27/11/08

A compañía Matapiollos achega mañá aos estudantes a historia de Martiño para promocionar o uso do galego

• Na tarde de mañá, o grupo Alalá protagonizará un festival poético xa tradicional da programación de outono do departamento de Cultura


O departamento de Cultura continua coa programación de outono da que os máis pequenos serán os protagonistas na xornada de mañá. Así as cousas, a Casa Dopeso acollerá, dende as 10.30 horas, a obra infantil Flis-Fli-Ris Flas, da compañía lucense Matapiollos, que leva xa dende o 2002 entretendo aos máis pequenos.

Esta composición teatral para nenos, dirixida por Jorge Coira, ten coma protagonista a Martiño, un rapaciño con medo á escuridade e aos pasadelos que non lle deixan descansar polas noites, o que obriga ao protagonista a facer e inventar todo tipo de trucos para non quedarse ás escuras.

Nesta ocasión, un grupo de case 200 estudantes de 1º e 2º de Primaria de As Pontes, A Capela e Fene participarán nesta actividade á que tamén están convidados os alumnos do centro de Aspanaes. Todos eles tomarán parte en distintas actividades xunto con Martiño, o protagonista desta historia, para superar os seus medos e así acceder a un mundo máxico, cheo de aventuras e emocións, onde a música tamén ten moito que dicir.

Jorge Yáñez e Carlos Coira protagonizan esta historia que conta co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, unha iniciativa mediante a que se pretende fomentar a lectura e o uso do idioma galego entre os máis novos con actividades que impliquen a súa participación e desfrute, como é o caso desta obra. Asemade, cada un dos membros do público poderá levar para a súa casa unha copia do libro publicado pola Editorial Galaxia.

Recital de Alalá

Outra das iniciativas incluída no programa cultural destes días é o recital que mañá protagonizará o grupo poético pontés Alalá. A cita, que terá como escenario tamén a Casa Dopeso, dará comezo ás 21.00 horas e a entrada é totalmente gratuíta.

Así as cousas, un total de cinco poetas ponteses presentarán ao público asistente varias composicións nas que se tratarán temáticas tan diferentes coma o amor, a melancolía, a denuncia social ou a cultura e tradicións galegas.

Gloria David, Aníbal Anxo, Santi del Moral, Ofelia López e María del Carmen Freire serán os protagonistas da tarde de mañá presentando algún dos textos que xa forman parte do libro Cinco Sentidos, no que se recopilan algúnhas das composicións destes creadores ponteses.

24/11/08

O Concello busca a participación veciñal nas festas de Nadal cun Belén Vivinte e un concurso de decoración

• O xoves celebrarase unha reunión informativa para dar conta a todo o que así o desexe das actividades a desenvolver ao longo destas festas

O goberno municipal, a través da Concellería de Participación Cidadá, está a traballar nunha serie de actividades para lograr unha maior participación dos veciños e veciñas do municipio nas festas de Nadal que están a piques de chegar. Con este fin, o departamento que dirixe Montserrat García ven de poñer en marcha unha campaña para que sexan os ponteses os que engalanen de forma especial os seus propios barrios e rúas.

Así as cousas, o concello está a preparar unha campaña para que os veciños que así o desexen engalanen os seus balcóns e fiestras con motivos navideños e é que, segundo anunciou a concelleira, o principal obxectivo desta actividade é “poñer a As Pontes guapa”, mediante a implicación e participación dos propios veciños e veciñas, de forma individual ou colectiva, que tamén, segundo subliñou a edil, teñen que ocupar un lugar protagonista nestas datas.

De feito, para chegar de forma máis efectiva á cidadanía Montserrat García xa mantivo un encontro cos representantes dos diferentes colectivos veciñais do municipio que amosaron a súa satisfacción ante esta proposta, comprometéndose a facela chegar aos membros da súa respectiva asociación e así lograr a máxima participación posible.

Segundo anunciou a edil, dende o 18 de decembro, un xurado formado por catro alumnos de Ensino Medio e a artista pontesa Lourdes Acera, presidido pola propia concelleira, percorrerá tódalas rúas do municipio para examinar e puntuar as diferentes decoracións e así designar as rúas ou barrios gañadores deste concurso.

O día 5 de xaneiro, trala celebración da tradicional Cabalgata dos Reis Magos, daranse a coñecer os nomes dos barrios que recibirán unha placa conmemorativa e un primeiro premio de 300 euros e un segundo 100 euros, mentras que, de nomearse gañadoras unhas rúas ou barrios que non conten cunha asociación vecinal recibirán como galardón unha actividade lúdico-festiva.

Belén vivinte

Ademáis da campaña en prol da decoración das rúas de As Pontes, o Concello tamén quere poñer en marcha outras actividades dirixidas a amenizar estas festas e a fomentar unha maior participación da veciñanza nestas datas tan sinaladas, a través de actividades atractivas e sobre todo innovadoras.

Nesta liña de dinamizar a participación da veciñanza, o departamento de Montserrat García ten previsto organizar un gran Belén Vivinte, protagonizado por todos aqueles veciños que desexen participar.

Esta actividade, que quedará instalada na carpa que se habilitará no colexio Santa María, contará con dúas representacións, a primeira o 21 de decembro coincidindo coa súa inauguración, e unha segunda, o 5 de xaneiro, trala Cabalgata de Reis.

Segundo explicou Montserrat García, esta actividade, pioneira dentro das celebracións de Nadal realizadas ata o de agora en As Pontes, “será un dos maiores atractivos destas festas xa que, a través deste Belén preténdense rendir unha homenaxe as parroquias pontesas desaparecidas ao longo destes anos”, de ahí que os que tomen parte nela levarán roupa propia de hai medio século, o que se complementará con obradoiros de oficios tradicionais que se practicaban nestas zonas.

Neste senso, a concelleira de Participación Cidadá fixo un chamamento á participación de tódolos veciños e veciñas, confiando na gran repercusión desta iniciativa xa que, “tamén será unha forma moi emotiva de volver a vista atrás e lembrar para uns o que era a vida en As Pontes hai cincuenta anos, ao mesmo tempo que os máis novos poderán ver de primeira man como era o día a día dos seus ancestros”.

Co fin de informar a toda a cidadanía tanto desta actividade coma da Cabalgata de Reis, o vindeiro xoves, ás 19.00 horas, na Casa Dopeso, terá lugar unha reunión na que se dará conta de todos estes proxectos.

Nembargantes, os xa interesados en anotarse e colaborar co Belén Vivinte ou coa Calbalgata que protagonizarán Melchor, Gaspar e Baltasar o 5 de xaneiro, xa se poden achegar ata o Departamento de Cultura, ubicado no primeiro andar da Casa Dopeso, para inscribirse. Asemade, tamén é posible telefonar ao 981 44 03 44 ou ben enviar un correo electrónico cos seus datos persoais a cultura@aspontes.org.

23/11/08

As Pontes acolleu o martes varios debates sobre os aspectos legais e sociais da violencia contra a muller





• Avogados, policías especializados na violencia machista e membros de diferentes entidades de axuda ás vítimas participarán nas primeiras xornadas organizadas polo concello adicadas a esta problemática

O departamento de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller de As Pontes (CIM) están a ultimar os últimos detalles do que será a primeira Xornada Sobre a Violencia de Xénero. Unha actividade coa que se pretende conmemorar o Día Internacional da Non Violencia contra a Muller, que se celebra o día 25, e na que se abordará esta problemática dende o seu marco legal coma social.

En relación a esta iniciativa, o concelleiro de Servizos Sociais, José Alén, solicitou a participación de tódolos veciños e veciñas nesta iniciativa pioneira no concello e, a través da que se pretende, dar a coñecer á cidadanía esta dura realidade que deben vivir a diario moitas mulleres no noso país pero que ten solución, sempre e cando a sociedade se sensibilice ao respecto e se una para erradicar esta lacra social. Asemade, o edil anunciou que xa está confirmada a presenza en As Pontes de varios técnicos doutros concellos dos arredores que amosaron o seu interese en asistir a esta xornada polo atractivo dos temas a tratar.

Precisamente, José Alén, xunto coa delegada Provincial da Consellería de Traballo, María Debén, serán os encargados de inaugurar estas xornadas, ás 18.00 horas no auditorio da Casa Dopeso, acto que virá seguido de varias ponencias divididas en dous bloques.

A primeira temática a tratar será a visión da violencia de xénero dende o punto de vista legal. Para abordar este asunto, ata As Pontes se achegarán o Fiscal Decano da Fiscalía Provincial da Coruña na Sección Territorial de Ferrol, Román Ruíz Alarcón, que abordará na súa intervención as actuacións a levar a cabo polo ministerio que representa nunha situación de violencia de xénero.

Seguidamente, darase paso ao inspector xefe da Unidade de Prevención Asistencia e Protección contra os Malos Tratos de Ferrol-Narón, Víctor Jesús Fernández, que explicará as diferentes actuacións que desenvolve a Policía á hora de afrontar un caso de malos tratos.



Pechará esta primeira poñencia a avogada Margarita Carballeda Pereiro que dará a coñecer aos asistentes o papel desempeñado pola acusación particular nos casos de violencia de xénero. Ás 19.15 horas terá lugar un primer coloquio que estará moderado por Juana Tenreiro, avogada do CIM de As Pontes.

O segundo dos bloques versará sobre a perspectiva social da violencia machista e terá como eixos as diferentes actuacións e recursos sociais ante este problema, tratando temas comas os programas de reinserción laboral das vítimas de maltrato ou os diversos programas, recursos e axudas dos que dispoñen para saír desta situación.

Ás 19.45 horas dará comezo esta segunda charla-coloquio coas intervencións da xefa de servizo da Delegación Provincial da Consellería de Traballo, Pilar Caridad Alonso, en substitución de María Debén, que explicará aos presentes as políticas laborais desenvolvidas dende o departamento que representa para a incorporación da muller maltratada ao mercado laboral; a coordinadora do Programa Rodela, María José Piñon ,un dos pioneiros dentro das iniciativas en apoio e atención á vítima de malos tratos e, finalmente, tamén dará o seu punto de vista a avogada Araceli Mira que presentará aos participantes os diferentes recursos dos que dispón unha muller maltratada, concretamente falará da súa experiencia no Patronato Concepción Arenal, que pon a desposición das vítimas de maltrato vivendas tuteladas.

Tralas tres intervencións, ao igual que no primeiro dos bloques terá lugar un coloquio, que dará comezo ás 20.45 horas e que moderará a directora do CIM de As Pontes, Mª Carmen Rego.

Ás 21.15 horas está previsto o acto de clausura desta primeira xornada que, de acadar o éxito agardado, se repetirá nos vindeiros anos.

A Consellería de Política Territorial iniciará o luns as obras de mellora da Avenida de Galicia ata o barrio da Casilla

• Os traballos precisarán dunha inversión de case 300.000 euros que serán asumidos polo departamento que encabeza María José Caride


A Consellería de Política Territorial comezará o vindeiro luns cos traballos de mellora do firme da Avenida de Galicia, dende a súa conexión coa Avenida de Lugo ata o barrio da Casilla.
Os traballos, orzamentados en case 300.000 euros, consistirán na aplicación dunha nova capa de aglomerado tanto nos dous carrís coma nos aparcadoiros, ao que será preciso sumar varias melloras nestes últimos.
Precisamente, hai dúas semanas que se poñían en coñecemento do executivo municipal, a través dunha visita realizada a As Pontes do delegado provincial da COTOP, na que Alberto González anunciaba ao rexedor pontés, Valentín González Formoso, a adxudicación parcial deste proxecto.
As obras acometeranse na súa totalidade nunha única fase o que causará problemas de circulación coas consecuentes molestias para os conductores xa que, nalgúns momentos destes traballos, será preciso proceder á reordenación do tráfico debido ao corte nalgunhas zonas do tramo a arranxar.
Así as cousas, dende o goberno municipal piden desculpas aos veciños e veciñas que se vexan afectados por estas alteracións do tráfico, que se regularán, da man dos efectivos da Policía Municipal, de xeito que causen as menores molestias posibles aos ponteses e pontesas.
Finalmente, dende o executivo municipal calificaron a posta en marcha destes traballos coma unha nova proba da gran relación existente entre a administración local e o departamento que dirixe María José Caride que, segundo aclararon dende o goberno pontés, queda patente na celeridade e inmediatez das solucións aportadas dende a COTOP para tódolos asuntos e problemas que afectan ao concello de As Pontes.

21/11/08

Servizos Sociais conmemora o 25-N a través das primeiras xornadas locais sobre a violencia de xénero


• Exposicións, charlas, conferencias nos centros educativos e un obradoiro de saúde completan o programa de actividades


As Pontes albergará o vindeiro martes a que será a primeira Xornada Sobre a Violencia de Xénero, unha iniciativa programada polo Departamento de Servizos Sociais e o Centro de Información a Muller de As Pontes (CIM) na que se abordará esta terrible problemática dende o punto de vista legal, ademáis de social.

Así as cousas, coincidindo co Día Internacional da Non Violencia contra a Muller, a concellería que dirixe José Alén convidou a varios persoeiros vinculados con esta lacra social, tanto de As Pontes como dos arredores, co fin de que compartan os seus coñecementos e experiencias con todas aquelas persoas que decidan participar nesta actividade que ocupará a tarde do vindeiro martes.

Outro dos obxectivos desta xornada é a sensibilización da poboación sobre esta problemática, facéndolle chegar, por boca dos axentes sociais relacionados coa mesma - avogados, psicólogos ou xente que traballa coas propias vítimas-, esta realidade, implicando, tal e como explicou o concelleiro, á cidadanía que é a primeira que, ao seu xuízo debe actuar ante situacións de maltrato para, finalmente, lograr a súa erradicación. E é que, na opinión de José Alén, “xa estamos tan acostumados a ver casos de violencia machista a diario nos medios de comunicación que, a día de hoxe, xa se transformou nunha rutina que é preciso eliminar con urxencia denantes de que se cobre unha nova vida”.

Por outra banda, o edil de Servizos Sociais quixo subliñar a calidade dos poñentes xa que ata As Pontes se achegarán, entre outros, a delegada provincial da Consellería de Traballo, María Debén; o fiscal Decano da Fiscalía Provincial da Coruña, Román Ruíz Alarcón; ou a cordinadora do Programa Rodela para vítimas de malos tratos, Mª José Piñón, o que fai moi atractivo o programa a desenvolver a vindeira semana.

Asemade, fixo un chamamento á participación de tódolos ponteses e pontesas nestas xornadas xa que, tal e como aclarou, sen a colaboura e participación dos veciños e veciñas este esforzo e traballo non terá os resultados agardados, que se pretenden traducir nunha maior implicación de toda a cidadanía á hora de unirse e dicir un “non” ante a violencia contra a muller.

Outras actividades

Ademáis desta xornada pioneira no concello pontés, a programación elaborada para conmemorar o 25 de novembro abarcará non só este mes, senón tamén parte de decembro.

Así as cousas, o programa elaborado para o 25-N, complementarase con conferencias nos centros de Secundaria sobre a problemática do maltrato ás mulleres, a cargo de Mª Carmen Rego, directora do CIM.

Tamén os alumnos dos centros de ensino ponteses asheriranse á Campaña do Lazo Branco, contra esta lacra social, iniciativas ámbalas dúas coas que se pretende dar continuidade á campaña posta en marcha o pasado ano para concienciar aos máis novos que, tal e como subliñou José Alén, son a base da sociedade do futuro e os próximos responsables de erradicar esta problemática.

Por outra banda, o programa inclúe unha charla sobre os recursos galegos en materia de violencia de xénero, que terá lugar na Casa Dopeso, ás 19.30 horas o vindeiro xoves, día 27.

Asemade, dende hai uns días tamén é posible visitar a exposición Rostros de Mulleres, que permanecerá instalada nos corredores da Casa Dopeso durante todo este mes, mentras que dende o 4 ata 12 de decembro as protagonistas serán as mulleres Pioneiras que integran a exposición que traerá ata a sala do Mercado Vello.

Finalmente, está prevista a celebración dun Obradoiro de Saúde para Mulleres aberto a todas as veciñas do municipio.

20/11/08

19/11/08

Alumnos de As Pontes e arredores participarán o venres no concerto do grupo Omar Percussión Group

• O recital, incluído no programa de actividades para escolares, tamén poderá ser disfrutado polo resto de público dende as nove da noite


O departamento de Cultura continuará o venres co programa de actividades para alumnos de Aspanaes, Primaria, Secundaria e Bacharelato que, a pasada semana, inauguraba a obra Os soños na gaiola da compañía Trinke Trinke, e que se desenvolverá ata o 5 de decembro.

Dende ás 12.00 horas o auditorio municipal Alovi acollerá o concerto de Omar Percussion Group, un conxunto musical adicado á percusión e que, dende o 2004, percorren toda a xeografía española mesturando sons étnicos e multiculturais onde teñen cabida dende o flamenco, ata os ritmos africanos ou a música que se pode crear con material de refugallo.

Este recital irá dirixido aos alumnos de 6º de Primaria e 2º da E.S.O de todo o municipio aínda que tamén están convidados rapaces e rapazas dos concellos veciños. A pasada semana, foron alumnos de Moeche e A Capela e nesta ocasión ata As Pontes se trasladarán un grupo de estudantes do C.E.IP Mosteiro de Caaveiro, o que dará lugar a un auditorio con 231 rapaces e rapazas.

Xa ás 21.00 horas do venres, e repetindo escenario, será posible que o resto de público desfrute deste mesmo espectáculo gratuíto, que leva por título Percussión Circle no que Jorge César Pérez, Cristian Rodríguez e Pablo Cabanelas fan un percorrido polas diferentes culturas.

Programación

A vindeira semana, que terá lugar o día 28, é a obra Flis-Fli-Ris-Flas, da compañía Matapiollos que estará dirixida aos alumnos de 1º e 2º de Primaria.

A actuación, que terá lugar ás 11.00 horas, está incluída na campaña de animación lingüistica da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.



Flis-Fli-Ris-Flas, dirixida por Jorge Coira, conta a historia de Martiño un rapaz que ten medo á escuridade e aos pesadelos que o atormentan á hora de ir durmir e por iso o seu único obxectivo e non quedar ás escuras. Precisamente, a través de diferentes actividades e á participación dos propios espectadores Martiño logrará superar os seus medos. Pero ahí non quedará esta actividade xa que os pequenos levarán para a súa casa unha copia do libro no que está ambientada esta producción.

Os máis pequenos, os nenos e nenas de 4 e 5 anos, serán os protagonistas da xornada do 3 de decembro cos contos de Santi Prego que sairá ao escenario ás 11.00, 11.30 e 12.00 horas. Historias protagonizadas por monicreques, contos que incentivan a participación dos pequenos e textos narrados conformarán esta actividade.

Pecha este programa o concerto de Mr Dixie Jazz Band para alumnos de 3º e 4º da Eso e para os alumnos de Bacharelato, que dará comezo ao mediodía.

Esta formación bebe das correntes do Chicago dos anos 30 e 40 empregando a tuba, a trompeta, o clarinete, a guitarra, a batería e o trombón para achegarlle a música aos escolares e os sons típicos do jazz de inicios de século, un xénero pouco coñecido entre os máis novos.

Pero as actividades programadas polo departamento de Cultura non quedan aquí xa que para primavera estanse a preparar novas iniciativas para nenos xa de 2 e 3 anos de idade.

17/11/08

Protección Civil de As Pontes conta, dende hoxe, cun novo vehículo para a atención de emerxencias

• A Directora Xeral de Protección Civil, Esther González, e o alcalde de As Pontes presidiron esta mañá a entrega oficial do novo todoterreo




A Agrupación Municipal de Voluntarios de Protección Civil conta dende hoxe cun novo vehículo. Así as cousas, esta mañá achegábase ata o municipio pontés a Directora Xeral de Protección Civil, Esther González Saavedra, para presidir a entrega oficial do novo 4 x 4 co que contará o servizo pontés e que foi subvencionado pola Xunta de Galicia.

Ao acto, que tivo como escenario a base de Protección Civil do polígono dos Airíos, tamén acudiu o alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, o edil de Seguridade Cidadá, Javier Carballo, e a concelleira de Participación Cidadá, Montserrat García, ademáis dos efectivos de Protección Civil.

Este novo vehículo trátase dun todoterreo Pathfinder, da casa Nissan, con cinco portas e con capacidade para sete ocupantes e estará destinado ás misións desenvolvidas polo equipo de protección civil.

Deste xeito, o goberno autonómico pretende colaborar coas entidades locais, dotándoas dun equipamento axeitado a nivel de seguridade e protección, co que atender de forma efectiva as necesidades da poboación. De feito, é preciso retroceder dez anos atrás para ter constancia do último vehículo destinado ao servizo de Protección Civil de As Pontes.

Ademáis do concello pontés, outros nove municipios galegos contan xa cun vehículo de similares características o que supuxo unha inversión total por parte da Xunta de Galicia 337.402 euros.

O Concello e a Deputación de A Coruña organizarán en Nadal un taller de fotografía para maiores de 12 anos

• Os participantes recibirán nocións básicas sobre o manexo da cámara e de programas informáticos para a edición e composición de imaxes

O Concello de As Pontes ofrecerá, a través do Gabinete de Cultura, Educación e Patrimonio da Deputación de A Coruña, un curso de fotografía dixital, de oito horas de duración, para maiores de 12 anos.

Este obradoiro, que se desenvolverá na Casa Dopeso, impartirase en tres sesións que se desenvolverán ao longo das vacacións de Nadal e o seu principal obxectivo, segundo apuntaron dende o goberno municipal, é que cada alumno aprenda a sacarlle un maior partido aos seus respectivos equipos fotográficos, a través da mellora da súa técnica fotográfica e a súa capacidade creativa.

Por outra bande, grazas a esta iniciativa, os participantes poderán aprender como solventar problemas tan típicos coma a descarga de imaxes, o seu axuste ou retoque. Asemade, grazas a este curso incentivarase a creatividade fotográfica dos que decidan asistir a esta actividade.

O obradoiro dividirase en dúas partes: unha primeira na que se realizará un achegamento ás cámaras dixitais, axustes e optimización das mesmas; impartiranse leccións básicas sobre as diferentes calidades de imaxe e os distintos formatos de arquivo fotográfico existentes, ademáis de ofrecer un primeiro achegamento aos programas creativos máis utilizados.

A segunda parte deste curso estará adicada á edición de imaxes tratando aspectos coma o seu axuste, o retoque de fotografías antigas ou defectuosas; a creación de montaxes con imaxes e textos, e, finalmente a preparación de instantáneas para a súa exposición en diferentes dispositivos.

Para a realización deste curso, é aconsellable que os asistentes leven a súa propia cámara fotográfica, se así o desecan, para aprender a traballar sobre a mesma.

Os interesados en obter máis información sobre esta iniciativa pódense achegar ata o departamento de Cultura, ubicado no primeiro andar da Casa Dopeso, ou ben telefonar ao 981 44 03 44.

12/11/08


O Concello conmemora o Día Internacional do Neno cun obradoiro sobre os dereitos da infancia para os máis pequenos
• Os participantes nesta iniciativa, que debe ter entre 7 e 12 anos, elaborarán un conto sobre os dereitos dos nenos do mundo

A Concellería de Servizos Sociais desenvolverá a vindeira semana un obradoiro que terá como tema central os dereitos da infancia. A iniciativa, enmarcada nas actividades en conmemoración do Día Internacional dos Dereitos da Infancia, estará dirixida a rapaces e rapazas de entre 7 e 12 anos e terá lugar o día 20, na aula polivalente da Casa Dopeso, entre as 16.30 e as 20.00 horas.
Segundo explicou o edil de Servizos Sociais, José Alén, o taller, que impartirán as responsables do Servizo Psicopedagóxico Municipal, ten como principal obxectivo facer que os máis pequenos reflexionen sobre os dereitos dos nenos e nenas do resto do mundo.
Deste xeito, tal e como aclarou o concelleiro preténdese que os nenos e nenas de As Pontes que participen nesta actividade se decaten de que non tódolos meniños do planeta teñen a mesma sorte ca eles, logrando que os pequenos valoren a vida que teñen a oportunidade de vivir, sen ter que traballar e podendo xogar coma o que son nenos.
Os rapaces que decidan inscribirse neste obradoiro poderán participar na elaboración dun conto con esta temática como protagonista aínda que será preciso anotarse previamente xa que as prazas están limitadas a 20.
Así as cousas, será posible inscribirse ata o vindeiro luns telefonando ao 667 12 93 65.

Cultura inicia mañá o seu programa de actividades para os alumnos dos colexios de As Pontes e arredores

• O departamento que dirixe Eva Conde situa en mil a cifra de anotados aínda que se agarda incrementar notablemente eses datos


O departamento de Cultura abrirá mañá o programa de actividades dirixidas aos estudantes dos centros escolares de educación Infantil, Primaria, Secundaria e Aspanaes do concello de As Pontes e dos arredores para os meses de novembro e decembro.

Obras de teatro, concertos e contacontos protagonizan a oferta cultural da que tamén poderán ser partícipes os alumnos dos centros escolares dos concellos veciños de As Somozas, Xermade e A Capela. A día de hoxe, os datos barallados pola concellería que dirixe Eva Conde sitúa en mil os rapaces e rapazas que tomarán parte neste programa, aínda que esta cifra poderase ver incrementada debido a que hai centros que non confirmaron a cifra de alumnos asistentes.

Estas actividades, totalmente gratuítas, desenvolveranse no auditorio municipal Alovi en diferentes horarios os días 12, 21 e 28 deste mesmo mes e xa en decembro os días 3 e 5.

A programación inaugurarase mañá, ás 10.30 horas, coa obra de Manuel María Os soños na gaiola, unha representación que virá da man da compañía Trinke Trinke e que se repetirá ás 12.30 horas para alumnos de 3º, 4º e 5º de Primaria. Precisamente, xa está confirmada a participación dun grupo de 270 nenos e nenas dos concellos de Moeche e A Capela, que mañá se unirán aos alumnos e alumnas dos centros escolares ponteses.

Esta obra, incluída na campaña de animación lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, conta a historia dun velliño que vive nun piso no medio da cidade e que se acaba de trasladar dende o campo. Un día, por sorpresa, recibe a visita da súa neta coa que lembra a súa vida pasada na aldea.

O teatro dará paso, o día 21 á música co concerto de Omar Percussion Group, que dará comezo ás 12.00 horas. O recital, dirixido a rapaces de 6º de Primaria e alumnos de 2º de Secundaria da opción de música, pretende servir como achegamento dos máis novos á música e ás múltiples opcións que ofrecen os diferentes instrumentos de percusión empregando para iso xogos e actividades que implican a participación dos asistentes.

A última actividade deste mes de novembro, a desenvolver o día 28, é a obra Flis-Fli-Ris-Flas, da compañía Matapiollos que estará dirixida aos alumnos de 1º e 2º de Primaria.

A actuación, que terá lugar ás 11.00 horas, tamén está incluída na campaña de animación lingüistica da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Flis-Fli-Ris-Flas, dirixida por Jorge Coira, conta a historia de Martiño un rapaz que ten medo á escuridade e aos pesadelos que o atormentan á hora de ir durmir e por iso o seu único obxectivo e non quedar ás escuras. Precisamente, a través de diferentes actividades e á participación dos propios espectadores Martiño logrará superar os seus medos. Pero ahí non quedará esta actividade xa que os pequenos levarán para a súa casa unha copia do libro no que está ambientada esta producción.

Os máis pequenos, os nenos e nenas de 4 e 5 anos, serán os protagonistas da xornada do 3 de decembro cos contos de Santi Prego que sairá ao escenario ás 11.00, 11.30 e 12.00 horas. Historias protagonizadas por monicreques, contos que incentivan a participación dos pequenos e textos narrados conformarán esta actividade.

Pecha este programa o concerto de Mr Dixie Jazz Band para alumnos de 3º e 4º da Eso e para os alumnos de Bacharelato, que dará comezo ao mediodía.

Esta formación bebe das correntes do Chicago dos anos 30 e 40 empregando a tuba, a trompeta, o clarinete, a guitarra, a batería e o trombón para achegarlle a música aos escolares e os sons típicos do jazz de inicios de século, un xénero pouco coñecido entre os máis novos.

Pero as actividades programadas polo departamento de Cultura non quedan aquí xa que para primavera estanse a preparar novas iniciativas para nenos xa de 2 e 3 anos de idade.

Marco González protagonizará a axenda cultural da noite do venres


Marco González protagonizará a axenda cultural da noite do venres
• Esta fin de semana tamén se desenvolverán as primeiras actividades incluídas no programa elaborado para a celebración de Santa Icía 2008



O departamento de Cultura continúa coa oferta cultural de outono que para este venres achegará ata As Pontes o espectáculo de tango Al Sur del Sur, unha mestura da danza e da música típica da Arxentina.
Os bailaríns da compañía Marco González. Tango Argentino serán os encargados de interpretar diferentes pezas propias do folclore arxentino empregando un coidadoso vestiario, unha coregrafía do máis estudada e unha escenografía e ambientación inmellorables.
Dúas parellas de bailaríns, entre os que se atopará o propio Marco González, responsable da autoría e dirección do espectáculo; e catro músicos encherán dende as nove e media da noite o escenario do Auditorio Municipal Alovi.
As entradas que tan só custarán 3,50 euros, poranse xa mañá á venda na propia taquilla do auditorio pontés, entre as 11.30 e 13.30, e xa o venres entre as 11.30 e 14.30 horas. Asemade, tamén será posible adquirir unha localidade a mesma tarde do espectáculo hora e media denantes do seu comezo. O tango arxentino da compañía de
Como é habitual, haberá descontos para os maiores de 65 anos, menores de 12 e posuidores dos carnés Xove e de Estudante.

Santa Icía 2008
A xornada do sábado e do domingo virán marcadas polos primeiros actos oficiais en conmemoración de Santa Icía e que se desenvolverán ata o 23 deste mesmo mes.
Así as cousas, para o día 15 está programada a celebración do primeiro concerto conxunto incluído nestes festexos. Trátase do Festival Folclórico que contará coas actuacións da Rondalla Vila de As Pontes, a Agrupación Cultural Alende, a Banda de Gaitas Alfaia e a Charanga Os Ponteses.
O Auditorio Municipal Alovi acollerá esta cita a partires das 18.00 horas.
O domingo, pero xa ás 20.00 horas, e no Conservatorio de Música, José Manuel Campello ofrecerá un concerto de piano. O mesmo escenario será empregado o luns, ás 19.00 horas, polos alumnos da clase de orquestra que ofrecerán o concerto Sentido do Hamor.
Estas tres actividades son de entrada totalmente gratuita.

11/11/08

O Concello organiza un obradoiro de graffiti para concienciar aos máis novos do respeto polos lugares públicos





• O ilustrador e escritor vigués Anxo Fariña será o encargado de impartir este taller no que se mesturarán os contidos teóricos e os prácticos
A Concellería de Participación Cidadá está preparando para o vindeiro venres, ás 18.00 horas, a primeira das actividades dirixidas á concienciación dos máis novos para que éstes respeten o mobiliario urbano.
Así as cousas, o departamento que dirixe Montserrat García está a organizar un obradoiro de graffiti, que levará por título Graffiti e letras con Faíscas dos Megatoxos, unha iniciativa dirixida aos rapaces e rapazas de entre 12 e 14 anos.
Precisamente, para poder chegar de forma máis efectiva aos máis novos, xa se remitiu a tódolos centros escolares do municipio unha misiva na que se informa de tódolos requisitos necesarios para participar neste taller que terá como escenario a Casa de Don Pedro.
Segundo aclararon dende o goberno municipal, a través desta iniciativa o que se pretende é asociar o graffiti cunha actividade artística e non vandálica, concienciar aos adolescentes do uso do graffiti tan só en lugares habilitados para tal fin, analizar a importancia do respeto dos espazos comúns e fomentar a creatividade por grupos.
Asemade, a través deste obradoiro buscarase o fomento da lingua galega entre os adolescentes, incentivar a creatividade no noso idioma e asocialo con actividades de interese para os rapaces.
O encargado de impartir este taller será Anxo Fariña, autor de Os Megatoxos, Antón e Pompón, Dulcinea a nena cabaleira, Xabi non pode durmir ou O exército de ovellas, entre outras obras.
O escritor e ilustrador vigués dividirá a súa clase nunha parte teórica e outra adicada xa ao debuxo práctico. Así as cousas, os rapaces asistirán a unha explicación sobre a relación entre os signos, as letras e a súa evolución e incluso terán a oportunidade de participar nun xogo co que debuxar un obxecto coas propias letras que integran o seu nome.
No tocante xa á parte do debuxo en estado puro, os asistentes a este interesante taller realizarán primeiramente un boceto do debuxo a realizar coa tutoría do propio Fariña que tamén lles desvelará algúns dos segredos da arte do stencil, unha variedade do graffiti que consiste en pintar empregando plantillas. Asemade, os rapaces poderán realizar o seu debuxo con sprays, nun papel tamaño mural que poderán levar para os seus respectivos fogares.
A clase porá o seu punto e final da man do propio Fariña que tamén se animará a debuxar a algunha das súas propias personaxes que se combinarán coas creacións dos rapaces e rapazas que tomen parte neste curso.
Inscripcións
Para poder tomar parte neste obradoiro, será preciso que os rapaces teñan entre 12 e 14 anos, debéndose anotar, de forma totalmente gratuita, denantes do vindeiro venres no departamento de Cultura, ubicado no primeiro andar da Casa Dopeso. Asemade, tamén é posible inscribirse telefonando ao 981 44 03 44 ou na dirección de correo electrónico cultura@aspontes.org, incluíndo nome, idade e un teléfono de contacto.

10/11/08

FOTOS FEIRA DOS COGUMELOS



FEIRA FUNGOS

POR ERIKA CAAVEIRO

SANTA ICIA 2008


5/11/08

Os Aeroplanos de Lagarta Lagarta aterrarán o vindeiro venres no auditorio municipal Alovi

• As entradas estarán á dispoñibilidade do gran público na mañá do xoves e do venres na taquilla do auditorio pontés a un prezo de 3,5 euros


O departamento de Cultura continua coa programación teatral preparada para estes meses de outono coa visita da compañía Lagarta Lagarta que achegará ata As Pontes a súa última montaxe Aeroplanos.
Así as cousas, o venres, ás 21.00 horas, o auditorio municipal Alovi acollerá este guión do arxentino Carlos Gorostiza, dirixido por Rosa Álvarez, e ao que darán vida dúas das caras máis coñecidas das teleseries galegas Ernesto Chao e Xosé Manuel Oliveira “Pico”.
Aeroplanos é unha comedia de hora e media de duración, para maiores de 14 anos e na que a protagonista é a historia de amizade entre dous individuos, Cristo e Paco, amigos dende a infancia, que veñen de perder ás súas respectivas parellas. Dende ese momento, a súa relación vese reforzada convertíndose en indispensables o un para o outro pero cos seus pequenos enfados e discusións.
Amor, lealtade, xenerosidade, gargallas, bágoas… todo isto ten o seu lugar nesta comedia na que a tenrura se mestura coa emoción, o inxeño ou incluso a tolería porque máis dunha das situacións que se poderán vivir dende o patio de butacas do Alovi son surrealistas pero todas elas coas relacións humanas como principal base.
As localidades para asistir a esta representación páranse á venda tanto mañá xoves coma o venres en horario de 11.30 a 13.30 horas, na billeteira do auditorio municipal. Asemade, tamén será posible adquirir unha entrada hora e media denantes do inicio do espectáculo. O seu prezo é de 3,5 euros aínda que, como ven sendo habitual haberá descontos para os maiores de 65 anos, menores de 12 e posuidores dos carnés de estudante e Xove.

4/11/08

A ADXUDICACIÓN DA DEPURADORA E AS ACTUACIÓNS PARA ELEVAR O PH DO EUME, ELEVAN A INVERSIÓN DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE EN AS PONTES (A CORUÑA) A 9




O conselleiro, Manuel Vázquez, visitou hoxe os terreos onde estará situada a estación depuradora de augas residuais (EDAR), cuxo proxecto foi adxudicado onte e que conta cun orzamento de 5,6 millóns. A Consellería de Medio Ambiente investiu preto de 3 millóns de euros nas actuacións de emerxencia no Eume a fin de paliar o descenso do pH. O conselleiro tamén comprobou a execución dos traballos para a restauración do muíño na Central de Prieto e a impermeabilización da superficie de noiro do Polígono Industrial de Os Airios.

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible investiu máis de 9,4 millóns de euros nos últimos tres anos no concello coruñés de As Pontes. A maior parte deste orzamento destinouse ao proxecto da nova depuradora, que ven de adxudicarse, e ás actuacións de emerxencia para paliar o descenso do pH no río Eume, segundo avanzou o conselleiro, Manuel Vázquez, na súa visita a este concello.



O conselleiro mantivo unha reunión co alcalde, Valentín González Formoso, na que ambos avaliaron os principais proxectos da Consellería de Medio Ambiente neste concello, entre os que se atopa a estación depuradora de augas residuais. Manuel Vázquez visitou hoxe os terreos nos que estará ubicada a EDAR, que foi adxudicada onte, deseñada para 2.000 habitantes e que conta cun orzamento de 5,6 millóns de euros.



Manuel Vázquez comprobou a execución dos traballos para a impermeabilización da superficie de noiro no Polígono Industrial dos Airios, unha das actuacións de emerxencia realizadas pola Consellería de Medio Ambiente para paliar o descenso do pH no Eume. O conselleiro resaltou o importante esforzo inversor que está a realizar o seu departamento nestas actuacións, xa que os traballos no polígono e a adición de carbonato cálcico no encoro para diminuír a acidez, supuxeron un investimento de case 3 millóns de euros.



Os traballos de adición do carbonato cálcico, efectuados por Sogarisa, conseguiron normalizar os valores de pH na zona do encoro, que esta mesma mañá se atopaban a 6,85 na superficie e 6,80 no fondo.


Restauración muíño

O conselleiro visitou o muíño restaurado da Central de Prieto, no que a Consellería de Medio Ambiente investiu 300.000 euros. Esta actuación enmárcase nunha de carácter máis amplo, a creación do Parque do Eume, que permitirá poñer a disposición do público as ribeiras do río en todo o seu tramo urbano. O muíño destinarase a museo sobre os distintos aproveitamentos da enerxía hidráulica e ademais contará cunha minicentral e levará a cabo a transformación de cereais en alimentos.


O departamento que dirixe Manuel Vázquez destinou preto de 200.000 euros máis a actuacións en materia de conservación da natureza no concello, parte delas centradas na aula de natureza O Cabalar, na que se realizaron obras para adecuación do entorno, mantemento de instalacións, mellora e reparación de infraestruturas e actividades educativas; xunto á apertura de sendeiros peonís no Parque Natural das Fragas do Eume.

Por outra parte, no que respecta ao tratamento de residuos, a Consellería de Medio Ambiente investiu 144.661 euros no concello de As Pontes en axudas para o transporte de residuos sólidos urbanos e na mellora da xestión e explotación do punto limpo.

3/11/08

A COTOP dará comezo, en breve, aos traballos de mellora da estrada que enlaza a Avenida de Galicia coa Casilla



· O delegado provincial anuncio hoxe ao alcalde de As Pontes a adxudicación parcial destas obras que suporán unha inversión de 300.000 euros


O delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, Alberto González, visitou hoxe As Pontes co fin de revisar co alcalde, Valentín Gónzález Formoso, os asuntos pendentes entre este departamento e a administración local en materia de infraestructuras.
Ao longo da súa estadía no municipio, Alberto González comunicoulle ao primeiro edil pontés que a COTOPT xa procedeu a adxudicar, de forma provisional, o contrato de obras que permitirá arranxar o tramo que une a Avenida de Galicia, dende a súa conexión coa Avenida de Lugo, co barrio da Casilla.
Os traballos, orzamentados en case 300.000 euros, darán comezo proximamento co que, nas vindeiras xornadas se procederá a reordear o tráfico co fin de que os operarios realicen estas melloras e que consistirán na aplicación dunha capa de aglomerado, nos dous carrís deste tramo, e de melloras tamén nos aparcadoiros cos que conta a zona afectada por este proxecto.
Precisamente, o rexedor pontés e mailo delegado provincial se trasladaron ata a Avenida de Galicia para coñecer de primeira man o estado desta zona, na compaña do inxeñeiro municipal.
Posteriormente, a comitiva desprazouse ata a Casilla onde Alberto González lle trasladou ao alcalde a intención da COTOP de iniciar, proximamente, o arranxo das beirarrúas deste barrio.
Valentín González Formoso calificou esta visita coma unha proba máis da boa relación existente entre o goberno local e a Consellería de Política Territorial. Neste senso, o primeiro edil agradeceu a celeridade e inmediatez da resposta ofrecida polo departamento que dirixe María Xosé Caride en relación a tódolos asuntos que afectan ao concello de As Pontes.

2/11/08

A Deputación de A Coruña financiará integramente tres novos vehículos para os servizos eléctrico e de obras

• O goberno provincial destinará 110.000 euros tras dar luz verde esta mañá, en sesión plenaria , a un acordo que se rubricará co Concello proximamente


O Concello de As Pontes contará con tres novos vehículos, financiados pola Deputación de A Coruña, que permitirán renovar o parque móbil municipal.
Así o anunciou hoxe a concelleira de Participación Cidadá e deputada provincial, Montserrat García, tralo acordo acado esta mañá na sesión plenaria celebrada na se da Deputación coruñesa e que permitirá destinar unha partida de 110.000 euros a esta medida.
Segundo aclarou Montserrat García, deste xeito, o concello contará con tres novos vehículos sen que isto supoña custo algún para as arcas municipais, xa que o cen por cen da financiación correrá a cargo do goberno provincial.
A deputada provincial tamén anunciou que, nos vindeiros días, se producirá a sinatura deste convenio tralo cal se dotará con novos efectivos aos servizos eléctrico e de obras, o que permitirá retirar os vehículos máis obsoletos.
En relación a este acordo, a concelleira pontesa quixo amosar a súa satisfacción e gratitude ante a posta en marcha deste convenio entre as administracións local e provincial.
Tal e como engadiu a edil, “o máis importante é que o Concello sabe que conta con ese apoio económico” aínda que, polo momento, están por decidir cales serán os novos vehículos que se adquirirán con estes fondos.
Unha vez máis, o goberno que dirixe Salvador Fernandez Moreda da mostra da súa implicación con As Pontes e da boa relación que une ás administracións local e provincial.

O Concello iniciará en novembro a campaña de sensibilización contra o vandalismo cun taller de graffitis

• Ademáis deste obradoiro, habilitaranse espazos específicos para realizar graffittis e daranse charlas entre os estudantes e nas asociacións pontesas

Un experto na elaboración de graffitis, visitará o vindeiro 14 de novembro As Pontes, dentro da campaña que, dende o Concello, se porá en marcha contra as pintadas e os actos vandálicos.
Así as cousas, e segundo anunciou a edil de Participación Cidadá, Montserrat García, este artista de rúa ofrecerá, dentro duns días, un curso de iniciación ás técnicas do graffitti que se complementará con prácticas sobre grandes lenzos de papel que estarán a desposición de todos aqueles que desexen probar as súas habilidades coa pintura en aerosol.
Esta actividade completarase coa posta en marcha dunha campaña informativa a desenvolver tanto nos centros educativos do municipio coma nas diferentes asociacións pontesas. Deste xeito, o goberno municipal pretende non só presentar as diferentes sancións incluídas na ordenanza municipal de vandalismo, senón tamén concienciar a toda a poboación para rematar con esta lacra da que son vítimas os bens públicos e que son responsabilidade de todos.
Outra das medidas que o Concello ten previsto imprantar nesta guerra contra as pintadas indiscriminadas, é a habilitación de determinados espazos públicos para poder realizar graffittis aínda que, primeiramente, os interesados nesta iniciativa deberán presentar o seu proxecto, solicitar unha autorización e agardar ata que se lle otorgue o permiso e o emprazamento axeitado.
Estas medidas foron consensuadas por tódolos axentes afectados, dende os diferentes grupos políticos, ata o corpo da Policía Local e os concelleiros de Seguridade Cidadá, Javier Carballo; Cultura, Eva Conde; e a propia edil de Participación Cidadá, que o pasado mércores participaban nunha xuntanza na que todos eles coincidiron na necesidade de comezar a aplicar con todo o rigor posible a lei contra calquera forma de vandalismo, pero facendo tamén fincapé na importancia da formación e información da cidadanía.

Por outra banda, en breve o Concello comezará os traballos de limpeza de diferentes espazos públicos afectados polas pintadas e, unha vez concluídos, os grafiteiros só poderán empregar as zonas habilitadas para tal fin, sendo sancionados no caso de realizar debuxos en lugares prohibidos.
Precisamente, para evitar a repetición deste tipo de comportamentos, a policía local poñerá tódolos seus medios dispoñibles para redobrar a vixianza sobre os “artistas” ilegais que serán multados segundo se recolle na ordenanza municipal contra o vandalismo, a través de sancións económicas e traballos en prol da comunidade.