26/6/08

As Pontes será a se o vindeiro 5 de xullo dunha festa solidaria coa que recadar fondos para nenos hindúes



O edil de Servizos Sociais, José Alén, e Rosa López, da ong Mundo Cooperante, presentaron hoxe o que se coñecerá como Bahra Party


O concelleiro de Servizos Sociais, José Alén, e maila representante en Galicia da ONG Mundo Cooperante, Rosa López, presentaron esta tarde, na Casa Dopeso, a primeira edición da festa solidaria Bahra Party. Trátase dunha iniciativa, que terá lugar o 5 de xullo, na que colabora o concello pontés e coa que se pretenden recadar fondos para os proxectos solidarios que esta asociación está a desenvolver en Calcuta, e do que se benefician os fillos das traballadoras sexuais da barriada de Kalighat.
Tamén se puido contar coa presenza das psicopedagogas responsables do servizo municipal, ademáis de representantes das diferentes asociacións pontesas e de moitos dos nenos que tomarán parte nesta festa.
Na súa intervención, José Alén quixo agradecer a participación dos máis pequenos neste proxecto dirixido sobre todo á infancia e aos nenos e nenas que non teñen a sorte de vivir nunha casa ou de comer diariamente.
Asemade, o edil fixo resumo dos principais fins desta convocatoria e que van máis aló de recadar fondos para un proxecto solidario. Segundo aclarou, o que tamén se pretende con esta Bahra Party é “sensibilizar á poboación dende idades ben temperás sobre a situación tan precaria que deben vivir os nenos doutras partes do mundo, ademáis de fomentar a participación de toda a sociedade en iniciativas deste calibre”.
Precisamente, o concelleiro lembrou a gran colaboura dos estudantes dos centros educativos do municipio, que puxeron en marcha actividades para recadar fondos cos que colaborar con esta ong, ademáis da gran acollida das charlas e talleres de sensibilización realizados dende Mundo Cooperante, colaboura á que o concello quixo responder mediante a preparación desta festa da solidariedade e que se suma a outras actividades municipais coma a campaña con motivo do Día Internacional do Neno.
O edil pontés animou a tódolos veciños e veciñas de As Pontes, sobre todo a nenos e mozos, a tomar parte nesta festa apta para tódalas idades grazas a un amplo programa cunha multitude de actividades das que desfrutar e nas que participar.

Pola súa banda, Rosa López deu conta das actividades que está a realizar a ong que representa ao longo de países como a India, Ecuador, Kenia e Colombia e que aglutina diferentes iniciativas solidarias. Precisamente, Rosa López presentou aos asistentes máis polo miudo o traballo que se realiza dende Mundo Cooperante, nas distintas zonas onde actua e que vai dende a atención sanitaria aos máis desfavorecidos ata o traballo con prostitutas ou nenos soldado.
Dúas mostras fotográficas, música, xogos, obradoiros, postos de venta de produtos de comercio xusto ou hinchables son algunhas das ofertas de ocio solidario do que será posible desfrutar nesta cita que se desenvolverá dentro duns días, no patio do colexio Santa María, dende as cinco da tarde.

Actividades
O programa desta convocatoria solidaria conta cunha ampla oferta que se inaugurará cunha festa infantil ás 17.00 horas na que será posible participar en obradoiros de globoflexia, pintura de dedos, arxila, pintura de caras, graffittis ou de batuka.
Asemade, os nenos e nenas poderán modelar os seus propios complementos nun taller de fimo ou incluso desfrutar de xogos, participar nunha xincana e divertirse xogando en varios hinchables.
Ás 18.30 horas celebrarase unha tómbola benéfica cuios beneficios irán tamén destinados ao proxecto New Light que Mundo Cooperante desenvolve na cidade hindú de Calcuta, en prol dos fillos e fillas das traballadoras sexuais do barrio vermello de Kalighat.
Ás 20.00 horas será o tempo da música coas actuacións do cantautor coruñés Hugo Torreiro e dun grupo de cantareiras. Como fin de festa, está previsto un espectáculo de fogos de artificio.
Nembargantes, o programa deste día solidario tamén conta con outro tipo de actividades que estarán operativas ao longo de toda a tarde coma un servizo de bar con prezos moi atractivos, postos de comercio xusto, sorteos de diferentes agasallos e dúas exposicións fotográficas que levan por título Mulleres que cambian o mundo e A visión dende un barrio de chabolas.
A primeira destas mostras recolle diferentes testemuños de mulleres descoñecidas pero con un gran papel social, que traballan por todo mundo, poñendo en marcha distintos proxectos de axuda a nenos orfos, afectados pola Sida ou vítimas de esclavismo sexual, entre outros, en países coma Uganda, Arxentina ou o Sáhara.
En canto A visión dende un barrio de chabolas, a través desta colección de fotografías preténdese plasmar a pobreza na que residen moitos habitantes dos países máis pobres de América Latina.
O prezo das entradas para desfrutar desta festa solidaria é de tres euros, o que inclúe acceso a tódalas actividades que se realicen nesta xornada. Asemade, tamén é posible colaborar mediante donativos que se poden ingresar na conta bancaria da que Mundo Cooperante dispón na entidade La Caixa.

O concello de As Pontes e a Asociación Abeiro organizan a primeira Festa da Mocidade dirixida aos máis novos

· Actividades deportivas, talleres de baile, concurso de talentos e ata un maratón de fútbol sala conforman o programa desta xornada

O concello de As Pontes, a través do departamento de Servizos Sociais, xunto coa asociación Abeiro de axuda ao drogodependente, están a preparar a que será a primeira Festa da Mocidade.
A cita, que terá lugar na xornada do vindeiro sábado, terá como escenario o polideportivo municipal de As Pontes e as pistas do barrio da Fraga, onde está previsto que se desenvolva un amplo programa de actividades dirixidas a rapaces maiores de 13 anos.
Competicións deportivas, concursos de graffittis, obradoiros de break dance e incluso un concurso de actividades conforman un programa que xa dará comezo a primeiras horas da mañá e que desenvolverá a empresa Atalaia Social.
Así as cousas, dende a concellería de Servizos Sociais, animaron a tódolos rapaces e rapazas pontesas a tomar parte nesta convocatoria que pretende servir como colofón final a varios meses de Zona Zero, un programa de actividades que se veu desenvolvendo coa colaboura do concello, destinado a ofertar actividades para as tardes de sábado dos máis novos, como alternativa de ocio.
A este chamamento sumáronse tamén dende Abeiro que non dubidaron do éxito de convocatoria que terá esta festa, tras ver os resultados tan positivos que sábado tras sábado rexistraron as xornadas de Zona Zero. É que tanto o concello coma Abeiro defenderon a necesidade de poñer en marcha actividades lúdicas alternativas ao botellón, en prol dun ocio saudable.

Actividades
O programa para a xornada de sábado está encabezado por unha clase de Body Combat, ás 11.00 horas, que virá seguida dunha exhibición de Capoeira ás 12.00 protagonizada polo grupo santiagués Porto da Barra.


Pola tarde, ás 16.30 horas, os protagonistas serán os malabaristas da Asociación Novo Circo de Ferrol. A continuación teremos outra cita deportiva coas prácticas de tiro con arco, ás 17.15 horas, nas que se contará coa colaboura do Clube Silex e que deixarán paso ao concurso desta disciplina tan só media hora despois, ás 17.45 horas.
Outro concurso dará comezo ás 18.00 horas, será o de debuxo de gaffitties mentras que o baile será de novo o protagonista dende ás 18.30 horas cunha exhibición e taller de Break-dance a cargo do Grupo Vella Escola, de Noia, e os ponteses Faneca Murder Crew.
Asemade, durante todo o día será posible desfrutar dun maratón de fútbol sala de equipos mixtos con xogadores e xogadoras de entre os 12 e os 18 anos. Os distintos equipos participantes poderán optar a premios de 400 e 200 euros e outros dous de 50 euros.
A noite pecharase co concurso Ei, ti si que vales! no que os que así o desexen poderán amosar as súas habilidades xa sexa cantando, bailando, contando chistes, facendo maxia ou en calquera outro tipo de disciplina.
Tamén haberá premios nesta mostra de talento de 100 euros para o primeiro clasificado e de 50 euros para o que alcance o segundo posto.

25/6/08

O servizo eléctrico municipal farase cargo dos traballos de iluminación durante a celebración da Festa da Fraga

· O executivo pontés pretende optimizar recursos aproveitando aos operarios municipais o que permitirá un aforro duns 12.000 euros

O concello de As Pontes encargarase, a través do servizo eléctrico municipal, dos traballos de iluminación da Festa da Fraga a celebrar os días 24 e 25 de xullo.
Así as cousas, o executivo de municipal ven de tomar esta decisión coa que está previsto que se aforre un gasto duns 12.000 euros, destinados á contratación deste servizo e que, nesta ocasión, asumirán os operarios do servizo eléctrico do concello.
Asemade, e tras ter en conta un informe elaborado polo servizo técnico municipal, esta decisión permitirá incrementar a seguridade do dispositivo a empregar a través do uso de proteccións magnetotérmicas, diferenciais e tomas de terra con cadros dunha distancia inferior aos 50 metros, o que permitirá non só cumprir coa normativa vixente en relación a festas deste tipo, senón tamén suministrar corrente eléctrica de forma individual a cada unha das cabanas instaladas nestes días, tan só con que os responsables de cada caseta acheguen o cableado pertinente.
Para estes festexos, está previsto que se empreguen más de 1.000 bombillas, asemade, incrementarase o número de proxectores, con máis dunha vintena, e ampliaranse as zonas que contarán con luz ao longo de toda a noite de festa.
Con esta decisión, o goberno pontés aposta por potenciar e optimizar os seus propios recursos xa que o custo será exclusivamente motivado pola compra de material que, posteriormente, quedará máis que amortizado porque o concello xa contará coa propiedade de todos os productos adquiridos.
Dende o executivo municipal, xa anunciaron que os traballos para a posta a punto deste servizo están en marcha e as previsións apuntan a que, a vindeira semana, os eléctricos iniciarán a instalación deste servizo na Fraga, coa confianza de que este ano ningunha cabana quede sen conexión eléctrica e cunha garda permanente diante de calquera incidencia que se puidese presentar ao longo destes festexos.

24/6/08

CAMPUS DE FUTBOL 2008

CAMPUS DE FUTBOL 2008

SORTEO CELEBRADO O DIA 20 DE XUÑO AS 18:00 NA SALA POLIVALENTE DA CASA DOPESO.
AS 6 PRAZAS QUE A DEPUTACIÓN ASIGNOU Ó CONCELLO DAS PONTES PARA OS CAMPAMENTOS DE FÚTBOL NA RESIDENCIA DE ACEA DA MA (IES CRUCEIRO BALEARES- CULLEREDO), DO 29 DE XUÑO Ó 5 DE XULLO PARA RAPACES ENTRE 9 A 13 ANOS CORRESPONDERON A:



1- MARTIN GARCIA PRIETO STA MARIA
2-ENRIQUE FORNOS DOMINGUEZ M CAXADO
3-ALEX BLANCO ARDAO STA MARIA
4- DAVID BELLAS DA SILVA C DA UZ
5- ALEXANDRE LEDO PITA M CAXADO
6- ALBERTO DA SILVA CASTRO STA MARIA

SUPLENTES

ALBERTO LOPEZ SANTALLA M VALCARCE
GABRIEL FERRI ANCA P BAZAN
DIEGO PICOS CARBALEIRA M CAXADO
SANTIAGO FRAGA PENA C DA UZ
ANDRES PITA MARTINEZ STA MARIA
ANGEL MEIZOSO GABEIRAS STA MARIA
JORGE SAAVEDRA REGUEIRO STA MARIA
DAVID GARCIA PRIETO STA MARIA
UXIA PAZ ALVAREZ A FRAGA
JULEN MARTINEZ GALEGO M CAXADO
ADRIAN TEMBRAS NAVEIRO STA MARIA
MELISA SECO LEAL A FRAGA
ALEX FERNANDEZ LOPEZ STA MARIA
IAGO VAZQUEZ TEMBRAS STA MARIA
IVAN JAREL ROCHELA STA MARIA

EXPO ZARAGOZA

EXPO ZARAGOZA

SORTEO CELEBRADO O DIA 20 DE XUÑO AS 18:00 NA SALA POLIVALENTE DA CASA DOPESO.
AS 8 PRAZAS QUE A DEPUTACIÓN ASIGNOU Ó CONCELLO PARA A EXPO ZARAGOZA 2008 DO 9 Ó 13 DE XULLO PARA RAPACES DE 10 A 14 ANOS CORRESPONDERON A:



1- JULEN MARTINEZ GALEGO M. CAXADO
2- ALEXANDRE LEDO PITA M. CAXADO
3- DAVID BELLAS DA SILVA C DA UZ
4-ALEJANDRO FRESCO FERNANDEZ C DA UZ
5-ALBERTO SANCHEZ RODRIGUEZ M VALCARCE
6- ANDREA CASTRO SANCHEZ M. CAXADO
7- LUCIA CALVO FIGUEIRA C DA UZ
8- SANTIAGO FRAGA PENA C DA UZ

SUPLENTES

CRISTINA MOIRON ALEN M CAXADO
JANIRA MARTINEZ GALEGO M CAXADO
CARLA PICHEL CALVO M VALCARCE
LIA PAZ FERNANDEZ A FRAGA
SABELA LOPEZ PITA M CAXADO
MELISA SECO LEAL A FRAGA
MANUEL TOJEIRO LOPEZ A FRAGA
FRANCISCO FRESCO FERNANDEZ C DA UZ
FRANCISCO FRESCO FERNANDEZ C DA UZ
ANTIA TOJEIRO FERNANDEZ M CAXADO
ADRIAN VEREZ FREIRE C DA UZ
CANDELA ARES MACEIRAS C DA UZ
SARA VALENTE CENDAN A FRAGA
ARACELI BELLAS CASTRO M VALCARCE
ALBERTO LOPEZ SANTALLA M VALCARCE
ELOIS PEREZ LOPEZ M CAXADO

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2008 NO COLEXIO CALVO SOTELO
SORTEO CELEBRADO O DIA 20 DE XUÑO AS 18:00 NA SALA POLIVALENTE DA CASA DOPESO.
AS 12 PRAZAS QUE A DEPUTACIÓN ASIGNOU Ó CONCELLO PARA OS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS NO COLEXIO CALVO SOTELO DA CORUÑA DO 20 Ó 26 DE XULLO PARA RAPACES DE 9 A 13 ANOS CORRESPONDERON A:


1- PABLO FERNANDEZ GARCIA M. CAXADO
2- SARA VALENTE CENDAN A FRAGA
3- CARMELA DA SILVA PEREZ A FRAGA
4- EDGAR FUENTES LAMIGUEIRO P. BAZAN
5- ALVARO RODRIGUEZ RAMOS- P. BAZAN
6 DAVID BELLAS DA SILVA C, DA UZ
7 DIEGO VALENTE CENDAN A FRAGA
8 SARA FERNANDEZ MALTRANA STA MARIA
9 NATALIA FRAGA PENA A FRAGA
10 JULEN MARTINEZ GALEGO M CAXADO
11 IAGO VAZQUEZ TEMBRAS STA MARIA
12 ALBERTO LOPEZ SANTALLA M VALCARCE

SUPLENTES
LUCIA CALVO FIGUEIRA C DE UZ
ALEX BLANCO ARDAO STA MARIA
PATRICIA BAONZA STA MARIA
MARTIN GARCIA PRIETO STA MARIA
IVAN JAREL ROCHELA STA MARIA
DANIEL CORRAL LOPEZ M CAXADO
LAURA VARELA CASAL STA MARIA
LARA DOS SANTOS SANCHEZ STA MARIA
DAVID GARCIA PRIETO STA MARIA
NAIM GARCIA HERMIDA M CAXADO
ALBERTO SANCHEZ RODRIGUEZ M VALCARCE

23/6/08

As Pontes ingresará na Rede O60 que permite aos cidadáns realizar xestións vinculadas co goberno central

· O convenio deberá recibir a aprobación do membros da corporación municipal pontesa en pleno denantes de poñerse en funcionamento


O concello de As Pontes formará parte da Rede 060, posta en marcha polo Ministerio de Administracións Públicas, e que permite aos cidadáns realizar diferentes xestións ou recibir información de calquera das tres administracións públicas: local, autonómica e estatal a través de Internet na dirección www.060.es, oficinas 060 ou mediante un servizo de consulta telefónica O60.
Deste xeito, substituirase o xa obsoleto Convenio Marco de Ventanilla Única entre a Administración Xeral e a Autonómica, que expiraba o pasado mes de febreiro.
Segundo anunciaron dende o cabildo pontés, está previsto que proximamente se rubrique un convenio de adhesión a este programa, xa que o único trámite que queda por solventar é que a corporación municipal en pleno de luz verde a esta iniciativa e que será o antes posible. Precisamente, con este motivo, os representantes dos distintos partidos políticos están convocados a unha comisión informativa onde se lles trasladará toda a información en relación a este convenio.
Así as cousas, unha vez adherido a este servizo, os ponteses e pontesas poderán relacionarse co concello, a Xunta de Galicia ou o Estado nunha única ventá de atención e tramitación integral o que permitirá achegar a administración un pouco máis aos veciños.
Nembargantes, e segundo recolle a cláusula duodécima deste acordo, as entidades locais asinantes poden escoller o nivel de relación coa cidadanía, reservando o nivel de ventá única para que os cidadán poida prensentar nos rexistros dos concellos solicitudes, escritos e comunicacións dirixidos á Administración Xeral do Estado e Xunta de Galicia.
A través deste novo servizo, os veciños e veciñas poderán consultar dende as axudas á vivenda ou por nacemento que oferta o goberno central ata solicitar a súa vida laboral ou a súa declaración da Renda, poñerse ao tanto dos impostos a aboar ou outro tipo de informacións xerais vinculadas co executivo estatal.

21/6/08

A semana que ven temos en As Pontes unha nova acción formativa da Cámara de comercio de Ferrol.

A antena local que temos no noso município é a organizadora dun curso de manipulador de alimentos.
Hoxe é xa o último día para aceptar inscripcións, neste curso intensivo, que se desenvolverá de catro a sete da tarde en Casa Dopeso, o luns 23.
Actualmente, en todo o estado, se esixe xa que os profesionais e traballadores
que de algún xeito interveñen na manipulación dos alimentos que logo formarán parte do noso sustento nutricional, teñan uns niveis esixibles de coñecemientos de orde sanitaria a fin de evitar males maiores ós consumidores.
Con esta base estableceuse unha regulación dos aspectos mínimos de formación que deben manexarse neste ámbito da manipulación de alimentos establecéronse as medidas mínimas de formación que debe adquirir toda persoa que manipule productos destinados á alimentación humana para garantir nosa propia seguridade alimentaria.

CAMPAMENTOS DE VERAN

O encrave pontés de Vilarbó volverá albergar este ano campos de traballo, ademais das consabidas acampadas, que van xa camiño das 20 edicións.
A retirada da subvención dende a Secretaría Xeral da Xuventude para os
campos de traballo internacionais en agosto, puña en perigo a continuidade desta oferta, que se sumaba no ano 94, tamén baixo a organización da Asociación medioambiental Néboa.
Anque se asinou un convenio entre os concellos de As Pontes, e Neda, e Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, para a realización dun campo de traballo na primeira quincena de agosto, resultaba insuficiente para poder abarcar o traballo regular que se ven facendo neste encrave, de limpeza de río, prantacións, e coidados da flora, así como mantemento e mellora das instalacións.
Anque o campo vai pasar a ter carácter autonómico, si se acadou o compromiso da Consellería de Medio Ambiente para sufragar un novo campo de traballo, que permitirá que se manteña a liña de traballo marcada.
Para dar continuidade a un proxecto que ten suposto a repoboación da zona, nas marxes do Eume, con milleiros de especies autóctonas, optouse por incluir este campo no Plan de prantación do seu programa de compensación de CO2.
Este Plan contempla o mitigar os efectos do CO2 que produce cada Consellería coa prantación das especies árboreas precisas para compensar esa emisión á atmósfera.
O cálculo das árbores que se deberían prantar en base a este compromiso leva ata un número de 2.600, para os concellos de As Pontes e Neda, e son finalmente as que terán esa función de combater o efecto invernadoiro logo de sumarse ás 7.000 que se prantaron nos campos destes últimos anos.
A perda das quendas dos campos de traballo impediría facer o seguemento e coidado que se precisa das especies prantadas nas últimas ocasións, polo que a nova da súa continuidade volve ser viable logo da achega da Consellería que preside o socialista Manuel Vázquez.
Mesmo existe xa o compromiso de asinar en febreiro un novo convenio, polo que a Consellería de Medio Ambiente comprometería o seu apoio por dous anos máis.
O que si se vai facer é cadrar os dous campos de traballo, o que permitirá agrupar non só o traballo dos mozos e mozas, senón minimizar o consumo, e conseguintemente o impacto do campo, mesmo a contaminación que supón cos traslados que se precisan para a intendencia.
Vilarbó é unha zona de acampada dotada con instalacións que permiten desenvolver actividades con nenos a traverso de acampadas, e con xoves, que acoden en campos de traballo, logo da cesión deste encrave ós concellos de As Pontes e Neda, coa xestión da Asociación de tempo e aire libre Néboa.
E nesta privilexiada paraxe é onde comezan o mes que ven os
campamentos de verán de Vilarbó.
As acampadas inetrmunicipais na natureza están a piques de cumprir as dúas décadas celebrándose sempre en As Pontes.
Nesta XIX convocatoria, Vilarbó vai contar con tres modalidades, o Robinson, para os máis pequenos, entre 5 e 8 anos, o aventura, para nenos e nenas entre os 9 e 12, e xa os maiores son os do Campamento Fortuna, de entre 13 e 17 anos.
As acampadas organizadas pola Escola de tempo libre Néboa, e patrocinada polos concellos de As Pontes e Neda, pretenden chegar ós máis novos ó coñecemento, respecto e disfrute da natureza.
O traballo vai orientado á interacción dos rapaces no encontro co medio, ó tempo que se forman en actitudes e valores.
As solicitudes de participación poden presentarse xa, e as prazas son limitadas, de xeito que, se se cubren denantes do tempo establecido, pecharase a admisión.
A primeira acampada será a dos máis pequenos, a Robinson, que se desenvolverá entre o 4 e o 7 de xulllo, coa fin do prazo para a reserva da praza establecido no 1 dese mesmo mes. Haberá actividades coma xogos alternativos, e populares, obradoiro de medio ambiente, marchas, artesanía, xogos acuáticos, canoa, ou animación. Tamén comezarán a asumir responsabilidades en cociña e limpeza.
O Campamento Aventura ofrece xa tamén tiro co arco, e marcha itinerante, ademais das actividades comúns. Será entre o 8 e o 14 de xullo, e hai ata o día 5 para solicitar a participación.
E o último será o campamento Fortuna, que terá lugar entre o 12 e o 19 do mes que ven, e a oferta xa inclúe tamén paintball, marchas nouturnas, e tertulias.
Antes do início de cada campamento haberá unha reunión de presentación coas distintas direccións dos campamentos, onde se fará a entrega da información escrita ós pais e campistas, con horarios de recollida, ou normas.

20/6/08

O Concello de As Pontes organiza Música Meiga coa fin de amenizar a celebración noite de San Xoán

Os Zarambeques encargaranse de poñerlle música a esta noite meiga que está previsto que se celebre anualmente nestas datas

O concello de As Pontes, a través do departamento de Cultura, organiza o programa Música Meiga, unha iniciativa coa que o executivo pontés pretende participar nunha celebración tan tradicional como é a noite de San Xoán, a través dalgo tan indispensable nesta noite como é a música.
Así as cousas, o executivo municipal organiza un concerto para a noite do luns no heliporto da Canle IV protagonizado polo grupo ortegano Os Zarambeques.
Deste xeito, ademáis de colaborar nunha festa moi arraigada entre os veciños e veciñas de As Pontes, o goberno municipal pretende ofrecer unha alternativa de ocio aos máis novos para evitar que éstes teñan que coller o coche, co risco que iso supón nunha noite de festa na que alcol e conducción non fan boa parella.
Asemade, o emprazamento deste recital non podería ser mellor xa que nas inmediacións da Canle IV é onde se acumulan a meirande parte das lumieiras, sobre todo da xente máis nova.
Entretanto, aínda permanece aberto o prazo de solicitude do permiso municipal para realizar a fogueira nesta noite máxica. Así as cousas, os grupos de amigos ou veciños que aínda non conten con esta autorización poderanse pasar durante toda a mañá do luns polo Rexistro do concello, ubicado na pranta baixa da Casa Consistorial, co fin de obter o permiso municipal.
A solicitude deberá estar rubricada por unha persoa maior de idade e contar con tódolos datos completos do asinante en cuestión: enderezo, teléfono de contacto, documento nacional de identidade, ademáis dun plano no que se sinalará a ubicación da fogueira.
No caso de que o foleón se realice nunha finca privada é necesario incluír unha autorización do dono da parcela, xunto con toda a documentación citada anteriormente.
Neste ano, a normativa aprobada polo concello recolle a prohibición de realizar calquera tipo de lumieira fóra dos espazos designados para tal fin, como son zonas verdes, certos lugares da Canle IV ou o parque de Dona Rita, ademáis de calquera zona onde o lume poida afectar á vexetación ou ás árbores.
Asemade, cada solicitante será responsable de que o espazo autorizado para facer a fogueira quede limpo trala festa.
Os Zarambeques
Este grupo ortegano que protagonizará a noite de San Xoán en As Pontes interpretará temas do seu traballo discográfico Son do mare, publicado en 2007, e que xa foi presentado na pasada edición do Festival Celta de Ortigueira.
Os seus compoñentes, todos eles xoves cunha gran formación no que respecta á música tradicional galega, proceden da Escola de Gaitas de Ortigueira e tamén do grupo pontés Cantareiras de Alende.
Ao son das gaitas, pandeireitas e acordeóns uniranse a música doutros instrumentos de vento e percusión, ademáis da gran voz dunha das súas compoñentes Cristina Pico, veciña da vila pontesa, dando lugar a unha fusión do tradicional cos novos ritmos folk tan de moda nestes últimos anos.

19/6/08

González Formoso defende a necesidade de coñecer e adentrarse na sociedade da información e das novas tecnoloxías

• O alcalde e mailo concelleiro de Promoción Industrial acudiron esta mañá ao acto de apertura da cúpula inchable da empresa R



O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, subliñou esta mañá a importancia de que tódolos membros da sociedade, independentemente da súa idade, se adentren e coñezan os beneficios da nova sociedade da información.
Neste senso, tanto o primeiro edil coma o concelleiro de Promoción Industrial, Óscar García, animaron a tódolos veciños e veciñas de As Pontes a adentrarse no mundo das novas tecnoloxías, a través dunha visita á nova cúpula inchable que a empresa de telecomunicacións galega R manterá instalada na Praza do Carme ao longo dos próximos días, co fin de achegar a sociedade da información e as novas tecnoloxías da comunicación aos ponteses e pontesas de tódalas idades.
Este chamamento producíase ao longo do acto de apertura desta cúpula, que tiña lugar esta mañá, e no que tomaron parte ámbolos dous representantes do executivo municipal.
Neste mesmo senso, tanto alcalde coma concelleiro subliñaron a importancia de coñecer e controlar este tipo de novidades nos eidos da información para poder utilizalas en prol do benestar e avance social.
González Formoso e García puideron coñecer in situ varias das avantaxes que traen consigo as novas tecnoloxías de mans dos expertos e monitores cos que conta esta cúpula.
Así as cousas, alcalde e edil percorreron os diferentes módulos destas instalacións nos que se poden atopar dende xogos e debuxos para os máis pequenos, ata un quebracabezas xigante ou incluso un obradoiro de globoflexia; xunto con outras actividades para os xa máis entrados en anos como videoxogos adicados a diferentes deportes. Incluso os dous edís se animaron a tomar parte nun destes xogos, subíndose a dous pequenos coches de carreiras dende os que desfrutaron dunha partida ao xogo Mario Kart.

O resto da oferta lúdico-educativa está composta por unha zona de ordenadores cos que poder coñecer novas aplicacións interactivas, un videomatón que lle permite ao visitante ser o protagonista da súa propia película durante medio minuto, un panel no que podemos tomarnos unha fotografía cun corpo diferente ao noso ou ben os videoxogos Need for Speed, ProStreet ou Speed Racer dos que se pode desfrutar nunha gran pantalla.
Asemade, tamén é posible probar novos xogos virtuais do máis innovadores e recén estreados no mercado, os coñecidos coma xogos “eye-toy”, que nos transportan a un mundo virtual.
Todo isto nunha carpa semiesférica de 9 metros de alto, por 15 de diámetro e que ocupa unha superficie total de 175 metros cadrados que, en tan só vinte minutos, pode estar montada e aberta ao público e na que podemos contar coa axuda de catro monitores que solventarán calquera das nosas dúbidas.
Esta cúpula inchable xa vistou concellos coma Santiago de Compostela, Fene, Sada, Lalín ou Monforte de Lemos e agora está a desposición dos ponteses ata a tarde do domingo, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas.

O edil José Alén entregou esta mañá os galardóns aos catro premiados do I concurso Debuxando a Igualdade

• Máis de cen traballos de catro centros escolares do municipio tomaron parte neste primeiro certame en prol da igualdade de sexos





O concelleiro de Servizos Sociais, José Alén, xunto coa responsable do Centro de Información á Muller de As Pontes, Maca Rego, fixeron hoxe entrega dos premios do primeiro certame Debuxando a Igualdade, unha iniciativa que nacía o pasado mes de marzo, ao abeiro do programa As Pontes en Feminino, creado con motivo da celebración do Día Internacional da Muller.
Segundo aclarou no seu discurso o edil de Servizos Sociais, “a través desta iniciativa o que se buscaba era coñecer como ven e entenden os escolares a idea de igualdade de sexos xa que, dende ben pequenos, é preciso traballar nestes conceptos para eliminar prexuízos básicos”, coma que hai empregos destinados a eles e traballos só para elas.
José Alén agradeceu a colaboura dos catro centros educativos ponteses que animaron aos seus alumnos e alumnas a tomar parte nesta iniciativa o que deu lugar a unha alta participación con máis dun cento de debuxos presentados.
Asemade, o concelleiro comprometeuse a seguir traballando nesta mesma liña, en prol de que a igualdade e corresponsabilidade non só queden en conceptos teóricos para os pequenos, senón que tamén se instauren no día a día, fomentando comportamentos tan simples e sinxelos coma que tanto nenos coma nenas axuden nas tarefas do fogar.
Alicia López, Adrián Ramos, Jonathan Vila e Carmen Polo foron os autores das catro propostas gañadoras deste primeiro certame e que pudieron levar xa para os seus fogares cadanseu vale de 75 euros para a adquisición de roupa deportiva.
Finalmente, José Alén anunciou que tódolos debuxos participantes neste concurso protagonizarán unha exposición que se porá en marcha a comezos do vindeiro curso. Asemade, os catro premiados servirán para ilustrar os carteis de vindeiras actividades vinculadas coa igualdade.

DE MINA A LAGO, POR XOSÉ LUIS LÓPEZ



O noso amigo e compañeiro Xosé Luis López leva realizando o longo dos anos unha chea de fotografías da mina no seu apoxeo, asi como a paulatina tranformación no futuro lago. Unha fermosura de instantaneas as que vos ofrecemos aqui.

A Consellería de Medio Ambiente encargarase de costear un segundo campo de traballo internacional en Vilarbó

• O departamento que dirixe Manuel Vázquez asinará nas vindeiras semanas o acordo cos concellos de As Pontes e Neda

O concello de As Pontes e maila Consellería de Medio Ambiente asinarán, denantes de que remate este mes, o convenio mediante o cal o departamento que dirixe Manuel Vázquez asumirá os custos dun segundo campo de traballo internacional a desenvolver no campamento de Vilarbó.
Este acordo alcánzase despois de que hai varias semanas a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Secretaría Xeral de Xuventude, decidise tan só subvencionar un campo de traballo internacional e non dous, como viña facendo en anos anteriores e que, cada verán, complementan as quendas de acampadas para nenos que a Asociación Medioambiental Néboa organiza nesta mítica paraxe natural.
A Consellería de Medio Ambiente e mailos concellos tanto de As Pontes como de Neda, responsables ámbolos dous desta zona natural, rubricarán un acordo mediante o cal se desenvolverá un segundo campo de traballo que terá lugar na primeira quincena de agosto, ao igual que o subvencionado dende Vicepresidencia. Deste xeito, o que se pretende é axudar ao entorno, minimizando o consumo e reducindo o impacto da presenza humana nesta zona.
Asemade, tamén será posible desenvolver distintas tarefas de acondicionamento na zona, como labores de limpeza do río, prantacións de diferentes especies vexetais e coidado da flora e da fauna, ademáis do mantemento das propias instalacións existentes neste encrave e das repoboacións arborícoras xa realizadas en anos anteriores xa que, de non contar con esa segunda quenda de rapaces e rapazas, sería imposible que un só grupo asumise tanto traballo.
De feito, este ano a Consellería de Medio Ambiente ten previsto incluír Vilarbó no Plan de Compensación de CO2, unha iniciativa coa que se pretenden mitigar os efectos nocivos para a atmósfera deste gas tan contaminante e o coñecido coma efecto invernadoiro a través de programas de reprantación de especies.
Segundo as previsións deste departamento, entre os dous concellos vinculados a Vilarbó, As Pontes e Neda, deberanse prantar este verán 2.600 exemplares, que se unirán aos 7.000 xa prantados ao longo dos últimos anos.
Por outra banda, os concellos e maila Consellería de Medio Ambiente xa están a estudar a posibilidade de rubricar un novo acordo de colaboura, en febreiro de 2009, mediante o cal este departamento apoiaría economicamente ao longo de dous anos máis este tipo de campos de traballo en Vilarbó.
Acampadas na natureza
Vilarbó tamén acolle acampadas para os máis novos cada verán e este ano xa se abriron os prazos para poder anotar aos rapaces a esta experiencia que leva ás súas costas dezanove anos de historia.
Estas acampadas, organizadas polo colectivo Néboa, co patrocinio dos concellos de As Pontes e Neda, pretenden achegar o mundo natural aos máis novos, para que aprendar a coñecelo, respetalo e disfrutar del, ao mesmo tempo que os campistas se forman en actitudes e valores.
Xogos populares e acuáticos, obradoiros adicados ao medio ambiente, talleres de artesanía e actividades deportivas coma o tiro con arco, paseo en caona e marchas adaptadas a diferentes idades únense ao paintball ou ás tertulias, tamén incluídas no amplo programa lúdico-educativo que compón este ano a oferta de Vilarbó.
Así as cousas, dende hai uns días xa se atopan abertos os prazos de matrícula para tomar parte nas tres quendas que este verán se desenvolverán nesta zona.
Para os máis pequenos, de entre 5 e 8 anos, desenvolverase o Campamento Robinson entre os días 4 e 7 de xullo e para o que a matrícula permanecerá aberta ata o 1 de xullo.
O Campamento Aventura vai dirixido a nenos e nenas de entre 9 e 12 anos, desenvolverase do 8 ao 14 de xullo e será posible formalizar a inscrición ata o 5 de xullo.
Para os rapaces e rapazas de entre 13 e 17 anos realizarase o Campamento Fortuna do 12 ao 19 de xullo para o que é preciso anotarse denantes do 9 de xullo.
Finalmente, denantes do comezo de cada campamento convocarase aos participantes a unha reunión cos responsables destas acampadas onde se lles fará entrega a pais e campistas da información necesaria sobre estas actividades, ademáis de horarios de recollida e normativa.

18/6/08

O CONCELLO ABRE O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE PERMISOS PARA REALIZAR AS FOGUEIRAS DE SAN XOAN

Os foleóns volverán iluminar As Pontes na xornada de San Xoán, o vindeiro 23 de Xuño, na noite máis curta do ano que coincide co solsticio de verán. Aínda que moitas asociacións celebran na fin de semana esta festividade, o certo é que é tradición acende-la fogueira na propia noite de San Xoán aínda que ao día seguinte cadre en xornada laboral. E é que nunha noite máxica coma esta, a noite do lume, das fogueiras, das cacharelas e da auga, dise que reviven as propiedades das fontes santas e miragreiras, das nove ondas do mar, do orballo e tamén do mundo vexetal.

Se se repiten as celebracións de anos anteriores, neste 2.008 máis dun cento de fogueiras prenderanse o vindeiro luns, pero para iso será necesario presentar no rexistro do Concello unha solicitude asinada por unha persoa maior de idade, na que figuren os seus datos persoais, nome e apelidos, enderezo, DNI e número de teléfono. Xuntarase, asimesmo , un plano coa ubicación exacta da fogueira e no caso de face-lo foleón nunha propiedade privada, xuntarase tamén a autorización do dono da finca para facela.

Asimesmo as bases establecidas polo Concello pontés para a celebración do San Xoán sinalan a prohibición de facer as fogueiras nas zonas verdes, Canle IV ou Parque da Fraga, e en calquera outro lugar onde o lume poida afectar á vexetación ou ás árbores.

Por último especifícase que as zonas onde se fagan as fogueiras deberán de quedar completamente limpas, facéndose responsable da limpeza da mesma, a persoa que asine a solicitude.

17/6/08

Mañá comezan os temidos exames de selectividade.

Os alumnos que superaron xa o segundo de bacharelato en calquera dos 3 centros de ensino medio ponteses, e queren encamiñar os seus estudos á formación universitaria sométense esta semana a esta criba.
Os aspirantes a universitarios, procedentes de Castro da Uz, Instituto Moncho Valcarce, e Pardo Bazán deberán enfrontarse ós exames en Ferrol. Na comisión delegada nº 10, en Esteiro, estarán os aspirantes de Pardo Bazán.
E na Escola universitaria politécnica de Serantes, irán os de castro da Uz, e moncho Valcarce.
Os primeiros exames, mañá, serán os de lingua castelá e literatura, e serán ás dez. Logo seguirá o galego. A tarde será para historia, ou filosofía, e lingua extranxeira.
O xoves e o venres os hoararios son os mesmos, pero as probas xa varían en función da modalidade de bacharelato que caquen teña cursado.
O día 30 saberanse xa os resultados, co tempo xusto para irse xa aá inscripción ordinaria na carreira escollida, logo de que o día 1 se aibran os prazos.
Moitos terán que estar pendentes máis que do aprobado das notas de corte

O concello pontés volveuse sumar un ano máis ó programa da rede galega de teatros e auditorios.

A adhesión a este convenio permitiranos presenciar no Auditorio Municipal, grandes éxitos do teatro galego actual, como “O club da calceta”, ou estatais, como “Sobre flores y cerdos”,
O Club da calceta, abrirá este ciclo o día 10 de outubro. É esta unha comedia de María Reimóndez, baseada no popular éxito editorial, e posta en escena pola compañía Teatro do Morcego.
Está dirixida por Celso Parada, e compoñen o elenco Susana Dans, Laura Ponte, Maxo Barjas, Elina Luaces, Luisa Merelas, Inma Antonio e Estíbaliz Espinosa.
É a historia de seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, estas mulleres atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega ou minusvalora.
Pista Catro trae o domingo, 19 de outubro, Kamikaze suma humor, malabares, acrobacias, ilusionismo, música e teatro. Este espectáculo 'Kamikaze', de PistaCatro é a súa primeira co produción co Centro Dramático Galego

Sobre flores y cerdos, pechará o 31 de outono, o mes co polifacético Nancho Novo. Cun grande protagonismo para a música que o protagonista ten calificado como guarromántica, o que nos atoparemos é un show musical que está a cadar un grande éxito de crítica.
Para empezar novembro, un clásico das táboas pontesas, Lagarta, lagarta. A última montaxe de Ernesto Chao, e Rosa Álvarez, seguramente volverá ter unha boa acollida en As Pontes.
E unha solpresa para pechar. Tango argentino, un dos espectáculos solpresa da tempada. “al sur del sur”, é o título deste espectáculo que está arrasando por onde pasa. Este é un espectáculo de tango e folclore arxentino onde a música, as letras e o vestiario percorren a xeografía arxentina.
O nos concello vai ter que aportar menos do 50 % do montante total, pois deberá custear 10.334,30 €, por case 12.000 que pon a O Instituto Galego das Artes Escénicas.
Tamén é competencia municipal facilitar a infraestructura , incluindo espazo escénico, persoal de carga e descraga, e luz e son.
Os prezos irán en función do cachet establecido para cada grupo, e márcaos o IGAEM,. De calquera xeito van ir dos 3 ós 8 euros, e sempre coa posibilidade de aplicación de descontos

Podemos hoxe dar a coñecer xa tamén os espectáculos que van vir da man da Rede cultural da Deputación, 2.008.
A lista é moi ampla, e inclúe, en música e teatro no profesionais, a A Requinta do Xián, Agrupación folclórica San Xiao do Trebo, Banda de gaitas Maruxía, Santi Prego, As Driadas, e Mago Richard.
En música clásica concedéronse Mr. Dixie Jazz Band, Nuria Díaz Mera, Cool Beat, Omar percusion group, e Mamá Cabra.
E no grupo de monicreques e teatro, o Mago Romarís, e Os quinquilláns.
O importe total do custo destas actuacións vaise ata os 23.284 €, dos que o concello só terá que poñer algo menos de 7.000, pois 16.298´80 ponos a Deputación.

Cea-concerto coa actuación do grupo da nosa vila, En cuarentena.


Este venres, día 20, celebrarase na Fraga unha cea-concerto coa actuación do grupo da nosa vila, En cuarentena.
A nave do polbo de A Fraga convertirase nunha sala de concertos, anque coa peculiaridade de manter a súa habitual condición de espazo para compartir mesa.
Ás nove da noite arrancará unha churrascada popular, que servirá para coller forzas para poder bailar ós sons do rock de En cuarentena.
A organización xuvenil do Bloque, Galiza Nova, é a organizadora desta cita, que tamén ofrece a posibilidade de acudir tan só á actuación musical, sen participar da churrascada previa.
Anque o prazo para a retirada de tikets xa se ten pechado, o mesmo venres poderase mercar a entrada con dereito á bebida, para o que se estableceu un custo único de 6 €.

Festa para a mocidade

Coa fin deste mes, vaise celebrar en As Pontes unha xornada de festa para a mocidade na que se buscará o protagonismo dos mesmos participantes a traverso das súa propias actuacións.
Atalaia Social organiza para o vindeiro sábado 28 esta xornada, na que se e se disputará tamén un marathon de futbol sala no pavillón de A Fraga.
As condicións para participar no evento deportivo, contempla a confección de equipos mixtos, nos que terán que xogar un mínimo de 3 xogadores e 3 xogadoras de menos de 15 anos.
A idade de participación de tódolos compoñentes debe estar entre os 12 e os 18 anos, e o premio será en metálico, con 400 € para os gañadores, e 200 para o segundo, mentres terceiro e cuarto levarán 50 € en cada caso.
O custo da inscrición quedou en 40 e, que se deben aboar en Banesto ata o día 20.
E despois do marathon, a partir das nove da noite, celebrarase o I concurso, ¡ Ei, ti si que vales !
O obxectivo é que cada quen pode amosar as súas habilidades, xa sexa cantando, contando chistes, bailando, ou a traverso de calquera que sexa a habilidade que se poda ter.
Tamén haberá premios nesta mostra de talento, e serán de 100 € para o primeiro, e 50 para o segundo.
A xornada da mocidade vaise completar con actividades toda a tarde, dende as cinco e media, cun obradoiro de body combat, outro de capoeira, e tamén un de breack dance. Tiro co arco, malabares, e unha exposición de repaso das actividades de Zona zero figuran tamén no programa.
En calquera caso, para recabar máis información, ou inscribirse en calquera das ofertas, hai que chamar ó teléfono 677 214 613.

16/6/08

A xunta de goberno local aproba novas obras a realizar co remanente do Plan de Cooperación Provincial de 2007

O goberno municipal destinará case 156.000 euros a traballos de pavimentación e asfaltado de varias rúas do municipio e outras obras

O executivo municipal pontés ven de dar luz verde ao conxunto de actuacións que se teñen previsto incluír na segunda fase do Plan de Cooperación Provincial 2007 da Deputación de A Coruña, e que se levarán a cabo co remanente da partida destinada a As Pontes o pasado ano, cifrada en 540.327 euros.
Así as cousas, a través dunha sesión ordinaria, os membros da xunta de goberno local acordaron o pasado venres destinar un total de 52.115 euros aos traballos de asfaltado das pistas de Casanova, Lamas, Paipaz e Castiñeira, nos que o concello aportará 10.236 euros mentras que o resto será asumido polo goberno provincial.
Entretanto, para as labores de pavimentación das rúas Coireiro, Travesía da Ronda do Poblado e Praza de Camarthen destinarase unha cuantía de 43.514 euros, dos que 8.547 euros sairán das arcas municipais.
Finalmente, este paquete de obras inclúe o asfaltado das pistas de Campo da Cova, Cabeza de Vaca e A Hermida onde se ten previsto investir un total de 59.642 euros, 11.715 por parte do Concello e os outros 47.927 procedentes dos fondos da deputación provincial.
En total está previsto que se invistan 155.271 euros, no conxunto total destes traballos, dos que 124.772 serán aportados pola deputación provincial e os 30.499 euros restantes procederán das arcas municipais.

14/6/08

O Concello acada unha subvención para a contratación dunha orientadora laboral que se encargará de guiar a os desempregados do municipio

• O servizo traballará conxuntamente coa Técnica local de Emprego, que se contratará posteriormente, e coa oficina do Plan Experimental de Emprego que se porá en marcha en breve


O Concello de As Pontes contará, dende o vindeiro mes de xullo, cun novo servizo de orientación laboral. Así o anunciou hoxe o edil de Promoción Industrial, Óscar García, que explicou, asemade, que dende o un de xullo este novo servizo comezará a desenvolver as súas funcións nas oficinas ubicadas na Casa Consistorial.
Segundo recalcou o concelleiro “éste é un servizo moi demandado polos veciños, sendo a primeira iniciativa que se porá en marcha, á espera da contratación da técnica local de emprego e das técnicas que porán en marcha o Plan Experimental de Emprego, subvencionado pola Consellería de Traballo”, un paso que, tal e como engadiu Óscar García, “non permite dúbida algunha das intencións deste goberno de apoiar o desenvolvemento industrial e económico do municipio”.
Estes novos servizos, que se porán en marcha en breve, terán como fin a intermediación entre as ofertas de emprego existentes e os demandantes de emprego do municipio, guiar aos desempregados na búsqueda das oportunidades de traballo, e elaborar o perfil laboral axeitado a estas ofertas de traballo que poidan xurdir en calquera das firmas ubicadas en As Pontes ou que teñan a intención de instalarse no municipio, o que permitirá unha relación máis fluída entre desempregados e empresa. Asemade, tamén está previsto realizar distintos cursos dirixidos á formación de empregados á carta, adaptados ás novas demandas empresariais.
Outra das funcións deste novo servizo co que contará o concello pontés será o asesoramento, en materia de emprego, tanto para os propios empresarios coma para para os demandantes dun posto de traballo.


Dende o goberno municipal agradeceron unha vez máis a colaboura da Consellería de Traballo pola súa preocupación e implicación no futuro e desenvolvemento económico e industrial de As Pontes e que se ve máis que reflectido, segundo explicou Óscar García, en accións coma esta subvención coa que se porá en marcha este novo servizo de orientación laboral, ou as axudas económicas que permitirán a incorporación de persoal debidamente cualificado para dirixir este novo servizo e axudar en todo o posible aos demandantes de emprego e aos empresarios.
Asemade, o concelleiro de Promoción Industrial fixo referencia tamén á necesidade de implantar un proxecto como é o Plan Experimental de Emprego por parte do departamento que dirixe Ricardo Varela, e dotado con 400.000 euros, co fin de facer de As Pontes un municipio con futuro e con proxección industrial e económica malia que a súa principal fonte de recursos, a mina de Endesa, pechase as súas portas.

13/6/08

goberno municipal adxudica catro das sete obras incluídas no POS 2008 financiado pola Deputación

Espiñaredo, o Poboado da Magdalena e varios viais tanto do casco urbano coma do rural serán os obxectivos destes primeiros traballos


O executivo municipal pontés aprobou hoxe, a través dunha xunta de goberno local, a adxudicación de catro proxectos incluídos no Plan Provincial de Obras e Servizos (POS) de 2008, traballos nos que se investirán case 284.000 euros dos 687.000 que este ano a Deputación da Coruña destinou a este municipio para melloras na rede viaria e de servizos.
Así as cousas, acordouse adxudicar as obras de pavimentación da rúa Calexón do Trigo á empresa Cuíña por un valor de 35.854,50 euros. Esta mesma firma tamén se fará cargo da primeira fase de mellora dos servizos e pavimentos do Poboado da Magdalena que conta cun orzamento de 59.990,59 euros.
Os traballos de pavimentación das rúas Méndez Núñez, José María Bouza Bello, o acceso ao local social dos veciños de Marraxón e a rúa perpendicular á Celso Emilio Ferreiro suporán un desembolso de 52.955,83 euros, sendo acometidas estas obras pola empresa San Martín.
Por outra banda, a firma Aquagest será a encargada de realizar os traballos para a conexión de abastecemento e a primeira fase do servizo de saneamento na parroquia pontesa de Espiñaredo o que suporá unha inversión de 55.082,16 euros.
Todos estes traballos, sufragados a través da Deputación de A Coruña, poranse en marcha en vindeiras datas.
Entretanto, os proxectos tamén incluídos neste plan pero que aínda quedan pendentes de adxudicación son a instalación do servizo de saneamento en Espá e Ribadeume que conta cun orzamento de 121.283,03 euros; o aglomerado da pista de Cheiván no que se investirán 69.873,01 euros e as obras do servizo de abastecemento a Goente e a reposición de tubaxes na rúa Cobelos, cunha dotación de 163.190,51 euros.

ANIVERSARIO SANTABALLES

AXENDA FIN DE SEMANA

Botámoslles unha ollada á axenda da que poderemos desfrutar ao longo da fin de semana e na que temos música, teatro, danza ou incluso unha xornadas formativas.

Comezamos en Cabreiros coas IV Xornadas Interxeracionais que se celebran no local da asociación de veciños desta parroquia veciña e que mañá vivirán o seu último día. Ás 10:00 da mañá celebrarase a IV Festa da Roza que este ano terá o toxo como tema central xa que ata a unha da tarde celebraranse charlas e unha conferencia que teñen esta particular pranta galega e o seu papel na nosa cultura como protagonistas.

Así as cousas, tamén se proxectará un vídeo adicado ao Toxo e os asistentes a estes ciclos poderán participar nun debate sobre esta pranta.

Xa pola tarde, ás tres e media os asistentes poderán tomar parte nunha visita ao museo etnográfico da Capela. Finalmente, a clausura correrá a cargo do Grupo de teatro Charetadas, de Cabreiros, que ás sete interpretará a obra Os vellos non deben namorarse.

Tamén teremos teatro na tarde de mañá, 8:30 no Lar, grazas á primeira mostra de teatro que organiza a asociacón cultural e deportiva grupo empresa endesa e que vive a súa cuarta xornada.

Nesta ocasión, a compañía local O Catre será a protagonista a través da representación da obra de pés Os Contos, apta para tódolos públicos.

Cambiamos de tercio para falar de música porque tres son as citas musicais que teremos nas vindeiras horas. Comezamos esta mesma noite á unha no Palique Bar que albergará o concerto de funk fusion experimental de Álvaro Muras. O baixista coruñés contará coa compaña de Karlos Barral na percusión e a batería de Zalo Reimúnden.

Para as sete da tarde de mañá, no auditorio municipal Alovi, o festival de fin de curso das escolas municipais de danza moderna e clásica .

Entretanto, esta fin de semana rematan varios prazos para anotarse e participar no II xantar social da Asociación de Veciños do Freixo que terá lugar o vindeiro día 21, ás´dúas e media da tarde. O prezo do menú e de 12 euros para os socios e 30 para os non socios e para anotarse é preciso retirar denantes do domingo a súa invitación no bar A Cepa ou en Casa Ramil, no Freixo.

O luns o prazo que remata é o da 5ª xuntanza de veciños e amigos do Aparrral que tamén se celebrará o 21 deste mesmo mes, ás dúas e media. O prezo dos tickets é de 20 euros para socios e non socios, mentras que os nenos pagarán só 10 euros e será posible adquirilos no Bar O Cotío e no Ares.

E mentras que o luns remata un prazo tamén ese día ábrese outro o do Foleón de san xoán da Asociación Cultural Lembranza da Vila e que terá lugar na noite do día 23 ás 9:00 da noite. O menú estará composto por sardiñas con patacas, churrasco e chourizos, liscos, postre, viño e refrescos, café con gotas e queimada e ademáis haberá música co grupo musical Aguamarina.

O prezo dos tickets é de 10 euros para os socios e 15 para os non asociados e pódense mercar no local do colectivo de luns a vernes entre as catro e oito da tarde e tamén no bar centro.

E rematamos cun aviso porque o domingo na ermida de San Antonio de Padua, no Deveso, está programada unha misa en honra deste santo que dará comezo ás 5:00 da tarde.

12/6/08

O Concello pon en marcha un plan estético para mellorar o aspecto dos edificios e lugares de interese do municipio



· A Praza do Hospital e a do Carme e a Casa Consistorial son algúns dos puntos nos que se está a desenvolver este plan de recuperación


O goberno municipal está a desenvolver, nestas últimas semanas, un novo Plan de Actuación e Mellora Estética que ten como fin mellorar o aspecto de varios edificios públicos e emprazamentos de interese do concello, recuperando toda a súa beleza.

Así as cousas, dende mediados do pasado mes de maio, xa se poden ver os primeiros resultados desta iniciativa na fonte da Praza do Hospital. Este lugar tan emblemático do concello pontés que exerce de entrada ao casco urbano xa está debidamente acondicionado e conta cun sistema de iluminación propio, do que xa se pode desfrutar ao caer o serán. Asemade, tódolos seus surtidores permanecen acesos ao longo das vintacatro horas do día.

Asemade, remataron xa as obras na Praza da Lembranza, ubicada no barrio de A Casilla, onde os operarios municipais instalaron novas torretas de alumeado para mellorar a visibilidade da pista polideportiva existente nesta zona e que, con esta obra, ven de converterse nun dos emprazamentos con mellor visibilidade para a práctica nocturna e ao aire libre de calquera disciplina deportiva.

Tamén se está a colocar nova iluminación externa na Casa Consistorial. Nembargantes, estes traballos están aínda en execución xa que tense programada unha segunda fase de obras, nas que se inclúen a colocación de focos de iluminación directa para a fachada do edificio.

Entretanto, unha vez que os operarios responsables do servizo eléctrico municipal rematen coa obra civil, está previsto que se instalen novos focos na Praza do Carme. Así as cousas, segundo reza este proxecto, colocarase un sistema de iluminación dende o chan que enfoque directamente á fachada principal da capela da Virxe do Carme ademáis de aos seus laterais, o que se completará coa colocación de proxectores dirixidos ás zonas arboradas existentes nesta mítica praza pontesa.



Unha vez se remate con estas dúas obras, a da Casa do Concello e a da Capela do Carme, iniciaranse novas actuacións nalgunhas das pontes máis emblemáticas do municipio como a Ponte de Isabel II, a Ponte Romana, ubicada no Chamoselo, e a Ponte dos Ferros e que, nestes momentos, carecen dun sistema de iluminación axeitado para poder desfrutar da súa beleza tamén ao longo da noite.

Tanto nestes traballos coma nos que se iniciarán proximamente, o Concello está a empregar un tipo de iluminación totalmente novo, baseado na utilización de proxectores de alogemuros metálicos, moito máis ecolóxicos que os antigos sistemas de luces nos que primaba o uso do mercurio.

11/6/08

Medio cento de veciñas participaron na cuarta edición do Obradoiro de Autoestima patrocinado por Servizos Sociais

• O reforzo da confianza en un mesmo e a necesidade de vivir o día a día con optimismo foron algunhas das temáticas incluídas neste taller


Unhas corenta veciñas de As Pontes estiveron a participar nestas últimas semanas nun obradoiro adicado ao reforzo da autoestima. Unha iniciativa que poñía en marcha, o pasado mes de maio, o Departamento de Servizos Sociais, a través do Centro de Información á Muller (CIM), mediante a que se intentou facer fronte a problemas coma o sentimento de culpa, a asertividade ou a vulnerabilidade.
Precisamente, para atallar estas dificultades se impartiron un total de sete horas e media de clases teóricas nas que, como principal arma se tratou de reforzar a autoestima e a confianza en sí mesmas das mulleres que tomaron parte neste obradoiro e que xa vai pola súa cuarta edición.
O taller estivo dividido en dúas quendas: unha primeira na que participaron 15 veciñas do municipio de diferentes idades e outra dirixida especificamente a viúvas e no que tomaron parte 20 veciñas. En resumo, uns bos resultados que serven para respaldar a celebración dunha nova edición deste obradoiro xa que, cada ano se incrementa, de xeito notable, a participación cidadá.

Neste taller, que concluirá o vindeiro mércores, traballáronse aspectos coma o manexo das emocións e sentimentos, o exceso de pensamento ou calquer outro tipo de problemática que pode xurdir tras vivir un momento de dor e que pode influír negativamente no estado anímico dunha persoa e incluso no seu benestar tanto físico coma psíquico, duras situacións ás que só se pode enfrontar un a través dun amor propio e autoestima fortes con base na confianza nun mesmo.

Cada sesión conta cunha temática diferente entre as que podemos atopar consellos para vivir o presente, actividades en prol do optimismo, clases para aprender a dicir que non a según que comportamentos ou incluso unha análise dunha enfermidade tan de moda como é a depresión coas súas respectivas consecuencias físicas e psicolóxicas e aos que incluso se unen ás experiencias personais das asistentes a este obradoiro.

En cada clase, trala presentación do tema do día, a psicóloga Maca Rego, responsable deste taller, realiza algunhas preguntas vinculadas coa temática a tratar para romper o xeo e lograr a participación de tódalas asistentes o que da moi bo resultado xa que a colaboura das veciñas é máis que notable.

Posteriormente, realízase unha exposición teórica sobre as ideas referentes ao asunto sobre o que versa a clase do día e, de novo, son as propias alumnas as que teñen a oportunidade de expresar as súas ideas e opinións.

Dende esta mañá quedaron habilitadas xa para o seu uso dúas prazas de aparcamento reservado, diante do Centro da terceira idade.

Esta mesma mañá rematou o labor do pintado destas dúas prazas de estacionamento reservado, que serán efectivas entre as dez da mañá e a unha do mediodía, e de catro a oito polas tardes.
Con esta iniciativa preténdese facilitar o aparcamento perto do seu destino ás persoas con mobilidade reducida.
Tamén se facilitará así a descarga de material que moitas veces precisan no edifício coñecido como fogar dos xubilados, anque se debe abandoar posteriormente a praza.
Estes aparcamentos non foron concebidos para paradas permanentes, senón que se tenta que estean sempre dispoñibles para o seu uso polos conductores que deban acompañar a persoas que teñan mermada a súa capacidade otriz.
Asemade, faise imprescindible contar coa reserva destes espazos para poderen ser empregados por vehículos de urxencias se é preciso.
Dende o concello séguese así na liña de establecer reservas de prazas naqueles puntos que contan coa asistencia habitual de persoas con mobilidade reducida, o e a liña que ven marcando departamento de servizos sociais suporá actuacións deste tipo noutros lugares.

9 alumnos do colexio A Magdalena continúan nestes días en Barcelona, participando dun proxecto de fomento da lingua

Un grupo de 9 alumnos do colexio A Magdalena continúan nestes días en Barcelona, participando dun proxecto de fomento da lingua que os levou a coñecer a actividade que se desenvolve en prol do idioma dende a Casa de Galiza en Barcelona.
O proxecto inclúe un traballo de investigación e localización das redes das casas galegas e diferentes institucións relacionadas coa difusión do galego.
Aproveitando a súa estancia na capital catalá achegáronse tamén a coñecer diferentes localizacións, e puideron visitar diferentes emprazamentos de interese.
Onte fixeron un percorrido turístico para ver o parque Guell, a Sagrada Familia, as Ramblas, ou mesmo o Nou Camp.
Hoxe están a difrutar dunha xornada de asueto, pasando o día en Portaventura, e Costa Caribe.
O programa "O galego sen fronteiras", completouno este grupo de estudantes, de entre 11 e 12 anos, coa preparación dunha peza teatral que representaron na propia casa de Galiza, na cidade condal.
Agora están a planterase establecer un intercambio a traverso da representación da colectividade galega en catalunya, anque o programa que actualmente está en vigor para estes contactos, circunscríbese tan só á secundaria, polo que habería que apmplialo para poder acollerse a el.
Mañá porán fin a estes catro días, coa saida en tren dende salou a Barcelona, para coller alí o avión ás nove da noite.
Ás dez e media parten en autocar dende a coruña, xa para regresar ós fogares respectivos.

O concello vai sumar este verán outros tres auxiliares á plantiña da policía local.

Este reforzo para o período estival incrementará a plantiña pontesa da policía municipal, anque realmente o que suporá e non perder efectivos.
Ó contar con números de vacacións, a dotación poderá ser a mesma para compensar esas ausencias.
Actualemente son doce os policías que compoñen o corpo de seguridade municipal, pero estase á espera dun probable incremento a partir do ano que ven.
As prazas que agora saen a concurso están subvencionadas pola Xunta de Galicia, a traverso da Consellería de administración Públicas e Xustiza, e cubren tan só os dous meses de verán, xullo e agosto.
Os aspirantes a axentes auxiliares, en réxime de dereito laboral, teñen ata o sábado para presentar a súa solicitude no rexistro xeral do concello.
O horario de atención é de 8 da mañá a 3 da tarde, e as bases poden consultarse nas mesmas dependencias municipais.ón de persoal, ón de persoal,
A primeira proba desta convocatoria pública de contratación de persoal, será xa en quince días, o 24 de xuño, ás dez da mañá no edifício consistorial.

A Plataforma pola defensa do patrimonio ven de lembrar a celebración xa do primeiro cabodano da desaparición necrópole da Mourela.

E fíxoo cun comunicado, e a presentación multimedia dun traballo documental sobre o que consideraron desidia, manipulación e maltrato sistemático do patrimonio prehistórico en As Pontes.
Nesta efeméride lamentan que non se fixeran públicas as conclusións dos informes que avalaron a destrución do círculo e que daban o visto bo ó que seguen a entender como unha grave alteración dun conxunto funerario milenario.
Os últimos acontecementos, con moitas dificultades para continuar coas obras da autovía AG-64, centra tamén os reproches da plataforma, que achaca ós avatares da mala planificación dunha obra pública que día a día está a pór en perigo a integridade do patrimonio local, sen chegar ainda a comprender que é o que se pretende facer no lugar, no que un túnel está a ocupar o furado da Mourela.
Foi no mes de xuño do pasado ano, cando a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural levantaba a cautela sobre os restos da necrópole megalítica e establecía unha serie de áreas de exclusión de obra no perímetro das mámoas. Esta decisión excluíu a necesidade de garantir a máxima protección dos elementos que aínda quedaban, ignoraba a proposta plantexada pola Plataforma e por ADEGA para a construción dun túnel baixo o xácigo, que nun principio fora apoiada por Patrimonio.
Agora semellarái complicado plantexarse calquera excavación na zona, para documentar estes achádegos que si contan con protección. A mámoa está a pouco máis de tres metros do bordo do talude, cando 40 metros era a distancia establecida por Patrimonio
As culpas repártenas entre os gobernos autonómico e local, por non prestaren atención ó patrimonio, e lamentan que sigan sen resposta as súas reclamacións de paralisación das obras

10/6/08

A XUNTA DE GALICIA PON EN MARCHA A CONSTRUCCIÓN DE 30 VIVENDAS INTERXERACIONAIS EN AS PONTES


Onte á tarde iniciábanse, finalmente, as obras das novas vivendas do Plan Piloto da Xunta de Galicia para a creación de apartamentos destinados ao alugueiro por un tempo limitado e das que se poderán beneficiar todos aqueles veciños cunha renda determinada.

A actuación de As Pontes é pioneira, ao ser a primeira deste tipo concedida, xunto con Ferrol, en toda Galicia.

No tocante ao proxecto, contruiranse uun total de 32 vivendas de protección pública na rúa Sergio Rivera Chao, que se porán en réxime de aluguer para a poboación maior e xove.

Ao longo deste ano está previsto que se invistan 1,5 millóns de euros aínda que o custo total deste proxecto ascende a 3 millóns de euros.

Estas vivendas contarán con unha ou dúas habitacións ao que é preciso engadir varias zonas compartidas mediante as que se pretende a convivencia interxeracional entre novos e non tan novos. Asemade, o proxecto inclue a construcción dun centro de día na pranta baixa e outro tipo de servizos como o de lavandería.

Ó pouco de entrar no concello, o goberno pontés dirixido polo Partido Socialista, xa se interesara pola marcha desta iniciativa solicitando á Consellería de Vivenda e Solo axilizasen estes trámites.

Unha vez realizada a adjudicación dos traballos polo departamento que dirixe Teresa Táboas, o principal problema viña a través de Augas de Galicia xa que aínda non se contaba coa autorización deste departamento para o inicio dos traballos ao tratarse dunha zona de protección debido á existencia nos arredores do río Brixeo.

Segundo a normativa vixente, era preciso contar co beneplácito de Augas de Galicia para comezar coas obras xa que o río pòntés se atopa a menos de 100 metros da parcela na que se executarían estes traballos, autorización coa que xa conta o concello.

Dende o goberno municipal agárdase que esta actuación sexa compatible coa concesión dun xeriátrico público para a vila, do que veñen de reiterar a demanda hai tan só quince días.

EXPOSICIÓN ALUMNOS DE LOURDES ACERA

INAUGÚRASE MAÑÁ MERCORES ÁS 19.00 HORAS NO MERCADO VELLO
HORARIOS: XOVES E VENRES DE 19.00 A 21.00 HORAS E SABADO E DOMINGO DE 12 a 14.00 horas
CONTIDO: ÓLEO, ACRÍLICO, PASTEL, PIROGRAVADO

O Concello e Mundo Cooperante traballan nunha Bahra Party co fin de recadar fondos para proxectos solidarios

· O colexio Santa María acollerá o 5 de xullo xogos infantís, exposicións fotográficas e incluso algún concerto co fin de recadar fondos para os proxectos na India que desenvolve esta ONG

As Pontes acollerá o vindeiro 5 de xullo a primeira edición da festa solidaria Bahra Party, unha iniciativa auspiciada polo concello pontés, a través do Departamento de Servizos Sociais, e a organización non gubernamental Mundo Cooperante.
Con esta iniciativa, Mundo Cooperante pretende recadar fondos para os proxectos que está a desenvolver actualmente, incluídos no seu programa New Light de cooperación que se está a desenrolar en varios dos países máis pobres do mundo como Colombia, Kenia, Ecuador ou a India. Precisamente, os fondos recadados con esta festa irán destinados a este último onde esta ONG traballa cos máis indefensos: os nenos, creando fogares de acollida para pequenos e adolescentes do barrio vermello de Kalighat, na cidade de Calcuta, e cuias nais son traballadoras sexuais.
Nestes centros os pequenos reciben educación, alimentación, asistencia técnica e protección o que lles permitirá, sobre todo ás nenas, saír desta barriada para labrarse un futuro alonxado do mundo da prostitución. Asemade, nestes fogares de acollida tamén se traballa coas prostitutas informándoas sobre as diferentes enfermidades de transmisión sexual, coma a Sida, e os métodos de prevención das mesmas.
A Bahra Party é unha festa dirixida ao público infantil e xuvenil onde os asistentes poderán desfrutar de exposicións fotográficas coa solidariede como tema común ou de música xa que está previsto que ao longo deste día se conte con dúas actuacións.
Asemade, tamén se instalará un posto de productos de comercio xusto que poderán adquirir tódolos asistentes a esta cita. O programa para esta xornada complétase con varios obradoiros, xogos e actividades dirixidas aos máis pequenos, como un taller de globoflexia e outro de pintura de dedos, hinchables e ximcanas.
E para refrescarse instalarase unha barra na que se servirán bebidas aos asistentes a prezos populares.
A convocatoria leva por nome Bahra, un termo que se emprega no idioma hindi para designar unha gran festa. A orixe desta convocatoria solidaria haina que buscar en Madrid onde, dende o 2004, se desenvolve esta celebración e á que agora se unen ademáis de As Pontes, cidades coma Barcelona, Úbeda, Aranxuez, Alcobendas e tamén A Coruña onde, en novembro de 2007, se organizou unha inciativa similar que acadaba un gran éxito de participación.
Dende o departamento de Servizos Sociais, o seu máximo responsable José Alén quixo facer un chamamento á solidaridade e participación de tódolos veciños e veciñas de As Pontes, en especial aos máis novos, xa que, tal e como explicou, “a través do ocio e diversión duns poucos se está a colaborar para que moitos poidan gozar de servizos tan básicos como atención médica ou educación”.
Precisamente, o edil pontés non dubidou do éxito da convocatoria tralos bos resultados de participación optidos noutras actividades desenvolvidas por Mundo Cooperante no concello como charlas nos centros educativos ponteses sobre a súa labor ou obradoiros para os máis pequenos e que se levaron a cabo hai varios meses.
A cita coa solidaridade será na carpa instalada no patio do colexio pontés de Santa María ás 17.00 horas e a entrada ten un custo de 3 euros, o que inclúe acceso a tódalas actividades que se realicen nesa xornada.

9/6/08

O Concello de As Pontes seguirá contando co servizo do GRUMIR a través dun convenio asinado coa FEGAMP

A Deputación de A Coruña e a Consellería de Traballo tamén colaborarán con diferentes axudas para manter este servizo.

O concello de As Pontes seguirá a contar co seu Grupo Municipal de Intervención Rápida (GRUMIR). Así o anunciou a pasada semana a edil de Participación Cidadá, Montserrat García, na sesión plenaria que se celebrou o pasado xoves.

Segundo aclararon tamén dende o equipo de goberno, o custe deste servizo será asumido a través do convenio asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), no que tamén se conta coa colaboura da Xunta de Galicia e que ten efecto dende o pasado mes de xaneiro ata finais deste mesmo ano.

Unha vez se cumpra este período, o executivo municipal confía en acadar unha prórroga aínda que, tal e como aclararon dende o goberno pontés, os contratos irán sempre ligados á duración dos convenios e subvencións que se asinen en relación a este tema.

Asemade, tamén se está á espera de que se concrete a dotación que ten previsto aportar a Deputación de A Coruña para o Grumir pontés xa que, no pleno celebrado no Pazo de Mariñán hai dúas semanas, xa se chegaba a un acordo mediante o cal se ten previsto renovar a prórroga de axudas destinadas aos concellos coruñeses que contan con este servizo.

En relación a este mesmo asunto, a Consellería de Traballo tamén ofreceu a súa axuda e colaboura á hora de asumir unha nova prórroga para manter as diferentes unidades do Grumir existentes en toda a provincia, de forma que estes servizos se continuen a desenvolver cos mesmos efectivos.

Entretanto, no caso concreto do concello pontés, o pasado venres se reincorporaban ao plantel do Grumir os tres capataces que remataban contrato hai unhas semanas. Precisamente, tamén a pasada semana se levaba a cabo un concurso-oposición para acceder a estas prazas e que foron ocupadas por estes tres operarios.

Neste senso, dende o equipo de goberno amosaron a súa satisfacción pola continuidade dun servizo que califican de moi popular e demandado pola cidadanía, debido ao rápido tempo de resposta e da boa cualificación do seu plantel de operarios, o que lles permite solventar calquer tipo de problemática.

A CTOP DESTINARÁ 45 MILLÓNS DE EUROS Á CIRCUNVALACIÓN DE ORTIGUEIRA

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes destinará unha partida de 44 millóns de euros á construción da Circunvalación de Ortigueira, o primeiro dos treitos da Vía de Alta Capacidade da Costa Norte que comezará a executarse en breve. A esta cifra será preciso engadir os máis de 4,2 millóns de euros destinados a expropiacións dos 950 predios afectados.
A Variante de Ortigueira, cunha lonxitude aproximada de 10 quilómetros, conectará a estrada AC-101, entre As Pontes-Ortigueira coa localidade de Espasante. Deste xeito evitarase o paso polo núcleo de Ortigueira, o que redundará nunha mellora da mobilidade e da seguridade no núcleo urbano desta localidade.
Tanto esta Variante como o treito entre Celeiro e San Cibrao atópanse nestes momentos en fase de expropiacións e as previsións de Política Territorial son iniciar este mesmo ano as obras de ambos os tramos, que supoñen o 20 por cento da lonxitude total da nova infraestrutura.
A VAC da Costa Norte, entre Ferrol e San Cibrao, discorrerá ao longo de 90 quilómetros e será prolongada tamén con características de corredor polo Ministerio de Fomento dende San Cibrao ata Barreiros, punto no que enlazará coa Autovía do Cantábrico. No treito autonómico desta nova infraestrutura xa se están redactando todos os proxectos construtivos, e a posta en servizo desta infraestrutura sitúase en 2011.
A Consellería de Política Territorial introduciu unha serie de melloras e reformulación de enlaces para que a infraestrutura teña características de corredor, é dicir, que dende o punto de vista técnico estará deseñada para o seu desdobramento en autovía cando a intensidade de tráfico o requira.

8/6/08

Dulce María López faise por segundo ano co premio do certame de carteis anunciadores das festas do Carme





CARTEL GAÑADOR


Dulce María López faise por segundo ano co premio do certame de carteis anunciadores das festas do Carme
• Noé López e Samuel Cebreiro foron premiados con dous accésits nun certame no que este ano participaron unha decea de propostas

Dulce María López Fernández fíxose, por segundo ano consecutivo, co primeiro premio do certame de carteis anunciadores para as Festas do Carme e da Fraga, que cada ano convoca o Departamento de Cultura.

A proposta da artista pontesa resultou premiada con 300 euros e nela pódense apreciar elementos típicos da paisaxe do municipio coma a Ponte Romana, un carballo e incluso unha alusión ao río Eume, empregando para iso un programa informático.

Os dous premios de 100 euros, en calidade de accésits, foron para Noé López Valiña e Samuel Cebreiro Fernández, dous asiduos tamén aos concursos deste tipo que se organizan no concello ao longo do ano.

Nesta ocasión, a elección do cartel anunciador dos festexos en honra á Virxe do Carme correu a cargo dun xurado formado por catro membros e que o pasado martes, día 3, fixeron público o seu veredito.

Así as cousas o xurado contou coa presenza da edil de Cultura, Eva Conde, e varios mestres de plástica de diferentes centros escolares do municipio: Lourdes Acera, Victor Manuel Rodríguez e Alicia Puchades.

Nesta ocasión presentáronse un total de dez traballos nos que aparecían representadas unha gran diversidade de técnicas.

6/6/08

ACTIVIDADES ASOCIACIÓNS

E falámoslles agora da celebración do San Xoán, que xa está a ser preparado por parte dun bo número de asociacións pontesas. E o caso da Asociación de Veciños Veiga da Areosa, que organizan para a noite do sábado 21 de Xuño unha sardiñada na Praza da Lembranza.

Tamén en Marraxón participarán desta festa popular, coa organización dunha comida de fraternidade para o domingo, día 22. O menú consistirá en entremeses, churrasco, postres, licores, refrescos e café. Haberá ademais a actuación musical do grupo La Clave. E o prezo da ceelbración é de 15 euros para os socios, e de 20 para os non asociados. As persoas interesadas en asistir deberanse anotar no comercio de Iria ata o martes día 17 de Xuྃo.

CONTINUA A 1º MOSTRA DE TEATRO NO LAR

Tamén temos teatro, o que nos ofrece o Grupo de Empresa Endesa, a través da I Mostra de Teatro. Esta fin de semana teremos nas Pontes á compañia coruñesa Estibón, que nos ofrecerá a obra co mesmo nome, maña sábado ás oito do serán, no Cine do Lar.

A Primeira Mostra de Teatro do Grupo de Empresa Endesa terá continuidade o sábado que vén coa actuación do grupo local O Catre que ofrecerá a obra Os contos. E á seguinte seman, o sábado 21, recibiremos a os naroneses Bucanero e a representación da obra Il ritorno, este non é o título. O peche correrá a cargo da compañia O Bordelo, de Cervo, coa interpretación do Mariñan.

ACTIVIDADES AMAS DE CASA.-

A poucas semanas para o remate do curso, a Asociación de Amas de Casa continúa coa sua actividade formativa. Durante estes días aos traballos de montaxe da exposición de fin de curso, programación da última viaxe do ano, ou á preparación da cea de despedida, súmaselle tamén a organización duns obradoiros gratuítos de saúde e do programa Mulleres sí, da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Social.
A primeira das iniciativas desenvolverase os días 10, 11, 18 e 20 de Xuño, en horario de catro e media da tarde, a sete e media.
E o programa que oferta Vicepresidencia celebrarase nas xornadas do 25 e 27 de Xuño, e o 2 e 4 de Xullo, en idéntico horario, ás catro e media da tarde, e ás sete e media.

Para a exposición de traballos de fin de curso púxose como data o día 18 de Xuño, e como escenario a sala de mostras do Mercado Vello. A inauguración está fixada para as oito do serán e contarán coa actución do grupo de acordeóns da asociación de amas de casa. A exposición amosará os traballos realizados nas clases de pintura, patchwork, manualidades, bordado, e tapicería, e permanecerá instalada no Mercado Vello ata o domingo, día 22, ás nove do serán. Na véspera da clausura a asociación de amas de Casa contará co acompañamento do coro de Mulleres de Celeuma, da Capela, que ofrecerán unha actuación ás oito do serán.

Asimesmo tamén están preparando a cea de fin de curso, que sera o venres día 20, ás nove e media da noite no restaurante 5 Jotas. O menú que se servirá esa noite componse de vieiras ao forno, bacallau ao forno con pataca panadeira, carrillerias de tenreira asadas, e surtido de tartas caseiras, regado con viño, licores, e café. Trala cea, os asistentes poderán desfrutar da música a cargo do dúo Caramelo. O prezo da celebración ེ de 25 euros para os socios das Amas de Casa, e de 30 para os non asociados.



E finalmente témoslles que falar da viaxe de fin de curso da Asociación de Amas de Casa, que se realizará o día 26 de Xullo, ás termas de Ourense, en concreto á Chabasqueira. A saída está programada para as oito da maña de diante do Pavillón Polideportivo.

Para apuntarse a calquera destas actividades, ou para calquera outra información poden chamar ao telófono 667 - 74 84 62, ou senón poden achegarse ata o local social situado no Pobado do Barreiro, Bloque E, sen número.

Dulce Maria López Fernandez premiada no certame de carteis anunciadores para as Festas do Carme e da Fraga

Dulce Maria López Fernandez fíxose, por segundo ano consecutivo, co primeiro premio do certame de carteis anunciadores para as Festas do Carme e da Fraga, que cada ano convoca o Departamento de Cultura.

A proposta da artista pontesa resultou premiada con 300 euros e nela pódense apreciar elementos típicos da paisaxe do municipio coma a Ponte Romana, un carballo e incluso unha alusión ao río Eume, empregando para iso un programa informático.

Os dous premios de 100 euros, en calidade de accésits, foron para Noé López Valiña e Samuel Cebreiro Fernández, dous asiduos tamén aos concursos deste tipo que se organizan no concello ao longo do ano.

Nesta ocasión, a elección do cartel anunciador dos festexos en honra á Virxe do Carme correu a cargo dun xurado formado por catro membros e que o pasado martes, día 3, fixeron público o seu veredito.

Así as cousas o xurado contou coa presenza da edil de Cultura, Eva Conde, e varios mestres de plástica de diferentes centros escolares do municipio: Lourdes Acera, Victor Manuel Rodríguez e Alicia Puchades.

Nesta ocasión presentáronse un total de dez traballos nos que aparecían representadas unha gran diversidade de técnicas.

TODO O DEPORTE DA FIN DE SEMANA

E os campos do Poboado volverán acoller a centos de afeccionados ó futbol-7, coa edición do marathon que organiza o C. D. As Pontes.
Este ano son 42 os equipos participantes, con procedencias especialmente de localidades cercanas, como Ferrol, Narón, Viveiro, ou Ortigueira, pero tamén hai nutrida presenza de cadros de A Coruña, Lugo, e mesmo acuden equipos de Vigo, Pontevedra, e Santiago.
Anque a coincidencia coa disputa, ainda da Copa Deputación de Lugo, e a Copa da Ría, impiden que se podan repetir as cifras record de participación do ano pasado, dende o C. D. As Pontes, organizadores do evento, amósanse moi satisfeitos do resultado.
A infraestructura, e loxística que se vai poñer en marcha é moi esixente, con tres campos ó tempo, dende mañá ás dez da mañá ata as catro da tarde, engadindo outro máis, para sumar catro, todos de herba, o sábado pola tarde, e ata as dez da noite.
O domingo volverase comezar ás dez da mañá, xa coas eliminatorias directas, dende oitavos de final.
A final será ás sete da trade, e virá precedida dun encontro amigable entre os prebenxamíns do C. D. As Pontes, e o Perlío.
O premio establecido para o gañador acada os 2.000 euros, mentres o segundo embolsarase 600, e o terceiro e cuarto, 150 en ámbolos dous casos.

O equipo cadete do C. D. As Pontes xoga esta tarde a final da Copa da Ría.
Os ponteses, logo de defraudar na liga, na que partían entre os favoritos, deron a medida das súas posibilidades na Copa, e chegan á final sen coñecer a derrota.
O seu rival é o Galicia de Caranza, outro dos equipos fortes deste ano na liga cadete.
O partido vaise disputar en A Gándara, a partir das sete menos cuarto da tarde.

Este sábado, teremos en As Pontes o campionato galego de IPSC.
A espectacularidade dos percorridos de tiro volve á nosa vila, coa competición que organiza o C.C.e T. Pena da Revolta.
Ás once da mañá empezará unha proba que contará cos mellores tiradores de tódolos clubes galegos, nunha modalidade que segue a gañar adeptos cada día.
Xa o domingo, a partir das 12, temos a V Marcha ciclista popular polo casco urbano do concello. A proba organizada polo C. C. Vilalba - As Pontes está aberta a nenos-as e maiores.
A saida e maila chegada serán diante do concello, e aconséllase levar casco.
O percorrido será moi doado, e todo urbano, chegando como marxes ós Institutos, ata a Rúa Celso Emilio ferreiro, e á Avda de Galicia.
A proba non é competitiva, e haberá agasallos para tódolos participantes.

Esta fin de semana tamén remata a competición local no futbol sala.
O domingo vanse disputar as semifinais, que emparellaron ós mesmos equipos que quedaron nas catro primeiras prazas na liga.
Ás van xogar ás cinco, o Karaoke latino e Perruquería Cnydia. Logo, as seis xogan o MRW, e o campión de liga, Os da Fraga.
Ás 9 xógase a final entre os dous equipos que superen o partido anterior.

No piragüismo, teremos ó Grupo xuvenil disputando o descenso do Miño.
Unha proba de 12 kms de percorrido, que sairá do encoro ourensán de Os Peares.
Acude cun K-1 de Borja Prieto, e un K-2 tripulado por Carlos Pedreira e Antonio polo.

E xa na nosa vila, temos, anque sen participación local, a V Copa galega de slalom.
Esta modalidade de augas bravas, dispútase en tres citas, e a de As Pontes é xa a terceira e definitiva.
A partir das dez e media da mañá, e na Fraga comezará a competición, que está organizada pola Federación galega, e patrocinada polo concello de As Pontes.
As categorías que van participar son cadete, junior, e senior, tanto para homes como para mulleres.
Entre os favoritos estarán, como veñen demostrando toda a tempada, os clubes Penedo, Deportivo Miño, Valmiñor, ou Vilaboa.
Poderemos ver en As pontes a dúas das grandes promesas estatais actualmente, como son o xove Jonathan Calvo, que no primeiro ano de cadetes xa destaca pelexa polas medallas no campionato de España, e a viguesa Antía Loira, recente medalla de prata no campionato de España cadete donas.
A proba de As Pontes será para moitos unha boa ocasión de calibrarse antes da disputa, o día 21, da Copa de España na Seo D´Urgell.

5/6/08

O pleno respalda de xeito unánime a nova ordenanza municipal para a erradicación do vandalismo urbano

Na sesión tamén se acordou a adhesión de As Pontes ao Pacto Territorial de Emprego de Ferrol no que participan unha vintena de municipios


O concello de As Pontes en pleno aprobou esta mañá, de forma inicial, a nova Ordenanza municipal sobre a prevención do vandalismo, a preservación dos bens e a conservación do contorno, unha medida pioneira que pretende dar resposta aos casos e expedientes sancionadores vinculados cos actos vandálicos contra os bens públicos e privados e que, ata o de agora, eran regulados a través da Ordenanza Municipal de Limpeza.

Os tres grupos con representación no cabildo pontés expresaron a súa conformidade coa aplicación desta nova normativa, que procede do traballo en conxunto e do diálogo entre as diferentes formacións políticas. Precisamente, tanto o grupo de goberno coma os dous partidos da oposición felicitáronse mutuamente por este gran traballo, froito do consenso e que penará con multas de entre 750 e 3.000 euros os diferentes atentados contra a propiedade municipal e privada, incluíndo a posibilidade de cambiar a sanción económica por traballos comunitarios.

Precisamente, este foi o principal punto a recalcar por parte da voceira do grupo de goberno, Montserrat García, que tamén anunciou a posta en marcha, proximamente, dunha campaña de sensibilización escolar para concienciar aos máis novos sobre a importancia de manter en bo estado os bens públicos.

Asemade, ao longo dunha sesión plenaria maratoniana de dúas horas, a corporación municipal tamén acordou por unhanimiedade, a adhesión de As Pontes ao Pacto Territorial do emprego de Ferrol, unha iniciativa da Consellería de Traballo mediante a que se pretende crear e planificar políticas de emprego adaptadas ás necesidades de cada concello e no que están implicados case unha vintena de municipios das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.



Por outra banda, tamén foi aprobado unanimente o nomeamento dun treito do Paseo Fluvial do Encoro da Ribeira en homenaxe ao falecido piragüista pontés José Ramón Corral Bustabad, como recoñecemento, tal e como subliñou o alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, non só ao seu impresionante currículo deportivo, senón tamén á súa calidade como persoa.

Asemade, ao longo da sesión acordouse a celebración o primeiro xoves de cada mes das sesións plenarias ordinarias, agás nos casos nos que se trate dun día festivo que se aprazarían ata o xoves seguinte.

Mocións

No tocante ao capítulo adicado ás mocións, rogos e preguntas, cinco foron as mocións que presentaron tanto goberno como oposición.

Así as cousas, os socialistas contaron co respaldo unánime da corporación municipal en relación á solicitude de apoio, realizada dende a Deputación de A Coruña, para a candidatura da Torre de Hércules como ben a incluír no listado de Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

Tamén recibiu luz verde a moción presentada polo BNG na que se insta á Xunta de Galicia e ao Ministerio de Industria a instalación dun servizo de banda ancha nas zonas rurais de Galicia denantes de finais de ano, e que conte coas mesmas características e custo que as que xa están a funcionar nas zonas urbanas.

A proposta nacionalista que non contou co visto bo de tódolos edís foi a vinculada coa solicitude ás Consellerías de Educación e de Traballo da transformación dun dos institutos de As Pontes nun centro integrado de formación profesional para o vindeiro curso 2008-2009, co fin de aplicar o Plan Experimental de Emprego que respalda o departamento que dirixe Ricardo Varela, ademáis da posta en marcha de novos ciclos formativos no devandito centro.

Neste senso, a concelleira de Cultura subliñou que non é posible poñer en práctica ningunha destas demandas para o vindeiro curso escolar aínda que se comprometeu a estudar esta proposta. Nembargantes, Eva Conde tamén deu a entender que, de levar a cabo este cambio nun dos institutos ponteses, se podería dar lugar a situacións como que se eliminen outros ciclos por falla de demanda ou incluso algunha das opcións de Bacharelato, ademáis das clases dirixidas aos alumnos de Ensinanza Secundaria Obrigatoria, xa que estes centros non poden contar con clase para estudantes da E.S.O.



Tampouco contou co visto bo, inicialmente, a moción presentada polo grupo municipal do BNG a través da cal se esixe ao Ministerio de Industria a sinatura, denantes do vindeiro día 30, dos convenios de obras e proxectos incluídos no Plan Miner II que debe subvencionar o departamento que dirixe Miguel Sebastián.

Segundo explicou o alcalde pontés, Valentín González Formoso, o seu grupo está completamente dacordo co contido desta proposta aínda que ve moi precipitada a data indicada na mesma xa que, para asinar estes acordos, primeiro é preciso rubricar un convenio coa Consellería de Industria, que deberá adiantar os cartos para a elaboración dos proxectos incluídos na Mesa do Carbón, celebrada hai unhas semanas e, a xuízo do primeiro edil, cumprir eses compromisos denantes de finais de mes é imposible.

Así as cousas, e trala eliminación desa data por considerala demasiado precipitada, os tres grupos políticos deron luz verde á proposta nacionalista.

Pola súa banda o Partido Popular tamén presentou unha moción na que os populares esixen a derogación do Decreto de Normas do Hábitat, elaborado pola Consellería de Vivenda, por tratarse dunha medida intervencionista na que non se contou co consenso e acordo de tódolos sectores implicados, entre eles os concellos.

O voceiro dos populares, Juan Eladio Pico, recalcou que se trata dunha boa iniciativa pero que se ten que levar a cabo co beneplácito e traballo conxunto de tódolos sectores implicados coma a FEGAMP, os concellos ou os empresarios, entre outros afectados.

A petición contou cos votos a favor de PP e PSOE e o rexeitamento dos edís do BNG.

No apartado adicado aos rogos preguntas só se trataron algúns temas vinculados con obras, acondicionamento de viais e de zonas verdes, de pouca relevancia, ademáis do futuro dos membros do Grupo Municipal de Intervención Rápida (GRUMIR) que xa remataron contrato ou os que están a piques de concluir servizo e que, tal e como explicou a edil Montserrat García, está en vías de solución xa que está previsto que o concello faga uso dos 45.000 euros aprobados pola Deputación da Coruña a pasada semana para manter este servizo, ademáis das axudas procedentes do Plan de Cooperación que financia a Consellería de Traballo.

O equipo cadete do C. D. As Pontes xoga mañá a final da Copa da Ría.

Os ponteses, logo de defraudar na liga, na que partían entre os favoritos, deron a medida das súas posibilidades na Copa, e chegan á final sen coñecer a derrota.
O seu rival é o Galicia de Caranza, outro dos equipos fortes deste ano na liga cadete.
O partido vaise disputar en A Gándara, a partir das sete menos cuarto da tarde.