31/3/09

CLASIFICACIÓN X CAMPEONATO VELA VILA DE AS PONTES

clasificacion vela

AS PONTES ACADA 170.000 EUROS GRACIAS AO FONDO ESPECIAL DE FINANCIACIÓN DO ESTADO

O Ministerio de Administracións Públicas ven de adxudicar unha partida de 168.471 euros ao noso municipio a través do Fondo Especial de Financiación a favor dos municipios cunha poboación menor aos 20.000 habitantes.

A iniciativa, incluída na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para este ano, suporá unha inversión total de case 60 millóns de euros dos que 2,3 millóns terán como destino a comunidade galega.

A medida, que afectará a un total de 3.069 concellos de todo o país, pretende servir como compensación para os consistorios que conten cun coeficiente fiscal medio, segundo os datos da última liquidación definitiva praticada, reforzando así a capacidade financiera daqueles municipios máis pequenos.

Así as cousas, dos 45 concellos galegos beneficiados por estas subvencións, As Pontes ocupa o segundo posto no reparto de axudas, superado tan só polo municipio pontevedrés de Nigrán que contará cunha inversión estatal de case 193.000 euros

Por provincias, A Coruña contará cunha inversión total de 830.000 euros a repartir entre 16 concellos; 10 municipios da provincia de Lugo recibirán unha inxección económica de algo máis de 510.000 euros; 8 consistorios pontevedreses contarán cun colchón de algo máis de 590.000 euros e, finalmente, 11 concellos da provincia de Ourense percibirán case 400.000 euros gracias a esta medida.

24/3/09

O pontes César Candelas premiado no 3º premio "Diario Cultural" de teatro radiofonico

O xurado do Terceiro Premio “Diario Cultural” de Teatro Radiofónico decidiu por maioría, e despois dun longo debate, outorgarlle o galardón desta edición á obra “Peter Buckley”, escrita por Rubén Ruibal e o pontes César Candelas Colodrón. O Premio da audiencia foi tamén para “Peter Buckley”. Quedaron finalistas as obras “Servizo de información” de Paula Carballeira e “O xou mas gou on” de Eva Freixeira. As tres obras finalistas “Peter Buckley”, “Servizo de información” e “O xou mas gou on” publicaranse nun libro-cd editado por Xerais. A presentación deste libro e a entrega do premio terá lugar o vindeiro 15 de abril no transcurso dunha Gala no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

RESULTAOS XIX CARREIRA SAN XOSÉ

XIX CARREIRA SAN XOSÉ

23/3/09

CARREIRA SAN XOSE

O Concello organiza uns talleres lúdico - educativos en Semana Santa para conciliar vida laboral e familiar

• Este luns abrirase o prazo de inscrición nestes talleres que terán a evolución histórica de As Pontes como tema central

O Concello de As Pontes, a través do departamento de Servizos Sociais e do Centro de Información á Muller (CIM), está a preparar unha serie de obradoiros lúdico- educativos para as vindeiras vacacións de Semana Santa, co fin de ofrecer unha alternativa aos pais e nais que, durante estes días, deben continuar coa súa actividade laboral e social.

Esta é a primeira vez que se poñen en marcha estes talleres en Semana Santa, unha medida que o edil de Servizos Sociais, José Alén, calificou coma necesaria para dar unha solución, sobre todo ás mulleres, para conciliar vida laboral e familiar neste período vacacional xa que, tal e como explicou o concelleiro, este tipo de actividades tan só se desenvolvían no verán ou no Nadal e, dende o goberno municipal, acordouse extender estes talleres tamén a estas datas.

Neste senso, José Alén fixo fincapé na necesidade de ofrecer aos pequenos e pequenas unha alternativa que lles permita desfrutar do seus días libres, ao mesmo tempo que adquiren novos coñecementos, se estimula a súa aprendizaxe e se fomentan valores coma a igualdade, a participación, a creación ou a convivencia.

Outra das novidades serán os contidos destes obradoiros que se desenvolverán os días 6, 7, 8 e 13 de abril no pavillón polideportivo municipal. A historia de As Pontes e a súa evolución ata os nosos días serán as bases dos xogos, deportes e propostas das que desfrutarán os pequenos e pequenas e que permitirán transmitir o interese pola historia aos máis novos.

O prazo de inscrición para tomar parte nestes talleres abrirase o vindeiro luns ata alcanzar un máximo de 50 participantes que se dividirán en dous tramos de idade: de 3 a 7 anos e un segundo de 8 a 12 anos que tomarán parte en diferentes actividades en horario de 09.00 a 14.00 horas.

O prezo por usuario é de 10 euros por neno, aínda que as familias numerosas contarán cun desconto do 50% na súa inscrición.

Ata o 2 de abril será necesario que as persoas interesadas en anotar aos seus fillos e fillas se acheguen ao Rexistro Xeral do Concello, ubicado na pranta baixa da Casa Consistorial, cumprimenten o folleto de inscrición e entreguen a documentación esixida da que tamén se lles informará debidamente neste departamento municipal.


Programación dos obradoiros

Ao longo de catro días, os participantes nestes talleres poderán coñecer máis polo miúdo as diferentes etapas históricas polas que pasou As Pontes dende os primeiros pobladores ata o Medievo, pasando polos castrexos e o período de romanización.

Así as cousas, cada xornada dará comeza co “Bos Días!”, un espazo no que se proporán diferentes xogos para que os pequenos e pequenas se relacionen entre sí sempre relacionados coa época histórica que se tratará cada día.

Posteriormente, pasarase ao “Re-construíndo”, unha serie de manualidades e traballos de expresión artística e corporal.

Tras un pequeno descanso para desfrutar da merenda de media mañá, dará comezo a última das actividades de cada día “Un salto no tempo” na que os xogos e o deporte serán os protagonistas pero sempre incluido a historia pontesa entre os seus contidos.

19/3/09

O concello prepara un blog adicado ás mulleres pontesas coa participación das veciñas pontesas

• Esta semana abríase unha mostra literaria con obras de Rosalía de Castro, Medos Romero ou Jane Austen


O programa As Pontes en Feminino continua estes días pontés a través de diferentes iniciativas enfocadas a un amplo espectro social que abarca tódalas idades.

Así as cousas, ao longo destas últimas xornadas o Centro de Información á Muller (CIM) está a manter diferentes encontros con varios colectivos de mulleres afincados en As Pontes co fin de crear o primeiro blog onde as mulleres pontesas son as protagonistas exclusivas coas súas opinións, actividades ou inquedanzas que quedarán reflectidas no mesmo.

Aínda que haberá que agardar ata principios de abril para poder ver publicada na rede esta iniciativa, xa se coñecen algúns dos contidos que incluirá este espazo e que levará por título “Mulleres pontesas na rede”.

Precisamente, a pasada semana desenvolvéronse diferentes reunións co colectivo de viuvas pontesas e das Amas de Casa nas que se puido pulsar a súa opinión sobre o concepto de igualdade home – muller, o tratamento da muller na publicidade e o papel xogado pola cultura para continuar a defender o concepto, xeración tras xeración, de que os homes son superiores ás mulleres.

Ademáis destas opinións verquidas polas propias protagonistas deste blog, está previsto que este espazo inclua as diferentes actividades que desenvolven os colectivos femininos do municipio polo que se tratará dunha páxina que actualizará os seus contidos semanalmente.

Por outra banda, está previsto que este blog conte cunha sección de opinión na que se analizarán diferentes artigos nos que se aborde o tema da muller e o seu papel na sociedade, ademáis dun espazo de entrevistas nas que as protagonistas serán varias mulleres representativas dos diferentes ámbitos sociais.





Exposición literaria

Ademáis da creación deste blog, ao longo da vindeira semana será posible participar noutra das actividades propostas dende o departamento de Servizos Sociais, coa colaboura do CIM: a exposición Semana en Feminino.

Esta mostra está composta por diferentes obras tanto do campo da poesía coma da narrativa de escritoras da talla de Rosalía de Castro, Jane Austen, Ana Romaní, Teresa Moure, Teresa D`outreligne, Berta Dávila, Cristal Méndez Queizán e a poetisa pontesa Medos Romero.

Os que se pasen pola biblioteca municipal dende esta mesma semana poderán levar para os seus fogares obras coma Follas Novas, Sentido y Sensibilidad, Las Campanas de Santiago ou Herba Moura, ademáis de visitar este recuncho adicado á creación literaria en feminino e que estará aberto ao público en horario de 11.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00.



Obradoiro de Wing Tsun

Finalmente, ata mañá será posible anotarse no curso intensivo de Wing Tsun que se desenvolverá o vindeiro sábado e o día 28 no ximnasio do colexio da Magdalena.

Este taller, dirixido exclusivamente ao público feminino, dará comezo ás 16.30 horas, e ten como fin ofrecer ás veciñas do concello algúnhas liñas básicas deste arte marcial para que as mulleres aprendan a actuar ante unha situación de perigo ou un ataque.

Para anotarse nesta actividade tan só é preciso achegarse ata o Centro de Información á Muller, ubicado no segundo andar da Casa Dopeso ou ben telefonar ao 981 44 10 08. O taller é totalmente gratuíto.

17/3/09

CHE "el argentino" e o máxico mundo das winx na carteleira desta fin de semana




O Concello de As Pontes organiza un obradoiro de mecánica básica para os usuarios de bicicletas


• O curso, que se celebrará o vindeiro día 28, estará impartido polo mecánico de equipos galegos de elite Felipe Sánchez


O concello de As Pontes ten previsto desenvolver, a finais de mes, un taller adicado á reparación de bicicletas co fin de que os xiareiros deste medio de transporte conten cunhas nocións básicas de mecánica para o arranxo do seu vehículo. E é que a intención do goberno municipal é fomentar, na medida do posible, a autonomía dos usuarios deste medio de transporte á hora de afrontar problemas mecánicos coma un picazo nunha roda ou que a cadea se desenganche da catalina.

Así as cousas, este taller gratuito, que se impartirá o vindeiro día 28 na sala de exposicións do Mercado Vello, estará dirixido polo mecánico de equipos galegos de ciclismo de elite Felipe Sánchez e dará comezo ás 17.00 horas.

Ao longo de catro horas os asistentes mesturarán teórica e práctica e recibirán unha guía de consellos para aplicar o aprendido nos seus fogares e así amañar as súas propias bicicletas.

Entre os temas a tratar neste obradoiro, os participantes aprenderán a regular os freos e o sistema de cambios, a centrar unha roda, amañar un picazo ou os pasos a seguir para engraxar e lubricar unha bicicleta.

Inscrición

Para participar neste obradoiro, aberto para toda a veciñanza independentemente da súa idade, é necesario anotarse ata o 27 de marzo nas oficinas do departamento de Deportes, ubicadas no pavillón polideportivo municipal.

Asemade, os interesados en inscribirse poderán telefonar ao 981 45 26 02 ou ben enviar un correo electrónico con tódolos seus datos ao enderezo deportes@aspontes.org

16/3/09

Servizos Sociais abre o prazo para anotarse nun novo taller de artes marciais dirixido á poboación feminina

• O Wing Tsun e a Escrima serán as técnicas a desenvolver ao longo dun obradoiro intensivo de seis horas de duración


O concello porá en marcha, esta fin de semana, unha nova actividade co fin de conmemorar o Día Internacional da Muller e é que, un ano máis, o departamento de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller (CIM) están a planificar un obradoiro de artes marciais específico para a poboación feminina.

A iniciativa, incluida no programa As Pontes en Feminino, desenvolverase os días 21 e 28 deste mesmo mes e terá unha duración total de seis horas. As disciplinas que se achegarán ás veciñas que decidan anotarse neste curso serán as de Wing Tsun e Escrima, ámbalas dúas artes marciais baseadas en sinxelos movementos moi efectivos que aproveitan a forza empregada polo atacante para defenderse do mesmo.

Ao igual que en anteriores edicións de actividades deste tipo, mediante este tipo de talleres preténdese reforzar a autoconfianza das propias alumnas e axudalas a sacar a súa agresividade para reaccionar axeitadamente en posibles situacións de perigo.

Tanto o Wing Tsun coma a Escrima están baseados en sinxelos movementos que poden ser realizados con diferentes armas ou obxectos contundentes e que serven como elemento de defensa en caso de ameaza. Outra das súas avantaxes, ademáis da súa sinxeleza, é que non conta cun límite de idade para a súa práctica de ahí que, dende o departamento de Servizos Sociais, animasen a tódalas veciñas do municipio a tomar parte nesta interesante iniciativa.

Así as cousas, este taller de iniciación, que terá como escenario o ximnasio do colexio de A Magdalena, dará comezo o vindeiro sábado ás 16.30 horas.

Nesta primeira sesión, darase a coñecer ás alumnas varios aspectos teóricos sobre estas dúas disciplinas ademáis dos contidos deste curso intensivo. No tocante á práctica, realizaranse varios exercizos con obxectos que, nun momento de perigo, poderían ser empregados como elemento defensivo e as asistentes aprenderán a esquivar diferentes ataques e afastarse da liña de perigo.

A segunda sesión, que se celebrará o día 28, estará baseada no traballo de defensa e ataque pero tan só coas mans e xeonllos, aínda que tamén se explicarán diferentes técnicas de escape no caso de que o atacante fose capaz de derribar á súa vítima.


Inscrición

As interesadas en anotarse nesta actividade, totalmente gratuita, poden achegarse ao longo de toda esta semana polo Centro de Información á Muller, ubicado no segundo andar da Casa Dopeso, ou ben telefonar ao 981 44 10 08. Asemade, a través deste mesmo número telefónico será posible solventar calquera dúbida que poidan ter as interesadas en participar neste obradoiro.

O concello organiza un obradoiro para que os máis maiores aprendan a desenvolverse co teléfono móvil

• Neste curso os participantes aprenderán a ler e redactar mensaxes de texto, usar a axenda ou contestar chamadas


O concello, a través do departamento de Servizos Sociais, achegará as novas tecnoloxías aos veciños e veciñas de máis idade a través dun cursiño adicado ao manexo dos teléfonos móviles.

Así as cousas, a finais deste mesmo mes terán lugar dous obradoiros no que os que así o desexen, e de forma totalmente gratuita, poderán coñecer máis polo miúdo os seus dispositivos de telefonía móvil e aprender a manexalos para o seu día a día.

Precisamente, o edil de Servizos Sociais, José Alén convidou a toda a veciñanza a participar neste taller co que se pretende, tal e como aclarou o concelleiro, achegar estas novas tecnoloxías tan indispensables para a vida diaria a aqueles pouco familiarizados coas mesmas.

Entre os temas a tratar neste curso, segundo aclarou José Alén, está previsto ensinar aos alumnos e alumnas a realizar e contestar chamadas, ler e escribir mensaxes de texto, usar a axenda de contactos ou coñecer o programa de avisos do que dispón cada teléfono.

Asemade, os participantes tamén recibirán indicacións básicas sobre como manipular o seu terminal de telefonía móvil ou realizar chamadas de emerxencia a servizos especiais.

Estes dous talleres desenvolveranse os días 26 e 27, na aula polivalente da Casa Dopeso. Os participantes estarán divididos en dous grupos dun máximo de vinte persoas e cada un dos mesmo asignaráselles un día concreto dos dous nos que se desenvolverá este curso. As clases darán comezo ás 16.30 e terán unha duración de tres horas.


Inscrición

As persoas interesadas en tomar parte neste curso terán ata o vindeiro día 23 para formalizar a súa inscrición. Para iso tan só será necesario poñerse en contacto coa centraliña da Casa Consistorial no 981 45 31 16, dende onde lles dirixirán á persoa encargada de anotar aos interesados en insistir a estes talleres.

1ª Maratón de tute "Beira do Eume" sábado 4 de abril 2009

12/3/09

EuroEume presenta este venres o Fondo Documental para o Coñecemento do Eume

EuroEume presenta este venres o Fondo Documental para o Coñecemento do Eume, unha ferramenta que condensa unha gran parte da historia do territorio


Fondo Documental para o Coñecemento do Eume from euroeume on Vimeo.
O vindeiro venres 13, ás 19.30 horas, presentarase este proxecto e a páxina web na que se mostra unha parte deste fondo referido á Historia do territorio de actuación da Asociación EuroEume. Esta presentación pública terá lugar no Museo Etnográfico da Capela. No acto proxectarase un audiovisual, elaborado especialmente para a ocasión, no que se poderá ver e escoitar unha explicación detallada do que é o Fondo Documental e das seccións nas que se divide a páxina web. Proxectarase tamén, a modo de mostra dos contidos da páxina, un pequeno documental elaborado en base a parte do material recollido sobre “Os usos e costumes” do territorio.

O Fondo Documental para o Coñecemento do Eume consiste, básicamente, nun conxunto de documentos de diversa índole nos que aparecen reflectidos un ou varios aspectos da vida das persoas pasadas e presentes dalgún concello do territorio de actuación do Grupo de Desenvolvemento Rural EuroEume. O Fondo estructúrase en varias categorías: Iconografía, formada por fotografías saídas de coleccións particulares e dos fondos fotográficos do territorio nas que se poden ver imaxes da vida cotiá das xentes do territorio ao longo do século pasado; Hemeroteca, que contén novas relacionadas co territorio de actuación de EuroEume publicadas nos principais xornais durante o século XX; Arquivos, documentos antigos, en formato dixital e en papel, nos que se recollen aspectos importantes da vida dos nosos devanceiros. O Fondo conta ademais, cunha base de datos na que se recolle o catálogo de documentos con información sobre o Eume xunto coa súa localización e dispoñibilidade; a Hucha dos Saberes, que recolle pequenos documentais temáticos baseados nas entrevistas realizadas a homes e mulleres de todas as parroquias do territorio nas que deixan as súas opinións acerca de feitos concretos, como poden ser a súa experiencia na escola ou na emigración, os traballos desenvolvidos ao longo da súa vida; o Fondo de Sabedores, que consiste nunha base de datos cos nomes dos expertos nalgún tema de interese que posúa algunha publicación referida a esa temática concreta; e unha sección de Bibliografía, que consta dunha base de datos que recolle mais de 700 referencias de series de volumes bibliográficos e artigos cuxa temática principal está intimamente ligada co territorio.


4 anos de traballo
Este proxecto comezou no ano 2004 promovido pola Asociación EuroEume no marco do Programa Leader +. O primeiro paso deste proxecto foi realizar un concurso público para contratar unha asistencia técnica, adxudicado á empresa Los Ocho Mares, S.L., de cara á recompilación de diversa información relacionada co territorio: arquivos históricos, fotografías, videos antigos, hemeroteca e, fundamentalmente, as testemuñas das persoas do territorio. Realizáronse mais de 150 entrevistas, dando como resultado unhas 170 horas de grabacións nas que persoas maiores explicaban os seus recordos, vivencias, sentires e coñecementos sobre diversas temáticas: como era a escola na súa época, a problemática da emigración, os traballos e oficios propios dos seus tempos, a estreita relación da xente coas fragas e co campo, as festas e feiras, a industrialización e o progreso e, finalmente, toda a temática relacionada coa guerra, os tempos da fame, a represión franquista e os fuxidos, e mesmo a II República.

Unha vez rematada esta recompilación inicial de documentación, posto que o Fondo de Documentación é un proxecto vivo pensado para seguir enriquecéndose con toda a información posible sobre o territorio, chegou unha segunda fase, de posta en valor desa documentación para poder ofrecela ao público en xeral. Nesta liña os técnicos da Asociación traballaron para poder ofrecer unha síntese deste traballo a través da páxina web, creada pola empresa Triade Comunicación, dende a que se xestionarán e farán públicos os traballos e materiais realizados a partir das informacións extraídas do Fondo de Documentación para o Coñecemento do Eume.

Este material será o punto de partida desta web, á que se van engadir novos materiais, tanto procedentes dos arquivos de Euroeume, como daquelas persoas interesadas en enriquecer este Fondo, a través da cesión de materiais de todo tipo que podan ser de interese para continuar coa tarefa de investigación sobre este territorio. A web dispón dun formulario para que todos aqueles que estean interesados en facer as súas aportacións ao Fondo, sexan fotos, gravacións antigas ou documentos de calquera outra índole, se poñan en contacto con EuroEume para concretar esa cesión. Por suposto, as aportacións de materiais non serán definitivas, e en todos os casos as posibles colaboracións implicarán a devolución do material cedido, é dicir, se por exemplo alguén está interesado en que unha foto que posúe pase a formar parte do Fondo, non ten que botarse atrás pola teima de que poida perder esa foto. Dende EuroEume garántese a devolución desa imaxe, unha vez dixitalizada.

Os materiais do Fondo de Documentación para o Coñecemento do Eume estarán dispoñibles nesta nova páxina, cuxo enderezo é http://fondo.euroeume.org. Todos aqueles que visiten a web poderán ver fotos antigas, novas xornalísticas, documentos arquivísticos, vídeos e outros recursos alí recollidos, todos eles referentes aos nove concellos que forman o ámbito de actuación da Asociación Euroeume.

11/3/09

As Pontes en Feminino continua o venres cun vídeo forum onde se cuestionará o concepto de patriarcado

• O debate tamén versará sobre a importancia da beleza física por riba da riqueza interior para encaixar socialmente


Os modelos de patriarcado impostos ao longo da historia, o papel que debe desempregar a muller como nai e esposa obediente ou a preocupación pola beleza exterior e o gustar aos demáis someteranse a debate o vindeiro venres a través do video forum organizado polo departamento de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller (CIM), dentro do programa As Pontes en Feminino.

A cita, que terá lugar na biblioteca municipal ás 19.30 horas, iniciarase coa proxección do filme australiano La boda Muriel (1994), de P.J Hogan, con Toni Collete, Rachel Griffiths e Bill Hunter, nos papeis principais.

Esta longametraxe, que poderán visionar tódolos veciños e veciñas que así o desexen, presenta a unha muller obsesionada por casarse e ter éxito na vida, ademáis de cumprir os típicos cánones de beleza feminina dominantes baseados no 90 – 60 – 90, para encaixar socialmente.

Por se fose pouco, Muriel debe vivir día tras día fantaseando coa chegada do típico príncipe azul que a alonxe dunha familia malvada e dun grupo de amigas crueis que tan só viven para humillala. Ante este panorama, Muriel opta por marchar á cidade e iniciar unha nova vida á marxe das imposicións dunha sociedade patriarcal e que só entende á “boa Muller” coma unha ama de casa, nai e esposa resignada que debe asumir vexacións da súa parella, ordes e humillacións continuas.

Precisamente, todos estes asuntos serán debatidos unha vez remate a proxección polo público asistente a esta cita ademáis da directoria do CIM, Mª Carmen Rego, e a bibliotecaria municipal Anabel Alonso, co fin de afondar máis polo miúdo nos conceptos do patriarcado, a boa muller e os tópicos polos que, supostamente, debería loitar na vida, é dicir, casar, ter fillos e vivir dun bo marido nunha casa ideal e sendo a perfecta nai e parella.

Marzo de Cine- "El truco del manco" - "Las crónicas de Narnia El Principe Caspian"

El truco del Manco



Venres 13 ás 20 e 22.30h
Domingo 15 ás 19.30h
Xénero / duración Drama 91m
Dirección Santiago Zannou
Intérpretes Juan Manuel Montilla "Langui" (Cuajo) Ovono Candela (Adolfo)
Javier Iglesias "Gordo" (Chacho) Elio Toffana (Galleta) Mala Rodríguez (Tsunami)
Guión Santiago Zannou Iván Morales
Fotografía Albert Pascual Música Woulfrank Zannou
SINOPSE Enrique Heredia, alias Cuajo, é un xove de 28 anos con parálise física que obrevive dos seus trapicheos nun suburbio ás aforas da cidade. Cuajo convence ao seu migo Adolfo, un mulato que leva anos coqueteando coas drogas, de que xuntos poden lograr un obxectivo común: montar un estudio musical co que conseguir converter a pasión que lles une, o hip hop, nun medio de vida. Un grito sinceiro que Cuajo resume cun rotundo "¡A mí no me digas que no se puede!" · É a 1º longametraxe dirixida por Santiago A. Zannou (Madrid), fillo de africano -de Benin- e aragonesa quen ten unha ampla experiencia como director de videoclips e curtametraxes, entre s que destaca Cara sucia. Rodou videoclips para, Marlango, Paula Domínguez, Ari, Frank T, Ruido, Spam, Cycle o Dano, e varios deles foron premiados Tamén dirixiu o documental Barcelona Hip Hop (2001).
· Está protagonizada por Juan Manuel Montilla,"Langui", voz do grupo de hip-hop
gitano La Excepción, un discapacitado que ten semiparalizados brazos e pernas por
falta de osíxeno no parto.
· Segúndo o director " a linguaxe da película parte do hip- hop e a súa cultura. O hip hop é competición, chulería, lloro, individualismo, arte, negocio, rudeza, alarde e denuncia. “.




LAS CRONICAS DE NARNIA Y EL PRINCIPE CASPIAN


VENRES 15 ás 17.00h




Nacionalidad Reino Unido-USA Xénero Aventuras/ T.P
Duración 144 m. Dirección
Andrew Adamson
Intérpretes
Ben Barnes (Príncipe Caspian) Georgie Henley (Lucy Pevensie)
Skandar Keynes (Edmund Pevensie) William Moseley (Peter Pevensie)
Fotografía Karl Walter
Lindenlaub Música Harry Gregson-
Williams
SINOPSE Un ano despois dos incríbles acontecementos de Las crónicas de
Narnia: el león, la bruja y el armario, Os Reis e as raiñas de Narnia volven a reunirse nese remoto e maravilloso mundo onde descubrirán que pasaron máis de 1.300 anos, calculados no tempo Narniano. Durante a súa ausencia, a dade de Ouro de Narnia rematou e os Telmarinos conquistaron Narnia que agora está dominada polo malvado Rei Miraz, que goberna sen piedade. Os catro nenos no tardarán en coñecer un novo e xtrano personaxe: O xoven
Príncipe Casian, herdeiro lexítimo ao trono veuse obrigado a esconderse xa que o seu tío Miraz trama o seu asasinato para colocar o seu fillo recén nacido no trono. Coa axuda do bondadoso trasno e o valiente ratón parlante chamado Reepicheep, dun texón, os Narnianos, liderados polos poderosos cabaleiros Peter e Caspian, embarcanse nun extraordinario viaxe para encontrar a Aslan, liberar Narnia do tirano de Miraz e restaurar a maxia e a paz no territorio.
Prince Caspian (El Príncipe Caspian) é o segundo dos siete libros de C.S. Lewis que forman a serie Las Crónicas de Narnia. Publicados entre 1950 y 1956 e considerados durante moito tempo como un dos clásicos más intemporales e imaxinativos da iteratura; os libros de Lewis venderon máis de 100.000.000 de exemplares en máis de 5 idiomas, convertindoa nunha das series de libros más lídas do mundo.

3ª FESTA DA CAZA "MEDIO EUME" RIBADEUME - BERMUI

A mesa pola normalización linguistica convoca o II Certame Letras Galegas "As Boliqueiras"



10/3/09

A Semana da Muller nas Escolas leva ata os centros educativos actividades para a eliminación dos estereotipos sexistas







Onte poñíase en marcha, un ano máis, o programa Semana da muller nas escolas, unha iniciativa auspiciada polo departamento de servizos sociais e o Centro de Información á muller e que pasará por tódolos centros educativos da nosa vila co fin de conmemorar o día internacional da muller traballadora.
E é que, trala boa acollida recibía o ano pasado, o concello optou por continuar a traballar na mesma línea, facendo de novo partícipes aos colexios, xa que eles son un dos principais axentes socializadores dos homes e mulleres do futuro.
O alumnado de primaria da magdalena xa puido participar onte neste programa e hoxe era o turno dos estudiantes do colexio Monte Caxado.
Nenos e nenas de 1º hasta 6º de primaria participaron en diferentes talleres lúdico educativos que teñen como fin promover a igualdade entre os máis pequenos, eliminando os estereotipos sexistas que, mal que nos pese, forman parte do día a día da sociedade actual.
Tres monitoras se encargan diariamente de impartir diferentes obradoiros adaptados a cada grupo de idade, así, Cos rapaces e rapazas de 1º,2º e 3º de primaria abordáronse temas relacionados coa igualdade e corresponsabilidade, ademáis de falar sobre o relevante papel histórico das mulleres ou do reparto das tarefas no fogar. Aínda que non todo foi teoría xa que houbo tamén tempo para os xogos e sobre todo para os contos porque as fábulas de foron felices e comeron perdices ocuparon un importante espazo neste taller.
Os pequenos e pequenas puideron analizar os personaxes de princesas e príncipes e incluso dotar dun final diferente e máis xusto ás historias de zapatiños de cristal ou monstros.

A segunda parte da clase estivo adicada á elaboración dun marcapáxinas coa muller que eles mesmos escolleron entre artistas, escritoras, investigadoras, deportistas ou políticas.

Namentras, os máis maiores adicáronse a debater sobre os diferentes anuncios publicitarios publicados tanto na televisión como nas revistas e que permiten coñecer o grao de influencia destes medios no comportamento dos adolescentes.

Como peche os participantes neste segundo obradoiro puideron elaborar o seu propio anuncio televisivo e gravalo, un spot que xunto co resto dos elaborados polos centros educativos formará parte dun cd sobre anuncios non sexistas
Mañá será o alumnado de Santa María o protagonista da xornada onde, novamente, se desenvolverán inciativas similares ás dos demáis centros e que este ano contan coa colaboura dos propios profesores, aínda que os nenos e nenas que xa participaron neste tipo de talleres en edicións anteriores xa son todos uns expertos en identificar os comportamentos sexistas na sociedade.
De feito, o primeiro que se fai en cada obradoiro é lembrar un pouquiño o traballo desenvolvido o ano pasado e tratar de analizar cales son esas ideas e estereotipos que, a día de hoxe, os máis pequenos seguen a empregar porque, a fin de contas é o que ven diariamente.
E xa despois se desenvolven as diferentes actividades teóricas e prácticas que de seguro terán os seus resultados eliminando crenzas coma que as tarefas da casa son só cousas de mulleres ou que os homes son os únicos con dereito a traballar fóra da casa.
A semana pecharase coa visita ao C.E.I.P A Fraga na mañá do xoves e xa o venres estas actividades trasladaranse ao centro Nebrija – Pardo Bazán.

A Dirección Xeral de Xuventude convoca o programa Campaña d´Verán 2009

Campaña de verán. OMIX AS PONTES






Prazas xuvenís dentro do programa Campaña d´Verán-2009
A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade convoca o
programa Campaña Verán-2009 para mozos de 9 a 17 anos.
A solicitude pode ser individual ou múltiple (para o suposto de dous, tres e ata catro irmáns).
Servizos ofertados:
a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo.
b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
c) Manutención en réxime de pensión completa.
INFORMA: www.xuventude.net
Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Edificio Administrativos San Caetano, S/n -
15704 Santiago.
Teléfono: 902 15 25 35
OMIX DAS PONTES – DPTO DE CULTURA 1º andar Casa Dopeso.
COMPROBACIÓN DE RECEPCIÓN DA SOLICITUDE: a partir do 23 de abril no telf. xove
902 15 25 35 e na páxina web www.xuventude.net
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:
- DIRECTA. No caso de que a demanda non supere o nº de prazas disponibles.
- SORTEO. Por medios informáticos, ANTE NOTARIO, o día 22 de abril de 2009 ás 12
- A LISTA DE ADMITIDOS SERÁ EXPOSTA O DÍA 23 de ABRIL NA DIRECCIÓN
XERAL DE XUVENTUDE e SOLIDARIEDADE, DELEGACIÓNS PROVINCIAIS, NO
TELF. XOVE (902 152 535), E NA WEB www.xuventude.net

En canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de Verán 2009, compre destacar o seguinte:
-Os nados no ano 1991 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
-Os nados no ano 2000 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 24 de marzo de
2009.
Máis información no DOG do 9 de marzo de 2009





Prazas xuvenís dentro do programa ACCION D´ VERAN-2009 + 18 ANOS


A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade convoca o
programa accion d´veran -2009 para mozos de 18 a 35 anos.
Actividades +18
ACCIÓN DE VERÁN 09 (de 18 a 35 anos)
Os desprazamentos ata as instalacións correrán pola vosa conta. Os
que posuades carné xove ou carné máis teredes un desconto do 25%
sobre os prezos establecidos neste folleto. Os que posuades o título de
familia numerosa teredes un desconto do 50% sobre os prezos
establecidos neste folleto. Ambos descontos non son acumulables.
RESERVA DE PRAZAS
Só podedes reservar dúas prazas.
A reserva podédela facer a partir do día 9 de marzo, nos servizos de
xuventude das delegacións provinciais da
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Unha vez que fagades a
reserva da praza tendes un prazo de 48 horas,
contando desde o día seguinte a aquel no que fixerades a reserva, para:
- Facer efectiva a cota de participación, segundo as instrucións que se
comunicarán no momento de facer a reserva da praza.
- presentar, no servizo de xuventude correspondente ou por correo
electrónico ou fax específico de cada actividade:
. Xustificante do pagamento da cota
. Fotocopia do DNI por ambas as dúas caras
. Fotocopia do carné xove ou carné máis, de ser o caso
. Xustificante da condición de familia numerosa
De non presentardes a documentación no prazo de 48 horas perderedes o
dereito á praza.
Máis información:
ttp://www.xuventude.net/web/xuventude/actividades18
OMIX AS PONTES DPTO DE CULTURA 1º PRANTA CASA DOPESO

9/3/09

O concello pon en marcha un concurso fotográfico co reparto de tarefas no fogar como tema central

• Os estudiantes de Secundaria e Bacharelato poderán presentar ata cinco instantáneas sobre esta temática


O departamento de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller (CIM) están a centrar o seu traballo con motivo do Día Internacional da Muller na comunidade escolar.

Ás actividades incluídas no programa A Muller nas Escolas sumarase unha nova iniciativa: o primeiro concurso de fotografía Na casa, tamén somos iguais, un certame dirixido ao alumnado de Secundaria e Bacharelato de As Pontes mediante o que se pretende fomentar valores coma a igualdade, a tolerancia e a non discriminación para lograr, nun futuro non moi lonxano, unha sociedade igualitaria.

Nembargantes, o principal fin desta convocatoria é estudar a imaxe e concepto que teñen os máis novos que formarán a sociedade do mañá, do reparto de tarefas no fogar, un campo que sempre estivo ligado á muller.

Así as cousas, ata o 30 de abril será posible que todos aqueles rapaces e rapazas que así o desexen presenten os seus traballos fotográficos, ata un máximo de cinco instantáneas, no Rexistro Xeral do Concello, ubicado na pranta baixa da Casa Consistorial.

As fotografías deberanse presentar en formato dixital, en cor ou branco e negro cun tamaño mínimo de 18x24 e máximo de 30 x 40 centímetros. Deben ser traballos orixinais, inéditos e que non participasen anteriormente en ningún outro certame.

Xunto co cd no que irán gravadas as diferentes propostas será preciso incluír un sobre pechado que conteña o nome, apelidos, enderezo, teléfono de contacto e fotocopia do carné de identidade do autor ou autora. No exterior do mesmo deberase indicar o lema da obra presentada.

Os premios aos que poderán obtar os participantes serán unha cámara dixital ou un marco de fotos dixital, asemade as fotografías escollidas empregaránse para futuros programas e actividades desenvolvidas polo concello.

Finalmente, tódalas propostas presentadas protagonizarán unha exposición que aínda non conta cunha data concreta para a súa apertura.

ACTIVIDADES DIA DA MULLER TRABALLADORA


7/3/09

Mulleres na Escola inicia a súa andaina o luns para fomentar a igualdade de xénero entre os estudiantes

• O alumnado dos colexios de primaria ponteses participarán en varios talleres para erradicar o sexismo na sociedade


O concello porá en marcha o vindeiro luns a campaña Semana da Muller nas Escolas, unha iniciativa que se desenvolverá dende o 9 ao 13 de marzo nos diferentes centros educativos ponteses e que está incluída no amplo programa de actividades elaborado para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora.

Alumnos de tódolos cursos de primaria dos cinco centros escolares do municipio tomarán parte en diferentes talleres lúdico-educativos cos que se pretende buscar un cambio de actitude entre os escolares, coeducar co fin de acadar a igualdade de xénero nas aulas e traballar en prol da erradicación do sexismo na sociedade.

Dende o departamento de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller, responsables destas iniciativas, explicaron a necesidade de desenvolver iniciativas desta índole nas escolas xa que, ademáis da familia, estas son unhas dos principais axentes de socialización para os pequenos e pequenas.

Neste senso, o concelleiro José Alén asegurou que, a día de hoxe, continúa a ser irreal a idea de que se acadou a convivencia plena en materia de xénero polo que “ é necesario desenvolver actividades e proxectos que permitan eliminar da mente dos futuros homes e mulleres os estereotipos, as conductas sexistas ou ideas coma que hai traballos para eles e outros só para elas”.

Asemade, o edil asegurou que este tipo de programas escolares pretenden fomentar unha actitude crítica no alumnado fronte a influencias sexistas, educar para un consumo non sexista e, sobre todo, concienciar aos máis novos da necesidade de asumir responsabilidades por igual en tódalas tarefas cotiás, sobre todo das relacionadas co fogar.

O vindeiro luns os alumnos e alumnas do C.E.I.P A Magdalena serán os primeiros en tomar parte nestes obradoiros que se dividirán en dous bloques: actividades para estudiantes de 1º, 2º e 3º de primaria e outras nas que os protagonistas serán os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de primaria.

Así as cousas, os pequenos e pequenas recibirán unha clase teórica e despois, xa en forma de xogo, unha segunda actividade máis práctica.


Contacontos e marcapáxinas

Os rapaces de 1º, 2º e 3º tomarán parte nunha sesión de contacontos nas que se analizarán os papeis dos protagonistas de diferentes fábulas cambiando o final das mesmas por unha conclusión máis xusta.

Xa na segunda parte, os pequenos elaborarán un marcapáxinas coa muller que eles mesmos escollan entre as cinco que se presentarán nesta actividade na que se falará de mulleres relacionadas co mundo da música, das letras, da ciencia, do deporte e da política.


Análise de publicidade e gravación de anuncios

O alumnado de 4º, 5º e 6º participarán nun taller no que analizarán diferentes anuncios de televisión dos últimos vinte anos, ademáis da publicidade nas revistas para adolescentes co fin de ver a influencia que teñen os medios de comunicación nas persoas.

Posteriormente, e divididos en diferentes grupos, os rapaces e rapazas crearán e gravarán o seu propio spot televisivo.

6/3/09

O concello pon en marcha unha páxina web que permitirá tramitar telematicamente o pago de recibos


• O novo portal incluirá información sobre o concello, ofertas de emprego e de ocio ademáis dun buzón de suxerencias

As Pontes, 06 de marzo de 2009.-
O Concello de As Pontes conta, dende hoxe, cunha nova páxina web coa que se pretende ofrecer á cidadanía non só unha ampla información sobre os servizos que oferta o concello, senón tamén axilizar trámites coma o pago de recibos ou a obtención da diferente documentación para, por exemplo, solicitar unha licenza.

Esta ferramenta foi presentada hoxe polo alcalde Valentín González Formoso e a edil de Participación Cidadá, Montserrat García, nun acto que se celebrou no salón de plenos da Casa Consistorial.

Montserrat García definiu esta nova páxina coma un instrumento que permitirá achegar a administración electrónica á veciñanza, a través dun medio xa tan común do día a día como é Internet. Nembargantes, un dos seus máximos atractivos, tal e como aclarou a concelleira, é a facilidade que presenta para a súa consulta e utilización xa que, a través desta canle será posible facer efectivo de forma rápida e sinxela o pago de calquer tipo de imposto municipal, sen ter que achegarse ao concello ou á unha entidade bancaria.

Pola súa banda o rexedor definiu www.aspontes.org, que será o nome desta páxina, coma unha web moderna, manexable e que “pretende ser unha ventá aberta aos veciños que desexen consultar calquer tipo de información municipal, ademáis dunha axuda para todos aqueles visitantes que desexen achegarse ata As Pontes”.

Así as cousas, este portal conta, entre outros apartados, con indicacións sobre a localización do municipio e os seus accesos, a súa historia, lugares de interese ou os seus festexos máis emblemáticos, ademáis de información sobre o importante tecido asociativo e empresarial pontés, xa que este novo espazo inclue un listado de empresas e comercios afincados no municipio.

O concello tamén buscará a participación veciñal para continuar a evolución desta páxina, incluíndo un buzón no que se recollerán tanto as suxerencias coma as preguntas da cidadanía, ademáis das opinións que desexen ofrecer sobre este espazo.


Tal e como explicou Montserrat García, “a través da colaboración dos veciños e veciñas e dos seus comentarios saberemos se esta páxina é boa e se convence aos ponteses porque, a fin de contas, este proxecto púxose en marcha para eles”, polo que, segundo aclarou, “deben ser eles os que emitan xuízos sobre a mesma”.


Blog da Radio Televión Local

Outro dos atractivos que presenta a páxina web do concello é o seu enlace á paxina elaborada polos traballadores de RTVEume, que tamén se presentaba hoxe.

Trátase dun blog no que se recompilan dende anuncios ata as informacións ofrecidas dende o goberno municipal, pasando por asociacións, convocatorias ou fotografías.

A través desta páxina, que leva por dirección www.rtveume.blogspot.com, é posible non só escoitar e ver en directo as emisións que se realizan dende a radio e televisión locais, senón tamén escoitar de novo programas radiofónicos xa emitidos.

5/3/09

Voces pola Igualdade celebra mañá a súa segunda edición cun maratón de lectura e varias entrevistas

• O programa incluirá conversas con varias veciñas de As Pontes adicadas a distintos campos profesionais

O Concello de As Pontes continua coas actividades en conmemoración do Día Internacional da Muller que se iniciaban onte coa apertura da exposición Campaña Mundial pola Educación.

Así as cousas, na xornada de mañá e coa colaboura da emisora municipal Radio Eume e da Biblioteca Municipal, o departamento de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller (CIM) teñen previsto poñer en marcha o programa radiofónico Voces pola Igualdade.

Este espazo, que se emitirá entre ás 10.00 e as 13.00 horas, vive esta ano a súa segunda edición e contará, novamente, cunha gran participación por parte da veciñanza pontesa xa que, todo aquel que o desexe poderá achegarse ata as dependencias da Biblioteca Municipal para tomar parte nun maratón de lectura no que os textos escritos por mulleres e sobre mulleres serán os principais protagonistas.

Asemade, este programa especial incluirá entrevistas con varias veciñas do municipio que explicarán aos oíntes as dificultades de conciliar vida familiar e laboral, a situación actual que vive a muller á hora de acceder a un emprego ou a súa labor en campos coma a política.

A estas charlas sumaranse varias conversas con concelleiros e concelleiras da corporación municipal e membros do departamento de Servizos Sociais e do CIM.


Exposición

Dende onte e ata o vindeiro día 25 permanecerá aberta ao público a mostra Campaña Mundial pola Educación, unha colección de paneis nos que se recollen os diferentes obxectivos do Milenio, acordados por un total de 180 países no cumio celebrado en Dakar no ano 2000 e que deberían estar cumplidos denantes do 2015.


Entre estes fins podemos atopar o asegurar a educación primaria gratuita, obrigatoria e de boa calidade para todos e todas; o acceso a programas de preparación para a vida activa tanto para mozos coma para adultos, a mellora da calidade da educación ou a eliminación da disparidade de xénero na educación primaria e secundaria logrando a igualdade de xénero denantes dos vindeiros seis anos.

Esta colección de cartaces tamén recolle datos tan arrepientes coma os 70 millóns de nenos e nenas en todo o mundo que non poden ser escolarizados ou os grandes déficits de alfabetización entre as persoas adultas.

A mostra, ubicada nos corredores da Casa Dopeso, poderase visitar de luns a venres en horario de 8.00 a 21.00 horas ou ben os sábados de 10.00 a 14.00 horas.

O Concello de As Pontes abre o prazo de inscrición para participar na XIX Carreira Pedestre de San Xosé

• A organización dividirá a proba en dous grupos: un para os atletas en idade escolar e unha segunda para os adultos


O Concello de As Pontes, xunto co clube de atletismo Olympus, están xa a ultimar os preprarativos da que será a XIX edición da Carreira Pedestre de San Xosé, unha cita deportiva que, convocatoria tras convocatoria, conta cunha gran participación tanto de atletas ponteses coma dos concellos limítrofes.

Precisamente, ante esta boa resposta, dende o departamento de Deportes, a súa concelleira Eva Conde quixo animar aos veciños e veciñas de tódalas idades a tomar parte nesta cita, que se celebrará o vindeiro día 19, xa que, segundo anunciou a edil, o listado de galardóns é moi atractivo con trofeos e premios en metálico e material deportivo, segundo cada categoría.

Como ven sendo habitual a proba dividirase en dous grupos: escolares e adultos con varias subcategorías en cada un deles e con diferentes distancias e traxectos que transcorrerán polo circuito que se marcará a través da fraga de Dona Rita e que se completará, para os máis maiores, cun percorrido polo entorno do encoro da Ribeira.

Así as cousas, no tocante ao grupo de escolares, os participantes, que terán que pertencer a algunha entidade, deberán ter entre 6 e 16 anos para poder competir en categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete, tanto masculino como feminino, enfrontándose a distancias que variarán segundo as idades entre os 335 metros e os 1930 metros. Os tres primeiros de cada categoría recibirán un trofeo ao que haberá que sumar un agasallo por parte da organización para cada un dos participantes. Asemade, tamén se lles obsequiará cun vale de 150 euros en material deportivo as tres entidades que máis corredores clasifiquen, entre escolares e adultos, na liña de chegada.

No tocante, á categoría absoluta, estableceranse un total de tres probas, tanto para homes coma para mulleres, e que son xuvenil para os nados dende 1990, promesa señor dende 1989 e anteriores e veteráns que deberán ter cumplidos como mínino os 35 anos se se trata dunha muller ou os 40 se se compite en categoría masculina. Todos eles deberán enfrontarse a un percorrido de 7.050 metros que dará comezo unha vez rematen as probas para os escolares, programadas para as 11.00 horas.



Está previsto que se repartan un total de catro premios para cada categoría que consistirán nun trofeo e nun premio en metálico de entre 290 e 70 euros, ao que haberá que sumar o premio Luis Barrio para o primeiro pontés e pontesa clasificados en cada disciplina.

Inscricións

Dende o día de hoxe e ata as 13.00 horas do 17 de marzo será posible anotarse para tomar parte nesta proba.

Para cumplimentar o citado trámite tan só se haberá que achegar ata as oficinas do departamento de Deportes, ubicadas no pavillón polideportivo municipal, telefonar ou enviar un fax ao 981 45 26 02 ou ao enderezo electrónico deportes@aspontes.org con tódolos datos do atleta e a proba na que desexa participar.

No caso de competir nas categorías escolares deberase presentar tamén a sinatura do delegado ou adestrador da entidade á que pertence o atleta, ademáis do selo da mesma.








REGULAMENTO PARA CATEGORÍA ABSOLUTA
2Voltas Circuito C ESCOLAR + SUBIDA CLÁSICA Ó PANTANO (7.050 m. aprox.)

1. Coa finalidade de fomenta-la participación, para a clasificación por ENTIDADES, otorgaranse tres premios (vale de 150 €, canjeable por material deportivo, en calquera dos establecementos da vila) ás que clasifiquen ó maior número de participantes na aliña de cegada, sumados os participantes da totalidade das categorías escolares.

2. Concederanse os seguintes premios:
• Trofeo ós tres primeiros clasificados en cada unha das categorías.
• Trofeo ó primeiro pontés clasificado masculino e femenino en cada categoría.

3. As inscripcións nas que se fará consta-lo Nome e apelidos de cada atleta, así como o ano de nacemento, haberán de presentarse por duplicado nas oficinas do Departamento de Deportes do Concello das Pontes (Pavillón Municipal, s/n) non máis tarde das 13:00H. do 17 de Marzo podendo ser enviadas por correo, fax ó (981 452 602) ou e-mail (deportes@aspontes.org).
Ditas inscricións presentaranse con letra lexible (preferentemente máquina) en follas aparte por cada categoría e sexo, coa sinatura do delegado ou adestrador e o selo da Entidade.

4. A saída terá lugar ás 11:00 horas, dende o mesmo lugar que a absoluta.

5. No momento de retira-los dorsais, os delegados ou adestradores das entidades, necesariamente un maior de 18 años, cuio Nome e apelidos figurará nas inscricións, recibirán as indicacións adicionáis necesarias para o mellor desenvolvemento da proba.

6. A proba pedestre para entidades deportivas, salvo no especificado por este regulamento, rexirase polo xeral.



REGULAMENTO XIX CARREIRA PEDESTRE SAN XOSÉ 2009

A XIX Carreira Pedestre San Xosé - As Pontes 2009 organizada polo Clube Atletismo Olympo de As Pontes, celebrarase o 19 de Marzo de 2009 ás 11:00 horas da mañá.
A proba estará suxeita ó seguinte:

REGULAMENTO XERAL

1. A saída darase NO CIRCUITO DA FRAGA (Xunto Pavillón Municipal), ás 11:00 Horas. (A PROBA ABSOLUTA DISPUTARASE DESPOIS DAS ESCOLARES).
2. Os participantes deberán situarse na zona de saída 10 minutos antes do comenzo da proba.
3. O percorrido será de 7.050 mts. Aproximadamente debidamente sinalizado (existindo percorridos menores en función das categorías escolares).
4. A clasificación será absoluta e por categorías.
5. Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicaría a descalificación dos atletas acompañados.
6. Ó longo do percorrido a Organización establecerá controles para regula-la axeitada participación dos atletas.
7. Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu correspondente dorsal será descalificado.
8. O CONTROL DA CHEGADA PECHARASE UNHA HORA DESPOIS DE QUE CHEGUE O PRIMEIRO/A CLASIFICADO/A.
9. A inscrición realizarase nas oficinas do Departamento de Deportes (Pavillón Municipal Telf: 981 52 602 ou no e-mail: deportes@aspontes.org. Cerrarase a inscrición o martes día 17 de marzo ás 13:00 horas.
10. Establécense as seguintes categorías:

- XUVENIL (M. e F.) Nados no 90-91-92-93
- PROMESA-SENIOR (M. e F.) Nados no 89 e anteriores.
- VETERANAS 35 anos cumpridos o día da proba.
- VETERANOS 40 anos cumpridos o día da proba.

NOTA: Poderase autoriza-la participación na Carreira absoluta á categoría de CADETES (M. e F.) con autorización por escrito do Delegado do Clube cunha hora de antelación na Secretaría da proba, optando únicamente ós premios da categoría absoluta.

11. Establécense os seguintes premios absolutos, tanto para categoría masculina como femenina:

1º Clasificado e Clasificada: TROFEO e 290 Euros en metálico.
2º Clasificado e Clasificada: TROFEO e 210 Euros en metálico.
3º Clasificado e Clasificada: TROFEO e 150 Euros en metálico.
4º Clasificado e Clasificada: TROFEO e 70 Euros en metálico.

TROFEO ós tres primeiros clasificados/as por cada categoría se non chegan entre os/as catro primeiros/as absolutos/as.

TROFEO LUIS BARRIO DOEL: O primeiro pontés e a primeira pontesa clasificados.

En ningún caso (agás no trofeo LUIS BARRIO) un mesmo atleta poderá recibir dous premios, percibindo únicamente o de maior categoría.
RECIBIRÁN UN AGASALLO TÓDOLOS/AS ATLETAS NA CHEGADA.

12. CALQUER TIPO DE RECLAMACIÓN DEBERÁ SER REALIZADA INMEDIATAMENTE DESPOIS DO REMATE DA PROBA PARA NON ENTORPECE-LO DESENVOLVEMENTO DA MESMA E SERÁ NECESARIO XUSTIFICAR DOCUMENTALMENTE A IDADE E A CONDICIÓN DE ATLETA PONTÉS PARA PODER ACCEDER ÓS PREMIOS.


REGULAMENTO PARA CATEGORÍA ESCOLAR

1. Esta categoría está reservada para tódaslas ENTIDADES (Centros escolares, agrupacións, clubes, etc.) que desexen participar, tanto públicos como privados, con participantes en idade escolar (6-16 anos).
2. Cada entidade poderá inscribir a tódolos/as participantes que desexe.
3. O percorrido será diferente ó absoluto en función das categorías.
4. Establécense as seguintes categorías:

PREBENXAMÍN (M. e F.): Anos 02-03 335m. 1 volta Circuito A
BENXAMÍN (M. e F.): Anos 00-01 550m. 1 volta Circuito B
ALEVÍN (Femenino): Anos 98-99 965m. 1 volta Circuito C
ALEVÍN (Masculino): Anos 98-99 1300m. 1 volta Circuito A + C
INFANTIL (Femenino): Anos 96-97 1300m. 1 volta Circuito A + C
INFANTIL (Masculino): Anos 96-97 1515m. 1 volta Circuito B + C
CADETE (Femenino): Anos 94-95 1515m. 1 volta Circuito B + C
CADETE (Masculino): Anos 94-95 1930m. 2 voltas Circuito C


RUTA A CABALO

O Concello conmemora o Día Internacional da Muller con diferentes actividades a desenvolver durante todo o mes de marzo

• Exposicións, talleres, certames de fotografía ou obradoiros de artes marciais integran a proposta elaborada por Servizos Sociais

O concello de As Pontes celebrará, un ano máis, o Día Internacional da Muller cun amplo programa de actividades que se desenvolverán ao longo de todo o mes de marzo.

Así as cousas, a través do departamento de Servizos Sociais e do Centro de Información á Muller (CIM), o goberno municipal elaborou un importante e variado listado de iniciativas entre as que non faltan os obradoiros para estudiantes, as exposicións, as proxeccións cinematográficas ou incluso, como novidade este ano, un concurso de fotografía.

Deste xeito, segundo explicou o edil José Alén, retomarase unha proposta como é As Pontes en Feminino e que, o ano pasado, contou cunha gran participación dos ponteses e pontesas en tódalas actividades a desenvolver a través do concello.

Tal e como aclarou o concelleiro, o principal obxectivo deste programa pasa por recoñecer a labor do colectivo feminino ao longo do día a día e non soamente nunha data concreta ao ano xa que, segundo recalcou, a muller conta cun importante e relevante papel a nivel social, laboral e familiar e é preciso que esta idea se fomente entre tódalas xeracións, concienciando a novos e non tan novos.

Por outra banda, o edil anunciou que, unha vez máis, o programa elaborado con motivo desta celebración inclue múltiples actividades dirixidas a un amplo espectro da sociedade xa que se incluirán propostas tanto para os adolescentes coma para xente de máis idade, algunhas delas xa realizadas en 2008 e que colleitaron un gran éxito coma o obradoiro de artes marciais para mulleres.

Co fin de lograr a mesma aceptación que a acadada o pasado ano, José Alén fixo un chamamento á participación veciñal, convidando a tódolos ponteses e pontesas a tomar parte nestas actividades nas que a concienciación social se mestura con aspectos máis lúdicos.

Programa de actividades

O venres desenvolverase a segunda edición do programa radiofónico Voces pola Igualdade, coa colaboura da Biblioteca Municipal e a emisora local Radio Eume, na que os veciños e veciñas que así o desexen poderán dar lectura a un texto escrito por unha muller.

En horario de 10.00 a 13.00 se desenvolverá esta proposta que xa o ano pasado registraba unha gran acollida e na que tamén se incluirán entrevistas a mulleres representativas da sociedade pontesa.

Xa para a vindeira semana, o protagonismo pasará aos centros educativos de Primaria do Concello, coa Semana da Muller nas Escolas e na que se impartirán diferentes obradoiros co fin de fomentar a igualdade entre os máis novos.

Asemade, o vindeiro luns tamén se porá en marcha o primeiro concurso de fotografía “Na casa tamén somos iguais” dirixido a alumnos de Secundaria e Bacharelato.

Xa para o día 13 está prevista a proxección, na Biblioteca Municipal, do filme La boda de Muriel que será obxecto dun posterior debate conducido pola directora do CIM, MªCarmen Rego, e no que poderán participar todos aqueles veciños e veciñas que así o desexen.

A programación contará coas exposicións Semana en Feminino, que acollerá a Biblioteca Municipal a partires do día 16, e Campaña Mundial pola Educación que xa está instalada na Casa Dopeso; ademáis da creación dun blog sobre as mulleres pontesas.

A oferta de actividades completarase cun taller de Wing Tsun, un sistema de defensa persoal chinés e que tomará o relevo do obradoiro de Taishindó realizado o pasado inverno.

3/3/09

Cultura pon en marcha este mes un ciclo cinematográfico adicado aos premios Goya de cine español

• Los Girasoles Ciegos ou El truco del manco forman parte da carteleira elaborada polo goberno municipal para este mes de marzo

O concello de As Pontes, a través do departamento de Cultura, renderá homenaxe este mes á XXIII edición dos Premios Goya a través da proxección, ao longo das vindeiras semanas, de varios dos títulos galardoados o pasado mes de febreiro nesta cita anual do cinema español.

Así as cousas, este mesmo venres será posible desfrutar de Camino ás 20.00 e ás 22.30 horas, ademáis do domingo ás 19.00 horas; unha producción que logrou un total de seis estatuíñas de sete posibles entre elas a de Mellor Película, Actriz Protagonista e Guión Orixinal, grazas á historia dunha pequena condenada á morte por leucemia e pertencente ao Opus Dei.

Os días 13 e 15 aterrará no auditorio municipal Alovi o filme El truco del manco de Santiago Zannov, tamén galardoada con tres premios dos tres aos que optaba este filme no que dous rapaces que pretenden saír do barrio marxinal no que residen a ritmo de hip hop.

Che, el argentino de Steven Soderbergh é a proposta para os días 20 e 22, unha gran producción que ven de estrear a súa secuela hai uns días e na que Benicio del Toro se encarga de volver á vida a este revolucionario arxentino, papel polo que acadou o Goya ao Mellor Actor Protagonista.

Los Girasoles Ciegos pechará este ciclo de longametraxes. Así as cousas, para os días 27 e 29 de marzo está prevista a proxección deste filme de José Luis Cuerda na que as vidas dun perseguido polo réxime franquista e un diácono se cruzan por unha muller. Malia o seu éxito en taquilla e contar con 15 nominacións aos Goya, esta adaptación da novela de Alberto Méndez tan só acadou o premio ao Mellor Guión Adaptado.





Cine infantil

No tocante ao cine para os máis pequenos, este mesmo domingo será posible desfrutar ás 17.00 horas de Bolt, unha longamentraxe de animación protagonizada por un can actor ao que lle toca enfrontarse ao mundo real e que dista moito da súa marabillosa vida entre sets de televisión.

Las Crónicas de Narnia. El príncipe Caspian é a proposta de Cultura para o día 15 mentras que para o día 22 está prevista a proxección dun filme de animación italino que leva por título Winx Club: El secreto del Reino Perdido.

Pechará o mes de marzo, cinematográficamente falando, Un chihuahua en Beverly Hills, a última producción da factoría Disney cun peculiar protagonista un pequeño canciño acostumado aos luxos que deberá sobrevivir en México.

1/3/09

Servizos Sociais pechará o 13 de marzo o prazo para a solicitude dun dos oito obradoiros de Vellez Activa

• Este programa incluirá catro talleres de adestramento da memoria e outros tantos sobre primeiros auxilios e prevención de caídas
.-
O Concello de As Pontes, a través da concellería de Servizos Sociais, manterá aberto ata o vindeiro 13 de marzo o prazo para que as asociacións veciñais que así o desexen se inscriban co fin de acoller un dos oito novos talleres do programa Vellez Activa.

Os colectivos interesados en acoller estas actividades dirixidas a maiores de 55 anos deberanse de anotar no departamento de Servizos Sociais, ubicado no segundo andar da Casa Dopeso, ou ben telefonar ao 981 44 10 08, onde tamén se lles facilitará calquer tipo de información sobre estes talleres.

Como xa anunciaban dende o goberno municipal a pasada semana, está previsto que a finais do mes que ven se retomen estas actividades despois da boa acollida recibida o pasado ano.

Precisamente, para esta edición optouse por atender ás propias demandas do colectivo interesados xa que, nesta ocasión, desenvolveranse catro talleres adicados á prevención de caídas e primeiros auxilios, unha problemática moi extendida entre a poboación máis maior, aos que se sumarán outros catro adicados ao adestramento da memoria.

Dende o departamento de Servizos Sociais xa explicaban, hai uns días, o seu desexo de continuar a desenvolver políticas e iniciativas que favorezan a autonomía persoal dos maiores, mellorando a súa calidade de vida, fomentando a súa relación cos demáis e permitíndolles adquirir novos coñecementos e, así, continuar involucrados na vida activa.


Obradoiros a desenvolver

Dentro deste programa de envellecemento activo para o ano vixente está previsto que se desenvolvan catro edicions dos talleres adicados á estimulación cognitiva, coñecidos como talleres da memoria, nos que se desenvolverán diferentes actividades para previr o deterioro mental dos maiores.

Este obradoiro incluirá exercizos cos que mellorar a memoria auditiva, olfativa e visual; xogos que axudarán ao desenvolvemento da axilidade mental e do cálculo, ademáis da comprensión de textos e do manexo correcto das moedas, iniciativas, todas elas, que non só darán lugar a unha mellora da memoria a curto prazo dos asistentes, senón tamén ao fortalecemento da súa autoestima e incluso ao descubrimento dalgún posible problema cognitivo vinculado coa perda da memoria a curto prazo.

A segunda proposta ten como temática principal os primeiros auxilios e a prevención de riscos, sobre todo relacionados con caídas, e é que moitos son os accidentes deste tipo dos que son vítimas os máis maiores.

Así as cousas, nestes catro talleres intentarase non só desenvolver diferentes exercizos e técnicas para evitar esta problemática, senón tamén detectar as principais causas deste tipo de percances, co obxectivo de ofrecer unha solución aos máis afectados.

Precisamente, con este fin, o listado de actividades a desenvolver a través deste obradoiro incluirá exercizos para a estabilización da mirada, o equilibrio, a coordinación ou para a mellora da flexibilidade, sen esquencer as directrices para a exercitación articular, de pernas e cadeiras, ademáis dalgúns conceptos básicos sobre primeiros auxilios e o tratamento das enfermidades máis comúns entre os maiores, como a hipertensión ou a diabete.

O Ministerio de Industria respaldará a transformación de As Pontes no maior complexo enerxético de Europa




• O alcalde de As Pontes reuniuse hoxe en Madrid co Ministro de Industria que se comprometeu a visitar o concello denantes da chegada do verán


O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, analizou esta mañá co Ministro de Industria, Miguel Sebastián, a situación que lle tocará asumir á central térmica de Endesa de As Pontes, tralo acordo asinado nos últimos días e que deixa á firma Enel coa totalidade do accionariado da empresa elétrica.

O primeiro edil desprazouse ata Madrid onde recibiu o total apoio do titular de Industria que ofreceu tódalas garantías posibles con respecto ao futuro da pranta pontesa, anunciando que o concello pontés se convertirá no “maior complexo enerxético de Europa” co apoio do goberno estatal xa que, a administración central “non escatimará en esforzos para que así sexa”, segundo lle trasladou o propio Sebastián ao alcalde pontés.

Pola súa parte, González Formoso, asegurou sentirse moito máis tranquilo tras esta recepción, calificando de lóxica a inquedanza e intranquilidade previas, ante a situación vivida nestas últimas xornadas coa operación realizada por Enel. Neste senso, o alcalde pontés subliñou sentirse moi satisfeito polas garantías dadas por parte do goberno central, engadindo que “en As Pontes temos ademais o aval de que sabemos xa o que significa tratar cunha empresa de capital público”.

En relación a este asunto, o rexedor acadou o compromiso do Ministro de Industria de seguir de forma exhaustiva o proceso iniciado por Enel no que respecta á súa nova participación en Endesa, e sobre todo no tocante á xestión e efectos sobre a pranta pontesa.

Finalmente, Miguel Sebastián ofreceuse a visitar As Pontes aínda que, a petición do propio González Formoso, esta viaxe retrasarase ata que pasen os efectos da campaña á presidencia da Xunta de Galicia. Nembargantes, segundo adiantou o alcalde, esta agardada visita realizarase denantes da chegada do verán.