• Na segunda sesión da xornada recibía luz verde a adhesión de As Pontes ao Consorcio Ferrol – Eume - Ortegal


A corporación municipal manifestou hoxe, nunha sesión plenaria de carácter extraordinario, o seu apoio unánime aos empregados da firma LM Composites Galicia, diante do complicado futuro laboral que se lles presenta.

O alcalde, Valentín González Formoso, en presenza dos traballadores e traballadoras da fábrica pontesa de LM Composites deu lectura á declaración institucional que contou coa sinatura e compromiso das tres formacións políticas con representación na cámara pontesa. Neste documento, recóllese o respaldo do Concello aos empregados da pranta pontesa en tódalas accións que garantan a defensa dos seus postos de taballo. Asemade, a corporación local pon a desposición deste grupo de traballadores tódolos instrumentos necesarios para garantir a viabilidade e futuro da firma en As Pontes.

Pola súa banda, o presidente do Comité de Empresa, Emilio Agra, agradeceu o respaldo ofrecido pola corporación municipal e solicitou a súa mediación para lograr a convocatoria urxente dun encontro coa Consellería de Industria para tratar este tema.

Pleno ordinario

No tocante á sesión ordinaria que daba comezo minutos despois, dábase conta da liquidación do orzamento de 2008 que resultou positiva dando lugar a un remanente nas arcas municipais de algo máis de 762.000 euros. O edil de Xestión Orzamentaria, Antonio Alonso, foi o encargado de dar conta destas cifras e do que calificou coma unha xestión “realista e prudente” xa que, tal e como subliñou o concelleiro, “é bo ter sempre unha marxe de maniobra xa que a situación podería ir a peor”.

Ao longo da sesión, recibía luz verde a petición ao Estado da cesión ao concello dunha parcela de carácter rústico ubicada na parroquia de Bermui e que, hoxe en día, está a ser utilizada pola veciñanza da zona coma pista polideportiva.

Tamén contou co beneplácito de tódolos concelleiros presentes a adhesión de As Pontes ao Consorcio Eume – Ferrol – Ortegal que ten como fin poñer en marcha diferentes iniciativas para a dinamización e o fomento do turismo nestas tres comarcas. A través deste acordo, a voceira do grupo de goberno Montserrat García foi designada como representante do concello pontés neste novo órgano.

Por outra banda, tamén se acordou a cesión dunha parcela ubicada no polígono dos Airíos á firma Desguaces Vilavella xa que o seu anterior propietario denegou a posibilidade de levantar un proxecto empresarial na zona. Este acordo, tal e como subliñou na sesión o edil de Promoción Industrial, Óscar García, inclue a obriga por parte do novo propietario de empregar a lo menos a tres persoas en risco de exclusión social, tal e como recollía o acordo asinado co anterior propietario.

Mocións

No capítulo adicado ás mocións, dúas propostas do BNG foron sometidas a debate con diferente resultado.

No tocante ao primeiro texto, os nacionalistas demandaron a creación dunha comisión que se reunise semanalmente, integrada polos tres grupos políticos municipais e o técnico do Concello, e que tivese como obxectivo analizar e avaliar a creación de emprego a través das diferentes obras incluidas no Fondo Estatal de Inversión Local.

Partido Socialista e Partido Popular coincidiron en calificar de innecesaria esta medida ao estar recollido no Real Decreto de solicitude destes fondos a obriga de presentar unha completa e exhaustiva explicación de cada proxecto e dos postos de traballo creados en cada obra, ademáis dunha análise final de tódalas iniciativas acometidas.

Mellor resultado acadaba a segunda proposta do BNG para crear unha comisión especial que permita poñer en valor o patrimonio histórico pontés, que debería entrar en funcionamento denantes de tres meses, e que estaría integrada por representantes políticos, expertos e veciños.

Neste senso, de novo Partido Popular e PSOE coincidían calificando a medida como moi positiva aínda que facendo fincapé neste “repentino interese” dos nacionalistas polo patrimonio pontés que, ao longo de anteriores lexislaturas, non se puxo de manifesto.

I Concurso relatos curtos Pegadas



Medio cento de tiradores participarán no Campionato Provincial de I.P.S.C que terá lugar o vindeiro sábado

• As instalacións da Pena da Revolta serán a sede desta cita deportiva que se prolongará ao longo de toda a xornada


O campo de tiro pontés da Pena da Revolta acollerá este sábado o Campionato Provincial de I.P.S.C. no que participarán un total de 40 inscritos procedentes de toda a provincia, en categoría tanto individual como por equipos.

A Sociedade Deportiva Pena da Revolta é a encargada de poñer en marcha esta cita que dará comezo ás 9.00, prolongándose ata as 18.00 horas, e que contará cun total de cinco exercizos a desenvolver dacordo co regulamento internacional do I.P.S.C.

Entre os diferentes exercizos a desenvolver, os participantes deberán afrontar probas tanto en carreira coma dende un punto fixo, nas que tamén se incluen a montaxe da pistola a empregar ou o abatemento de obxectivos tanto fixos coma en movemento.

A proba será de libre acceso a todos aqueles veciños e veciñas que desexen achegarse ata o campo de tiro Pena da Revolta para desfrutar desta competición.

1/4/09

Valkiria e Wall-e abren a carteleira de Abril





ENDESA ABRIRÁ A SÚA CENTRAL TÉRMICA DAS PONTES PARA QUE O PÚBLICO POIDA COÑECER A INSTALACIÓN

• O vindeiro 23 de maio se celebrará unha xornada de portas abertas na que diversos directivos da compañía farán de guías dos visitantes.


A central térmica das Pontes celebrará unha xornada de portas abertas o vindeiro 23 de maio, sábado. Con esta iniciativa preténdese que “o noso contorno social coñeza de preto as instalacións, o traballo que realizamos nelas e a aportación da nosa actividade ao desenvolvemento da zona”, segundo explicou Luís Fernández Sabugal, director da Unidade de Produción Térmica de Endesa nas Pontes.

Aínda que construída na década dos 70, a central foi obxecto dunha fonda transformación, de maneira que agora consume soo hulla subituminosa importada, operación na que Endesa investiu 275 millóns de euros. Grazas a iso, as emisións de CO2 á atmosfera se reduciron nun 17% e a vida da instalación se alongou outros vintecinco anos.

É a primeira vez que a central pontesa se abre ao público xeral. Non obstante, a compañía recibe cada curso a varios milleiros de estudantes de distintos niveis a través do programa Endesa Educa. Tamén son visitantes asiduos certos colectivos profesionais.

Para participar na xornada de portas abertas, o público haberá de inscribirse a través dos teléfonos 981 575 244 e 981 575 249, ou ben por medio do correo electrónico cfocurso1@endesa.es. A visita consistirá nun recorrido de aproximadamente noventa minutos, que se realizará en grupos que serán guiados por directivos de Endesa nas Pontes.