31/5/08

O goberno pontés solicita a participación da Xunta de Galicia para construir un centro xeriátrico no municipio






O alcalde e o edil de Servizos Sociais presentaron o proxecto ao longo dun encontro mantido co Vicepresidente da Xunta


O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, e mailo edil de Servizos Sociais, José Alén, solicitaron o apoio da Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, para a construcción no municipio dun centro xeriátrico de carácter público.

A petición do executivo pontés foi un dos principais temas a tratar ao longo do encontro que González Formoso e Alén mantiveron co Vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, en Santiago.

Así as cousas, alcalde e o concelleiro defenderon a necesidade de poñer en marcha este proxecto en As Pontes ao tratarse dun servizo moi demandado por parte dos veciños, xa que, nestes momentos, o municipio carece de prazas públicas destas características. Precisamente, José Alén recalcou a boa situación xeográfica de As Pontes, o que permitiría ofertar estes servizos aos residentes noutros concellos colindantes.

Asemade, o edil amosou o interese do concello pontés en incluir o proxecto na segunda fase do programa de construcción de centros xeriátricos que está a desenvolver a Sociedade Galega de Servizos Sociais (SOGASERSO), da que forma parte a propia Vicepresidencia da Igualdade e Benestar xunto coas entidades galegas Caixanova e Caixa Galicia.

Pola súa banda, o Vicepresidente da Xunta amousou gran interese neste proxecto, recoñecendo a idoneidade do municipio como ubicación dunha residencia xeriátrica que ofertaría unha serie de servizos de asistencia e atención diurna a persoas maiores con dependencia. En relación á inclusión deste centro no programa de actuacións de SOGASERSO, Anxo Quintana subliñou que podería ser factible a inclusión do proxecto nas actuacións a levar a cabo por esta sociedade.

A iniciativa contempla a cesión, por parte do concello, dos terreos para a construcción destas instalacións, aínda que agora será preciso agardar ata que se remita á Xunta de Galicia un informe máis detallado sobre este proxecto, no que se incluirán previsións sobre o número de usuarios, ante a demanda destes datos realizada polo propio Quintana.

Finalmente, neste encontro González Formoso e José Alén solicitaron o incremento das partidas económicas incluídas no Plan Concertado de Prestacións Básicas de Servizos Sociais, a través do que o goberno autonómico contribue ao financiamento dos servizos sociais municipais que permite garantir as prestacións básicas aos cidadáns.

Segundo aclararon ámbolos dous representantes do cabildo pontés é preciso o incremento destas partidas económicas para poder facer fronte ás necesidades reais do concello en materia de servizos sociais, como por exemplo, á hora de mellorar o desenvolvemento da lei de dependencia ou de incrementar as horas de atención do servizo de axuda a domicilio, entre outros aspectos.

Convenio coa Consellería do Medio Rural

Denantes de acudir á súa cita co Vicepresidente da Xunta de Galicia, Valentín González Formoso trasladouse ata as dependencias da delegación de A Coruña da Consellería do Medio Rural onde rubricou un convenio de colaboura entre o departamento autonómico e o concello pontés para a mellora do quinto tramo da estrada que enlaza Esfarrapa co municipio de As Somozas.

Os traballos suporán unha inversión de 91.000 euros afectando a un tramo de 950 metros entre O Grou e Reboredo e consistirán na aplicación dunha capa de aglomerado e a colocación da sinalización horizontal necesaria. Asemade, a través deste acordo, Medio Rural farase cargo do proceso de contratación e adxudicación das obras.

Con esta quinta fase xa en marcha só quedará pendente o acondicionamento duns catro quilómetros deste vial e que, unha vez rematados, bordearán toda a mina de lignito pontesa ata enlazar coa AG-64.

30/5/08

Piragüismo

E no piragüismo temos dous focos de atención esta fin de semana.
Borja Prieto compite no campionato de españa por autonomías formando no K-2 con Carlos Pérez.
Será no campionato de españa por autonomías no encoro de Castrelo de Miño, en Ourense, formando coa selección galega.
Ás dez e media da mañá disputarán unha previa en forma de semifinais para estar na cita definitiva.
E a outra é sen dúbida a cita máis emotiva do ano para o clube da nosa vila. O memorial carlos fronos, que este ano faise cadrar co I Trofeo de de piragüismo José Ramón Corral.
O Memorial cumpre xa a décimosexta edición, e coma sempre disputarase no encoro de A Ribeira.
Será mañá a partir das once e media da mañá.

.

FUTBOL CAMPO- FUTBOL SALA

Últimos coletazos xa da tempada de futbol para o C. D. As Pontes.
Esta fin de semana rematan xa os prebenxamíns, coa atención posta nos A, que ainda teñen opcións de seguir adiante na Copa.
Van xogar co Racing B, buscando a clasificación para a fase definitiva. Será mañá ás 11, no Poboado, e nunha xornada na que se lles entregará a Copa que os acredita como campións de liga.
Os prebenxamíns B tamén xogan co Racing de Ferrol, pero van á Malata, e a hora do partido é a mesma, as 11.
Os infantís e cadetes xogaron xa por semana os últimos choques que lles quedaban de grupo na Copa. Os infantís perderon 1-2 , pero os cadetes empataron a douses na casa do Portuarios, polo que fixeron valer a goleada da ida, e estarán na final contra o Galicia de Caranza.

Remata a competición este ano para os vteráns que xogan o torneo de futbol 7 no Poboado.
E pechan coa final de Copa.
O campión de liga, o Santabbala vai disputar a final diante do mobles eume, probablemente unha das mellores plantiñas desta competición, pero que na liga non rendíu como se agardaba, e agora buscará o título na Copa para o que terá que frustrar as expectativas de dobrete coas que chega o Santaballa.

Na competición local do futbol sala temos a disputa dos cuartos de final, logo da eliminatoria previa do pasado domingo.
Estes son os emparellamentos:
18 H.  SALVORAVENTO – KARAOKE SABOR LATINO (A)
19 H.  PELUQUERIA CNYDIA – GANADOR 6  (B)
20 H.  O BARREIRO - MRW      (C)
21 H.  ESTANCO MARI CARMEN – OS DA FRAGA (D) 

O C. R. Fendetestas pon en marcha unhas xornadas de achegamento o rugby

O C. R. Fendetestas puxo en marcha para este sábado a primeira das xornadas de achegamento ó rugby.
Este sábado, a partir das cinco e media da tarde celebrará unha xornada de portas abertas no seu campo de Monte Medulio, que está aberto a todos os que alí se queiran achegar, sen distinción de idade ou sexo.
Con esta primeira cita, que terá a súa continuidade o 28 de xuño, iníciase un amplo calendario de actividades, que levará ó clube pontés a celebrar neste tempo os 20 anos dende a súa fundación.
Na intención de dar a coñecer esta modalidade deportiva a toda a poboación, convocáronse estas citas, que consistirán en xogos e exercizos sen ningunha esixencia física non técnica. O único obxectivo é a familiarización con este deporte, coñendo o seu desenvolvemento, balón, ou campo de xogo, e as características que fan del o xogo de equipo por excelencia.
Dende o clube verde está a prepararse tamén para o mes de xullo unha xornada de rugby-neno na rúa, na que se farán xogos, e sortearán agasallos entre os participantes, como incentivo para que coñezan outra modalidade deportiva, que se adpata ás condicións de cada deportista, para facela asequible para tódalas idades.
Este sábado, para participar na práctica das cinco e media da tarde, tan só se recomenda o uso de botas de tacos. O resto porao o clube, que porá peche á actividade cun tradicional "terceiro tempo", para que coñezan tamén esta curiosa tradición. Unha norma non escrita do rugby que supón que o equipo local invite nun bar ó seu rival ó remate do partido para confraternizaren logo da competición.

I mostra de teatro do Grupo de Empresa Endesa

O Grupo de Empresa Endesa ven de embarcarse nunha nova iniciativa que terá ó teatro como protagonista.
Mañá sábado, estrean a I Mostra de Teatro que promoven dende a Asociación cultural e deportiva.
E para comezar ven a Compañía coruñesa Tusitala, que porá en escea "Contos dos 7 mares". Ás sete da tarde no Salón actos do Lar.
A continuación, ás 9, proxectarase a curta "O reflexo da lembranza", do pontés Roberto rego.
A semana que ven volve outra compañía herculina, Estibón, que ofrecerá a obra Cinema, xa a partir das oito da tarde.
A representación local queda para o día 14, en que O Catre amosará o seu peculiar Teatro de pés, coa obra "Os contos".
E o sábado 21 correspóndelle actuar ós naroneses de Bucanero, con Il Ritorno (Este non é o título). Ás 8 da tarde. Esta será a única xornada na que se cobrará a entrada, cun prezo de 2 € para os non socios.
O peche botarano a Compañía O Bordelo, de Cervo, que son xa vellos coñecidos dos afeccionados ó teatro en As Pontes. Tamén ás 8 da tarde interpretarán "O Mariñán".

Importadores marroquís visitarán empresas da comarca

No marco dunha misión inversa organizada pola Cámara de Comercio de Ferrol, dez empresas galegas do sector de materiais de construción recibirán, a semana que ven, a visita dun grupo de importadores marroquís interesados na posibilidade de distribuír os seus produtos no mercado do país magrebí.
Os integrantes da misión inversa chegarán a Ferrol o luns e desde alí desprazásense a diferentes puntos de Galicia para desenvolver a axenda de traballo desta acción promocional .
Entre as empresas que van visitar está unha da nosa vila. Achegaranse ata as instalacións de Aceriusa, para coñecer o seu produtos cara á súa posible comercialización en Marrocos.
Esta acción está incluída no Plan de Fomento das Exportacións Galegas-FOEXGA 2008, e levará aos importadores magrebís a visitar tamén os centros de produción doutras empresas galegas en Lalín, Silleda, Arteixo ou Porriño. Trátase da primeira ocasión en que a Cámara explora o potencial mercado de Marrocos para os exportadores galegos.
A elección de Aceriusa como un dos seus obxectivos obedece ó interese dos empresarios marroquinos por coñecer experiencias nos eidos das estruturas metálicas, portas, frisos de madeira, carpintería metálica, ladrillos cerámicos ou produtos químicos para a construción.

Satisfaccion coa posta en marcha do plano experimental de emprego, que sufraga a Consellería de Traballo.

Dende a concellería de Promoción industrial, reiterabase onte a satisfacción do goberno local coa posta en marcha do plano experimental de emprego, que sufraga a Consellería de Traballo.
O Departamento que dirixe Ricardo Varela cumpre así co compromiso que asumía en setembro do ano pasado no decurso dunha visita á vila pontesa.
A aportación autonómica será de 400.000 euros, que se dividen en dúas partidas, correspondentes con dúas anualidades.
A primeira destas partidas fíxose xa efectiva, con perto de 220.000 que corresponden ó perído ata marzo pasado.
Con cargo a esta dotación está a piques de entrar en servizo unha oficina que servirá de enlace entre as empresas e os traballadores do município, xestionando as diferentes ofertas que xurdan, e poñendo ó dispor dos empresarios ós traballadores cualificados para o posto.
Asemade, tamén se financiarán cursos de formación destinados a introducir ós operarios noutros eidos, cara a acadar a súa adaptación ás diferentes esixencias laborais, tanto das empresas xa ubicadas en As pontes, como naqueles que cheguen de nova instalación.
Agora en maio abríase a quenda para establecer as actuacións da segunda partida, para a que se destinará o resto da partida os 400.000 euros comprometidos.
Esta segunda anualidade comprenderá ata marzo do ano vindeiro, e nestes días están a ultimarse os proxectos que se van presentar para a súa aprobación.

29/5/08

O CLUBE DE . RUGBY. FENDETESTAS pon en marcha para este sábado a primeira das xornadas de achegamento ó rugby.

Este sábado, a partir das cinco e media da tarde celebrará unha xornada de portas abertas no seu campo de Monte Medulio, que está aberto a todos os que alí se queiran achegar, sen distinción de idade ou sexo.

Con esta primeira cita, que terá a súa continuidade o 28 de xuño, iníciase un amplo calendario de actividades, que levará ó clube pontés a celebrar neste tempo os 20 anos dende a súa fundación.
Na intención de dar a coñecer esta modalidade deportiva a toda a poboación, convocáronse estas citas, que consistirán en xogos e exercizos sen ningunha esixencia física non técnica. O único obxectivo é a familiarización con este deporte, coñendo o seu desenvolvemento, balón, ou campo de xogo, e as características que fan del o xogo de equipo por excelencia.
Dende o clube verde está a prepararse tamén para o mes de xullo unha xornada de rugby-neno na rúa, na que se farán xogos, e sortearán agasallos entre os participantes, como incentivo para que coñezan outra modalidade deportiva, que se adpata ás condicións de cada deportista, para facela asequible para tódalas idades.
Este sábado, para participar na práctica das cinco e media da tarde, tan só se recomenda o uso de botas de tacos. O resto porao o clube, que porá peche á actividade cun tradicional "terceiro tempo", para que coñezan tamén esta curiosa tradición. Unha norma non escrita do rugby que supón que o equipo local invite nun bar ó seu rival ó remate do partido para confraternizaren logo da competición.

O Colexio Monte Caxado participa hoxe no II Congreso de Educación Ambiental dos Centros de Ensino da Coruña

O Colexio Monte Caxado participa hoxe no II Congreso de Educación Ambiental dos Centros de Ensino da Coruña, que ten por obxecto de divulgar experiencias e proxectos que se realicen a prol da conservación dos espazos naturais.

Os alumnos de 1º e 2º desprazáronse ata a localidade mariñana para expoñer o seu traballo, do que se encargarán un grupo de oito rapaces e rapazas.
En total, serán máis de 250 os escolantes de toda a província os encargados de expoñer os 14 proxectos de conservación de distintos espazos naturais galegos que foron seleccionados para esta cita.
O II Congreso de Educación Ambiental dos Centros de Ensino da Coruña, está organizado polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).
O Congreso prolongarase durante toda a xornada, e no acto inaugural lugar estiveron o Presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, o Delegado de Medio Ambiente na Coruña, José Antonio Díaz e o Director do Ceida, Carlos Vales.
O acto de clausura celebrarase ás 18.30 horas e no mesmo participarán o Alcalde de Sada, o pontés Abel López e o Concelleiro de Medio Ambiente, deste município, José Garrote.

A Consellería de Medio Rural farase cargo das obras de acondicionamento do vial que une O Grou e Reboredo

O concello de As Pontes e a Consellería do Medio Rural asinarán mañá un acordo mediante o cal o departamento que dirixe Alfredo Suárez Canal asumirá o custo dos traballos de mellora dun tramo da estrada que enlaza Esfarrapa co municipio de As Somozas.

O alcalde pontés, Valentín González Formoso, será o encargado de rubicar este convenio mentras que por parte do departamento autonómico está prevista a presenza da responsable provincial de Medio Rural, Olga García Agra, nun acto que terá lugar na delegación coruñesa desta consellería.

Os traballos, que suporán unha inversión de 91.000 euros, afectarán a un treito de 950 metros, entre O Grou e Reboredo, conformando a quinta fase dun proxecto que, a falta de case catro quilómetros de vial por acondicionar, permitirá conformar un anel de infraestructuras viarias que rodeará a mina de As Pontes ata a súa conexión coa Autovía Ferrol – Vilalba.

A que xa está rematada é a cuarta fase deste proxecto que comprendía 680 metros deste mismo vial, tamén á altura de O Grou.

Ao igual que coas catro fases anteriores, os traballos que se acometerán proximamente e que estarán recollidos no convenio que asinará mañá o concello pontés consisten na aplicación dunha capa de aglomerado e a colocación da sinalización horizontal necesaria.

Precisamente, trala rúbrica deste acordo a Consellería do Medio Rural será a encargada de asumir os procesos de contratación, adxudicación e execución destas obras.

Por outra banda, o executivo pontés tamén chegou a un acordo co concello de As Somozas para arranxar, entre ámbolos dous municipios, a estrada entre a Esfarrapa e Cheiván, con cargo ao Plan de Obras e Servizos de 2008.


Trala sinatura do convenio coa Consellería do Medio Rural, o alcalde pontés, na compaña do concelleiro de Servizos Sociais, José Alén, ten previsto trasladarse ata as dependencias da Xunta de Galicia en Santiago co fin de manter un encontro co Vicepresidente da Igualdade e Benestar, Anxo Quintana.

Esta xuntanza, que dará comezo ás 10.30 horas nas dependencias do goberno autonómico, prodúcese logo de que o primeiro edil pontés solicitase ata en dúas ocasións este encontro, en decembro de 2007 e febreiro deste mesmo ano.

28/5/08

Cursos de informatica destinados a xubilados, prexubilados e pensionaistas.

A Sección local da UGT en As Pontes, vai poñer en marcha un novo curso de formación.
Esta é unha acción de formación detinada a xubilados, prexubilados e pensionaistas.
Hai tres ofertas diferentes, vencelladas ó manexo da tecnoloxía informática.
Pódese optar por un curso de informática básica, un de informática avantada, ou por último, o de localización de páxinas web e correo electrónico.
Para recibir máis información ou inscribirse pode pasarse polo local de rúa da fábrica nª3. Por teléfono tamén se pode contactar co local da UGT, no 981 44 08 18.

O recital do grupo poético Alalá clausura a programación cultural de primavera en As Pontes

O grupo poético pontés Alalá porá o peche á programación cultural elaborada pola Concellería de Cultura para a tempada de primavera. Será a través dun recital que terá lugar na tarde do venres, ás 21.00 horas no salón de actos da Casa Dopeso.

Os poetas ponteses contarán coa compaña da música que interpretarán varios dos alumnos do Conservatorio Municipal

Nesta ocasión, Santi del Moral, Ofelia López, Gloria David e Aníbal Ánxel darán a coñecer ao público as súas últimas creacións poéticas, moitas delas incluídas no libro Cinco Sentidos que recompila algúns dos mellores poemas deste colectivo pontés afeccionado ao mundo da poesía e da creación literaria.

A mestura de temáticas será un dos principais atractivos desta cita na que será posible desfrutar de composicións intimistas, con referencias ao tempo dos nosos avós e incluso coa denuncia social como protagonista e que virán acompañadas da música de oito dos alumnos do Conservatorio de Música Profesional de As Pontes, estudantes dos graos medio e profesional de música neste centro.

Deste xeito ponse punto e final a unha ampla e completa programación na que cabe salientar propostas coma os catro concertos de música tradicional do Circuíto Cultura Vai 4x4, exposicións, exhibicións de danza, varias proxeccións cinematográficas, recitais de diferentes agrupacións musicais pontesas ou citas coma as Xornadas da Terra ou o I Certame de Ensaio As Boliqueiras.

27/5/08

José Ramón Corral e galardoado a título póstumo no INEF de Madrid


O malogrado piragüista pontés, José Ramón Corral ven de entrar na Real Orde do Mérito Deportivo, a proposta da Comisión avaliadora, en atención ós seus méritos, circunstancias, e contribución ó deporte.
O Secretario de Estado para o Deporte, Jaime Lissavetzsky, entregaba onte, o distintivo, a título póstumo, a Ramón, no INEF de Madrid.
A medalla de bronce, que se lle outorga a Ramón, ocupa o lugar da distinción que a bo seguro tería de seguir vivo, nesta edición, pois o seu oco é ben grande na selección española de marathon , que renovou o título de campiona do mundo, e na que el militaba.
Precisamente no seu currículum está o campionato de españa nesta dura disciplina do piragüismo, e era peza fundamental do equipo estatal.
Unha das maiores glorias de Ramón fora a victoria no descenso do Sella, xesta que ainda non puido volver repetir ningún galego.
En representación da Casa Real fixo entrega destes galardóns nos que a título póstumo, ademais de Ramón, entregáronse tamén ó futbolista Antonio Puerta e ó baloncestista Sergio Luick.
As homenaxes a José ramón van seguir este sábado, co I Trofeo José Ramón Corral, coincidindo co XVI memorial Carlos Fornos, que organiza o C. P. Grupo Xuvenil Endesa

A nosa vila será unha das beneficiarias do novo fondo capital-risco que se ven de crear para a promoción empresarial nas comarcas de Ferrolterra, Eume

O Concelleiro de promoción industrial, Óscar García participou onte na reunión da Asociación impulsora do Plan Ferrol e o conselleiro de economía José Fernández Antonio.
A Xunta vai destinar 10 millóns de euros, na liña de outras axudas deste tipo que xa se teñen posto en marcha previamente, anque desta vez será a primeira que se destine específicamente a unha zona en exclusiva.
As empresas que se implanten de novo, ou amplíen os seus servizos na zona de conbertura deste fondo, poderán contar co goberno autonómico como socio, a traverso da sociedade Xesgalicia.
Logo do compromiso de onte, o venres asinarase no IGAPE o convenio para a constitución deste fondo, que se suma ás avantaxes especiais na concesión de cretos ó consumo, xa que as iniciativas acollidas ó Plan Ferrol contan cunha rebaixa de dous puntos nos xuros, o que deixará estes emprestitos nunhas condicións moi avantaxosas, en tan só dous puntos de interese.
Para acollerse a todas estas iniciativas os concellos implicados sumaranse ó programa de pactos territoriais polo emprego, coa constitución dunha mesa de traballo na que estarán tódolos municípios das tres comarcas.
Dende aí tramitaranse as diferentes propostas que vaian xurdindo, e que deberán ser priorizadas para a súa aprobación pola Xunta.
As escolas obradoiro ou os plans de formación terán cabida nesta liña de axudas que deben contribuir a acadar un incremento e unha planificación e xestión cordenada do conxunto dos recursos públicos que se destinan ó emprego na zona.
Dende o concello pontés valorouse como especialmente positiva a posibilidade que abre de achegar o nivel de intervención ó ámbito local, que á fin é no que se desenvolven as diferentes políticas de emprego, e a creación de marcos de cordenación.
Na reunión de onte coincidíase nos obxectivos de facilitar a participación das políticas de emprego, servir como mecanismos de cordenación, evitando duplicidades, e facilitar a planificación das políticas de emprego.
A circunscripción a un territorio tan concreto debe redundar tamén na adaptación das políticas de emprego ás necesidades reais do territorio, e na mellora da eficacia do sistema público de emprego.

CASTING DO FILME "A CASA DA LUZ"

VIMBIO FILMES BUSCARÁ MAÑÁ NA COMARCA AOS PROTAGONISTAS DO FILME "A CASA DÁ LUZ"

CASTING EN PONTEDEUME NO CEIP COUCEIRO FREIJOMIL, DE 9.00 A 14.00 H.,

E NA CASA DA CULTURA, A PARTIR DAS 16.00 H.
VIMBIO FILMES BUSCA NENOS DE ENTRE 8 E 13 ANOS DE TODAS AS NACIONALIDADES E ETNIAS

Mañá, mércores 28, e o xoves 29 de maio, realizaranse na localidade de Pontedeume as probas de reparto para seleccionar aos protagonistas da película infantil “A Casa da Luz”, adaptación da novela do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil Xabier Docampo, que será levada ao cine pola produtora galega Vimbio Filmes.

O casting realizarase pola mañá entre os alumnos do CEIP Couceiro Freijomil, entre as 9.00 e as 14.00 horas, a pola tarde na Casa da Cultura, a partir das 16.00 horas, en convocatoria aberta para todos os nenos que queiran presentarse. As probas están dirixidas a nenos de entre 8 e 13 anos de todas as nacionalidades e étnias.

“Á casa dá Luz”, un novo proxecto do produtor Xosé Xoan Cabanas Cao e do director Carlos Amil, será unha das primeiras longametraxes de imaxe real para nenos que se realizan en Galicia e rodarase integramente en galego.

Os protagonistas serán seleccionados a través destas probas de reparto que xa se realizaron en localidades como Betanzos, Carballo, Baio, Laxe, Escairón, Arteixo, A Coruña, Chantada, Monforte, Santiago, Verín Tomiño e Tui, e que se repetirán en todas as provincias galegas (o calendario de probas pode consultarse na web www.vimbio.es). "Calquera neno que viva en Galicia poderá ser protagonista de "Á casa dá luz" -explica o produtor Xosé Xoan Cabanas Cao-. Buscaranse tamén protagonistas secundarios e persoas de figuración, polo que as posibilidades de participar no proxecto son moitas".

A rodaxe do filme está prevista para este verán, de maneira que non interfira no curso escolar. Segundo explican o produtor e o director da película, non é preciso que os nenos conten con formación actoral previa. "O obxectivo é que se integren no proxecto con ilusión -explica o director Carlos Amil-. A historia está formulada como un xogo, polo que é indiferente que os nenos teñan ou non formación como actores, xa que todos os nenos saben xogar".

Vimbio Filmes conta coa colaboración da Consellería de Educación, que facilitará á produtora o acceso aos Centros de Educación Públicos de Galicia, e co patrocinio da Dirección Xeral de Política Lingüística. Ademais, buscarán o apoio de asociacións, concellos e medios de comunicación en cada unha das zonas.

Unha viaxe fantástica

A novela "Á casa dá Luz", editada por Edicións Xerais, narra a aventura dun grupo de nenos utilizando como fío condutor a desaparición dun amigo nun mundo descoñecido e misterioso. "É unha viaxe fantástica para recuperar os amigos", resumo.

A adaptación cinematográfica foi realizada por Carlos Amil e Xosé Xoán Cabanas Cao, que coinciden en cualificar o proxecto como unha película moi imaxinativa, pero non de fantasía, na que o público obxectivo, os nenos, serán tratados "como espectadores intelixentes".

Esta será a segunda película de Carlos Amil, que se estreou na dirección co filme Branca Madison (2003). "Un dos maiores alicientes deste novo proxecto é que se trata dunha película de aventuras dirixida a todos os públicos, e tamén que partimos da adaptación dun texto de Xabier Docampo -asegura-. Outro dos atractivos é que o deseño conceptual recaerá en Xosé Cobas, que procede do mundo da ilustración e que pode achegar algo moi interesante dende este punto de vista".

"Un dos obxectivos é facer un proxecto de raíces absolutamente galegas en todo o seu ámbito de creación: obra preexistente, director, produtor, director conceptual, actores, técnicos,..., aínda que sen renunciar á vocación internacional", afirman.


Para máis información ou xestión de entrevistas:

981 217 267 /654 803 651 (Ana López)

filtro@filtrocomunicacion.com / analopez@filtrocomunicacion.com

26/5/08

Medio Ambiente asumirá os custos do campo de traballo que se desenvolverá en Vilarbó o vindeiro verán

· O Director Xeral de Desenvolvemento Sostible anunciou a inclusión deste espazo no Programa de Compensación de CO2


A Consellería de Medio Ambiente apoiará economicamente a posta en marcha dun novo campo de traballo para o campamento de Vilarbó que se sumará, deste xeito, ao dirixido a persoas con discapacidade que, subvencionará a Secretaría Xeral de Xuventude.

Así o anunciaba a pasada semana o Director Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente, Emilio Fernández Suárez, nunha visita ao concello pontés.

Deste xeito, ponse fin á problemática suscitada tralo anuncio da Secretaría Xeral de Xuventuve de non financiar ningún outro tipo de campamento, ademáis do dirixido a persoas con algún tipo de discapacidade, e que poñía en serio risco o programa de prantación e coidado de árbores que se estivo a desenvolver nas últimas campañas co fin de mellorar o entorno do río Eume.

Esta decisión foi feita pública ao longo da reunión de traballo que o propio Fernández Suárez mantivo co alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, e na que tamén estivo presente o rexedor do concello de Neda, Ignacio Cabezón, e responsables da Asociación Néboa, encargada da xestión deste enclave natural.

Neste encontro, Fernández Suaréz tamén deu conta do seu interese por incluír Vilarbó no plan de prantación contemplado no Programa de Compensación de CO2, medida que pretende compensar a emisión deste nocivo gas á atmósfera a través da prantación de distintas especies arborícoras por toda Galicia e que se suma, deste xeito, á actividade vinculada co coidado da natureza xa citada anteriormente.

Os participantes nesta reunión aproveitaron a ocasión para presentarlle ao responsable de Medio Ambiente a posibilidade de construír na zona un comedor e durmitorios de inverno que permitirían sacarlle un maior partido a este espazo natural xa que, actualmente, só se pode facer uso destas instalacións co bo tempo do verán, cando os campistas poden empregar as súas tendas para durmir.

Con respecto a esta proposta, Emilio Fernández Súarez comprometeuse a estudar a súa viabilidade xa que, de chegar a bo porto esta iniciativa, As Pontes poderíase converter nun referente das actividades vinculadas coa natureza ofertando un espazo natural como é Vilarbó ao longo de todo o ano.
.

IX festa da troita

Onte volveron bater un novo record na festa da troita, e lograron reunir a 300 comensais nun xantar popular que tivo a este popular peixe de río como protagonista do menú.
A que comezara a finais dos 90 como unha modesta reunión de socios e colaboradores da Venatoria, foi convertíndose nestes últimos anos nun multitudinario evento gastronómico.
A nave de A Fraga foia a base de operacións nunha xuntanza que por primeira vez contou cun servizo de acamareiros e cociñeiros que permitíu disfrutar da mesa cos seus convidados, os directivos e colaboradores da Venatoria.
A xornada deste ano converteuse tamén no punto de partida dos actos de conmemoración do 50 cabodano da histórica sociedade de caza e pesca pontesa.
A IX edición da feira, que conta co patrocínio do concello pontés e numerosas casas comerciais, abríuse cun concurso de pesca, no que tamén colaborou o Grupo de Empresa Endesa, e no que ó final a choiva respetou ós madrugadores participantes, como logo o faría cos que se cobillaron baixo a carpa municipal para a comida.
Tamén concitou moita atención unha exposición e exhibición de montaxe de culleriñas, na que o "mestre Edu2, compartíu segredos e trucos cos moitos interesados nas súas habilidades.
Pero o acto central, sen dúbida, foi o xantar no que as troitas, cociñadas con xamón foron finalmente as raiñas do prato.
E non faltou a carne, coa caza presente na solprendente empanada de corzo, e no xabarín asado.
Tamén houbo tempo para a música para amenizar a xornada, e delo encargáronse o grupo Os Suplentes, outro dos clásicos desta cita, anque do fondo musical durante a comida, e das presentacións encargouse xa Angel Cartellle.
Entre os 300 asistentes a este evento, houbo tamén representación institucional.
Ademais dos representantes do goberno municipal, co alcalde, e os concelleiros de participación cidadá, e de promoción industrial, contouse coa presenza do Delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente Manuel Tajes.
A Festa troita cumprirá o vindeiro ano a primeira década, organizada por unha entidade, A Venatoria, que no mes que ven celebrará o medio século cun programa que vai incluir unhas xornadas de conferencias abertas ó público.

RTVEUME SUMOUSE A HOMENAXE A TINO PARAJÓN

As Pontes vivíu o domingo unha festa do futbol e unha festa do recordo, coa homenaxe tributada ó que fora presidente do C. D. As Pontes, Constantino Parajón.
Nunha emotiva tarde, de apertas, e saudos, enmarcados en moitos encontros, centos de persoas, vencelladas ó futbol falego, ó pontés, ou simplemente amigos dos que Tino deixou, volveron atoparse no campo que vivíu as súas tardes máis gloriosas con el como presidente.
Foron moitos os xogadores que vestiron a camisola azul que se volveron reunir onte nun acto no que a familia de Tino foi homenaxeada por multitude de clubes, entidades, asociacións, e administracións.
O de menos foi o partido de futbol, anque os xogadores da actual plantiña do C. D. As Pontes e a selección galega de afeccionados depararon un entretido choque ó que lle faltou algún gol máis. Rematou cun 0-1 a prol do combinado autonómico.

23/5/08

Servizos Sociais organiza un taller para que os adolescentes aprendan a sobrevivir fóra da súas casas

• A Concellería de Servizos Sociais, a través do Centro de Información á Muller, está a preparar un Obradoiro de Supervivencia para Adolescentes gratuito co fin de achegarlle a estes futuros estudantes emancipados unhas nocións básicas para subsistir fóra da casa, sen depender dos coidados e atencións da súa nai.

Vinte rapaces e rapazas poderán tomar parte nesta iniciativa que aunará contidos teóricos e prácticos nunha única sesión

Así as cousas, este taller, que se desenvolverá a finais deste mesmo mes e que conta co apoio da Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Igualdade, mesturará contidos teóricos e prácticos onde os alumnos poderán dende aprender a preparar un menú saudable e sinxelo ata tomar nota de varios trucos básicos para elaborar a lista da compra ou realizar as tarefas domésticas.

E é que, tal e como subliñou o concelleiro José Alén, malia non ser un curso moi extenso, o seu principal fin é dotar das armas básicas aos rapaces para que eles mesmos sexan capaces de subsistir no seu futuro piso de estudante, sen ter que depender da comida precociñada ou de que as súas nais teñan que ir unha vez á semana facerlles a limpeza.

Precisamente, o edil animou a participar nesta iniciativa non só aos rapaces que están a piques de marcharse a estudar fóra, senón tamén a todos aqueles que desexen aprender a ser autosuficientes e botar unha man nas súas respectivas casas, xa que este obradoiro vai dirixido a rapaces de entre 14 e 18 anos.

Nocións básicas sobre como conservar e utilizar os alimentos mesturaranse con consellos para a distribución máis axeitada do tempo entre obrigacións e ocio, nunha sesión que se distribuirá en tres horas de contidos teóricos e outras tantas prácticas, nas que os asistentes deberán incluso poñerse o delantal, manchar as mans e preparar tres saborosos e sinxelos pratos, coma unhas peitugas de polo Villeroy, unha fideuá e arroz con leite que incluso poderán degustar unha vez esteñan preparadas.

Esta actividade estará impartida por Julio José Méndez Pérez e desenvolverase entre as 9.00 e 15.00 horas do vindeiro día 31 de maio, contando cun máximo de 20 prazas.

Para poder formalizar as súas inscricións é preciso achegarse ata dependencias do Centro da Información á Muller, ubicadas no segundo andar da Casa Dopeso, ata o 30 de maio, ou ben telefonar ao 981 44 10 08, entre ás 8.00 e 15.00 horas.

O IGAPE presenta en As Pontes a liñas mestras do seu plan de axudas e créditos dirixidos ás empresas galegas

• Case medio cento de empresarios da zona asistiron a este encontro que contou coa presenza do director xeral do Igape, Álvaro Álvarez

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), a través do seu director xeral, Álvaro Álvarez Blázquez presentou na noite do mércores o paquete de axudas e préstamos que ofrece este organismo para as empresas que decidan instalarse no territorio galego e moi especialmente nas comarcas do Eume, Ferrol e Ortegal.

Ao encontro, que tivo lugar no Centro de Dinamización Empresarial de Penapurreira, asistiron medio cento de empresarios, encabezados polo presidente da Asociación de Usuarios de Suelo Industrial (Seara), José Castro, o edil de Promoción Industrial, Óscar García, e o director do Plan de Dinamización de Ferrol, Eume e Ortegal, Ángel Sucasas.

O encargado de abrir estas xornadas foi o alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, que ademáis de agradecer a presenza dos asistentes anunciou que o concello xa está a traballar co Igape para poñer en marcha novos proxectos en As Pontes. Asemade, o primeiro edil calificou estas axudas coma un gran aliciente, xunto coas inversións do Ministerio de Industria, a través do Plan da Minería, para o impulso económico e industrial do municipio.

Pola súa banda, o Director Xeral do Igape, Álvaro Álvarez Blázquez subliñou a importancia das subvencións que oferta o departamento que dirixe xa que están adaptadas á situación real que atravesa a economía mundial, con especial fincapé nas partidas económicas que se poden destinar ao impulso de novas actividades económicas nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

Axudas e préstamos

No tocante ás axudas que se presentaron neste encontro, dúas foron as liñas que sigue o Igape: as axudas a fondo perdido e, por outra banda, unha línea directa de préstamos.

Así as cousas, deuse a coñecer aos asistentes as posibles subvencións e financiacións ás que se poden acoller as PEMES que se instalen en Galicia e máis concretamente nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal; con principal apoio aos novos emprendedores que pretenden poñer en marcha algún proxecto na zona.

Asemade, o Igape tamén ofrece créditos para o financiamento de investimentos que permitan mellorar a competitividade das PEMES galegas ou incluso axudas para que éstas promovan investimentos no estranxeiro, coa axuda do Instituto de Crédito Oficial.

Xa finalmente, dentro deste campo, o Igape ofrece préstamos para a financiación de proxectos de investimento coa colaboura dos fondos do Banco Europeo de Investimentos.

No capítulo adicado ás subvencións a fondo perdido, o Igape tamén inclúe iniciativas económicas en apoio aos proxectos que creen novos postos de traballo; respaldando aquelas que pretendan innovar e mellorar a nivel tecnolóxico e, finalmente, tamén dende o Igape se pretende fomentar a aparición de novos proxectos industriais mediante a oferta de préstamos dirixidos a poñer en práctica as ideas dos emprendedores.

22/5/08

O BNG DEMANDA MELLORAS NO SERVICIO DE BANDA ANCHA PARA O RURAL

O grupo Municipal do BNG ven de rexistrar no concello unha moción a traverso da que solicita que o goberno local Inste ó autonómico a que, a traverso da Consellaría de Innovación e Industria, se dirixa ó Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e lle faga chegar a demanda de igualdade de dotación da banda longa para os núcleos rurais ó respecto dos urbanos.
Solicitaríase así o cumprimento da obriga legal do Ministerio de Industria de achegar a extensión da banda longa a toda a poboación galega antes do 31 de decembro de 2008.
Piden tamén os nacionalistas, que a calidade do servizo do PEBA sexa igual para as zonas rurais que o servizo ofertado no ámbito urbano, isto é, con longos de banda de 1, 3 ou 10 Mb e, en ningún caso, inferior a 1 Mb.
E por último, tamén demandan que o prezo ofertado dentro do PEBA sexa igual ao ofertado nas zonas urbanas e que se estabeleza só atendendo ás prestacións recibidas.
A maiores da coñecida diferenza no uso das tecnoloxías da información e comunicación entre Galiza e o Estado, queren dende o Bloque, constatar as discriminacións internas na comunidade, onde din que hoxe tamén existe unha fenda dixital entre a Galiza rural e a Galiza urbana. Negan asemade que se poda achacar esta circunstancia só o avellentamento no rural, senón que din é a consecuencia dun déficit dos equipamentos dispoñíbles nas zonas rurais.
O Plan de Extensión de Banda Larga (Plan PEBA), que consideran de grande importancia para o noso país, busca que, as zonas rurais e illadas, teñan a mesma cobertura, canto á dispoñibilidade de banda longa, que no resto do Estado; ademais de potenciar o desenvolvemento económico do mundo rural e a incorporación destes pobos á Sociedade da Información.
Na poñencia da moción presentada onte no concello, laméntase que se informe de que o plano para Galiza estea xa concluido cando estiman que dunha cifra de 1.112.799 os galegos beneficiarios/as do PEBA, quedan excluídos máis de 220.000.
Na expsoción dos motivos desta moción, explícase que hoxe, a Galiza rural segue padecendo este deficitario servizo que afecta negativamente á capacidade produtiva de moitos pobos galegos. Neste senso, opinan que sería preciso que o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, organismo que ten as plenas competencias na materia, mude substancialmente os criterios e os requisitos técnicos e de prezos que permitan unha situación igualitaria entre o entorno rural e o urbano.

Este domingo vaise celebrar unha nova edición da festa da troita que organiza a Asociación local A Venatoria.

A que naceu como unha modesta reunión de socios e colaboradores, tense convertido nestes últimos anos nun multitudinario evento gastronómico, e a nave de A Fraga volverá acoller a centso de comensais nunha xornada que se encadra nos actos de conmemoración do
50 cabodano da histórica sociedade de caza e pesca da nosa localidade.
Este domingo a feira, que conta co patrocínio do concello pontés e numerosas casas comerciais, abrirase cun concurso de pesca, no que tamén colabora o Grupo de Empresa Endesa.
Ademais haberá unha exposición e exhibición de montaxe de culleriñas.
Pero o acto central, sen dúbida, é o xantar no que as troitas serán as raiñas do prato.
Pero ademais haberá carne, coa caza presente na empanada de corzo, e no xabarín asado.
Tamén vai haber música para amenizar a xornada, e delo encargaranse o grupo Os Suplentes, outro dos clásicos desta cita.
A Festa troita cumprirá o vindeiro ano a primeira década, organizada por unha entidade, A Venatoria, que no mes que ven celebrará o medio século cun programa que vai incluir unhas xornadas de conferencias abertas ó público.

QUEDADA MOTEIRA ESTA FIN DE SEMANA

As motos volverán tomar as nosas rúas este sábado coa quedada que organiza o motoclube da nosa vila, Fina Sportbikers.
Esta é a segunda vez que a agrupación de motoristas ponteses convoca unha destas xuntanzas consideradas as irmás menores das concentracións.
A cita será na canle IV, onde estará habilitada unha carpa, na que se poderá tomar unha consumición, coa que se convidará a un pincho a tódolos que pasen por alí.
O motoclube pontés está tamén a preparar, para dentro dun mes, a celebración da motofesta, que o ano pasado estreaban cun grande éxito.
Desta vez adiántase ó mes de xuño, e volverase contar coas acobacias moteiras como un dos grandes atractivos do programa, con Paulo Martinho, Narsi Roca, e Enrique Alves.
Estoutra cita será na última fin de semana de xuño.

21/5/08

Os departamentos de Obras e Urbanismo estrean oficinas no edificio administrativo da Avenida Castelao

• O goberno municipal tamén ten previsto cambiar a ubicación dalgún outro departamento co fin de mellorar o servizo ofertado aos veciños



Dende esta semana, os departamentos municipais de Urbanismo, Contratación e Obras contan cunha nova ubicación e é que, xa dende o pasado luns, estas dependencias están ubicadas no edificio administrativo da Avenida de Castelao, tamén coñecido como o antigo edificio de Correos.

Este traslado débese principalmente ao interese do goberno municipal por mellorar o servizo, xa que co seu novo emprazamento, a concellería de Obras e tódolos seus departamentos contarán cunhas oficinas moito más amplas e mellor dotadas que as que tiñan ata o de agora, no segundo andar da Casa Consistorial.

O cambio tamén repercutirá positivamente na atención aos veciños e veciñas da vila que precisen deste servizo xa que, con esta nova ubicación, os ponteses contarán cunhas oficinas mellor habilitadas e en mellores condicións que os antigos despachos de Obras, Urbanismo e Contratación.

Asemade, dende o goberno pontés anunciaron que éste non será o único cambio que se rexistrará nas dependencias municipais xa que está previsto que, proximamente, algún outro departamento do concello mude de emprazamento para ubicarse tamén neste novo edificio administrativo.

20/5/08

Servizos Sociais abre o prazo, un ano máis, para inscribirse nos obradoiros lúdico-educativos de verán

A Concellería de Servizos Sociais ten previsto abrir, un verán máis, os seus obradoiros lúdico-educativos dirixidos á conciliación da vida laboral e familiar daqueles proxinetores, sobre todo nais, que non contan con vacacións nos meses de xullo e agosto, o que lles impide poder ocuparse dos seus pequenos durante o período estival.

Nesta convocatoria incrementáronse as prazas ata un total de 65 nas que tamén se inclúen aos nenos con necesidades educativas especiais

Trátase dunha iniciativa que, de seguro, un ano máis contará cunha boa acollida entre os pais e nais do municipio que deben traballar e coidar dos seus pequenos nestas datas nas que os nenos xa non teñen escola e que non contan con ninguén que se poida encargar deles.
Precisamente, o concelleiro de Servizos Sociais, José Alén, fixo referencia a este punto subliñando os esforzos que as familias deben facer para conciliar vida laboral e familiar no verán e é que, ao seu xuízo, o seu departamento conta con recursos que poden facilitar esta situación. Este é o caso destes obradoiros, que, segundo aclarou o edil, “tamén serven de axuda aos pequenos xa que coñecen novos amigos, aprenden cousas novas e divírtense sen ter que pasar o día diante do televisor”.
O prazo para poder tomar parte neste programa xa está aberto polo que é preciso anotarse o antes posible xa que as prazas son limitadas. Nembargantes, neste ano a cifra de nenos e nenas que poderán participar nesta iniciativa incrementouse do medio cento de prazas de 2007 ás 60 que se porán a disposición dos veciños de As Pontes para esta tempada.
Ademáis deste punto, este programa inclúe outra novidade, cinco prazas a maiores dirixidas exclusivamente para nenos e nenas con necesidades educativas especiais e que, noutras convocatorias, optaban ás mesmas prazas que o resto dos pequenos.
Estes obradoiros están dirixidos a nenos e nenas nados entre 1997 e o 2004 e desenvolveranse ao longo dos meses de xullo en agosto, de luns a venres, e como xa acontecía en edicións anteriores, os pais poderanse adaptar ao horario que mellor encaixe co seu día a día. Así as cousas, os nenos poderán xa entrar ás 8.30 horas para saír ás 14.30 horas ou ben comezar un pouco máis tarde, ás 10.00.
A primeira das opcións conta cun servizo de almorzo que se realizará na residencia de A Magdalena ata onde os nenos se trasladarán nun autobús que os recollerá nos seus respectivos fogares. Posteriormente, estes rapaces uniranse no Colexio de Monte Caxado, aos que entren un pouco máis tarde para o desenrolo das actividades lúdico-educativas que consistirán en xogos, deportes, actividades vinculadas coas artes plásticas e incluso algunha saída cultural.
O prezo destes talleres é de 40 euros ao mes polo primeiro fillo e xa 30 euros por seguinte fillo aínda que as familias numerosas contarán cunha reducción do 50% na súa cota, para o que será preciso presentar a acreditación correspondente á hora de formalizar a súa inscrición.
Inscricións
O prazo de presentación de solicitudes e da documentación para poder participar nestas actividades estará aberto ata o 14 de xuño debendo presentar os documentos necesariosno Rexistro Xeral do Concello, ubicado na pranta baixa da Casa Consistorial pontesa.
Debido ao limitado das prazas, estableceranse unha serie de criterios para a admisión dos pequenos, de ahí que terán preferencia os fillos dos pais e nais que deban traballar nesas datas e tamén os fillos das familias monoparentais onde a persoa responsable do pequeno deba traballar ou se atope realizando algún tipo de curso formativo.
Para a xustificación destas situacións será preciso facer entrega dunha fotocopia do Libro de Familia, certificados de empresa de conforme se está traballando e non en período de vacacións e fotocopia do último recibo de autónomos, no caso de que se traballe por conta propia; certificado da entidade que imparte a formación, se se está a asistir a un curso e, finalmente, unha declaración xurada no caso de que o pai ou nai se adique ao servizo doméstico.
No tocante ás 5 prazas para nenos con necesidades especiais será necesario presentar un informe das técnicas do departamento de Servizos Sociais da conveniencia de tomar parte neste tipo de actividades.

19/5/08

A Mesa pola Normalización Linguistica entregou o venres os premios do seu primeiro concurso escolar As boliqueiras.

A asociación pontesa pola defensa do idioma, trouxo ata a nosa vila á mestra chairega Pepa Baamonde, que comparou a época na que ela fora expedientada polo emprego do galego na escola, no 81, co momento actual.
A docente, xa xubilada, lamenta que agora que se dan as condicións para poder empregar o idioma propio, este estea a perder presenza, mentres que nos 80, en que estaba afastado dos colexios, era ben máis común o seu uso entre os escolantes.

A presentación do acto correu a cargo da actriz pontes aMercedes castro, que agradeceu a invitación, e fixo votos pola recuperación da língua entre os máis novos, dos que dixo que son o garante da súa supervivencia.
Foi Mercedes a encargada de dar a coñecer os traballos escollidos entre case un cento que foron os presentados.
No nivel A, de 6 a 12 anos, o terceiro premio foi para Alba Prieto Roi, o segundo para Cristina Moirón, e o primeiro para Sabela López.
Nos maiores, de entre 13 e 18 anos, a terceira quedou Ana Díaz, a segunda Rosalía Lopez, e o primeiro premio recaeu en Simón Cabeiro.
AUDIO SIMÓN CABALEIRO
O peche do acto tivo como protagonista á música, coa festa da charanga "Magnifique band des hommes sen medo"

As Xornadas de alcolismo organizadas un ano máis pola Asociación local Adiante volveron demostrar o seu poder de convocatoria esta fin de semana.

As Pontes convertíuse no punto de encontro de asociacións de alcólicos de España, e medio milleiro de congresistas chegados dende tódolos límites da xeografía estatal ateigaron o sábado e o domingo o auditorio da Casa Dopeso.
Este ano a participación local foi o máis sobranceiro, coa poñencias da psicóloga e a educadora social de Adiante, respectivamente Belén Pardo, e Noelia Rodríguez.
Tamén falaron a que foi a primeira psicóloga da asociación, Maite Lage, e o noso compañeiro Xose Cendán.
O domingo á mañá a cordenadora médica da unidade de conductas adictivas de Albacete, Mª Luis Celorrio falou dos novos patróns do consumo de alcohol.
Na inauguración e no peche, coincidiron o alcalde pontés, e o presidente de Adiante Jesús Fernández.
Valentín González agradeceu o traballo desta entidade e comprometeu o apoio da administración local para cun colectivo ó que dixo admirar polo seu valor.

Jesús Fernández, presidente de Adiante vivíu unha emotiva xornada de clausura logo de serlle imposta a insignia de ouro pola Federación de Asociacións de alcólicos de Castela- A Mancha.
O directivo chegou a verse abrumado por esta distinción que quixo compartir cos seus compañeiros de xunta.

Ramón García, director de área de Ferrol, da Consellería de sanidade, protagonizou unha clausura na que anunciou o impulso que para o traballo destas asociacións terá a inminente aprobación do Plan autonómico de drogas.

Nesta fin de semana incidíuse moito na responsabilidade da sociedade para poñer ó alcol no seu lugar, como unha lacra diante da que se deben aunar esforzos por parte das administracións, enfermos, e asociacións.
Lamnetouse a pervivencia dos tópicos que estigmatizan ós enfermos, e reivindicouse esepecialmente o papel dos profesionais, das agrupacións de afectados, e das familias, que deben colaborar estreitamente non só na atención, senón sobre todo na prevención.

16/5/08

AXENDA LETRAS GALEGAS

15/5/08

Mañá entregaranse os premios do concurso literario escolar convocado pola MNL de As Pontes, para conmemorar o Día das Letras.

A asemblea local da Mesa amosouse moi satisfeita da capacidade de convocatoria que tivo este I Certame As Boliqueiras, logo acadar a participación de case un cento de estudiantes do município, que ofreceron a súa visión do intre actual do idioma, e aportaron as súas ideas cara á súa recuperación.
O Mesón O Puxigo patrocinou esta primeira convocatoria, que contou tamén coa colaboura do Concello de As Pontes.
O concurso estivo aberto a nenos e nenas de entre 6 e 18 anos, residentes en As Pontes, que ofreceron a súa opinión sobre a perda do emprego do idioma galego entre a mocidade, e buscan aportar posibles solucións.
Os premios irán dende os 200 € para o traballos escollidos en primeiro lugar, ós 100 do segundo e terceiro na categoría ata 13 anos.
Os participantes entre 13 e 18 anos poderán facerse con 300 euros se o seu traballo é considerado o mellor, e 200 e 100 para segundo e terceiro.
Mañá venres ás oito da tarde daranse a coñecer os galardoados, e procederase á entrega dos premios no Auditorio Municipal, nun acto que contará cunha invitada de excepción, a profesora Pepa Baamonde. Esta mestra vilalbesa, xa xubilada, é a memoria viva dos tempos de represión do galego nas escolas. E non hai que irse moi lonxe no tempo, porque Pepa Baamonde foi unha das primeiras docentes en empregar o galego no ensino, o que lle acarreou ser expedientada no 1981, cando exercía en Rois.
Da presentación do acto encargarase a actriz da nosa vila Mercedes castro, que actualmente trunfa na TVG na serie Padre Casares.
Para pechar actuará a charanga "Magnifique band des hommes sans medo", que logo realizará un pasarrúas polas vilas do pobo.
Os responsables da Mesa de As Pontes teñen feito tamén un chamamento a acudir á manifestación do vindeiro domingo en Santiago, baixo o lema "Polo dereito a vivirmos en galego".

ARTEIXO TELECOM AFRONTA UNHA ETAPA DE EXPANSIÓN

A empresa radicada en As Pontes, Arteixo Telecom, afrontará unha etapa de expansión na nosa vila, logo de ter completado o proceso de compra da maioría do accionariado polos seus actuais directivos.
A empresa adicada ás novas tecnoloxías, que ten a súa nave no polígono de Penapurreira, tiña entre as súas previsións a ampliación destas instalacións, nembargantes esta actuación agardou á reestructuración no accionariado.
Coa compra das accións que tiña Xesgalicia, unha sociedade de capital de risco da Xunta, o actual grupo directivo ten xa o 51 % das accións de Arteixo Telecom. O resto repártese nun 20 % en poder da multinacional francesa Alcatel, e o 29 % que amntén a sociedade mercantil da familia García campos, que foran dos fundadores do primeiro Arteixo Telecom.
A ampliación da factoría pontesa suporá a aconstrucción duns novos almacéns, independentes das prantas de traballo. Estamos a falar de máis de 1.000 etros cadrados, o que permitiría liberar espazo na nave actual, e aumentar así as liñas de produción, á vista da boa saida que están a ter os productos que parten da empresa pontesa. As obras suporán confirmar aumentar a superfície ata os 6.000 metros cadrados.
Os números avalan este bo intre de Arteixo Telecom, que incrementou no último ano a súa facturación nun 25 %.
Confíramse así o áxito dunha operación que trouxera a esta empresa dende o polígono de Arteixo, para absorver a unha Italtel que pechaba as súas portas.
Con ela trouxera 135 traballadores, que sumar ós 35 que xa había en As Pontes, e hoxendía conta con máis de 200 operarios.

O colectivo Abeiro levará mañá ao Alovi unha nova edición do programa de prevención Cine ensino

Un puente hacia Terabithia foi a longametraxe escollida para dar a entender aos rapaces a necesidade de socializarse e non caer na droga


A asociación pontesa Abeiro, que traballa na axuda ao drogodependente, en colaboura co Concello de As Pontes e coa financiación da Subdirección Xeral de Sáude Mental e Drogodependencias está a organizar, para a xornada de mañá, unha nova edición do programa de prevención de drogodependencias Cineensino, no que tamén colabora o colectivo Estinga.
Nesta ocasión, os alumnos e alumnas de 1º e 2º curso da E.S.O dos diferentes centros escolares ponteses serán os principais destinatarios desta iniciativa que se desenvolverá no auditorio municipal Alovi ás 11.00 horas.
A película escollida para a edición 2007-2008 deste programa de prevención foi Un puente hacia Terabithia, un filme estadounidense de 2007, baseado na novela homónima de Katherine Paterson de 1977, na que se narra a historia dun grupo de rapaces que crendo que levan unha vida normal, atopan o xeito de acceder a un universo paralelo e descoñecido onde a maxia é a que marca as regras.
En resumo, unha forma de facer reflexionar aos rapaces entre as diferencias entre a fantasía e a realidade, percatándose da necesidade de previr unha conducta antisocial que os pode levar ao consumo de substancias.
Segundo os estudos realizados xa en edicións anteriores deste programa de prevención, os mozos e mozas con máis problemas de conducta nas súas relacións cos demáis son claros expoñentes de actitudes coma a indisciplina, o acoso, a violencia, o consumo de drogas ou a despreocupación pola actividade académica.
Esta é a terceira ocasión que Cineensino chega aos alumnos dos centros escolares de As Pontes, iniciativa que, ano tras ano, colleita unha boa acollida entre os rapaces e os seus propios mestres.

Máma Cabra e varias curtametraxes galegas protagonistas da axenda cultural pontesa para a fin de semana

Un recital músico-poético e a entrega do primeiro premio As Boliqueiras completan a oferta de ocio preparada pola concellería de Cultura


Unha semana máis o departamento de Cultura elaborou un amplo programa de ocio e actividades para os próximos días, moitos deles vinculados coa celebración, o vindeiro sábado, do Día das Letras Galegas.
Así as cousas, o venres será posible acudir ao I Certame Literario Letras Galegas “As Boliqueiras”, organizado pola Mesa de Normalización Lingüística e que propoñía aos rapaces e rapazas pontesas un concurso de redacción co tema do desuso e a perda do idioma galego entre as novas xeracións e posibles alternativas para o cambio desta situación.
Case noventa traballos tomaron parte neste certame cuio resultado se desvelará na tarde do venres, ás 20.00 horas, no Auditorio Municipal Alovi. Previamente, a Magnifique Band del Hommes Sans Medo amenizará a tarde cun pasacalles.
A xornada do sábado dará comezo co concerto do grupo folc galego Mamá Cabra que, dende ás 12.00 horas, ofrecerá no auditorio pontés un recital adicado a pais e nenos e que será totalmente gratuíto.
Xa para a tarde teremos de novo música pero coa compaña dos versos do Grupo Poético Alalá que, dende as 17.00 horas, dará lectura a algúns dos seus textos na compaña da Rondalla Vila de As Pontes.
O Liceo Recreativo e Artístico acollerá esta cita que tamén está aberta a todo aquel que queira tomar parte nela.
Finalmente, o programa cultural destes días complétase coa proxección de tres curtametraxes galegas adicadas a dúas temáticas tan dispares como son a emigración e a memoria.
Así as cousas, o sábado ás 20.00 horas e ás 22.00, será posible desfrutar gratuitamente de Vilaboa, mirando á Meca; Mundo Bazar e Cabo Verde, Sabi, no Alovi.
A primeira destas propostas, de 11 minutos de duración e dirixida por Álvaro Gafo, da conta dunha historia acontecida hai poucos mese no concello pontevedrés de Vilaboa, onde o colectivo magrebí da zona solicitou a creación dun centro para realizar as súas cerimonias relixiosas, o que deu lugar ao descontento e enfado de moitos dos seus veciños.
Cabo Verde, Sabi é obra do director Manuel Maseda. Esta produción reflicte a xira de concertos por Cabo Verde do grupo tradicional africano Batuko Tabanka que nos amosa, a través das súas actuacións, o mundo e a sociedade na que se criaron.
A xornada cinematográfica do sábado pon o seu peche con Mundo Bazar, da pontesa Sabela Pernas, no que o principal personaxe é Antonio, un inmigrante chino propietario dun bazar e que relata, xunto coa súa familia, o seu día a día e as experiencias vividas dende a súa chegada a Galicia.
Xa para o domingo, a música será a protagonista co documental Os Satélites. Unha orquestras de lenda, que se proxectará ás 19.00 horas de forma gratuíta tamén no Alovi.
O televisivo Paco Lodeiro dirixe este repaso á historia dunha das formacións musicais máis emblemáticas de Galicia, dende os seus comezos en 1939 ata a actualidade.
Asemade, ao longo da fin de semana tamén será posible visitar a mostra II Premio Internacional de Artes Gráficas Jesús Núñez, que permanece exposta no Mercado Vello, en horario de 12.00 a 14.00 horas os sábados e xa por semana, de martes a venres, entre as 19.00 e 20.30 horas.

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA INICIA O PRAZO PARA PODER ANOTARSE NOS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2008

A Deputación da Coruña ben de abrir o prazo de inscrición para que os nenos e nenas coruñeses que así o desexen tomen parte, este verán, nos Campamentos Deportivos 2008. Esta iniciativa permitirá que case 800 rapaces, de entre 9 e 13 anos, desfruten de sete días de actividades deportivas coma o golf, o voleypraia, o tenis ou a vela de cruceiro no colexio Calvo Sotelo da Coruña, e nos seus arredores.

Estas actividades desenvolveranse en diferentes quendas e no caso de As Pontes, os nenos e nenas ponteses poderán participar nestes campamentos entre os días 20 e 26 de xullo, na compaña de rapaces doutros 23 concelllos da provincia como Ortigueira, Fene, Cariño, A Capela, Cabanas ou Pontedeume.

Así as cousas, os rapaces que desexen tomar parte nesta iniciativa deberanse ir anotando xa no concello ata o 19 de xuño, presentando a ficha de inscrición que se pode obter na dirección www.dicoruna.es/cultura/campamentos, unha foto de carné, fotocopia do documento de asistencia sanitaria, fotocopia do libro de familia ou carné de identidade, copia de aboamento da cota de inscrición unha vez se confirme a praza por parte do concello, e un xustificante médico no caso de que o neno teña algún tipo de doenza ou precise seguir un tratamento específico.

No caso de que se presenten máis solicitudes que prazas asignadas pola Deputación realizarase un sorteo diante do secretario do concello para adxudicar o reparto das prazas definitivas.

O prezo de inscrición é de 85 euros e inclue aloxamento, manutención , transporte de ida e volta dende o concello e ata A Coruña ademáis de actividades, entre as que cabe salientar visitas de carácter cultural a diferentes museos científicos coruñeses ou á Torre de Hercules.

Os interesados en obter máis información poden consultar a páxina da deputación provincial a través da dirección electrónica www.dicoruna.es/cultura/campamentos ou ben no teléfono do gabinete de Deportes o 981 080 327.

14/5/08

Francisco Rodríguez ofreceu unha conferencia nun acto celebrado no Lar

O catedrático Francisco Rodríguez ofreceu onte unha conferencia no Lar nun acto que foi organizado poal asemblea local do BNG
O ferrolán, coñecido fundamentalmente polo seu papel nas últimas lexislaturas como Deputado no Parlamento estatal, é Doutor en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago.
Ata a excedencia polo seu labor na política, viña exercendo como catedrático de lingua e literatura española en Ferrol.
Francisco Rodríguez é autor dunha ampla serie de investigacións, ensaios e estudios de índole lingüística,
Entre outros moitos traballos sociolingüisticos podemos salientar: Conflicto lingüistico e ideoloxía en Galicia, do 1976, ou Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro, do 88 e Eduardo Blanco Amor, O desacougo da nación negada, publicado no 94.
Francisco Rodríguez falou das eivas que ainda ten o noso idioma para estar normalizado no uso común neste país, e fíxoo seguindo o fío conductor dunha conferencia que titulara "A dificultade de vivirmos en galego".

Frnacisco Rodríguez aproveitou tamén a ocasión para defender o sentido revindicativo que ten hoxendía apostar polo galego, e pedíu un esforzo na súa defensa nun intre no que está a sufrir moitos ataques. Fixo mesmo un chamamento a apoiar a manifestación do domingo en Santiago, que convocou a MNL en defensa da língua. Recordou que ás dez da mañá sairá un autobús do local do BNG. A manifestación saira as doce da alameda santiaguesa.

13/5/08

As Pontes vai contar cun representante na executiva nacional do PSdeG PSOE, logo da reunión deste organismo a fin de semana.

O actual alcalde pontés, Valentín González, foi un dos escollidos para formar parte da nova dirección, na renovación desta.
Dous dos políticos máis xoves que entraron son ponteses, pois ó primeiro edil pontés hai que engadir ó actual alcalde de fene, que tamén é natural de As pontes, Iván Puentes.
A nova directiva da executiva, e do comité nacional estrearanse na preparación do congreso do partido para o vinediro mes de xullo.
Está prevista que sexa a fins dese mes cando se celebre o XI congreso socialista galego, que será o primeiro dende hai xa vinte anos, en que teñen responsabilidades de goberno na Xunta.
Agora a agrupación local socialista deberá escoller ós seus delegados, e propoñer as poñencias que estimen.
A selección dos enviados pola agrupación pontesa debe estar feita para o arranque de xuño.

I Certame As Boliqueiras entregara os seus galardóns o vindeiro venres

A asemblea local de As Pontes da Mesa pola Normalización Lingúística tomou o testemuño dos concursos literarios con motivo do Día das Letras, e organizou un concurso escolar que terá a súa resolución este venres.
O grupo pontés da Mesa convocou o I Certame As Boliqueiras, que acadou a participación de case un cento de estudiantes do município, que ofreceron a súa visión do intre actual do idioma, e aportaron as súas ideas cara á súa recuperación.
O Mesón O Puxigo patrocinou esta primeira conocatoria, que contou tamén coa colaboura do Concello de As Pontes.
O concurso estaba aberto a nenos e nenas de entre 6 e 18 anos, residentes en As Pontes, que ofreceron a súa opinión sobre a perda do emprego do idioma galego entre a mocidade, e buscan aportar posibles solucións.
Os premios irán dende os 200 € para o traballos escollido en primeiro lugar, ós 100 do segundo e terceiro na categoría ata 13 anos.
Os participantes entre 13 e 18 anos poderán facerse con 300 euros se o seu traballo é considerado o mellor, e 200 e 100 para segundo e terceiro.
O venres ás oito da tarde farase a entrega de premios no Auditorio Municipal, nun acto que contará coa intervención de Pepa Baamonde. Esta mestra santiaguesa, xa xubilada, foi unha das primeiras docentes en empregar o galego no ensino, e que fora expedientada no 1981 en Rois, pola defensa da educación en galego.
A presentación correrá a cargo da actriz local Mercedes castro, que actualmente trunfa na TVG na serie Padre Casares.
Para pechar actuará a charanga "Magnifique band des hommes sans medo, que logo realizará un pasarrúas polas vilas do pobo.
Os responsables da Mesa de As Pontes fan tamén un chamamento a acudir á manifestación do vindeiro domingo en Santiago, baixo o lema "Polo dereito a vivirmos en galego".

12/5/08

Festa abelleira


A agrupación do EUME da Asociación Galega do mel ven de cumprir 10 anos.
AGA Eume celebraba a súa primeira década esta fin de semana cun denso programa de actividades.
Festa abelleira foi o título xenérico dunhas xornadas que tiveron como epicentro a Casa do mel, unha instalación xa de referencia na paicultura xa non só galega, senón estatal.
Houbo poñencias moi prácticas, como a de Gonzalo Calvo, veterinario da Asociación, que falou sobre un tema de moito interese para os criadores. Nun intre de moita mortandade, e no que non acaban de estar claros os motivos, ofreceunha interesante e participativa conferencia sobre as enfermidades máis comúns que afectan ás colmeas.
O presidente de AGA Eume, Manuel Ferreira compartíu unha charla co directivo Julio López , na que fixeron un repaso do moito feito nestes dez anos, destacando o pulo que supuxo contar coa Casa do mel dende o 2.003, que exerce un papel de museo temático, e cada ano aumenta o número de visitantes.
Ó anunciar os proxectos futuros, lembraron xa o máis inmediato, que será un curso de iniciación e perfeccionamento de apicultura.
Desenvolverase o mes que ven, e en xullo, e para inscribirse hai que poñerse en contacto xa coa asociación.
A outra poñencia foi para o secretario de AGA, Xesúa Asorey, que falou dunha experencia pouco coñecida como é a arxentina, e o potencial que alí ten a apicultura, con métodos moitas veces semellantes.
Houbo tempo tamén para os obradoiros, nos que se amosou como traballar, non só coa cera, coa avezado Jesús Pico, senón tamén co pole, en aplicacións novidosas coma xeles ou champús.
Por último, canto ás expsoicións, houbo lugar para fotografías e vídeos de actividade e viaxes da Asociación.
Non faltou tampouco a tradicional comida de confraternidade, na que o mel tivo un lugar destacado na carta.

NOVOS RITMOS NO LAR

Na noite do venres, a música folck deixou o seu lugar os ritmos pop-rock no escenario do Lar, onde as tradicionais foliadas semella que poden convivir con outra oferta musical neste espazo.
Dende a directiva da asociación do Grupo de empresa Endesa, promoveuse un concerto que se confía en que teña continuidade.
Este venres a aposta comezou cos grupos The Sweat e Los Tigres del cañotas.
Os primeiros foron The Sweat, un quinteto de Fene que fai un funk-rock en inglés no que hai que salientar unha espectacular posta en escea.
Esta banda, que comezou con versións, das que tamén deu unha boa mostra nesta cita, con moitas referencias Jimmy Hendrix ou James Brown, actualmente decantouse xa claramente cara ó funk.
Logo subiron os Tigres del cañotas, unha formación ortegana xa máis rodada, con dous discos no seu haber, e que solprenderon cun rock absolutamente irrevrente.
Anque era previsible a aposta pola música que esles denominan cachonda, facendo honra ó seu album, rock machito, a verdade é que se premitiron licencias con ritmos mesmo de country, jazz, ou mesmo salsa.
O cuarteto ortegano meteuse ó público no peto cunha forza no directo acompañada por contínuas invitacións á participiación dos asitentes.
Ó final desenvolveuse tamén unha jam session, que se espera sexa sempre o remate deste tipo de iniciativas, se o público segue a respostar á súa organización.

OBRADOIRO NOVAS TECNOLOXIAS APLICADAS Á MÚSICA

Está aberto o prazo para inscribirse no obradoiro de novas tecnoloxías aplicadas á música, que organizan conxuntamente o Conservatorio de música, e a ANPA deste centro, O Eume
As prazas están limitadas a tan só quince, e a idade mínima para participar é de doce anos.
O curso desenvolverase en forma de obradoiro intensivo dunha semana de duración a celebrar durante a 1º quincena de xullo, e estímase nunhas entre dez quince horas. Canto ó prezo esta actividade formativa ten un custo de 60 euros, agás para os socios da ANPA organizadora que será de 20.
As preinscricións recollerasne por orde na secretaría do conservatorio, e unha vez rematado o prazo, que se pecha o 22 de amio comunicarse ós admitidos.
Os contidos inclúen a formación en hardware básico, e en eidos coma o ordenador, a tarxeta, o cableado, ou o teclado MIDI.
Tamén o manexo básico de secuenciadores, e traballarase nos arquivos MIDI, no tocante a concepto, creación, e arranxos, e nos arquivos de audio, conceptos básicos de gravación, arranxos e edición básica de partituras.
O obradoiro concíbese como eminentemente práctico, polo que o alumno/a traballará directamente sobre un tema ou temas da súa elección baixo a supervisión do profesor.
E unha vez superada a formación, o alumno será capaz de crear e editar unha sinxela base musical para tocar ou cantar sobre ela e de gravar un tema musical, todo iso cun PC ou Mac na súa propia casa.
.

11/5/08

Traballo concede ao Concello de As Pontes 220.000 euros para a creación do Plan Experimental de Emprego



A Consellería de Traballo concederá unha partida de 220.000 euros ao Concello de As Pontes, para que éste poña en marcha un novo Plan Experimental de Emprego, dirixido á recolocación dos operarios das firmas auxiliares que, ata o pasado ano, estaban a traballar no xacemento de lignito pontés.

Así o anunciaron hoxe dende a Concellería de Promoción Industrial. O seu responsable, Óscar García, subliñou que este plano de choque contará con estes fondos da Xunta de Galicia para o ano vixente.

O edil explicou que a primeira das actuacións que se levarán a cabo será a creación dunha oficina, que contará cun coordinador e dous técnicos de emprego, e que servirá como enlace entre os traballadores e as empresas do municipio. Así as cousas, estas novas dependencias, que se porán en marcha en breve, xestionarán as ofertas de emprego das distintas firmas poñendo á súa disposición aos traballadores mellor cualificados para o posto ofertado.

Tamén está previsto que se impartan cursos de formación co fin de introducir aos operarios en novos campos, creando “traballadores á carta”, adaptados ás esixencias laborais, tanto das empresas xa ubicadas no municipio como das que nun futuro decidan instalarse en As Pontes.

Tal e como aclarou o concelleiro pontés, “é preciso continuar a traballar en iniciativas deste tipo para impulsar o emprego no municipio e dar solución a unha situación laboral complicada como é a que viven os operarios que tiveron que abandoar o seu traballo co peche do xacemento de Endesa”.

Óscar García non dubidou á hora de amosar a súa satisfacción e gratitude coa Consellería de Traballo e co seu principal responsable, que, tal e como subliñou o edil, “cumpre unha vez máis con As Pontes” facendo real unha iniciativa coa que xa se comprometía Ricardo Varela en setembro de 2007, ao longo dunha visita ao concello.

9/5/08

PLENO ORDINARIO 9 DE MAIO

O Concello da luz verde ao acordo con Endesa para a cesión dos terreos que ocupará a estación depuradora
• O proxecto contou co apoio dos socialistas e do Partido Popular mentras que o BNG decidiu posicionarse na contra da iniciativa


O concello en pleno aprobou hoxe, cos votos en contra do BNG, o convenio de cesión de terreos ao concello por parte de Endesa para a instalación da futura estación depuradora de augas residuais (EDAR).

Este acordo inclúe a cesión de case dúas hectáreas de terreo con dous decantadores pertencentes á planta de tratamento TEL coa que conta a firma eléctrica no municipio.

O proxecto foi calificado polo equipo de goberno, como “unha iniciativa moi necesaria para o concello pontés” e “á que non se lle poden poñer pegas” ante a súa importancia e magnitude.

O executivo municipal tachou de irresponsable a actitude demostrada dende o BNG ao non apoiar este proxecto, similar ao que en anos anteriores defendía precisamente a agrupación nacionalista. Asemade, a súa voceira, Montserrat García, recalcou a necesidade de poñer en marcha este proceso por riba das ideoloxías e conviccións políticas, en prol do futuro e de que os ponteses de hoxe e os de mañá poidan presumir dun río Eume limpo.

Entretanto, dende as filas nacionalistas aseguraron non apoiar este acordo porque aínda non recibiron resposta ás alegacións presentadas sobre este proxecto. Asemade, os nacionalistas tamén aseguraron que se trata dun acordo malo economicamente para o municipio xa que os gastos que xerarán procesos coma a recollida de material e tubaxes serán asumidos polo concello e non por Endesa.

Nembargantes, e tal e como aclararon dende o goberno municipal, estes argumentos non teñen nada que ver coa realidade xa que no seu día se remitiu a Augas de Galicia as respostas pertinentes ás citadas alegacións, polo que agora é asunto deste organismo facelas chegar aos seus remitentes, subliñando tamén que será a Consellería de Medio Ambiente a que asuma tódolos gastos da posta en marcha da depuradora polo que ás arcas municipais non lles suporá ningún tipo de desembolso económico.

Finalmente, e co apoio do Partido Popular este acordo recibía luz verde nunha sesión plenaria ordinaria que se prolongou ao longo de máis de dúas horas.

Mocións

No capítulo adicado ás mocións tres foron as propostas presentadas pola oposición, todas elas dende o BNG.

Así as cousas, o concello en pleno deu o seu visto bo ao estudo e creación dun regulamento en relación á celebración das sesións plenarias no caso de que se trata dunha data festiva.

Asemade, tamén contou coa aprobación da corporación municipal a proposta do BNG para reformar na medida do posible as normas urbanísticas existentes e que, deste xeito, os empresarios dos sectores 1 e 2 do polígono empresarial dos Aríos conten cos mesmos dereitos urbanísticos, xa que as diferencias de lexislación vixente nos períodos nos que se puxeron en marcha as dúas fases deron lugar á desigualdade de condicións.

O que non contou co visto bo do pleno foi a moción, tamén do BNG, en relación aos traballos e futuros usos cos que contará o lago artificial. Neste senso, o equipo de goberno optou por non apoiar esta iniciativa xa que, malia estar dacordo con moitos dos termos incluídos na proposta, xa hai iniciativas que se están levando a cabo, como a creación dun grupo de expertos que se encarguen do desenvolvemento e explotación deste espazo natural, unha vez se atope rematado.

A mostra II Premio Internacional Jesús Núñez aterra no concello pontés da man da Deputación da Coruña

A deputada provincial e tamén concelleira pontesa, Montserrat García, inaugurou na tarde de onte a mostra II Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez, patrocinada pola Deputación de A Coruña, e que se pode xa visitar na sala do Mercado Vello.
Esta exposición está formada por unha trintena dos traballos escollidos entre os presentados o pasado ano a este certame, tamén promovido pola Deputación provincial, co fin de apoiar e fomentar a creación artística, rendindo tamén homenaxe á traxectoria do artista brigantino Jesús Núñez.
Trátase dunha das mostras itinerantes más importantes coas que conta o goberno provincial e que percorrerá varios concellos da provincia sendo As Pontes a súa primeira parada. Precisamente, en relación a este tema o alcalde Valentín González Formoso, tamén presente neste acto, subliñou e agradeceu especialmente a deferencia da Deputación da Coruña con As Pontes, pola selección deste municipio como punto de partida desta mostra.
Técnicas tan dispares coma a xilografía, a litografía ou a calcografía reúnense nesta mostra onde o principal protagonismo é para os tres traballos que resultaron premiados neste certame.
Así as cousas, nesta colección podemos atopar a obra Scratch!! do italiano Arístide Stornelli, unha serigrafía onde prima a cor branca para tratar de plasmar un muro no que se mesturan letras, frases e mensaxes con pequenos debuxos onde existe unha desorde incluso harmónica.
A madrileña Miriam Cantera e a súa litografía Al Borde e a arxentina Marina Rothberg coa súa creación Sólo Base, onde se mesturan diversas técnicas, completan o plantel de gañadores, xunto con outras 27 obras dos finalistas desta convocatoria, na que tomaron parte case douscentos artistas de 26 países distintos.
Valeria Castellet, Eva Poyato, Veronique Laurent Denieuil e Luís Filipe Folgado son algúns dos nomes dos artistas tamén incluídos nesta mostra que se poderá visitar ata o vindeiro día 25 na sala de exposicións pontesa.
A exposición permanecerá aberta de martes a venres entre as 19.00 e 20.30 horas e os sábados entre as 12.00 e 14.00 horas.

TRIATHLON E PIRAGUISMO

Pasadomañá dispútase o campionato de Europa de triathlon, en Lisboa, e nel temos a un pontés, Javier Pérez, que compite coas cores do clube Triathlon Ferrol.
O domingo, na capital portuguesa deberá cubrir unha distancia olímpica, que supón empezar con 1.500 metros a nado, facer logo 40 kms na bici, e 10 kilómetros finais de carreira.
Javichín afronta nun bo intre a proba, pero mermado pola falla de competicións nesta modalidade, que o levou nas últimas semanas a ter que competir en probas de duathlon.

O piragüista do Grupo xuvenil Serafin Fontao ven de ser seleccionado pola Selección Española de Kaiak Polo en categortía absoluta para acudir esta fin de semana á 37ª Internationalen Deutschland Cup en Essen (Alemania).
O alemán é un dos Torneos máis importantes de Europa coa participación de 99 equipos e seleccións estatais de ata 14 paises distintos.
Esta convocatoria abre serias opcións ó pontés de volver a un mundial, logo de terse retirado voluntariamente do combinado estatal, e volver ser reclamado polos técnicos á vista do seu rendemento co equipo de As pontes, que está a pelexar pola liga española absoluta desta modalidade deportiva.
O campeonato de Essse servirá precisamente á selección española, de preparación de cara ó Campionato do Mundo que se celebrará este mesmo

AXENDA FIN DE SEMANA



PREME NA IMAXE PARA AUMENTALA



FUTBOL PARA TODOS

O deporte escolar, e concretamente o futbol sala, é o protagonista deportivo desta fin de semana, coa disputa do VIII Marathon de futbol sala que organiza un ano máis a cordenadora de ANPAS Abrente.
Empeza xa esta tarde, e desenvolverase nos tres días da fin de semana, venres, sábado e domingo, e empregando dous pavillóns, o municipal, e o de Monte Caxado.
As finais disputaranse xa na trade do domingo, estando prevista a entrega de trofeos para as seis da tarde.

Tamén imos ter futbol, coa que pode ser a despedida por esta tempada do C. D. As pontes como local.
Enfróntanse ó Noia mañá ás seis da tarde, nun partido no que os rivais xa non se xogan nada. Os de Noia son décimos, en grande parte grazas ó seu rendemento como visitantes, que lles permitíu sumar case a metade dos puntos cando xogaban fóra do seu estadio.
Os visitantes mañá teñen gañado xa en sete saidas, polo que seguramente serán un rival complicado para un cadro pontés que é cuarto, cun punto de avantaxe sobre o Castro.
Ainda poden aspirar os de Amil a xogar un play-off de repesca para un improbable ascenso, e esta circunstancia é a única que mantén a relevancia do choque.
De calquera xeito, para os afeccionados si ten moito interese ver a un equipo que pode ser un adianto do que poda ser a escadra azul o vindeiro ano.
Dende a fin da liga de xuvenís, os máis novos están a ter moito protagonismo no primeiro equipo, e logo de dúas saidas consecutivas, nas que foron do máis sobranceiro, será unha boa ocasión de ver como resposta esa nova fornada de futbolistas chamados a coller as rendas do As Pontes.
De calquera xeito, métase ou non no play-off, os afeccionados do As Pontes poderán volver ver ós seus este ano nun novo choque, pois para o día 24 está prevista a disputa dun Trofeo de homenaxe ó que fora presidente do C. D. Endesa, Constantino Parajón, cun partido contra unha selección galega.
Para mañá

Os xuvenís van a Neda, para rematar a súa participación na Copa, pois a derrota da pasada semana co Caranza deixounos xa sen opcións de seguir nesta competición. Van xogar ás cinco e media en Neda.

Os cadetes están na situación contraria. Son primeiros, imbatidos no seu grupo, e xogan co colista, o San Pedro, ás sete e media esta mesma tarde.

Os infantís xogan mañá ás 11 na casa, co Portuarios. Tampouco teñen xa opcións de meterse na seguinte fase, pero buscarán ser os primeiros capaces de derrotar ós ferroláns, que lideran o grupo con sete victorias noutros tantos encontros.

En alevíns temos ós A xogando co Caranza B, tamén mañá ás 11, e no Poboado. E coa posibiliade de asegurarse o segundo posto do grupo se gañan.
Os B xogaban onte en Caranza, no grupo 1 e caeron por un contundente 6-0.

E xa por último, os prebenxamíns, xogan só os A contra o Perlío B. Mañá ás 12 no poboado. Partido desequilibrado, cun equipo de fene que vai último, sen puntuar, e un As pontes, que aspira ó liderado, a un punto do Racing.


E volvemos ó futbol para pechar, coa última xornada da liga de veteráns, que se disputa este domingo con todo xa decidido. Co Santaballa como campión de novo, pouco queda xa por dilucidar na competición de futbol-7.
En xogo está a segunda praza, que ocuparán C. Guerreiro, ou A cepa, e a cuarta, con Las Torres, e Frutas Luis Euro, como candidatos.
Os partidos deste domingo correspóndense coa xornada 7, que fora aprazada, e abrirana ás dez o Santaballa e o A Cepa. Ás 11 xogan Grupo Cuiña e Bar Las Torres. Ás 12 xogan Roupar e Mobles Eume. E á 1 xógase xa o Construccións Guerreiro - Euro/Frutas Luis.
A semana que ven empezará xa a Copa.

PARA FIN DE MES COMEZA A FUNCIONAR A CENTRAL DE CICLO CONBINADO

O director da central de ciclo combinado de Endesa en As Pontes, afirmaba onte que se vai cumprir a previsión de entrada en funcionamento para denantes da fin deste mes de maio.
No decurso dunha conferencia no Departamento de enxeñería do Campus universitario de ferrol, Javier Granja confirmaba que están a rematar xa coa última fase das probas, coa avaliación dos sistemas de alimentación por gasoil, circunstancia á que só se recorrería en casos puntuais de carencia de suministro de gas, ou calquera outra emerxencia que puidera presentarse.
A nova alternativa enerxética pola que apostou a eléctrica ten acadado xa a certificación do seu funcionamento a pleno rendemento e xa deixou atrás tamén a proba das cen horas de funcioanmento, polo que a súa entrada en funcionamento comercial non se vai retrasar.
Esta central estará así lista nalgo menos de 3 anos dende que comezaran as obras, que fixeron precisa unha inversión de perto de 400 millóns de euros.
Anque a comparecencia do mediodía de onte do director da nova central foi esesncialmente técnica, pensando nos alumnos que acudiron ó acto, si se ofreceron outros datos interesantes para a poboación pontesa, como a vía que queda aberta para unha nova pranta.
A efeiceincia que teñen demostrado as centrais de ciclo combinando, e a enor inversión que precisan apara a producción fai que se prevea a súa potenciación nun futuro inmediato.
E Endesa, anque ainda non ten previsións a curto prazo para novas inversións neste terreo, deseñou o espazo deixando aberta a posibilidade de duplicar a capacidade con outra central que podería acadar tamén os mesmos 800 megavatios.

8/5/08

A Asociación de estudos históricos organiza unhas xornadas de conmemoración das letras galegas

A Asociación de estudos históricos organiza unhas xornadas de conmemoración das letras galegas, a traverso de dúas conferencias, previstas para esta tarde, e dentro dunha semana.
O protagonista da charla de hoxe será Narciso Luaces Pardo, que disertará sobre “O carro”. Falará da historia e presenza na cultura galega deste elemento primordial na vida rural do país.
O ortegán Narciso Luaces naceu hai xa case 80 anos, no lugar de Meixido, pertencente á parroquia do concello d eOrtigueira San Paio dos FreiresDe neno combinou a asistencia á escola coa axuda á familia nos traballos agrícolas, mais dende os quince anos adicouse plenamente á que foi a súa profesión: labrego. Con menos de vinte anos pasou a desempeñar un labor activo nas “Sociedades Agrarias” continuando un compromiso colectivo que xa caracterizara aos seus devanceiros.
De formación autodidacta, o autor de O carreiro. Memorias do tío Santos é colaborador do semanario La Voz de Ortigueira así como doutras publicacións relacionadas coa comarca ortigueiresa. Ademais de ser un dos fundadores das Edicións Paporroibo, este home altruista participa activamente noutras asociacións culturais. A súa disposición desinteresada foi tamén aproveitada polos centros de ensino, nos que participou en xornadas de divulgación da apicultura.
Dende 1999 mantén aberto ao público o Museo Etnográfico de Meixido, que reúne centenares de pezas por el mesmo recollidas, restauradas e catalogadas.

A vindeira semana adiántase ó xoves día 15 a poñencia de Emilio Xosé Ínsua López, que falará do centenario da Real
Academia Galega”.
Emilio Xosé Ínsua é doutor en Filoloxía Galego-Portuguesa e profesor de Língua e Literatura no IES “A Basella”, de Vilanova de Arousa. Forma parte do consello de redacción da revista Cerna, editada por ADEGA. Foi socio fundador e membro da Comisión Permanente da “Mesa pola Normalización Lingüística” (2001-2002) e co-redactor do Catálogo de Cruces e cruceiros da Terra de Viveiro, elaborado polo “Seminario de Estudos da Terra de Viveiro”, entidade da que é membro fundador e directivo.
Colabora con relativa frecuencia cos semanarios Heraldo de Viveiro, La Voz de Ortigueira e A Nosa Terra. Como poeta, ademais de colaborar en diversos volumes colectivos e de participar en numerosos recitais por toda Galicia, publicou o libro Devalar das esperas (Espiral Maior, 1995).
É coautor da monografía Literatura Galega. Século XX (Ed. A Nosa Terra, 2001). No ano 2002 preparou e introduciu a edición de dúas pezas de Antón Villar Ponte para a “Biblioteca 120” do xornal La Voz de Galicia: A patria do labrego e Almas mortas. Tamen neste ano e xunto a Carlos Nuevo Cal, gañou a 17ª edición do premio “Ánxel Fole”, convocado polo diario lugués El Progreso e a Fundación Caixa Galicia, por un traballo titulado O primeiro Antón Villar Ponte. Achegamento ao período de formación do fundador das Irmandades da Fala (1881-1908).
En ámbolos dous casos a cita é ás oito da tarde.

O BNG pregunta no Parlamento galego, pola supresión de varios servizos de transporte público por estrada

O BNG ven de interesarse no Parlamento galego, pola supresión de varios servizos de transporte público por estrada con As Pontes como parada.
Entre estas supresións está a saida diaria do bus a Madrid, que xa só se mantiña os venres, e agora quedou tamén suspendido polo que só queda unha saida nouturna.
Outro precedente tiveramolo coa perda das conexións en liña regular coa Coruña os doimingos.
Agora sumáronse o traxecto entre a nosa vila e a herculina dos sábados ás oito da mañá, e de A Coruña a As Pontes á unha e media do mediodía.
Os sábados tamén se perdeu a opción de partir da estación de As Pontes con destino aFferrol, ás nove, e ás tres menos cuarto, e os regresos ás cinco e sete da tarde. E con Lugo non se pode comunicar por bus tampouco os sábados, coas saidas das 8 e media da mañá, e das 8 da tarde. Nin cos regresos dende a cidade amurallada, das sete e media e unha do mediodía.
E canto a Santiago, quedamos tamén sen a liña As Pontes -Santiago das oito da mañá dos sábados.
O Deputado no Parlamento autonómico, Fernando Blanco, preguntou á Consellería de Política Territorial pola valoración que fai da perda destes servizos de transporte colectivo, e máis nun intre no que as Administracións din apostar polo fomento do transporte público.
Entende que se debrían dar facilidades para que os cidadáns podan recorrer ó transporte colectivo, que non conta actualmente cunha cobertura real e efectiva.
Tamén se interesan dende o Grupo nacionalista, por coñecer se existe algunha previsión de favorecer estas liñas de transporte colectivo, e en que prazo sería.

Servizos Sociais ofrecerá nas vindeiras semanas un obradoiro para reforzar a autoestima das mulleres

O departamento de Servizos Sociais ten xa en marcha unha nova iniciativa. Nesta ocasión, a través do Centro de Información á Muller (CIM), está a organizar un Obradoiro de Autoestima, dirixido ás mulleres pontesas e que se comenzará a desenvolver a mediados deste mesmo mes de maio.

Este taller será impartido pola psicóloga responsable deste servizo municipal, Maca Rego, e estará dividido en dous grupos. No primeiro deles terán cabida tódalas mulleres que desexen tomar parte nesta iniciativa e está previsto que se desenvolva os días 19 e 26 de maio; 2,9 e 16 de xuño, entre as 10.00 e 11.30 horas, na Casa Dopeso.

O segundo grupo, con clases tódolos mércores dende o 21 de maio ata o 18 de xuño entre as 10.00 e 11.30 horas, estará composto por viúvas.

Entre os principais contidos deste taller é preciso salientar temáticas coma a culpa, a asertividade, o manexo de emocións e sentimentos, o exceso de pensamento e a vulnerabilidade, aspectos que se poden manifestar en casos de no que a dor, o fracaso ou calquer outro tipo de problemática están presentes e que poden influir no estado anímico dunha muller.

Así as cousas, segundo explicou o edil de Servizos Sociais, José Alén, o que se pretende é que as alumnas traten de entender e enfrontarse a este tipo de problemáticas, asumíndoas e intentando solventalas a través da confianza nunha mesma.

Precisamente, o concelleiro recalcou a importancia dunha autoestima forte para resolver e afrontar as diferentes dificultades que pode traer consigo o día a día, e fixo un chamamento a tódalas veciñas de As Pontes para que tomen parte nesta actividade.


As interesadas en tomar parte nestes obradoiros deberán inscribirse denantes do vindeiro día 16 nas oficinas do CIM, ubicadas no segundo andar da Casa Dopeso, ou ben telefonando ao 981 44 10 08, entre as 08.00 e 15.00 horas.

VIII MARATHON FOTBOL SALA ANPAS

Mañá empeza a VIII edición do marathon de futbol sala organizado pola cordenadora de anpas de As Pontes, Abrente
A ampla resposta dos colexios, con equipos en oito categorías, fan preciso empregar tres xornadas, que serán mañá, o sábado, e o domingo, e en dous pavilóns, o de Monte Caxado, e o Municipal.
Primeiro xogarase unha fase de clasificación, logo as semifinais e finais correspondentes, agás para as cadetes e infantís femininas, onde só hai tres equipos por categoría.
En tódolos casos xogaranse partidos de media hora, divididos en dous tempos de quince minutos. Ó final de cada encontor lanzarase unha tanda de penaltis para evitar posibles empates na clasificación.

7/5/08

FESTAS EN ROUPAR DE ABAIXO

6º TROFEO FUTBOL 7 SENIOR

Treixadura e o seu Orfeón pechará o vindeiro venres venres o ciclo musical Circuíto Cultura Vai 4 X 4

O grupo Treixadura e o seu Orfeón serán os encargados de pechar, o vindeiro venres, o ciclo de actuacións Circuíto Cultura Vai 4 X 4, patrocinado pola Consellería de Cultura, e co que se pretende facer chegar a música de diferentes agrupacións da terra aos concellos galegos.

O conxunto pontevedrés traerá ata As Pontes as composicións incluídas no seu cuarto traballo discográfico Unha semaniña enteira, unha homenaxe aos cantos populares da música galega para o que contaron coa colaboura do Orfeón Treixadura, dez voces que tamén aportan o seu grao de area á hora de transmitir estas composicións tradicionais, coma Chula da Guía ou a Cantiga da Vendima, xunto con temas de creación propia e novas versións doutras cancións populares, ademáis de composicións dos seus anteriores traballos.

Antón López, Xaquín Xesteira, Xan López, César Longa e Pablo Nogueira serán os encargados de facer soar as súas gaitas e acordeóns dende as nove da noite, no Auditorio Municipal Alovi, xunto coas voces do Orfeón Treixadura para ofrecer un gran espectáculo aos que decidan tomar parte na derradeira cita deste circuíto musical e que xa permitiu que grupos coma Fía na Roca ou Quempallou se achegasen ata As Pontes.

Como vén sendo habitual, as localidades para asistir a este concerto poranse á venda mañá e mailo venres entre as 12.00 e 13.30 horas e a mesma tarde do recital, hora e media antes do comezo do espectáculo.

O prezo das entradas é de 2 euros para os menores de 12 e maiores de 65 anos, ademáis de para os posuidores dos carnés Xove ou de Estudante. O resto dos asistentes poderán mercar a súa localidade a un prezo de 3 euros.

Concerto da Banda de Música

Outra das ofertas para a fin de semana é o concerto que o sábado, ás 19.30 horas, ofrecerá a Banda de Música de As Pontes con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.

Ao longo desta cita, que terá como escenario o Salón de Actos da Casa Dopeso, será posible desfrutar de temas coma Os tres galleguitos, O cantar dar mareas ou o Himno Galego, ademáis de sendos temas coma O Vals de Valouta, co solo de saxo de Daniel Pena, ou Noites de Lúa na Praia coa gaita solista de Juan Carlos Rilo.

Exposición II Premio Jesús Núñez

Dende este xoves dia 8 e ata o 25 de maio será posible visitar na sala de exposicións do Mercado Vello a mostra do II Premio Internacional de Arte Gráfico “Jesús Núñez”. Unha colección de traballos que tomaron parte neste certame, promocionado pola Deputación da Coruña, e que reúne distintos traballos nos que se combinan unha ampla variedade de técnicas gráficas, coma a litografía, serigrafía ou o gravado calcográfico.

O artista italiano Arístide Stornelli será o principal protagonista da mostra, ao resultar escollido coa súa obra Scratch como gañador, o ano pasado, desta convocatoria.

Asemade, nesta colección tamén se inclúen os dous accésits premiados en 2007: a litografía de Al borde de Miriam Cantera e a obra Solo base de Marina Rothberg.

A mostra poderá visitarse de martes a venres en horario de 19.00 a 20.30 horas e os sábados entre as 12.00 e 14.00 horas e será inaugurada mañá, ás 20.00 horas, pola deputada provincial Montserrat García.

6/5/08

CARTEL DO CARME E A FRAGA

O cartel da Fraga deste ano ten un nome propio como protagonista. Ós pasos de luxos como Wolfstone, Carlos Nuñez, ou Kepa Junkera, sumarase nesta edición Gwendal.
E é que os grandes protagonistas serán, sen dúbida, a mítica banda irlandesa Gwendal.

Os pioneiros na fusión de música tradicional e rock, os músicos bretóns, que arrancaron a súa carreira nun lonxano 1972, volveron ó primeiro plano, logo duns anos sen publicar, e estes dous últimos anos foron de novo portagonistas nos certames e festivais máis prestixiosos.
A traxectoria musical de Gwendall, é un claro exemplo de precursión na hoxe tan manida fusión. Dende os seus inícios, a esencia do folk convivíu co rock, jazz, ou a música clásica. Aúnan violín, guitarra eléctrica, bombarda e mandolina, retomando na súa volta á liña dos seus traballos máis enérxicos.
A histórica banda de Youenn Le Berre, único "supervivinte" da formación orixinal, soará este verán no escenario de A Fraga.


Con eles estarán, os nosos veciños de Os Zarambeques, que van xa camiño de cumprir quince anos como formación.
Nacían no 94, como grupo centrado nos pasarrúas e a tradicional animación de romarías e festas populares. Apostaron polos ritmos bailables do folclore galego, coas muiñeiras como base do seu repertorio.
Este grupo de corte tradicional ten evolucionado cara o folc coa axuda do acordeón, dos instrumentos de vento e da voz, sen dúbida aopiado na maior demanda que foron recibindo dende os escenarios logo da plataforma que para eles supuxo o festival de Ortigueira.
Os seus compoñentes proceden de diversas agrupacións culturais do Ortegal e bisbarra, como a Escola de Gaitas de Ortigueira, Gamelas e Anduriñas de Espasante, ou as mesmas Cantareiras de Alende da nosa vila.
Agora andan a presentar o seu novo traballo Son do Mare, no que innovaron coa influencia das músicas chegadas dende o outro lado do mar.

A aportación máis festeria debe vir de Sérralhe aí, que son un dos mellores expoñentes da que se deu en chamar música tabernaria, herdeira dos precursores do fenómeno bravú.
Anque soe a tópico, son un grupo fundamentalmente de directo, no que cada concerto é diferente, o que lles garante o seguemento sempre dun bo número de fieis que so acompañan por toda a xeografía galega, alí onde tocan.
O protagonismo do acordeón acada aquí unha dimensión transgresora, para acabar converténdose no rei da festa.
A voz de Lola de Ribeira comanda a este quinteto no que a secundan no terreo vocal Pablo Ces, e Manolo Maseda.

E quédannos os nosos, Muxarega, que un ano máis exercerán de anfitrións.O grupo de As Pontes é unha das máis firmes apostas actualmente polo tradicional no panorama galego. Os nosos veciños interpretan temas tradicionais tanto galegos como de outros folclores europeos, como bretóns, italianos, irlandeses, portugueses, etc. Na noite do 24, escoitaremos os seus pasodobres, muiñeiras, pokas, rumbas, mazurcas, jigas, valses e tarantelas italianas, que xa non quedan no exclusivamente instrumental, ae apostan cada vez máis pola participación de voces.



Susana, Frasco, e Alberto son Efecto mariposa, un dos grupos que traerán os seus concertos en xullo a As pontes, nas festas do carme.
Efecto mariposa xuntábanse no ano 2.000, logo dunha ampla traxectoria de tódolos seus compoñentes en diferentes formacións musicais.
Déronse a coñecer para o grande público cun album titulado coma o grupo, e no que se subiron ás listas de éxitos grazas ó single "Sóla".
Logo veu o éxito coa versión do clásico italiano "El mundo", que foi centro dunha famosa campaña publicitaria.
"Vivo en vivo", é o último deste grupo, onde fan un repaso, en directo, polos temas máis importantes da súa carreira. Aí están temas como "No me crees", "quién", ou o inédito "Si tú quisieras". Neste album contaron con colabouras como as de Coti, Belén arjona, Javier Ojea, ou Pereza.


Cómplices cumpren este ano 20 anos dende o lanzamento do seu primeiro album "Manzanas", ata o "Hellow mundo cruel", de hai un par de anos.
Teo Cardalada,unha das referencias da movida viguesa, no seu papel de productor, e como integrante de Golpes Bajos, uníase á súa compañeira Mª Monsonis para fundar Cómplices.
De aí sairon algúns dos himnos do pop dos 90, como "Es por ti", "Los tejados", ou "Verdad que sería estupendo".
Este album, que se fixo agardar seis anos, inclúe temas en castelán, galego, e inglés.

Anque coincidiron no tempo, e no éxito, La Guardia son antecesores de Cómplices, e de feito son unha das referencias da movida dos 80.
A popular banda La Guardia cumpre 25 anos en activo, anque pasaran por unha separación, e volveron hai xa uns anos, e quixérono celebrar coa publicación dun recopilatorio titulado “25 años no es nada”.
Estes 12 temas soarán na noite pontesa, pois supoñen un repaso da súa discografía coas súas máis coñecidas cancións.
Seguro que todos recordamos as populares “Cuando brille el sol”, "mil calles llevan hacia ti" ou outras cancións de éxito. Con este concerto teremos a oportunidade de lembrar e disfrutar da súa música para tódolos públicos.