30/8/08

Excursion da A.V.V as Fervenzas de Somede

A asociacion de veciños AS FERVENZAS deSomede realizara nas vindeiras datas 27 e 28 de setembro una viaxe a Cantabria

sabado 27
Saída de Somede ás 6:15 e da capela do Carme as 6:30
-parada en ruta
-chegada e xantar na cidade de Santander
-visita turistica con guia local
-cea e aloxamento

comingo 28
visita o parque de Cabárceno
Xanatar na cidade
Viaxe de volta e chegada ás Pontes as 22:00

O prezo para socios (todo incluido)será de 130 € por persoa e para non socio 145 €

Para anotarse o prazo para os socios será ata o dia 5 de setembro e os non socios poderán comezar a apuntarse do dia 3 o dia 5 (ambos inclusive)
Para anotarse poderan facelo no banco Santander na conda da A.V.V As Fervenzas de somede ata completar as prazas.

Servizos Sociais pecha unha nova edición dos seus obradoiros de verán cun balance de 90 participantes



• O edil José Alén foi o encargado de clausurar estes talleres no que supón unha iniciativa de ocio pioneira entre os concellos da comarca


O concelleiro de Servizos Sociais, José Alén, clausurou esta mañá os obradoiros lúdico educativos que, ao longo dos dous últimos meses, se estiveron a desenvolver no colexio Monte Caxado e que poñían o seu punto e final esta mañá cunha merenda para tódolos participantes.

A iniciativa, segundo aclarou o edil, tivo como obxectivo principal ofrecer unha alternativa para a conciliación da vida laboral e persoal a todas aqueles pais e nais que non poden gozar de vacacións estas semanas e non contan con ninguén que se poida facer cargo dos seus pequenos.

Un ano máis o programa rexistrou un gran éxito xa que un total de 90 nenos e nenas de entre 4 e 11 anos de idade participaron nesta iniciativa que, ademais do incremento de prazas con respecto a anos anteriores, tamén tivo como novidade a reserva de prazas dirixidas a rapaces con necesidades educativas especiais.

José Alén quixo amosar a súa satisfacción ante tan boa acollida. Asemade, o edil recalcou o carácter pioneiro de As Pontes neste tipo de iniciativas xa que moi poucos son os concellos dos arredores que ofertan actividades lúdico-educativas para os máis pequenos ao longo dos dous meses de verán.

Unha ducia de monitores, entre educadores e psicólogos, foron os encargados de impartir estes obradoiros nos que se mesturaron actividades deportivas con xogos tradicionais, talleres de manualidades e artes plásticas ou excursións con exercizos e iniciativas dirixidas ao coidado do medio ambiente ou á relación cos demáis compañeiros.

Así as cousas, cada semana contou cun tema estrela coma a auga, a terra ou o aire no que as actividades máis prácticas se mesturaron coa teoría e incluso con algunha sorpresa coma unha visita ao parque comarcal de bombeiros do Eume, un curso de educación vial impartido polo corpo municipal de Policía ou unha clase práctica sobre a arte da pesca que impartiron varios membros da Asociación de Caza e Pesca A Venatoria.

A oferta lúdica para os veciños máis pequenos de As Pontes para estas últimas semanas completouse coa apertura das instalacións da Escola Infantil Municipal de A Barosa ao longo do mes de agosto.

28/8/08

A XUNTA APROBA O INVESTIMENTO DE 5,6 MILLÓNS DE EUROS PARA A CONSTRUCIÓN DA DEPURADORA DAS PONTES

A XUNTA APROBA O INVESTIMENTO DE 5,6 MILLÓNS DE EUROS PARA A CONSTRUCIÓN DA DEPURADORA DAS PONTES, QUE SE SUMA ÁS 14 EDARES LICITADAS POLO GOBERNO GALEGO PARA POBOACIÓNS DE MÁIS DE 2.OOO HABITANTES

O Goberno galego aprobou hoxe o investimento de 5.694.511 euros para a construción da depuradora de augas residuais (EDAR) e colectores xerais das Pontes (A Coruña). A obra da depuradora das Pontes é un dos proxectos previstos no Plan de Saneamento promovido pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, coa finalidade de dar cumprimento a normativa europea que obriga a depurar as augas residuais das poboacións de máis de 2.000 habitantes. No marco do citado plan, o departamento autonómico que dirixe Manuel Vázquez licitou 14 depuradoras, á que se suma a recente aprobación e próxima licitación da das Pontes.
O proxecto da EDAR das Pontes ten un prazo de redacción e execución da obra de 25 meses (1 mes para a redacción do proxecto, 12 para a execución e outros 12 meses de explotación). As obras incluirán a construción dunha EDAR con capacidade para 20.000 habitantes, xunto á mellora dunha estación de bombeo existente e a construción de tres novos bombeos coas correspondentes impulsións e oito colectores por gravidade.
A Consellería de Medio Ambiente financiará a totalidade do proxecto, a través da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (EPOSH), cunha primeira achega de 569.451 euros prevista para este ano; a segunda en 2009 por un importe de 2,5 millóns de euros; e a última en 2010 por 2,6 millóns.
Plan de Saneamento
A EDAR das Pontes inclúese no Plan de Saneamento que a Consellería de Medio Ambiente puxo en marcha co obxectivo de cumprir a directiva europea 91/271 de tratamento de augas residuais. Neste plan estaba prevista a construción dun total de 20 depuradoras para o saneamento das poboacións de máis de 2.000 habitantes, das que na actualidade 14 están licitadas e a das Pontes será licitada en breve, tras a aprobación do investimento hoxe por parte do Consello.

O embalse do río Eume amosa unha recuperación constante

O embalse do río Eume amosa unha recuperación constante desde xullo, que se acelerará coa adición de carbonato de calcio que se iniciou esta semana
O encoro do Goente recupera lentamente e de forma natural o seus niveis habituais de acidez dende o mes de xullo e toma valores de pH de 5,4. Tralo comezo de adición de carbonato cálcico á auga, o pasado luns, esperase que a velocidade de recuperación aumente. Así o confirmou o director xeral de Desenvolvemento Sostible, Emilio Fernández, que supervisou hoxe os traballos que están a desenvolver de forma conxunta a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e a empresa Sogarisa.
Fernández explicou que se trata dunha zona que “historicamente” presenta niveis relativamente elevados de acidez, con valores de pH entre 6 e 6,5, debido as súas características xeolóxicas, con afluentes que introducen no encoro aportes hídricos con pH 5,5. Ademais, os valores de pH amosan unha elevada variabilidade temporal, relacionada co réxime de precipitacións. Así, os datos históricos amosan caídas de pH de unha unidade en períodos de 2 ou 3 semanas seguidos de rápidas recuperacións. Isto aconteceu, por exemplo, na segunda quincena de xaneiro deste ano, recuperando os valores medios normais a mediados de febreiro.
O director xeral apuntou que, tralo novo descenso continuado do pH rexistrado a comezos de abril, iniciouse unha inspección intensiva da zona que permitiu identificar vertidos de moi elevada acidez ao río Chamoselo e Lavadoiro. Así, o 19 de abril Augas de Galicia abriu un expediente sancionador á Unión Temporal de Empresas (UTE) Cabreiros, concesionaria das obras da autovía que unirá Vilalba con Ferrol, e cuxa declaración de impacto ambiental non permitía a introdución nos cauces fluviais de vertidos con niveis de acidez inferiores a 5,5 de pH.
Por iso, o alto cargo da Consellería de Medio Ambiente considerou que os traballos que se están a realizar no encoro deben ir acompañados de medidas de control nas zonas de obras da autovía e de acumulación dos materiais derivados de esta no parque empresarial de Airios, para evitar que volvan verter augas con altos niveis de acidez cando chegue o período de chuvias do outono. “Todo o que se está a facer non tería sentido se non se traballara simultaneamente para evitar os vertidos ácidos augas arriba”, apuntou.
Neste sentido, informou que a UTE está realizando labores de impermeabilización da pirita cunha capa de arxila e de terra vexetal de 40 centímetros para evitar a erosión. Ademais, creouse unha rede de drenaxe con cunetas con terra calcaria para contrarrestar a acidez e balsas de formigón para recoller a auga que poida presentar baixos niveis de pH e tratala con carbonato de calcio antes de que chegue ao encoro. Neste caso, é a UTE quen se fai cargo dos gastos destas actuacións. Os técnicos da unidade de vertidos de Augas de Galicia están a realizar controis de acidez nos ríos próximos ás obras da autovía dúas veces por semana.
Fernández afirmou que se se confirma a actuación da UTE, fóra dos condicionados da propia declaración de impacto ambiental, como indican inicialmente os datos da Consellería, Medio Ambiente aplicará as sancións que legalmente correspondan, que poderían chegar ata un máximo de 600.000 euros.
No parque empresarial de Airios, é a Consellería de Medio Ambiente quen está a realizar as actuacións necesarias de emerxencia, xa que “non se pode esperar” a que o Concello de As Pontes, a quen lle correspondería facelas, dispoña dos recursos económicos para executalas, que ascenden a 1.700.000 euros. Os traballos de adición de carbonato cálcico no encoro, pola súa banda, ascenden a preto de un millón de euros.
Fernández explicou que a achega de carbonato cálcico ten coma fin restituír “moi lentamente” as condicións normais do encoro para evitar que algún problema no foco de contaminación provoque que o embalse pase dunha situación “delicada a unha de risco”. O resultado das actuacións está controlado por un equipo de seguimento que analiza continuamente a evolución do encoro. Neste senso, o 9 de agosto instalouse unha boia no embalse con sensores de pH na superficie e a 20 metros de profundidade e que, cada 10 minutos, transmite vía móbil os datos a MeteoGalicia. Unha vez que este dispositivo supere o período de probas, os datos que recolle serán de acceso público.
Os resultados que acade o equipo de seguimento determinarán a cantidade de carbonato cálcico que se achegará ao encoro, cunha cantidade máxima teórica de 2.000 toneladas, aínda que nun principio non está previsto superar as 1.000 toneladas. A supervisión determinará tamén a duración dos traballos.
Fernández defendeu o período dun mes no que a Consellería decidiu o operativo que se ía poñer en marcha, en función das precaucións inherentes a unha actuación desta envergadura e a propia dimensión do operativo. “A Consellería non se pode permitir fallar nunha actuación desta envergadura”, xa que se trata dun espazo inserido no Parque Natural das Fragas do Eume no que hai que ter “exquisita precaución”. “A primeira opción era a de non actuar”, indicou Fernández, pero, debido a que o encoro non se recuperaba coa rapidez necesaria, a Consellería decidiu intervir cunha opción, entre as que se barallaron, “conservadora”. “Nunha pequena charca podemos facer probas, pero nun encoro destas dimensións non podemos facer experimentos”, apuntou.

27/8/08


25/8/08

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA INICIA O ARRANXO DA ESTRADA ENTRE O CAMPO E A VILA

A pasada semana deron comezo as obras de mellora da estrada que comunica as zonas de O Campo e Vila, na parroquia de Ribadeume das que xa lles falabamos hai varias xornadas e que, finalmente, daban comezo a pasada semana.
A Deputación da Coruña será a encargada de asumir o custo destes traballos que ascenden a case 300.000 euros.
As obras incluen a mellora do firme,mediante a aplicación dun novo aglomerado, e é que o estado que presenta actualmente incide negativamente na calidade da circulación, o que converte nun auténtico perigo para os conductores á hora de utilizar este vial para os seus desprazamentos.
A actuación forma parte dun proxecto máis ambicioso, que tamén sufragará o goberno provincial, e que inclúe o acondicionamento e mellora íntegra da estra que une Vila e Goente, a través de A Faeira, permitindo o enlace entre esta parroquia e as de Goente e Ribadeume.
Os traballos dividiranse en tres fases e suporán unha inversión total de tres millóns de euros.

MEDIO AMBIENTE INICIA OS TRABALLOS DE RECUPERACIÓN DO EUME

A Consellería de Medio Ambiente puxo hoxe en marcha os primeiros traballos para a adición de carbonato cálcico hidratado no encoro do Eume co fin de dar solución aos problemas de contaminación que, nos últimos meses están a provocar a morte de gran cantidade de reos nas súas augas.
Deste xeito o que se pretende é incrementar o ph da auga e reducir a alta acidez das augas para recuperar a súa calidade a través dunha estructura flotante, proceso no que tamén está implicada a firma Sogarisa.
Este dispositivo irá acompañado dun seguimento intensivo das condicións do encoro para comprobar os avances na súa recuperación.
Segundo aclara a Consellería de Medio Ambiente, a través dunha nota de prensa, esta actuación é a máis axeitada despois da análise de toda a información dispoñible, tendo en conta os datos das mostraxes de auga realizadas ao longo das últimas semanas.

O CONCELLO ABRE O PRAZAO PARA SELECCIONAR UN NOVO ARQUITECTO

O concello ven de poñer en marcha unha nova convocatoria. Trátase dun posto temporal dixido a un arquitecto e para o que será posible presentar a súa candidatura ata este mesmo xoves, no Rexistro Xeral do Concello, ubicado na pranta baixa da casa consistorial.
A duración deste contrato é de tres meses, dando comezo o 1 de sembro e a súa retribución ascende a 3921euros brutos mensuais.
O proceso de selección estará composto polos méritos curriculares e unha entrevista persoal.
Asemade, os aspirantes deberán ter máis de 16 anos, contar coa nacionalidade española ou europea, posuir a titulación de arquitecto, non padecer enfermidades ou eivas físicas que impidan o normal exercizo da función e non estar inhabilitado para o exercizo da citada profesión.

ENDESA INCREMENTA AS SÚAS CIFRAS DE TRÁFICO DE CARBÓN NUN 66%

Endesa ven de facer públicas as cifras pertencentes ao tráfico de carbón rexistradas nos primeiros sete meses do ano. Uns datos nos que se recolle un incremento do 66% do seu tráfico de carbón descargado na súa terminal portuaria de ferrol, en comparación ao mesmo período de 2007.

Así as cousas, o pasado mes de xullo batíronse tódolos rexistros históricos de movemento no seu peirao interior onde se descargaron case 513.000 toneladas de hulla, un 54% por riba da media mensual rexistrada nos últimos 8 anos.

Tamén é preciso salientar o incremento do transporte terrestre con destino a As Pontes, xa que das 513.000 toneladas de material recibido, 492.000 remataron no parque de carbóns co que endesa conta na nosa vila, incrementando o tráfico habitual duns 120 camións diarios aos 160.

Durante os primeiros sete meses de 2008, Endesa transportou dende Ferrol ata As Pontes 2,5 millóns de toneladas o que supón un incremento do 53% e que se traduce en 92.152 viaxes de camión, cando en 2007 a cifra total de viaxes foi de 105.000.

O incremento destas cifras témolo que buscar no proceso de transformación da central térmica pontesa que, dende o mes de xaneiro, só consume carbón de importación o que supuxo unha inversión de 275 millóns de euros.

Entretanto, as que aínda están por rematar son as obras dunha segunda terminal que se está a construír en Ferrol e que poderá albergar 5 millóns de toneladas por ano. Haberá que agardar aínda unhas semanas para que den comezo as probas dos seus dous pórticos de descarga e que poderían xa entrar en operación comercial duranto o último cuatrimestre de 2008.

A ASOCIACIÓN HUME AMPLÍA O PRAZO PARA PARTICIPAR NO I PREMIO ENRIQUE RIVERA ROUCO

A Asociación de estudos históricos e sociais Hume mantén aínda aberto o prazo para participar no I Premio Don Enrique Rivera Rouco, debido á baixa participación da primeira convocatoria.
Ata o 31 deste mesmo será posible presentar os traballos sobre investigación histórica, social e etnográfica e que deben estar cinguidos exclusivamente a As Pontes.
Dúas son as categorías nas que será posible participar: a primeira dirixida aos alumnos de bacharelato que poden optar a un premio de 200 euros e unah segunda na que poden participar universitarios para acadar un galardón dotado con 400 euros.
Poden concorrer ó premio todos aqueles alumnos de bacharelato ou universidade, que presenten os seus traballos en galego, calquera que sexa a súa nacionalidade. As propostas deberán ter un mínimo de 25 folios e un máximo de 50 para a categoría de bacharelato e 100 para a universitaria.
Deberánse entregar dúas copias, unha en papel e outra en soporte dixital, e cada orixinal contará cun lema e cun sobre no que se recollan os datos do autor. Precisamente, calquera dos traballos presentados conten ou non con premio poderán ser publicados no número 2 da revista Hume de estudos Históricos.
O fallo do xurado darase a coñecer xa á volta de vacacións, no mes de setembro, trala primeira reunión da xunta directiva deste colectivo.

24/8/08

A Consellería de Educación comeza os traballos de instalación da nova cuberta no C.E.I.P A Magdalena

• As obras suporán unha inversión de case 250.000 euros e incluirán melloras na instalación eléctrica e nos falsos teitos do centro


A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acaba de iniciar os traballos de rehabilitación da cuberta dos dous edificios que albergan as aulas do C.E.I.P A Magdalena.

Estas obras, ás que o departamento que dirixe Laura Elena Sánchez Piñón destina un total de 249.701,98 euros, desenvolveranse ao longo dos vindeiros tres meses xa que, ademáis da instalación dunha nova cuberta impermeable, o proxecto inclúe a colocación de falsos teitos e a total renovación do sistema eléctrico co que conta o centro escolar pontés.

Deste xeito, afróntase a última parte duns traballos cuio concurso se facía público en maio e que supón o cumprimento da promesa realizada o pasado mes de febreiro pola conselleria de Educación, ao longo dunha visita ao concello pontés na que Sánchez Piñón escoitou as demandas non só dos máximos responsables dos centros escolares do concello, senón tamén dos propios dirixentes do mesmo.

Precisamente, dende o goberno municipal amosaron a súa satisfacción ante a posta en marcha duns traballos que son a mostra da preocupación do executivo autonómico polo municipio mineiro que, unha vez máis, ve atendidas as súas demandas.

22/8/08

A BANDA MUNICIPAL E A AGRUPACIÓN CORAL ENDESA PERDEN AO SEU DIRECTOR

O músico valenciano Juan Bernat Alcaide abandoará nas vindeiras semanas a dirección da Agrupación Coral Endesa e da Banda Municipal para asumir as tarefas de mestre no Conservatorio de Música de Valencia.

Esta baixa dun xa mítico veciño adoptivo de As Pontes deixa mermadas a ámbalas dúas formacións musicais que nas vindeiras xornadas deberán afrontar varios compromisos ao longo de toda a xeografía española.

Dende ámbalas dúas formacións, expresaron a súa tristura ante tal noticia alabando o traballo dun profesional tan completo como Bernat Alcaide ao que calificaron de traballador, boa persoa, innovador no mundo da música e entusiasta e que logrou aportar novos aires ás dúas formacións mediante a introducción de novos xéneros, de novos instrumentos e incluso a través de interpretacións onde ámbalas dúas formacións pontesas compartían escenario e bo facer.
Esta importante baixa non alterará ningún dos programas de actuacións previstas para as vindeiras semanas. Así as cousas, a coral pontesa ten previsto manter os seus concertos en Outes, Navarra, Zaragoza e Cariño, ademáis do seu festival de outono e que se celebrará o 18 de outubro.
A banda municipal tamén manterá as súas actuacións para as vindeiras semanas e que a levará por Malpica, A Coruña e Val do Dubra.
Entretanto, ámbalas dúas formacións xa están a traballar na busca de novos directores e que no caso da agrupación coral non tardará a darse en coñecer, xa que hai varios candidatos posibles que se axustarán ao estilo e forma de traballo implantada polo propio Bernat Alcaide.

ARTEIXO TELECOM PRESENTA UN NOVO SISTEMA DE GPS PARA CABALOS DE CARREIRAS

A empresa tecnolóxica con base en As Pontes Arteixo Telecom estrenou hoxe na localidade gala de Compiegne un novo sistema de GPS, de nome BEN, destinado aos cabalos de carreiras.

As firmas Level Telecom e o centro tecnolóxico Euve tamén tomaron parte na creación deste novo aparato co que será posible coñecer a posición de cada xinete en todo momento ou detectar calquer tipo de incidente ao longo da competición.

Este dispositivo fará a súa presentación pública ao longo da competición de raid francesa Compiegne Endurance, na que os cabalos deber percorrer un total de 140 quilómetros.

Este novo sistema conta con 53 horas de autonomía en reposo e de 30 en actividade permanente, asemade, este GPS ven equipado con un botón que conecta ao xinete directamente co responsable de ferrar ao cabalo e un segundo dispositivo que contacta directamente co xurado do evento que tamén permite enviar un sinal de socorro, en caso de necesidade.

6/8/08

O Goberno central subasta 52 hectáreas de monte nas Pontes

O Ministerio de Facenda anunciou a subasta pública de trece leiras rústicas da súa propiedade resultantes da concentración parcelaria de Ribadeume-Bermui. En total, os solares suman 424.121 metros cadrados e están valorados, en conxunto, en 40.023 euros.
A puja será o 21 de outubro, ás once da mañá, no salón de actos da delegación de Economía e Facenda da Coruña, e poderase optar ás parcelas con prezos base que van desde os 500 ata os 9.917 euros.
As parcelas atópanse diseminadas polos montes da parroquia pontesa, e a máis pequena atópase no lugar de Pontegrande, cunha superficie de 8.440 metros cadrados. O prezo base dese solar é de 1.412 euros.
A máis grande é unha parcela de 9,28 hectáreas ubicada en Painceiras. O prezo de saída é de 6.400 euros.
Lugares diseminados
Outros solares atópanse en lugares tan distantes como Prados dá Riveira, Pena do Foxo, Muíño, Penaparda ou Prado do Medio, entre outros.
Os interesados deberán consignar un depósito previo do 25% do tipo de valoración sobre as parcelas ás que pujen. A tramitación inicial deberán cursarla a través da Delegación Provincial do Ministerio de Facenda, a través dos números de teléfono 981 161 344 ou 981 161 368.

3/8/08

A Deputación da Coruña concede máis de 122 mil euros para actividades sociais

A Deputación de A Coruña concedeu unha subvención de casi 122.500 euros ao Concello de As Pontes para realizar actividades de tipo cultural, deportivo e social. A partida económica deste año servirá para financiar as escolas deportivas e a organización de eventos de esa índole, ademáis dos programas de música e danza, acometer arranxos na Casa Dopeso ou dotar de equipamiento ás distintas escolas municipais. Tamén se reserva unha parte dese presuposto para a adaptación de parques infantís e para a organización da Feira do Grelo.

No apartado social, haberá financiación igualmente para o servizo de axuda no fogar, entre outras actuaciones previstas polo Concello.