30/4/08

O Concello de As Pontes investirá 700.000 euros na mellora das infraestructuras

O Concello de As Pontes efectuará ao longo das vindeiras semanas unha serie de contratacións viarias e proxectos que suporán un desembolso de case 687.000 euros, que asumirán as arcas municipais e a Deputación de A Coruña.

Así as cousas, dentro do Plan Provincial de Obras e Servizos (POS) para este ano, o cabildo pontés ten previsto investir 35.854,50 euros nos traballos de pavimentación da Rúa Calexón do Trigo e 52.955,83 euros na pavimentación dos viais Méndez Núñez, José María Bouza Bello, o acceso ao local social dos veciños de Marraxón e a rúa perpendicular á Celso Emilio Ferreiro.

Asemade, tamén se investirán 55.082,16 nos traballos para a conexión de abastecemento e a primeira fase do servizo de saneamento en Espiñaredo e outros 59.990,59 euros na primeira fase da mellora de servizos e pavimentos do poboado da Magdalena.

Por outra banda, ata o 26 de maio será posible presentar ofertas para outros tres concursos vinculados coas melloras viarias neste municipio. Este listado está composto polos traballos de saneamento en Espá e Ribadeume, cun orzamento de 121.283,03 euros, o aglomerado da pista de Cheiván que suporá unha inversión de 69.873,01 euros e as obras do servizo de abastecemento a Goente e reposición de tubaxes de auga na rúa Cobelos, traballos que contarán cun orzamento de 163.190,51 euros.

Finalmente, e ata o dous de maio tamén será posible tomar parte no concurso da asistencia para a redacción do Plan de Sectorización do parque tecnolóxico da Vilavella, coa documentación para a súa avaliación estratéxica ambiental, e que conta cun presuposto de 128.000 euros.

FESTAS DO CARME E A FRAGA

A case tres meses para a celebración das festas patroais de As Pontes,xa se poden adiantar algúns datos duns festexos que van apostar este ano por unha maior participación e dispersión canto ós actos promovidos nestes días festivos.

As actividades e actuacións repartiranse entre os diferentes barrios da localidade, e non se circunscriban tan só ó centro urbano.Ademais buscarase organizar máis actividades para nenos e nenas,contando coa participación das asociacións cuturais e deportivas da vila.
Canto ás actuacións musicais, que adoitan ser do máis agardado, este ano o Carme apostará pola nostalxia con dúas referencias dos oitenta:o dúo Cómplices e a banda de Manuel España -La Guardia, que volveron a escena logo de máis dunha década dende a súa disolución. Actuarán conxuntamente,mentres que o concerto en solitario recaerá nos malagueños Efecto mariposa, que saen este verán coa súa xira Efecto 2.008.

Ademais vaise apostar fortemente polas orquestras, estando xa a piques de pechar a tódalas grandes do momento.Canto á romaxe da Fraga este ano o festival folk vai contar con todo un luxo no cartel, cos irlandeses Gwendall. Xunto a eles estarán, na noite do 24, a música tabernaria de Sérralhe aí, e Zarambeques.

Este ano AGA - EUME cumple 10 anos e a Casa Do mel 5





Día 11 de maio do 2008

- 10:30 h Charla sobra as enfermidades das abellas, impartida polo veterinario de AGA, Gonzalo Calvo Díaz.

- 11:30 h Charla sobre a apicultura en Arxentina, impartida polo secretario técnico de AGA, Xesús Asorey.

- 12:00 h Pausa e degustación de requeixo con mel.

- 12:30 h Mesa redonda, falaran:


Julio López: o tema será dez anos de AGA-EUME.
Manuel Ferreira: proxectos para o futuro.

- 13:00 h Proxección de vídeos

- 14:00 h Comida (Os interesados deberán apuntarse antes do 4 de maio no teléfono 661 00 36 16 )

- 16:00 h Demostración do traballo feito no curso "Productos da colmea" e proxección de fotos e DVD de esta actividade nas pasadas xornadas.

- 17:00 h Proxección DVD e fotos do viaxe a Extremadura.

- 18:00 h Obradoriro de cera, monitor Jesús Pico Doce.

referencia: www.amigus.org

Cine para o fin de semana

Asemade, coma é máis que habitual tamén será posible desfrutar de dúas propostas cinematográficas. Horton para a sesión infantil e Seda xa para os máis maiores son os títulos que se proxectarán o sábado e mailo domingo no auditorio municipal Alovi.




Quempallou no 4x4 -- outras actividades culturais

Quempallou aterra en As Pontes grazas a unha nova edición de Cultura Vai 4 X 4 da Consellería de Cultura.
O grupo pontevedrés presentará os temas do seu último traballo, Polo Aire, e composicións de publicacións anteriores


O grupo folc Quempallou será a aposta forte do programa de primavera do Departamento de Cultura para esta fin de semana.

A formación pontevedresa visitará o auditorio municipal Alovi na noite do venres nun concerto, que dará comezo ás 21.00 horas, e que está incluído no ciclo Cultura Vai 4 X4, organizado pola Consellería de Cultura, e que xa permitiu que ata As Pontes se achegasen grupos galegos de gran relevancia coma Faltriqueira a pasada semana e Fía na Roca.

Aos temas dos seu último traballo discográfico, Polo Aire, sumaranse temas de Estremonías e Quempallou, as dúas anteriores experiencias no estudo de gravación desta agrupación.

O acordeón de Roi Maceda, as gaitas de Guillermo Ignacio e Xulio Coira, o buzuki e guitarras de Isaac Millán, a mandolina de Xulio Abal, a percusión de Roi Adrio e o bombo de Xosé Maceda daranse cita no auditorio pontés nun concerto para o que será posible mercar a localidades o venres entre as 12.00 e 13.30 horas e dende as 19.30 e ata o mesmo comezo do recital.

As entradas pódense adquirir ao prezo de 2 euros para os menores de 12 e maiores de 65 anos e posuidores do Carné Xove ou de Estudante, e por 3 euros para o resto dos asistentes.

Outras actividades

Esta fin de semana tamén será posible desfrutar da exposición Sen Pinceis que, ata o domingo, ocupará a sala do Mercado Vello.

As artistas pontesas Sonia Sueiro e Gena Hernández son as responsables desta mostra que recolle unha serie imaxes onde prima a cor e as técnicas innovadoras e nas que se mestura a pintura con espátula cos collages de formas e texturas e as técnicas de deseño por ordenador.

Esta mostra estará aberta ao público tódolos días ata o domingo en horario de 11.30 a 13.30 e de 16.30 a 20.00.

Adiante celebra a Décimoséptima edición xornadas alcoholismo

Foi no mes de abril do 1990 cando se constituía esta entidade que dende entón ven prestando os seus servizos no local da Avda de Ferrol.Un dos estandartes de adiante son as súa Xornada s de alcolismo que se teñen constituido en convencións, primeiro autonómicas, logo cordenadas coas castelán manchegas, e mesmo nalgunhas edicións chegaron a acadar o carácter internacional.
O vindeiro mes tera ,lugar a décimoséptima edición desta convención, que contan xa coa declaración, nos últimos anos, de interese sanitario, outorgada pola Consellería de sanidade.Pero, anque o máis mediático sexan as xornadas, o que trouxo ata hoxe a Adiante como unha asociación de referencia foi, sen dúbida o seu traballo diario de prevención,información, e sobre todo, rehabilitación, e reinserción.
Para levar a cabo o seu traballo é chave a implicación dos propios enfermos, que asumen responsabilidades nas metodoloxías desenvolvidas dende a agrupación, prácticamente sempre coa colaboura dos seus famliares, que tamén teñen un papel protagonista.Nembargantes, a dirección profisional corre a cargo cuenta dun equipotécnico no que se inclúen un médico, unha psicóloga e unha socióloga,que aportan os seus coñecementos á directiva para marcar asdirectrices de traballo.

.Este ano, as xornadas celebraranse entre o venres 16 e o domingo 18 de maio, no auditorio de Casa Dopeso, e o título escollido é "extensióndos problemas de abuso de alcol".Prevese a asistencia de perto de medio milleiro de participantes, entre os poñentes estarán moitos dos colaboradores habituais, como omédcio da Asociación Manuel Alonso, a educadora social Noelia Rodríguez, ou a psicóloga Belén Pardo.
Tamén están confirmadas as presenzas de dúas eminencias na investigación do alcolismo e as drogodependencias, como son o doutor Adolfo Bobadilla, e a tamén doutora Mª Luisa Celorrio.

I Premio D. Enrique Rivera Rouco

A Asociación de estudos históricos e sociais Hume ven de convocar o IPremio D. Enrique Rivera Rouco.Será unha convocatoria de investigación histórica, social e etnográfica de As Pontes e comarca, cinguido tan só a esta área xeográfica.Os traballos contarán con dúas categorías, unha para bacharelato e outra para universidade.
Poden concorrer ó premio todos aqueles alumnos de bacharelato ou universidade, que presenten os seus traballos en galego, calquera que sexa a súa nacionalidade.A extensión mínima estableceuse en 25 folios, e a máxima en 50 para bacharelato, e entre 50 e 100 para o universitario.
Deberán entregarse dúas copias, unha en papel e outra en soporte dixital, e cada orixinal deberá ser presentado baixo lema, este acompañarase dun sobre cos datos do autor.
Os premios ós que se pode optar son 200 euros para o nivel debacharelato, e 400 para o universitario.A data límite de recepción dos traballos é o 30 de xuño, e o fallo será o 21 de xullo.A asociación resérvase a opción de publicar os traballos premiados, e tamén os non recoñecidos con este premio. A publicación sería efectiva no número 2 da revista Hume.
A asociación de estudos históricos HUME ten tamén á venda a súa primeira publicación sobre a historia local. A revista, do mesmo nome na que a Asociación inclúe as referencias de algúns traballos de investigación desenvolvidas por compoñentes dos grupos de traballo de HUME, e tamén quedan na escrita algunhas das poñencias das catro xornadas de estudos históricos que teñen organizado contando con prestixiosos estudosos e investigadores.Esta revista pódese adquirir en calquera libreiría ou quiosco da vila, ó prezo de 5 €.

28/4/08

A COMARCA NA REDE YOUTUBE

">

I Certame Letras Galegas "As Boliqueiras"





Pulsa na imaxe para aumenta-la.

Comida de confraternidade A.V.V virxe do pino de Saa

A asociación de veciños Virxe do pino de Saa, organiza unha comida de confraternidade para o domingo 25 de maio ás 2 do serán no seu local social.
Todos aqueles que desexen participar deberán anotarse antes do 19 de maio nos telf 618 557 805 e 618 000 721.
O precio do menu e de 15 euros para non socios , e os que si o son non pagaran nada.
O menu estará composto de empanada, callos, xamón escaldado , viños e refrescos , postre café e chupito.

A xornada estará amenizada polo coro e gaiterios da Capela.

25/4/08

Festival Internacional de Jazz IMAXINA SONS en Vigo


O Festival Internacional de Jazz IMAXINA SONS é unha iniciativa do Concello de Vigo que naceu co obxectivo de dar cabida dentro da escena musical galega ao jazz realizado en Europa, á marxe de condicionantes comerciais.

O jazz europeo é recoñecido na actualidade como o verdadeiro xerador da maior evolu-ción da súa historia contemporánea, o cal converte a Vigo durante dúas semanas en referencia dos festivais á vangarda do Jazz cun ambiente musical cultural e festivo único.
Baixo este criterio, o festival amosará con periodicidade anual a actualidade do jazz,prestando especial atención a aquelas propostas de calidade que aposten pola innovación e a orixinalidade, e que aporten novidades en tres ámbitos xeográficos: Galicia,España e Europa; apoiará especialmente aos músicos que realizan a súa actividade no ámbito galego, mantendo unha presenza dos seus proxectos no festival e contribuíndoasí á su difusión exterior; atenderá á actualidade jazzística no resto de España, en especial ás tendencias máis novidosas.
IMAXINA SONS desenvolverase a través de múltiples e diferentes actividades coa fina-lidade de achegalo ao maior número de público a través de:- Concertos en teatros e auditorios (Centro Cultural Caixanova, Auditorio Municipal,Conservatorio...).- Jazz na rúa: actuacións ao aire libre na Praza da Estrela e pasarrúas polas principaiszonas peatonais da cidade.- Actuacións nocturnas en locais.- Exposicións, mesas redondas, debates, conferencias, master-class…


Mais informacion en http://www.imaxinasons.com/

AS CONSELLARÍAS DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA E VIVENDA COLABORAN EN PROXECTOS DE AMPLIACIÓN DO SOLO INDUSTRIAL EN AS PONTES

AS CONSELLARÍAS DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA E VIVENDA E SOLO COLABORAN EN DOUS PROXECTOS DE AMPLIACIÓN DO SOLO INDUSTRIAL DE CERCEDA E AS PONTES
􀂃 Innovación e Industria achegará case 1,5 millóns de euros para a redacción dos proxectos de ampliación dos polígonos de Penapurreira e Acevedo que executará Vivenda e Solo

Os conselleiros de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, asinaron na mañá do xoves un convenio mediante o cal se establece o marco de cooperación entre ambos departamentos no desenvolvemento de dous proxectos de ampliación de solo industrial nos concellos de Cerceda e As Pontes. Así, segundo este acordo, a Consellaría de Innovación e Industria se compromete financiar a redacción dos proxectos de solo industrial en Penapurreira e Acevedo, por un importe de 1.469.100 euros, que a Consellaría de Vivenda executará dentro do proxecto previsto para as dúas localidades.
As actividades técnicas contempladas neste acordo son, por un lado, o proxecto de desenvolvemento de solo industrial no polígono industrial de Penapurreira, nas Pontes, cun orzamento de 1.069.100 euros, e na que se creará 1 millón de metros cadrados máis; e por outro lado, o proxecto de ampliación do polígono de Acevedo de Cerceda que sumará 500.000 metros cadrados brutos aos xa existentes, e que contará cunha partida de 400.000 euros. Así, coa materialización deste convenio permitirase acurtar o prazos para a realización e posta en marcha de ditos proxectos de ampliación, que forman parte dun conxunto de investimentos a realizar entre a Consellaría de Innovación e Industria e o Ministerio de Industria e que suma 41 M €, dos cales 9 millóns serán achegados polo goberno galego.
Estas actuacións están encadradas dentro do ‘Plan do carbón 2006-2012’, mediante o cal se pretende atenuar o impacto da perda de postos de traballo no sector mineiro do carbón, mediante a creación de infraestruturas, apoio a proxectos empresariais ou a creación de emprego alternativo.
Este investimento ten como obxectivo prioritario o desenvolvemento de actividades económico-industriais nas zonas afectadas polo remate da actividade mineira, ao tempo que se busquen as solucións que garantan unha saída non traumática para os traballadores afectados, eviten o despoboamento e melloren a calidade de vida dos seus habitantes.
Por este motivo, ámbalas dúas consellarías teñen como prioridade común favorecer o desenvolvemento económico-industrial destas zonas mineiras, así como as súas infraestruturas, de xeito que se consideran de especial interese implementar accións coma a captación de novos proxectos empresariais capaces de crear emprego alternativo nas zonas mineiras, acompañadas dunha axeitada política de ordenación e creación de solo industrial para o posible asentamento destes proxectos.

certame cartel anunciador das festas patronais



A Concellería de Cultura acaba de abrir o prazo para que os que así o desexen presenten as súas propostas para o cartel anunciador das Festas do Carme e A Fraga de 2008.

Ata o mediodía do 28 de maio será posible presentar os traballos a este certame que repartirá un total de 500 euros en premios, un primeiro premio de 300 euros para o debuxo gañador e outros dous de 100 euros, para outros tantos accésits.

Para poder participar neste concurso de carteis é preciso ter entre 14 e 30 anos e presentar un traballo inédito e orixinal, cunhas medidas de 40 x 70 centímetros. Permitirase o uso de calquer tipo de técnica sempre e cando a proposta inclúa o texto: “Festas do Carme e a Fraga – As Pontes – Do 18 ao 25 de xullo de 2008”.

Un xurado cualificado, no que tamén estará representado o Concello con voz pero sen voto, será o encargado de escoller o cartel gañador que anunciará as festas do municipio.

As distintas propostas das que sairán os dípticos e carteis das celebracións patronais pontesas deberán ser entregadas ou enviadas á concellería de Cultura, sita na Casa Dopeso, na rúa Rosalía de Castro, número 28, 15.320 As Pontes – A Coruña.

Asemade, os carteis deberán entregarse nun sobre pechado co nome, apelidos, enderezo, fotocopia do carné de identidade e teléfono de contacto do autor.

Para máis información é posible contactar co departamento de Cultura a través da dirección de correo electrónico cultura@aspontes.org ou ben telefonando ao 981 44 03 44.

CARTELEIRA FIN DE SEMANA




Director: Anne Fletcher

Guion: Alice Brosh McKenna

Reparto: Katherine Heigl, James Marsden, Malin Akerman, Edward Burns, Melora Hardin, Judy Greer

VENRES 20:00 -22:30 H
SABADO FALTRIQUEIRA
DOMINGO 19:00 H







Pooh's Heffalump movie





A pandilla do Bosque dos Cien Acres lanzase á captura dos temidísimos Héffalump, cando son despertados por un son atroador que só pode proceder desas creaturas.

O CINE INFANTIL DO DOMINGO AS 16:30 H

24/4/08

AS PONTES CONTA CON TERREOS PA A EDAR

O martes á tarde, asinábase en Madrid a concesión oficial dos terreos que albergarán a depuradora.
Foi a traverso dun convenio rubricado polo alclade, Valentín González, e o presidente de endesa Generación, Manuel Morán, en Madrid.
O documento compromete a cesión de 17.000 metros cadrados, propiedade da eléctrica, nos que se ubicará a nova Estación Depuradora de Augas Residuais.
Ademais incluíuse o traspaso de outros dous decantadores cos que conta na pranta propia de detratamento de efluentes líquidos.
Con este trámite do certificado de titularidade municipal dos terros, xa se poderá proceder á licitación das obras por Augas de Galicia.
De feito é este organismo o que custeará o montante total das obras, con cargo a unha partida garantida dende a Consellería de Medio Ambiente.
NoS terreos van dous decantadores que se sumarán á nova rede de saneamento municipal
O anteproxecto da pranta depuradora para As Pontes, foi aprobado antes da fin do pasado ano nun pleno, e estableceuse un prazo de execución de trinta meses.
Nel apenas se contemplan expropiacións, que en todo caso, serán moi escasas, xa que coas infraestructuras ocupará terreos municipales ou servidumes de paso fundamentalmente.
No lugar de A Perfolla, está previsto construir unha caseta de bombeo
e un tanque de tormentas cuberto de oitocientos metros cúbicos, para augas fecais e pluviais, que tamén estarán conectados coa rede colectores para a que serán precisas as expropiacións que mentabamos. Para sufragar estoutros gastos contarase coas aportacións do Plano Miner.
A futura depuradora está concebida para dar servizo a unhas vinte mil persoas, moi por riba da actual poboación local, en previsión de necesidades futuras. A traverso da EDAR sandearanse tódalas augas domésticas e pluviais, co que á fin se acabará cos verquidos directos ó río. O que non se tratará na nova pranta serán as augas industriais, polo que as empresas deberán contar co seu propio sistema de depuración particular.
Por número de poboación, As Pontes debería xa contar cunha instalación para depurar as súas augas dende o 2.006, se nos atemos á normativa comunitaria ó respecto.

CURSO FITOSANITARIOS

A Oficina agraria comarcal, que ten a súa sé na nosa vila, convocou para o vindeiro mes un novo curso a impartir en As Pontes.
Será un curso de aplicador de productos fitosanitarios, e impartirase entre o 8 e o 14 de maio. O día 16 en Guísamo farase o exame para a obtención do carnet oficial de manipulador de productos fitosanitarios.
As clases serán sempre pola tarde, nos cinco días laborables, ata sumar 21 horas. Ainda está por confirmar o emprazamento, pois farase naquel local de asociación rural que conte con máis demandantes.
A documentación a presentar son tan só 2 fotografías tamaño carnet, fotocopia do DNI.
O custe limítase ás taxas de 8´66 €, que se aboarán coa inscripción, que está aberta ata o día 30.
Actualmente, o persoal adicado á realización de tarefas con productos fitosanitarios debe estar en posesión do carnet de manipulador destes productos, para o que se fan precisos os coñecementos teóricos e prácticos que se imparten neste curso. O obxectivo que se persegue coa nova normativa é regular a utilización dos plaguicidas debido ó risco que entranan para o aplicador, para o consumidor e en xeral para o medio ambiente.

Faltriqueira actua o sabado no Alovi

Faltriqueira presentará o seu último traballo discográfico na noite do sábado dentro do circuíto musical 4 X4
As cantareiras de Faltriqueira serán o plato cultural principal da programación para esta fin de semana preparada polo departamento de Cultura pontés.
As tamén pandereteiras da veciña vila de Pontedeume subiranse ao escenario do auditorio municipal Alovi na noite do sábado, ás 21.00 horas, grazas ao Circuíto Cultura Vai 4 X 4, que conta co patrocinio da Consellería de Cultura.

Teresa Rioboo, Ana Leira, Carolina Rodríguez e María López interpretarán, acompañadas das súas inseparables pandeiretas, temas do seu traballo Effecto Faltriqueira.
Faltriqueira foxe da ríxida tradición dando un aire fresco a cancións tanto da historia musical galega coma de fóra das nosas fronteiras, mesturando o son típico das pandeiretas coa súa xuventude, naturalidade e con novos estilos musicais.

As entradas para este concerto poñeranse á venda o venres e mailo sábado na taquilla do auditorio pontés entre as 12.00 e 13.30 horas e xa na tarde do sábado entre as 19.30 e ata o inicio do concerto.

O custo das localidades é de 3 euros para os adultos e de 2 euros para os menores de 12 anos, maiores de 65 anos ou ben para os posuidores dos carnés xove ou de estudante.





Outras actividades para a fin de semana
O departamento de Cultura está a preparar, para os vindeiros días, máis actividades tamén vinculadas co mundo da música pero a través da danza.

Así as cousas, este venres 25 a partir das 16.30 horas e o sábado 26 dende as 11.00 realizaranse clases abertas das Escolas Municipais de Baile Moderno e Danza Clásica no parque municipal, onde será posible desfrutar dos progresos dos alumnos e alumnas destes cursos.

Asemade, tamén se celebrará unha exhibición de break dance que protagonizarán os bailaríns de Faneka Murder o venres ás sete da tarde e o sábado dende as 13.00 horas, tamén no escenario natural do parque municipal pontés, ainda que no caso de que o tempo non acompañe ámbalas dúas actividades trasladaranse á Casa Dopeso.

Finalmente, dende este venres xa será posible visitar a exposición fotográfica Ponte en Danza, que estará ubicada na Casa Dopeso.
Trátase dunha colección de imaxes que reflicten as diferentes representacións de danza que se realizaron no municipio ao longo dos últimos anos e que se combinan con instantáneas das alumnas das diferentes escolas municipais de danza tanto clásica coma moderna.

IX Regata Vila de As Pontes en categoría Vaurient

O encoro da Ribeira acolle esta fin de semana a IX Regata Vila de As Pontes en categoría Vaurient


O Clube de Vela Fluvial As Pontes, coa colaboura do concello pontés, está a organizar para a vindeira fin de semana IX Regata Vila de As Pontes na modalidade de Vaurient.


A cita terá lugar ao longo do sábado e do domingo no encoro da Ribeira e xa está confirmada a participación dunha ducia de embarcacións procedentes tanto do clube anfitrión, coma do Real Clube Náutico de Vigo, Clube Náutico Rodeira de Cangas e o Clube Fluvial de León

Na primeira xornada desputaranse as primeiras mangas clasificatorias entre ás 13.00 e 18.00 horas. Xa para o domingo, a competición dará comezo un pouco máis cedo, ás 11.00, rematando coa entrega de premios ás 18.00 horas.

Os deportistas poderán tomar parte nas categorías absoluta, xuvenil e feminina tendo que percorrer un triángulo olímpico ao longo das dúas xornadas que durará esta proba.

Dende o departamento pontés de Deportes xa fixeron un chamamento aos veciños e veciñas para que se acheguen ao longo da fin de semana ao encoro da vila para desfrutar para animar aos participantes nesta proba e desfrutar dun deporte que está a recabar cada vez máis adeptos no municipio.

FOLIADA VENRES 25




Ante as moitas solicitudes que nos chegan de grupos que queren participar na foliada, este mes tivemos que poñer tres.
O primeiro componse de rapaces do conservatorio que utilizarán instrumentos de vento e facendo música un pouco distinta do habitual.

O segundo grupo e a Escola de Gaitas Cacharela de Covas (Viveiro), moi coñecido pola mariña lucense, o seu mestre, Rodrigo, e o director da Escola de gaitas de Ortigueira. O grupo e totalmente tradicional

O terceiro e un "cuarteto de cinco" de nome Licor de Toxo, feito exclusivamente para a ocasión. Nos seus compoñentes podemos destacar a presenza de Sandra Tamayo, gaiteira murciana que está a estudar en Santiago, ademais do resto de compoñentes que non queren moita propaganda, todos eles tocan en grupos ben coñecidos.

PAYASOLANDIA NA NOSA VILA





Unha nova proposta de viaxe o mundo da fantasía para toda a familia, visítanos este fin de semana.
O espectáculo Payasolandia conta con ilusionistas, equilibristas, payasos e os personaxes de, Shin Chan, Bob Esponxa, As supernenas, Os simpson, etc divertirán a nenos e maiores o sábado 26 de abril nunha única función as 5:30 da tarde.

Dende Radio Eume sortearemos varias entradas na maña do sábado no novo programa O Palco

23/4/08

INFORMACION COMPLEMENTARIA

AS ONGD’S PIDEN A PARTICIPACIÓN CIDADÁ MASIVA PARA PASAR DAS PROMESAS AOS FEITOS NA ERRADICACIÓN DA POBREZA
A Alianza Española contra a Pobreza pide a participación nas mobilizacións deste mes de outubro para poder acadar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM)
A Alianza Española contra a Pobreza escolleu este mes de outubro para realizar distintas mobilizacións contra a pobreza en todo o país. Tras a reunión de alto nivel de Nacións Unidas en Nova York e baixo o lema “Unha promesa non é nada. Maniféstate e esixe que se cumpra”, a organización quere facer notar que “con promesas non se xanta, non se cura, non se protexe ás persoas que viven en situación de pobreza”. Este é o eixo da campaña que convida este ano ás mobilizacións de outubro e que quere encher as rúas de cidadáns e cidadás comprometidas para esixir pasar das palabras aos feitos. As manifestacións do ano pasado sumaron máis de 40 millóns en todo o mundo. A Alianza pretende que este número se incremente, xa que “a situación global empeorou”.
A vindeira semana, e no marco da Semana contra a Pobreza, que se celebra entre o 13 e o 19 de outubro, as mobilizacións terán lugar por todo o país. En A Coruña os actos estarán organizados pola Plataforma Coruñesa de Pobreza Cero e o venres 17 unha concentración no Obelisco pretende mobilizar a miles de persoas, ante as que se lerá o manifesto.

Data:
venres 17 outubro 2008
Lugar:
zona Obelisco
Hora:
de 19 a 21h




Todas estas actividades pecharanse cun acto central en Galicia que terá lugar en Vigo, o sábado 18, a partir das 12.30 h. A manifestación comezará o seu percorrido na Praza da Independencia e rematará na Praza da Constitución. A organización pide aos asistentes que leven posta roupa branca, xa que a banda branca de pobreza cero identifica esta campaña. Habrá autobuses gratuitos desde A Coruña (reservar praza no teléfono 981 21 68 58)

Unha de cada catro persoas é pobre
Uns 1.400 millóns de persoas, un de cada catro habitantes do planeta, segue vivindo na pobreza. No entanto, o presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero afirmaba na pasada Asemblea Xeral das Nacións Unidas que“os países desenvolvidos non poden escusar o incumprimento das súas obrigas na situación dos mercados”, instando á comunidade internacional a reforzar as medidas necesarias para lograr o cumprimento dos ODM.
Sen embargo, este cumio só logrou recoller o compromiso dos países de aportar 16.000 millóns de dólares cando se necesitan ao redor de 150.000 ao ano ata 2010 para acadar este propósito. Unha declaración de boas intencións que non agocha a realidade de que o ano 2015 -fixado para acadar as metas de mellora de condicións de vida para gran parte da poboación- está cada vez máis preto e os ODM non se cumprirán de continuar como ata agora.
Só palabras
A Declaración do Milenio do 2000 foi asinada por 189 xefes de estado e goberno. Sen embargo, esta vontade política para facer fronte ao problema da pobreza non se acompañou de recursos suficientes. Acabar coa pobreza é posible. Para Pablo Martínez Osés, representante da Alianza, “nestes momentos, en medio da crise financeira mundial, estamos asistindo a unha intervención decidida por parte de gobernos como o de EEUU, que supón un investimento ata 10 veces maior do que se estimou necesario para cumprir os ODM”.
En momentos de crise económica, estímase que 75 millóns máis de persoas pasarán fame por causa da suba dos alimentos e do combustible. Por este motivo, é obriga dos países máis ricos reforzar os compromisos adquiridos. Zapatero ratificou ante Nacións unidas o seu compromiso de acadar o 0'7% do PIB destinado á axuda ao desenvolvemento.
Esta é unha das reivindicacións históricas da sociedade civil que a Alianza expuxo con maior forza. Non se trata unicamente dunha cuestión de cantidade, pois resulta vital que a axuda sexa eficaz: que vaia destinada aos países que máis a necesitan, que se invista en servizos sociais básicos, polo menos nun 20%, e que estea desligada de intereses económicos e comerciais.
Malia os diversos compromisos internacionais asumidos por España no eido da Cooperación Internacional, seguen pendentes temas tan importantes como a abolición da débeda externa e avanzar na adopción dunhas normas xustas para o comercio internacional.

22/4/08

BENVIDOS A TUA RADIO

XA PODES ESCOITAR A RADIO DE AS PONTES ATRAVES DE ESTE SINXELO ENLACE.

mms://stream.visualnetworks.es/raspontes