30/12/08

OS DEPARTAMENTOS DE SERVIZOS SOCIAIS E SEGURIDADE ORGANIZAN UNS TALLERES DE EDUCACIÓN VIAL PARA ALUMNOS DE PRIMARIA





O perigo que supón cruzar a rúa en zonas sen visibilidade, a importancia de non armar barullo ou estar ben sentado no autobús escolar, o uso do citurón de seguridade á hora de iniciar unha viaxe no automóbil dos nosos pais foron algunhas das directrices que esta mañá se daban a coñecer no primeiro obradoiro de educación vial impartido conxuntamente polos departamentos de Servizos Sociais e Seguridade e Tráfico e que rexistraba un gran éxito nesta primeira edición con máis de 15 asistentes.

Un dos axentes da Policía Local, Chemo Pellón, foi o encargado de orientar aos máis pequenos nesta actividade incluída no programa de apertura de centros escolares fóra do horario lectivo e que, ao longo do primeiro trimestre de 2009, tamén se desenvolverá nos diferentes centros de educación primaria de As Pontes.

Os diferentes sinais de tráfico que podemos atopar nas nosas rúas, o respeto ás indicacións tanto dos semáforos coma dos axentes de policía á hora de cruzar ou as liñas mestras do civismo, como o non xogar nas beirarrúas ou levar ás nosas mascotas debidamente atadas nos seus paseos diarios tamén tiveron o seu espazo neste taller, e incluso as preguntas e comentarios dos máis novos que deron mostra non só do seu interese por aprender educación vial, senón tamén dos seus coñecementos sobre o tema xa que os diferentes sinais ou as diferencias entre un peón e un ciclista non tiveron segredos para eles.

Un dos principais aspectos a tratar neste obradoiro foi a importancia de levar un obxecto reflectante ou luminoso á hora de circular por unha estrada sen luz solar para evitar posibles accidentes, e é que, ao remate da clase, os pequenos recibiron precisamente un brazalete reflectante co que ir seguros nos seus paseos nocturnos, ademáis dunha caixa de colores, agasallos que tamén se repartirán polos centros escolares.

O día adicado á seguridade vial rematou coa proxección dun vídeo no que os rapaces puideron ver aplicada toda a teoría impartida na clase e como o seguir as normas de circulación á hora de camiñar pola rúa, pasear na nosa bicicleta ou ir no coche ou no autobús escolar axudan a que non teñamos accidentes nin contribuamos a que os demáis sexan vítimas dun sinistro.

28/12/08

Obradoiros, teatro e cine integran a programación cultural de Nadal da vindeira semana

• O mago Richard, o teatro de Galitoon ou longametraxes da talla de Viaje al centro de la Tierra serán algúns dos atractivos destes días


O Concello de As Pontes continúa coa súa programación de Nadal para as vindeiras datas e que o próximo luns contará cunha nova edición dos obradoiros culturais que se inauguraban a pasada semana.
Para a xornada do luns, a Casa Dopeso acollerá dende as 16.30 horas un obradoiro de maxia a cargo do Mago Richard para rapaces de entre 6 e 14 anos. Tamén á mesma hora, o recente gañador do III premio de banda deseñada Castelao, Jacobo Fernández, impartirá un taller de ilustración.
Pecha o día a proxección da longametraxe Viaje al Centro de la Tierra, ás 19.00 horas no auditorio municipal Alovi, filme protagonizado por Brendan Fraiser e que repasa o clásico de Julio Verne da man do director Eric Brevig.
O martes inagurarase cos obradoiros de colgantes de Nadal, para nenos de entre 4 e 7 anos, e co taller de papiroflexia para rapaces de entre 8 a 12 anos, que se desenvolverán entre as 16.30 e 18.00 horas na Casa Dopeso.
Dende as 19.00 horas, e sen cambiar de escenario terá lugar a clase aberta na que tomarán parte os alumnos do Obradoiro de Acordeón e un pouquiño máis tarde, ás 20.00 horas, e no auditorio municipal Alovi dará comezo o espectáculo de maxia de Benxamín e Loli. A entrada é totalmente gratuíta.
Tralo parón da noite de fin de ano e a xornada de aninovo, retomarase a programación cultural cun novo obradoiro, desta vez co break dance como protagonista. Os ponteses Funeka Murder serán os encargados de impartir este taller no que participarán nenos de máis de 6 anos dende as 16.30 horas, na Casa Dopeso.
Tamén nesta xornada, os máis pequenos da casa terán unha actividade para eles coa obra de teatro infantil Babiliglub, da man da compañía Galitoon Teatro.


Este espectáculo dará comezo ás 18.30 horas, auditorio municipal Alovi, e estará dirixido a nenos de entre 1 e 7 anos que poderán desfrutar dunha entretida historia interpretada por monicreques con forma de peixe e crustáceo que lle darán a coñecer aos seus pequenos espectadores a vida no fondo mariño.
Xa ás 19.00 horas proxectarase novamente o filme Viaje al centro de la Tierra.
A fin de semana estará adicada ao cine con dúas longametraxes onde a animación se mesturará co suspense en catro proxeccións dirixidas tanto aos máis pequenos coma aos seus maiores.
Así as cousas, o sábado ás 18.30 horas será posible desfrutar de Pérez, el ratoncito de tus sueños, unha nova aventura deste peculiar rato que adica as súas noites a cambiar os dentes dos máis pequenos por agasallos para os seus donos. Xa ás 20.30 horas terá lugar a proxección de Transsiberian, un filme no que o mundo das mafias se cruza nas vidas de Roy e Jesse, dous rapaces que tras pasar unha tempada en Pekín deciden viaxar a Moscú a través do tren transiberiano, decisión que os involucrará nunha investigación polo asesinato dun narcotraficante.
O domingo, a sesión de cine dará comezo ás 16.30 horas cun novo pase de Pérez, el ratoncito de tus sueños e que virá seguido, ás 19.00 horas, de Transsiberian.

Cabalgata de Reis e Belén Vivinte
Os Reis de Oriente tamén están a programar a súa visita a As Pontes cunha calbalgata que se celebrará na tarde do día 5 de xaneiro.
Ás 17.00 horas partirá, dende a rúa Monte Caxado, a comitiva real encabezada por Melchor, Gaspar e Baltasar, que virán acompañados de tódolos seus paxes e axudantes para repartir doces entre os máis pequenos por tódalas rúas pontesas.
Unha vez concluído o seu paseo polos viais ponteses, as súas Maxestades de Oriente achegaranse ata o patio do Colexio Santa María, onde poderán visitar o belén vivinte posto en marcha dende o Concello e que xa viviu unha xornada de gran éxito na súa primeira convocatoria o pasado día 21.
Asemade, tamén se fará entrega dos premios do primeiro concurso de adornos de barrios e dúas e que recaeron na asociación de veciños de A Casilla, Veiga da Areosa, e no colectivo veciñal A Choupana que percibirán, 300 e 100 euros respectivamente, ademáis dunha placa conmemorativa.

Peche de programación
O Nadal pecharase coa homenaxe a Castelao ofrecido pola Mesa Pola Normalización Lingüística, que terá lugar na mañá do 6 de xaneiro, ás 12.30 horas no monumento adicado a este emblemático escritor galego e que está ubicado nas inmediacións do parque municipal.
E xa para o 10 de xaneiro está programado o sorteo dos 4.000 euros da campaña comercial Merca nas Pontes. A cita será ás 18.00 horas na Casa Dopeso.

González Formoso apunta á Consellería de Industria como responsable da perda de dous proxectos industriais para As Pontes

• O alcalde anuncia que esta decisión perxudicará ao concello aínda que o goberno municipal continuará a traballar polo traslado de Ence a As Pontes

O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, amosou hoxe o seu desacordo coas adxudicacións eólicas aprobadas finalmente polo bipartito galego e que non incluiron dous importantes proxectos industriais para este concello. Así as cousas, o primeiro edil fixo fincapé no importante papel xogado dende a Consellería de Innovación e Industria neste concurso e que, segundo subliñou, é a principal responsable de que As Pontes perdese dúas iniciativas tan importantes para o seu desenvolvemento económico e industrial como son a papeleira Ence e a firma Gestamp Eólica.
Así as cousas, o rexedor tildou de principal responsable desta decisión ao departamento que dirixe Fernando Blanco, ampliando esta crítica ao propio Bloque Nacionalista Galego que, a xuízo do alcalde, “non se implicou na posta en marcha destas dúas novas factorías tan necesarias e importantes para o progreso industrial do municipio e que tan só precisaban dun pequeño empuxón por parte do partido nacionalista”.
González Formoso explicou que este tipo de decisións van en contra do propio concello e dos veciños aínda que, o rexedor negouse a tirar a toalla en relación ao futuro traslado da papeleira de Ence a As Pontes. Segundo aclarou, malia que con esta decisión vense de perder un proxecto ilusionante e unha gran oportunidade para As Pontes e Galicia coa posta en marcha dunha papeleira moderna, nova e á vangarda da producción de papel, o goberno municipal continuará a traballar para lograr este ansiado traslado que se acabará levando a cabo co tempo.
No tocante ao proxecto da firma Gestamp Eólica, o alcalde amosou a súa insatisfacción e disconformidade pola decisión de non conceder megavatio algún a esta empresa que tiña previsto poñer en marcha unha factoría no municipio.

Neste senso, González Formoso asegurou estar sorprendido por esta resolución e é que o rexedor pontés aínda se está a preguntar como non se tivo en conta unha firma que xa demostra sobradamente, día a día, a súa capacidade técnica e financieira, e que, actualmente, explota 3.000 megavatios de potencia ao longo de todo o mundo e conta no seu plantel con máis de 14.000 empregados.
Asemade, segundo aclarou o primeiro edil, Gestamp Eólica presentara un proxecto concreto para As Pontes que contaba co apoio económico do Ministerio de Industria e para o que a empresa xa fixera unha reserva de chan industrial no polígono de Penapurreira.

24/12/08

Política Territorial abriu hoxe ao tráfico os nove quilómetros da AG-64 entre As Pontes e Cabreiros





• O alcalde de As Pontes e a conselleira de Política Territorial foron os encargados de inaugurar o novo treito da Autovía Ferrol-Vilalba

As Pontes, 23 de decembro de 2008.-
A conselleira de Política Territorial, María José Caride, e mailo alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, inauguraron hoxe o penúltimo tramo da autovía que enlazará en 2009 os concellos de Ferrol e Vilalba, a AG-64, e que comprende un total de nove quilómetros que unen o municipio de As Pontes coa localidade lucense de Cabreiros.

Así as cousas, dende as 20.00 horas desta mesma tarde, xa estará operativo este treito que supuxo unha inversión total de 75 millóns de euros e que permitirá reducir á metade o tempo empregado para percorrer este mesmo treito a través da estrada convencional.

Neste senso, segundo subliñou Valentín González Formoso, o concello pontés acada así unha porta de comunicación con Europa, a Meseta e o Porto Exterior, substituíndo unha perigosa estrada por unha infraestructura limpa, rápida e que garante o futuro empresarial de As Pontes.

Asemade, o rexedor anunciou a futura posta en marcha de novos proxectos en colaboura co concello de Xermade para dar vida a ámbolos dous municipios, facendo sobre todo de As Pontes un punto de referencia a nivel industrial en Galicia, ademáis dun referente enerxético europeo.

Pola súa banda, a conselleira de Política Territorial deu a coñecer que o tramo restante, que unirá Cabreiros con Vilalba e que conta con 13 quillómetros de extesión, estará rematado para outono de 2009, traballos nos que se investirán 40 millóns de euros e que permitirán, finalmente, enlazar as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal co norte de Asturias e coa A-6, proxecto que suporá unha inversión total de 200 millóns de euros.





María José Caride tamén fixo referencia ás dificultades, tanto medioambientais como patrimoniais, que trouxeron consigo os traballos deste treito entre As Pontes e Cabreiros anunciando que o seu departamento estableceu e manterá sistemas de control para evitar o verquido de pirita nos afluentes do río Eume, situación non reflectida nos informes previos de impacto medioambiental das obras e ante a que a CPTOPT tivo que actuar conxuntamente coa Consellería de Medio Ambiente, co fin de dar solución ao desastre ecolóxico que supuxo a contaminación dos ríos Chamoselo e Lavadoiro.

O acto contou tamén coa presenza do alcalde de Xermade, Tomás Rodríguez, de Ferrol, Vicente Irisarri, e Fene, Iván Puentes, ademáis de varios empresarios da zona e do presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol, Amable Dopico.


Características do vial

O tramo entre As Pontes e Cabreiros contou cunha inversión total de 75 millóns de euros o que deu lugar a un tramo de 8.960 metros de vía que permite reducir á metade o tempo empregado ata o de agora, a través de estrada convencional, para unir o casco urbano pontés coa localidade lucense.

O trazado conta con dous enlaces, un nas inmediacións do polígono industrial dos Airíos e un segundo en Cabreiros, á altura da estrada LU-170. Asemade, é preciso salientar a presenza de dous viadutos, o do Eume de 850 metros de longo e 97 de altura, executado exclusivamente por firmas galegas, e un segundo o viaduto do Lavadoiro de 222 metros de lonxitude.

Por outra banda, nestes novos nove quilómetros a velocidade media sitúase nos 100 quilómetros / hora, con pendentes como máximo dun 5 por cento de inclinación e que incorporan os novos elementos de protección de motociclistas.

Así as cousas, coa apertura deste treito xa se atopan operativos 43 dos 56 quilómetros que engloban este proxecto que permitirá unir Ferrol e Vilalba, o que se resume na operatividade do 80 por cento do percorrido total deste proxecto.

21/12/08

belen 2008

Actividades para nenos e maiores integran unha ampla e variada programación para as xornadas de festa

• A música, o cine e os obradoiros de manualidades serán a aposta do departamento de Cultura para os vindeiros días de Nadal


O departamento de Cultura continua coa súa ampla e variada programación para estas festas de Nadal e é que, despois de que a pasada semana se desenvolvesen as primeiras actividades navideñas, para os vindeiros días os veciños e veciñas de As Pontes de tódalas idades poderán desfrutar de música, cine, exposicions ou representacións tetarais, ademáis de varios obradoiros de manualidades para os máis pequenos.
Precisamente, o luns terá lugar un taller de maquillaxe e malabares para maiores de 4 anos, ademáis dun taller de fotografía dixital, organizado a través da Deputación da Coruña. Ámbalas dúas actividades desenvolveranse na Casa Dopeso.
Este mesmo día, e repetindo escenario, abrirase ao público a mostra que recompila os traballos presentados ao Terceiro Premio de Banda Deseñada Castelao, e que estarán expostos no soto da Casa Dopeso. Entretanto, dende as 10.30 horas, o salón de actos deste mesmo edificio acollerá o Festival de Nadal que protagonizará a Rondalla Vila de As Pontes, mentras que media hora antes os que prefiran desfrutar dun bo filme poderán achegarse ao auditorio municipal Alovi onde se proxectará a longametraxe High School Musical 3.
O martes abrirase de novo coa celebración de tres novos obradoiros. O primeiro para nenos de 4 a 7 anos, no que os pequenos poderán elaborar colgantes de Nadal, mentras que o segundo estará dirixido a rapaces de 8 a 12 anos que poderán aprender a decorar pedras. Asemade, tamén se desenvolverá a segunda sesión do obradoiro de fotografía dixital.
A música tamén terá o seu lugar nesta xornada cos aguinaldos que interpretarán os membros da Asociación Cultural Alende polas rúas do casco urbano dende as 17.00 horas.



Pecha esta xornada o teatro infantil da compañía Os Quinquilláns. Dende ás 18.30 horas será posible desfrutar do clásico Mago de Oz da man destes actores que traerán ata o Alovi unha historia adaptada ao público familiar deste clásico de L. Frank Baum e no que a pequena Dorothy e o seu can Totó buscan a cidade Esmeralda para lograr regresar á súa casa de Kansas, despois de que un tornado os levase a este mundo encantado onde atopará a amizade dun león cobarde, un espantallo sen cerebro e un home de lata sen corazón.
Tralas festividades da Noiteboa e Nadal, o venres 26 retomarase o taller de fotografía dixital coa última sesión deste curso. Asemade, na biblioteca municipal dende as 16.30 horas, os meniños de entre 3 e 7 anos poderán tomar parte na campaña Letras Vivas e Animación, da man do ratonciños de Trinke Trinke que intentarán achegar aos máis pequenos a paixón pola lectura a través de breves e entretidas historias.
Entretanto, ás 20.30 horas na Casa Dopeso desenvolverase un obradoiro de música moderna onde será posible escoitar a tódolos alumnos que participan nos obradoiros municipais de guitarra e percusión moderna, aínda que os que prefiran o cine poderán asistir a unha nova proxección de High School Musical 3, ás 18.00 horas no Alovi.

Fin de semana
Na tarde do sábado, ás 18.30 horas terá lugar o I Encontro de Bandas de Música Xuvenís. Neste primeiro certame, que se celebrará no salón de actos da Casa Dopeso, participarán a Banda Isabel II de Touro ademáis da Banda Xuvenil das Pontes.
Á mesma hora, no Alovi, proxectarase o filme infantil El Patito Feo y Yo, mentras que ás 20.30 horas e repetindo emprazamento será posible desfrutar de El niño del pijama de rayas, baseado no gran éxito de ventas de John Boyne.
O domingo repetiranse novamente estas dúas proxeccións pero en diferente horario. Así as cousas, El Patito Feo y Yo dará comezo ás 16.30 horas e El niño del pijama de rayas ás 19.00 horas.
A actividade que pechará a fin de semana será a Amigus Party Nadal 08 que se desenvolverá ao longo tanto de toda a xornada do sábado coma do domingo no Lar, cita na que os afeccionados ao mundo da informática, os xogos en rede e os videoxogos poderán desfrutar de 48 horas sumerxidos no mundo das tecnoloxías informáticas, compartir datos ou tomar parte en diferentes competicións.

19/12/08

As Pontes acolle uns contacontos solidarios enmarcados na campaña Achégate para o fomento da cooperación exterior galega

• A campaña da Dirección Xeral de Cooperación Exterior, traerá ata o municipio exposicións, xogos e actividades de sensibilización


A Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, en colaboración co departamento municipal de Servizos Sociais, traerá mañá ata As Pontes a campaña de sensibilización Achégate!.
Trátase dunha unidade móvil que está a percorrer varios concellos galegos co fin de dar a coñecer á cidadanía a través de actividades informativas, educativas e lúdicas, o traballo de cooperación internacional que está a desenvolver tanto a Xunta de Galicia coma os diferentes colectivos e organizacións non gubernamentais.
Esta unidade móvil estará instalada diante da Casa Consistorial en horario continuado entre as 11.00 e as 20.00 horas e contará con diferentes actividades dirixidas tanto a nenos coma a maiores nas que cabe salientar os contacontos, os xogos ou as exposicións.
Dende o departamento de Servizos Sociais, o seu máximo responsable, José Alén quixo convidar a tódolos veciños e veciñas a tomar parte nesta cita que, segundo aclarou, trata de ser unha exposición visual e atractiva de tódalas iniciativas que se están a desenvolver nos países máis pobres pero utilizando, para tal fin, unha perspectiva humana, directa e obxectiva, que permita aos cidadáns reflexionar sobre a pobreza e as súas causas, ademáis de sobre a necesidade de loitar para a súa erradicación.
Por outra banda, a través desta campaña, tal e como explicou José Alén, a Dirección Xeral de Cooperación Exterior tamén busca transmitir o sentido de xustiza cos pobos menos desenvolvidos, fomentando a solidariedade e o activismo entre os galegos e galegas e dando lugar a unha sociedade tolerante, libre, respetuosa e exemplo de convivencia.


Actividades
A campaña Achégate! Estará composta por diferentes actividades entre as que cabe salientar unha exposición fotográfica de 80 imaxes e unha vintena de paneis informativos que amosan o labor desenvolvido pola Cooperación Galega, en países de América Central, Sudamérica, o Caribe ou África, onde se están a desenvolver campañas para a cobertura das necesidades básicas, de saúde e educación, actividades en prol da igualdade entre homes e mulleres ou iniciativas en prol da sostibilidade ambiental.
Asemade, esta unidade móvil está dotada dun espazo para a lectura, dotado con interesante documentación facilitada por ONGs, diferentes Universidades, organismos públicos…; unha sala multimedia na que os pequenos poderán coñecer o traballo de cooperación internacional a través dun xogo interactivo e unha exposición de productos de Comercio Xusto.
Nembargantes, unha das actividades de maior interese serán as diferentes sesións de contacontos solidarios, que protagonizarán os membros da ONG chantadina Bicis por la paz e os seus monicreques ataviados con roupas típicas doutras culturas, que serán os encargados de facerlle chegar aos máis pequenos, a través do humor, a mímica e a poesía, historias para a construcción dun mundo real xusto e libre, a través da sensibilización dos máis novos.
Estas historias iranse narrando ao longo de toda a xornada, en horarios variables, en función da afluencia de público.

18/12/08

O Concello porá en marcha varios obradoiros de manualidades para os máis pequenos da casa

• Malabares, maquillaxe, maxia, papiroflexia ou fotografía serán algunhas das disciplinas que se poderán aprender nestes cursos


O departamento de Cultura desenvolverá ao longo das festas de Nadal varios obradoiros para os rapaces de catro anos en diante, onde as maquillaxes, o arte da papiroflexia, a maxia ou a elaboración de abalarios serán as principais temáticas.
Así as cousas, o vindeiro luns en horario de 16.30 a 18.00 horas desenvolveranse os primeiros obradoiros de maquillaxe, tatuaxes e malabares. O escenario serán as aulas polivalente e de danza da Casa Dopeso.
Mesma localización terán os talleres de colgantes de Nadal e pedras pintadas que se celebrarán o día 23, entre as 16.30 e as 18.00 horas aínda que no primeiro tan só poderán participar nenos de entre 4 e 7 anos e no segundo, rapaces algo máis maiores, con idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos.
Tralo parón das xornadas de Noiteboa e Nadal, o día 29 retomaranse estas actividades cun obradoiro de maxia que impartirá, na Casa Dopeso, o Mago Richard e que estará dirixido a nenos de entre 6 e 14 anos. Aínda que para os que prefiran o debuxo e a banda deseñada, a súa cita é co ilustrador Jacobo Fernández, gañador do premio Castelao para banda deseñada, tamén á mesma hora e no mesmo emprazamento.
Un día despois, o 30 de decembro, e tamén na Casa Dopeso terán lugar os obradoiros de colgantes de Nadal para rapaces de 4 a 7 anos e de papiroflexia, dirixidos aos que teñan entre 8 e 12. Pechan esta oferta os membros do grupo Funeka Murder que impartirán xa coa chegada do ano novo, o 2 de xaneiro, a partires das 16.30 horas un taller de breakdance para maiores de 6 anos, aínda que será preciso anotarse previamente no departamento de Cultura.




Taller de fotografía dixital
O programa de actividades para estas datas complétase cun curso de fotografía dixital, de oito horas de duración, e que está dirixido a maiores de 12 anos.
Este taller, que conta co respaldo non só do concello senón tamén da Deputación de A Coruña, desenvolverase os días 22, 23 e 26 de decembro e para poder participar era preciso formalizar a pertinente inscripción hai unhas semanas.
O principal fin deste taller é que cada alumno aprenda a sacarlle un maior partido aos seus respectivos equipos fotográficos, a través da mellora da súa técnica fotográfica e a súa capacidade creativa.

Por outra banda, grazas a esta iniciativa, os participantes poderán aprender como solventar problemas tan típicos coma a descarga de imaxes, o seu axuste ou retoque, incentivando a súa creatividade.

O curso estará dividido en dúas partes: unha primeira na que se realizará un achegamento ás cámaras dixitais, axustes e optimización das mesmas; impartiranse leccións básicas sobre as diferentes calidades de imaxe e os distintos formatos de arquivo fotográfico existentes, ademáis de ofrecer un primeiro achegamento aos programas creativos máis utilizados.

Nun segundo bloque tratarase a edición de imaxes tratando aspectos coma o seu axuste, o retoque de fotografías antigas ou defectuosas; a creación de montaxes con imaxes e textos, e, finalmente a preparación de instantáneas para a súa exposición en diferentes dispositivos.

16/12/08

PROGRAMA FESTAS NADAL

A Deputación asumirá a adquisición de novos vehículos para os servizos de obras e electricidade

• O convenio asinado esta mañá entre o Concello e o goberno provincial, ascende a 110.000 euros

O Presidente da Deputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda, achegouse esta mañá ata As Pontes en visita oficial para asinar un convenio co Concello mediante o cal o goberno provincial sufragará a renovación do parque móbil municipal.
Así as cousas, a Deputación aportará 110.000 euros para compra de novos vehículos, que substituirán aos máis obsoletos que se estaban a ser empregados polo departamento de obras, acordo que xa recibía luz verde por parte da cámara provincial a finais do pasado mes de outubro.
No documento asinado nas últimas horas, figura xa a consignación para a maquinaria de obras públicas dos servizos municipais e na que está prevista que inclúa un vehículo adaptado para o servizo eléctrico e outro para uso xeral do servizo de obras.
Pasada a media mañá, Fernández Moreda era recibido polo alcalde, Valentín González Formoso, a concelleira e deputada provincial, Montserrat García, ademáis de varios membros da corporación local, nun acto que tiña como escenario o salón de plenos.
Posteriormente, a comitiva dirixíuse ata a sala de exposicións do Mercado Vello para proceder á inauguración da exposición de fotoxornalismo Manuel López 1966- 2006, que permanecerá no concello ata o 9 de xaneiro.
O periplo continuou co desprazamento aos viais da rede provincial sometidos a mellora recentemente. Así as cousas, a comitiva visitou a estrada provincial 1.802, entre Veiga de Cabana e As Pontes, onde se executaron obras de mellora do firme entre os kilómetros 14´900 e 17´800 para, posteriormente, dirixirse ao vial que enlaza o poboado da Fraga co encoro da Ribeira, onde o presidente provincial puido comprobar o resultado das obras de construcción das novas beirarrúas.

15/12/08

Fernández Moreda inaugurará mañá unha exposición en homenaxe ao fotógrafo coruñés Manuel López

• A mostra permanecerá en As Pontes ata o 9 de xaneiro e na súa presentación tamén se contará coa presenza do rexedor pontés


O presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, xunto co alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, e a deputada provincial Montserrat García ingurarán mañá ás 13.00 horas, na sala do Mercado Vello, a mostra Manuel López 1966 – 2006.
Trátase dunha colección de instantáneas que resumen a ampla carreira deste fotoxornalista coruñés, que está incluída no festival Olladas ´06, e que serven como merecida homenaxe por parte do goberno provincial á longa traxectoria profesional deste fotógrafo.
Esta mostra, que permanecerá en As Pontes ata o 9 de xaneiro, está composta por diferentes instantáneas que percorren corenta anos da historia de España, vista dende o obxectivo deste coruñés natural de Vilasantar pero afincado en Madrid dende 1970 e que definiu esta exposición, no seu día, “coma os apuntes ao pasar dun cidadán que, cunha cámara, quería contar o que acontecía na España das últimas décadas”.

Manuel López
A traxectoria profesional de Manuel López dá comezo cos seus estudos de Fotoxornalismo na Bikla-Schule de Colonia (Alemaña). Unha vez rematada a carreira, colabora con medios da altura da Gaceta Ilustrada, Cuadernos Para el Diálogo, El Periódico ou Tiempo, chegando a fundar e dirixir dende 1982 a revista Foto.
O seu currículo tamén inclúe a dirección de seccións de fotografía en publicacións da talla de El País Semanal, Viajar, La Calle, Nuestra Escuela ou Nueva Lente, que combinaba con postos coma a secretaría xeral da Asociación Provincial de Informadores Gráficos de Madrid ou a presidencia da Asociación Nacional de Informadores Gráficos de Prensa y Televisión, cargo que manterá ata o 2012.


Á súa faceta de informador, fotógrafo e editor únese a de mestre xa que ata o 2001 exerceu como profesor asociado na Universidade de Madrid e, a día de hoxe, continúa vinculado coa educación das novas xeracións de fotoxornalistas ao encargarse das asignaturas de Producción Gráfica e Fotografía Aplicada na Escola Superior de Publicidade de Nebrija (Madrid).
Asemade, ostenta o título de Fotógrafo histórico concedido pola Deputación de A Coruña en recoñecemento á súa importante traxectoria.

14/12/08

NADAL CULTURAL

Cultura pon en marcha unha ambiciosa programación de Nadal apta para tódolos gustos
• Teatro, cine, musica ou obradoiros de maxia e manualidades son algunhas das actividades que se poderán desenvolver nestas festas

As Pontes, 12 de decembro de 2008.-
O Concello de As Pontes ofrecerá unha interesante e atractiva programación cultural para estas festas de Nadal que están a piques de comezar.

Así as cousas, entre a ampla cantidade de iniciativas que se están a ultimar dende o departamento municipal de Cultura para estas datas será posible desfrutar de exposicións fotográficas, obradoiros de manualidades, un belén vivinte, concertos, sesións de cine ou a xa tradicional Cabalgata de Reis.

Esta fin de semana xa daban comezo as primeiras actividades coa celebración dun obradoiro de graffiti, unha demostración de hip-hop a cargo do dúo As Dríadas e a decoración da sala infantil da biblioteca municipal, que terá lugar mañá dende as 11.00 horas.

A vindeira semana, concretamente o día 16, á unha da tarde, inaugurarase no Mercado Vello a exposición de fotoxornalismo Manuel López 1966 – 2006. Xa para o día 20, o auditorio municipal Alovi acollerá unha exhibición de danza clásica e moderna dende as 19.00 horas, a cargo das escolas municipais de danza; mentras que o día seguinte estará encabezado polo Recital de Panxoliñas ás 12.30 horas na Igrexa Parroquial e que protagonizarán a Coral Eixil (Cedeira), Albae Sonos (Ferrol), Coral Endesa – As Pontes e as Cantareiras de Alende (As Pontes).

A tarde terá como principal atractivo a primeira función do Belén Vivinte que se instalará baixo a carpa ubicada no patio do colexio Santa María, representación que se repetirá á mesma hora o 5 de xaneiro, coincidindo coa Cabalgata de Reis.

O día 22 abrirase ao público na Casa Dopeso a mostra que recompila tódolos traballos presentados ao terceiro premio de Banda Deseñada Castelao, da Casa Dopeso que tamén acollerá, dende as 19.30 horas, o Festival de Nadal de Rondallas.




A música continuará o día 23 cos aguinaldos que interpretarán os rapaces e rapazas da Asociación Cultural Alende polas rúas pontesas dende as 17.00 horas aínda que tamén para esa tarde está programa a primeira das citas teatrais destas festas coa obra Mago de Oz que levarán a escea a compañía Os Quinquilláns, no Alovi, dende as 18.30 horas.

A biblioteca municipal será o escenario que acollerá xa o día 26 a campaña Letras Vivas Animación, unha iniciativa que chegará ata As Pontes da man da compañía Trinke Trinke e que, dende as 16.30 horas, achegará o mundo da lectura aos máis pequenos a través duns simpáticos ratos de biblioteca.

Xa para os máis maiores, e esa mesma tarde, na Casa Dopeso terá lugar un combo dos participantes nos diferentes obradoiros de música moderna e do que poderá desfrutar todo aquel que se achegue a estas instalacións dende as 20.30 horas.

Os afeccionados á música tamén poderán desfrutar desta noble arte o día 27 co Primeiro Encontro de Bandas de Música Xuvenís no que tomará parte a Banda Xuvenil de As Pontes e a Banda Isabel II de Touro, que actuarán no escenario da Casa Dopeso dende ás 18.30 horas, mentras que os que prefiran as novas tecnoloxías poderán tomar tanto o día 28 coma o 29 nunha nova Amigus Party que se celebrará no Lar de Endesa.

O día 30 será momento dunha nova demostración musical grazas a unha clase aberta de acordeón que terá lugar na Casa Dopeso ás 19.30 horas, mentras que ás 20.00 horas o Alovi albergará o espectáculo de maxia de Benxamín e Loli.

Co ano novo, o 2 de xaneiro, a compañía Galitoon Teatro Infantil traerá ata As Pontes o espectáculo Babiliglub para nenos de entre 1 e 7 anos, representación que terá lugar ás 18.30 horas no auditorio municipal Alovi.

O día 5 ata As Pontes se desprazarán os Reis Magos dende Oriente para tomar parte nunha calbalgata que partirá da rúa Monte Caxado ás 17.00 horas e que, tras percorrer as rúas máis emblemáticas do casco urbano rematará no patio do colexio Santa María co fin de tomar parte no Belén Vivinte aínda que tamén haberá tempo de que as Súas Maxestades sauden aos máis pequenos e recollan as últimas cartas cos seus desexos para esta noite máxica.

As actividades que pecharán a programación desenvolveranse os días 6 e 10 de xaneiro coa Homenaxe floral a Castelao ás 12.30 horas e o sorteo de 4.000 euros da campaña Merca nas Pontes, que terá lugar ás 18.00 horas na Casa Dopeso.



Obradoiros infantís

A programación de Nadal conta cun apartado especial adicado aos máis pequenos a través de diferentes obradoiros nos que se mestura a fotografía coas manualidades, a danza ou incluso a maxia.

Así as cousas, os días 22, 23 e 26 terá lugar un obradoiro de fotografía dixital para maiores de 12 anos e que se desenvolverá en horario de 16.30 a 19.30 horas no soto da Casa Dopeso. Os que decidan tomar parte nesta actividade poderán aprender a descargar imaxes, retocalas ou incluso a crear montaxes, entre outros contidos.

Tamén os días 22 e 23, ademáis do 29, 30 e o 2 de xaneiro, a Casa Dopeso convertirase nun taller no que os pequenos poderán elaborar abalorios, adornos de Nadal, pintar pedras, aprender a maquillarse ou incluso recibir algunhas leccións de papiroflexia, malabares, maxia, debuxo de banda deseñada ou break dance, entre outras actividades.



Cine de Nadal

A oferta cultural destas festas completarase con varias proxeccións cinematográficas que darán comezo o día 22, ás 19.00 horas, con High School Musical, longametraxe da que tamén se poderá desfrutar o día 26 ás 18.00 horas.

Para os días 27 e 28 temos dous filmes: El Patito Feo y Yo que dará comezo ás 18.30 o sábado e 16.30 na xornada do domingo, e El niño del pijama de rayas, que se proxectará ás 20.30 horas e 19.00 horas, respectivamente.

Na xornada do 29 de decembro será posible desfrutar de Viaje al centro de la tierra ás 19.00 horas e que tamén se proxectará o día 2 de xaneiro ás 20.30 horas.

Pechan programación Pérez II que se emitirá os días 3 e 4 de xaneiro ás 18.30 e 16.30 horas respectivamente, e Transsiberian que tamén será posible visionar nas xornadas do 3 e 4 de xaneiro ás 20.30 e 19.00 horas, respectivamente.

Todas estas longametraxes serán proxectadas no auditorio municipal Alovi.

12/12/08

ACTIVIDADE: GRAFFITI E LETRAS CON FAÍSCA DOS MEGATOXOS

Nos poñemos en contacto con vostede, para achegarlle a información dunha actividade organizada polo Concello de As Pontes en colaboración coa editorial A Nosa Terra, co gallo de que a faga chegar aos seus alumnos.

A actividade, Graffiti e letras con Faíscas dos Megatoxos, estará dirixida por Anxo Fariña, e realizarase o venres 12 de Decembro, de 18 a 19 horas na Casa de Don Pedro (ao lado do Mercado municipal, en fronte do colexio Sta. María), e está indicada para rapaces de 12 a 16 anos.
INSCRICIÓNS: dpto de cultura 981 44 03 44 ou en cultura@aspontes.org deixando o nome, idade e telefono de contacto

Anxo Fariña é un coñecido escritor e ilustrador galego (Os megatoxos, Antón e Pompón...), que compaxina o traballo creativo co contacto directos cos seus lectores. Entre o 2005 e 2008, está a desenvolver unha campaña de promoción da lectura, que o levou a visitar máis de 250 centros de ensino. Os seus libros “Os Megatoxos”, son un referente na nova literatura infantil-xuvenil.

Entre os obxectivos desta actividade están:

- Asociar o graffiti cunha actividade artística e non vandálica.
- Concienciar sobre o uso do graffiti en espazos autorizados a tal fin.
- Analizar a importancia de respetar os espazos comúns e a repercusión e consecuencias para espazos publicos e privados das pintadas.
- Dinamizar o uso da lingua galega na preadolescencia
- Incentivar a creatividade en galego e desde o galego
- Asociar o uso da lingua galega con actividades de interese desta franxa de idade (graffiti, cultura urbana)
- Fomentar a creatividade por grupos

Desenrolo da actividade:
Na primeira parte do obradoiro e dun xeito breve, explicaráselles aos asistentes a relación entre signos e letras, e a súa evolución. A partir de aí establecerase un pequeno xogo no que a partir de letras os asistentes creen debuxos con significado. Pódese debuxar un gato coas letras da palabra “gato”, ou debuxar un gato coas letras da palabra “cabalo” creando así un obxecto artístico con múltiples lecturas e significados. Baixo a tutoría de Anxo Fariña, farán as súas creacións a consellados polo artista. Hai que lembrar que aínda que as veces parezan ilexibles a maior parte dos graffitis, son composicións de texto. Poderían chamarse como “poesía visual de nova xeración”. Nun arte no que son tan importantes as palabras, e máis doado transmitirlles esa importancia aos asistentes.

Unha vez feitos os bosquexos, pasarase a explicarlles aos asistentes a técnica relacionada co graffiti do “stencil” ou pintado a través de plantillas. Tamén se lles instruirá nas técnicas básicas de cor forma e composición. Anxo Fariña pintará no propio mural personaxes dos Megatoxos combinados con creacións dos mozos.
Finalmente e por grupos, os asistentes ao obradoiro farán en grande as súas creacións con sprays nun papel a tamaño mural, que logo poderán levar con eles.

11/12/08

Diferentes asociacións pontesas albergarán varios talleres de consumo responsable auspiciados polo Concello

• Participación Cidadá realizará tres obradoiros en diferentes locais veciñais que terán continuidade no 2009 noutras zonas do munipio

O Concello de As Pontes está a preparar unha serie de obradoiros a través do Departamento de Participación Cidadá que se desenvolverán en diferentes asociacións de veciños, aos que se pretenderá achegar indicacións, directrices e diferentes consellos para reciclar materiais, elaborar produtos de limpeza ecolóxicos ou para realizar un consumo máis responsable.
Estes obradoiros realizaranse ao longo da vindeira semana aínda que, tal e como explicou a concelleira, no 2009 continuarase a desenvolver iniciativas similares por tódalas asociacións veciñais, sen descartar a repetición dalgún destes obradoiros. E é que o vindeiro día 16 o local social de Beiras do Eume acollerá o primeiro destes cursos, entre ás 16.30 e 19.00 horas.
Este taller terá como tema central o desenvolvemento sostible e é que está previsto que os que decidan tomar parte no mesmo aprendar a elaborar papel reciclado co que crear, posteriormente, unha libreta. Asemade, tamén se impartirá unha charla sobre a reciclaxe selectiva.
Un día despois, entre ás 18.00 e as 20.30 horas, o local social dos veciños do barrio das Campeiras albergará un taller adicado ao consumo, onde ademáis de impartir unha charla sobre o consumo responsable, os asistentes poderán aprender a analizar os diferentes anuncios publicitarios e coñecer os produtos ecolóxicos que, hoxe en día, o mercado pon á nosa desposición.
O terceiro destes obradoiros desenvolverase o día 18, entre as 17.00 e as 19.30 horas, no local da Asociación Amas de Casa e, entre os contidos a desenvolver, está previsto achegarlles aos participantes os diferentes produtos de limpeza non tóxicos que se poden atopar no mercado, ademáis de darlles a coñecer unhas liñas básicas para recoñecer a simboloxía coa que se identifican as sustancias nocivas que podemos empregar para a limpeza dos nosos fogares. Esta actividade completarase coa preparación dun limpafogar ecolóxico.
Todos estes cursos contan cun límite de vinte prazas e para anotarse será preciso acudir ao local social no que se desenvolverá cada taller.

8/12/08

Cen ponteses e pontesas de diferentes idades participarán no primeiro Belén Vivinte de As Pontes

• Os días 21 de decembro e 5 de xaneiros terán lugar as dúas representacións nas que tamén haberá obradoiros de antigos oficios


Máis dun cento de veciños e veciñas de As Pontes, de tódalas idades, tomarán parte no primeiro belén vivinte organizado polo concello. Así o anunciou onte a edil de Participación Cidadá e principal responsable da actividade, Montserrat García, moi satisfeita coa colaboura ofrecida polos veciños e veciñas nesta iniciativa innovadora para o concello e coa que se pretenden dinamizar estas míticas festas.

Esta actividade, que se desenvolerá os días os vindeiros días 21 de decembro e 5 de xaneiro, dará comezo ás 17.00 horas na carpa instalada no patio do Colexio Santa María, e contou, segundo aclarou a concelleira cunha gran acollida por parte da cidadanía, tanto do casco urbano coma das parroquias, xa que ademáis de ofrecer a súa axuda e participación, os veciños están a ceder material para a súa confección xa que, está previsto recuperar non só a vestimenta tradicional e a rutina dos ponteses de hai cincuenta anos, senón tamén os seus oficios. Así as cousas, nestas dúas xornadas desenvolveranse varios obradoiros adicados a oficios tradicionais coa presenza de zoqueiros, ferreiros, fiandeiras, zapateiros… que se instalarán no patio do Colexio Santa María.

Neste senso, Montserrat García recalcou o seu interese por homenaxear, a través deste proxecto, “aos nosos ancestros, volvendo a vista atrás dun xeito moi emotivo e que servirá para que os máis novos coñezan o día a día dos seus bisavós”.

Co fin de organizar aos veciños e veciñas xa anotados para tomar parte neste Belén, o vindeiro venres, ás 20.00 horas, celebrarase unha reunión no salón de actos da Casa Dopeso, aínda que os que desexen participar e aínda non se inscribisen poden achegarse ata o Departamento de Cultura, ubicado no primeiro andar da Casa Dopeso, telefonar ao 981 44 03 44 ou ben enviar un correo electrónico cos seus datos persoais a cultura@aspontes.org.

A solidariedade tamén terá un espazo importante neste Belén xa que todos aqueles nenos e nenas que desexen depositar un xoguete para o neno Xesús, poderán deixar o seu paquete os días da representación, agasallos que, posteriormente serán doados a Cáritas Parroquial e distribuídos entre os pequenos máis desfavorecidos.


Decoración nos barrios

Ademáis do Belén Vivinte, o Concello tamén está a organizar un concurso de decoración para que os ponteses decoren de forma especial os seus propios barrios e rúas e así “poñer a As Pontes guapa”, tal e como explicou Montserrat García.

Segundo anunciou a edil, dende o vindeiro día18, un xurado formado por catro alumnos de Ensino Medio e a artista pontesa Lourdes Acera, presidido pola propia concelleira, percorrerá tódalas rúas do municipio para examinar e puntuar as diferentes decoracións e así designar as rúas ou barrios gañadores deste concurso.

O día 5 de xaneiro, trala celebración da tradicional Cabalgata dos Reis Magos, daranse a coñecer os nomes dos barrios que recibirán unha placa conmemorativa e un primeiro premio de 300 euros e un segundo 100 euros, mentras que, de nomearse gañadoras unhas rúas ou barrios que non conten cunha asociación veciñal recibirán como galardón unha actividade lúdico-festiva.

5/12/08

As Pontes formará parte da Asociación de Municipios con Instalacións de Enerxías Renovables

• O pleno deu o seu beneplácito a unha moción para a instalación dunha empresa no concello que xestione as cinsas voantes de Endesa


O Concello de As Pontes vense de adherir á Asociación Nacional de Municipios con Instalacións de Enerxías Renovables, unha decisión que era tomada onte, por unhanimiedade, no que foi a derradeira sesión plenaria ordinaria de 2008.

Así as cousas, As Pontes, a través da representación do edil de Promoción Industrial, Óscar García, formará parte desta entidade de recente creación e que se adica a asesorar e informar a todos aqueles municipios que conten con instalacións productoras de enerxías renovables.

Por outra banda, onte tamén recibía luz verde a única moción presentada a pleno por parte do Bloque Nacionalista Galego e na que se instaba ao goberno municipal a esixille á firma Endesa Xeración a instalación dunha empresa no propio concello que se encargue de xestionar as cinsas voantes procedentes da combustión de carbón na central térmica pontesa.

Con respecto a este asunto, o grupo municipal do PSdG-PSOE ofreceu o seu total apoio á mesma, sempre e cando se dese prioridade á firma Cenizas As Pontes, unha empresa local que suporá a inversión de dous millóns de euros, 500.000 euros procedentes do Plan Miner, e coa que xa hai un compromiso de emprego; proposta que foi aceptada por tódolos membros da corporación municipal.

Por outra banda, o pleno tamén aprobou varios expedentes sobre diferentes facturas de exercizos anteriores, pago de expropiacións e subvencións ás parroquias da Faeira e Goente para as súas festas patronais e deuse conta de varias resolucións de alcaldía do mes pasado.

No tocante ao capítulo de rogos e preguntas, o BNG interesouse polo comezo do curso de iniciación á música, asuntos ao que deu resposta a edil de Cultura Eva Conde anunciando que o curso de iniciación musical está previsto para o mes de xaneiro.

Por outra banda, tanto BNG como Partido Popular se interesaron pola futura apertura do tramo entre As Pontes e Cabreiros da AG-64, ademáis do arranxo das pistas de lugares coma Mariñaleda, Pedrafita e o Aparral, deterioradas polo continuo paso dos camións de gran tonelaxe vinculados cos traballos da Autovía Ferrol -Vilalba.

Neste senso, o alcalde Valentín González Formoso anunciou non só que a AG-64 se abrirá denantes de que remate o ano, senón que tamén a vindeira semana o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Alberto González, visitará estas zonas para comprobar o seu estado e buscar unha solución.

Finalmente, o rexedor pontés convocou aos grupos da oposición para manter un encontro nos vindeiros días no que se tratarán os proxectos aos que irán destinados os máis de dous millóns de euros do Fondo Estatal de Investimento Local.

4/12/08

O pleno da luz verde aos cinco proxectos que se incluirán no POS para o exercizo do próximo ano

• A Avenida da Coruña recibirá a achega máis importante co fin de someterse a un proceso de modernización e revalorización


O executivo municipal aprobou a pasada semana, coa abstención do Bloque Nacionalista Galego e do Partido Popular, as obras que se incluirán no Plan de Obras e Servizos para o 2009 e que financia a Deputación de A Coruña.

Así as cousas, o goberno provincial destinará o vindeiro ano unha partida de máis de medio millón de euros ao concello pontés e que se repartirán nun total de cinco obras que recibían luz verde a pasada semana, nunha sesión plenaria de carácter urxente.

Os cinco proxectos incluídos neste paquete veñen encabezados por unha inversión de case 67.000 euros para a mellora do pavimento da rúa Antonio Machado e o acceso ao local social dos veciños da parroquia pontesa de Goente. Asemade, tamén se destinarán 72.000 euros á segunda fase da reposición de tubaxes de auga na rúa Cobelos e á renovación do pavimento da rúa Telleira, e outros 41.000 euros empregaranse para a cuberta do local social dos veciños da Cal da Avelaíña.

As dúas inversións máis importantes irán dirixidas á terceira fase das obras de mellora dos servizos e pavimentos no Poboado da Magdalena, cun orzamento de 170.000 euros e á renovación de servizos e pavimentos da Avenida da Coruña, obras que contan cunha partida de 175.000 euros.

Segundo aclararon dende o goberno municipal, este último proxecto pretende ser unha aposta de futuro que ten como fin reactivar a zona, modernizando e revalorizando o centro do casco urbano e convertíndoo nun espazo atractivo para o paseo e desfrute dos veciños e veciñas.

Neste senso, a voceira do grupo de goberno, Montserrat García, aclarou que, ademáis de xa estar incluídas no programa electoral do grupo municipal do PSdG-PSOE xunto con outras obras para poñer en valor o centro urbano, estes traballos tamén atenden ás esixencias dos ponteses e pontesas que están a pedir unha nova imaxe para o centro do casco urbano, máis atractiva.

Finalmente, o listado de proxectos complétase cunha sexta obras que se acometerá no caso de que algunha das citadas con anterioridade non resulte aprobada pola Deputación provincial.

Así as cousas, o proxecto reserva, que precisaría dunha inversión de 77.000 euros, consiste na mellora das beirarrúas da rúa Méndez Pelayo ademáis da pavimentación do acceso ao campo de fútbol instalado na parroquia de Saa.

O Concello de As Pontes impranta a Televisión Dixital Terrestre



· Aínda que quedan algúns puntos sen cobertura, case a totalidade dos veciños e veciñas do municipio poden desfrutar xa da TDT

O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, e maila concelleira de Participación Cidadá, Montserrat García, presentaron hoxe, en rolda de prensa, o proceso de imprantación da Televisión Dixital Terrestre (TDT) no concello pontés, unha iniciativa que chega ao municipio cun ano de antelación, con respecto á planificación inicial ofrecida dende o Ministerio de Industria.

Así as cousas, segundo anunciou o primeiro edil, dende pasado 20 de novembro os veciños e veciñas que conten cun decodificador ou ben cun televisor xa adaptado á TDT poden desfrutar de 34 novas canles, tanto de televisión como de radio. cunha alta calidade.

González Formoso achacou a inmediatez da posta en marcha deste servizo á boa relación e traballo desenvolvido entre a administración local e o Ministerio de Industria, dende setembro de 2007, dando lugar a que a práctica totalidade do concello poida contar con televisión dixital denantes de decembro de 2009, un paso que definiu coma histórico e que, ao seu xuízo, agradará a tódolos veciños e veciñas.

Pola súa banda, a concelleira de Participación Cidadá subliñou que malia xa poder desfrutar dende finais do pasado mes das canles dixitais ofertadas pola empresa Abertis (Antena 3, TVE, Telecinco…), era preciso agardar ata que a firma Retegal, responsable das emisións da TVG, incluíse tamén esta canle na oferta dixital para presentar públicamente este servizo.

Montserrat García explicou que, dende hoxe, tódolos veciños e veciñas que desexen desfrutar desta oferta televisiva tan só deberán mercar o seu decodificador ou ben sintonizar os seus televisores, xa que, a non ser que se conte cunha antena xa moi antiga, non será preciso realizar axuste algún na mesma.

No tocante ás zonas que aínda non contan con este tipo de cobertura, a edil anunciou que se está a elaborar un proxecto por parte da Dirección Xeral de Comunicacións Audiovisuais para tratar de dar solución aos denominados “puntos escuros” e que xa rexistraban problemas na recepción do sinal de televisión analóxico.

O Concello escollerá, en colaboura coa veciñanza, as obras a realizar coa partida do Fondo Estatal de Investimento Local

• O alcalde amosou a súa satisfacción polos 2 millóns de euros procedentes do goberno estatal, calificando o 2009 coma o ano estrela para a inversión pública no concello


O goberno municipal manifestou hoxe a súa satisfacción en relación á partida de máis de dous millóns de euros que o executivo estatal destinará a As Pontes, a través do Fondo Estatal de Investimento Local que, na xornada de onte aparecía publicado no Boletín Oficial do Estado.

Segundo subliñou o alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, esta partida de 2.040.852 euros irá destinada á financiación de varias obras públicas que se concretarán nos vindeiros días, despois de que o equipo de goberno manteña sendos encontros co inxeñeiro municipal, o departamento de Urbanismo e representantes dos barrios e parroquias pontesas, xuntanzas nas que se tomará nota das demandas e necesidades dos veciños, establecendo un criterio de prioridade nas actuacións a realizar nas diferentes zonas do concello.

Neste senso, o rexedor pontés anunciou que estes cartos servirán para afrontar traballos de urxente necesidade para o concello, sempre escoitando as demandas dos veciños e priorizando as actuacións a levar a cabo.

Finalmente, o primeiro edil definiu o 2009 coma o ano estrela do concello pontés no que respecta a inversión pública, xa que a estes máis de dous millóns de euros é preciso sumar os fondos do Plan Miner que aportarán 21 millóns de euros en dous anos para o municipio, os máis de 500.000 euros procedentes do Plan de Obras e Servizos da Deputación de A Coruña para o 2009, a inversión de case cinco millóns de euros da Consellería de Medio Ambiente para a construcción da estación depuradora de augas residuais ou o Plan de Saneamento, financiado pola Xunta de Galicia, e que permitirá que As Pontes conte cunha achega de máis de 200.000 euros.

O Concello organiza un curso de soldadura a través do Plan Experimental de Emprego da Xunta de Galicia

• A esta iniciativa sumaranse tres obradoiros de cociña, torneiro-fresador e carpintería que se desenvolverán proximamente

O Concello de As Pontes acaba de poñer en marcha unha nova actividade formativa. Trátase dun curso de soldadura Mig-Mag e que está incluído no Plan Experimental de Emprego, subvencionado pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, e que se está a desenvolver no Centro de Dinamización de Empresas do polígono industrial de Penapurreira

Neste obradoiro, que se impartirá ata o mes de marzo e que contará con 300 horas de contados tanto teóricos coma prácticos, están a tomar parte un total de 12 persoas, a maioría delas desempregadas procedentes do xacemento mineiro de Endesa.

A través desta iniciativa, o que se predente dende o concello pontés é escoitar e dar resposta ás demandas realizadas dende as empresas da zona, creando traballadores á carta, formados para dar solución ás esixencias das industrias ubicadas en As Pontes.

Así as cousas, para a posta en marcha deste obradoiro contouse coa colaboura de ata catro firmas instaladas en As Pontes ( Aceriusa, Danigal, Prometal Innovación e Formoso) que seguirán moi de preto os resultados deste curso.

Dende a concellería de Promoción Industrial, o seu responsable Óscar García amosou a súa satisfacción ante a posta en marcha deste curso que servirá para ofrecer unha nova oportunidade dentro do mercado laboral aos desempregados.

Neste senso, o edil quixo reiterar o seu agradecemento polo esforzo realizado dende o departamento que dirixe Ricardo Varela para a posta en marcha deste Plan Experimental de Emprego e que deixará un total de 400.000 euros no noso concello para actividades formativas ademáis de para a posta en marcha de varias dependencias nas que se asesora aos desempregados e que tamén serve de canle de comunicación entre as demandas das empresas e os propios desempregados.

Finalmente, Óscar García anunciou que proximamente desenvolveranse outros tres cursos adicados a cociña, torneiro-fresador e carpintería, nos que tamén se contará coa colaboura de empresas adicadas a estos sectores.

3/12/08



Dende o 9 ata o 15 de decembro contaremos no noso Concello co exposición Medioambiental “Galicia,conservando anatureza” polo interese didáctico da mostra esta abrirase en horario de mañá a aqueles grupos de escolares que o soliciten.

A MOSTRA
Galicia, conservando a natureza
Esta exposición da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, pretende que todos os galegos e galegas, e máis especialmente, os habitantes dos espazos naturais protexidos coñezan os principais valores ambientais e patrimoniais que fixeron merecedores da protección aos diferentes espazos naturais.
Pero tamén, esta exposición pretende sensibilizarnos a todos da importancia que teñen os espazos naturais protexidos para a conservación da nosa biodiversidade, un patrimonio único e irrepetible, que temos a obriga de preservar para as xeracións futuras.
Servizo de atención ao público.
Acompañando á exposición irá un educador ambiental que se encargará de atender todas as visitas e especialmente guiará aquelas visitas dos centros escolares do noso concello; ainda que tamén terán a posibilidade de asistir grupos de adultos de colectivos ponteses.


DATOS DA EXPOSICION:
LUGAR: Soto da Casa Dopeso
HORARIO VISITAS CON MONITORAXE :
Martes 9 de 11 a 14 h e o xoves 11 de 9 a14 horas (podense realizar visitas noutras datas e horarios consultar no Dpto de cultura)
IDADES DE PREFERENCIA PARA A VISITA: centros escolares alumnos de 2º e 3º ciclo de Primaria , colectivos de adultos.

GRUPOS: MÁXIMO 30 persoas POR HORA.


PARA CONCERTAR VISITAS chamar ó Dpto de Cultura de 9 a 14h no 981 44 03 44 ou en Cultura@aspontes.org

2/12/08

Os contos de Santi Prego e o jazz do Chicago dos anos 30 protagonizan a oferta cultural para os máis novos

• O Alovi acollerá dous espectáculos incluídos na programación cultural de outono ideada dende o departamento de Cultura


O departamento de Cultura está a ultimar unha nova actividade para os máis pequenos da casa, incluída no seu programa de actividades para escolares. Nesta ocasión, será o contacontos Santi Prego o protagonista de varias actuacións para os alumnos de Ensinanza Infantil e de Aspanaes.

Así as cousas, algo máis de 150 pequenos ponteses, de entre 4 e 5 anos, poderán desfrutar mañá de varios contos con bonecos ou nos que se precise da participación dos nenos, en tres sesións de 25 minutos que inaugurarán ás 11.00 horas os alumnos dos colexios Nebrija – Pardo Bazán, Monte Caxado e Aspanaes. Posteriormente, trasladaranse ata o auditorio municipal Alovi os alumnos dos colexios Santa María, A Fraga e A Magdalena.

O espectáculo que protagonizará Santi Prego caracterizarase, unha vez máis, por tratarse de historias moi visuais, nas que se mestura a maxia e a poesía, con pingas de humor, e que ven avalada por máis de dúas décadas de experiencia no teatro, no cine e na televisión.


Mr Dixie Jazz Band



Xa para o venres, o protagonista será o jazz porque os vigueses Mr Dixie Jazz Band visitarán o auditorio municipal Alovi para ofrecer dous concertos, un ás 12.00 horas dirixido a escolares de 3º e 4º da E.SO, e un segundo e totalmente gratuíto, ás 21.00 horas, para tódolos públicos.

Esta formación bebe das correntes do Chicago dos anos 30 e 40 empregando a tuba, a trompeta, o clarinete, a guitarra, a batería e o trombón para achegarlle a música aos escolares e os sons típicos do jazz de inicios de século, un xénero pouco coñecido entre os máis novos.

1/12/08

Seguridade Cidadá desprega un importante dispositivo de medios para afrontar o temporal de neve e xeo

• O departamento que dirixe Javier Carballo mobilizou á Policía Local, Grumir, Obras e á empresa de limpeza Sufi para minimizar os efectos da onda de baixas temperaturas


O Concello de As Pontes puxo hoxe en marcha un importante dispositivo para paliar as consecuencias que o temporal de frío e neve está a deixar no municipio, provocando cortes e retencións na circulación e algunha que outra saída de vía.

Así as cousas, segundo informaron dende o departamento de Seguridade Cidadá, catro axentes da Policía Municipal, 5 membros do Grupo Municipal de Intervención Rápida e efectivos tanto do departamento de Obras coma da firma de limpeza Sufi están a traballar para controlar o tráfico rodado e mellorar no posible as condicións da circulación.

Asemade, tamén se están a repartir tanto polo casco urbano coma polas parroquias pontesas 3.000 quilogramos de sal para mellorar a circulación que tan só permanece cortada na estrada que enlaza As Pontes coa localidade de Ortigueira. Entretanto, no que respecta á situación nas parroquias, tal e como informou o edil de Seguridade, Javier Carballo, será preciso agardar ata a chegada das máquinas quitaneves para restablecer a circulación nalgúnhas zonas coma O Freixo. Asemade, tamén se recomenda o uso de cadeas no Caxado e o Paraño e extremar a precaución á hora de circular por calquera outra vía afectada polo temporal.

Este dispositivo manterase operativo ao longo de toda a xornada aínda que, dende o departamento de Seguridade Cidadá, fixeron xa un chamamento á cidadanía para que evite utilizar o coche a non ser en caso de extrema necesidade.

Por outra banda, os centros educativos do municipio tamén se viron hoxe afectados polo temporal. Así as cousas, os colexios Monte Caxado, A Magdalena e os Institutos Moncho Valcarce e Castro da Uz optaron por enviar aos seus alumnos aos seus respectivos fogares.

O alcalde de As Pontes e o presidente da Xunta dan o pistoletazo de saída a dúas novas iniciativas empresariais para o concello

• Esta mañá inaugurouse a nova factoría da firma Acebrón e colocouse a primeira pedra das futuras instalacións de Construcciones Técnicas de Radioterapia


O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, amousou hoxe a súa satisfacción e ilusión polas novas iniciativas empresariais que se están a desenvolver no municipio e que, esta mesma mañá se vian incrementadas coa inauguración dunha nova filial da firma Acebrón, Acemetal S.L, e a colocación da primeira pedra das futuras instalacións da empresa Construcciones Técnicas de Radioterapia (CT-RAD), adicada á construcción e dotación de equipos de radioterapia, unha firma punteira neste campo e que xerará 25 novos empregos en As Pontes denantes do verán.

Nestes dous actos, celebrados no polígono industrial de Penapurreira, contouse coa presenza do Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, o delegado do goberno en Galicia, Manuel Ameijeiras; os delegados provinciais de Traballo e Política Territorial, Alberto González e María Debén, ademáis dos presidentes da firma Acebrón, Bienvenido Acebrón, e do grupo Aurela, Ramón Cuíña, responsable da empresa CT-RAD, comitiva que puido visitar as instalacións tando de Acemetal coma de Mecace, tamén pertencente ao grupo Acebrón.

Na súa comparecencia ante os medios, o rexedor pontés agradeceu a confianza dos grupos Aurela e de Acebrón por pensar en As Pontes como emprazamento para as súas factorías, ofrecendo toda a colaboura posible dende o goberno municipal para o desenvolvemento de ata tres proxectos que suponen a creación de 75 empregos directos, xa que Acebrón está tamén a construír unha nova factoría no parque empresarial pontés que dará lugar a 25 postos de traballo.

Asemade, González Formoso tamén tivo palabras de agradecemento pola axuda prestada dende o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). A xuízo do primeiro edil, este é un claro exemplo da boa relación existente entre os gobernos local e autonómico, que se ve reforzada co Plan Ferrol, que permite dar lugar a que en As Pontes se fale de tres novas factorías nunha etapa na que o peche de empresas e os expedientes de regulación de emprego están á orde do día.




Por outra banda, González Formoso fixo referencia ao importante papel xogado pola Xunta de Galicia, a través da figura de Emilio Pérez Touriño, a favor do desenvolvemento industrial de As Pontes e dos concellos galegos en xeral, mediante o que definiu coma “un traballo serio e calado” para a inclusión de Galicia ata o 2012 no Plan Estatal da Minería, e non ata o 2007 como se tiña previsto nun principio, dando lugar a que o Plan Miner deixe na nosa comunidade grandes inversións en infraestructuras, formación, bolsas de estudo, axudas a fondo perdido ou prexubilacións.

O rexedor pontés rematou a súa intervención reiterando o seu agradecemento ao titular da Xunta de Galicia, solicitándolle que continue a traballar nesa mesma liña, loitando polos intereses de Galicia.

Pola súa parte, o máximo responsable do goberno autonómico destacou, na súa intervención, a importante diversificación empresarial existente en Penapurreira que está a facer de As Pontes un dos polos máis activos de Galicia en materia industrial, salientando a necesidade de que tódolos concellos, tanto galegos coma do resto do país, traballen “en rede” co fin de solventar un problema global como é a crise que afecta agora mesmo á economía mundial, deixando a un lado as diferencias políticas.

Asemade, Emilio Pérez Touriño uniuse ás felicitacións lanzadas polo alcalde de As Pontes aos grupos Acebrón e Aural por estes novos proxectos, que calificou de altamente competitivos, e que se beneficiarán tamén das inversións que se están realizando en toda a comarca en materia de infraestructuras, poñendo como exemplo o Porto Exterior, a AG-64 ou a VAC Costa Norte, e que en total suman unha inversión de 550 millóns de euros, ao que hai que engadir os investimentos realizados en chan industrial na zona, que permitirá que a área de Ferrolterra presuma de máis de 8,5 millóns de metros cadrados de superficie empresarial, o que supón ser a meirande plataforma industrial de Galicia.

Servizos Sociais organiza para o vindeiro martes unha charla informativa sobre os coidados paliativos

• A exposición, que impartirá Juan Cortizas, intégrase no Plan Galego de Coidados Paliativos e conta co patrocinio da Área Sanitaria de Ferrol
O departamento de Servizos Sociais e Sanidade está a preparar para unha charla formativa sobre os coidados paliativos, iniciativa enmarcada no Plan Galego de Coidados Paliativos e impulsada dende a Área Sanitaria de Ferrol.

O enfermeiro Juan Cortizas será o encargado de impartir esta conferencia que xa se desenvolveu noutros concellos da zona como Ferrol ou Fene, colleitando unha boa acollida, e que, seguramente, se repetirá en As Pontes o vindeiro martes, na Casa Dopeso, a partires das 18.00 horas.

Así as cousas, a través desta sesión informativa, á que poderá asistir todo aquel que así o desexe, daranse a coñecer as liñas a seguir para mellorar o coidado das persoas que están a sufrir unha enfermidade moi avanzada, incurable e que non responde a ningún tipo de tratamento, co fin de conseguir aliviar tódolos síntomas que conlevan este tipo de enfermidades.

Nesta senso, a través desta charla o que se pretende é axudar a todas aquelas persoas, xa sexan coidadores ou familiares, a proporcionar ao paciente a mellor atención e calidade de vida alcanzables, aliviando os seus síntomas na medida do posible, ademáis de solventar todas aquelas dúbidas que asalten aos asistentes xa que, unha vez rematada a exposición de Juan Cortizas, abrirase un turno de palabra para todo aquel que teña algún tipo de cuestión sobre este asunto.

Dende a Concellería de Servizos Sociais e Sanidade, o seu responsable, José Alén, realizou un chamamento a toda a cidadanía para que tome parte nesta cita xa que, segundo aclarou, a través desta charla, solventaranse dúbidas como que tipo de enfermo pode recibir estes coidados ou en qué consisten, ademáis de consellos relacionados co cambio de postura dun enfermo que non poida abandoar a cama, os hábitos de alimentación ou o tratamento da dor, temas todos eles, de gran interese para a sociedade, tal e como subliñou o concelleiro, e que deben ser explicados coa máxima claridade posible para que se algún dos nosos seres queridos atravesa unha situación similar poidamoslle axudar a afrontar a súa doenza da forma máis digna posible.

Finalmente e sen abandoar esta mesma liña, o edil recalcou que toda a poboación pode ser susceptible de precisar consellos deste tipo nalgún momento da súa existencia de ahí a necesidade de coñecer que facer nestes casos para axudar a que o enfermo teña a mellor calidade de vida o maior tempo posible.